Caderno de información para bacharelato

Page 1

CADERNO DE INFORMACIÓN ACADÉMICA PARA BACHARELATO

IES DE CURTIS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2017/2018

-1-


INDICE 1. Organigrama do Sistema Educativo 2. Os Estudos Universitarios 3. As probas de avaliación para o acceso á universidade (ABAU)

• Parámetros de ponderación das materias da fase específica das PAU • As notas de corte nas Titulacións Universitarias en Galicia no curso 17-18 4. A Formación Profesional 5. As Ensinanzas de Réxime Especial 6. Ensinanzas para persoas adultas 7. Forzas e corpos de seguridade 8. Outros estudos despois do bacharelato 9. Probas libres para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos 10. Bolsas e axudas ao estudo 11. Segundo curso de Bacharelato 12. Guia para orientarse e dedicir despois do bacharelato

-2-


1. ORGANIGRAMA DO SISTEMA EDUCATIVO

-3-


2.OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS Os títulos universitarios divídense en títulos de: • GRAO: Obtense o título de graduado. • POSGRAO: ➢ MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada e máis avanzada. Obtense o título de master. ➢ DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master , obtense unha formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de doutor. Todos estes títulos están organizados en 5 ramas de coñecemento, que coinciden, máis ou menos, coas modalidades de bacharelato. E a cada rama de coñecemento pertencen os diferentes títulos de grao que se ofertan nas diferentes universidades de toda España.

1. 2. 3. 4. 5.

Ciencias Sociais e xurídicas. Artes e humanidades. Ciencias da saúde. Ciencias. Enxeñaría e arquitectura.

Para acceder a un título de grao existen duas posibilidades principais: • •

Trala superación dunha modalidade de bacharelato e as Probas de Avaliación para o Acceso á Universidade (ABAU). Trala superación dun Ciclo Superior de Formación Profesional.

As ABAU teñen como obxectivo valorar a madureza académica do estudante así como as capacidades específicas para cursar unha determinada ensinanza de grao. Teñen dúas fases: Parte obrigatoria: con 4 exercicios das materias troncais de 2º de bacharelato, e 1 exercicio dunha das materias troncal segundo a modalidade . Parte voluntaria: Examínaste, como máximo, de ata 4 materias troncais , diferentes da materia elixida da parte obrigatoria. Para acceder a un título de grao, dende o bacharelato, terás que superar a parte obrigatoria como mínimo. Pero nos títulos con límite de prazas, a nota de admisión incorporará as cualificacións das materias da parte voluntaria, no caso de que as materias estén adscritas á rama de coñecemento do título no que se queira ser admitido. Polo tanto aquelas persoas que superen a parte voluntaria, coas materias específicas vinculadas ao título de grao ao que desexen acceder, terán máis posibilidades de acceso por ter unha maior puntuación. Pero para que a parte voluntaria sume nota á parte xeral, as materias deben estar adscritas á rama de coñemento do título ao que solicitas acceso. Polo tanto debes saber que materias de bacharelato están vinculadas a cada rama de coñecemento e tamén como se vinculan os títulos univesitarios ás disintas ramas de coñecemento.

-4-


Tamén debes saber que para acceder a un título de grao dende un ciclo superior de FP, o acceso é directo, pero os titulados en FP poden mellorar a nota media de acceso presentándose á parte voluntaria das ABAU, pero esto verémolo máis adiante. A continuación presentámosche o vínculo entre as materias de modalidade de bacharelato e as diferentes ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias, así como os diferentes títulos de grao que se ofertan en cada rama (é só unha recompilación representativa de toda España que debes revisar na web da universidade á que queres acceder), porque dependendo da universidade, un mesmo título pode estar adscrito a unha rama ou a outra.

VINCULACIÓN DAS MATERIAS DE MODALIDADE DE BACHARELATO E AS RAMAS DE COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS Análise Musical II Anatomía aplicada Artes escénicas Bioloxía Ciencias da terra e ambientais Cultura audiovisual Debuxo artístico I Debuxo Técnico II Deseño Economía Economía da Empresa Física Xeografía Grego II Hª da Música e da Danza Hª da Arte Hª do mundo contemporáneo Latín II Linguaxe e Práctica Musical Li teratura Universal Matemáticas II Matemáticas aplicadas ás CCSS Química Técnicas de Exp. gráf . -plást ica Volume

ARTES E HUMANIDADES Análise musical II Anatomía aplicada Artes escénicas Cultura audiovisual Debuxo artístico II Debuxo Técnico II Deseño Economía Economía da empresa Xeografía Grego II Hª da música e da danza Hª da arte Hª do mundo contemporáneo Latín II Linguaxe práctica musical Literatura universal Matemáticas aplicadas ás CCSS Técnicas de exp. Gráf . -plást ica Volume

ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA BioloxíaElectrotecnia CC. da Terra e ambientais Física Debuxo Técnico II Matemáticas II Deseño Química Economía Tecnoloxía industrial II Economía da Empresa CIENCIAS Bioloxía CC. da terra e ambientais Electrotecnia Física Matemáticas II

CIENCIAS DA SAÚDE Anatomía aplicada Bioloxía CC. da terra e ambientais Física Matemáticas II

-5-


Química Tecnoloxía industrial

Química

Títulos de grao Podes ver unha recopilación representativa da oferta de títulos de tódalas universidades españolas. (En negriña os impartidos no Sistema Universitario Galego)

CIENCIAS

CIENCIAS DA SAÚDE

Bioquímica Xeoloxía Biotecnoloxía Ciencias Ambientais Ciencias do Mar Química Bioloxía Bioquímica e Bioloxía molecular Enoloxía Microbioloxía Ciencias da Alimentación Física Bioloxía Ambiental Matemáticas Ciencias Biomédicas Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Matemáticas e Estatística Bioquímica e Biomedicina

Mediciña Odontoloxía Podoloxía Enfermería Psicoloxía Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos Fisioterapia Nutrición Humana e Dietética Farmacia Óptica e Optometría Terapia Ocupacional Bioloxía Sanitaria Logopedia Veterinaria

ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA

CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS

Arquitectura Arquitectura Naval Enxeñaría Agraria Enxeñaría Agrícola Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias Enxeñaría Forestal Enxeñaría Forestal e do medio natural Enxeñaría da Edificación Enxeñaría de Materiais Enxeñaría Informática Enxeñaría de Sistemas de Información Enxeñaría de Sistemas Audiovisuais Enxeñaría de Son e Imaxe Enxeñaría en Tecnoloxías

Xornalismo Publicidade e Relacións Públicas Mestre: Educación Infantil, Educación Primaria Educación Social Consultoría e Xestión da Información Pedagoxía Comunicación Audiovisual Antropoloxía Social e Cultural Criminoloxía Relacións Laborais Relacións Laborais e RH RelaciónsLaborais e Emprego Relacións internacionais

-6-

ARTES E HUMANIDADES Arqueoloxía Historia Historia da Arte Historia e patrimonio artístico Historia e Ciencias da Música Belas Artes Filoloxía: Vasca, clásica, hispánica, románica. Filosofía Humanidades Información e documentación Ciencias e linguas da antigüedade Linguas modernas Linguas estranxeiras Linguas Aplicadas Lingúística


da Telecomunicación Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais Enxeñaría Electrónica, Industrial e Automática Enxeñaría Electrónica de Telecomunicación Enxeñaría Eléctrica Enxeñaría de Organización Industrial Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais Enxeñaría Telemática Enxeñaría Química Enxeñaría en Química Industrial Enxeñaría dos Procesos Químicos Industriais Enxeñaría Mecatrónica Enxeñaría Mecánica Enxeñaría da Enerxía Enseñaría dos Recursos Mineiros e Obras Subterráneas Enxeñaría en Propulsión e Servicios do Buque Enxeñaría en Arquitectura Naval Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo EnxeñaríaMariña Enxeñaría de Obras Públicas Tecnoloxía da Enxeñería Civil Enxeñaría de Computadores Deseño Industrial Enxeñaría do Deseño Industrial e o desenvolvemento do produto Informática de Servizos Matemáticas Enxeñaría Matemática Fotografía e Creación Dixital Xeografía, Ordenación do Territorio e xestión. Enxeñaría xeomática e Topografía

Ciencias Políticas e da Administración Ciencias Políticas e Xestión Pública Ciencias do traballo Comercio Traballo Social Dereito Turismo Turismo e Xestión do ocio Administración de organizacións e recursos turísticos Economía /Ciencias Económicas Ciencias empresariais Estatística Administración e Dirección de Empresas Dirección de empresas tecnolóxicas Medios Audiovisuais Ciencias da Actividade Fisica e do Deporte (Proba específica de acceso) Socioloxía Xestión Turística e Hostaleira Xeografía e Ordenación do Territorio Comercialización e loxística Xestión Pública DOBRES TITULACIÓNS: Dereito e Administración e Dirección de empresas. Turismo e Ciencias Empresariais.

Cine e medios audiovisuais Ciencias da cultura e difusión cultural Deseño Deseño e moda Español, Lingua e Literatura Estudos cataláns e occitanios Estudos hispánicos, lingua e literatura Estudios clásicos Estudos de Asia Oriental Estudos de Asia e ÁfricaÁrabe, Chino e Xaponés. Estudos árabes e islámicos Estudos árabes e hebreos Estudos literarios Estudos ingleses Estudos alemáns Estudos Franceses Estudos italianos Estudos semíticos e islámicos Estudos portugueses e brasileños Español: Estudos Ligüísticos e literarios. Inglés: Estudos lingüísticos e literarios. Estudos de Galego e Español. Lingua e literatura: Catalanas, hispánicas, Española, Galega, Inglesa, Moderna. Traducción e interpretación Ciencias da danza Comunicación cultural Musicoloxía Xeografía e historia Xeografía, Ordenación do territorio e Xestión do Medio Ambiente Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e literarios.

En Galicia, para o acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte precisarase da superación, ademáis da PAU, dunhas probas específicas de acceso, para o cal débeste informar na WEB das propias universidades que o imparte.

-7-


3. AS PROBAS DE AVALIACIÓN PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (A.B.A.U.) A proba de acceso á universidade divídese en dúas fases: unha chamada parte obrigatoira, e outra denominada parte voluntaria, con exames vinculados á titulación que queiras estudiar. Esta última parte é voluntaria, pero se a fas axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da parte obrigatoria. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se presentarte á parte voluntaria ou non.

PARTE OBRIGATORIA: Na parte obrigatoria examínaste das materias troncais de 2º de bacharelato. Consta dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura II: Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo e divulgativo, relacionado cos contidos desta materia. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha.

Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura II. Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Tamén terás dúas opcións das que deberás elixir unha. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia nalgún dos cursos de bacharelato ou se non se realizou algún dos cursos en Galicia.

Terceiro exercicio: Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia, para este exercicio se presentarán dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha.

Cuarto exercicio: 1ª Lingua estranxeira II. Para este exercicio podes elixir entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Ao igual que no exercicio anterior, na solicitude de inscrición debes indicar de qué lingua estranxeira queres examinarte. Non é necesario que a cursaras en bacharelato. Este exercicio valora a comprensión lectora e a expresión escrita e non se poderá empregar o diccionario nin ningún outro material didáctico.

Quinto exercicio: Materia de modalidade de 2º de bacharelato. É dicir, dunha das materias asociadas a unha das tres modalidades que se cursan en Bacharelato: Matemáticas II (Ciencias), Latín II (Humanidades), Matemáticas aplicadas ás CCSS II (CCSS) e Fundamentos da Arte II (Artes). O exercicio tamén presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha, e consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións sobre a materia. -8-


✔ Cada un destes exercicios terá unha duración máxima dunha hora e media. Haberá un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comenzo do seguinte. ✔ Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira, que deberá realizarse nos seus respectivos idiomas. ✔ Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.

COMO SE CALCULA A NOTA DE SELECTIVIDADE? A nota calcúlase tendo só en conta as notas da parte obrigatoria. A parte voluntaria, como lerás máis adiante, é só para subir a túa nota de admisión. A nota desta fase será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Poñamos un exemplo: • Primeiro exercicio: 7´30 • Segundo exercicio: 4´20 • Terceiro exercicio: 5´90 • Cuarto exercicio: 6´10 • Quinto exercicio: 7´80 Nota desta fase xeral: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260

QUE NOTA NECESITO PARA SUPERAR A PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media ponderada entre a cualificación obtida na parte obrigatoria da Selectividade (que conta un 40%) e a nota de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da parte obrigatoria. Se acadas un 4 na parte obrigatoria necesitarás alomenos un 5´67 en Bacharelato para superar a ABAU. O cálculo é así: (5´67x0´60)+ (4x0´40) = 5. Se acadas menos dun 5´67 en Bacharelato, necesitarás acadar máis dun 4 en Selectividade para que a media ponderada sexa alomenos o 5 necesario para aprobar.

PARTE VOLUNTARIA Mentres a parte obrigatoria hai que facela, a parte voluntaria é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión.

A que materias debería presentarme na parte voluntaria? Se necesitas facela para subir nota, débeste examinar das materias troncais da modalidade de 2º de bacharelato que se corresponden coa rama de coñecemento da titulación que che interesa. -9-


As materias que elixes para examinarte na parte voluntaria, non é necesario telas cursado. Por exemplo, imaxina que estudiache o bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, pero queres estudiar Mediciña. Pois neste caso, na parte voluntaria debes examinarte de materias vinculadas á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudiaches a modalidade de bacharelato relacionada, pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa modalidade.

A cantas materias me podo presentar na parte voluntaria? Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias. O normal é presentarse como mínimo a dúas ou a tres, e excepcionalmente a 4 exames. Se decides examinarte de máis de 2 materias, só se terán en conta as dúas mellores notas.

En que consisten os exercicios da parte voluntaria? Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións relacionadas coa materia. A duración de cada exercicio será de unha hora e media. Terás dúas opcións das que terás que elixir unha e poderás contestar en Lingua Castelá ou Lingua Galega. Na solicitude de matrícula deberás indicar as materias troncais de modalidade das que te examinarás. Poderás examinarte dunha das opcións lingüísticas da segunda lingua estranxeira II distinta da que se cursa como materia xeral do bloque de troncais (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués).

COMO SE CALCULAN OS PUNTOS QUE OBTEÑO PRESENTÁNDOME Á PARTE VOLUNTARIA? As cualificacións dos exames desta fase irán de 0 a 10 e para que conten é necesario acadar un 5. A notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non, pero pertence á rama de coñecemento da titulación. Para a mellora da nota de admisión, terase en conta tamén a cualificación obtida na parte obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II e Fundamentos da Arte II) sempre e cando a cualificación acadada na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos. Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso que é a media ponderada entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da parte obrigatoria. No mellor dos casos, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10x0´2) + (10x0´2) = 4 Poñamos outro exemplo: • • •

Nota de Bacharelato: 7´80 Nota da parte obrigatoira: 7´200 Nota de acceso: (0´60x7´80) + (0´40x7´200) = 7´560

- 10 -


Parte voluntaria: • • • •

Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20 Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40 Puntos adicionais: (9´20x0´2) x (8´4x0´1) = 2´68 Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240

DEBERIA PRESENTARME Á PARTE VOLUNTARIA? A nosa recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudiar non ten límite de prazas na universidade onde queres estudiar, non che fai falta que fagas a parte voluntaria. Só necesitas aprobar a parte obrigatoria para entrar nesa titulación, pois na Selectividade apróbase unicamente tendo en conta a túa nota na parte obrigatoria. A parte voluntaria non afecta a se aprobas ou non, só sirve para subir nota. En cambio, se onde queres estudar hai prazas limitadas para a titulación que máis che interesa, deberías sen dúbida facer a parte voluntaria, incluso se tes moi boas notas.

Por qué? Supoñamos que tes un 9 en Bacharelato. Sacas tamén un 9 na parte obrigatoria e a titulación que queres estudiar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar parece sinxelo, non? Pois se non fas a parte voluntaria, non. Ten en conta que é probable que a maioría da xente que quere estudiar o mesmo ca ti vai facer a parte voluntaria. Imaxina a alguén que ten un 6´50 en bacharelato, saca un 6´500 na parte obrigatoria, e logo fai a parte voluntaria e saca 6´50 e 6´50 en dúas materias prioritarias. Pois a súa nota de acceso sería 9´100. Entraría antes ca ti, co seu 6´50 e tí co teu 9´00 en Bacharelato. O cálculo é así: • Nota media de Bacharelato: 6´50 • Nota da parte obrigatoria: 6´500 • Nota de acceso: (0´60x6´50) + (0´40x6´500) = 6´500 Parte voluntaria: • Materia 1 (clasificada como prioritaria): 6´50 • Materia 2 (clasificada como prioritaria): 6´50 • Puntos adicionais: (6´50x0´2) + (6´50x0´2) = 2´60 • Nota de admisión: 6´500 + 2´60 = 9´100 Conclusión: Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a parte voluntaria. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra.

COMO SEI A QUE ASIGNATURAS PRESENTARME PARA SUBIR MÁIS NOTA? Como cada universidade poderá sinalar as asignaturas concretas que considera prioritarias para determinado título, se xa sabes qué titulación queres estudiar e en qué universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che interesa. As universidades están publicando estes datos, que denominan táboas de

- 11 -


ponderación na súa web e que en moitos casos son comúns para tódalas universidades dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia). É moi importante decidir ben qué asignaturas escolles para examinarte nesta fase pois cada un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto a túa nota de admisión, e ata dous puntos se a universidade sinalou esa asignatura como unha das prioritarias.

COMO SE CALCULA A NOTA DE ADMISIÓN? Se te presentas só á parte obrigatoria a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6xNMB (nota media de bacharelato) + 0´4xCPO (Cualificación da parte obrigatoria)

Se ademais te presentas á parte voluntaria para subir puntos, a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6xNMB (nota media de bacharelato) + 0´4xCPO (Cualificación da parte obrigatoria) + axM1 + bxM2 Sendo a e b os parámetros de ponderación (0´1 e 0´2) das materias da parte voluntaria, e M1 e M2 as dúas materias superadas da parte voluntaria (ou da obrigatoria de modalidade) con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.

POR QUE É TAN IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN? Cando unha carreira ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número de estudantes queren estudiar esa carreira en dita universidade, o único criterio que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes. O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que queren estudiar unha determinada carreira as ordena de máis a menos nota e vai dando as prazas a aqueles estudiantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudiante que consigue entrar nunha determinada carreira da universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que depende do número de prazas que se oferten na carreira e do número e da nota media dos alumnos que soliciten entrar nesa carreira. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesma carreira. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi o alumno que entrou coa peor nota. Aquí podes consultar as notas de corte de cursos anteriores : http://ciug.gal/PDF/notas1718.pdf (notas de corte en Galicia) http://ciug.gal/PDF/novataboapond18.pdf (parámetros de ponderación en Galicia)

ENTÓN, PODEREI TER DIFERENES NOTAS DE ADMISIÓN? Sí, un/unha estudiante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e titulacións nas que solicite admisión. Poñamos un exemplo dun estudiante que ten as seguintes notas e que quere estudiar mediciña:

- 12 -


• Nota media de bacharelato: 9´00 • Nota da parte obrigatoria: 8´00 Nota de admisión antes de realizar a parte voluntaria: (0´60x9´00) + (0´40x8´00) = 8 ´600 Parte voluntaria: • Materia 1: Química 8´50 • Materia 2: Bioloxía 8´20 Na universidade onde quere estudiar Medicina dixéronlle que tanto Química como Bioloxía se consideran materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2. No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Mediciña nesta Universidade sería: (0´60x9´00) + (0´40x8´00) + (0´2x8´50) + (0´2x8´20) = 11´940 Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Ciencias da Saúde), pero onde nin Química nin Bioloxía se consideran asignaturas prioritarias, o multiplicador para estas materias serían 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60x9´00) +(0´40x8´00) + (0´1x8´50) + (0´1x8´20) = 10´270 Polo tanto, os estudiantes que soliciten praza en diferentes estudios e universidades, terán diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias ás que se presentou na parte voluntaria e que pode variar dependendo da titulación e da universidade.

PODERIA ENTRAR NUNHA CARREIRA COMO MEDICIÑA AINDA QUE O MEU BACHARELATO SEXA O DE ARTES? En principio sí. Cando un estudiante quere acceder a unha carreira onde hai máis demanda que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Só en caso de empate entre dous ou máis estudantes coa mesma nota de admisión (os casos son mínimos pois se consideran dous decimais) terán preferencia os que se examinaran na parte obrigatoria dunha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento á que pertence o estudo solicitado. Quizais penses entón que a modalidade de bacharelato que se estudia xa non ten tanta importancia pois un estudiante de Artes pode solicitar praza para estudiar unha carreira de outra rama, como por exemplo en Mediciña. Efectivamente é posible, pero non hai que esquecer que as carreiras máis demandadas teñen asignaturas vinculadas que permiten aos estudiantes interesados neses estudios subir nota. E se para Mediciña as asignaturas de Bioloxía e Química, entre outras, permiten sumar puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudiante que se preparou no Bacharelato afín terá menos dificultades para subir nota, así que seguirá sendo importante. Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base para levar a carreira con éxito. Se por exemplo un estudiante que cursa o Bacharelato de Artes decide solicitar praza nunha enxeñería que non ten límite de prazas, é 100% seguro que entrará na carreira. Pero o máis probable é que a abandone, pois é moi difícil seguir o ritmo das clases sen ter unha base.

ALUMNADO CON DISCAPACIDADE:

- 13 -


Para aqueles/as estudantes con algún tipo de discapacidade que se presenten ás Probas de Acceso a CiUG garantirá que estes poidan realizar os exercicios da ABAU nas debidas condicións de igualdade. A CiUG poderá adoptar as seguintes medidas: • • • •

Adaptación dos tempos. Elaboración de modelos especiais de exame. Posta á disposición do estudantado dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da ABAU. Garantir a accesibilidade á información e comunicación dos procesos e do recinto ou espazo físico onde se desenvolva a ABAU.

En todo caso, a determinación das medidas indicadas no punto anterior farase baseándose nas adaptacións curriculares cursadas no bacharelato. O tribunal poderá requirir informes e a colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración educativa, así como dos centros onde cursasen bacharelato os estudantes con discapacidade.

PONDERACIÓNS DAS MATERIAS DA PARTE VOLUNTARIA PARA A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: Na WEB da ciug podes consultar as táboas de ponderación das materias de bacharelato para a parte voluntaria das ABAU, para os Graos da Comunidade Autónoma de Galicia. Debes ter en conta que estas táboas de ponderación apróbanse cada ano, e ainda que non hai moita variación, no vindeiro curso deberás consultar as táboas actualizadas. As deste curso sírvenche de referencia para escoller as materias de 2º de Bacharelato. Tamén debes ter en conta que cada universidade ten as súas propias táboas de ponderación. Se tes pensado estudar noutra Comunidade Autónoma debes de consultar na súa web as súas propias ponderacións. Aquí podes consultar os parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria das ABAU: http://ciug.gal/PDF/novataboapond18.pdf, ou tamén podes consultalos nas seguintes táboas.

- 14 -


- 15 -


NOTAS DE CORTE 17-18

- 16 -


- 17 -


- 18 -


NORMAS XERAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA:

1.

O proceso de acceso consta de dúas convocatorias de preinscripción: Ordinara (xuño) e extraordinaria (setembro). As datas para a entrega de solicitudes de acceso son as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e fanse públicas na web da CIUG.

2.

Tódolos trámites administrativos do proceso de acceso, o alumnado deben facelos no LERD (lugar de entrega e recollida de documentación), que están repartidos polos diversos campus de Galicia. Deberá elixir o LERD do campus escollido en primeiro lugar na solicitude de preinscripción. Tamén poderá facerse a preinscripción a través dos procedementos telemáticos que se establezan.

3.

O alumnado debe cubrir un único impreso de solicitude, onde poderá indicar ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de que a ensinanza se imparta en máis dun centro de Galicia.

4.

Resérvanse prazas para determinados colectivos: os que acceden por proba para maiores de 25 anos, os maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral, para os que superen a proba de acceso para maiores de 45 anos, para os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, para deportistas de alto nivel, e para os que teñan unha titulación universitaria.

5.

A orde de adxudicación das prazas é a seguinte: • Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño deste curso ou en xuño ou setembro de anos anteriores. • En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudiantes que cumpran os requisitos de acceso en setembro. • En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a preinscripción na convocatoria de setembro, terá prioridade só en setembro, ainda que cumprira os requisitos en xuño deste ano ou en anos anteriores. 6. En cada colectivo do apartado anterior adxudicaranse as prazas por maior nota de admisión. 7. Nos casos de empate na nota de admisión, terán preferencia: • Os estudantes (de bacharelato) que na parte obrigatoria da ABAU elixisen unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento do ensino a que se solicita acceder. • Os estudantes de FP cuxo título esté adscrito ás ramas de coñecemento do ensino a que se solicita acceder. 8. A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se establezan. Normalmente hai varias adxudicacións. Saen 5 listados de admitidos ao longo do mes de xullo e 3 en setembro (para os que fixeron a preinscripción en

- 19 -


setembro). Despois de cada listado soe haber dous días para realizar a matrícula. Se o alumno foi admitido na titulación de maior preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus dereitos. De ser admitido nunha de menor preferencia pode matricularse ou esperar a ver se é admitido nunha titulación de maior preferencia ata que se anuncie o peche da matrícula nesa titulación. Poderá consultar os listados de espera en Internet e valorar a súa posición na lista de espera. 9. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD onde presentou a súa solicitude de acceso.

4. A FORMACIÓN PROFESIONAL A finalidade da Formación Profesional é a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

Como está organizada a Formación Profesional? Comprende na actualidade tres subsitemas:

1.

Formación profesional do Sistema Educativo: que se organiza en Ciclos Básicos, de Grao Medio e de grao Superior.

2.

Formación profesional para a inserción e reinserción laboral: que comprende as ensinanzas non regradas dirixidas a proporcionar capacitación profesional (para demandantes de emprego)

3.

Formación profesional continua nas empresas: dixida a mellorar a formación das persoas que xa están traballando.

Que é a Formación Profesional? A formación profesional ordénase en 26 familias profesionais –grupo de ocupacións– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva. Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos, co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulo profesionais de formación teórica e práctica. Os ciclos formativos poden ser de grao básico, medio ou de grao superior, e a súa duración é variable, cun máximo de dous cursos académicos. Teñen como obxectivo prepararte para a actividade profesional elixida e capacitarte para o desempeño cualificado dunha profesión.

Como se accede? Ós Ciclos de Grao Medio: Co título de Graduado en Educación Secundaria. De non ter o

- 20 -


título, podes acceder a calquera Ciclo de grao Medio se superas unha proba de acceso e cumpres alomenos 17 anos ou si posúes un título básico de FP. Ós Ciclos de Grao Superior: Co título de Bacharelato ou co título de técnico. De non ter o título coa superación dunha proba de acceso que varía en función do Ciclo ó que queres acceder, e cumpridos os 18 anos (no caso de ter un ciclo de grao medio) ou 19 anos. Onde se Estudan? Nos institutos de educación secundaria públicos e nos centros privados autorizados, que poden ser concertados ou non.

Como Están Organizados os ciclos? Hai que diferenciar os seguintes termos: A familia profesional: é o nome que enmarca unha actividade nun determinado campo detraballo. Actualmente hai unhas 26 familias de formación profesional. Dentro de cada familia hai Ciclos formativos: recollen un conxunto de destrezas orientadas ó exercicio dunha profesión concreta. Cada familia ten diferentes Ciclos formativos de grao Medio ou de grao Superior, que se corresponden con cada profesión. Cada Ciclo formativo comprende unha serie de módulos. Son as áreas ou materias de contido terórico e práctico que terías que estudiar ("as asignaturas"). Existen uns módulos que son comúns a tódolos Ciclos: FOL (Formación e Orientación laboral), RET (Relacións no contorno do traballo), FCT (Formación en Centros de Traballo), Proxecto integrado. O tipo de módulos que hai están directamente relacionados coa profesión estudada, é dicir, xa non existen asignaturas como lingua e literatura, matemáticas, filosofía, ciencias socias, etc. , pero sí é importante a formación previa que teñas para ter unha boa base que che faga cursar con éxito os Ciclos.

Que é a FCT (Formación en Centros de Traballo)? Consiste nun período de prácticas que terás que desenvolver nunha empresa, e que normalmente dura 3 meses ó final do Ciclo. Como ves é un módulo con moitas horas e para acceder a el hai que superar tódolos outros módulos que se imparten no instituto.

Canto Duran Os Ciclos?

Normalmente 2000 horas (incluídas as prácticas), distribuídas en dous cursos académicos.

Que titulación se obtén? Co Ciclo de grao Medio: Título de Técnico na profesión correspondiente. Con el podes acceder ó mundo laboral ou ó Bacharelato. Non se pode acceder directamente ós Ciclos de grao Superior. Co Ciclo de grao Superior: Título de Técnico Superior. Con el podes acceder ó mundo laboral ou a calquera grao universitario. Lembra que para obter os títulos é imprescindible superar tódolos módulos que se imparten en cada Ciclo. - 21 -


Cales son os Réximes e as Modalidades para realizar os estudos de FP? Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial—asistindo diariamente a un centro formativo — , ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial, semi-presencial ou a distancia. A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses personais ao longo da vida. Para realizar a matrícula no réxime de persoas adultas é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que se inicien os estudos.

Que saídas teñen os Ciclos de FP? Acceso á universidade: As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.

1.

Admisión na universidade: No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo. Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)

2.

Cálculo da nota media do ciclo formativo: NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos. Non se computarán nin o módulo de formación en centros de traballo nin aqueles que foron obxecto de validación. A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior.

3.

Procedemento para mellorar a nota de admisión: As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria das probas de acceso á universidade. A fase voluntaria axustarase aos seguintes criterios: • Cada estudante poderá realizar un máximo de catro exercicios da súa elección. O contido dos temarios sobre os que han versar os exercicios da parte voluntaria será o establecido para o currículo das materias de modalidade de segundo de bacharelato.

- 22 -


• • • •

Para que as materias de modalidade computen no cálculo da nota de admisión, deben estar adscritas á rama de coñecemento do grao ao que se queira optar, segundo o recollido na páx.3. A puntuación en cada exercicio estará entre cero e dez puntos, con dúas cifras decimais. Considerarase superado o exercicio cando obteña unha cualificación igual ou superior a cinco puntos. A cualificación das materias da fase voluntaria terá validez para o acceso á universidade durante os dous cursos académicos seguintes á superación destas. Neste caso a nota de admisión para aos estudos universitarios de grao calcularase mediante a seguinte fórmula.

Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2 • NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento indicado anteriormente. • M1 e M2: Para que os exercicios computen no cálculo da nota de admisión, as materias deben estar adscritas á rama de coñecemento do título universitario de grao ao que se pretenda acceder, segundo o recollido na páx.3. • a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata 0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as ensinanzas universitarias. • Os parámetros de ponderación para cada curso académico e materia figuran na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (http://ciug.cesga.es). A nota media expresarase con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. 4. Inscrición no procedemento Para presentarse e realizar a fase voluntaria da proba será suficiente coa inscrición, achegando unha certificación académica oficial. A certificación terá o carácter de documentación provisional, e non poderá procederse á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e a entrega da documentación acreditativa de dispor do correspondente título. Na certificación académica oficial deberá constar: • Para os ciclos formativos de grao superior de FP, a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo, coa excepción da formación en centros de traballo e, de ser o caso, o módulo de proxecto. • Para os ciclos formativos de artes plásticas e deseño, a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, coa excepción da formación práctica en empresas, estudo e talleres, e o módulo de proxecto integrado. • Para as ensinanzas deportivas, a superación dos módulos que compoñen o ciclo de grao superior de que se trate, coa excepción dos módulos de formación práctica e de proxecto final. 5. Adxudicación de prazas A adxudicación de prazas para cada un dos títulos de grao farase en función da nota de - 23 -


admisión obtidas polo estudante para ese título. Cando se produza empate para a adxudicación de prazas, terán opción preferente os estudantes cuxos títulos estean adscritos ás ramas de coñecemento nas que se encontren as ensinanzas de grao que desexen cursar. Consulta en orientación as vinculacións entre os títulos de Técnico Superior de Formación Profesional e as ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias. 6. Validacións de materias do título universitario: No caso de acceder ás ensinanzas universitarias dende un ciclo formativo de grao superior é posible ter o recoñecemento de créditos universitarios (validar materias do título universitario). Para ver as relacións de materias validables en cada grao e ciclo superior podes consultar a web de fp no apartado “validacións”.

Acceso ao mercado laboral: A obtención do título de técnico superior, pola superación dun ciclo formativo de grao superior, permite a incorporación da persoa ao mercado laboral. O exercicio da profesión dunha persoa titulada de formación profesional comporta o desempeño cualificado dunha actividade nun campo profesional, que pode ser executada de xeito autónomo, ou por conta allea asumindo responsabilidades dentro dunha organización produtiva, como xefe de e equipo, organizando, programando e supervisando procesos produtivos.

Formas de acceso a Ciclos de Grao Superior: Pódese acceder de forma directa se se cumpren determinadas condicións ou mediante unha proba.

Acceso Directo: Posuir o título de Bacharelato. Para o acceso a Ciclos de grao Superior, o acceso realízase por nota media do Bacharelato, é dicir, que se hai mais solicitudes que prazas, adxudican as prazas ás notas máis altas. • Ademais da nota media de bacharelato terán en conta que teñas cursada unha determinada modalidade e dentro desta, inclúso determinadas materias. É dicir, cando non existan prazas suficientes terá prioridade o alumnado que: Cursase a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo coas materias vinculadas a el. Cursase a modalidade de bacharelato sen algunha das materias vinculadas ao ciclo. Cursase algunha modalidade de bacharelato. Dentro de cada un dos colectivos anteriores, a orde de prioridade virá determinada por: • Maior nota do expediente académico. • Maior nota ou nota media nas materias vinculadas. • •

- 24 -


Así que antes escoller o teu itinerario de bacharelato é recomendable ter claro se está vinculado ao ciclo superior que desexes acceder. Tamén accedes directamente se posúes un título de técnico, para o que se reservan un 20% das prazas. A orde de prioridade virá determinada por pola nota de acceso (nota media do ciclo medio, e ademais: 1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita. 2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

OFERTA DE CICLOS SUPERIORES DE FORMACIÓN PROFESIONAL E VINCULACIÓNS COS BACHARELATOS : ( Os bacharelatos e as materias preferentes están entre paréntese e negrilla, levan asterisco os ciclos que non se imparten en Galicia) (Resolución do 12 de xuño de 2012) Familias Profesionais

Oferta de Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS)

Agraria Xestión e organización de empresas agropecuarias e dos recursos naturais e paisaxísticos

CS Paisaxismo e medio rural. CS Xestión e organización de empresas agropecuarias. (Ciencias da terra e ambientais) CS Xestión Forestal e do medio natural* (Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía/ Ciencias da Terra e ambientais)

Actividades Físicas e deportivas Conducción e animación de actividades físico – deportivas

CS Animación de actividades físicas e deportivas (Calquera modalidade de bacharelato)

Artes Gráficas Actividade produtiva de preparación de orixinais, tratamento de textos e imaxes, preparación da forma impresa, impresión en huecograbado, offset, serigrafía e flexografía, encadernación, manipulado de papel, cartón e outros materiais.

CS Deseño e produción editorial (Bach. Artes e Ciencias e Tecnoloxía / Debuxo Técnico) CS Produción en industrias de artes gráficas (Bach. Ciencias e Tecnoloxía /Tecnoloxía IndustrialII)

Actividades Marítimo Pesqueiras Pesca: artesanal e industrial. Acuicultura: peixes, crustáceos e moluscos. Buceo: media profundidade. Buques: manexo, control e mantenemento dos sistemas de propulsión, equipos e instalacións. Transporte marítimo: administración e control da navegación.

CS Transporte marítimo e pesca de altura * CS Navegación, pesca e trasporte marítimo (Debuxo Tecnico) * CS Producción acuícola. (Bioloxía) CS Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque. (Electrotecnia) (Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)

Administración e Xestión Administración e xestión en calqueirasector de actividade económica, entidades financieiras e de seguros, e na administración pública.

CS Administración e finanzas. * CS Secretariado. (Todos: Bacharelato de Ciencias e Tecn, Humanid. e C. Sociais / Economía e organización de empresas)

- 25 -


Comercio e Marketing Actividade productiva de departamentos comerciais, comercio independente (ó por maior e ó por menor), comercio integrado e asociado, axencias comerciais, xestión do transporte, servicios ó consumidor.

CS Comercio Internacional. CS Xestión Comercial e Marketing. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía, Bach. Humanidades e CS / Enonomía e organización de empresas)

Imaxe e Son Fotografía, cine, vídeo, publicidade, radio, televisión, espectáculos e axencias de noticias.

CS Animación 3D, xogos e contornos. CS Iluminación, captación e tratamento da imaxe. CS Produción de audiovisuais e espectáculos CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos. (Todos: bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)

Edificación e Obra Civil Construcción de edificios industriais, comerciais, de servicios e de vivendas, así como de aeroportos, carreteras, obras marítimas e hidráulicas, obras subterráneas, ferrocarriles, conducciónsliñais de fluídos e a súa rehabilitación.

CS Proxectos de obra civil. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía e Bach. de Artes) CS Proxectos de edificación (bach. Ciencias e tecnoloxía e Bach. de Artes) CS Realización e plans de obra.(Bach. Ciencias e tecnoloxía / Debuxo Técnico)

Electricidade e Electrónica Equipos e instalacións eléctricas de distribución e electrificación, singulares e automatizadas en vivendas e edificios; sistemas de automatización industrial: equipos electrónicos de consumo e profesionais, e sistemas de telecomunicacións e informáticos.

CS Sistemas electrotécnicos e automatizados. CS Sistemas de telecomunicación e informáticos. CS Mantenemento electrónico. CS Automatización e robótica industrial. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Enerxía e auga Sector enerxético, avaliando e inspeccionando a eficiencia das instalación de enerxía e auga dos edificios, xestionando a montaxe e mantenemento das instalación térmicas.

CS Eficiencia enerxética e Enerxía Solar Térmica CS Enerxías renovables (Bach. Ciencias e Tecn.)

Fabricación Mecánica Construcción de maquinaria e equipos mecánicos. Fabricación de productos metálicos. Fabricación de instrumentos de previsión, óptica e similares. Construcción de material de transporte (naval, ferrocarril, aeronaves, bicicletas, motocicletas, automóviles, camións, autobuses, maquinaria de obras públicas, …). Construcción de maquinaria eléctrica, etc. Fabricación e reparación de productos metálicos estructurais, grandes depósitos e calderería grosa, estructuras asociadas á construcción de maquinaria. Todo o sector de produción de bens de equipo.

CS Construccións metálicas. CS Programación da producción de fabricación mecánica. CS Deseño en Fabricación Mecánica. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Hostelería e Turismo

- 26 -


Aloxamentos turísticos e non turísticos. Establecementos de restauración social e comercial. Entidades de planificación e desenvolvemento turísticos. Información, asistencia e guía turísticas. Intermediación de servicios turísticos e viaxes. Manipulación, preparación, conservación e presentación de toda clase de alimentos de productos de panadería, pastelería e repostería.

CS Axencia de viaxes e xestión de eventos (Bach. Humanid. e CS) CS Xestión de aloxamento turísticos ( Bach. Humanid. e CS) CS Guia, información e asistencia turísticas (Bach. Artes, Humanid. e CS) CS Dirección de cociña. (Bach. de Ciencias e Tecn.) CS Animación turística (Bach. Artes, Humanid. e CS/ 2ª l. estranxeira) CS Dirección de Servicios de Restauración. (Bach. de Ciencias e Tecn.)

Imaxe Persoal Perrucaría, estética persoal, caracterización CS Etética integral e benestar. (Bach. Ciencias e e asesoría de imaxe persoal. Tecnoloxía) CS Estilismo e dirección de peiteado.(Bach. Ciencias e Tecn. / Bach. de Humanid. e CCSS) Industrias Alimentarias Elaboración e conservación de productos alimenticios como aceites e xugos, viños e outras bebidas, productos lácteos, conservería vexetal, cárnica e de peixe, industrias cerealistas.

CS Procesos e calidade na industria alimentaria. CS Vitivinicultura. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Informática e Comunicacións Instalación e mantenemento de productos informáticos. Creador, programador de programas informáticos

CS Administración de sistemas informáticos en rede. CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. CS Desenvolvemento de aplicacións web. (Todos: Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Instalación e Mantenemento Montaxe e mantenemento das instalacións de edificios: hospitais, superficies comerciais, centros de ensino, polideportivos, oficinas, etc. Montaxe e mantemento de instalacións para o proceso continuo: industria química, refino de petróleo, industrias lácteas, elaboración de bebidas, papelera,etc. Montaxe e mantenemento da maquinaria da fabricación de productos metálicos, para o traballo da madeira, da fabricación do material de transporte (ferrocarril, aeronaves, bicicletas, motocicletas, automóbiles, camións, etc.), maquinaria eléctrica, etc.

CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluidos (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Mecatrónica industrial (Bach. Ciencias e Tec.) CS Mantenemento de instalación térmicas e de fluídos. (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Prevención de riscos profesionais (Bach. Ciencias e Tec. e Humanid. e CS)

Madeira, Moble e Cortiza Aserrado e preparación industrial da CS Deseño e amoblamento (Bach Ciencias e Tec. / Bach. madeira e o corcho. Artes) Fabricación de productos semielaborados da madeira e o corcho. Fabricación en serie de carpintería, parquet e estructuras de madeira para a construcción. Fabricación de envases, esamblaxes e obxetos diversos de madeira.

- 27 -


Industria do moble e da madeira. Fabricación a medida e instalación de carpintería e moble. Química Industria química e farmacéutica, do refino de petróleo, da industria de papel, e da industria da transformación do caucho e materias plásticas. Así mesmo, cubre certas necesidades de cualificación noutras industrias, como a alimentación, metalurxia, vidrio, cerámica e outras industrias de manufactura nas que se fai imprescindible a análise e control da materia que se transforma.

CS Laboratorio de análise e control de calidade CS Química ambiental CS Química industrial (Todos: Bach. Ciencias e Tecn./química)

Sanidade Sector sanitario, tanto dende a súa vertente pública como dende a empresa privada nos ámbitos profesionais de : atención primaria e comunitaria, atención especializada, saúde pública, servicios xerais ou centriais e productos sanitarios.

CS Anatomía patolóxica e citoloxía ( Bach. Ciencias e Tecn. / bioloxía) CS Dietética (Bach. Ciencias e Tecn./ Bioloxía) CS Documentación sanitaria (Bach. Humanid.e CS, Ciencias e Tecn. ) CS Hixiene bucodental (Bach. Ciencias e Tecn. / Bioloxía) CS Imaxen para o diagnóstico (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Laboratorio de diagnóstico clínico (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Próteses dentais (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Radioterapia (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Saúde ambiental (Bach. Ciencias e Tecn. /Ciencias da Terra) CS Audioloxíaprotésica (Bach. Ciencias e Tecn. )

Servizos Socioculturais e á Comunidade Organización, planificación e xestión de proxectos de intervención social, proxectos educativos, e de atención á infancia e interpretación da linguaxe de signos.

CS Animación sociocultural (Bach. Ciencias e Tecn., Human.e CS) CS Educación infantil (Bach. Humanid.e CS) CS Interpretación de lingua de signos (Bach. Ciencias e Tecn., Artes e Human.e CS) CS Integración social (Bach. Ciencias e Tecn., Humanid.e CS)

Transporte e mantemento de vehículos Mantenemento de vehículos, automóbiles, CS Automoción (Bach. Ciencias e Tecn. ) motocicletas, maquinaria agrícola e tractores, maquinaria de construcción e obras públicas, así como inspección técnica de vehículos. Textil, Confección e Pel Actividade produtiva textil: algodón, lana, seda natural, fibras sintécticas, punto, alfombras e acabados. Actividade do coiro: curtidos, acabados, e marroquinería e do calzado, o vestido e todo tipo de confección.

CS Patronaxe e moda (Bach. Ciencias e Tecn.)

- 28 -


Acceso mediante Proba: Poderán acceder mediante proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 19 anos ou os cumpran no ano da realización da proba, ou 18 anos para os que teñan un título de Ciclo Medio da familia profesional do mesmo grupo pola opción pola que se presentan, do ciclo superior ao que queiran acceder. Para o acceso a ciclos superiores resérvase o 20% das prazas para os alumnos que acceden mediante proba, e terase en conta a nota media acadada. Debes saber que a proba de acceso a ciclos superiores non é común , como a de ciclos medios, senón que te examinarás dunhas materias ou outras en función do ciclo ao que desexes acceder. A proba ten dúas partes: Parte común da proba: Consta de tres exames de materias de 2º de Bacharelato. • Lingua Galega. • Lingua Castelá. • Matemáticas.

Parte específica da proba: organízase en tres opcións A, B e C, en función do ciclo superior ao que desexes acceder, e dentro da opción elixida escolleranse dúas materias. • Opción A: Economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía. • Opción B: Debuxo Técnico, tecnoloxìa industrial e física. • Opción C: Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

No caso de superar unha parte da proba, consérvase a nota da parte superada durante dous anos consecutivos. Pódese solicitar exención da parte específica no caso de ter superado un ciclo formativo de grao medio que pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta. Tamén se pode solicitar a exención desta parte no caso de ter experiencia laboral de alomenos un ano en xornada completa, en campos profesionais relacionados cos estudos que se prentenda cursar. Igual que na proba de acceso a ciclos de grao medio, para presentarte a esta proba terás que cubrir un impreso de inscrición, normalmente no mes de xaneiro, e entregalo nun centro que imparte FP, xunto coa copia do DNI e documentación xustificativa no caso de solicitar a exención dalgunha parte da proba. En convocatorias anteriores o exame celebrouse no mes de marzo ou abril. Para ver exemplos de probas podes buscalas en http://www.edu.xunta.es/fp/accesograo-superior-convocatoria-actual As familias profesionas ás que podes acceder segundo a opción da proba pola que te presentes a, b ou c, son as seguintes: OPCIÓN A

Administración e xestión. Comercio e márketing. Hostalaría e turismo. Servizos socioculturais e á comunidade. Imaxe e son (só o ciclo de Produción de audiovisuais e espectáculos).

- 29 -


OPCIÓN B

Marítimo - Pesqueira (agás o ciclo de Produción Acuícola). Artes gráficas. Edificación e obra civil. Electricidade e electrónica. Enerxía e Auga. Imaxe e son (agás o ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos).Fabricación mecánica. Madeira, moble e cortiza. Informática e comunicacións. Instalación e mantemento. Transporte e mantemento de vehículos. Téxtil, confección e pel (agás o ciclo de Curtidos, e o de Procesos de Ennobrecemento Téxtil). Industrias Extractivas. Vidro e cerámica

OPCIÓN C

Agraria. Actividades físicas e deportivas. Imaxe persoal. Industrias alimentarias. Marítimo - Pesqueiras (só o ciclo de Produción Acuícola). Química. Téxtil, confección e pel (só o ciclo de Curtidos, e o de Procesos de Ennobrecemento Téxtil). Sanidade. Seguridade e Medio Ambiente.

Distribución das prazas dos ciclos: O 70% das prazas dos ciclos resérvanse para os que solicitan acceso directo a través do bacharelato. O 20% resérvase para o que acceden directamente cun título de técnico. Ata o 10% resérvase para os que acceden mediante proba. Dentro de cada porcentaxe resérvase un 10% para os estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade. En tódolos ciclos haberá un 3% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel. Quen cumpra simultáneamente os requisitos de acceso directo e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión.

Os ciclos formativos no réxime de adultos: Como se organizan? Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos (Oferta modular). Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte tanto de módulos de 1º como de 2º curso.

Canto duran estas ensinanzas?

- 30 -


Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites.

Cales son os requisitos de acceso? Os mesmo que para os Ciclos na modalidade ordinaria. Excepcionalmente podes acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de traballador e cumpres os requisitos académicos de acceso.

Que modalidades hai? RÉXIME DE ADULTOS NA MODALIDADE PRESENCIAL: Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso. A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite. A asistencia ás clases é obrigatoria. Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión. RÉXIME DE ADULTOS NA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL OU A DISTANCIA: Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso. A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor do curso. Nos módulos de ciclos da LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir os requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo. Para a obtención do título será preciso cumprir os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo. Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Cal é a oferta? A oferta destas ensinanzas é máis limitada que no réxime ordinario. Para coñecela pregunta no departamento de orientación ou consulta a web www.edu.xunta.es/fp.

- 31 -


5. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL Que son? Son ensinanzas nas que a organización é algo diferente á dos estudos de réxime xeral e ó nos que hai que superar unha proba para acceder a eles.

Que estudos Comprende? • • • • • •

Ensinanzas de Música e Danza Ensinanzas de Arte Dramática Ciclos de Artes Plásticas e Deseño Estudios Superiores de Artes Plásticas e Deseño Idiomas Ensinanzas Deportivas

Ensinanzas de Música Regradas: Estúdanse en Conservatorios de Música e Centros Autorizados de Música (obtense un título con validez académica e profesional) Non regradas: Estúdanse en Escolas de Música (obtense un certificado, non un título) Estrutúranse en: • Ensinanzas de Grao Elemental: Hai que ter entre 8 e 14 anos, e comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes musicais dos interesados. • Ensinanzas de Grao Profesional: teñen unha duración de 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total). Para o acceso non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba, que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar e que atende ás aptitudes e coñecementos musicais do interesado. O alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de bacharelato se supera as materias comúns do bacharelato, ainda que no realizara o mesmo na modalidade de artes na súa vía de música e danza. Asímesmo poderá simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria e se establecerán convalidacións con asignaturas optativas de ESO e Bacharelato. • Ensinanzas de Grao Superior: Teñen unha duración dun só Ciclo de 4 cursos. Para o acceso hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato, ter superado o 3º Ciclo de música e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Se non cumpres estes requisitos podes acceder se

- 32 -


superas unha proba extraordinaria. Celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario. Especialidades: As especialidades reguladas son 25: arpa, cante flamenco, canto, clarinete, clave, contrabaixo, fagot, flauta travesera, flauta de pico, guitarra flamenca, instrumentos de cuerda pulsada do renacemento e barroco, oboe, órgano, percusión, piano, saxofón, trombón,trompa, tuba, viola, viola de gamba, violín e violoncello. Onde se pode estudar música? •

En Escolas de Música: Son centros públicos ou privados que imparten ensinanzas non regradas de música dirixidas a aquelas persoas, sen límite de idade, que desexen unha formación musical. Tamén poden preparar para o acceso a ensinanzas regradas en conservatorios ou en centros autorizados (privados). Hai Escolas públicas de Música en e privadas en Cambre e Coruña. Conservatorios de Música, que se clasifican en "Elementais" (imparten o grao elemental),"Profesionais" (imparten o grao Medio) e "Superiores" (imparten só o grao Superior). Tamén en Centros Privados Autorizados.

Existen conservatorios públicos en: Coruña (elemental, profesional e Superior), e Culleredo (elemental e profesional)...

Ensinanzas de Danza Regradas: Estúdanse en Conservatorios de Danza e Centros Autorizados de Danza (obtense un título con validez académica e profesional) Non Regradas: Estúdanse en Escolas de Danza (obtense un certificado)

Estrutúranse en: •

Ensinanzas de Grao Elemental: Comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes físicas e expresivas dos aspirantes relacionadas coa danza e co sentido musical, mediante unha proba. Neste grao non se obtén titulación, só un certificado acreditativo. Ensinanzas de Grao Profesional: Duración: 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total). Acceso: Non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba en xuño , que será diferente acorde co Ciclo ou curso no que se queira ingresar, os contidos tamén dependen da especialidade na que se queira ingresar. O alumnado que finalice estas ensinanzas obterá o título de bacharelato se supera as materias comúns do bacharelato, ainda que no realizara o mesmo na modalidade de artes na súa vía de música e danza. Asímesmo poderá simultanear as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria e se establecerán convalidacións con asignaturas optativas de ESO e Bacharelato. Ensinanzas de Grao Superior: Duración: 1 só Ciclo de 4 cursos. Acceso: hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato, ter superado o 3º - 33 -


Ciclo de Danza e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Se non cumpres estes requisitos podes acceder se superas unha proba extraordinaria. Celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario. Especialidades: • GRAO MEDIO: Danza clásica, Danza Española e Danza Contemporánea. • GRAO SUPERIOR: Pedagoxía da Danza, Coreografía e Técnicas de Interpretación da Danza.

Arte Dramática Estas ensinanzas constitúen un ciclo único de catro cursos, cunha titulación final equivalente a Graduado universitario. Estructúranse en tres especialidades: Dirección de escena e dramaturxia, escenografía e interpretación. Á súa vez, cada unha destas especialidades está dividida nos seguintes itinerarios. Especialidade Opcións Dirección de escena e dramaturxia

Dirección de escena. Dramaturxia

Escenografía

Escenografía

Interpretación

Interpretación textual Interpretación xestual Interpretación con obxetos Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de bacharelato, con 20 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de aptitudes e demostrando unha experiencia profesional significativa que se xustificará mediante unha memoria defendida ante un tribunal. A Proba de acceso específica para cada especialidade consta de 2 exercicios: • 1º exercicio: análise dun fragmento dun texto dramático que ten carácter eliminatorio. Públícanse os textos de obrigada lectura para esta proba. • 2º exercicio: son varias probas prácticas diferentes según a especialidade á que se queira acceder. Fanse públicos os textos propostos para as probas de carácter práctico.

Ciclos de Artes Plásticas e Deseño Que son as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño?: Comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais. Agora ímonos a ocupar dos CICLOS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO.

- 34 -


Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño?: A estrutura é a mesma que a da FP: Ciclos formativos de grao Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos. Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol (estas dúas últimasde titularidade privada ).

Como se organizan: Trátase de Ciclos de grao Medio e grao Superior, polo que teñen unha estrutura semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba de acceso.

1.

Ciclos Formativos De Grao Medio: Accédese co título de ESO e coa superación da proba específica que consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e debuxo. De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa superación (ademais da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e consta de 2 partes: • 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—tecnolóxico e sociocultural (escoller tres materias). • 2ª parte: Educación plástica e visual. A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos de grao medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou experiencia laboral de alomenos un ano, directamente relacionada co ciclo o que se quere acceder. A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en setembro. Obtense o título de técnico. 2. Ciclos Formativos De Grao Superior: Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato en artes. De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e coñecementos histórico - artísticos. De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2 partes: • 1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª España, Hª Filosofía, Filosofía e Cidadanía, Ciencias do Mundo Contemporáneo). Escoller tres materias. • 2ª Parte: Proba de Historia da Arte.

- 35 -


A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos superiores, e a específica pola experiencia laboral de alomenos un ano directamente relacionada co ciclo ao que se quere acceder. Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas titulacións universitarias e aos estudos superiores de Deseño (explicados máis adiante). A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase en xuño e a específica en xullo. Familias Profesionais: Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A continuación presentámosche as familias que existen: • Artes Aplicadas á Escultura • Deseño De Interiores • Xoiería De Arte • Artes Aplicadas Ó Libro • Cerámica Artística • Artes Aplicadas Á Indumentaria • Deseño Industrial • Deseño Gráfico • Artes Aplicadas Ó Muro • Esmaltes Artísticos • Textiles Artísticos • Arte Floral • Vidrio Artístico Onde Estudar Estes Ciclos: Existen escolas de artes nas seguintes cidades de Galicia: A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo.

- 36 -


Oferta de ciclos medios e superiores de Artes Plásticas ESCOLA DE ARTES PABLO PICASSO en A Coruña.

ESCOLA DE ARTES MESTRE MATEO en Santiago

ESCOLA DE ARTES RAMÓN FALCÓN en Lugo.

ESCOLA DE ARTES ANTONIO FAÍLDE en Ourense

CM Dourado e Policromía Artísticos CS Artes Aplicadas Da Escultura Taller cerámico, oferta modular. CS Fotografía Artística CS Ilustración

CS Artes Aplicadas Da Escultura CS Fotografía Artística CS Xoiería Artística CS Arquitectura Efímera Taller de xoiería, oferta modular

CM Serigrafía artística CS Gravado e Técnicas De Estampación CS Cerámica Artística CS Fotografía Artística Taller de talla artística en madeira, oferta modular. Taller de ebanistería, oferta modular

CM Ebanistería Artística CS Fotografía Artística CS Ilustración

Estudos Superiores de Artes Plásticas e Deseño: Conservación e Restauración de Bens Culturais: Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais que terán como responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio artístico. Pódese escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura., Escultura, Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario. Obtense o Título de graduado universitario. Pódese acceder directamente co Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño (para os cales se reserva un 20% das prazas) . Se tes un título de Bacharelato ou equivalente terás superar unha proba específica de acceso que se convoca anualmente en xuño nos centros onde se imparte a carreira. Para o alumnado que accede por proba resérvase o 80% das prazas. As Partes Da Proba: • • • • •

Comentario dun texto relacionado cos bens culturais Exame escrito sobre dúas materias a escoller entre: Historia de España, Historia da Arte, Física e Química e Bioloxía. Debuxo a partir dun modelo real e inanimado, Traballo sobre representación da cor, Traballo práctico sobre as aptitudes plásticas.

Existe en Galicia unha única escola de conservación e restauración, que se ubica en Pontevedra, e imparte as especialidades de escultura, pintura e arqueoloxía.

- 37 -


Os Estudos Superiores de Deseño: Están encaminados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades de moda, interiores, productos e deseño gráfico. A titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para tódolos efectos, a un grao universitario. Estes estudos impártense nos seguintes centros: • • • •

Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos. Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico. Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico.

Formas de acceso: Terán acceso directo os alumnos que teñan o título de técnico superior de artes plásticas e deseño. Accederán mediante proba específica os alumnos que teñan o título de bacharelato. A inscrición nesta proba é a comenzos de xuño e celébrase a mediados de xuño. Consta de dúas partes: • 1º parte: Durante un máximo de 3 horas responder por escrito a cuestións sobre historia das artes, historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral, e deseño na especialidade que se aspira a cursar. • 2ª parte: Durante un máximo de 4 horas, realizar un debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar; e un debuxo a mal alzada, cos técnicas do estudos que se aspira a cursar, do modelo do exercicio anterior. Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o alumnado que non teña o título de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá realizar unha proba de acceso, en xuño, ademáis das probas específicas de cada especialidade. Esta proba consistirá en realizar exercicios das seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou Francés), Lingua Castelá, Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o mundo contemporáneo, Historia de España, Historia da Filosofía.

- 38 -


Ensinanzas de Idiomas: En que consiste? O estudo dos idiomas pódese realizar a través dunha carreira universitaria ou nas Escolas Oficiais de Idiomas. Estas últimas son centros especializados no ensino dos idiomas. Para acceder é condición indispensable ter 14 anos ou cumplilos no ano académico e ter superado alomenos 1º e 2º de ESO. Como se organizan? En tres niveis cun total de 6 cursos. • Nivel básico: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma a nivel cotián. Terá comoreferencia o nivel A2 do Consello de Europa. O certificado acreditativo permite acceder ao nivel intermedio. • Nivel intermedio: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma en situacións específicas. Terá como referencia co nivel B1 do Consello de Europa. O certificado acreditativo permite acceder ao nivel avanzado. • Nivel avanzado: 2 cursos coa finalidade de conseguir o dominio do idioma oral e escrito a nivel xeral e específico. Terá como referencia o nivel B2 do Consello de Europa. O título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos do idioma do nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no Bacharelato. O alumno que acredite o dominio de competencias suficientes nun idioma poderá incorporarse a calqueira curso trala superación da proba de nivel. A asistencia a clase pode ser diaria, intensiva (dous días á semana) ou alterna (tres días á semana). Tamén podes cursar estas ensinanzas nas seguintes modalidades: • Oficial presencial: Acudindo ás clases presenciais e cunha avaliación trimestral. • Libre: Preparando o idioma por libre e presentándote ás probas libres de obtención do certificado de determinado nivel. • A distancia: A través do programa That´sEnglish que se emite diariamente no canal 2 da TVE podes seguir as clases a distancia e ser axudado nunhas titorías para practicar a parte oral na escola oficial na que te matricules. Nas escolas danche o material necesario para preparar o curso. Que idiomas hai e onde os podo estudar? Alemán, Inglés, Portugués, Francés, Italiano, Árabe, Galego, Ruso, Chinés, Xaponés. Nas seguintes escolas oficiais de idiomas: Coruña, Culleredo, Ferrol, Santiago, Lugo, Monforte, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vigo.

- 39 -


Que saídas laborais ten?: Os certificados que se obteñen teñen un recoñecido prestixio e téñense en conta en baremos para concesión de bolsas, intercambios, determinados empregos. Ademais cada curso equivale a créditos de libre elección nas titulacións universitarias galegas.

Ensinanzas Técnico -Deportivas: Cal é a finalidade?: Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.

Como se organizan?: Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este grao comprende dous niveis: 1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior. • 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato. •

Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso directo aos estudos universitarios. Que títulos se obtén?: Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas seguintes especialidades: - Fútbol - Fútbol sala - Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard) - Deportes de montaña e escalada.

- 40 -


- Atletismo - Baloncesto - Balonmán Requisitos de acceso: • Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO + proba específica da modalidade deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa superación dunha proba de madureza e con 17 anos. A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de acceso a CM. • Grao Medio, 2º nivel: Ter superaro do 1º nivel. • Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de grao Medio (Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos deportivos. Para os que non teñan o título de bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e teñan 19 anos. Esta proba pode ser convalidable pola proba de acceso a CS. A inscrición nas probas é en maio e celébranse en setembro. Postos de traballo: Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo. Oferta destas ensinanzas en Galicia: IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol. IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán. CIFP A farixa (Ourense): Fútbol sala. IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo. IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto.

- 41 -


6. ENSINANZAS PARA PERSOAS ADULTAS En que consiste? Trátase dunha formación pública e gratuíta dirixida a calquera persoa que teña cumpridos os 18 anos e que abandonaron o sistema educativo sin obter a titulación básica. Estas ensinanzas organízanse de xeito algo diferente, tanto nas áreas impartidas como no horario. A titulación acadada é a mesma que nas ensinanzas ordinarias. Estas ensinanzas poden ser presenciais ou a distancia.

Que tipo de oferta hai? 1. 2.

3.

4.

5.

6. 7.

Ensinanzas de nivel I: dirixidas a persoas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo. A matrícula está aberta durante todo o curso escolar. Ensinanzas de nivel II: dirixidas a persoas sen titulación que desexen acceder á educación secundaria de adultos. Esta formación é equivalente á educación primaria. Ensinanzas de nivel III: dirixidas a persoas sen titulación que desexen obter o título de graduado en educación secundaria. Neste caso autorízase a matrícula a alumnos menores de 18 anos, en casos excepcionais, como ter un contrato laboral, ser deportista de alto rendemento, ter superado o 1º curso dun PCPI, ou ter cursado un PCPI sen superalo, pero hai que estar inscrito como demandante de emprego nunha oficina de emprego. Son as ensinanzas coñecidas como ESA. Bacharelato para persoas adultas: dirixidas ás persoas que teñan o título de ESO ou ESA, e que desexen adquirir novos coñecementos nunha determinada materia ou obter o título de bacharel en calquera das modalidades. Ciclos formativos para persoas adultas: esta formación pretende facilitar ás persoas adultas a súa actualización, adquirindo novos coñecementos nunha determinada competencia profesional, ou para obter o título de técnico ou técnico Superior. Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas. Galego e castelán para persoas inmigrantes: dirixido a cidadáns doutros países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer as linguas oficiais. Estas ensinanzas impártense nos centros de adultos, en grupos reducidos, cunha duración de 10 períodos lectivos semanais distribuídos en horarios adaptados ás posibilidades de asistencia dos alumnos.

- 42 -


O Bacharelato para Persoas Adultas Como se organizan estas ensinanzas? Ofértanse dúas modalidades de Bacharelato: humanidades e ciencias sociais, ciencias e tecnoloxía. Poden seguirse como curso completo ou por materias de xeito independente. Se optas por seguir materias de xeito independente poderán cursarse, simultaneamente materias do 1º e do 2º curso. Pola modalidade semipresencial, esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse). A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames poden realizarse nas sete principais cidades galegas: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Canto duran? O tempo de permanencia para cursar estas ensinanzas é de 6 anos académicos ( o tempo de permanencia no Bacharelato ordinario é de 4 anos). No caso de esgotar o 6 anos sen acadalos obxectivos previstos, os alumnos poderán seguir cursando as materias pendentes a través do réxime de ensinanza a distancia ata completaren a formación desexada.

Que requisitos de acceso hai? Para acceder debes estar nalgunha das seguintes condicións: • Posuír o título de graduado en educación secundaria • Posuír o título de técnico nalgún dos Ciclos de grao Medio.

Onde se ofertan estes estudos? A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), IES de Cedeira, EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES As Telleiras (Narón), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Monte Castelo (Burela), IES de Foz, EPA Albeiros (Lugo), IES Río Cabe (Monforte), IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), IES Lois Peña Novo (Vilalba), IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras), IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), EPA de Ourense, EPA Río Lérez (Pontevedra) e EPA do Berbés (Vigo) A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela).

- 43 -


Os Ciclos Formativos para Persoas Adultas Como se organizan? Estas ensinanzas poden cursarse por ciclo completo ou de forma parcial por módulos (Oferta modular) Se optas por cursar módulos de xeito parcial, poderás matricularte tanto de módulos de 1º como de 2º curso.

Canto duran estas ensinanzas? Non hai limitación de tempo. Podes cursalas o tempo que o necesites.

Cales son os requisitos de acceso? Os mesmos que para os Ciclos na modalidade ordinaria. Excepcionalmente podes acceder con 16 anos se acreditas a túa condición de traballador e cumpres os requisitos académicos de acceso. A oferta destas ensinanzas a distancia polo momento é moi limitada. A oferta de ciclos na modalidade de adultos presencial é un pouco máis ampla, para coñecela pregunta no departamento de orientación ou consulta a web www.edu.xunta.es/fp.

Aulas Mentor Que son e a quen van dirixidas? Ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet. Esta oferta formativa permite actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Están dirixidos a persoas maiores de 18 anos que desexen formarse para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural. Non se require titulación previa.

Como se organizan e que acreditación se acada? As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, así como de un profesor-administrador que axuda aos alumnos nas súas conexións á rede e na comunicación co seu titor.O alumno recibe unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial. Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno segue o seu propio ritmo de aprendizaxe. O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a

- 44 -


todas as dúbidas. Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación. No entorno próximo existen Aulas Mentor en Coruña, Abegondo e Carballo.

As ensinanzas de adultos na modalidade semipresencial e a distancia. En que consisten? Son as ensinanzas de adultos que permiten realizar os estudos na casa sen a necesidade de acudir diariamente a un centro educativo. Disponse de axuda ou de apoio a través de titorías individuais e colectivas, nas que aconsellan e orientan nas dificultades atopadas. Esixen un grao de responsabilidade e organización maior que nas ensinanzas presenciais, e aínda así , teñen o risco de abandono, por non ter que acudir diariamente ó centro. Estas ensinanzas son gratuítas. Solo hai que merca-lo material didáctico (textos, guías, conexión a internet, ..).

Que oferta hai? • • • •

Nivel III ou educación secundaria para persoas adultas. Bacharelato Ciclos formativos de formación profesional. Ensinanza oficial do idioma inglés.

- 45 -


7.FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE Oposicións ao Corpo da Garda Civil (Escala de Cabos e Gardas):www.guardiacivil.org Requisitos: • • • • • • •

Nacionalidade española Acreditar boa conducta cidadana (mediante certificado e informe) Carecer de antecedentes penais Ter entre 18 e 29 anos. Posuír o título de ESO ou Superiores ou acreditar a superación da proba de acceso a Ciclos de Grao Medio. Posuír o permiso de condución clase B ou Superior. Posuír a aptitude psicofísica acreditada.

Solicitude: As Instancias, impresos e taxas de exame serán facilitadas e presentadas nos postos e Comandancias da Garda Civil. As instancias se presentarán no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día da publicación da convocatoria no BOE.

Probas De Selección: •

1º fase de concurso: consistirá na valoración dos méritos académicos e profesionais do aspirante e terá en conta os méritos académicos (notas, idiomas da escolas oficiais de idiomas, títulos académicos (Bacharelato, Ciclos formativos, selectividade, titulación universitaria, etc.) e os méritos profesionais (carreira militar).

2º fase de oposición: consistirá no desenvolvemento das seguintes probas: 1. Ortografía: exercicio eliminatorio cunha duración de 10 minutos. 2. Coñecementos: contestación por escrito a unha enquisa de 100 preguntas sobre materias xurídicas, socioculturais e técnico-científicas. Cunha duración de hora e media. 3. Lingua estranxeira: contestación por escrito a unha enquisa de 20 preguntas sobre o idioma (inglés ou francés), durante 20 minutos. 4. Psicotécnica: probas que miden factores aptitudinais e variables comportamentais (personalidade). 5. Acreditación da aptitude psicofísica:

- 46 -


Exercicios físicos: proba de velocidade, proba de resistencia muscular, proba de potencia do tren Superior, proba extensora do tren Superior e proba de natación. Recoñecemento médico: aplicarase un cadro médico de exclusións. Entrevista persoal: destinada a contrastar os resultados das probas psicotécnicas e a adecuación do aspirante ó perfil profesional do garda civil. Unha vez superadas as probas de selección o aspirante terá un prazo para a entrega de documentación e pasará por dous períodos de formación: • •

1º período de formación: un curso académico en centro docente. 2º período de formación: formación en prácticas durante un ano.

Oposicións ó Corpo Nacional de Policía: www.policía.es www.oposicionpolicialocal.com

Ingreso na escala básica Requisitos: • • • • • • •

Ser español. Ter entre 18 e 30 anos. Estatura mínima de 1´65 nos homes e 1´60 nas mulleres. Ter o título de ESO ou Superior ou acreditar a superación da proba de acceso a Ciclos de grao Medio. Declaración xurada do solicitante de compromiso de portar armas. Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Estar en posesión dos permisos de conducir das clases A e B e da autorización (BTP –vehículos de emerxencia)

Solicitudes: As instancias e os impresos serán facilitados e presentados nas xefaturas e comisarías de policía. As solicitudes presentaranse no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte da súa publicación no BOE. Probas de selección: 1ª fase de oposición: constará das seguintes probas de carácter eliminatorio: • •

Proba de coñecementos: contestación a unha enquisa de preguntas sobre as materias xurídicas, sociais e materias técnico – científicas (acorde co temario correspondente) , e proba de ortografía. Proba de aptitude física: tendente a comprobar as condicións de forza, axilidade, velocidade e resistencia do/da opositor /a.

- 47 -


• • •

Proba psicotécnica: realización de varias enquisas para determinar a personalidade do aspirante e entrevista persoal. Recoñecemento médico: para comprobar que se cumpre o cadro médico de exclusións. Exercicio voluntario de idiomas: francés ou inglés con un nivel de ESO, a notado cal se sumará á de coñecementos.

2º fase de formación e prácticas: Os opositores que superasen a fase de oposición e presentaran nos prazos establecidos a documentación esixida, serán nomeados policías –alumnos e incorporaranse ó centro de formación da división de formación e perfeccionamento. Primeiro realizarán unha fase teórica, tendo que superar tódalas materias para poder pasar á fase práctica. Para a superación das dúas fases disporán dunha convocatoria ordinaria e unha única extraordinaria. Ingreso na escala executiva Requisitos: Os mesmos que para a escala básica excepto no título académico, que deberá ser de enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado universitario. Solicitudes: Igual que na escala básica. Probas De Selección: 1º oposición: • Probas de aptitude física: para comprobar as condicións de forza, axilidade, flexibilidade, velocidade e resistencia. • Proba de coñecementos: enquisa de preguntas sobre o temario, resolución dun suposto práctico e exercicio escrito e oral de idiomas (inglés ou francés) cun nivel de 2º de Bacharelato. • Proba psicotécnica: tests de personalidade e entrevista persoal. • Recoñecemento médico: para comprobar que se cumpre o cadro médico de exclusións. 2º cursos de formación: Realización de 2 cursos académicos ordinarios no centro docente correspondente, cursando materias das áreas xurídica, psico-social, técnicas policiais, tecnoloxía aplicada, e educación física. O 1º curso será selectivo e irrepetible, e quen non o supere na convocatoria ordinaria, ou única extraordinaria, causará baixa no centro docente e perderá toda expectativa de ingreso. O 2º curso poderá repetirse completamente unha soa vez. 3º período de prácticas: será un módulo irrepetible destinado a valorar unha serie de características persoais: responsabilidade, adicación, disciplina, integridade, espíritu de equipo, decisión e corrección.

- 48 -


Inspector de Policía: Son requisitos os mesmos que para policía Escala Básica, só que se ascenderia por promoción interna tendo estado tres anos en permanencia mínima na categoría de Subinspector. Por oposición libre necesítase ser Graduado Universitario ou ter formación equivalente ou superior.

Oposicións

os

corpos

de

institucións

penitenciarias:

www.interior.gob.es Existen 4 escalas ou corpos: • Corpo de axudantes: titulo de Bacharelato ou Ciclo de grao Superior. • Corpo de técnicos: título de licenciado en dereito, psicoloxía, socioloxía ou pedagoxía. • Corpo facultativo: título de licenciado en medicina e cirurxía. • Corpo de axudantes técnicos sanitarios: título de diplomado universitario en enfermería. Para o acceso a cada corpo é preciso superar un proceso de selección que consistirá na superación das seguintes probas: 1ª proba de coñecementos: enquisa de preguntas sobre o temario. 2ª proba de casos prácticos. 3ª proba de aptitude médica: para comprobar que cumpres o cadro de exclusións médicas. 4º período de formación teórico – práctico ( unha vez superado o proceso de oposición).

Oposicións para o ingreso na escala Superior de Técnicos de Tráfico:

www.interior.gob.es Para ingresar neste corpo é preciso posuír o título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente. Deberase superar un proceso de selección consistente en 2 fases: • 1ª fase de oposición: superación de varias probas escritas acorde co temario correspondente. • 2ª fase: curso selectivo: preparación específica para o exercicio da profesión cunha duración non maior de 6 meses.

Soldado Profesional:

www.soldados.com , www.soldadosymarineros.com , 1. Tropa e marineria: Requisitos de idade, entre os 18 e os 29 anos. Requisitos académicos mínimos: Ter o título de Graduado en ESO ou ter aprobada a proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio. Para entrar pídese cita á Delegación de Defensa e realízanse probas físicas, test de coñecementos e recoñecemento médico. Unha vez ingrasado, dase unha formación xeral de dous meses e logo outra específica cunha duración de 1 a 10 meses. Dase a opción de cursar unha FP de Grao Medio e de preparar o acceso á escala de suboficiais ou policia, … . Se

- 49 -


levas 18 anos e cumpres os requisitos académicos, podes ascender a Militar de Carreira coa categoría Tropa. Neste corpo podes ascender a Cabo, Cabo 1º ou Cabo Maior. 2. Militar, Escala Suboficiais: Requisitos: Ter o título de bacharelato ou equivalente, proba de acceso a CS de FP superada, ter entre 18 e 22 anos, estar libre de antecedentes penais, superar unha proba de ingreso. 3. Militar, Escala Oficiais: O acceso directo é a forma de acceder á condición de Militar de Carreira. Os requisitos particulares varían según a forma de acceso, os Corpos e Escalas. Existen unhas condicións por titulación para o acceso a cada Corpo e Escala dentro da Carreira Militar. Requírese ter a Selectividade ou un Título de Técnico Superior, de familias relacionadas con Arquitectura ou Enxeñerías.

- 50 -


8. OUTROS ESTUDOS DESPOIS DO BACHARELATO vixiante de seguridade privada (www.interior.gob.es) Requisitos de acceso: • Ser maIor de idade e non ter cumplido cincuenta e cinco anos. Ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Union Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espacio Economico Europeo. Estar en posesion ou en condicións de obter o titulo de Graduado en Educacion Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou otros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores. Ter a capacidade fisica e a capacidade psíquica necesarias para o exercicio das funcións de vixiante de seguridade e reunir os requisitos necesarios para prestar servicios de seguridade privada, a tenor de lo disposto ao efecto no Real Decreto 2487/1998, de 20 de novembro polo que se regula a acreditacion da aptitude psicofisica necesaria para ter e usar armas e para prestar servicios de seguridade privada. Carecer de antecedentes penais. Non ter sido condenado por intromision ilexitima no ámbito de proteccion do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, do secreto ás comunicacións ou de outros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores á solicitude. Non ter sido sancionado nos dous ou catro anos anteriores, respectivamente, por infraccion grave ou moi grave en materia de seguridade. Non ter sido separado do servicio nas Forzas Armadas ou nas Forzas e Corpos de Seguridade. Non ter exercido funcións de control das entidades, servicios o actuacións de seguridade, vixiancia ou investigacion privadas, nin do seu persoal oumedios, como membro das Forzas e corpos de Seguridade nos dous anos ant eriores ásolicitude.Posuír diploma ou certificacion acreditativa de ter superado o curso ou cursos correspondentes nos centros de formacion de seguridade privada autorizados pola Secretaria de Estado de Seguridade. • Superar unhas probas de aptitude fisica e de coñecementos teorico-practicos.

DETECTIVE PRIVADO: (www.interior.gob.es)

Requisitos de acceso: • Ser maior de idade. Ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Union Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espacio Económico Europeo. Posuir a aptitude física e a capacidade psíquica necesarias para o exercicio das respectivas funcións sen padecer enfermidade que impida o exercicio das mesmas. Carecer de antecedentes penais. Non ter sido condenado por intromision ilexítima no ambito de proteccion do dereito á honra, á intimidade personal e familiar e á propia imaxe, do segredo ás comunicacións e de outros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores á solicitude. Non ter sido separado do servizo nas Forzas Armadas ou nas Forzas e Corpos de Seguridade. Non ter exercido funcións de control das entidades, servizos ou actuacións de seguridade, vixilancia ou investigación privada, nin do seu personal ou medios,

- 51 -


como membro das Forzas e Corpos de Seguridade nos dous anos anteriores á solicitude. Estar en posesión do titulo de Bacharelato, de Técnico Superior, de Técnico nas profesións que se determinen, ou outros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores. Estar en posesión do diploma de detective privado, recoñecido a estes efectos na forma que se determine por Orden do Ministerio do Interior e obtido despois de cursar as ensinanzas programadas e de superar as correspondentes probas. Superar as probas que acrediten os coñecemientos e a capacitación necesarios para o exercicio das respectivas funcións.

ESCOLTAS PRIVADOS: (www.interior.gob.es )

Requisitos de acceso: Case os mesmos que para Vixiante de seguridade privada. • Posuír diploma ou certificación acreditativa de ter superado o curso ou cursos correspondentes nos centros de formación de seguridade privada autorizados pola Secretaría de Estado de Seguridade. O persoal coas denominacións de Garda de Seguridade, Controlador ou outras de análoga significación deberán ter desempeñado funcións de vixiancia e de control no interior de inmuebles con anterioridade ao día 31 de xaneiro de 1996. Superar un cuestionario de 20preguntas.

VIXIANTE DE EXPLOSIVOS E SUSTANCIAS PERIGOSAS: (www.interior.gob.es )

Requisitos: Case os mesmos que para vixiante de seguridade. • Posuír o diploma ou certificacion acreditativa de ter superado o curso ou curso correspondentes nos centros de formacion de seguridade privada autorizados pola Secretaria de Estado de Seguridade, asi como o diploma que acredite a superacion dos módulos profesionais complementarios e especificos de formación de vixilantes de explosivos e sustancias perigosas, no curso impartido nun centro autorizado pola Secretaria de Estado de Seguridade. • Superar un cuestionario de veinte preguntas.

CORPO DE BOMBEIROS: www.coruna.es/bomberos

Requisitos de acceso: • Ser español ou membro da Union Europea. • Ter 18 anos de idade. Normalmente non hai limite de idade superior, pero a entidade local convocante pode poñer o limite de idade superior que estime. • Graduado en ESO ou Formacion Profesional de Grado Medio ou equivalente. Nalgúns concellos esíxese Bacharelato ou FP de Grao Superior para Bombeiro Especialista ou Bombeiro condutor Especialista. • Permisos de conducir B y C. Para prazas de Bombeiro conductor poden pedir o carné C+E. Non obstante o organismo convocante podemodificar a esixencia destes carnés. • Altura: non hai nada definido; existen convocatorias nas que non hai altura minima esixida e noutras poden solicitar 1,65m. • Non ter sido condenado polo delito doloso, nin separado do servicio do Estado,

- 52 -


da Administracion Autonómica, Local ou Institucional, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Probas selectivas: Físicas, de coñecementos, prácticas e recoñecemento médico. As prazas son convocadas normalmente polos concellos polo que é preciso consultar nas súas webs.

TRIPULANTE DE CABINA DE PASAXEIROS (TCP): (www.seguridadaerea.es ) Os Tripulantes de Cabina de Pasaxeiros (TCP), que anteriormente recibian o nombre de auxiliares de vuelo, son os encargados de atender aos pasaxeiros do avion no que necesiten. Esa é a súa función máis visible, pero non a máis importante, xa que os TCP encárganse tamén de velar pola seguridade dos pasaxeiros en todo momento e especialmente en situacións de emerxencia. Os TCP coñecen o seu programa de traballo -dias de vuelo, dias de gardia e dias libres- con un mes de antelacion. Unha xornada normal coienza cunha reunión da tripulación na que o xefe de cabina ou sobrecargo reparte entre os TCP as “fichas de zona”. Nelas detállase que parte do avión queda a cargo de cada tripulante e que equipos de emerxencia debe revisar. • Unha vez a bordo, as funcións máis rutinarias do TCP son: a) Chequear o material de emerxencia. b) Comprobar portas, luces, escaleiras, bins (maleteros), rampas e cinturóns de seguridade. c) Comunicarse cos pasaxeiros a través de megafonia. d) Facer demostracións de saidas de emerxencia, chalecos salvavidas e mascaras de osíxeno. e) Chequear periodicamente os lavabos para prevenir incendios. f) Cerciorarse de que a pasaxe sigue as indicacións de seguridade. g) Servir bebidas e comidas. h) Atender as consultas dos pasaxeiros. En situacións de emerxencia, os TCP son os responsables de que pasaxeiros e tripulantes sexan evacuados do avion do xeito máis rápido e seguro posible. Isto implica abrir as salidas, axudar a usar os equipos de salvamento, instruir á pasaxe sobre como prepararse para un aterrizase forzoso, combatir posibles incendios, etc. Os TCP encárganse tamén de proporcionar primeiros auxilios en caso de accidente ou indisposicion. • Para exercer esta profesion hai que ter a nacionalidade dun pais membro da Unión Europea, ser maior de idade e unha titulacion mínima de Bacharelato, FP, ESO ou equivalente. Tamén é necesario obter o certificado de TCP, que expide a Direccion Xeral de Aviacion Civil (DGAC) a quenes superan un curso básico de TCP aprobado por esa Direccion Xeral. Os cursos poden seguirse en centros de formacion autorizados pola DGAC ou nas propias compañías aéreas. Estas tamén tramitan a licencia de vuelo do tripulante e dótanlle de habilitacións tipo, cada unha das cales acredita que o TCP coñece as características dun modelo de avión concreto. • As materias do curso básico de TCP son: Aviacion e meteoroloxia. Factores humanos. •

- 53 -


Mediciña aeronáutica, hixiene e primeiros auxilios. Normativa. Operacións básicas e de emerxencia. Mercancias perigosas. Os TCP deben de ter unha presencia adecuada –en Iberia as estaturas minimas son 1,65 para mulleres e 1,78 para homes– e superar probas físicas de natación, evacuación, rescate, extinción de incendios... A modo de exemplo, nunha das últimas convocatorias de Iberia esixíase nadar 100 metros en 2 minutos e 30 segundos como máximo. O inglés oral e escrito é, como non, imprescindible, e o coñecemento de outros idiomas ten un gran valor no proceso de selección.

TÉCNICO

DE

OPERACIÓNS

AEROPORTUARIAS:

(www.seguridadaerea.es ) Técnicos que se enmarcan dentro dun campo con gran demanda de persoal cualificado e van dirixidos ás persoas con habilidades comunicativas, a xoves con desexos de labrarse unha prometedora carreira e a persoas que, sen necesidade de grandes coñecementos, queren un posto de traballo estable e ben remunerado no campo da Aviación. O curso de Técnico de Operacións Aeroportuarias TOA prepara aos aspirantes para desempeñar tódalas funcions básicas de traballo nun aeroporto. Este curso proporciona os coñecementos para traballar tanto no lado –terra- como no lado –aire- dun aeroporto. Este curso condensa o que tradicionalmente se da en forma separada, é dicir, que os alumnos e alumnas saen preparados como: • Operador de centros de facilitación aeroportuaria. • Axentes de área de Movemento. • Apoio de atención a pasaxeiros, usuarios e clientes. • Axente de Handling. • Asistente de despachador de vuelo.

GRADUADO SUPERIOR EN AVIACIÓN COMERCIAL: (www.afngrupo.es ) • • •

Formación privada, na escola de pilotos en Coruña (Alvedro) e Santiago de Compostela (Lavacolla). Requisitos académicos: 2º bacharelato, proba de coñecementos en matemáticas, física, química e inglés. A formación dura dous anos e medio.

CONTROLADOR AÉREO: www.aena.es •

Requisitos: Titulación universitaria, First Certificated en Inglés, aptitude psicofísica, idade 21-28 anos.

- 54 -


AZAFATA E/OU RELACIÓNS PÚBLICAS: (www.academias.com )

Para o estudo deste curso privado non é necesario posuír titulación algunha nin estudos específicos. O obxecto é formar a verdadeiros profesionais nan área das relacións públicas das empresas de organización de eventos, ferias e congresos. Recomendable ter coñecemento dalgunha lingua estranxeira, adecuada presencia e posuír boas aptitudes para as relacións públicas.

VISITADOR MÉDICO: Realízanse cursos a distancia. Esíxese ter o graduado en ESO. Existen cursos privados así como unha oferta na UNED (Universidade a Distancia – www.uned.es ). Recoméndase buscar en internet o curso que máis interese. A realidade do mercado laboral leva ás compañías a contratar a persoas co Bacharelato e/ou con carreiras universitarias.

PROFESORADO DE AUTOESCOLA: (www.formaciondetransporte.com ) Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas necesarias para a obtención do permiso C1. Posuír o carnet de conducir categoría B1 cunha antigüedade mínima de dous anos. Estar en posesión do título de Graduado en ESO ou acreditar estudos superiores ou equivalentes. O alumno ou alumna deben superar as dúas partes das que consta a proba previa de selección: teórica sobre normas e sinais de circulación e cuestións de seguridade vial, e outra práctica acerca da técnica e dominio da conducción.

CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA: (www.cshg.es )

Centro privado situado en Santiago de Compostela, especializado na formación superior no sector de hostelería. Oferta de estudos: • Certificado de elaboración e xestión de cociña. • Diploma superior en xestión hostaleira. Requisitos: • Bacharelato e PAU ou Ciclo Superior. • Superar unhas probas de acceso propias: proba de inglés, de cálculo matemático –matemáticas de humanidades-, proba de aptitudes e entrevista persoal. Tarifas aproximadas: • Réxime externo: 7300 euros anuais. • Réxime interno: 10980 euros anuais.

- 55 -


TITULACIÓNS PROPIAS DAS UNIVERSITADES DO S.U.G.: Estas titulacións superiores son ofertadas polas universitades en virtude da súa autonomía, e teñen valor pola saída laboral pero os títulos son só recoñecidos para esa universidade que os oferta. As solicitudes preséntanse na unversidade correspondente cos seus prazos, prezos e requisitos de acceso propios. • • •

Universidade da Coruña (campus da Coruña): Graduado en Arquitectura de Interiores. Universidade de Santiago (campus de Santiago): Diplomado Superior en Criminoloxía, Diplomado superior en Xestión Hostaleira (CSHG). Universidade de Vigo (campus de Pontevedra): Titulado Superior en Deseño Textil e Moda.

9. PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA PERSOAS MAIORES DE VINTE ANOS. As peroas maiores de 20 anos ou cumpridos no ano natural en que se celebran as probas poderán acadar o título de Bacharel se superan as probas que se convocarán pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. (Orde do 10 de febreiro do 2012, DOG nº36 do 21 de febreiro).

Requisitos: Con 20 anos cumpridos no ano en que se vai realizar a proba, non estar en posesión do título de Bacharel, non estar cursando as ensinanzas de Bacharelato en ningunha das súas modalidades e réximes.

Convocatorias:

Poderanse realizar unha ou máis convocatorias anuais. A última convocatoria (2013) tivo a inscrición en Febreiro, e os exames en Abril.

Estrutura da proba:

A proba organízase de xeito diferenciado segundo as distintas modalidades de bacharelato. Constará de dous exercicios: • 1º exercicio (Materias comúns): Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira, Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía, Historia da filosofía e Historia de España. • 2º exercicio (Materias de modalidade): 4 exames correspondentes ás materias da modalidade escollida.

- 56 -


Validacións da proba: • • • •

Os aspirantes que teñan superadas a s materias comúns de bacharelato terán validado o 1º exercicio. Os aspirantes que teñan superadas 6 materias de modalidade terán validado o 2º exercicio. Os aspirantes que estean en posesión do título profesional de música ou danza terán validado o 2º exercicio. No caso de superar só un exercicio da proba, para sucesivas convocatorias, os candidatos materán a cualificación do exercicio aprobado.

Persoas con necesidade educativas especiais: As persoas con nee asociadas a condicións persoais de discapacidade e teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación dos procedementos e do tempo de realización da proba, así como os recursos adicionais para desenvolvela.

Exención de lingua galega: As persoas aspirantes que cumpran as condicións previstas no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia, e na normativa que o desenvolva poderán solicitar, no momento da súa inscrición ás probas, a exención da materia de Lingua galega e literatura (I e II). O director ou a directora do centro onde realice a inscrición das probas, de conformidade co artigo 19.2 do mencionado decreto de pluringüismo, resolverá sobre a concesión ou denegación da exención e comunicará esta circunstancia á presidencia do tribunal correspondente.

Superación da proba: A proba considerarase superada cando se superen os dous exercicios que a compoñen, obtendo así o título de Bacharel.

- 57 -


BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO. RESIDENCIAS.

10.

1. BOLSAS DE CARÁCTER XERAL REGULADA NON UNIVERSITARIA:

PARA

FORMACIÓN

Destinatarios: Para o alumnado que curse algún dos estudos seguintes con validez en todo o territorio nacional. A solicitude esta suxeta á convocatoria de caracter anual mediante a súa publicación no Boletin Oficial do Estado.

1. 2. 3. 4. 5.

1º e 2º curso de bacharelato.

6. 7. 8.

Ensinanzas artisticas superiores.

Formacion Profesional de grao medio e de grao superior. Ensinanzas artisticas profesionais. Ensinanzas deportivas. Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluida a modalidade de distancia. Estudos relixiosos superiores. Estudos militares superiores.

Requisitos:

Fundamentalmente son requisitos de tipo económico e académico.

Dotación: A contía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante (beca-salario/ compensatoria, residencia, material, desprazamentos, etc.)

Prazo de presentación no curso:

Dende o 15 de agosto ata o 1 de outubro. Data da publicación da última convocatoria: En agosto.

Como solicitar a bolsa:

A través da páxina web do Ministerio de Educación, mediante o formulario on-line: www.educacion.gob.es Nesta web atoparás información relacionada cos seguintes temas: • Consultar se se pode solicitar unha beca • Consultar o estado de tramitacion dunha beca

- 58 -


• •

Descargar a resolucion dunha solicitude de beca Avisos de publicacion das convocatorias da beca

2. BOLSAS DE CARÁCTER XERAL E DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES DE ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: Obxecto

Mellorar a eficiencia educativa e garantir o principio de igualdade de oportunidades, de xeito que, por razóns económicas, ninguén quede fóra dos sistema de ensino superior tanto na propia comunidade autónoma como fóra dela.

Destinatarios Alumnado matriculado en universidades españolas.

Requisitos •

Cursar estudos conducentes á obtención dun título universitario de grao e de máster, de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, realizar o curso de preparación para o acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas ou cursar os complementos de formación para o acceso ao máster, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura. Cumprir os requisitos de carácter xeral, económico e académico esixidos na convocatoria.

Como solicitalas

Convócanse no Boletín Oficial do Estado Cubrir o formulario que aparece no enderezo http://sede.educacion.gob.es na epígrafe correspondente a “Trámites e servizos” e presentalo por vía telemática ou imprimir o modelo de solicitude e, acompañada da documentación requirida, presentalo na unidade de bolsas da universidade na que se matricule, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Contía

En función de distintos conceptos de gasto, que se concederá dependendo da situación socioeconómica da familia ou segundo as circunstancias concretas que se dan para os estudos e centro elixido. Pode comprender un ou varios compoñentes (bolsa axuda de compensación, para material , para desprazamento, para recompensar o rendemento académico...)

Convocatoria Prazo da última convocatoria: De agosto a outubro Data da publicación da última convocatoria: en agosto

Información •

Sección de Bolsas das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

- 59 -


Subdirección Xeral de Bolsas, Axudas e Mobilidade de Estudantes do Ministerio de Educación.

3. AXUDAS Á MOBILIDADE DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS E DE CICLOS SUPERIORES: • Comenius. • Erasmus. • Séneca. Ver web: www.educacion.gob.es

4. RESIDENCIAS ESCOLARES Poderán solicitar praza nun dos Centros Residenciais Docentes (CRD) de A Coruña, Ourense ou Vigo o alumnado que vai a cursar estudos que non se ofertan na localidade de residencia ou nunha localidade próxima. Excepcionalmente poderan solicitar residencia alumnado en condicións de orfandade, fillos de emigrantes ou situacións familiares moi graves. A solicitude realízase no mes de maio, directamente no centro residencial docente elixido. Para a valoración das solicitudes realizarase unha valoración socieconómica e académica, podendo obter praza gratuita ou aboando unha contía anual que pode ir (cifras aproximadas) dende 525 euros a 1920 euros, podendo fraccionar o pago en tres prazos trimestrais. Non se concederá praza para repetir curso. De cumprir os requisitos académicos para promocionar de curso a renovación das prazas para os diferentes cursos dun mesmo nivel ou grao educativo producirase de xeito automático. Os estudos para os que se pode solicitar praza nos CRD de Coruña, Ourense e Vigo deben impartirse na súa localidade, excepto no CRD de A Coruña que comprende tamén a localidade de Culleredo. Pódese solicitar praza para estudar: • Tódalas modalidades de bacharelato en centros públicos. • Formación Profesional: Ciclos de Grao Medio e de Grao Superior, tanto en centros públicos como privados concertados. • Artes Plástica e Deseño en Escolas de Arte Públicas: Ciclos de Grao Medio, Ciclos de Grao Superior e Estudos Superiores de Deseño. • Centro Superior de Arte Dramática (Vigo) • Conservatorios de Música Superiores. • Estudos universitarios de grao.

5. RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS: UNIVERSIDADE DE A CORUÑA: Centros Concertados:

- 60 -


• • •

Residencia Rialta (Campus da Coruña) Residencia Porta Nova I (Campus Ferrol) Residencia Porta Nova II (Campus Ferrol)

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: Centros Propios: • • • • • •

Colexio Maior Fonseca (Campus Santiago) Colexio Maior Rodriguez Cadarso (Campus Santiago) Colexio Maior San Clemente (Campus Santiago) Residencia Universitaria Burgo Das Nacións (Campus Santiago) Residencia Universitaria Monte Da Condesa (Campus Santiago) Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay (Campus Lugo)

UNIVERSIDADE DE VIGO: Centros Propios: • •

Complexo Residencial O Castro (Campus Vigo) Complexo Residencial As Burgas (Campus Ourense)

Centros Concertados: • •

Residencia A Peregrina (Campus Pontevedra) Complexo Residencial Alcai de Allariz (Campus Ourense)

- 61 -


11. SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO NO IES DE CURTIS (en elaboraciรณn, sinto moito)

- 62 -


11. GUIA PARA ORIENTARSE E DECIDIR DESPOIS DO BACHARELATO. Se precisas axuda para tomar unha decisión sobre o que estudar ao rematar esta etapa, deberás seguir estes pasos para que a túa elección sexa reflexionada e responsable. • 1º O primeiro que debes facer é autocoñecerte: Saber cales son os teus intereses profesionais e as túas principais aptitudes. Para elo recoméndoche que realices algún dos seguintes tests: ➢ Programa orienta (no blog orientatron) ➢ kekiero.es (Test de orientación vocacional) ➢ quieroser.net (Cuestionario elige) ➢ orientación.educaweb.com (GR- Gran recorrido por el mundo de los estudios) • 2º En segundo lugar debes informarte das opcións que tes, consultando as seguintes webs: Grados universitarios e acceso á universidade

usc.es (Universidade de Santiago) udc.es (Universidade da Coruña) uvigo.es (Universidade de Vigo) guiauniversidades.uji.es/base (buscador de grados) gradomanía.com empleo.urg.es/salidasprofesionales (fichas coas saídas dos grados) ciug.cesga.es (PAU, notas de corte, …) http://www.edu.xunta.es/web/guiasug (guía do sistema universitario de Galicia)

Formación Profesional

edu.xunta.es/fp (Páxina oficial de FP en Galicia) quieroser.net (vídeos sobre os ciclos de FP)

Ensinanzas Artísticas e deportivas

edu.xunta.es/ea

Forzas e corpos de seguridade

soldados.com soldadosymarineros.com guardiacivil.org interior.gob.es policia.es oposicionpolicialocal.com

Centro superior de Hostelería de Santiago

cshg.es

Outros estudos non regrados

academias.com

Bolsas e axudas

educacion.gob.es edu.xunta.es (alumnos) http://www.edu.xunta.es/web/guiasug (guía do sistema universitario de galicia)

3º En último lugar debes tomar unha decisión, para o cal podes seguir os consellos da web: kekiero.es

Grazas Mónica Diz Orienta

- 63 -


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.