PONTEAREAS

Page 1

Ponteareas Ponteareas é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado. Ten unha extensión duns 125,56 km². A súa poboacion no 2007 era de 22.411 persoas. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos. Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias.

Concello de Ponteareas Historia Ata 1833, dentro do reino de Galicia, pertenceu á provincia de Tui. Trala reforma constitucional quedou enmarcada na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Na actualidade, o alcalde do concello de Ponteareas é Salvador González Solla, do Partido Popular.


Ponte romana e río Tea

Lugares de interese • •

Ponte romana, que segundo algúns estudos é o que lle da nome a Ponteareas Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bolas graníticas que ben merecen ser coñecidas. Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bolas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen axuda de ningún tipo. Castelo de Sobroso, situado no veciño concello de Mondariz é propiedade do Concello de Ponteareas, destaca pola súa arquitectura medieval e foi escenario de importantes acontecementos ao longo da Idade Media. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de gran interese. Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas.


Igrexa de Ponteareas Personaxes de sona • • • • • • • • •

Gabino Bugallal Araújo, político, Ministro de Gobernación e de Economía (1861-1932) Reveriano Soutullo Otero, compositor (1884-1932) Manuel Domínguez Benavides, escritor e político (1895-1947) Fermín Bouza-Brey, escritor (1901-1973) Delio Rodríguez Barros, ciclista (1916-1994) Rogelio Groba, compositor (n. 1930) Abel Ramón Caballero Álvarez, político (n. 1946) Álvaro Pino Couñago, ciclista retirado (n. 1956) Kiko Neves, escritor (n. 1969)

Parroquias de Ponteareas: • Angoares (San Pedro) • Arcos (San Breixo) • Areas (Santa María) • Arnoso (San Lourenzo) • Bugarín (Santa Cristina) • Celeiros (San Fins) • Cristiñade (San Salvador) • Cumiar (Santo Estevo) • Fontenla (San Mamede)


• • • • • • • • • • • • • • •

Fozara (San Bartolomeu) Guillade (San Miguel) Guláns (San Xulián) Moreira (San Martiño) Nogueira (San Salvador) Oliveira (Santiago) Padróns (San Salvador) Paredes (San Cibrán) Pías (Santa Mariña) Ponteareas (San Miguel) Prado (San Nicolao) Ribadetea (San Xurxo) San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) San Mateo de Oliveira (San Mateo) Xinzo (Santa Mariña)

Xentilicio[1]:

Ponteareán

Xeografía Provincia:

Provincia de Pontevedra

Comarca:

Condado

Poboación:

22.411 hab.


Área:

125,6 km²

Densidade:

175,16 hab./km²

Entidades poboación: Capital do concello:

de

24 parroquias Ponteareas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.