MEMORIA BIBLIOTECA - CURSO 2007/08

Page 1

MEMORIA BIBLIOTECA CPI VICENTE OTERO VALCARCEL (CARRAL)

Ler en Carral, un xogo xenial” Curso 2007-2008

1


MEMORIA 2007-2008 No proxecto presentado o ano pasado incluíase un programa de actuacións a desenvolver durante o curso e distribuído trimestralmente. Seguindo este esquema pasamos a detallar como se desenvolveron as mesmas e todas aquelas incidencias salientables, especialmente algún aspectos que resultaron novidosos respecto das mesmas e que non estaban inicialmente previstas. 1.-GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS: Con carácter xeral cumpríronse os obxectivos propostos no proxecto coas seguintes puntualizacións: o EQUILIBRAR A COLECCIÓN: Non se levaron a cabo novas subscricións a revistas por non existir solicitudes do profesorado neste sentido, manténdose as xa existentes. o GARANTIR A DISPONIBILIDADE DOS DOCUMENTOS: Faltan por centralizar os mapas e diapositivas, así como algúns vídeos correspondentes a algúns departamentos da ESO . Falta por elaborar o catálogo dos documentos que non se encontran na biblioteca(mapas, diaposotivas,...) o DIFUNDIR A COLECCIÓN E FACER QUE CIRCULE E SE USE NO CENTRO: Non se puido realizar unha estatística real de préstamos por problemas técnicos (non fomos quen de sacalo do programa MEIGA). As exposicións foron comunicadas a partir de mediados do segundo trimestre a través do blog da biblioteca. o REALIZAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS: Desenvolvéronse na súa totalidade.

ANIMACIÓN

Á

LECTUR

E

o COORDINAR A ELABORACIÓN DO PLAN LECTOR. Completouse a súa redacción, sendo aprobado no último trimestre.(detállase nun apartado posterior) 2.-HORARIO REAL, ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DE BIBLIOTECA. Aínda que a principio de curso apareceron moitas dificultades para levalo a cabo debido aos cambios no horario do profesorado, gracias á colaboración e apoio do Equipo Directivo do centro, a biblioteca contou con 24 sesións dispoñibles para o desempeño das súas funcións e a atención ao alumnado: 12 sesións para o Responsable e 6 sesións para cada unha das profesoras de Primaria do Equipo de Biblioteca. Os recreos de Primaria foron atendidos polos tres profesores . Os recreo de ESO foron atendidos por profesores da etapa . Durante os recreos de comedor a biblioteca foi atendida polo Responsable da Biblioteca, desenvolvéndose durante este tempo unha sesión de Contacontos dirixida ao 1º ciclo(unha vez por semana cada grupo)e un taller de ilustración. 2


3.-ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS: A) XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN: Durante o primeiro trimestre solicitamos información do profesorado –ciclos, departamentos , titores…- sobre as necesidades que consideraban prioritarias na adquisición de novos documentos, realizamos unha enquisa aos profesores sobre o funcionamento da biblioteca e as melloras a desenvolver. Ademais procedemos a revisar a porcentaxe de literatura e ficción existente. Con estes datos elaboramos o proxecto de compra para o curso, despois de reunir por primeira vez á “Comisión de Biblioteca”. Co orzamento conseguido para mobiliario vimos a posibilidade dunha mellor distribución do espazo destinado aos máis pequenos o que fixo necesario un novo expurgado para baleirar en parte algunha das estanterías e levar a cabo unha remodelación paulatina, sen que esta alterara o funcionamento e servizos da biblioteca. Traballando conxuntamente cos Departamentos de Lingua Castelán e Lingua Galega separamos en primeiro lugar aqueles libros que non se utilizaban (fundamentalmente clásicos en edicións antigas) e pedimos aos coordinadores que revisarán os mesmos por se querían manter algúns deles . Como consecuencia viuse a necesidade de mercar algúns clásicos en versións máis modernas e adaptadas. Co fin de comprobar as necesidades de adquisición de materiais de información revisamos os documentos existentes. No caso das enciclopedias comprobamos que o seu uso era practicamente nulo. Cando o alumnado tiña que realizar algún tipo de traballo utilizaba as fontes de información da rede e so en contadas ocasións -cando así llo indicaba o profesorado- utilizaban os libros. Por outra banda, a información carecía de escasa actualización- xeografía, historia contemporánea, ecoloxía… Pola contra, o espacio que estas enciclopedias ocupaban representaba 2/3 das estanterias dedicadas a materiais informativos. Por todo o anterior, retiramos algunhas enciclopedias. Respecto dos libros de carácter informativo existían unha importante cantidade de materiais pouco atractivos que tamén eliminamos das estanterias. Con todos estes documentos separados e despois de manter diversas conversas coa Bibliotecaria do concello que visitou en varias ocasións a nosa biblioteca , decidimos o futuro destino dos mesmos: • Unha parte se adxudicaría ás bibliotecas de aula do segundo e terceiro ciclo, para o seu uso na clase • O resto sería entregado á biblioteca do concello a modo de “préstamos permanente”. • Constituíuse a Comisión de Biblioteca que se reuniu unha vez en cada trimestre. Presentáronse varias propostas ao Consello Escolar e coordináronse actividades conxuntas coa biblioteca do concello(visitas, comunicación de actividades…) • Colocáronse novos indicadores máis útiles e relevantes para identificar a CDU (adaptados as necesidades dos nenos) • Debido á localización da maior parte do alumnado de Educación Infantil fora do recinto escolar procedeuse no primeiro trimestre a seleccionar un número suficiente e suficientemente atractivo de documentos como préstamo de aula para todo o curso. 3


Elaborouse un Boletín e unha guía de lectura en cada trimestre.

B)DINAMIZACIÓN O blog da biblioteca tivo especial relevancia á hora de trasladar a información respecto das actividades da biblioteca cara aos diferentes sectores da comunidade educativa (alumnado, pais, mestres). No mesmo incluíronse recomendacións de libros: novidades, listados por temas,etc. Neste apartado tamén cabe destacar as actividades de dinamización que tiveron como eixo central a biblioteca: - No segundo trimestre levamos a cabo a elección de mascota. Realizamos unha votación para elixir o nome, un modelado de pingüíns para o primeiro ciclo , unha exposición de libros de pingüíns, e unha mini-lwebquest acerca destes animais para o segundo e terceiro ciclo. No terceiro ciclo, na clase de plástica, crearon pingüíns de diferentes materiais e expuxéronse na biblioteca. - Recibimos a visita de Fina Casalderrey, preparamos o cole para recibila e fixemos unha exposición dos seus libros. Para o primeiro ciclo realizamos a formación de usuarios baseada no coñecemento da biblioteca, colocación….. Realizouse con materiais elaborados polo equipo de biblioteca baseados na “margarida da CDU”. - Realizamos exposicións de libros para conmemorar o día da paz, da candeloria, o mes do libro (esta vez con libros en inglés e francés) e dos autores homenaxeados nos días das letras Galegas . Con motivo deste día das letras galegas realizamos unha visita á biblioteca municipal con cada curso do primeiro e segundo ciclo e visitamos unha exposición de autores homenaxeados na sala de exposicións da casa da cultura. - Participamos no concurso de contos que organiza a biblioteca municipal con motivo da semana das letras galegas. Os nenos de cada curso voluntariamente, aportaron as súas creacións. - Con motivo do día do libro cada neno elixiu o libro que máis lle gustou na súa vida e escribiu os datos da mesma nunha pegada de pingüín que logo colocaron por todo o cole. - O terceiro ciclo ,tamén na clase de plástica, elaborou contos con diferentes materiais, textos e ilustracións. FORMACIÓN INFORMACIONAL DE USUARIOS: No curso 2007-2008 comezamos a levar a cabo algunhas iniciativas para conectar biblioteca,TIC, áreas. Foron as seguintes e que se converteron no eixe central da formación de usuarios a partir do 2º ciclo de Primaria:

4


Creación dos blogs de biblioteca e do club de lectura como transmisores de información.  Na área de educación física os rapaces do terceiro ciclo( 6º de Primaria ) levaron a cabo traballos de procura de información dos diferentes deportes que se traballaron na área.  A titora de 6º curso realizou unha miniweb-quest sobre as Fragas do Eume que os alumnos manexaron para buscar información acerca da zona. Posteriormente realizouse unha saída á zona.  Tamén se prepararon miniweb-quest sobre o autor homenaxeado nas letras galegas e outra para a etapa de secundaria de aventuras (A Caza do Tesouro). As dúas están colocadas no blog….  Relaccionado coa mascota da biblioteca realizouse unha miniwebquest de pinguíns e outra de morcegos para segundo e terceiro ciclo.  O alumnado de segundo e terceiro ciclo recibiu formación acerca do manexo do blog da biblioteca (como acceder, como facer comentarios……).  Realizouse tamén un blog no que os alumnos e o profesor responsable do club de lectura colocaron as súas experiencias lectoras: http://www.blogoteca.com/deleria/  A profesora de Lingua Castelá do 2º ciclo de ESO promoveu a creación de blogs de aula no que participou activamente o alumnado: http://www.80librosenglobo.blogspot.com/ http://www.julia-blogdeaula.llogspot.com/  No blog da biblioteca colocáronse diferentes listados temáticos de libros, segundo a temática da quincena/mes con reseñas de libros recomendados: en inglés e francés, coincidindo co mes do libro, “somos diferente”, monográfico sobre os pingüíns, libros especiais...  Os titores asistiron regularmente, dentro do horario asignado a cada grupo á biblioteca e aula de informática, participando e colaborando segundo as circunstancias, nos eventos que dende a biblioteca se foron organizando e animando ao alumnado a participar. Respecto das sesións reservadas en exclusiva para cada grupo –co seu titor/a – a asistencia non foi todo o regular que debera nalgúns casos, se ben a distribución de libros a partir do 1º trimestres para biblioteca de aula e os libros traballados de forma colectiva nalgunhas aulas, sesións semanais de contacontos durante o recreo de comedor, etc. podería explicar a menor asistencia grupal á biblioteca.

5


4.-GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA. Durante o segundo e o terceiro trimestre constituíse un grupo de formación en centros para dar forma ao futuro proxecto lector de centro, e un grupo de traballo que se centrou no traballo relacionado coas TIC e soportes dixitais. Nese traballo colaboraron os mestres das diferentes etapas, analizando as necesidades existentes e vendo cal queriamos que fose a futura maneira de traballar. Os grupos de traballo facían reunións quincenais nas que aportaban o traballo que se ía facendo nos diferentes ciclos e departamentos(detállase máis no seguinte apartado) Por outro lado, o profesorado das diferentes etapas aportou traballo dos alumnos/as e elaborado por eles para completar o blog da biblioteca.

5.- ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO DE BIBLIOTECA ESCOLAR EN QUE PARTICIPOU O PROFESORADO. A formación centralizouse nas sesións dos luns despois das sesións de tarde para a elaboración do PROXECTO LECTOR DO CENTRO que se elaborou ao longo do curso e que foi aprobado no mes de maio polo claustro e consello escolar, pasando a formar parte do PEC do centro e que servirá de referencia obrigada para as programacións do próximo ano. Para levalo a cabo constituimos un grupo de formación en centros no que participaron profesores-as das diferentes etapas e departamentos, e un grupo de traballo para profundizar nas TIC.. No grupo de traballo levouse a cabo unha revisión dos aspectos relacionados co traballo da lectura e procura de información que estabamos a levar a cabo nas aulas, e as modificacións que considerabamos imprescindible levar a cabo co fin de adecualas áo novo curriculo e á consecución das competencias básicas. O profesorado que non participou en ningún dos dous grupos reuníase quincenal ou mensualmente por ciclos para poñerse ao día do avanzado e consensuar o que se ía avanzando. A coordinación do PROXECTO LECTOR foi levada a cabo polo Responsable da Biblioteca coa colaboración do equipo de apoio da biblioteca, aproveitando para ir informando a todos das novidades máis destacadas da programación da biblioteca, especialmente no que afectou ao uso das novas tecnoloxías e a creación de blogs.

6.-PRODUCCIÓN DE MATERIAIS A maioría dos materiais realizados(boletíns, guías, mini-webquest...) encóntranse recollidos no blog da biblioteca: ( www.blogoteca.com/bibliosbardos/ )

6


7.-AVALIACIÓN REALIZADA. □ Repartiuse unha enquisa a todo o profesorado. □ Estadísticas de préstamos. □ Bibliotecas de aula(propostas de mellora) 8.-PREVISIÓNS DE FUTURO. -CONTINUAR O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DA BILIOTECA DO CENTRO -

PROGRAMA DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. □ Compra de material adaptado ás necesidades dos alumnos/as, dos ciclos e de departamentos. □ Material para mostrar as diferencias individuais e colectivas que se nos poidan presentar. □ Que os temas ou proxectos que se elaboren na biblioteca presten especial interese á diversidade.

-POTENCIACION DO BLOG DA BIBLIOTECA. Pretendemos facer do blog da biblioteca un voceiro de actividades e propostas , aberto a toda a comunidade educativa. As experiencias levadas a cabo este ano lévanos á conclusión de que as posibilidades que se abren , especialmente na procura e selección da información son enormes, polo que unha das nosas prioridades será dotar á biblioteca dun número suficiente de equipos informáticos, polo cal solicitamos no proxecto presentado para o próximo curso un investimento prioritario neste apartado. Dentro dos esforzos realizados polo equipo directivo foi fundamental o feito de dotaren a todas as aulas de Educación Primaria dun ordenador con conexión a internet, o que fará posible un achegamento diario e inmediato á información que a biblioteca, a través do seu blog poda ofrecer.

-

EDUCACIÓN FÍSICA E COÑECEMENTO DO MEDIO. □ Creación de blogs de aula para traballar desenvolver os obxectivos e as competencias básicas destas áreas.

7


8


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.