Información sobre o uso da biblioteca

Page 1


A NOSA BIBLIOTECA


Que hai na biblioteca?   LIBROS DE LECTURA (tamén en formato

electrónico)   LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS   LIBROS DE CONSULTA   LIBROS DE TEXTO   FILMES   MÚSICA   DICIONARIOS E ENCICLOPEDIAS   PRENSA   COMPUTADORES CON ACCESO A INTERNET


Que podo facer na biblioteca?   Ler libros ou buscar información en libros do fondo da biblioteca.   Consultar na sala enciclopedias e dicionarios.   Ler revistas e xornais (só na sala).   Ver filmes nas televisións ou nos ordenadores.   Utilizar os computadores sempre para tarefas relacionadas co estudo.   Acceder a materiais en diferentes idiomas a través da rede nos ordenadores.   Pedir os libros electrónicos para ler na sala ou para levar.   Simplemente ler ou traballar co meu material.   Levar un máximo de tres volumes (libros, cd, dvd) por un período de 15 días,

prorrogables a outros 15.

Participar nas actividades de dinamización da biblioteca (club de lectura,

lecturas colectivas, exposicións...).


Que normas debo respectar?   NON COMER NIN BEBER, AGÁS NA ZONA DE

SOFÁS.

NON FALAR POR TELÉFONO

UTILIZAR OS COMPUTADORES SÓ PARA

CUESTIÓNS ACADÉMICAS


Organización da biblioteca: Distribución por seccións   A nosa biblioteca está organizada por seccións e

cores:


Que seccións hai? Cores e números   Alemánècor verde claraè803   Chinésècor rosaè808   Francésècor azul forteè804   Galegoècor vermellaè805   Inglés ècor brancaè802   Italianoècor azul claraè806   Portuguésècor amarela forteè807   Audiovisuaisècor verde forteèAUD


Como busco dentro dunha sección?   Distribuídas en cada andel atopamos as diferentes

materias. Como as identifico?

A cor e mais o número indican a sección (neste caso portugués)

807.LITERATURA

Literatura é a materia

O nº 806 e a cor azul clariña indican que a sección é italiano

806.LITERATURA/B2.1 A materia neste caso é Libros de lectura de 1º de avanzado


Que materias son as máis comúns?   Dentro das seccións, os libros están distribuídos por materias. Estas son algunhas delas:   CULTURA (CUL)   DESTREZAS (DES):

COMPRENSIÓN ESCRITA (/CE) COMPRENSIÓN ORAL (/CO) EXPRESIÓN ESCRITA (/EE) EXPRESIÓN ORAL (/EO)

ENSAIO (ENS) FONÉTICA (FON) GRAMÁTICA (GRA) LITERATURA (LIT)

BANDA DESEÑADA (/BD) TEXTOS ORIXINAIS (/TO) LECTURAS BÁSICO 1 (/A1) LECTURAS BÁSICO 2 (/A2) LECTURAS INTERMEDIO 1 (/B1.1) LECTURAS INTERMEDIO 2 (/B1.2) LECTURAS AVANZADO 1 (/B2.1) LECTURAS AVANZADO 2 (/B2.2)


Como atopamos un libro que buscamos no catálogo?   Se buscamos un libro no catálogo en Internet atoparemos por

exemplo esta información

Debemos fixarnos na localización, que nos di onde está o libro

na biblioteca:

806 (italiano): Indícannos a que libraría ir.   LIT (literatura) /B2.1 (libro de lectura de 1º de avanzado):

Indícannos en que andel buscar.   MAN (Manzoni, apelido do autor)   pro (promessi, titulo sen o artigo)

Indícannos a orde (alfabética) dentro do andel


Como idenGficar un libro?   No lombo do libro vemos unha etiqueta que se

corresponde coa información que se dá no catálogo:

Sección e materia Tres primeiras letras do apelido do autor Tres primeiras letras do título do libro sen artigo

805.LIT VIL pra


Que información me dá o catálogo? Título

Autor

En que lingua está escrito

Se o libro está dispoñible, e, se está emprestado, até cando. Onde atopar o libro


Quen pode facer uso da biblioteca?   Para coller un volume emprestado é necesario estar matriculado

nalgunha das modalidades de estudo da escola.   O alumnado oficial terá acceso co seu número de DNI, ou co seu número de lector, presentado un documento de identidade (DNI, permiso de conducir, carné da escola).   O alumnado doutras modalidades deberá solicitar un número de lector. Unha vez que teña un número de lector, o procedemento será o mesmo que para o alumnado oficial.   A solicitude de alta de usuario farase a través dun correo electrónico ao enderezo eoilugo.biblioteca@gmail.com cos datos persoais (nome e apelidos, enderezo, enderezo electrónico, número de teléfono, curso no que está matriculado).


Como funciona o préstamo?   O préstamo farase no horario que cada curso se

estableza.   O préstamo comezará unha semana despois de remataren todos os prazos de matrícula oficial e concluirá o 15 de maio.   Pódese levar até un máximo de tres volumes (libros, CD, DVD) por un período de 15 días, prorrogables a outros 15.   Se algún libro estiver moi demandado poderase restrinxir o dereito a prórroga.


Como podo usar os libros electrónicos?   A biblioteca conta con catro libros electrónicos, que

se poden levar emprestados.   En cada libro hai cargados libros en todos os idiomas que se imparten na escola.   Para usalos, haberá que solicitarllos á persoa que estea encargada da biblioteca nese momento.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.