SONOSFERA Galego (Escoitando.org)

Page 1

audio-acción para a radio

SONOSFERA LUGAR

O son recollido por un micrófono xigante (inchable de gran tamaño con forma de micrófono e portado con arneses por varias persoas), é transmitido en tempo real por unha radio FM do LUGAR para todos os oíntes

Un Micrófono xigante pasea por “xxxx” e unha emisora FM transmite os sons que recolle por Escoitar.org

Escoitar supón enfrontar o noso tímpano e como acto de vontade só é posible a partir do instante no que nos desposuímos da infinidade de veos/ filtros que nos illan da sono-esfera que habitamos. A expansión do noso oído cara a límites cada vez máis difusos posibilitou que os sons marxinais adquiran o valor reivindicado desde posturas como a arte dos ruídos futurista, a panauralidad de John Cage, os traballos Acusmáticos, o Deep Listening, as estéticas minimalistas dixitais asociadas ao glitch, o ruidismo máis exacerbado ou as formulacións derivadas do field-recording, xa sexa nunha dimensión puramente acústica ou na procura dunha ética ecoacústica. A interferencia, como o ruído, perturba o espazo radiofónico, enfróntase de forma vírica á formalización do son que se emite, pero simultaneamente pode xerar novos contextos de escoita, novos contidos

1

non premeditados que como readymades adquiran un valor estético. O silencio -como ausencia de emisión-, o ruído branco, o choque de frecuencias... poden, deste xeito, analizarse como parte dunha paisaxe sonora que é posible percorrer, tensando a idea de flanerie acústica que para Adorno facíase posible manipulando o dial, para revelar novas xeografías e crear novos espazos. Introducir, en tempo real, os sons da contorna nun contexto radiofónico non como fondo ou periferia, senón como centro, supón convertelos en contido e multiplicar un espazo acústico pola infinidade de nodos nos que se escoita, facer da deslocalización e do seu efecto esquizofónico un medio para reactivar o noso oído. Como parte da estratexia do Colectivo galego Escoitar.org centrada en promocionar e

difundir a escoita activa e crítica como vía de coñecemento da sociedade e ao mesmo tempo representar a arte contemporánea máis aló dun espazo delimitado pola arquitectura expositiva dos Centros de Arte, proponse unha audio-acción para a radio na que o micrófono convértese na extensión do oído, en prótese, á vez que un evento, un acontecemento sonoro, ocupa o centro da emisión. O son recollido polo micrófono xigante (o Macrófono) é transmitido en tempo real por unha emisora de radio do lugar ao mesmo tempo que captura os sons que despois incorporaranse ao mapa público de Escoitar.org


SONOSFERALUGAR escoitar.org

Algúns detalles da acción artística como funciona?

O evento consiste nun paseo sonoro de 45 minutos por unha zona de lugar (na seguinte páxina un exemplo dun itinerario anterior feito en Roma), portando un micrófono xigante (inchable de 7 metros de lonxitude suxeitado e transportado con arneses por 5 persoas). O micrófono é capaz de capturar o son ambiente do lugar en tempo real e este son será transmitido por unha Emisora de Radio FM (conexión en directo). Toda a rexión escoitará este son. Trátase de transportar o ambiente sonoro dun lugar concreto a todos os lugares onde é escoitada a radio. O MACRÓFONO (nome do micrófono xigante de Escoitar.org), recollerá os sons propios do lugar, aqueles que os seus habitantes recoñecen dese xeito e que configuran a personalidade acústica do lugar. Para localizar estes sons, uns días antes farase un pequeno traballo de campo no pobo para recoller opinións sobre estes sons de pertenza e tamén se solicitará á radio local a posibilidade de facer un xogo radiofónico durante a semana anterior ó evento para, dende a participación da cidadanía, localizar estes sons. Unha vez localizados os sons, establecerase un itinerario para o paseo de xeito que se podan recoller estes sons durante a acción artística. O equipo de Escoitar.org fará estas xestións coa radio e participará coa súa presenza neste programa especial. Macrófono en la isla de Sta. Cruz de Tenerife (Canarias), dentro del Festival Mediafest. 2009

2

O micrófono é o oído de todos R. G. de la Serna

As 5 persoas que acompañarán ao Macrófono vestiranse con monos laranxas, como se pode ver na foto. Unha delas levará unha mochila nas costas que aloxa a batería de 12 voltios (similar as baterías de coche). O paseo sonoro comezará a unha hora acordada e terá unha duración de 45 minutos. Haberá unha parada de 15 minutos nalgún espazo acordado (aquí faise unha primeira conexión coa radio), e o obxectivo alcanzarase aos 45 minutos da saída. Nese lugar permaneceranse outros 30 minutos para facer una segunda conexión coa radio local. O obxectivo da acción é, entón, achegarse ao patrimonio cultural a través dos sons que xera. Percibir, comprender e concibir a identidade acústica dos lugares. Capturar e transmitir o son dos lugares senlleiros do espazo, sons que definen o carácter e a identidade acústica do lugar.


SONOSFERALUGAR escoitar.org

Exemplo dun itinerario / paseo sonoro 45 minutos paseando, gravando e transmitindo son

Ejemplo del Itinerario feito en Roma en *Se continúa por Via delle Muratte (7 m) *Se llega a Destino Fontana di Trevi 2010 (transmitiuse a todo o mundo o son da Fontana di Trevi) *Salida desde Via del Traforo *Caminar hacia Via dei Giardini (73 m) *Giro a la izquierda en Via in Arcione (0,1 km) *Se continúa por Via del Lavatore (0,1 km) *Se continúa por Piazza di Trevi (41 m) Macrófono en Santiago de Compostela (Festival dos Abrazos, 2009)

3

O horario do paseo acordouse coa organización e coas necesidades do concello. Para coñecer como funcionou esta audio-acción pódese visitar o seguinte vídeo: http://vimeo.com/ 12324336


MODAMENSUAL 18 de febrero de 2010

Macrófono en Santiago de Compostela (Festival dos Abrazos, 2009)

A escaleta de traballo na realización dun paseo sonoro *A primeira fase do traballo necesario para facer esta audioacción e contactar e visitar unha radio local para facerlles a proposta (as radios responden sempre moi ben a este tipo de iniciativas, posto que traballan exclusivamente con son). Invitaráselles tamén a facer un xogo de radio coa cidadanía durante a semana anterior ó evento. Nós nos encargamos deste traballo.

11.00h. Primeira conexión na rúa connosco, facendo os preparativos finais da acción (inchando o macrófono, montando micrófonos). Entrevístase a algún cidadán para opinar sobre os sons importantes do pobo.

11.15h. Arrinca a audio-acción, o xornalista conecta e anuncia o comezo (cos ruídos e sons típicos de actividade na rúa). Nun momento anuncia que conectamos co micrófono *O mesmo día da audio-acción pola mañá, un día antes ou xigante e durante 30 segundos ou 1 minuto escoitamos este son (que, insisto, será practicamente o mesmo que o unhas horas antes Chiu Longina ou Juan-Gil López troupeleo anterior, pero conseguiremos que a audiencia acudirán ó estudo de radio para facer unha dirixa seu escoita atenta ao son do pobo, sen máis. Aquí está entrevista profunda e adiantar acontecementos. a esencia da acción, escoitar con atención aquilo que se Estas entrevistas funcionan moi ben. escoita habitualmente, poñer en primeiro plano o son que *En relación á conexión en directo (xa na rúa), o ideal é facer habitualmente está en segundo). unha única conexión de 30 segundos ou 1 minuto nun lugar É POSIBLE PEGAR NO MACRÓFONO UN previamente pactado, despois de 2 ou 3 conexións previas nas LOGO DA RADIO OU DO PROPIO EVENTO EN que falaremos sobre a "escoita" e a súa importancia e sobre algúns aspectos do son que foron historicamente esquecidos. FORMATO VINILO ADHESIVO DE TAMAÑO 50X50 Estas entrevistas funcionan moi ben e é na rúa onde deben cm (aproxx.) facerse, connosco preparando o evento. A escaleta adoita funcionar así: 9.30h. Chiu Longina (antropólogo e musicólogo) ou Juan-Gil López (Musicólogo) son entrevistados pola unidade móbil ou telefónicamente e anúnciase o evento que ocorrerá ás "X" h. Entrevista longa (10 minutos). 10.30h. Anúnciase na Radio o evento que ocorrerá ás "X"h, pódense utilizar extractos da entrevista anterior para informar.

4


SONOSFERALUGAR escoitar.org

Acerca de Escoitar.org estudos aurais

Escoitar.org (coordinado polo antropólogo Chiu Longina, responsable desta aaudio-acción que se propón) é un grupo de activistas sonoros que traballan na posta en valor da experiencia acústica (denostada historicamente en favor da visual).

Forman parte do Centro de Creación Experimental de Cuenca e do Grupo de Investigación DX7 Tracker da O seu principal obxectivo é o fomento e a Universidade de Vigo promoción do fenómeno sonoro e a escóita activa (son promotores en España da corrente Estudos Aurais). Entre outras actividades traballa na conservación da memoria sonora, a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, o fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro e os traballos de campo, rexistro e contextualización dos sons ambientais do país. Actualmente traballa en varios proxectos, algúns deles no contexto de Galicia (Fonotopías de Galicia. Gravación de sons en perigo de extinción) ou o deseño dun mapa sonoro de Galicia público e universalmente accesible. Co-editores de proxectos como Artesonoro.org, Mediateletipos.net ou noTours.org, presentaron os seus proxectos en México (Fonoteca Nacional), Holanda (Interference), Alemaña (ZKM), Italia (Academia das Artes), EEUU (ArtBasel) ou en espazos peninsulares como Matadero-Madrid, Medialab-Prado, Laboral, Artium, CGAC, MARCO, Bòlit Girona ou Casa Encendida.

Escoitar.org algunhas accións do colectivo no ano pasado

5

Son responsables do portal de Arte Sonora Artesonoro.org e da publicación Mediateletipos.net

Chiu Longina é antropólogo, artista sonoro e creador de espazos acústicos. Coordina o Colectivo Escoitar.org. Membro do equipo de produción das propostas sonoras do Festival de Arte Sonora IFI de Pontevedra (Fac.Belas Artes), membro do colectivo SINSALaudio de Vigo, da Asociación Alg-a e do Centro de Creación Experimental de Cuenca. Co-editor dos proxectos en rede Mediateletipos.net e Artesonoro.org. Doctorando en arte e membro do Grupo de Investigación DX7 Tracker, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Comisario independente.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.