
1 minute read
Faixa
faixa
Marcos Pérez
Advertisement
FAIXA é un contedor para caixas de batería inspirado na vestimenta e na tradición galega. Para a creación de FAIXA centrámonos na cultura tradicional galega, máis concretamente nas faixas. A faixa, peza fundamental na vestimenta masculina tradicional galega, para vestila, dáse dúas voltas con ela á cintura, colocándoa de xeito que pendure polo lateral dunha perna un dos extremos para amosar o debuxo ou o bordado, así como tamén os flocos. As liñas e
os debuxos dela inspirámonos para deseñar a decoración do noso traballo mediante o uso de marqueterías prefeitas. Este contedor está elaborado en taboleiro de MDF refollado en faia, madeira de faia maciza e castiñeiro. Consta de 12 pezas, entre as cales os laterais, a porta e as patas levan os detalles que nos lembran aos nosos referentes.
Fotografías de Arianna Fernández

