Memoria do club de lectura curso 14 15 imprimir

Page 1

IES DO MILLADOIRO


Memoria do Club de Lectura 14_15 CONTIDO

DATOS DO CENTRO _________________________________________________________________ 3

NOME DO CLUB DE LECTURA _________________________________________________________ 3

NÚMERO DE GRUPOS _______________________________________________________________ 3

CALENDARIO DE REUNIÓNS E HORARIO REAL __________________________________________ 4

MATERIAIS ELABORADOS ___________________________________________________________ 12

ENDEREZO ELECTRÓNICO DO BLOGUE DO CLUB DE LECTURA __________________________ 15

COLABORACIÓNS CON OUTROS CLUBS E CON OUTRAS INSTITUCIÓNS CULTURAIS_________15

2


Memoria do Club de Lectura 14_15 DATOS DO CENTRO IES do Milladoiro Travesa do Porto, s/n 15895 Ames Tfno: 881 959 514 Fax: 881 978 766 Ies.milladoiro@edu.xunta.es

NOME DO CLUB DE LECTURA Leo no Milladoiro

NÚMERO DE GRUPOS O club de lectura do IES do Milladoiro iniciou a súa actividade no mes de outubro do curso 2014-2015, contando con 34 alumnos inscritos de todos os niveis da ESO, con cinco profesores interesados en coordinar, preparar e moderar as súas sesións dun xeito permanente e con tres profesores interesados en desenvolver unha ou dúas sesións no 2º e 3º trimestre. Contamos con profesorado de Linguas Clásicas, Castelá, Galego, Normalización Lingüística, Historia, Pedagoxía terapéutica e Francés. Resulta salientable indicar que o número de alumnos participantes non parou de crecer ao longo dos sucesivos trimestres chegando a acadar xa ao comezo do segundo trimestre un número total de 78 alumnos de todos os cursos da ESO. Número de grupos e número de alumnos: Club de lectura de 1ºESO. Este grupo contou con 19 alumnos e o seu coordinador foi o profesor de Lingua Castelá Félix Boquete. Club de lectura de 2ºESO. Participaron 33 alumnos e a partir do 2º trimestre os alumnos ofrecéseulles a posibilidade de participar no club de narrativa (15 alumnos) 3


Memoria do Club de Lectura 14_15 e/ou no club de banda deseñada (28 alumnos). Algúns destes alumnos, concretamente 10, partiparon tanto nas sesións de narrativa como nas de banda deseñada. As profesoras encargadas destas sesións foron Cristina Díaz de Pedagoxía terapéutica e a profesora de Lingua Galega Ana Ledo. Club de lectura de 3ºESO. Partimos de 6 alumnos e mantivemos este número ao longo de todo o curso; a profesora de francés Ana Sofía Ardariz coordina estas sesións. Club de lectura de 4ºESO. Neste nivel contamos con 20 alumnos ao longo de todo o curso e creouse un club lectura en lingua francesa e outro en lingua galega. As profesoras Margarta Rodríguez e Esther Barroso ocúparonse da coodirnación deste grupo do club de lectura.

CALENDARIO DE REUNIÓNS E HORARIO REAL Cada mes celebrábanse dúas ou tres reunións de 30 minutos, durante o período do recreo. O número de sesións variaba en función dos materiais audiovisuais e dixitais que apoiaban as sesións e en función da densidade ou do interese da obra. Tivemos tamén reunións informativas en gran grupo ou por grupos durante os recreos ou durante parte dalgunha sesión lectiva, sobre todo, ao inicio das actividades do club de lectura e noutras ocasións para informar aos membros que se ían incorporando ou para propoñer e organizar actividades. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS 

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A PRESENTACIÓN DO CLUB DE LECTURA

24 de outubro. Reunión informativa para a presentación do CLUB DE LECTURA de 1º de ESO, de 2º ESO e de 4º para presentar as primeiras lecturas, comprometernos a asistir, repartir os libros cos que contabamos e pactar os horarios e as condicións máis cómodas para participar activamente. 4


Memoria do Club de Lectura 14_15 Nos seguintes enlaces do noso blogue podemos atopar a difusión que realizamos do inicio das actividades do club de lectura tamén en soporte dixital: http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/a-nosa-primeira-reunion.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/iniciamos-nosa-andadura.html 

VISITAS CULTURAIS

INUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEIP DE VENTÍN 4 de decembro. O alumnado do noso club visita camiñando (o centro atópase a só 15 minutos do noso) e participa na inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín coa posta en práctica de distintas actividades. Resumimos as súas colaboracións: Os alumnos de 1ºESO realizaron recomendacións das súas obras preferidas e leron fragmentos dalgúns contos traballados co profesor que coordina o club de lectura deste grupo. O alumnos de 2ºESO centráronse en ler breves relatos míticos coa profesora Cristina Díaz, coordinadora deste grupo. Os alumnos de 3ºESO leron un conto de Sherlock Holmes preparado coa profesora de francés Ana Sofía Ardariz. Os alumnos de 4ºESO B traballaron a lectura a varias voces dun libro de poemascancións en francés coa profesora Margarita Rodríguez Ponseti. Os alumnos de 4º ESO C realizaron a lectura de varios fragmentos de obras escollidas por eles e falaron da súa participación no club de lectura. http://www.edu.xunta.es/centros/iesmilladoiro/node/213

5


Memoria do Club de Lectura 14_15

VISITA DA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL 14 xaneiro. Os alumnos de 4º e 3º ESO do club de lectura visitaron Santiago para coñecer mellor as diversas posibilidades culturais que lles ofrece a biblioteca pública Ánxel Casal e para formar parte dunha visita guiada do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).

6


Memoria do Club de Lectura 14_15 21 xaneiro. Os alumnos de 1º e 2º ESO do club de lectura visitaron Santiago para visitor a biblioteca pública Ánxel Casal e para formar parte dunha visita guiada do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). http://www.edu.xunta.es/centros/iesmilladoiro/node/237 http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/01/os-alumnos-de-4-e-3-eso-nabiblioteca.html

CHARLAS NO CENTRO

KOMIC 3 de xaneiro. Un paseo entre viñetas. Un achegamento ao mundo da banda deseñada a través da súa historia, ao coidado de Xaime Lis, da librería Komic, de Santiago de Compostela. 7


Memoria do Club de Lectura 14_15 http://iesmilladoirobiblioteca.blogspot.com.es/2015_02_01_archive.html

RAMÓN CARIDE. FLASH-BLACK 13 26 maio. O autor galego Ramón Caride visita o noso centro para participar nunha reunión do club de lectura de 3º ESO que dedicou o 3º trimestre á lectura da súa obra 8


Memoria do Club de Lectura 14_15 Flash-Black 13, último libro do autor Ramón Caride, que como leva implícito o seu título, é unha volta atrás, negra e inquedante, na que o “maleficio” do número 13 está moi presente. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/05/encontro-do-club-de-3-eso-co-autor.html 

T EATRO NA BIBLIOTECA

14 de abril. A aula de teatro AVELAÍÑAS TEATRO do IES Antón Losada de A Estrada representou no noso centro a obra de teatro escolar GORENTOSADAS á que acudiron

alumnos

de

e

ESO

dos

clubs

de

lectura.

Representaron unha obra coral coa que nos fixeron reflexionar sobre temas e valores como a CULTURA DA PAZ, O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE, A SOLIDARIEDADE, a integración das persoas con necesidades educativas específicas, a violencia, o poder dos medios de comunicación, os contidos da publicidade e o papel da muller na sociedade actual.maxia, cor, sorrisos, xogo… e tamén reflexión para a aprendizaxe e para convivir en paz. http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/04/avelainas-teatro-no-club-de-lecturade.html

R ECENSIÓNS DOS NOSOS ALUMNOS

Recollemos as recensións e comentarios dos nosos alumnos no blogue do club de lectura: 9


Memoria do Club de Lectura 14_15 http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/01/a-primeira-recension-dos-nososalumnos.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/01/presentacion-resistencia.html#commentform 

R ECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURA

Realizamos presentacións e entradas no blogue con suxestións literarias da nosa biblioteca e doutras bibliotecas: http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/11/kongo-tenebrosa-viaxe-de-jozefteodor.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/unha-paxina-excelente-sobre-banda.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/recomendacions-por-cursos.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/purga-de-sofi-oksanen.html TÍTULOS LIDOS 1º ESO 

Aprendiz de Detective. Un Robo Muy Costoso de William Irish. (castelán).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/11/aprendiz-de-detective-un-robo-muy_5.htm http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/11/presentacion-das-nosas-lecturas.html 

Diez negritos, Agatha Christie. (castelán).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/03/as-nosas-lecturas-de-primavera.html 

Asesinato en el Orient Express, Agatha Christie. (castelán).

10


Memoria do Club de Lectura 14_15 2º ESO 

Rebeldes de Susan E, Hinton. (castelán).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/12/rebeldes-susan-e-hinton.html 

El niño con el pijama de rayas, John Boyne. (castelán).

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas. (Obra narrativa e banda deseñada en galego).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/01/crease-o-club-de-banda-desenada-de-2de.html 3º ESO 

O pintor do sombreiro de malvas, Marcos Calveiro. (galego).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/o-pintor-do-sombreiro-de-malvasmarcos.html 

Flash-black 13, Ramón Caride. (galego).

Diario de Anna Frank, escrito por Anne Frank. (castelán).

4º ESO club en francés 

L´Africain de J.M.G. Le Clézio. (francés e galego).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/11/club-de-lecture-en-francais.html 

Poesía de Jacques Prévert.

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/04/o-club-de-lectura-de-frances-de-4-da.html 

Le petit Nicolas et les copains. (francés).

Astérix en Hispanie. (francés). 11


Memoria do Club de Lectura 14_15 

Astérix chez les Helvètes. (francés).

Astérix chez les Belges. (francés).

4º ESO 

Nela de Rayco Pulido. (banda deseñada en castelán).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/11/nela-e-os-alumnos-de-4-eso-c.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/10/nela.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2014/12/nova-sesion-de-nela.html 

Resistencia, Rosa Aneiros. (galego).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/01/resistencia-rosa-aneiros.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/01/presentacion-resistencia.html 

Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor. (galego).

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/03/enderezo-desconecido-kressmanntaylor_22.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/05/o-club-de-4-eso-e-obra-maestra-de.html 

Dúas obras que ían formar parte das últimas sesións do club deste curso Ámote Leo, Rosa Aneiros (galego) e A neve interminable de Agustín Fernández Paz (galego) decidimos deixalas para as primeiros encontros do primeiro trimestre do curso próximo pola imposibilidade de que os nosos alumnos o poideran facer compatible coas súas tarefas escolares a finais de curso.

MATERIAIS ELABORADOS 

Presentacións das lecturas de cada trimestre:

12


Memoria do Club de Lectura 14_15

Presentacións e comentarios das obras lidas en cada trimestre:

PRESENTACIÓN DE RESISTENCIA DE ROSA ANEIROS, obra lida polos alumnos de 4º ESO no 2º trimestre:

PRESENTACIÓN DE ENDEREZO DESCOÑECIDO, KRESSMANN TAYLOR, obra lida polos alumnos de 4º ESO no 3º trimestre:

13


Memoria do Club de Lectura 14_15

ENTRADA NO BLOG sobre a sesión dedicada a falar sobre Enderezo Descoñecido de Kressmann Taylor.

Presentación do texto de L´Africain de J.M.G. Le Clézio utilizado no club de lectura de francés no primeiro trimestre.

14


Memoria do Club de Lectura 14_15

ENDEREZO ELECTRÓNICO DO BLOGUE DO CLUB DE LECTURA

http://leomilladoiro.blogspot.com.es/

COLABORACIÓNS CON OUTROS CLUBS E CON OUTRAS INSTITUCIÓNS CULTURAIS DA CONTORNA No presente curso intercambiamos información co Club de lectura do IES de Poio e recibimos un préstamo deste club de sete exemplares da obra Nela, grazas ao que puidemos comezar a nosa traxectoria no mes de outubro. Neste primeiro trimestre acudimos tamén ao espazo de intercambio de libros dos clubs de lectura Libros a eito a través do que conseguimos sete exemplares da obra Resistencia poñéndonos en contacto co Club de lectura do IES Pino Manso de Porriño. A aula de teatro do IES Antón Losada de A Estrada achegouse á nosa biblioteca e ofreceu aos alumnos do noso club de lectura de 2º e 3ºESO

a oportunidade de

coñecer a súa nova obra de teatro escolar. Mantivemos ao longo de todo o curso o contacto coas Bibliotecas da contorna(EEI Covas, EEI Milladoiro, IES Ames, IES Milladoiro, CEIP Barouta, CEIP Ventín, CEIP

15


Memoria do Club de Lectura 14_15 Agro do Muíño e CEIP A Maía) a través dos respectivos blogs e a través de dúas reunións para intercambiar experiencias e coñecementos. Na reunión celebrada a comezos de curso, no mes de outubro, os membros do noso Club de Lectura foron invitados a participar nas actividades de inauguracióna dunha das bibliotecas da contorna, a biblioteca do CEIP de Ventín. Na segunda reunión, celebrada o 20 de abril puxemos en común as nosas suxestións literarias para este verán coas que realizamos un tríptico por cursos integrando as nosas recomendacións. Ademais, os centros de Secundaria (IES Ames, IES Milladoiro) realizaron unha presentación das súas suxestións que se recolle nos seus respectivos blogs do club de lectura. http://bibliocarlosnieto.blogspot.com.es/2015/05/rede-de-bibliotecas-escolares-deames.html http://leomilladoiro.blogspot.com.es/2015/04/guia-de-lecturas-de-veran.html

16


Memoria do Club de Lectura 14_15

17


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.