Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

Page 30

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

1. Asesoramento técnico, informes, avaliacións externas (función complexidade-grado de execución) de 60 € a 300 €. 2. Participación como xurado en premios (en función do número de sesións): de 100 € a 300 €. 3. Comisión de avaliación de proxectos (rango variable en función do número de proxectos, asistencias e informes presentados): de 100 € a 600 €. 4. Elaboración de cuestionarios, sistemas de preguntas con resposta alternativa, supostos prácticos e, en xeral, calquera exercicio de avaliación (tendo en conta o seu número, dificultade e especialización, corrección, adecuación a tratamento informático, etc.) de 60 € a 300 €. 5. Cando se realicen actividades formativas en cursos normalizados con carácter excepcional, se é necesario, poderase designar persoas, para efectuar tarefas de secretaría, de apoio técnico ou informático e de carácter subalterno fóra do horario de traballo. A gratificación que retribúa este traballos fixarase en función do curso e a complexidade técnica dos traballos e as horas. Segundo os casos, poderá oscilar de 20 € a 60 € por día de luns a venres. En festivos, sábados e domingos de 50 € a 150 € por día. Esta percepción é incompatible con labores docentes, de coordinación ou dirección. 6. Traballos de tradución simultánea en actividades e eventos organizados pola EGAP (atendendo a peculiaridades do idioma e o tipo de actividades): de 50 € a 200 € por hora. 7. Traducións tanto no caso de publicacións unitarias de autor único ou colectivo como de publicacións periódicas, (en función da dificultade o idioma e do grao de complexidade e especialización do texto): de 0,02 € a 0,08 por palabra. 8. Titorías de proxectos de formación: de 100 € a 300 €. 9. Dinamizadores de proxectos formativos en contornos virtuais: de 100 € a 600 €. 10. Traballos técnicos de adaptación de material didáctico a contornos virtuais: de 10 € a 100 € páxina en función das ferramentas utilizadas. II.- Accións formativas noutros países e retribución de profesores estranxeiros desprazados a Galicia. Cando a EGAP organice actividades docentes que se desenvolvan noutros países ou se precise contar con especialistas estranxeiros de recoñecido prestixio, poderanse modificar os niveis retributivos. Igualmente poderanse modificar as correspondentes retribucións polas actividades de produción editorial cando se solicite a colaboración de especialistas estranxeiros. En ambos supostos requirirase unha memoria motivada cuxas contías estarán en función do nivel de vida do estado de que se trate. III. Colaboracións de especialistas de recoñecido prestixio.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es 28


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.