Follas revista escolar 2013 14

Page 1

Revista escolar nยบ 13


SUMARIO 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27. 28. 29. 30. 31. 32. 33. 34. 35. 36.

Aula de Leiro Aula de Lois Aula de Ribadumia A Aula de Ribadumia B Aula de Sisán Frida Kahlo Magosto e Samaín Nadal Día da PAZ Félix continúa a súa viaxe Calendario curso 2014-15 A prensa na escola Entroido Tradición Oral Os Maios Día das Letras Galegas Salón do Libro 2014 A natureza na nosa escola Día da árbore Día da auga A nosa biblioteca Audición e Linguaxe Música English Psicomotricidade Informática Así o fixemos Cociña connosco As nosas receitas Concursamos Convivencia Consellos para as familias Moi mal por... Excursión fin de curso 2014 Festa Fin de curso 2013 Pasatempos


PABLO

MARÍA

LUCÍA

MENCÍA

ANTÍA

CARLOS

BRAIS

ALEJANDRO

RITA

ANDREA

ANXO

GABRIEL

AARON

ADRIÁN


ROQUE

ALEJANDRO

CARLA

MAEL

DAVID

BRAIS

MARTINA

AARÓN

BENVIDA PRIMAVERA!



YAGO WENCESLAO IRENE ATENEA FELIPE ANXO ARÓN LUCÍA IRIA SOFÍA LARA

ADRIÁN RODRIGO OLIVER ANTONIO DIANA NEREA GABRIEL


AULA DE SISÁN Aquí estamos os alumnos de Sisán nunha mañá de primavera.

Adriana, Daniel, Elena, Carmela, Claudia, Albert, Joel, María, Iago, Iris, Héctor, Gustavo, Lucía, Brais, Álvaro, David, Xeila, Ramiro e Arturo.


Este curso estivemos coñecendo a vida e obra dunha pintora mexicana, Frida Kahlo. Esta artista pintaba na maioría das súas obras autorretratos.

Frida pintábase de múltiples formas.

De pequena estivo moi enferma e despois tivo un accidente. Entón pintaba na cama.


Casou con Diego Rivera, este ocupaba tamén moitos dos seus cadros.

A casa na que naceu Frida, atópase en Coyoacán (México). É a casa azul, actualmente é un museo.

Frida pintaba froitas coma a sandía, presente en moitos dos seus cadros FAMILIA DE FRIDA KAHLO.


ACTIVIDADES PLÁSTICAS CO AUTORRETRATO DE FRIDA KAHLO.

AUTORRETRATO DE FRIDA PINTADO CON XIZ


MAGOSTO E SAMAÍN O outono xa está aquí e con el chegou unha das nosas festas favoritas: o SAMAÍN. Foi unha mañá terroríficamente divertida!!!!!!!!!!

Exposición de cabazas.

Xogos coas castañas.

Historias de dragóns. Que atentos estamos!!!!

Contos de medo.


Decoramos uns marcapáxinas e uns cornetes.

Actuación do mago NOEL.

Merendamos e comemos castañas asadas. Que ricas!!!


Este ano celebramos a festa de Nadal o 20 de decembro. Traballamos un montón e houbo moita diversión. Realizamos diversas actividades en talleres: Coloreamos o noso agasallo de Nadal para o mural, decoramos postais, léronnos contos de Nadal, fixemos xogos de psicomotricidade e no encerado dixital vimos panxoliñas e vídeos.


Este foi o resultado do mural despois de colorear cada un o seu agasallo.

Despois de tanto traballar houbemos ir merendar. Degustamos un mont贸n de biscoitos e doces navide帽os preciosos cos que nos agasallaron as familias do cole. Moitas grazas a tod@s.


Despois da merenda e con motivo da viaxe de Félix ao Xapón o tío de Uxía, Alberto nos fixo unha demostración de Karate.

Cada aula vestiuse a mellor das súas galas para amosarnos as panxoliñas que traballaran: AULA DE LEIRO

AULA DE LOIS

“ Buscando unha estrela “

“ Todo lo que quiero eres tú “


AULAS DE RIBADUMIA

AULA DE SISÁN

“ Ya llegó la Navidad “

“ Mi burrito sabanero “

Para rematar, e chegado dende O Caurel, recibimos con moita ilusión ao Apalpador que recolleu as nosas peticións e agasallounos cuns doces.


DÍA DA PAZ O 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA . GRAZAS A FÉLIX ESTE ANO TRABALLAMOS SOBRE A HISTORIA DE SADAKO SASAKI E A SÚA LENDA DE “AS MIL GRÚAS DE PAPEL”


EN XAPÓN A GRÚA DE PAPEL É SÍMBOLO DA PAZ E ESPERANZA

A LENDA DI QUE SI DOBRAS MIL GRÚAS DE ORIGAMI O TEU DESEXO FARASE REALIDADE .

TAMÉN FIXEMOS UN MURAL SOBRE O CADRO DE FRIDA KAHLO QUE PINTÓU EN 1952 PARA O CONGRESO DOS POBOS POLA PAZ.


Un terrible accidente fixo que Félix desaparecerá voando ata Xapón no globo que construíra con Sofía… así comezamos este curso a nosa viaxe polo país nipón.

Buscamos no mapa onde está Xapón.

Na biblioteca atopamos moita información e aprendemos...

… como comen os xapones, cales son os seus traxes típicos ...


… como fan as figuras de origami, que son os haikus…

…os koinoboris e moitas cousas máis.

Despois decidiu visitar O Polo Norte…. E coñecemos aos esquimós e aos animais que habitan nestas latitudes. Descubrimos a Aurora Boreal, vimos películas ...


… escoitamos cancións, cociñamos e limos moitos contos.

Pero Félix tiña demasiado frío e marchou para... O Caribe

E agora somos nós os que marchamos de vacacións... ¡ata o vindeiro curso!


UN ANO MÁIS XA TEMOS PREPARADO O CALENDARIO DO CURSO 2014-2015. OS TEMAS ELIXIDOS FORON: XOGOS TRADICIONAIS (PARTINDO DA ENCICLOPEDIA DE BRINQUEDOS TRADICIONAIS DE ANTÓN CORTIZAS, TASTARABÁS) E LIBROS DE COCIÑA (CUNHA RECEITA SABOROSA PARA CADA MES)


E así quedou o noso Calendario de Xogos Tradicionais para o vindeiro curso 2014-2015. Cunha chea de brinquedos que recolle Antón Cortizas no seu TASTARABÁS e que fixemos nosos xogando xuntos no cole.


Do 10 ao 14 de marzo conmemorouse a Semana da Prensa na escola, pero nas nosas aulas gústanos traballar cos xornais ao longo de todo o curso para estar informado do que acontece ao noso redor. Ademais de coñecer os nomes dos periódicos e familiarizarnos coa súa linguaxe, axúdannos a enriquecer o noso vocabulario, a coñecer os números, a descubrir tradicións, motívannos para participar en concursos, espertan o noso interese por temas e persoeiros descoñecidos...



O 28 de febreiro celebramos o Entroido. Durante a mañá realizamos actividades como contacontos, visionado de películas, creación de antefaces e xogamos co paracaídas e coa plastilina. Como estabamos co proxecto de Xapón este ano disfrazámonos de carpas Koi, pratos de sushi, quimono e emperadores.


O escritor ANTÓN CORTIZAS foi o elixido para afondar, aínda máis se cabe, na tradición oral. Cos libros con furadiños para enredar cos dediños, puidemos repasar as partes da cara con “ ESTE QUEIXO, QUEIXOLÁN “, xogamos a contar con “ REIRREI “ e “A PEGA REBULDÁ “, aprendemos os nomes dos dedos con “ ESTE É O MAIMIÑO “ e, sobre todo, desenvolvemos una memoria de elefante ao memorizar algún destes contos coas súas divertidas rimas. Pero mirade que guapísima quedou PEPA da aula de Ribadumia, vestida a partires do conto “ VESTIDA CO ARCO DA VELLA “!


OS MAIOS Na primavera elaboramos o noso propio maio. Participamos todos os mestres e nenos do cole e o resultado foi un fermoso maio para darlle a benvida a esta estación do ano. Fixemos diversos talleres, elaboramos os colares de flores e, por Suposto, houbo unha gran merenda.

E cando rematamos cantamos ao redor del coa compaña do grupo “Alecrín”!


DÍA DAS LETRAS GALEGAS Este ano 2014, o autor homenaxeado no Dia das Letras Galegas foi Xosé María Díaz Castro. Nacido na aldea dos Vilares, do concello lugués de Guitiriz, o 19 de febreiro e 1914, foi un poeta e tradutor galego afeccionado ao estudo da natureza e, coñecedor de moitos idiomas (inglés, francés, portugués, italiano, alemán, euskera, ruso…). Nas escolas do C.R.A de Ribadumia, realizamos algunhas actividades para coñecer un pouquiño máis a súa vida e obra. Aquí tedes unha pequena mostra:

Traballamos o seu nome e apelidos e, a data na que se celebra o día das Letras Galegas

Sobre que cousas escribía e que era o que lle gustaba ler

Coñecemos o nome do único libro que escribiu, e lemos algúns dos poemas incluídos nel


Grazas a María, unha alumna da aula de Leiro, descubrimos que algúns supermercados, para celebrar o día das Letras Galegas, fixeron bolsas da compra nas que aparecen versos dos poemas do seu libro NIMBOS.

Dende o C.R.A de Ribadumia, tamén queremos dar os parabéns aos gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014: O CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz. Na modalidade de Ed. Infantil e Primaria.

O IES Perdouro de Burela. Na modalidade de Educación secundaria, Formación Profesional, Bacharelato e Ensinanzas Especiais


“Cociñando contos” era o lema da XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Como outros anos, na nosa escola puxemos en marcha varias propostas para traballar arredor del. Unha delas foi a que denominamos “Contos para cociñar” . Tratábase de elixir un conto que nos gustaría cociñar e a partir del crear unha receita divertida. Este foi o resultado:

Os tres osiños

A torta máxica

O gato con botas

O Rei León

Os tres porquiños

O libro da selva

A vaca Condesa

O tren Tom O Antigo Exipto

A casiña de chocolate

Dinosauro


Hansel e Gretel

Carapuchiña Vermella

Viaxe en tren

Outra das actividades que realizamos con motivo do Salón do Libro foi o “Calendario Saboroso 2014/ 2015”, no que cada mes recomendamos un libro de cociña para nenos e unha receita na que os cativos poderán facer de cociñeiros para a familia.


A NATUREZA NA NOSA ESCOLA No C.R.A de Ribadumia levamos varios anos traballando para que os nosos alumnos tomen conciencia de que as nosas acción poden xerar ou degradar a vida da natureza. Dende o inicio desta actividade a nosa intención foi, que os nenos descubriran unha natureza próxima, ensinarlles como sementar as plantas e árbores, como coidalos, algúns usos destas e as normas de utilización das ferramentas de traballo do xardín. Pero a través desta experiencia, fomentamos outra serie de valores como: potenciar as habilidades manuais nos nenos, promover o traballo en equipo establecendo quendas de traballo das tarefas do xardín, enriquecer a súa expresión e sensibilidade artística e desenvolver comportamentos responsables respecto a natureza. Estas son algunhas das cousas que fixemos neste curso 2013-14:

PROCESO DE CRECEMENTO DUNHA PLANTA

TIPOS DE FOLLA POLA SÚA FORMA

INIMIGOS DAS PLANTAS


O NOSO LIBRO DE SEMENTES Na aula de natureza, cando morre unha planta, recollemos as súas sementes e gardámolas para volver a plantalas cando sexa a súa época. Como tiñamos moitas, fixemos un libro recollemos en cada folla: o nome da planta, foto da mesma e unha pequena mostra da súa semente.

CESAR MANRIQUE

Coñecemos moitas cousas sobre es pintor, escultor e arquitecto, defensor do medio ambiente.

O seu lugar de nacemento e profesións


As súas esculturas móbiles: “Xoguetes do vento”. Que son estruturas de ferro que cos fortes ventos, que hai na illa de Lanzarote, adquiren movemento. Tamén vimos vídeos dos seus xoguetes do vento en movemento

Descubrimos que a súa casa, á que puxo o nome de “ Taro de Tahiché “, estaba feita sobre cinco burbullas de lava volcánica e que, na planta subterránea creou 5 salas diferentes as que chamou: a da fonte, a amarela, a negra, vermella e a branca. Tamén coñecemos cales son as dúas especies representativas da illa de Lanzarote: - Da flora, a “ Tabaiba doce “. - Da fauna, o “ Cangrexo cego “. ÁRBORES DE NADAL RECICLADAS Fixemos árbores, para decorar na festa de Nadal, reciclando tubos de papel hixiénico que os nenos trouxeron das casas.


ANXO MOURE Realizamos un proxecto sobre este atrapacontos e cicliobibliotecario defensor do medio ambiente. O que fai é atrapar os contos que se escapan dos bosques e gardalos nunha bicicleta, cun carriño dianteiro, para que os nenos e nenas os escoiten, coiden e, sobre todo, os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que protexan as árbores e os ríos que nel habitan. Estivemos lendo os seus contos: “ O carballo con botas “ e “ A xacía Luviñas “ Despois falando sobre a mensaxe que este escritor intenta transmitirnos a través deles, utilizando sabios consellos como: evitar os incendios forestais, manter limpos de lixo os bosques, praias, ríos…, reciclar…. Traballamos as características dalgunhas das árbores que aparecen no seu conto “ O carballo con botas “: carballo, castiñeiro, cerdeira, bidueiro, figueira…


Este curso 2013-14, na súa XVII edición, Voz Natura tiña como tema central “os ríos e praias en boas mans”. Como os nosos alumnos son moi pequenos para realizar saídas e levar a cabo accións de limpeza, estudo das especies vexetais que existen neles…, decidimos traballar todo isto dende a escola a través de:

“Caderno viaxeiro: As nosas praia”

Creamos un por aula e, a través deles, recollemos: - As praias favoritas de mestres e alumnos do CRA de Ribadumia: por ser na que veranean, polas súas vistas, area, auga… - As deficiencias que atopamos nelas (a xente tira lixo, non ten socorrista e é un pouco perigosa, non hai duchas, ten desaugadoiros de casas ou ríos...) e que poderíamos facer para melloralas. - Unha foto ou debuxo da mesma.


COMPOSTEIRA Estivemos facendo abonos naturais para as nosas plantas e verduras. Para a súa elaboración, os nenos botaron na composteira as mondas das froitas das merendas, as follas malas das nosas verduras do invernadoiro…

PLANTAMOS NO XARDÍN E INVERNADOIRO PRÍMULAS

SORTEAMOS AS VERDURAS DO NOSO INVERNADOIRO

LEITUGAS

CICLAMEN


DÍA DA ÁRBORE O 20 de marzo celebramos o día da árbore

Para conmemorar este día, primeiro estivemos falando da importancia que teñen para nós e de todos os beneficios que nos proporcionan. Despois, pintamos unha árbore xigante e, en follas, puxemos algunhas das cousas que podemos facer para coidalas e protexelas.


DÍA DA AUGA O 21 de marzo celebramos o día da auga Para conmemorar este día, lembramos o importante que é para a vida de animais, plantas, persoas e, que hai moita xente no mundo que non ten a cantidade de auga necesaria para vivir.

Despois pintamos unha gota de auga xigante e escribimos, en pingas de auga, que cousas podemos facer para non malgastala.


PROXECTO SOBRE A AUGA A través del aprendemos que:

A auga non ten nin cor, nin olor, nin sabor

Para que é necesaria...

Os seus estados...

E fixemos un experimento a través do que descubrimos que obxectos flotan e cales non.


“ HABÍA UNHA VEZ… “ un lugar cheo de imaxinación, de letras, imaxes, narracións, poemas, contos tradicionais, de disparates, de textos, de música…, con múltiples opcións para xogar, divertirse, crear e rir sen parar. Mesturando a poesía cos animais, creamos o “ Zoo das Letras “, onde fixemos un percorrido polo abecedario dun xeito moi divertido.

Coa chegada da primavera, elaboramos un catálogo de flores con bonitas fotografías e simpáticos pareados cos nomes dos nenos.


O escritor HANS CHRISTIAN ANDERSEN chegou coa maleta cargada de contos, para que todos os nenos gozáramos coas súas historias e, así entraron nas nosas aulas “ El patito feo “, “ La princesa del guisante “, “ Pulgarcito “, “ La sirenita “, “ La reina de las nieves “, “ La niña de los fósforos “, “ El ruiseñor “… Cun mural dunha grande árbore chea de flores de diversas cores, representamos a maxia que os contos emiten ao igual que as plantas, que enchen a nosa vida de ledicia e beleza.

MOITAS GRAZAS, ANDERSEN, POR FACERNOS PASAR UNS MOMENTOS CHEOS DE MAXIA E FANTASÍA!


O 23 de Abril, día do Libro, chegou cargado de sorpresas da man dos profes Montse e Jose que arrancaron os sorrisos dos cativos, coa representación de monicreques do conto de “ CARAPUCHIÑA VERMELLA “ e a narración musicada dos “ CHIBOS,CHIBÓNS “. Acompañados da guitarra eléctrica, cantamos a canción “ IMOS CONTAR… “, onde faise alusión aos diferentes tipos de contos preferidos polos máis pequenos. Para rematar, fíxoselles entrega duns marcapáxinas dos escritores MIGUEL DE CERVANTES E WILLIAM SHAKESPEARE.


AUDICIÓN E LINGUAXE

En audición e linguaxe levamos a cabo un programa de estimulación oral co fin de tratar e previr os posibles erros articulatorios.

Para iso comezamos o traballo partindo dos prerrequisitos básicos da linguaxe oral, a través de exercicios de sopro e coordinación fonorespiratoria, discriminación auditiva e praxias para mellorar a mobilidade dos órganos articulatorios.


Contamos contos como “O Dragón Pepón”, “Gusanito e a Señora lingua” e tamén cantamos cancións como a da “Serpe Sisi” que tanto nos gustou.


En música coñecemos os nomes dos instrumentos que temos no cole e empregámolos para tocar como unha orquestra. Fomos quen de tocar a “Marcha Turca” de Mozart e tamén “A máquina de escribir” de Anderson


O noso amigo SILENCIO veu テ。 clase de mテコsica para que aprenderamos que hai moitos sons que nos rodean e que si queremos escoitalos debemos pechar a boca e abrir as orellas porque窶ヲ

PARA PODER ESCOITAR, MOI CALADIテ前S DEBEMOS ESTAR


I LOVE YOU!!!!!!!! Un curso máis e coa axuda da nosa mascota SPOT, a través de moitas historias, cancións, xogos,…. familiarizámonos un pouquiño máis coa lingua e cultura inglesa.

SCHOOL

ANIMALS


PARTS OF THE BODY

FOOD

COLOURS AND NUMBERS

HALLOWEEN, CHRISTMAS AND EASTER


SEASONS AND CLOTHES

FRIDA KAHLO

FAMILY

GOODBYE!!!!!!


Este ano en psicomotricidade estivemos moi atentos ás andanzas do noso amigo Félix. No primeiro trimestre viaxou por Xapón. Dende alí contounos que estivo practicando algúns dos deportes tradicionais, como son o kendo. Dende a clase de psicomotricidade nos buscamos información sobre este deporte e aprendemos moitas cousas como por exemplo: que kendo significa “ o camiño da espada “, que os deportistas que o practican son os kendo-kas e que a súa espada é unha cana de bambú á que chaman shinai. O primeiro que fixemos foi fabricar os nosos propios shinai con material de refugallo.


PRACTICAMOS O KENDO Para practicar o kendo necesitamos que os nosos movementos vaian acompañados da idea de “mente en branco”. Estes son os seus movementos básicos:

Aquí temos a posición de ataque chamada corte

Outra das posicións básicas tanto para ataque como para defensa que traballamos é co shinai en alto e atrás.


CON FÉLIX AO POLO NORTE Xa no segundo trimestre e con motivo da viaxe de Félix ao Polo Norte fixemos unha sesión dedicada aos deportes e actividades que se fan neste lugar. Somos animais polares:

OSOS

FOCAS, MORSAS...


RAPOSOS

COELLOS

SALTAMOS ICEBERGS


MOTOS DE NEVE

ZORRAS

PASEAMOS EN KAIAK


E PARA REMATAR IMOS PESCAR NO XEO

Pas谩molo xenial e aprendemos un mont贸n de cousas...


Dende informática tamén aprendemos un montón de cousas: 

Coñecemos as partes do ordenador e a súa utilidade. Lemos contos como “Habla el ratón” e “Habla el ordenador”.

Fixemos xogos nos que manexamos o rato. Os maiores xa son uns expertos! Limpa pantallas, explota globos...

Coa chegada do Samaín xogamos con “ fantasmín “ e aprendemos: os números, a contar, as cores… Temos xogos novos de Caillou! Repasamos con eles a natureza, o espazo e a dirección, os números, as palabras e letras.


Xa preto do Nadal fixemos os nosos drag贸ns no encerado dixital. Estes foron os resultados:


Debuxamos e escribimos no TUX PAINT

Aquí tendes unha mostra dos nosos traballiños para o recoñecemento do material e programas informáticos

Con motivo do traballo realizado nas aulas sobre Frida Kahlo, fixemos os nosos autorretratos no encerado dixital e, estes foron algúns dos resultados...

Realizamos actividades LIM sobre : o Nadal , a Paz, o Día das Letras Galegas, deportes de inverno...


A nosa mascota Félix visitou o Polo Norte, entón ensinounos moitas cousas deste lugar, entre elas “ a neve “. Así pois, tamén chegou ás nosas aulas en Ribadumia. Fixemos unha bola de neve.

Afíase cera branca para facer anaquiños

Na tapa do bote pégase un boneco

de cera, a continuación bótase dentro do

de plástico.

bote de cristal.

Énchese o bote que contén a cera de auga.


Tรกpase ben o bote e dรกmoslle a volta.

CANTA NEVE TIVEMOS ESTE ANO!!!!


Unha torta de amorodos

Un batido de plátanos

Nata con noces e...

Unha árbore de Nadal

Unha carpa Koi

… un oso polar.



AO LONGO DO CURSO APUNTÁMONOS EN MOITOS CONCURSOS, SEMPRE TENDO CLARO QUE O IMPORTANTE É PARTICIPAR, NON GAÑAR! CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA

CONCURSO ESCOLAR: O PARLAMENTO DE GALICIA CONTIGO E COS TEUS DEREITOS


CONCURSO MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL LA VOZ DE GALICIA

CONCURSO CUIDEMOS EL MEDIO AMBIENTE


CONCURSO OS BOLECHAS: DEBUXA O TEU COLE


O xoves 5 de xuño, os nenos e nenas do noso cole que pasamos a Primaria, fomos coñecer o CPI Xulia Becerra Malvar.

Moi nerviosos esperamos a que chegara o autobús.

Fixemos xogos de presentación para coñecer aos que van ser os nosos novos compañeiros.


Visitamos o cole: as aulas de primeiro, a aula de mĂşsica, a aula de inglĂŠs,...

Despois a merendar e a xogar no patio!!!!!!!


CONSELLOS PARA AS FAMILIAS A linguaxe oral é unha función que se aprende de maneira natural desenvolvéndose no ámbito familiar, xa que, este proporciona unha estimulación de maneira continua a partires das distintas actividades diarias e cotiás.

A adquisición da linguaxe é un proceso evolutivo que segue o seu propio ritmo e curso, non sendo o mesmo en tódolos nenos. Vos como pais e nais podedes axudar en gran medida aos vosos fillos e fillas neste ámbito ofrecéndolles uns modelos correctos de pronuncia e expresión oral (articulando ben, non falando a presa, fomentando a situacións comunicativas, léndolles contos, falando con eles…). É fundamental estimular ao neno para que empregue a linguaxe oral como medio de comunicación. En canto aos hábitos de alimentación ter en conta que o neno na idade escolar xa é quen de tomar alimentos sólidos e que a mastigación desenvolve a musculatura bucal, e polo tanto inflúe na correcta articulación, por iso deberíase de prescindir dos biberóns nestas idades.

O mesmo pasa co chupete xa que inflúe na deformación da cavidade oral e na posición dos dentes. Por outra banda é importante acostumar ao neno a unha boa hixiene respiratoria ensinándolle a soarse correctamente para que a respiración sexa nasal Para iso o primeiro paso é que o neno domine a técnica de soprar pola boca (podemos empregar materiais como pomperos, globos, matasogras, palliñas, etc) para despois pasar a facelo pola nariz.


Queridos papás, avós, tíos…., en definitiva,calquera persoa que asuma a gran responsabilidade de levar e recoller aos nenos no centro escolar: Obsérvase que no intre de subir ao neno/a no coche, algún cometen a gran imprudencia de permitir que ocupen o asento dianteiro. Por iso: 1.

Non debemos esquecer que, nas pequenas distancias, é onde ocorren unha gran cantidade de accidentes.

2.

Non debemos esquecer que os adultos somos responsables de aquilo que lles ocorra aos nenos, pola nosa neglixencia,

3.

Non debemos esquecer que os nenos sempre deben ocupar o asento de seguridade especialmente deseñado para eles co obxectivo de diminuír, no posible, o risco de lesión en caso de accidente.

4.

Non debemos esquecer que os axentes de tráfico velan pola nosa seguridade e que, a pesar de que unha multa non lle gusta a ninguén, poderíamos reflexionar sobre si algunha vez o castigo é totalmente merecido.

5.

Non debemos esquecer que os nosos fillos, sobriños, netos, son o ben máis prezado que temos.

6.

E si non debemos esquecer..., por que o facemos tan facilmente?

Lembrade que para maior seguridade, no asento traseiro deben viaxar, e así, moito mais contentos imos chegar.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2014 O mércores 4 de xuño fomos de excursión a Casa do Queixo, en Sobrado dos Monxes, cando chegamos os monitores estaban agardando por nos. Despois de presentarse e dicir os seus nomes, dividiron aos nenos en grupos que foron rotando por diferentes talleres: de cereais, de lá, de xogos tradicionais, de elaboración de queixo e de animais.

.


No obradoiro de queixo puidemos observar como é o proceso de transformación do leite en queixo, colaborando na súa transformación segundo o método tradicional.

Antes de levar a cabo os obradoiros da tarde, xantaron todos xuntos macarróns con salsa de tomate, salchichas con patacas…

Ao rematar todas as actividades, e antes de subir aos autobuses, merendamos galletas de chocolate


FESTA FIN DE CURSO 2013 O 21 de xuño celebramos a festa de fin do curso 2012-13 no pavillón de Sisán. Para comezar a mañá, os alumnos das distintas aulas foron rotando por diversos xogos como: paracaídas, zancos, cadeiras, inchable, carreiras de patinetes…

Despois merendamos riquísimas tortas e doces que as familias prepararon nas casas.


E antes de rematar a festa, cada aula fixo a súa actuación… Os alumnos da escola de Lois fixeron unha representación do viaxe do coello Felix por Exipto, Nova York e Kenia.

Os alumnos da escola de Sisán fixeron a dramatizaron da canción “Jambo Bwana”

Os nenos da aula de Ribadumia B bailaron a canción“Chimpum”

Os alumnos da aula de Ribadumia A cantaron “Fun ao mercado” de María Fumaça

Os nenos da escola de Leiro fixeron unha dramatización de “Loboferoz”

E para finalizar os alumnos de Ribadumia A e B dramatizaron o conto “O pastor mentireiro”


Busca as 8 diferenzas...

Que camiño ten que seguir Mickey para chegar onde está a cesta coa súa merenda?


Colorea a FELIX...


CLAUDIA

ANTÍA

BORJA

DANIEL

ANXO

SOFÍA

YAGO

LUIS

ADRIANA

MARÍA

ARÓN

MAEL

ANDRÉ

ANXO

ALBERT

BRAIS

ANTÓN

ALEJAN-

MARCOS E.

UXÍA

CARMELA

FELIPE

ELENA

ADRIANA

ABEL

ANDREA

ATENEA

CARLA

MARCOS A.

BRAIS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.