Issuu on Google+

O IES San Clemente convoca o I Concurso Europeo de Marcapáxinas sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011: Lois Pereiro BASES: 1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2011 – Lois Pereiro, ademais do alumnado do IES San Clemente. 2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada con Lois Pereiro ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, algunha estrofa dun dos seus poemas, etc. 3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 29 de abril ás 12 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión no mes de maio. 4. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante. 5. Cada marcador deberá ter dúas caras. 6. Medidas: 18x5 cm. 7. Os traballos poderán estar realizados en calquera tipo de material e poderán ser presentados en papel ou en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi. 8. Se se presentan en papel, deben remitirse por correo ordinario ou poderán entregarse na conserxaría do instituto. No sobre deben figurar os datos persoais do concursante. 9. Tamén se poden presentar en formato dixital enviándoos a scedlg@gmail.com xunto cos datos persoais. 10. O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso. 11. Haberá un primeiro premio por valor de 100€ e un segundo por valor de 75€, ambos en material escolar e informático. Non se poderán declarar desertos. 12. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.


Bases Concurso Marcapaxinas 2011