O trasno 2014

Page 1


O Trasno

2

ÍNDICE Día das Letras Galegas Homenaxe a Xela Arias O botellón Moito facebook, pouca concentración Comentario dunha fotografía A clase social hérdase Premios literarios do Día das Letras Galegas Alumnos 2º Bacharelato O teatro do instituto Libros e ciencia Noticias do ensino Algunhas claves para entender a LOMCE Protestas estudiantís As protestas estudiantís Calendario de implantación da LOMCE A biblioteca Música no instituto Actividades do centro

3-5 6-7 8-10 11 12-13 14

Editorial PARA QUE SERVE A LOMCE? E PARA QUE, MOBILIZARME?

Logo do compromiso asinado por todos, absolutamente todos, os partidos da oposición representados no Congreso para a derogación da LOMCE en canto o PP perda a maioría absoluta parlamentaria, non parece que nos atopemos diante dunha lei que poida algún día a implantarse na súa totalidade. Igual ca outras moitas leis e proxectos de lei do PP, vai contar cunha vida moi breve. Cabe preguntarse, non obstante, por que o PP prosegue coa súa teima de impoñérnola. Unha resposta verosímil atoparíase no feito de que, aínda que chegase a derogarse nun futuro próximo, os seus obxectivos principais non terán volta de folla por implicaren compromisos económicos coas empresas privadas do ensino e coa Conferencia Episcopal. Referímonos especialmente a tres: 1) Os concertos co ensino privado que agora, coa nova lei, se estenden ao bacharelato e á formación profesional básica e que se prolongan ate seis anos. 2) A implantación da materia de ensino católico, agora con valor académico; e a correspondente desaparición dunha materia opcional con pés e cabeza. 3) A incorporación do ensino que segrega por sexo aos concertos económicos. A LOMCE garda unha estreita relación co conxunto do programa que está a desenvolver o actual Goberno de España: ofrecer a mans cheas os recursos públicos a intereses privados que, logo, lle botan en cara ao Estado o seu endebedamento. As mobilizacións no ensino deberían, así pois, perseguir a denuncia dunha actuación que, en época de crise e necesidade, entrega os minguantes recursos económicos públicos ás empresas do ensino privado, xustamente ese no que estudan os fillos das clases sociais que menos impostos pagan á Facenda pública e que cualifican o Estado de malgastador. Seica non é unha exixencia para os cidadáns demócratas loitar a prol dun ensino (e mais unha sanidade e uns servizos sociais) non elitista e de calidade aberto a todos por igual? 15-17 18-19 20-21 22 23 24 25 26 27-30 31 32 33-34

o n s a r T O IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

3

DÍA DAS LETRAS GALEGAS XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914-1979)

Vida: Díaz Castro naceu en Guitiriz (Lugo), nunha familia labrega. Aínda neno deixa a aldea natal e ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde estudaran poetas tan insignes como Noriega Varela e Iglesia Alvariño. No seminario estuda latín, grego e hebreo. O estudo das linguas vai ser a partir daquela o cerne da súa vida como profesor de ensino medio, primeiro, e máis adiante, no Instituto de Cultura Hispánica e mais no Consello Superior de Investigacións Científicas, en Madrid, vila á que se traslada en 1948. Os seus coñecementos lingüísticos inclúen as principais linguas europeas e concluirá a súa vida profesional como encargado de traducións do Instituto Juan de la Cierva de Investigación Científica e Técnica. Publicará un único libro de poesía, Nimbos (1961), fundamental para entender a poesía galega posterior á Guerra Civil. Volverá á súa terra para morrer en 1979.

A poesía da súa época “Coido –escribe Díaz Castro- que a mellor poesía galega posterior á guerra presenta, en xeral, estas características: subxectivismo, individualismo, unha novedosa obsesión polos problemas transcendentes do home: o amor, a vida, a morte; a resignada “dor de vivir” deixou agora paso ao fenómeno moderno da anguria. A poesía desta época non canta ao home en si: canta as cousas, describíndoas en ton lírico. A paisaxe segue tendo agora quizais máis ca nunca, importancia esencial”.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

4

Apreciación crítica da súa obra “A visión totalizadora do mundo divísase dende a perspectiva dun home procedente da Galicia rural, un home que se atopa mediado, escindido, coma o seu pobo, por dous mundos, por dúas grandes correntes culturais e relixiosas. Por un lado o paganismo e todas as tradicións precristiás enlazadas fundamentalmente co mundo céltico; e polo outro, esa cultura nova que se inicia coa romanización e finaliza tras a implantación do cristianismo. No seu poema “O berro das pedras”, o poeta invoca todos os devanceiros, todas as divinidades, todas as lendas e mitos. A propia figura de Cristo é a dun home que deambula por Galicia como perdido, como interrogante. Neste mundo, a pedra convértese no gran símbolo da unidade e a permanencia” César Antonio Molina

Nostalxia do paraíso perdido. “Díaz Castro ama o mundo, mais é o mundo ido da súa infancia, o mundo labrego iluminado pola inocencia e perdido para sempre. Arrincado moi cedo ao mundo cultural agrario, Díaz Castro gardará toda a vida a lembranza inmobilizada da súa primeira consciencia. Poeta extraordinariamente sensible ao paso do tempo, mantén no seu presente os momentos estelares do pasado, incorporados ao seu ser máis interno” Xosé Luís Méndez Ferrín Catolicismo triunfalista. “Violencia, ascetismo. Contrarreforma. É o de Díaz Castro un catolicismo activo e á vez contemplativo, como o dos místicos e ascetas casteláns do Século de Ouro. Na súa poesía obsérvanse as mostras máis puras do subxectivismo relixioso a carón de afervoadas exortacións á guerra de cruzada. Trento latexa na súa ardente, orgullosa poesía militante” Xosé Luís Méndez Ferrín

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

5

Penélope

A cerna

Un paso adiante e outro atrás, Galiza, E a tea dos teus soños non se move. A esperanza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove.

Hase amar a cousa ate que sangue. O verdadeiro amor enferra en neve Ara nun mar de rosas suco leve, Ai, pero acadulla en sangue.

Un bruar de navíos moi lonxanos Che estrolla o sono mol coma unha uva. Pero ti envólveste en sabas de mil ano, E en soños volves a escoitar a chuva.

Tenguíuseche o machado en sangue loura. Ai, como, cernador, doe a batalla Cos que un ama! Que moura é a sombra moura Do machado na galla!

Traguerán os camiños algún día A xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, E toda a cousa ha de pagar o seu dezmo.

Despida contra o ceo A Que Non Fala, A póla firme coma un xuramento, Berra nos dentes do machado e estala E tordea no vento…

Desorballando os prados coma sono, O Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Sobre os cómaros dondos coma veludo, Sobre as cornas dos bois, sobre o camiño, A fraga berra, coucorexa o merlo, Cae arroulando un neno… Eu vinte contra o sol, nunha hora tola, Abrazado ao teu toro, derregando A traxedia de Deus. Dóenos a póla, Pero seguimos cernando! Ate que caia a derradeira estrela, Caerá o machado en carne que choramos, No sono puro de deixar máis bela Unha vida que amamos.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

6

O instituto Álvaro Cunqueiro acolleu o mes de marzo un acto de lembranza do décimo aniversario do pasamento da poeta Xela Arias (Lugo, 1962-Vigo, 2003), preparado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Xela Arias, finada aos 41 anos, publicou cinco poemarios (“Denuncia do equilibrio”, “Tigres coma cabalos”, “Darío a diario”…). A súa voz poética foi calificada como “esixente e depurada, que tensa a lingua á procura doutras formas de dicir porque a de quen comprende non é palabra feliz”. No acto interviñeron Manuel Bragado, Fran Alonso, Pilar Carro, Ana Iglesias, etc; e incluíu a música de Xardín Desordenado e o clarinete de Fernando Abreu, acompañado da voz da poeta Iolanda Zúñiga. Tamén se escoitou a voz da nosa directora, Virxina Barros. Podemos ler a súa intervención nesta mesma páxina.

Never More Os nenos escriben “nunca máis” Que non abonda Considera, Considera a labazada. O tamaño do inflixido En tanto oes o son mediático das novas nas casas, A química diplomática na fiestra da praia. Considera a medida do desprezo Cando apalpas moles as rochas que che sentiran os pés As mans de Lola de Aguiño nos restos acugulados. Xa non never more. Que non abonda. “Intempérianos” saber que xa non estás, “que a vida ía en serio”. Consólannos os teus versos, PALABRAS CONTRA O ESQUECEMENTO.

Xela pasou polo Álvaro Cunqueiro, e pola vida, coma unha estrela fugaz. Fugaz porque só estivo un curso connosco, estrela polo brillo que irradiaba e a estela imborrable que deixou tras dela. A súa impronta plasmouse na revista do instituto así como nas cartas de agradecemento dos alumnos que lembraban o seu paso polo centro, deixando constancia do vencello máxico que daba establecido con eles. Sirvan de exemplo os versos que escribiu Lúa Soto Capón, alumna de 4º de ESO: Cantas follas quedarán en branco, cantas sen escribir, sen coñecer as túas letras, sen saber o que é vivir. Cantas, eh, cantas? Pois toda unha vida de follas, tantas coma días, tantas para narrar o teu vivir en versos, tantas… Agora eu escribo o principio ou o final de algo, quen o sabe? Agora douche as grazas, Grazas por axudarme a berrar “Nunca máis” e “Non á guerra”, grazas. Grazas por amosarme a túa alma compartindo as túas bágoas na aula, grazas. Grazas por faceres dun curruncho do instituto un foro de opinión, grazas por darlle valor á miña palabra. Grazas e doces soños, Xela. Gozamos da compañía de Xela no curso 2002-03, durante o que compartiu connosco as protestas pola invasión de Iraq, durante o que alzou a voz fronte á catástrofe do Prestige co poema “Never more” que perdura na nosa memoria. Grazas, Xela, polo teu compromiso coa vida.

Xela Arias IES Álvaro Cunqueiro maio 2014

Virxinia Barros


O Trasno

7

IES Ă lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

8

Non me considero defensora do botellón, pero si que podo entendelo. Hoxe en día os menores de idade temos máis acceso ao alcohol en pequenas tendas, que na entrada de locais nocturnos. Á parte, a mocidade de hoxe non é menos inqueda ou curiosa que era hai anos, e o prohibido sempre atrae. Non é unha práctica á que acoden catro fracasados, senón miles de persoas entre as que se atopan mozas e mozos con sobresalientes nos seus estudos. Creo que a mocidade non madura porque non nos deixan madurar e, logo, cárgannos con responsabilidades que non podemos cumprir. Á mocidade gustaríalle independizarse, ter traballo ou tal vez montar o seu propio negocio, pero quizais careza de tal posibilidade. Tal vez por iso recorre ao alcohol, para intentar saír da realidade, aínda que non sexa o mellor xeito. Millóns de mozas e mozos buscan traballo fóra do país. Sempre se tende a valorar negativamente ás persoas da nosa idade e, como mozo responsable que son, coido que debería cambiar esta actitude. A culpa en último termo correspóndelle á sociedade do noso país, no que o esforzo e a capacidade non contan tanto coma as influencias e os contactos. Por outra parte, abondan os “nin-nin” e aumentan a unha velocidade preocupante. Non se valora o esforzo e os cartos que se reciben fai que a mocidade só se preocupe por divertirse. Os cartos deberían destinarse a bolsas de estudos, a prácticas e, cando menos, obrigar a facer algo a cambio de conseguilas. É normal que os nosos pais nos queiran proporcionar as posibilidades que eles non tiveron, pero sen correspondencia en realidade están a prexudicarnos. Tamén nos preocupa saber o que nos agarda acabados os estudos, saber o que debemos estudar para non acabar no sofá cun curriculum excelente. Hoxe en día non se estuda o que realmente se desexa, pois o principal é que teña saída laboral, aínda que implique a renuncia á vocación.

Na actual crise é moi complicado atopar traballo, pero isto non debe ser escusa. Sempre houbo dificultades e sempre se superaron. Cómpre atopar solucións para chegar a vivir a nosa vida, ter unha familia propia, traballar no que nos gusta, acadar as nosas metas… En realidade, dedicámoslle a isto moito máis tempo que a preocuparnos do botellón que, a fin de contas, non ocupa unha posición moi alta entre as nosas preocupacións. Coido que a mocidade non é como a pintan: coma se estiveramos facendo só botellóns, pasando o tempo cos amigos, pensando en nós mesmos e sen facer nada. Quizais vivamos a vida máis cós adultos, pero tamén estudamos e pensamos no futuro. A verdade é que tal e como os adultos nos deixan o mundo vai haber que choiar moito para arranxalo. Nós seremos os que suframos as consecuencias dunha crise produto da súa ambición e egoísmo. Só nós podemos cambialo. Iria Soliño

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

9

Hai pouco saíu no telexornal a noticia duns rapaces que atoparon unha botella de alcohol sen precintar na rúa e que, sen pensalo, a beberon co resultado da morte dun deles. Con sucesos tan nefastos coma este se evidencia que cada vez é máis frecuente que os rapaces hoxe comezan a beber máis cedo. Son numerosos os casos de intoxicación e de comas etílicos en rapaces que non superan os dezaseis anos. A sociedade, ao meu parecer, inflúe o seu. Os paquetes de tabaco traen fotos cos danos que causa fumar, pero nas botellas non aparece máis que a advertencia acerca do “consumo responsable”. O alcohol soe asociarse á festa, coma se non houbese festa sen alcohol. Véndennos alcohol aos rapaces sen reparos, cousa que, con sentidiño, non resulta un problema, senón algo normal. O problema está en que cada vez máis son os rapaces e rapazas que, cegados polos reality shows e outros programas de televisión, ven o alcohol coma un xogo fácil sen consecuencias aparente e que outorga certo prestixio no ámbito social.

Consumo de drogas entre 14 e 18 anos - Alcohol: 82% - Tabaco: 35% - Cannabis: 26% - Cocaína: 2 % - Alucinóxenos: 2% - Anfetaminas: 2%

Marina Gómez Marchante

Comportamento respecto do alcohol - Beben alcohol: 97% durante o botellón 43% fóra do botellón - Borracheira de atracón: 74% durante o botellón 9% fóra do botellón - Borracheira: 58% durante o botellón 4% fóra do botellón

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

10

Segundo estudos actuais, tres de cada catro menores consumen alcohol en España polo menos unha vez ao mes. A causa é o botellón. A mocidade reúnese cada vez máis para practicar o botellón. Aínda que no noso país estea prohibida a venda de alcohol a menores, son moitos os que o consumen a unha idade temperá. Segundo os mesmos mozos, realizan esta actividade só para lograr integrarse mellor no grupo. A maioría dos adultos se opoñen e intentan frear o botellón. Eles din que este costume xa existía e que os mozos colleron o costume de pais e familiares. O consumo de alcohol pode levar ao doutras drogas, moi frecuentes no ambiente do botellón. Moitos estudos revélannos que os mozos non practican o botellón coa finalidade de emborracharse; e é que, como eles din, o botellón lles serve para integrarse no grupo. O 2´8% dos mozos que asisten non beben. Segundo os expertos, os mozos asisten ao botellón para coñecer xente nova e non sempre para emborracharse. Unha das formas do botellón é o chamado “birge drinking”, que consiste en tomar cinco copas en dúas horas. Segundo diversas enquisas, cinco copas no fin de semana sería a menos perigosa de todas as drogas, mais na miña opinión isto non é verdade. Algunhas das consecuencias que o alcohol pode ter entre os mozos son: fracaso escolar, adición, enfermidades… Definitivamente, o alcohol é consumido cada vez máis e cómpre que fagamos algo para evitalo ou, polo menos, para evitar o consumo de drogas entre os mozos.

Consumo de alcohol entre 14 e 18 anos

Andrea Borrego

Onde se compra o alcohol entre os 14 e os 18 anos - Supermercados: 61% - Bares ou pubs: 61% - Espazos públicos abertos: 57% -Discotecas: 52% - Domicilio propio: 20%

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014

2002: 75% 2004: 81% 2006: 74% 2008: 72% 2010: 73% 2012: 82%


O Trasno

11

As redes sociais pódense interpretar coma un problema; mais, por outra parte, ofrece cousas das que antes non podiamos dispoñer: conexión directa con familiares e amigos, maiores posibilidades de comunicación e, a priori, a oportunidade de coñecer xente a través da Internet. Non obstante, do que aquí falamos é da falta de concentración cada día medra entre os usuarios das redes sociais. Recoñezo que por veces me resulta difícil concentrarme estudando co móbil a carón (si, tamén é complicado non telo preto a todas horas), así como coller un libro que con anterioridade lía de xeito moi doado. Tamén creo que é un problema de forza de vontade e que, en último termo, si que se pode cambiar o chip de “zombi” do Wattsapp ou o Twitter, ao estudo e á lectura, por exemplo. En definitiva, que non creo que inflúa tanto como para desconcentrar todo o tempo, pero é evidente que se dan cambios na forma de ser persoal por mor das novas redes e tecnoloxías. Tamén é mester dicir que cada vez se comeza antes a usar ese tipo de aplicacións. Os nenos collen antes un móbil ca un balón, pero este é outro asunto. En conclusión, as redes non teñen por que ser prexudiciais para ós sempre que se usen de forma controlada, coma todo neste mundo. Óscar Cárcer Velarde

Actualmente vivimos nunha sociedade que necesita da tecnoloxía para realizar a meirande parte das súas actividades cotiás, incluído o estudo. Sen embargo, isto provoca algúns problemas. En primeiro lugar, cabe salientar a importancia de ferramentas coma Google, Wikipedia e outros médios para a procura de información cando se realiza un traballo para estudar. Sen embargo, á hora de poñerse diante do ordenador é case imposible non abrir Twitter, Facebook ou calquera outra rede social; mesmo á hora de estudar nunha biblioteca ou na túa casa case o 100% dos estudantes temos o móbil no peto. Resulta curioso pensar coma un aparello tan pequeno crea a necesidade de estar comunicados arreo cos demais aínda que non o precises nese intre. Esta necesidade conleva unha gran perda de concentración que ha repercutir probablemente nas cualificacións e resultados académicos, aínda que isto poida variar segundo a persoa. Unha das escusas máis empregadas para dispoñer do móbil á hora do estudo é a de escoitar música entrementres. Considero persoalmente que nalgúns casos e con certas materias coma debuxo técnico pode resultar beneficioso; aínda que con outras coma filosofía se me volve imposible a concentración con ruído de fondo. Cabe de todos xeitos sinalar que os hábitos de estudo de cadaquén son moi variables. En conclusión, a tecnoloxía é unha ferramenta beneficiosa para o estudo, pero non pode significar unha escusa para distraerse con outras cousas. Adrián Neira

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

12

Esta amósanos a diferenza entre clases. O luxo e a pobreza. O exemplo do primeiro son os rapaces situados no centro, coas súas bolsas de Cartier e o Ferrari vermello. A fotografía contrapón dous tipos de persoas. As de orixe social elevada (a parella glamurosa) ocupan o centro, captando a nosa atención. Parecen menosprezar aos outros. Teñen cartos e séntense superiores. Os representantes da clase traballadora son dous porteiros que apenas destacan, confundidos coa fachada que serve de fondo, e mais un home en bicicleta. Todas as olladas parecen imantadas pola parella rica. Por que? Por que nos fixamos primeiro neles? Polas cores ou polo mero feito de que son dunha clase superior, desa que non estamos afeitos a ver pola rúa? A rapaza destaca sobre todos os demais: o seu acompañante tamén a contempla engaiolado. A rapaza, entrementres, olla para o obxectivo. As cores serven para distinguir os dous estilos de vida. As rechamantes representan a abundancia de cartos e a correspondente felicidade. Ou polo menos iso é o que intentan aparentar. Mais… trae o diñeiro a felicidade? Eu penso que non. Unha cuestión a debater. As cores escuras, pola contra, representan a vida aburrida, rotineira e apesarada dos pobres. A imaxe expresa á perfección a actual situación na China, a súa transformación nunha potencia emerxente. Só unha minoría pode considerarse rica. A parella que domina a fotografía simboliza o progreso e a modernización chineses. O resto da poboación, entrementres, segue ancorada no pasado, na pobreza e na tradición. María Zalvide

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


Un Ferrari vermello estacionado fronte á porta dun edificio escuro e vello. Unha parella de mozos posando na rúa, diante do coche, e, ao seu redor, persoas ocupadas no traballo diario. Aínda hoxe, malia vivirmos nun exacerbado capitalismo, este tipo de imaxes seguen causándonos unha forte impresión polos seus contrastes, polas obvias diferenzas entre os seus protagonistas. Nunha primeira ollada semella que esta escena sería reproducible en todo o mundo desenvolvido; porén, tal diversidade de personaxes só é posible e intelixible na China. Enmarcada internacional como superpotencia emerxente e segunda potencia mundial, China continúa a definirse como “socialista” dende 1949. Este ano, o dirixente do Partido Comunista Mao Zedong iniciou a súa ditadura unipartidista e represiva. Mais na actualidade e especialmente tras a súa morte en 1976, enténdese o sistema como “socialismo con características chinesas”; isto é, coa adopción da economía de mercado ou a súa competitividade no comercio internacional. Deste xeito, coa progresiva asimilación de políticas económicas liberais, ten lugar en China un achegamento ao capitalismo. Destoutro sistema é coñecida a súa tendencia á expansión e uniformización dos territorios. Asemade, tal sistema orixina e acrecenta as desigualdades sociais e económicas. Como no caso da China se trata do país máis poboado do mundo, a acción do capitalismo repartindo inequitativamente a riqueza produce unhas enormes desigualdades. Podemos, así pois, falar dunha sociedade de consumo peculiar, na que unha minoría está separada por un abismo da clase traballadora. É o traballo xustamente, de maneira contraditoria e paradóxica, o que determina o poder adquisitivo das persoas da imaxe. Mentres os mozos abrazados fan ostentación do luxo no que viven, o resto dos personaxes traballan á vez que ollan para eles. Créase un xogo de olladas entre os vixiantes á porta do edificio e o home que conduce o carro respecto dos mozos situados no centro. A rapaza é a única que mira coquetamente á cámara. Isto e mais as cores rechamantes da súa roupa xunto co Ferrari vermello fan destacar a parella namorada sobre o fondo, de cores escuras. Esta instantánea, que seguramente foi tomada con fins publicitarios, convértese no reflexo fiel da sociedade chinesa no seu conxunto e da interacción entre os actores sociais. Por outra banda, é moi probable que o noso destino acabe asemellándose en moitos aspectos ao caso chinés: a traxedia das sociedades modernas. Sunil López Mahbubani

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

14

Para moita xente este problema corresponde a unha época remota, cando un campesiño non podía alcanzar xamais un posto entre a nobreza, nin cargo elevado no clero; é dicir, que lle resultaba imposible ascender de clase social. Pero este problema segue existindo, só que a xente non se decata. O noso sistema capitalista trouxo consigo, dos EE.UU. por suposto, unha ideoloxía que se expandiu entre a clase traballadora: “O sistema dános a todos as mesmas oportunidades; e se non consegues chegar a algo na vida e acadar un posto de traballo e unha vivenda digna, é culpa túa, nunca do sistema”. Por iso pregúntome, ten acaso as mesmas oportunidades o fillo dun electricista que o dun empresario? Trátase dun problema que aínda se agrava máis cando non podes cursar estudos superiores por non ter a sorte de nacer nunha familia cun gran nivel adquisitivo. O problema non se limita a un momento puntual de crise. Vén de moi atrás e, de feito, sempre existiu. Está implícito no sistema capitalista, que non é máis que unha repetición da época feudal, onde atopamos unha clase dominante e outra oprimida, de xeito que o propósito da clase dominante é que non poidas ascender na escala social. En definitiva, que todo depende da sorte que tiveses ao nacer.

Relación entre o nivel educativo de pais e fillos na UE Nivel educativo baixo dos pais - 34% de fillos con nivel baixo - 48% de fillos con nivel medio - 18% de fillos con nivel alto Nivel educativo medio dos pais - 8% de fillos con nivel baixo -59% de fillos con nivel medio - 33% de fillos con nivel alto Nivel educativo alto dos pais - 3% de fillos con nivel baixo - 33% de fillos con nivel medio - 63% de fillos con nivel alto

Ramón Rodríguez Cardoso Relación entre o nivel educativo de pais e fillos en España Nivel educativo baixo dos pais - 50% de fillos con nivel baixo - 24% de fillos con nivel medio - 27% de fillos con nivel alto Nivel educativo medio dos pais - 16% de fillos con nivel baixo - 32% de fillos con nivel medio - 52% de fillos con nivel alto Nivel educativo alto dos pais - 6% de fillos con nivel baixo - 19% de fillos con nivel medio - 75% de fillos con nivel alto

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

15

1º premio de opinión Ortografía e redes sociais “E ti saves q ai xent q escribe asi?” Doe, verdade? Pois eu aposto a que vós, coma min, atopades cada día todo tipo de faltas de ortografía na vosa vida social e cibernética. A puntuación, os h, os b, os c ou z, xunto cos queridos tiles, correspóndense co trallazo que sofren os que son escravos da ortografía. E vós, que pensades? Neste punto as opinións son diversas: ben que a ortografía non serve para nada, ben que é unha perda de tempo… Moitas desas opinións baséanse na lei do mínimo esforzo. Se ben podemos aceptar tales argumentos, a ortografía constitúe a nosa presentación social ao escribirmos. A boa expresión non é outra cousas ca unha demostración do noso nivel cultural. Cal é, pois, o problema da mocidade? Dende a miña particular e teimuda opinión, o que acontece é que a xente é cada vez máis parva. Xa non escribimos, “blogueamos”; e en lugar de falar, “chateamos”. Sen puntuación, sen regras gramaticais nin ortografía: “gal” por aquí, “tmb” por alí, e é coma se só houbese un puñado de cavernícolas comunicándose con outro puñado de cavernícolas mediante unha pseudolinguaxe que máis ben lembra aos homes do paleolítico. E é aquí onde as redes sociais realizar a súa estelar aparición coma principais impulsoras e difusoras desta tendencia, que se propaga multimediaticamente coma a pólvora. Non é difícil así atopar xente de dezaoito anos que segue sen pór til a un hiato de débil tónica máis forte, aínda que a tal persoa se chame María, ou a persoas formadas na universidade que, coma os nenos da ESO, aínda xoguen ao divertido pasatempo de pór un h na palabra “desahuciado”. Non vos confundades, en canto alumno paréceme lícita a lei do mínimo esforzo, mais se a ortografía non é parte de tal lei, que o é?

O desinterese e a lacazanería teñen un límite, que casualmente é fronteiriza coa incultura, e non vai ser sempre o autocorrector do móbil o que te salve de facer o ridículo. O abuso do mínimo esforzo ten terribles consecuencias, e corres o perigo de terminar por te converter nun dos humanos da película “Wallie”. O mínimo esforzo comprende a boa escrita. Polo ben do idioma e dos nosos castigados ollos de quen lei tales creacións ortografícas.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014

Pablo Monroy


O Trasno

16

2º premio de opinión Carta sen destinatario Moi boas, querido e perfecto descoñecido: as liñas que escribo nin agardo que as recibas. A crueldade da vida diaria fai unha pequena porcentaxe máis duras ás persoas, pero tamén a moitas máis influenciables e manipulables. Pode dicirse que son desas persoas ás que a vida endureceu, pois de tantos golpes a miña alma xa está curtida e nada pode danala máis. Todo parece sufrimento neste mundo. Cando te ergues polas mañás, xa non sabes que é o peor, se a lamentable situación familiar ou as inconmensurables desigualdades e inxustizas desta sociedade. Todo o mundo parece rexerse polo poder: Catalunya pedindo a independencia; terroristas, asasinos e violadores quedando en liberdade; cada vez máis xente sen traballo, sen casa, sen comida; nenos que non saben xa o que é xogar, someténdose a un sistema operativo… E, entrementres, os grandes gobernantes preocupándose por que non nos queixemos, por que non deamos mala imaxe de país fronte ao exterior, buscando só o propio beneficio e o poder sobre os demais.

Pode haber peor imaxe cá dun político corrompido mentres os nenos do seu país papan fame? Acaso hai maior atentado á bandeira ca un monarca gastando os cartos do seu país en safaris? Pode existir maior aberración que tres antidisturbios mallando nun neno por reclamar xustiza? Pode riscarse de antimoral o aborto cando sofren tantos nenos ou intentan suicidarse en familias desestruturadas por culpa do Estado? Volvinme forte porque neste mundo non hai sitio para os débiles. Ou es forte ou te manipulan. Aprendín a aguantar o tirón sen chorar. Só teño dezasete anos e sei que non podo cambiar nada, maís cando menos o intentarei. Ninguén me pode privar do dereito a intentalo. Agora, sentado nun autobús, na procura do pequeno gran anaco de felicidade que me queda, abrazado pola escuridade, sentín a necesidade de escribir o que sinto, o que vexo, o que vivo; esta realidade que pasa tan rápido que ninguén se detén a observala. Carezo de esperanza do alcance do que escribo, mais todo aquel que lea isto debería pararse a ollar a vida que pasa correndo ao seu lado. Paga a pena queixarse dende un sillón e de brazos cruzados? Nunca poderei esquecer de onde veño, mais non sei onde vou. Poden riscarme de raro, mais eu só busco chegar máis lonxe no meu camiño. Atentamente: AS SOMBRAS DUNHA VIDA ABANDONADA. Francisco J. Suárez Avión

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

17

1º premio de poesía

2º premio de poesía

Perdóame

Memorias dun pobo con amnesia

Tantas cousas que dicir, Sen momentos nin palabras para iso; Tantas cousas que mostrar, E sen tempo sequera…

O lume devora os montes, Deixa Galiza seca Mentres un pobo Anestesiado e con amnesia Permite que os culpabeis sexan libres nun sistema que condena á clase obreira á miseria. Paseas polas rúas E os balcóns apestan, Vístense con bandeiras Que nos representan. Seica non abondou xa Cos Séculos Escuros? Que os complexos impostos Deixan o galego mudo, Complexos creados Por un sistema absurdo. Recortan educación porque Teñen medo dun pobo culto. Escribo con sangue De Moncho Reboiras. Canto coa lingua De Víctor Jara. Nada peor ca un pobo Que esquece a súa historia. Nada peor ca unha lingua Esquecida e esmagada. Que importa morre Se deixamos semente de vencer. Como dixo Manuel: “Somos os que aínda han nacer”.

Tanto medo á verdade, E tan pouca fe para cambiar o acaso, E co lume, momentos inesperados Creándose para un inesperado final. Vólvense droga por comodidade, Un pesadelo en cada caricia Coa dor da ledicia E crecendo coa idade… E volverías atrás A pesar de saber Que o tempo é un eco mendaz A pesar de saber o que é caer? Recordarás o final? Lamento a ira e a esperanza daquel onte, Pero a ira vólvese lástima en van, E a esperanza é un bo mal Que terei que sufrir, E lograr cicatrizar As bágoas que cosen A miña pel sen curar Do teu recordo de sal. Mente atormentada, onde o reo canta A musa da néboas, Unha bala cruza o aire, E exclama: “Perdóame!”

Ramón Rodríguez Cardoso

Adrián Neira Veiga

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

18

2ยบ Bacharelato A Curso 2013-14

2ยบ Bacharelato C

IES ร lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

19

2ยบ Bacharelato B Curso 2013-14

Curso 2013-14

IES ร lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

20

Unha escola de teatro Cada novo curso, o grupo teatral do instituto convértese nunha verdadeira escola de teatro. Os seus integrantes non só se familiarizan coas “ferramentas” básicas dun actor (eses recursos que lle permiten a un actor, en determinado momento, “rescatar” ao seu compañeiro grazas á improvisación ou aprender a situarse no espazo escénico), senón a participar na produción do atrezzo, a distribuír os obxectos no escenario e, este ano, tamén a crear pequenas obras teatrais. Un magnífico ambiente de traballo É o que se experimenta ao entrar no salón de actos do instituto. Obsérvanse catro grupos distribuídos polo patio de butacas ou traballando no escenario. Uns dispoñen no escenario os obxectos necesarios para o desenvolvemento dunha escena, outros discuten e prepararn os seus papeis ou atenden ás explicacións da directora. Logo, en determinado momento, todos atenden aos actores que se moven no escenario. Atopámonos daquela en Sudamérica –o fermoso acento porteño dun dos actores axuda moito- e asistimos os esforzos por expresar a sorpresa horrorizada que producen unha serie de noticias entre as que se inclúe unha morte masiva de cabalos, o incendio dunha casa, a morte dunha muller, etc. Raquel, a directora, interrompe de cando en cando aos actores: “cómpre proxectar a voz”, “váiseche a voz”, “acompaña as palabras con xestos”.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

21

Non unha, moitas obras de teatro

Como resolver creativamente un problema

Denomínanse sketches na terminoloxía teatral. Os alumnos do “Álvaro Cunqueiro” asistirán este ano á representación de cinco obras que desenvolven historias moi distintas. Unha delas transcorre no século XIX, no espazo rural dos grandes latifundios sudamericanos (Arxentina ou Uruguai). Outra sitúanos nun piso de Santiago no que conviven catro estudantes. Unha terceira obra ofrécenos unha versión paródica da traxedia shakesperiana do “Rei Lear”. Outra máis preséntanos unha perruquería e, unha última obra, desenvolve unha absurda escena entre dúas mulleres que se coñecen nunha parada de autobús un día de tormenta e que tratan de decidir sobre o prezo que pode acadar un paraugas.

Non hai dúbida que Raquel, a directora do grupo, desexaba que os dezaseis actores se sentisen protagonistas; e así foi como se lle ocorreu crear os cinco sketches que se representarán no teatro do instituto. As cinco pequenas obras parten dunha idea ou un texto básico aportado por Raquel a partir do cal as actrices e os actores desenvolven diálogos e prestan solucións dramáticas e escenográficas. Os espectadores, así pois, contemplarán de aquí a pouco unha obra colectiva. Veremos a Alba Oliva e Raquel Pardo enredadas nun diálogo absurdo, a Aida Bernárdez encarnando a unha das fillas do Rei Lear, a Laura Sabugueiro encarnando á gran señora dun latifundio; así como a Lucía Satta, Laura Otero, a xa veterana Mª Fernanda Rocha, a Sheila Lee e Mª Elena Rodríguez despregando as súas habilidades dramáticas sobre o escenario do noso instituto.

Un grupo teatral cada vez máis numeroso Temos motivos para felicitarnos no instituto. Parecen quedar moi lonxe aqueles tempos en que o noso grupo teatral non contaba con máis de media ducia de integrantes (iso si, dun magnífico nivel e cunha entrega e capacidade de traballo prodixiosas). Agora o grupo non fai máis que medrar; e, sobre todo, atrae tanto a rapaces como a rapazas. Houbo anos en que tamén os papeis masculinos debían ser representados por actrices. Hoxe o grupo inclúe a Alejandro Padín, Pablo Cuní, Adrián Sabugueiro, Javier Madrigal, Manuel Martínez Santos e mais Nicolás N. Fresenga. Algo cambia e é para ben.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

22

“A terra ferida” de Miguel Delibes Escribo sen outro propósito que recomendar un libro que me chamou a atención no sentido máis positivo. O libro titúlase A terra ferida. Quen van herdar os nosos fillos?, escrito polo gran novelista español Miguel Delibes e mais seu fillo, biólogo, Miguel Delibes Castro. Chamoume a atención porque trata do medioambiente de xeito pedagóxico e comprensible. Ao adoptar a forma de diálogo, acorda a atención do lector. Prodúcelle ao lector a sensación de que se asiste a unha conversa en segredo. Na súa conversa, os autores fan un repaso dos problemas medioambientais que afectan o

noso planeta, problemas aos que cómpre solucionar para que a actual situación deixe de agravarse coa estremecedora velocidade coa que o fai. Entre os problemas medioambientais figuran a destrución da capa de ozono, o aumento do efecto invernadoiro, a polución ou a desertificación. Os autores aportan numerosos datos, inclúen referencias a documentos oficiais; todo dende unha perspectiva diferente, poderíase dicir que alternativa, á que atopamos nos habituais libros de divulgación científica. Trátase dun libro máis que recomendable e asequible a toda clase de lectores. Emprega unha linguaxe coloquial e sinxela cando manexa datos científicos, de forma que calquera lector pode comprender todo o exposto. O ton xeral é o da denuncia. Lanza unha mensaxe de alerta, unha mensaxe preocupada pola actual situación que vive a Terra; unha mensaxe en último termo esperanzada: non todo está perdido, a colaboración cidadá e unha intervención política correcta aínda permitiría curar as feridas do noso planeta. Sara Fernández Fernández

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

23

NOTICIAS DO ENSINO O recorte en educación chega en 2014 aos 7.300 millóns de euros A redución afecta especialmente ao cadro de persoal dos profesores: aumenta as horas de clase, reduce a cobertura de baixas e incrementa o número máximo de alumnos por aula. Nos últimos dous cursos a redución de profesores no ensino público é de máis de 20.000. Onde máis se notou a redución foi nos plans de apoio, nas bolsas para libros, transporte e comedor e mais nos gastos correntes dos centros educativos.

O estudo do catolicismo O PP vai atender na redacción da LOMCE á exixencia da Conferencia Episcopal de que a materia de relixión sexa oferta obrigada en bacharelato, ademais de que conte para a media do curso. A evolución do estudo do catolicismo no ensino público tende á súa redución. No curso 2001-2002, escollían tal materia, un 79% dos alumnos de primaria; un 55%, en ESO; e un 43%, en bacharelato. No curso 2010-11, as cifras son, respectivamente: 66%, 39% e 23%.

O recorte educativo en Galicia O recorte educativo non afecta por igual a todas as Comunidades Autónomas. Galicia atópase nunha posición media, cun 14,8% de redución total nos últimos tres cursos (Extremadura reduce un 5% e Cataluña, un 24%). Como facer o ridículo na U.E. O ministro Wert anunciou en novembro de 2013 que, debido aos axustes orzamentarios, se reduciría á metade o número de alumnos que recibirían unha bolsa Erasmus. O ministro atribuíalle a redución a recortes da UE, e isto porque agora tales bolsas se concederían en función dos habitantes e non do número de estudantes de cada país. Así pois, máis de 20.000 alumnos perderían tal axuda. Esta declaración recibiría rápida contestación da portavoz da Educación da Comisión Europea, Dennis Abbot, que calificou as declaracións de Wert como “vasura” (rubbish). O ministro mentía ao atribuírlle á UE recortes dos que era responsable o Goberno español. 20.000 bolseiros menos No curso 2011-2012, o número de beneficiarios foi de 720.178; no curso 2012-2013, de 700.594. En Galicia, o recorte afectou ás bolsas do ensino universitario: concedéronse un total de 17.444, cun descenso de 865. En troques, no ensino medio houbo un aumento das bolsas de 476.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

24

Os concertos educativos co ensino privado - Esténdese a duración mínima do concerto en primaria ate os 6 anos e mantense a duración de 4 para o resto de niveis. - Facilítase solo público para a construción de centro privados concertados. - Desaparece para estes centros a obriga de ofertar prazas públicas abondas. Os concertos da nova formación profesional básica serán preferentes. - Protéxense os concertos educativos de centros que segregan por sexo pois, segundo se afirma na LOMCE, “a admisión de alumnado ou a organización do ensino diferenciado non constitúe discriminación”.

As revalidas - Aprobar a reválida de ESO será imprescindible para obter o título de Graduado. Poden presentarse os alumnos que suspendan un máximo de dúas materias (ou tres, se entre elas non se atopan as matemáticas e as linguas galega ou castelá). O título terá unha cualificación ponderada: 70% da nota corresponderá ás cualificacións obtidas na ESO e un 30%, á reválida. - O título de bacharelato exixe superar unha segunda reválida á que só poden presentarse os alumnos que aprobasen todas as materias. A cualificación ponderada repártese neste caso cun 60% para as notas obtidas nos cursos de bacharelato, e un 40%, na reválida.

Dirección dos centros educativos Os actuais Consellos Escolares perden case todas as súas funcións: a facultade de “aprobar, decidir e fixar” é substituída na LOMCE pola de “avaliar, coñecer e informar” do que sexa. Medran, en troques, as funcións da dirección: aprobar proxectos e normas, aprobar o PXA, decidir sobre a admisión de alumnado e aprobar a obtención de recursos complementarios. En canto á selección do equipo directivo, na LOMCE elimínase a referencia a que a dirección deba “obter o maior apoio da comunidade educativa”.

En ambas as dúas reválidas, haberá dúas convocatorias (ordinaria e extraordinaria).

Ensino do catolicismo Será de oferta obrigatoria. Fíxase unha materia alternativa: en primaria, de valores culturais; e na ESO, de valores éticos. En ESO e bacharelato, a materia relixiosa ofertarase como materia específica e terá valor académico.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

25

14 folgas en dous anos Os estudantes foron convocados en 14 ocasións polo Sindicato de Estudantes nos últimos dous anos. Durante este último curso 2013-14, as convocatorias máis seguidas tiveron o lugar os días 22, 23 e 24 de outubro de 2013(terceira xornada de folga xeral estudiantil), os días 2 e 21 de febreiro de 2014 e, a máis recente, os días 27 e 28 de marzo.

Aumento dos enfrontamentos Durante as últimas convocatorias, foron en aumento os disturbios nas manifestacións así como os encerros en dependencias universitarias. Destaca o desaloxo de 53 persoas no vicerrectorado da Universidade Complutense de Madrid durante a folga do mes de marzo.

Incidentes violentos en Vigo Ocorreron na convocatoria do mes de febreiro deste ano. Os incidentes saldáronse cun detido e 75 mozos/as identificados/as pola policía. A policía atribuíulle a un “grupo violento reducido” os danos ocasionados polos incidentes (especialmente fronte á Delegación da Xunta), en contraste coa orde coa se desenvolveu a gran manifestación do 20 de febreiro.

As reivindicacións das folgas de estudantes - En defensa da educación pública: Retirada inmediata da LOMCE, o decreto de bolsas educativas e o aumento das taxas universitarias. - Non á imposición da relixión católica no ensino público. - Contra as axudas públicas ao ensino privado. -Contra os contratos laborais abusivos e as prácticas en empresas sen remuneración. - Chamada a pais e nais para que se unan ás mobilizacións estudiantís. - Cese dos recortes ao ensino en galego.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

26

A LOMCE é unha nova lei aprobada en decembro de 2013. As súas siglas queren dicir Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa. Esta lei pretende reducir as taxas de abandono temperán na educación, mellorar os resultados académicos e así conseguir maior “empregabilidade”. A LOMCE incluirá probas de avaliación final ao remate da ESO e mais en bacharelato, así como unha educación plurilingüe dende os nove anos ate o bacharelato para de tal xeito mellorar as competencias na procura de traballo. Por isto e por moitas outras razóns os estudantes manifestámonos, xa que, se o que se pretende é ter unha educación igualitaria, esta lei non o conseguirá. Mediante os exames de reválida desaparecerá a opción de moitos estudantes de seguir coa súa educación. É coma se quixesen ter só aos mellores estudantes nos institutos e así eliminar xente do sistema educativo porque custa diñeiro. Respecto das manifestacións, naquela na que participei houbo momentos en que tiven medo xa que tamén era a primeira á que ía. Ao ver a xente encapuchada tirando pedras contra os policías e berrando xa pensaba que algo ía pasar, e así foi. Os policías empezaron a correr cara a nós, pero como xa sabiamos o que pasaría marchamos antes. Por veces pregunteime por que facían iso, pero é que se non se loita nunca se ha conseguir nada. Por iso manifestarse é unha forma conseguir que nos escoiten e demostrar que estamos en contra de dita lei. Laura Pérez Estou a favor das manifestacións de estudantes: se non saímos á rúa a loitar polos nosos dereitos e a manifestar o noso desacordo coa situación política do país e a reforma do sistema educativo. O único problema que aprecio con respecto das manifestación é a súa violencia. Creo na posibilidade de lograr os nosos propósitos por medios pacíficos. Non sería a primeira vez que estes métodosdan resultado, aínda que é certo

que moitas veces a violencia é a única forma de conseguir que che presten atención. Os medios de comunicación non publican unha noticia se non pode sacarse dela un titular que “venda” e, por desgraza, neste morboso mundo, o que vende é o escándalo e os actos violentos. A unha manifestación pacífica, por moitos asistentes que teña, apenas se lle dedican unhas poucas palabras nos medios de comunicación. Sen embargo, se nestas se queiman colectores do lixo, hai detencións ou calquera tipo de disturbios, os titulares están redactados. Nestas noticias, como é lóxico, critícanse os actos violentos, pero a súa actitude contraditoria obríganos a tomar decisións arriscadas. Como xa dixen, estou en completo desacordo con esta actitude que habitualmente corresponde a unha minoría entre manifestantes, pero en parte podo comprender a súa postura. Eu asisto a todas as manifestación que podo. De feito, nas convocatorias das folgas estudiantís contra a LOMCE fun á maioría. Pódese comprobar alí que na maioría dos casos as asociacións organizadoras só pretenden manifestarse pacificamente, recolocando mesmo o mobiliario urbano cando algúns dos manifestantes o estragan. O que, non obstante, non me agrada é a mestura de ideas que conviven nesas manifestacións. Adóitanse ver bandeiras e escóitanse berros reivindicando asuntos que non proceden no momento. Se a manifestación é convocada en contra do sistema educativo, as protestas deben concentrarse no asunto. Malia todo isto, coido que non imos polo mal camiño. Mostrar a nosa opinión é necesario para achar unha solución para este problema. Non sei se o lograremos ou non, pero estou segura de que continuaremos poñendo todo o noso empeño.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014

Ainoa Prado Romero


O Trasno

27

IES Ă lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

28

IES Ă lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

29

IES Ă lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

30

IES Ă lvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

31

Na “planta nobre” do instituto (tradicionalmente o segundo andar dun edificio), xusto fronte ás escaleiras, atopamos a nosa biblioteca. É un espazo de encontro, de estudo, de investigación, de lectura relaxada e, en moitas ocasión, tamén lugar de tertulia… Non importa, é de todos. Podemos gozala ao noso xeito sempre que respectemos os demais. De que todo vaia ben encárgase o equipo da biblioteca, formado por profesores que aportan o seu entusiasmo e o seu tempo. E para facer visibles as conmemoracións, contamos coa colaboración dos distintos departamentos que dirixen os alumnos, que son os que a fin de contas aportan a súa creatividade e bo facer con cartaces, poemas, debuxos, textos… Así, no presente curso, podemos lembrar os paneis pendurados na entrada do instituto polos alumnos de filosofía de bacharelato co gallo do Día da Paz; ou os debuxos dispostos polas escaleiras, obra dos alumnos do departamento de plástica. Non esquezamos os motivos decorativos da conmemoración do Día de San Valentín a cargo do departamento de inglés. Hai menos tempo, o 8 de marzo, os alumnos de historia de 1º de bacharelato aportaron a información que entrou a formar parte dun mural que lembraba a transcendencia dun acontecemento histórico como foi a I Guerra

Mundial (cuxo centenario se cumpre este ano, 2014) para a consecución dos dereitos e liberdades das mulleres. O lema das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso é o de Ler Ciencia na Biblioteca Escolar. Para a divulgación da lectura de ensaio científico debemos realizar un esforzo suplementario, non se trata de ler algo tan ameno coma unha novela. Cómpre ler e reler. Libros acerca de temas científicos abondan na nosa biblioteca e o día 25 de abril, co gallo do Día do Libro, realizaremos unha pequena mostra. Este mesmo día, o departamento de lingua e literatura castelá vai sorprendernos cos traballos realizados polos seus alumnos. Mentres escribimos estas liñas, cómpre lembrar que aínda queda pendente a celebración, non só do Día do Libro, senón tamén do Días das Letras Galegas. Por último, queda o compromiso dunha Mostra de Cómic xa preparada e unicamente pendente da súa montaxe. Aproxímase o final do curso. Xa non queda nadiña, coma quen di. Moito, non obstante, nos queda por estudar e tamén por ler, unha fonte inesgotable de pracer.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

32

IV Mostra Viva de Instrumentos

Música clásica e concertos didácticos

Este curso realizouse ao longo do mes de novembro. Nesta 4ª edición participaron preto de alumnos que amosaron a súa capacidade musical con instrumentos coma o piano, o cello, a acordeón, o clarinete, a frauta traveseira, o saxofón e mais o trombón, o violín, a guitarra ou a mandolina. Velaquí unha boa representación de todas as familias instrumentais. Os nosos músicos amosaron as súas habilidades interpretativas nos tres espazos reservados ao efecto. Esta mostra musical pretende tanto potenciar e facer valer o talento do noso alumnado, coma promover un achegamento por parte da comunidade educativa á práctica musical. Nestas idades a acollida soe ser magnífica e logra unha apreciable estimulación da autoestima, a concentración, etc. Polo demais, un lecer ben diferenciado dos habituais a estas idades.

O alumnado de 4º da ESO e bacharelato vén sendo invitado a diversos concertos que se realizan no auditorio de Novacaixagalicia e que corren a cargo da excelente Orquestra Sinfónica de Galicia e da Filarmonía de Galicia. Por outra parte, o alumnado de 3º da ESO asistiu a un máis que interesante concerto didáctico realizado pola ODAIKO percusión, mentres que o de 2º voi invitado a un ensaio da orquestra sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Homenaxe a Rosalía de Castro

E outros concertos máis

Este mes de febreiro homenaxeamos no noso instituto á fundadora da Galicia moderna. A actividade contou coa colaboración de dous profesores do Departamento de Música, contando con que Celso Parada, o sobresaliente actor, ademais de profesor de galego tamén o é de música. Unha ducia de alumnos/as participaron no recitado e dramatización de diferentes poemas, mentres que os profesores Xaime Estévez e mais o mencionado Celso Parada entoaron algunhas cancións con letra de Rosalía como “Adiós ríos, adiós fontes” ou “Campanas de Bastabales”.

Que en próximas datas, durante os últimos meses do curso, se realizarán e que inclúen dúas audicións: unha de música tradicional e outra máis de novos talentos do instituto cun elevado nivel instrumental. Clases de iniciación nos recreos Sesións voluntarias a cargo do Departamento de Música que lle permite ao alumnado iniciarse en instrumentos como a guitarra ou o piano. Deixamos constancia do grande éxito desta iniciativa: máis de trinta alumnos/as participan.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

33

Visitas e viaxes culturais - Os departamentos de Xeografía e Historia e Filosofía organizaron nos meses de novembro, marzo e abril visitas aos petroglifos de Campo Lameiro, o Museo Liste, Salinae e mais a Catedral e o Parlamento en Santiago. En solitario, o departamento de Xeografía e Historia foi cos alumnos de 1º de bacharelato ate o mosteiro de Samos, no camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. - O departamento de Lingua e Literatura Castelá acompañou aos alumnos de ESO e bacharelato á sede de medios de comunicación coma “Faro de Vigo”,Localia e Radio Vigo. - O departamento de Educación Plástica e Visual visitaron durante o segundo trismestre con alumnos de 2º, 3º e 4º de Eso o Museo Marco e a Fundación Barrié. - O departamento de Educación Física organizou cos alumnos de 3º de ESO practicas de rafting a Arbo . -O Planetario da Escola Marítima Pesqueira recibiu a visita dos alumnos de 1º ESO organizada no primeiro trimestre polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, que tamén foi cos cursos de 2º de ESO ao Museo Marco. Este mesmo departamento organizou a excursión á Coruña cos alumnos de 1º de bacharelato para a visita do Museo da Ciencia; e en Vigo, as instalacións da Depuradora. - O departamento de Matemáticas realizou no mes de novembro unha visita ao Mercado do Calvario con alumnos de 3º de ESO.

O teatro - O grupo de teatro do noso instituto a cargo da ANPA realizou durante o terceiro trimestre diferentes representacións. - O departamento de Inglés organizou a representación dunha obra en inglés o 24 de marzo para alumnos de ESO e bacharelato; e acompañou aos alumnos de 2º e 3º de ESO á “Spelling Bee contest” presentada no Colexio dos Salesianos. - Representación lo “Lazarillo de Tormes” en versión galega a cargo do magnífico actor Celso Parada, profesor de galego do noso instituto. Éxito absoluto entre o alumnado.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

34

Actividades no centro - O departamento de Inglés levou a cabo a Big Challenge Contest a principios de maior para alumnos de distintos niveis de ESO. - O departamento de Música amosouse especialmente activo. Participou xunto co departamento de Lingua e Literatura Galega na Homenaxe a Rosalía de Castro. No mes de xaneiro organizou os concertos didácticos dedicados á Historia do Piano e mais aos Instrumentos da Tradición. Por outra parte, os Novos Talentos musicais que florecen entre o noso alumnos tivo a oportunidade de exhibir o seu talento durante o mes de abril en diferentes espazos do noso centro. Finalmente, realizou a IV Mostra Viva de Instrumentos. - O departamento de Educación Física puxo en marcha os Obradoiros de Primeiros Auxilios durante os días 2 e 3 de abril, coa participación de todos os alumnos excepto os de segundo de bacharelato. - O departamento de Matemáticas organizou variadas actividades entre as que figuran: a Semana Matemática (2º e 3º trimestres) para alumnos de 1º de ESO, a Olimpiada Matemática, durante o segundo trimestre para o alumnado de 2º de ESO; o Canguro Matemático, durante o mes de marzo para todos os cursos; e mais a visita con cámara fotográfica para alumnos de 2º de ESO.

Concursos e premios literarios e artísticos - O departamento de Lingua e Literatura Galegas organizaron o curso literario co gallo do Día das Letras Galegas. Os traballos premios nas categorías de conto, poesía e artigo de opinión aparecen publicados neste número de“O Trasno”. -O departamento de Lingua e Literatura Castelá organizou o concurso de relatos curtos. - O departamento de Educación Plástica e Visual promoveu xunto con Normalización Lingüística o concurso de portadas para esta revista. Pódense admirar os traballos premiados no número que vostede se trae entre mans neste mesmo intre.

Festas e celebracións -Semana das Letras Galegas organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega no mes de maio para todos os cursos menos segundo de bacharelato. -A organización do Magosto durante o mes de novembro foi obra do departamento de Educación Física. - Correu a cargo do departamento de Música a Mostra Colectiva de Danzas do Mundo celebrada durante o segundo trimestre con numerosísima e entusiástica participación do alumnado.

IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


O Trasno

35

Laura Rodríguez IES Álvaro Cunqueiro maio 2014


Roberto Pereiras


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.