ESTUDOS PREVIOS PARA A ORGANIZACIÓN DO MUNICIPIO DA CORUÑA EN DISTRITOS

Page 21

Definición

Fonte

Districtus, a, um. Asc. Estrecho, atado, oprimido. ‖ Ocupado, distraido. ‖ Riguroso, austero, severo, rígido. ‖ Incierto, dudoso. part. de Distringo. Diccionario Universal Latino-Español (Manuel de Valbuena, 1829)

Distringo, is, inxi, ictum, ingĕre. a. Cic. Apretar, atar. ‖ Distraer, divertir, hacer diversion, embarazar, ocupar. ‖ Col. Coger, recoger. Stringo, is, strinxi, strictum, gĕre. a. Quint. Apretar, comprimir, estrechar fuertemente. ‖ Cortar, arrancar. ‖ Sen. Ofender. ‖ Tocar, herir ligeramente. Dĭtio, ōnis. f. Cic. Jurisdiccion, imperio, señorío, autoridad, poder, dominio, y el lugar donde se ejerce. No se usa el nominativo. districtus, districta adjective 1. busy / 2. pulled in different directions

Oxford Latin Dictionary (1982)

distringo, distringere, distrinxi, districtus verb 1. detain / 2. distract / 3. pull in different directions / 4. stretch out/apart stringo, stringere, strinxi, strictus verb 1. draw / 2. draw tight / 3. graze / 4. strip off dicio, dicionis noun 1. authority, power, control / 2. rule, domain, sway

Fig.1.1.C.- Definicións de termos latinos vinculados á orixe da palabra distrito. Fontes: Citadas na táboa. Elaboración propia.

Xa nestas primeiras descricións en castelán, fixáronse os matices do concepto tal como o entendemos na actualidade, xa que todas as definicións do termo distrito inciden na súa dobre condición, territorial e funcional: - Por unha banda, desde a súa orixe etimolóxica máis citada (distrito provén do latín districtus, e este á súa vez, de distringĕre, separar), os distritos son demarcacións ou divisións dunha entidade de poboación determinada (un territorio, unha provincia, unha cidade, etc.). - Por outra banda, os distritos están igualmente definidos pola súa condición funcional, unha cuestión tamén relacionada coa súa etimoloxía, aínda que esta estea só recollida no Diccionario de autoridades, que suxire que ademais de districtus, tamén dĭtio (xurisdición, imperio, señorío, autoridade, poder, dominio, e o lugar onde se exerce) está na orixe do significado actual da palabra distrito. Neste senso, os distritos son divisións que teñen unha calidade xurídica e/ou administrativa, formulada hai séculos como delimitación do ámbito dun determinado poder (xudicial, imperial ou señorial), e, na actualidade, como instrumento para distribuír e ordenar dereitos, competencias ou servizos públicos. Estas dúas condicións, territorialidade e funcionalidade, que como se pode observar sempre forman parte das definicións actuais do termo, son as grandes cuestións que marcarán o debate sobre a organización municipal en distritos, unha nova entidade que será diferente con respecto a outras ferramentas de organización urbana sen ámbito territorial delimitado (como os impostos ou os semáforos), e a outro tipo de divisións territoriais sen funcionalidade formal (como os barrios).

19


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.