Radio Faladora

Page 1


RADIO ESCOLAR Mañá día 8 de outubro vai comezar a súa andaina a nosa emisora de radio escolar. Preagamos que ás 12:15 abrades as portas das aulas e permanezades atentos o que van presentar o 1º Equipo de alumnos/as de 6º. Este mes vai ser de proba, van informar das novas do colexio e da Biblioteca, asemade van ser os encargados de elixir a música de entrada e saída do colexio, e durante o Recreo porán a súa música favorita. AGARDAMOS SUXERENCIAS!!!!!!! MOITAS GRAZAS


Radio ______________________________ MÚSICA

+¡¡¡Benvidos a nova Raaaaadiiio do coooleeeexxxiiiooo!!

-¡Benvidos o curso 2008-2009!

+Que tal vai todo polas clases!!. ¿Os titores e titoras mandan moitos traballos?

-Supoñemos que estades ben, e apartir de agora con este tempo de radio...¡mellor!. Ainda que iso de estudar e un pouco roio...!. Pero merece a pena!. ¿Non é así?

+Neste intre, todos os mércores a túa radio favorita vai soar!.

-E por un momento pararás de estudar!.

+TOD@S: UUUUUUUHHHHHHUUUHHHH

MÚSICA

+A primeira proposta e moi sinxela... -¿Queres participar no concurso do nome da nosa Radio?. Pois se queres, podes!. Soamente tes que meter un papeliño na caixa que temos na porta da biblioteca có nome que pensas que é o mellor. No papel tes que poñer o teu nome, apelidos e curso.


+Se sodes varios podedes poñer o nome de todos e todas e se o nome o decidides entre unha clase enteira, có titor ou titora, pois mellor que mellor. ¡¡QUEN SE ANIMA!!. -O gañador, gañadora ou gañadores gañadoras levaran un agasallo mooooooooiiiiiiiii rico!! +TOD@S: ¡PAAARTIIICIIIIPAAAA!

MÚSICA

+Tempo de noticias: O RADIOXORNAL REMEDIOS -A semana pasada tod@s os rapaces/as do colexio participaron na limpeza do colexio. +TODO@S: ¡Grazas a tod@s!. -AGORA TEMOS QUE MANTELO TODO LIMPO. É MOI SINXELO, CON TIRAR AS COUSAS O LIXO…¡XÁ ESTÁ!.

MÚSICA +Dende aquí, outra nova do colexio poderás atopar.

-E mentres unhas risas poderás levar.

+Primeiro dicir que a Biblio está a piques de abrir.

-Segundo, recordar, qué Popi moitas sorpresas traerá.

MÚSICA +Outra nova do colexio e o concurso de adiviñas, trabalinguas ou cantigas. -Podedes participar dende hoxe mesmo, soamente terás que poñer a túa preferida onde están postos os carteis. +Para abrir boca un par de adiviñas a dicimos dende a Raaaadiooooo:


1ª ->: "¿Qué cousa ten o muiño precisa e non necesaria; non pode moer sen ela e no lle serve de nada?" 2ª ->: "Un pratiño de noces que pola noite se espallan e polo día se esconden" 3º ->: "Imos para a cama facer o que Deus manda xuntar pelo con pelo e o bule-bule no medio."

4ª ->: "Unha cousiña cousa que nace no monte no monte se cría e cando chega a casa cachea as esquinas" 5ª ->: "Alto ou baixo deitado ou de pé sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el" RESPOSTAS: 1ª ->: O ruído . 2ª ->: As estrelas 3ª ->: Os ollos 4ª ->: A vasoira 5ª ->: O libro. +Queredes as respostas? Pois as podedes buscar polo colexio. ¡¡Sorte coa caza!!. MÚSICA +Con esto e un bizcoito nos vemos no seguinte programa… -TOD@S: ¡DEEEEIICCAAA LOOOOGGOOOOOO!


Radio ______________________________ MÚSICA

1-¡¡¡Benvidos de novo a Raaaaadiiio do coooleeeexxxiiiooo!!

2-Que tal segue todo polas clases!!. ¿Os titores e titoras dan moito a lata?

3-Supoñemos que estades ben, e apartir de agora con este tempo de radio...¡mellor!.

4-Neste intre, todos os mércores a túa radio favorita vai soar!.

1-E por un momento pararás de estudar!.

☺ TOD@S: UUUUUUUHHHHHHUUUHHHH

MÚSICA

2-¿Queres participar no concurso do nome da nosa Radio?. Pois se queres, podes!. Soamente tes que meter un papeliño na caixa que temos na porta da biblioteca có nome que pensas que é o mellor. No papel tes que poñer o teu nome, apelidos e curso. 3-Xa temos moitos nomes moi chulos. ¡O gañador pode ser o teu! Se sodes varios podedes poñer o nome de todos e todas e se o nome o decidides entre unha clase enteira, có titor ou titora, pois mellor que mellor. ¡¡QUEN SE ANIMA!!. 4-O gañador, gañadora ou gañadores gañadoras levaran un agasallo mooooooooiiiiiiiii rico!! ☺ TOD@S: ¡PAAARTIIICIIIIPAAAA!


MÚSICA

1-Tempo de noticias: O RADIOXORNAL REMEDIOS 2-A semana pasada comenzou o programa PROA para os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Uff uff, ¡cantas cousas facemos!. 3-Sorte rapaces e rapazas e… ☺ TODO@S: ¡a estudar!

MÚSICA 4-Dende aquí, outra nova do colexio poderás atopar. E mentres unhas risas poderás levar.

1- Dicir que a Biblio xa está aberta dende hoxe mesmo. Podedes pasar por ela a ler libros, a consultar nas enciclopedias e ademais podedes buscar información nos ordenadores da mesma.

2-¿Temos internet para consultar cousas?. ☺ TODO@S: ¡Pois claro!

3- Os carnés están a piques de saír do forno. Cando POPI remate, os titores e titoras repartiranos e así poderedes levar libros para casa.

4-¿Quen serán os alumnos ou alumnas que gañen os premios dos “MÁIS LEÓNS” deste trimestre?. ☺ TODO@S: ¡Pois o que máis libros lea!


MÚSICA 1-Outra nova do colexio e o Recuncho Galego, neste trimestre de adiviñas, trabalinguas ou cantigas co tema do outono. 2-Podedes participar dende hoxe mesmo, soamente terás que poñer a túa preferida onde están postos os carteis. Sabedes? Os profes tamén poden participar. 3-As respostas as adiviñas do outro día son: 4-"Un pratiño de noces que pola noite se espallan e polo día se esconden" Resposta: As estrelas

1- "Unha cousiña cousa que nace no monte no monte se cría e cando chega a casa cachea as esquinas" Resposta: A vasoira 2-"Alto ou baixo deitado ou de pé sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el" Resposta: O libro.

MÚSICA 3-Con esto e un biscoito vemonos no seguinte programa… ☺ TOD@S: ¡DEEEEIICCAAA LOOOOGGOOOOOO!


Radio “______________________________” MÚSICA

Xoaquín: Xoaquín Boooos días!!!! e benvidooooooooooos unha semana máis a noso programa de Radio Escolar!!!. O primeiro que imos facer e presentarnos!! ☺ TODOS/AS: Somos de 6º A de Educación Primaria. Daniela: Daniela Eu son Daniela!!!. Antía: Antía Eu son Antía!!!. Beatriz: Beatriz E eu son Beatriz!. Xoaquín: Eu son Xoaquín!!!. Daniela: Daniela Hoxe é un día mooooooooooi especial para a nosa Radio, queredes saber por que? Estade moi atentos! Antía: Antía Hoxe temos dúas novas moi especiais!!!!!!!!!! Beatriz: Beatriz Atentos que ven a primeira!! Lembrades o concurso? Si, o de pórlle nome a Radio, poooois o nome elixido foi.....................


MÚSICA- Música 20th century fox-

Xoaquín: Radio Faladora proposto por Verónica Vázquez Pumeda de 5º B. Pode recoller o seu agasallo na biblioteca hoxe mesmo!. Daniela: Guau!!, que ben!!! ☺ TODOS/AS: UUUUUUUHHHHHHUUUHHHH!!! MÚSICA

☺ TODOS/AS: Tempo da 2ª noticia do día: O RADIOXORNAL REMEDIOS

Antía: Agardades a seguinte nova, verdade? Pois esta si que vai ser unha boa sorpresaaaaaaaaaa! Atentos!!! Beatriz: Beatriz Unha entrevista a uns compañeiros do cole que teñen algo que contarvos. Que nervios!!!! A nosa primeira entrevista!! Imos aló! Xoaquín: Bos días nenos e nenas, como vos chamades? ...................................... Xoaquín: e, de que curso sodes? ....................................................... Xoaquín: Fostes o venres día 10 ao Auditorio ver unha obra de teatro, verdade? Como se chamaba? .................................................................... Xoaquín: Quen era o protagonista? ..................................................................................


Xoaquín: que lle pasaba? ...................................................................... Xoaquín: Cando se durmiu, que pasou? ........................................................ Xoaquín: por que choraba? .............................................................. Xoaquín: Que fixo Martiño? ............................................. Xoaquín: E, cumpriuno? .................................................... Xoaquín: Como se salvaron a estreliña e o polbo? .................................................... Xoaquín: Dixéronnos que cantaba unha cantiga ao final, podedes cantala vós? ...................................................... MÚSICA

Xoaquín: Moitas grazas pola vosa colaboración e ata outro día.Agora quedades na compañía do grupo. ☺ TODOS/AS: ¡DEEEEIICCAAA LOOOOGGOOOOOO!


RADIO FALADORA 4º PROGRAMA -29 DE OUTUBRO DE 2008MÚSICA Tema 3 de Mamacabra

Todos/as: Comeza o cuarto programa de RADIO FALADORA!

Joaquín: Joaquín Coma sempre, deste lado do micro atopámonos con, Daniela, Antía, Beatriz e... Daniela: Daniela e Joaquín. Antía: Antía Boooos días!!!! e benvidooooooooooos unha semana máis a noso programa de Raaaaaaadiiiiioooooooooo!!! Beatriz: Beatriz Vai, hoxe é mércores 29 de outubro de 2008. Joaquín: Joaquín Quen non se lembrou de cambiar a hora o sábado pola noite?. ☺

Todos/as: Despegamos!! MÚSICA

TODOS/AS: Tempo de noticias: O RADIOXORNAL FALADOR

Daniela: Primeiro falar do novo proxecto chamado “Encontros no parque”. Antía: E quen participa nel? Beatriz: Beatriz Pois na obra, será o alumnado de 5ªA. No xogo todo o alumnado de primaria. Vixiarán ademais todos e todas as rapazas de 3º ciclo. Joaquín: Joaquín Como vai a ser a actividade: Daniela: Presentan en Power Point unha obriña coa que pretenden concienciar ao alumnado do noso Centro da necesidade de comer san e de separar o lixo, para deste modo loitar por o coidado do ;Medio Ambiente e a saúde infantil.


Antía: Ademais vixían no patio que ningún alumno ou alumna pise o xardín ou tire desperdicios polo patio. Beatriz: Beatriz E cada semana, e para que poidan participar o resto do alumnado de primaria, vaise organizar un xogo titulado “Segue as pegadas” que consiste en ir dando pistas para atopar algo. Joaquín: Joaquín Qué divertido. Seguro que o pasaremos xenial.

MÚSICA

Daniela: Na segunda metade do Radio Xornal temos a alumnas de 4º A de Educación Primaria. Como vos chamades. Patricia: Eu son Patricia. Loida: Eu son Loida. Ángela: Eu Ángela. Lara: Eu Lara. MÚSICA

Patricia: Agora explicaremos un pouco en que consiste todo isto do Magosto: O Magosto é unha festa de exaltación da castaña e leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. Loida: Hoxe en día, esta festa celébrase de forma que os asistentes se reúnen para asar as castañas, e seguidamente comelas, xogar, bailar, contar contos, cantar...


Ángela: A castañas poden asarse no lume directamente, pero non debemos esquecernos de picalas, para que non rebenten. Lara: Nesta festa é habitual emborrallarse a cara uns ós outros cos restos da fogueira. Ademais, a festa do Magosto ten ingredientes dos rituais celtas, como por exemplo o lume ou a coincidencia co fin do verán. Patricia: Recordade que antes do Magosto, o venres desta semana, o día 31, tamén estamos de celebración, xa que e o día de Samaín. E despedímonos desexándovos a todos e todas que o pasedes moi ben. Vémonos o venres día 7 no Magosto do cole! ☺

Todos/as: Deica Logo!!!

MÚSICA EFECTOS ESPECIAIS DE MEDO

Joaquín: Moitas grazas pola vosa colaboración e ata outro día. Por certo, se tes música en Galego e queres que todo o mundo a escoite pola Radio Faladora, a podes traer para que a poñamos!!!. Agora quedades na compañía de High School Music. ☺ TODOS/AS: ¡DEEEEIICCAAA LOOOOGGOOOOOO!


RADIO FALADORA 5º PROGRAMA -5 DE NOVEMBRO DE 2008MÚSICA Tema 3 de Mamacabra

Todos/as: Comeza o quinto programa de RADIO FALADORA!

Joaquín: Joaquín Coma sempre, deste lado do micro atopámonos con, Daniela, Antía, Beatriz e... Daniela: Daniela e Joaquín. Antía: Antía Boooos días!!!! e benvidooooooooooos unha semana máis a noso programa de Raaaaaaadiiiiioooooooooo!!! Beatriz: Beatriz Hoxe é mércores 29 de outubro de 2008, estamos metidos de cheo no Magosto. Joaquín: Joaquín Quen comeu mais castañas estes días?. ☺

Todos/as: Comezamos!! MÚSICA

TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA

Daniela: O novo xogo de “Segue as Pegadas” está en marcha. Comezou o luns, este luns día 3. Antía: Se tes algunha dubida de como se xoga podes falar coa profe Josefa de 5º A. Beatriz: Beatriz En que consiste o xogo? Joaquín: Joaquín Pois e de buscar pistas e de xogar os detectives e... xa non digo mais para que o descubrades vos mesmos e mesmas. Daniela: Participaaaaaaaaaaa!


MÚSICA

Antía: Por certo, a segunda nova e moi interesante. Quen viu o colexio na televisión? Beatriz: Beatriz Sabedes, o pasado venres día 31, celebramos o Samaín ou Halloween para os ingleses e americanos. No cole fixemos moitas actividades e os da Tele viñeron gravalas e fixeron un programa que se emitiu onte no canal Tea ás 13. 30 e pola noite ás 21.00 horas. Joaquín: Joaquín Tamén non sei se o sabedes pero a semana pasada neste mesmo canal o noso director foi entrevistado para explicar algúns dos proxectos nos que estamos a traballar no cole: seccións bilingües, PROA, Calidade e TICS . ☺ Todos/as: Siiiiii, somos un dos dez elixidos de toda Galicia. Guuuuauuuu!!! MÚSICA

Daniela: Sabedes que temos a festa do Magosto este venres día 7? Antía: E sabedes que ademais de comer moitas castañas faremos moitos xogos?. Beatriz: Beatriz Pois eu non o sabía. Joaquín: Pois xa o sabedes. Preparádevos para pasalo BOMBA!. Ademais temos que traer zapatillas e roupa de deporte porque temos unha carreira pedestre, que consiste en facer un recorrido polo colexio correndo.


Daniela: Teremos un diploma por participar e ademais os 10 primeiros e primeiras levarán unha sorpresa moooiii riiiica! Antía: Beatriz: Beatriz MÚSICA

Joaquín: Moitas grazas a todos e todas por escoitarnos. Agora quedades na compañía de . ☺ TODOS/AS: ¡DEEEEIICCAAA LOOOOGGOOOOOO!


RADIO FALADORA 6º PROGRAMA -12 DE NOVEMBRO DE 2008MÚSICA: TEMA CENTRAL MAMACABRA

Todos/as: Aí vai o sexto programa de RADIO RADIO FALADORA!

BRAYAN: BRAYAN Hoxe estamos deste lado do micro: Clara, Laura, Noemí e eu Brayan. CLARA: CLARA Boooos días!!!! LAURA: LAURA Benviiidooooooooooos unha semana máis a noso programa de Raaaaaaadiiiiioooooooooo!!! NOEMÍ: NOEMÍ Hoxe é mércores 12 de novembro de 2008. BRAYAN: BRAYAN Uuuuffff como o pasamos este luns no Magosto!! ☺

Todos/as: Despeeegaaamoooos!!

MÚSICA

TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA

CLARA: O xogo de “Segue as Pegadas” está sendo un éxito. LAURA: Custou, pero despois dalgunhas pistas xa descubristes o enigma. NOEMÍ NOEMÍ: MÍ Mi madriña!, que divertido foi. BRAYAN: BRAYAN Os gañadores do xogo 1 foron: MÚSICA: 20th Century Fox

CLARA: Para detectives temos a Silvia Guisado Ruibal de 5º B. LAURA: Tamén Nerea Puentes Fernández de 5º C. NOEMÍ: NOEMÍ Beatriz Lorrana Rodrigues Reis de 5º C. BRAYAN: BRAYAN E Alexiane Labajos de 5º A


CLARA: E de Axudantes de detectives atopámonos con Eva Varela Pérez de 3º C. LAURA: Noraboa a todas!! MÚSICA

NOEMÍ: NOEMÍ A segunda nova foi que o tempo deixounos facer este luns 10 de novembro o Magosto. BRAYAN: BRAYAN Que ben o pasamos!. Comemos moitas castañas pero ademais... CLARA: Pero ademais fixemos moitos xogos e repartíronse medallas de chocolate... ☺ Todos/as: Ummmhhh que ricas!! LAURA: Tamén os 10 primeiros e primeiras levaron o seu diploma. Queeee soooorteeeee. BRAYAN: BRAYAN De sorte nada que tiveron que correr mooooito. CLARA: Xa temos gañas de que chegue o ano que ven para participar na seguinte carreira e nos seguinte xogos. ☺ Todos/as: Qué divertido!

MÚSICA

LAURA: Dende a Radio Faladora lembramos que está aberta para todo o mundo. Se queredes participar nela, contar algo interesante... NOEMÍ: NOEMÍ Ou ler algún conto inventado por vós, xa o sabedes, falade coa vosa titora ou titor e sairedes na vosa Radio do colexio. BRAYAN: Uuuuuuuhhh eu quero saír nela!. CLARA: Pero xa saes!.


LAURA E NOEMÍ: NOEMÍ Ánimate!!. MÚSICA

BRAYAN: A seguinte sección do programa chamámola: “Cousas de Ponteareas”. CLARA: Nela falaremos cousas do noso Concello. Así coñeceredes mellor onde vivides. LAURA: Sabiades que en Ponteareas viven 21.049 habitantes? NOEMÍ NOEMÍ: Si, pero están agrupados en 24 parroquias. O Principio soamente era un Castro Prerromano e construíuno o Rei Afonso III. BRAYAN: Canta cultura xunta!!. Se queredes saber máis, non vos perdades o vindeiro día “Cousas de Ponteareas”. MÚSICA

CLARA: Moitas grazas a todos e todas por escoitar o programa. Agora quedades coa mellor música do mundo. ☺

TODOS/AS: ¡DEEEEIICCAAA O VINDEIRO PROGRAMA!

(Cando remate o recreo, un minuto antes de que soe o timbre) BRAYAN: Adiviñastes o nome do grupo que nos

acompañou acompañou durante o recreo? Seguro que si, pero para os que non adiviñaron ímosllo dicir, escoitamos a...........................ATA O VINDEIRO MÉRCORES!!!!


RADIO FALADORA 7º PROGRAMA -19 DE NOVEMBRO DE 20082008MÚSICA: TEMA CENTRAL MAMACABRA ☺

Todos/as: Aí vai o sétimo programa de RADIO RADIO FALADORA!

BRAYAN: BRAYAN Hoxe, coma dende fai dous programas, estamos deste lado do micro: Clara, Laura, Noemí e eu Brayan. CLARA: CLARA Moooiii Boooos días!!!! LAURA: Benviiidooooooooooos o noso programa de LAURA Raaaaaaadiiiiioooooooooo, que é o voso programa!!! NOEMÍ: NOEMÍ Hoxe é mércores 19 de novembro de 2008. BRAYAN: BRAYAN Uuuuffff o magosto xa pasou fai mil anos, como pasa o tempo. Parece que foi onte cando fixemos os xogos e comemos castañas!! ☺

Todos/as: Comezamos!!

MÚSICA ☺

TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA

CLARA: Pois a primeira nova e para dar a noraboa. LAURA: Hoxe, dende a “ Radio Faladora” Faladora estamos moi ledos de poder dar a seguinte noticia: NOEMÍ: NOEMÍ A nosa compañeira de 6ºA, Belén Arjones Fernández, Fernández obtivo un merecidisimo 2º premio no 1º concurso de relatos “CIENCIA CIENCIA QUE CONTA”; concurso convocado e financiado pola Dirección Xeral de Investigación da Xunta de Galicia. BRAYAN: BRAYAN Parabéns, Belén! Moitas felicitacións!!!!


MÚSICA CLARA: A segunda nova é algo que vedes vos tódolos días. LAURA: Son as melloras do colexio. Agora toca, entre outras cousas as árbores. As están preparando con moito cariño. NOEMÍ: NOEMÍ Grazas os traballadores e as traballadoras por dita laboura. BRAYAN: Agora temos que mantelo colexio limpo e non tirar porcalladas o chan. CLARA: En poucas palabras!! LAURA: Coidar o noso colexio, que é o teu colexio. MÚSICA NOEMÍ: NOEMÍ Que boa música!!. Non vos queixedes!! BRAYAN: BRAYAN Si, a verdade que este programa cada vez é máis completo, boa música e boa compaña de todos vos. CLARA: Queres participar ti tamén con algunha cousa interesante. Tes algo que dicir. Escribiches un conto curtiño e queres vir a contalo... LAURA: Pois xa o sabedes, falade co voso titor ou titora e para o vindeiro programa ti podes ser o locutor ou locutora por uns intres. NOEMÍ: Sabes algunha historia de medo ou de risa? BRAYAN Pois non o dubides!! ☺ Todos/as: Te esperamos!!. MÚSICA CLARA: A seguinte sección do programa a chamamos: “Cousas de Ponteareas”. LAURA: Nela falamos cousas do noso concello. Así coñeceredes mellor onde vivides. O outro día quedamos en que tiñamos 21.049 habitantes.


NOEMÍ: NOEMÍ Pero vos lembrades en cantas parroquias estaban agrúpaos? BRAYAN: Pois si, en 24 parroquias. O río Tea fecunda esta

comarca e rodea a vila. Os condes da cércana Salvaterra do Miño deron o seu nome de Condado o territorio, aínda que sempre Ponteareas mantivo o seu carácter de cabeceira comarcal. Na actualidade ten sobre uns 125,9 kms cadrados. Se queredes saber máis, non vos perdades o vindeiro día “Cousas de Ponteareas”. MÚSICA CLARA: Moitas grazas a todos e todas por escoitar o programa. Agora quedades coa mellor música do mundo.

TODOS/AS: DEEEEIICCAAA LOOOOGOOOOOOO!!!

(Cando remate o recreo, un minuto antes de que soe o timbre) BRAYAN: Adiviñastes o nome do grupo que nos acompañou durante o recreo? Seguro que si, pero para os que non adiviñaron ímosllo dicir, escoitamos a...........................


RADIO FALADORA 8º PROGRAMA -26 DE NOVEMBRO DE 2008-

MÚSICA: TEMA CENTRAL MAMACABRA ☺

Todos/as: Aí vai o sétimo programa de radio, RADIO FALADORA!

BRAYAN: BRAYAN Hoxe, deste lado do micro: Clara, Laura, Noemí e eu Brayan. CLARA: CLARA Moooiii Boooos días!!!! LAURA: Benviiidooooooooooos o noso programa de LAURA Raaaaaaadiiiiioooooooooo, que é o voso programa!!! NOEMÍ: NOEMÍ Hoxe é mércores 26 de novembro de 2008. BRAYAN: BRAYAN Uuuuffff preparádevos que hoxe temos moitas novidades!!! ☺ Todos/as: Comezamos!!

MÚSICA ☺

TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA

CLARA: Pois a primeira nova e para dar a noraboa. LAURA: Esta semana os gañadores do xogo “Segue as Pegadas” foron: NOEMÍ: NOEMÍ BRAYAN: BRAYAN Parabéns! Moitas felicitacións!!!!

MÚSICA


CLARA: A segunda nova é que o xoves día 13, é dicir hai dúas semanas, os alumnos e alumnas de cuarto foron a Vigo a ver unha obra. LAURA: E hoxe témolos aquí connosco para contárvola. NOEMÍ: NOEMÍ Si, si pero antes unha preguntiña, a vos gústanvos as verduras? BRAYAN: Si, un chisco, pero mellor cóntanvos estes compañeiros de cuarto B. Quedades na compaña de: Yessica, Antonio, Uxía e Leandra. MÚSICA YESSICA: O xoves día 13 de novembro fomos a Vigo a ver unha obra de teatro. A obra chámase “Menú Vexetal”. Fomos os nenos e nenas de cuarto A e cuarto B, e tamén viñeron nenos e nenas doutros colexios. Realmente, pasámolo moi ben. ANTONIO: Na obra saían unhas mozas. Unha tiñas dúas trenzas, outra unha diadema, e as demais o pelo solto. Ao empezar, unha das mozas estaba durmindo, a moza das trenzas saíu ao escenario dando unha viravolta e as demais facendo o parvo. UXÍA: A moza que estaba durmindo era a protagonista, e tiña moita fame. As outras actrices puxeron unhas mesas, e así puido comer froita. Despois dun tempo tiña fame outra vez, así que comeu verduras e hortalizas.


LEANDRA: A min gustoume. Rímonos moito, e a verdade e que a obra era moi simpática. Houbo cancións e bailes que estiveron moi ben, e ao final todos aplaudimos moito. MÚSICA CLARA: A continuación a sección do programa: “Cousas de Ponteareas”. LAURA: Nela seguimos a falar cousas do noso concello. Así coñeceremos todos mellor onde vivimos. O outro día quedamos en que tiñamos 21.049 habitantes, 125,9 Km cadrados e estaba dividido en 24 parroquias, pero lembrades o río que o atravesa e quen lle deu nome a comarca? NOEMÍ: NOEMÍ Siiiiiiiiii, que se lembran, era o Tea e Condado. Laura ti pensas que os nosos compañeiros e compañeiras non atenden pero si que están moi atentos a todo o que lles contamos. BRAYAN: Hoxe imos dicir os nomes das 24 parroquias que forman o noso concello e que moitos coñecedes porque vivides nelas, son as seguintes atentos: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lorenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo. Lembradeas que imos a seguir no vindeiro programa a falar delas. MÚSICA CLARA: Por certo queremos lembrar que a Radio e de todos e todas e estades animados e animadas a participar co tema que queirades, e se alguén de vos ten información das parroquias para este apartado de novas que veña a contala.


LAURA: LAURA Moitas grazas a todos e todas por escoitar o programa. Agora quedades coa mellor música, atentos e a ver se adiviñades de que grupo se trata.

TODOS/AS: DEEEEIICCAAA LOOOOGOOOOOOO!!!

(Cando remate remate o recreo, un minuto antes de que soe o timbre) BRAYAN: Adiviñastes o nome do grupo que nos acompañou durante o recreo? Seguro que si, pero para os que non adiviñaron ímosllo dicir, escoitamos a...........................


RADIO FALADORA 9º PROGRAMA PROGRAMA -3 DE DECEMBRO DE 2008-

MÚSICA: TEMA CENTRAL MAMACABRA ☺

Todos/as: Aí vai o noveno programa de radio, RADIO FALADORA!

BRAYAN: BRAYAN Hoxe, deste lado do micro: Clara, Laura, Noemí e eu Brayan. CLARA: CLARA Moooiii Boooos días!!!! LAURA: Benviiidooooooooooos o noso programa de LAURA Raaaaaaadiiiiioooooooooo, que é o voso programa!!! NOEMÍ: NOEMÍ Hoxe é mércores 3 de decembro de 2008. BRAYAN: BRAYAN Atentoooooooooos que hoxe temos moitas novidades!!! ☺

Todos/as: Comezamos!!

MÚSICA ☺

TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA

CLARA: A primeira nova de hoxe chéganos dos alumnos e alumnas de 3º LAURA: Sabedes, foron invitados a unha festa a Pontevedra. NOEMÍ: NOEMÍ Siiii, pasárono tan ben que os temos hoxe aquí para que nos conten como lles foi. BRAYAN: Agardade, quedade moi atentos, uns segundiños de música e de seguido a entrevista.

MÚSICA


NOEMÍ : O 20 de novembro, celebrouse o día internacional dos dereitos dos nenos e nenas. Os nenos e nenas de 3º foron a unha viaxe a Pontevedra a unha festa que facía a deputación nun colexio, e invitaron aos coles da provincia. E contádenos que fixestes alí? NENA 1: 1 Distribuíronnos por grupos e identificáronnos con distintas cores, logo por grupos realizamos distintos obradoiros (facer bolboretas , chapas, etc.)xogos populares…. NOEMÍ NOEMÍ: EMÍ e despois? NENA 2 : fomos ao pavillón e alí mentres comiamos, un mago fixo un espectáculo de maxia. NOEMÍ: NOEMÍ e fixestes algo máis? NENA3: Si, despois fomos aos inchables, pintamos un mural,…. déronnos lambonadas. AS 3 NENAS: FOI

XENIALLLLLL!!!

NOEMÍ: NOEMÍ Moitas grazas por vir a Radio Faladora contarnos a vosa experiencia, agardamos ter cada semana novos compañeiros que se animen. MÚSICA CLARA: A segunda nova e para dar a noraboa os gañadores e gañadoras do 4º xogo de “Segue as Pegadas” LAURA: Como detectives son: Silvia Guisado Ruibal 5ºB, Eva Varela Pérez 3º C, Esteban Martínez Pérez 5º B Viki Gándara Vilas 5ºB, Nerea Pontes Fernández 5º C, Erik Ferreira Oset 5º A, Alexiane Labajos 5ºA, Noelia Estévez Ferreiro 5ºA, Alex Hermida Fernández 5º B


NOEMÍ: NOEMÍ E como axudantes: axudantes Andrea Díaz Domínguez 3º B, Ana Belén Novoa Fernández 3º C, Esther Porrit Marchena 3ºC, Arantxa Estevez Baca 3º B BRAYAN: BRAYAN Parabéns! Moitas felicitacións!!!! MÚSICA CLARA: A continuación a sección do programa: “Cousas de de Ponteareas”. LAURA: Nela seguimos a falar cousas do noso concello. Así coñeceremos todos mellor onde vivimos. Nestes días viñamos dicindo que o Concello de Ponteareas tiña 21.049 habitantes, 125,9 Km cadrados e estaba dividido en 24 parroquias, e no último programa nomeabámolas todas. NOEMÍ: NOEMÍ Hoxe imos comezar falando dunha delas, e a primeira por orden alfabético é Angoares. BRAYAN: Sabedes que nesta parroquia atopase a única Igrexa románica de planta de cruz latina e ábsida rectangular de Galicia, e tamén outros elementos arquitectónicos interesantes como cruceiros e petos das ánimas. Cando vos cadre de pasar parádevos e observade, son verdadeiras obras de arte que debemos coidar. MÚSICA


CLARA: Lembrade que comezou o concurso de postais de Nadal. E xa podemos traer as nosas postais e pegalas, cada curso no seu espazo. Moita sorte para todos e todas, temos que por as mans e a imaxinación a traballar para acadar as mellores creación. LAURA: LAURA Siiiiiiiiiiiii, eu xa estou rematando a miña. Moitas grazas a todos e todas por escoitar o programa. Agora quedades coa mellor música, atentos e a ver se adiviñades de que grupo se trata. ☺

TODOS/AS: DEEEEIICCAAA LOOOOGOOOOOOO!!!

MÚSICA

(Cando remate o recreo, un minuto antes de que soe o timbre) BRAYAN: Adiviñastes Adiviñastes o nome do grupo que nos acompañou durante o recreo? Seguro que si, pero para os que non adiviñaron ímosllo dicir, escoitamos a...........................


RADIO FALADORA 10º PROGRAMA -11 DE DECEMBRO DE 2008-

MÚSICA: TEMA CENTRAL MAMACABRA ☺

Todos/as: Todos/as: Aí vai o décimo programa de radio, RADIO FALADORA!

JUAN DAVID: DAVID Hoxe, de novo como locutores: Bruno, Sergio, Monteagudo e eu Juan David. BRUNO: BRUNO Moooiii Boooos días!!!! MONTEAGUDO: MONTEAGUDO Benviiidooooooooooos o noso programa de Raaaaaaadiiiiioooooooooo, que é o voso programa!!! SERGIO: SERGIO Hoxe é mércores 10 de decembro de 2008. JUAN DAVID: DAVID Atentoooooooooos que hoxe temos moitas novidades!!! ☺

Todos/as: Comezamos!!

MÚSICA ☺

TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA

BRUNO: A primeira nova de hoxe chéganos dos alumnos e alumnas de 6º MONTEAGUDO: É dicir, nós e os nosos compañeiros. SERGIO: SERGIO Siiii, fomos de visita ao Faro de Vigo. JUAN DAVID: Pero, agardade, quedade moi atentos, uns segundiños de música e de seguido uns compañeiros vola contan.

MÚSICA MÚSICA


ANTÍA : O mércores , 26 de novembro visitamos a sede de Faro de Vigo nun barrio de Redondela , concretamente en Chapela. MILARY: MILARY FARO DE VIGO , é un diario , como ben sabedes iso quere dicir que se vende todos os días da semana. Alí ,Manuel, o guía que nos recibiu, díxonos que só deixaban dous días no ano de traballar polo tanto de 365 días sae a rúa 363. ÁNGELA: ÁNGELA O FARO é o decano da prensa nacional, isto quere dicir que é o máis antigo de toda España, o primeiro exemplar foi publicado no 1853. NOEL NOEL: O guía ao longo da visita contounos cousas moi curiosas, e facía moito fincapé en que as novas tecnoloxías dos últimos vinte anos mudara completamente a forma de traballar nas distintas seccións. Contounos que o primeiro exemplar se fixera a man, letra por letra nunha prancha e que tardaran tres semanas en facelo e tiña 18 páxinas. ANTÍA: ANTÍA Na actualidade teñen unha planta enteira destinada para a redacción, onde traballan moitas e moitos xornalistas, nela había cantidade de ordenadores, teclados, impresoras, fotocopiadoras… MILARY: MILARY Manuel , falounos das “axencias de noticias”; as axencias teñen correspondentes por todo o mundo para que calquera noticia chegue a redacción dos distintos xornais en moi pouco tempo; así Faro de Vigo paga a estas axencias para poder obter información sobre todo, nacional e internacional. Para a información das distintas comarcas ten enviados especiais e incluso axencias en distintos pobos, na nosa vila está moi preto do noso cole, podemos ollalo nome desde o patio. ÁNGELA: ÁNGELA Antes de imprimir un xornal, hai que telo redactado todo nos ordenadores e logo pasalo a unas pranchas. Na actualidade son pranchas dixitais e cada folla vai nunha. As pranchas hai que metelas nas máquinas de impresión. Manuel ensinounos dúas máquinas, unha alemá que pode chegar a imprimir 50.000 exemplares á hora; e unha Mitsubishi xaponesa, que é a mellor máquina de rotativos do mundo. A máquina ocupa tres pisos, a última parte é coma un scalextrick, nela vanse encaixando as follas do xornal, incluso a propaganda, suplementos .. etc NOEL : Sabedes? Empregan papel reciclado, é un papel moi resistente que vén importado de Europa do norte nunhas bovinas moi grandes, e ademais está subvencionado polo Estado, grazas a isto e a publicidade e a maneira de que a empresa poida prosperar, xa que o que pagamos por cada exemplar non sería suficiente para cubrir gastos.

MÚSICA


MONTEAGUDO: A segunda nova e para dar felicitacións aos gañadores e gañadoras do 5º xogo de “Segue as Pegadas” SERGIO: Como detectives son: JUAN DAVID: DAVID E como axudantes: axudantes BRUNO: BRUNO Pero non dixestes a solución!! Para os que non acertamos e para outra será a solución era .Parabéns! Moitas felicitacións!!!! Para os acértantes. MÚSICA MONTEAGUDO: A continuación a sección do programa: “Cousas “Cousas de Ponteareas”. SERGIO: Nela seguimos a falar cousas do noso concello. Así coñeceremos todos mellor onde vivimos. Lembrade o Concello de Ponteareas ten 21.049 habitantes, 125,9 Km cadrados e está dividido en 24 parroquias, e no último programa dábamos un dato importante sobre a parroquia de Angoares, que é a primeira por orden alfabético. JUAN DAVID: DAVID Hoxe imos continuar pola seguinte, que é Arcos. E vós sabedes o que esta parroquia tamén ten o nome de San Breixo de Arcos? BRUNO: Siii, pero o máis importante e o que podemos atopar de ir a pasear polos seus arredores, nesta parroquia está a chamada “Pena Pena dos namorados”, esta escultura arquitectónica de orixe natural agocha unha lenda sobre os amores de Tristán e Aldina. O que queira investigar pode facelo e cando remate entregalo na aula de Audición e Linguaxe para presentalo no noso Blogue, ÁNIMADEVOS!!! E ADIANTE COAS VOSAS PESCUDAS !!! MÚSICA


MONTEAGUDO: Como ides co concurso de postais de Nadal? Agardamos que moi ben e preparádevos que o vindeiro luns hai que facer a elección da mellor. MOOOOOOOOOOITA SORTE!!! ☺

TODOS/AS: DEEEEIICCAAA LOOOOGOOOOOOO!!!

MÚSICA

(Cando remate o recreo, un minuto antes de que soe o timbre) BRUNO: Adiviñastes o nome do grupo que nos acompañou durante o recreo? Seguro que si, pero para os que non adiviñaron ímosllo dicir, escoitamos a...........................


RADIO FALADORA 11º PROGRAMA -17 DE DECEMBRO DE 2008-

MÚSICA: TEMA CENTRAL MAMACABRA Todos/as: Aí vai o undécimo programa de radio, RADIO FALADORA! JUAN DAVID DAVID: VID Hoxe, de novo como locutores: Bruno, Sergio, Monteagudo e eu Juan David. BRUNO: BRUNO Moooiii Boooos días!!!! MONTEAGUDO: MONTEAGUDO Benviiidooooooooooos o noso programa de Raaaaaaadiiiiioooooooooo, que é o voso programa!!! SERGIO: SERGIO Hoxe é mércores 17 de decembro de 2008. JUAN DAVID: DAVID Atentoooooooooos que temos moitas novidades!!! ☺ Todos/as: Comezamos!! ☺

MÚSICA

☺ TODOS/AS: Tempo de noticias: A RADIOXORNAL FALADORA BRUNO: A primeira nova de hoxe chéganos dunha compañeira da aula de Estranxeiros, atentooooooooooos que nos vai contar moitas cousas do seu pais. MONTEAGUDO: Siiiiiiii, presentouse voluntaria para que todos e todas coñezamos un chisco máis do seu país. SERGIO: SERGIO Ela é Yisel Daniela Agudelo Rodríguez desde Colombia. Canto tempo levas Galicia? YISEL DANIELA: Levo aquí xa cinco anos SERGIO: Con que membros da túa familia viñeches a España? YISEL DANIELA:Coa miña nai que xa leva 10 anos aquí DANIELA: BRUNO: Porque decidíchedes Ponteareas? YISEL DANIELA: Porque desde que a miña nai chegou instalouse aquí. MONTEAGUDO:Que foi o primeiro que pensaches cando che MONTEAGUDO: dixeron que viñas a vivir a España? Que che pareceu? YISEL DANIELA: Que Ponteareas era rarísimo porque era moi diferente a como vivía eu en Colombia. Unhas cousas gustábanme e outras non.


SERGIO: Como lembras os teus primeiros días no colexio? YISEL DANIELA: Teño bos recordos. BRUNO: Fixeches amigos rápido ou custouche adaptarte? YISEL DANIELA: Non, fixen amigos rápido e non me custou adaptarme. MONTEAGUDO: Agora estudas a lingua de Galicia, o galego, gústache? YISEL DANIELA: DANIELA: Si, gústame o galego SERGIO: Como era o teu colexio en Colombia? YISEL DANIELA: Era parecido a este pero moito máis grande. BRUNO:Que botas de menos do teu país ou do colexio onde BRUNO: estudabas antes? YISEL DANIELA: Aos meus amigos e amigas e a meus irmáns MONTEAGUDO: Gustaríache volver a Colombia? YISEL DANIELA: Si, gustaríame porque alí é todo moi diferente SERGIO: Moitas grazas Yisel Daniela por achegarte até a nosa Radio para falares connosco.

MÚSICA

MONTEAGUDO: A segunda nova e para dar felicitacións aos gañadores e gañadoras do 5º xogo de “Segue as Pegadas” que desta vez resistíusenos a solución pero ao final acadouse. SERGIO: Como detectives son: Ana Mª Álvarez Domínguez, Noelia Estévez Ferreiro e Mª Teresa Otero Iglesias de 5ºA; Beatriz Lorrana Rodrigues Reis, Daniel González Otero e Manuel Otero Gómez de 5ºC. JUAN DAVID: DAVID E como axudantes desta vez non houbo sorte, e que era un chisco difícil, verdade? Moito ánimo para a próxima que xa esta aí. BRUNO: BRUNO Pero non dixestes a solución!! Para os que non acertamos e para outra será a solución era “O REGO DE AUGA” .Parabéns! Moitas felicitacións!!!! Para os acértantes.


MÚSICA

MONTEAGUDO: A continuación a sección do programa: “Cousas de Ponteareas”. SERGIO: Nela seguimos a falar cousas do noso concello. Así coñeceremos todos mellor onde vivimos. Lembrade o Concello de Ponteareas ten 21.049 habitantes, 125,9 Km cadrados e está dividido en 24 parroquias, e no último programa dábamos un dato importante sobre a parroquia de Angoares e Arcos. JUAN DAVID: DAVID Hoxe imos continuar pola seguinte, que é Areas. Sabedes, é a poboación máis antiga do concello e ademais ten importantes edificios arquitectónicos que podemos visitar. BRUNO:Si, BRUNO: ademais da igrexa de Santa María que lle da nome a parroquia ( Santa María de Areas) e que ten un retablo que fixo o canteiro José Cerviño García, podemos visitar as capelas de San Brais e Santa Lucía, así como o Pazo de Porto Barreiro. MONTEAGUDO: Ata aquí a información das parroquias de Ponteareas no vindeiro programa seguirmos coa investigación. Se queredes podedes axudarnos e colaborar traendonos datos das parroquias as que pertencedes. ANIMADEVOS, AGARDAMOS A VOSA COLABORACIÓN!!! SERGIO: Agora estade mooooi atentos que imos dicir os gañadores do concurso “Postais de Nadal”: Inés Carballido 1ºA, David Lago 1ºB, Jorge Rodríguez 1ºC, Fernando González 2º A, Gabriel Reigosa 2ºB, Judith Acuña 3ºA, Emma Míguez 3º B, Graciela Pellón 3º C, Juán Fernández 4º A, Angela Gómez 4º B, Blas Carballido 5º A, Silvia Guisado 5º B, Noelia Ucha 5º C, Belén Arjones 6º A e Yisel Daniela Aguado 6º B. Noraboa a todas e todos. JUAN DAVID: Hoxe durante o recreo imos escoitar música de Colombia que nos trouxo Yisel Daniela, un disco de Sakira, agardamos que o pasedes moi ben. E moitas grazas por escoitar a nosa Radio, A Radio Faladora. ☺ Todos/as: Todos/as: DEEEEIICCAAA LOOOOGOOOOOOO!!! MÚSICA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.