Mulleres da contorna

Page 1

Mulleres da contorna LUNS, 8 DE MARZO 2021 | Número 1 | EDICIÓN VERÍN

Joseba Muruzábal e o mural da superavoa nunha das medianeiras de Verín. /FOTO: Martiño Pinal (La Región).

Isabel Alonso “Superavoa’’ homenaxeada nun mural de Verín O artista Yoseba inmortaliza á primeira muller viticultora da rexión de Monterrei nunha fachada de Verín Feli Romero (COPE) Traducido por Carolina Lorenzo, 1º FPB Ser. Adm.

O

artista galego Joseba Muruzábal, coñecido como Yoseba MP, coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero que se celebrou o 25 de novembro realizou un gran mural na fachada dun edificio de Verín situado na rúa Hermanos Moreno. O obxectivo foi facer unha homenaxe ás mulleres rurais. A idea

xurdiu da asociación Monteval, o grupo de desenvolvemento rural que engloba aos concellos da rexión de Monterrei. O seu presidente, José Luis Suárez Martínez, explica que “nun ano no que debido ao Covid-19 non puidemos realizar actos co público, quixemos captar o espírito do empoderamento feminino. E que mellor xeito de facelo que cun mural grande cunha traballadora que representa o gran valor que teñen as mulleres

rurais ”. A elixida foi Isabel Alonso Pardo, veciña de Oimbra, que foi a primeira muller inscrita no consello regulador da denominación de orixe Monterrei. Yoseba MP é un artista galego que leva varios anos homenaxeando ás avoas galegas, ás que inmortaliza nas fachadas de edificios de ata 15 metros de altura. Mulleres loitadoras, ás que o artista retrata como as “superavoas galegas”, sempre levando un mandil, por-

Isabel Alonso foi a primeira muller inscrita no Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Papel da muller rural de Verín Sindo Martínez (La Voz de Galicia) Traducido por Andrea Rocha, 1º FPB Ser. Adm.

Empoderar á muller, previr a violencia de xénero e reivindicar a memoria cultural e colectiva do rural ourensán. Ese é o triplo obxectivo dunha iniciativa pioneira do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de municipios de Verín. O medio de conseguir esas tres finalidades é o audiovisual. O seu nome é Arraigadas na Terra. Desde fai meses unha licenciada en comunicación audiovisual,

Iris Justo Rodríguez, filma entrevistas con mulleres anciás dos concellos da comarca, como Consuelo Sánchez e Tomasa García. Trátase de avoas nacidas cara 1933 cunha longa traxectoria vital. Féminas que viviron a guerra e a posguerra. As que padeceron as dificultades do día a día nunha Galiza devastada, as que lavaban a roupa nos lavadoiros públicos, coidaban dos seus fillos e, por suposto, non paraban de traballar de sol a sol. Eran os tempos da fame, do comezo da masiva emigración dos anos 50 e 60 que marcou o futuro do ru-

ral verinense e ourensán. «Trátase de dar visibilidade a unhas mulleres que viviron nas aldeas. Queremos que elas sexan as protagonistas do relato dende unha perspectiva de xénero. Diriximos cuestións como a narración das súas vivencias, que é incríble en moitos casos», comenta a psicóloga do CIM, Lorena Álvarez. «Elas apórtannos auténticas leccións vitais que son de enorme relevancia para o sentido do documental que queremos ultimar», destaca. Nesas historias do segundo e terceiro terzo do século pasado

detállanse: «Como era o concepto e a realización da maternidade, o traballo no campo, as relacións de parella, ou incluso a violencia contra as mulleres, xa que naquela época o concepto desa violencia non era semellante ao actual. Trátase, en xeral, de lembrar e plasmar a súa forma de vida», remarca Álvarez. A iniciativa é posible grazas aos fondos do Pacto de Estado do Ministerio de Presidencia para favorecer a igualdade. Ese diñeiro, aportado neste caso a Mancomunidade, foi cedido ao CIM para esta iniciativa comunitaria. «Chegamos

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

que como di o artista de Cambre, o mandil representa a unha muller moi traballadora. É a primeira vez que o artista, Yoseba, realiza un gran mural na provincia de Ourense. Antes dos grandes murais feitos en Santiago de Compostela, Ordes, As Pontes, Muxía, Cambre, Sigüeiro ou Carballo retratara ás mulleres en obras máis pequenas, que conforman a exposición itinerante “Fenómenos do rural”. Unha homenaxe ás mulleres rurais galegas. n

ás protagonistas do documental arroupadas por outras mulleres como as que forman parte da asociación de Medeiros ou das compañeiras do CDR Portas Abertas», relata Álvarez. Está previsto que o videodocumental estea listo a finais de año. Será amosado sobre todo en Verín, Monterrei, Oímbra, Cualedro, Castrelo do Val e Vilardevós, os municipios integrados no ente mancomunado. n


2

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

NOTICIAS

Mulleres de Verín e contorna

ENTREVISTA / BREVES

Mulleres de Verín e contorna

“A carreira non ten moito que ver coa realidade que atopas cando traballas”

Raquel Queizás, Contacontos Raquel Queizás Recopilado por Alexandre M Lopes, 1º FPB Ser. Adm.

N

acín en Queirugás, unha pequena aldea preto de Verín (Ourense). Das historias que escoitei aos meus avós xorde a miña paixón pola narración oral, a linguaxe, a lectura e o teatro. Naquel momento, sabía a hora exacta polo sol, xogaba con bonecas de mazorcas de millo e hipnotizaba ás galiñas. A pesar da miña timidez, no patio do colexio reproduciría para os meus compañeiros aquelas historias escoitadas ao amor do lume.

Antón Fernández, 1º Bacharelato

Muller casada e con dous fillos, con está descrición podería identificarse medio mundo. Pero se ampliamos a descrición e dicimos que leva 25 anos exercendo a profesión da carreira universitaria que estudou, xa non é tan común.

Saray Suárez Montoya o seu obxectivo é ser mestra de Infantil no futuro. /MIGUEL VILLAR (La Voz de Galicia)

A Xunta recoñeceu hai dous anos a Saray Suárez cun premio ao esforzo académico M. Cobas /X.M.R. (LaVoz de Galicia) Traducido por David Suárez, 1º FPB Ser. Adm.

A

Comecei a miña carreira na narración oral profesional ao tempo que me licenciei en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Era 1999 e a miña paixón pola literatura e a narración oral levoume a bibliotecas e escolas de toda Galicia. Seguín narrando historias en Villa-Real (Castellón) e máis tarde en Madrid, onde colaborei coa compañía Akántaros en diversos proxectos de promoción da lectura, realizando sesións de contos e talleres para fomentar a lectura. Participei na Conferencia Iberoamericana de Animación á Lectura «Entre literaturas coas costas», na Casa de América, no programa “Vallecas Todo Cultura”, na “XXI Mostra do Libro Infantil de Madrid”, no sesións de relatos no parque do Retiro «Para domar ás bestas», nos teatros Lagrada e Artépolis con diversos espectáculos de historias de creación propia. Despois viaxei cara ao sur, onde contei en moitas bibliotecas para o Centro andaluz das Letras. Tamén realicei varias actividades de promoción da lectura na Fundación Leer León.n

3

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

Saray Suárez Montoya non lle parece que o seu caso debera converterse nalgo destacable. «Non debería ser así, o lóxico sería que se dese unha normalización na educación e non que fose noticia que unha muller xitana consiga aprobar a ESO e pase a Bacharelato», apunta. No instituto cursan os seus estudios escolares alumnos xitanos, que soen fracasar na ESO. Sen embargo, Saray foi a

primeira muller xitana en chegar a Bacharelato e rematalo. A estudante recoñecida pola Consellería de Educación ten claro que o seu futuro pasa polo camiño da formación: «O máis importante na vida, a base de todo, é a educación. Se non tes unha boa base, non podes logo desenvolverte e conseguir cousas no futuro». Isto foi o que lle dixo no seu momento un profesor, e ela repíteo coma o seu mantra particular. É consciente de que o seu caso non é habitual e a súa meta está perfectamente perfilada. «Quero facer Maxisterio por Infantil. Os nenos sempre se

me deron moi ben e dedicarme a dar clases é o que me gustaría de cara ao futuro», precisa Saray Suárez Montoya. Os pais de Saray, que ten catro irmás, apóiana para que siga os seus estudos e ela recoñece que non é un caso habitual, mentres reitera que si debería selo. «Os xitanos, di, pensan que estudar non é para eles...Os nenos é algo que non contemplan e estudamos máis as xitanas. A miña experiencia demostra que se queres podes e que somos capaces». Nunca se sentiu discriminada e confesa que “rompeu

relación cas Matemáticas por incompatibilidade de caracteres”; o seu son as Humanidades e precisamente cursou dita rama do Bacharelato no IES Xesús Taboada Chivite. «A educación ten que estar normalizada, sexas da etnia xitana ou non xitana, e que non sexa algo fóra do común que unha xitana aprobe a ESO e o Bacharelato». n

Que me podes contar sobre a túa infancia? Nacín en Alemaña. Son filla de emigrantes que volveron para Vilardevós, a súa terra, nos anos oitenta. Estudei no colexio público de Vilardevós onde eramos máis de setecentos rapaces; hoxe non quedan nin trinta. Recordo que estaba case todo o tempo

Andrea Carbajal, Ana Carolina Oliveira, 1º FPB Ser. Adm.

Modesta Vivián Naceu en 1894 e morreu en 1971. Era de Vilardevós, foi coñecida como a curandeira do goxo, porque curaba o veleno das cobras,píntegas, toupas e sapos poñendo nas picaduras unha pedra herdada da súa familia que procedía de Cuba. No pobo cóntase que nunha ocasión, un incrédulo acudiu a ela e dixo que xamais crera no seu traballo de non ser porque o viu cos seus propios ollos. Mais Modesta tamén deixou o seu legado ensinando ás mulleres do pobo a tecer en teares.n

na rúa xogando coas amigas da miña aldea. Que estudaches e por que? Non sabía que estudar despois do bacharelato. Meus pais querían que fixera Enfermería pero a min non me gustaba, entón subín á biblioteca do instituto e collín un libro sobre carreiras universitarias con saídas laborais, daquela non había nin ordenadores nin Internet. Cando lin a descrición do que era Traballo Social non tiven dúbidas. Quería coñecer xente e axudala. Cando viron meus pais que tiña claro o que quería facer respectaron a miña decisión.

Ten que ver o que estudaches co traballo que desenvolves? A carreira non ten moito que ver coa realidade que atopas cando traballas, é unha base pero hai que estar constantemente reciclándose a nivel formativo. Tes que aprender continuamente pero a maior aprendizaxe é coa xente coa que intervés: familias, minorías étnicas, inmigrantes, persoas con diversidade funcional, mulleres, maiores, persoas dependentes, toxicómanos, etc., que teñen vidas e historias de superación fascinantes. Sénteste valorada no teu traballo? É un traballo moi feminizado,

de preocupación e atención social polo que nunca foi valorado o suficiente a nivel de remuneración. Co paso dos anos profesionalizouse moito máis con normativas e plans da Administración que recoñeceron o Traballo Social como unha profesión esencial. O exemplo recente foi coa crise sanitaria. Na actualidade, si que sinto a valoración polo meu traballo. Sufriu algunha vez un caso de machismo no seu traballo? Na nosa profesión, se hai algún home, a xente entendía que este tiña que ser o xefe. En máis dunha ocasión petaban na porta e preguntaban se

Delfina Manso

Josefina García

Nada en 1895 e finada en 1949, tamén foi modista, neste caso de Castrelo do Val, e ensinou o oficio a moitas mulleres.n

Nada en 1927 e finada en 1978, era mestra en Laza e presentouse aos exames mentres estaba embarazada, cando xa tiña tres dos seus nove fillos. É recordada como unha profesora innovadora.n

Nada en 1899 e finada en 1976, era sacristana en Maside, un oficio daquela para homes, ademais de dedicarse a ensinar.n

Obdulia Pérez

Naceu en 1898 e morreu en 1969. Era de Sarreaus e exercía de comadroa. Nunca fallaba nun parto e acudía andando ou en burro sorteando toda a distancia. O mesmo Oficio desinteresado facía.n

María Josefa Blanco Nada en 1948 e finada en 2005, de Matamá (Laza), que fundou a primeira asociación de mulleres da vila, ‘O Cruceiro’.n

Naceu en 1884 e morreu en 1974. Era de Tamaguelos (Verín), Que ademais era rosconeira (vendía roscóns).n

Teresa Fernández

María González

Ana Cid, cantante mezzosoprano de Verín Maribel Outeiriño (La Región) Traducido por Ainara Mosquera, 1º FPB Ser. Adm.

P

ara contar a súa historia de mezzosoprano, Ana Cid ten que referirse á súa avoa materna Jannette, unha francesa que estudou canto nos Estados Unidos onde coñeceu ao seu marido de Verín e co que se mudou para vivir aquí. “Ela foi a causa de que se escoitase música na miña casa a todas horas e de que todos os meus irmáns, nove en total, cantasen desde nenos e tocásemos un instrumento”. Esta afección familiar á música levouna a estudar teoría musical con Doña Lolita en Verín e máis tarde, con só 14 anos, cantou no conservatorio da rúa Capitán Eloy, onde o seu pai a traía un día á semana, coa profesora. Sra. Ana Deza Bonet. A súa primeira actuación lírica foi no Liceo con ‘La Paloma’ de ‘Barberillo de Lavapies’. E así continuou ata que

aos 17 anos entrou nunha crise e deixouno. Pero a súa nai, convencida das calidades da súa filla, inscribiuna nun curso de canto no “Palacio de Metaus” de Vila Real (Portugal). Alí coñeceu á profesora e fundadora da Escola de Canto de Madrid, Lola Rodríguez Aragón, que a animou a entrar na súa escola. Máis tarde chegarían xiras por China e Europa, a súa transición de soprano a mezzo, o seu matrimonio cun barítono baixo, cursos internacionais, dous nenos e a súa entrada no coro do teatro Zarzuela onde aínda continúa. Ana cre que, ademais dunha boa voz e moito traballo, a súa gran calidade é o seu gusto e paixón por subir ao escenario, a súa afección ao escenario para actuar. “Creo que o gusto e a sensibilidade que leva cantar herdeino da miña avoa. Ademais, encántame cantar ‘. Case tanto como camiñar por Verín a onde vén con frecuencia. n

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

non había ninguén; eu dicíalles que si, que estaba eu, e entón preguntaban polo xefe cando, en realidade, non existía ningún xefe só era un compañeiro co meu mesmo posto de traballo. Recomendarías a túa carreira? Si, antes era unha diplomatura estudábase en tres anos. Cando estudei loitei porque se convertera nunha licenciatura. Eu fixen recentemente un curso ponte para ter o recoñecemento actual de Grao en Traballo Social. É unha carreira que che ensina a traballar en equipo e ten bastantes saídas laborais. n

Sara Álvarez Nada en 1906 e finada en 1999, de Santa Uxía de Lobás (Carballiño), transmitiu o seu coñecemento de ‘tecedeira’.n

Josefa Varela Nada en 1901 e finada en 1988, foi costureira en Albarellos (Monterrei). Ía casa por casa, converténdose nunha integrante máis das familias coas que compartiu tempo mentres durou o traballo. Unha das anécdotas que deixou é que permaneceu solteira, a pesar de ter pretendentes, porque, dixo que non se quería casar, xa que vía o que había en cada casa.n


4

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

ENTREVISTAS

Mulleres de Verín e contorna

Carmen Martínez

Antón Fernández, 1º Bacharelato

Recordemos a entrevista feita a Carmen Martínez polo día da muller emprendedora . Como todos sabemos, o día 8 de marzo celébrase o “Día Internacional da Muller”, no cal se conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade, a loita pola igualdade. Falamos con Carmen Martinez, traballadora e secretaria dunha empresa de transportes:

Cando eu nacín, fai 38 anos, non se esperaba que unha muller da vila, como son eu, terminase nun traballo digno. Na miña época moza amigos e coñecidos homes preguntábanme para que estudiaba, se o meu único obxectivo na vida era casar e dar a luz a uns meniños. Eu pasei de todo iso e propúxenme sacar a carreira de Secretariado, a pesar

das dificultades que tiven á hora de explicárllelo aos meus pais , que terminaron apoiándome , e grazas a eles conseguino. Ao terminar a carreira estiven buscando traballo ata que aos 28 anos a empresa na que estou a traballar agora me contratou. Nun principio tiña medo, xa que lera nalgúns xornais que as mulleres no ámbito laboral

eran maltratadas e non as trataban en condicións de igualdade en relación aos homes, xa ven con soldos máis baixos .Eu neste tema tiven moita sorte. O meu xefe Roberto non era como outros empresarios, senón que nos trataba a todos por igual, independentemente do noso sexo. Ao día de hoxe son a secretaria máis antiga desta empresa e non

R.M. é unha muller nada na Alemaña nos anos setenta, pero criada en Galicia. Nai de dúas fillas, vainos comentar diversas experiencias. Foi difícil adaptarse á vida en España despois de estar na Alemaña? Sinceramente, non me ente-

rei, tiña cinco anos. Só me acordo de que miña nai me dixo que ía ir vivir cunha muller que era miña tía. Máis adiante, cando medrei, foi mais difícil porque non sabía que fixera mal para que miña irmá vivira na Alemaña con meus pais e eu, non. Que recordas da túa etapa escolar? Estudaban máis rapaces que rapazas? Estiven en dúas escolas, “o Princesa”, onde o pasei moi mal. Era o branco fácil: non tiña pais,

“Non querían que traballasemos no campo” Alexander Djau, 1º Bacharelato

Algunha vez tiveches algún problema por ser muller para traballar? Si, antigamente os homes non querían que as mulleres traballaran na horta ou no campo porque que dicían que eran traballos moi forzosos e que as mulleres debiamos estar na casa facendo tarefas do fogar, como por exemplo a comida; pero eu, no meu caso, como era una muller libre, entón traballei no que a mi me gustaba: a horta. Que pensou a túa familia sobre iso? A miña familia nese momen-

to non sabía ben o que estaban a pensar pero, como xa dixen antes, eu era una muller libre e facía o que me gustaba. Finalmente, eu creo que se foron adaptando á miña situación, eu ía traballar do que me gustaba e o fórono aceptando. Logo diso ó meu mozo tamén lle empezou a parecer ben e empezou a levarme ó mar a pescar con el. Que sentiches o facer o que realmente a ti che gustaba? Pois a verdade é que te sentes ben contigo mesma e animas a que outras mulleres tamén cumpran o soño de traballar do que realmente lles gusta, eu iso a un mesmo faino moi feliz.n

“A cociña sempre me gustou” Alberto Capelas, 1º Bacharelato

Que estudos realizaches? Realicei unha oposición para a Administración do Estado. Sufriches algún momento de discriminación ao longo de túa vida?

teño queixa nin do meu xefe nin dos meus compañeiros. Iso si, penso que a día de hoxe xa existe unha igualdade neste ámbito, e se nalgún lugar segue a haber unha desigualdade laboral polo sexo, considero que este problema debe que ser resolto.n

Que riscos vives no teu traballo? Se falamos sobre a cociña, pois que hai veces que me queimo e fago algunha ferida, pero non moita cousa máis; e como muller atopo algún que outro comentario machista.

Que te chamou a atención da cociña? A cociña sempre me gustou. De pequena adoitaba facer receitas e sobremesas cos meus curmáns, e fai dez anos tiven esta oportunidade e non a puiden rexeitar.

Que consello lle darías a todas as mozas novas que queiran ser cociñeiras? Pois que se introduzan neste precioso mundo, que aínda que haxa máis cociñeiros ca cociñeiras, non pode ser un impedimento; temos que demostrar e gozar da igualdade neste traballo.n

Os profesores da época eran moi estritos, por calquera cousa xa che pegaban. Por outro lado, unha rapaza ca que estudiara no que agora é primeiro de bacharelato dixérame que non ía chegar a nada. E cando saquei a oposición sentinme moi ben porque sabía que lle molestara. Tamén cando estiven traballando en Madrid tiña unha xefa bastante “cabrona”. Ó principio caíame ben. Como nesa época estaban empezando a usarse os ordenadores e nas carreiras universi-

tarias, se entregabas traballos a ordenador, sumábanche puntos, ela pedíame se lle podía pasar os seus traballos. Eu facíao sen ningún problema, pero un venres tiña billetes para volver a Galicia e non os rematei. O luns seguinte estaba esperando para pedirme explicacións. Despois dese día foi un horror traballar aí, o traballo que ninguén quería dábamo a min.n

“Cada vez hai máis mulleres interesadas nas novas tecnoloxías” Antía Agustiño, 1º Bacharelato

Durante a súa etapa formativa e experiencia profesional atopou problemas relacionados coa desigualdade? Actualmente e durante a miña etapa profesional tiven a sorte de non ter problemas deste tipo. Non obstante, lembro como no instituto sentín discriminación cos compañeiros dalgúns profesores. Desde o punto de vista da túa experiencia, en que momento está o grao de coñecemento profesional das mulleres dentro do sector das novas tecnoloxías? Por desgraza, neste eido aínda hai pouco confianza nas mulleres, pero creo que as cousas van cambiando aos poucos.

Tamén é certo que cada vez hai máis mulleres interesadas no campo das novas tecnoloxías e que son grandes profesionais que destacan notablemente dentro do sector.

E en xeral, consideras que existe no mundo laboral igualdade entre os profesores e as profesoras de materias relacionadas coas novas tecnoloxías? En realidade a tendencia é que os profesores sexan predominantes sobre as profesoras. No noso sector hai actualmente unha equiparación salarial pero, ao mesmo tempo, ese gran factor ideolóxico por cuestión de sexo segue presente no campo da contratación. Que cambios se deben aplicar para acadar unha educación máis igualitaria? Creo que a base debería partir

fundamentalmente dun sistema no que se ensinara e se educara evitando facer distinción entre homes e mulleres. Deste xeito, sería máis doado para máis homes entrar en profesións erroneamente clasificadas como “de muller”, e viceversa. É o principal obstáculo que se adoita atopar e teremos que esquivalo. Que consello darías aos futuros estudantes de programación ou videoxogo? A clave é que estuden e aprendan todo o posible para converterse en grandes profesionais. É unha área en constante cambio e crecemento, polo que o máis importante é que aproveiten os coñecementos que de cada materia require. Respecto ao factor sexista, recomendaría sobre todo que ignore as críticas baseadas no seu sexo e que en ningún caso dubide de si mesma.n

“Levo dez anos ensinando”

Si, desde pequena xa o tiña na cabeza.

Que é o 8 de marzo? É o Día Internacional da Muller e concédese porque, aparte de ser un día importante, a muller reivindícase e fai manifestacións para loitar polos seus dereitos e conseguir a igualdade na sociedade.

Entón, sempre quixeches ser cociñeira?

pero sempre que viñan a por min eu non me quedaba quieta e respondía. Nesa escola había o mesmo número de rapaces e rapazas, pero os nenos mandaban moito máis. Despois estiven en Castrelo, que foi moi diferente.

Anxo Barja, 1º Bacharelato

Hoxe entrevistarei a Manuela Blanco Rivas, unha moi boa amiga da miña nai. Cando era pequena non tiña as saídas laborais coas que contamos hoxe e sempre axudou na casa aos seus pais. Hoxe téñoa aquí, ao meu lado, como profesora de matemáticas para entrevistala e coñecer así os seus retos, obxectivos e todo o que sufriu para facer realidade o soño de ser profesora. Canto tempo dedicaches a conseguir todo isto?

Todo comezou a custar moito pero co esforzo de cada día e coa axuda de meus pais acabeino conseguindo. Pensas que todo o mundo o pode conseguir? Si, e todo o que podemos conseguir para lograr que o queiras é poder e inflúe en ti mesmo e na túa dedicación. Canto tempo levas traballando? Levo dez anos ensinando a todo tipo de estudantes, dende os que queren e os que non queren estudar. Moitas veces pensas en

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

ENTREVISTAS

Mulleres de Verín e contorna

“Que sería do mundo sen as mulleres?”

“Era o branco fácil: non tiña pais” Ana Guerra, 1º Bacharelato

5

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

todo o que tiveches que pasar? Si, sempre recordo que iso fai que teña ganas de seguir ensinando para ver se algún día os meus alumnos chegan máis alá ca min. Como te describen os teus amigos? Descríbenme como unha persoa decidida e dedicada a todo o que fai, que nunca se rende, teimuda, e iso é o que máis me gusta de todo: o que pensan de min. Moitas grazas aos lectores que poderán ler este artigo. E aquí un caso de superación. Xa sabe que todo é posible. n

Candela Cid, 2º Bacharelato

Este 8 de marzo recoñécese o papel tan importante e fundamental que desempeñamos as mulleres en todos os ámbitos, destacando o laboral . Esta entrevista é o manifesto dunha muller traballadora, loitadora, e emprendedora que reivindicará os seus dereitos este luns no seu nome e no de miles de mulleres. Sabela, que che parece que se celebre o Día Internacional da muller ? A min emocióname moito e paréceme moi bonito que todas as mulleres sexan recoñecidas por un día; e que todo o mundo recorde algunha gran muller que sexa capaz de conciliar a vida laboral coa familiar e ocuparse á vez da casa, como é o meu caso, e que non é nada doado. Dis que non é fácil conciliar a túa vida como nai coa túa vida laboral, por que ? Si, no meu caso son nai solteira de dúas fillas preciosas, e tiven a sorte de que, a pesar de ser tan pequenas, non me dan apenas traballo. Pero é certo que

no día a día facelo eu todo, ás veces, complícase. Con isto non quero dicir que estar coas miñas fillas me supoña un traballo nin moito menos, de feito son as dúas a miña vía de escape e estou a desexando sempre chegar do traballo para estar con elas . E tamén os diferentes horarios, o cansazo ao final do día… pásanme factura moitas veces. E por iso creo que é tan importante este día, que se recoñeza tamén o mérito que supón isto, xa que, coma min, hai moitísimas mulleres nesta situación ou desgraciadamente, peor . A que te dedicas ? Eu traballo nunha academia que montei fai moitos anos dando clases de inglés a rapaces dende os 6 anos ata os cursos máis altos da ESO. Pero estiven catro anos traballando nunha empresa ata que decidín deixalo e dedicarme ao que realmente me gustaba . A ensinanza foi a miña vocación dende sempre e dixen, e por que non? E unha amiga e máis eu decidimos montar dende cero este proxecto, que tivemos a sorte de que saíra moi ben. Aínda que polas mañás axudo aos meus pais no negocio familiar,

como din as miñas fillas: “son a mamá máxica”, non sei de onde saco as horas do día, pero fágoo, non queda outra . Dixeches que anteriormente traballaches nunha empresa , crees que é mais difícil alcanzar un posto imporante en España que no resto do mundo civilizado? Creo que ten que haber postos de responsabilidade ocupados tanto por homes como por mulleres, en función da súa valía; hai que recoñecer os méritos independentemente do sexo . Algo moi positivo do que me din conta neses anos traballando na empresa é que a maioría de mulleres, á hora de traballar, non queren impoñer as súas ideas, son conciliadoras, e creo que isto ás futuras xeracións de mulleres beneficiaralles moito, pois estou segura que cada vez se buscarán máis este tipo de perfís nas empresas. Como era a percepción dos teus compañeiros cando vían a unha muller presentar un produto nunha reunión ou aportar as súas ideas? Na empresa de publicidade

na que traballei maioritariamente había homes que non estaban moi acostumados á presenza dunha muller na mesma zona de traballo. Ao principio é verdade que non tiñan moi en conta as miñas ideas pero conforme ía pasando o tempo, comezaron a ver a miña valía e todo foi moi ben. Tamén teño que dicir que pensei moitas veces en deixar a empresa, xa que percibía que había un ambiente estraño e que os meus compañeiros me vían como unha ameaza en vez de como unha axuda. Neste tipo de situacións daríaste conta da desigualdade que segue a haber hoxe en día no ámbito laboral. Que sentiches canto te enfrontaches a esta realidade ? Totalmente. Eu son unha persoa que está moi concienciada co movemento feminista. Non podemos permitir este tipo de comportamentos e actitudes por moi interiorizadas que estean na sociedade. Supoño que como toda muller nalgún momento da súa vida tivo que lidar con calquera tipo de comportamento inadecuado, machista ou discriminatorio,

pero non foi ata que comecei a traballar cando me dei conta de que é unha realidade aínda presente. Ligado a este tema, cal cres que é o cambio máis urxente, Sabela ? É difícil escoller, xa que creo que hai moitas cousas por cambiar . Como nai, penso que é fundamental educar en valores de igualdade. Aínda que nós podemos loitar por cambiar o noso entorno (familia, amigos…), non serve de nada se non hai un cambio estrutural e iso so conséguese mediante as leis . Ademais disto, vexo moi importante o tema de facilitar a conciliación e a igualdade de condicións e oportunidades no ámbito laboral, como comentei ao comezo da entrevista . Que consello lle darías ás mulleres que se van a introducir no mundo laboral? O consello que lles daría sería que confíen nelas e na súa valía, que con moito esforzo e dedicación pódese conseguir todo . Que loiten polo que lles faga felices, e que non se deixen pisar nunca por ninguén. n

Federica, xogadora promesa Jôao C. Costa, 1º Bacharelato

O mundo do fútbol está moi masculinizado. Inda que o sabe, Federica, segue querendo xogar a este deporte para facerse máis profesional. Esta chica empezou a xogar ao fútbol dende pequena e formouse en varias canteiras de equipos profesionais. Agora mesmo está xogando en segunda división nun equipo bastante bo con esperanza de ascender este

ano. Na entrevista que lle fixemos preguntámoslle numerosas cousas, pero neste artigo do periódico quixemos centrarnos nunhas preguntas sobre o 8M. O primeiro que quixemos saber foi a súa opinión sobre este movemento das mulleres e esta foi a súa resposta: “ O 8M é un movemento das mulleres para reivindicar os seus dereitos como mulleres traballadoras, para min este movemento é un avance moi grande na sociedade e paréceme

moi ben”. A segunda pregunta foi se participara nalgunha manifestación relacionada con este movemento do 8 de marzo e a resposta foi: “Non participei directamente, porque na situación sanitaria na que estamos non me parecía ben, pero saín un anaco á ventá e puxen un cartel do 8M para apoiar”. E na última pregunta que quixemos saber que faría para cambiar esta situación de desigualdade salarial no fútbol pro-

“O campo paréceme un entorno tranquilo” Gabriel González, 1º Bacharelato

Boas tardes, Carmen. Grazas por dedicarme o seu tempo para facer esta entrevista. De onde é, en que ano naceu e que fai no día a día? Bos días. Chámome Carmen. Nacín no hospital de Verín no ano 1969. Principalmente dedícome ao traballo no campo e a agricultura. Ten algún tipo de estudos? Si, pero soamente teño estudos primarios. Isto estudeino no colexio do concello de Vilardevós.

Gústalle traballar no campo? Si, a verdade é que é unha das cousas que máis me apaixonan. Paréceme un entorno do máis tranquilo e relaxante. Ademais, non teño a ninguén que mande en min á hora de realizar o meu traballo, polo que son totalmente libre para traballar da maneira que queira. Cantas horas dedica a traballar no campo e na agricultura? Pois iso depende do día; hai días que ao mellor estou toda a mañá e outros que só estou un anaco. Incluso tamén nalgúns só vou un pouco pola tarde. En xeral, teño un horario moi variado.

Cales son as túas principais afeccións? Principalmente gústame moito ir pasear moi cedo, sobre as oito ou nove da mañá, ou se non despois de comer, polas tres da tarde. A parte disto, tamén me gusta moito ver a televisión. Que pensa facer no seu futuro, vai seguir así? A verdade é que nunca o pensara pero agora que o dis espero seguir traballando nisto sempre, e seguir gañando a vida desta maneira. Moitas grazas por todas as respostas e perdoe polo tempo perdido.n

fesional, posto que os xogadores gañan millonadas mentres que as mulleres non gañan case nada comparado con eles. A súa resposta foi a seguinte: “O que eu cambiaría é intentar vender o fútbol feminino da mesma forma que se vende o fútbol masculino; recordemos que neste deporte, por moi bonito que sexa, o que xera diñeiro é a publicidade e a venda de todo o que rodea o fútbol, xa sexa a ropa, o marketing... Todo. Entón o que faría sería iso, intentar vender a mesma imaxe

que ten o fútbol masculino e así ter un equilibrio e gozar deste bonito deporte”. Estas foron as palabras da xogadora, que desexa unha igualdade entre homes e mulleres. Amais destas tres preguntas tamén se falou da excelente tempada que está a facer e do seu desexo de gañar a liga.n

Laura, bombeira Óscar Cruz, 1º Bacharelato

Hoxe entrevistaremos a Laura Soto López, que nos contará a súa experiencia laboral e se a situación foi cambiando ao longo do tempo. “Teño 44 anos e dous fillos. Debido á miña experiencia na vida, creo que podo aportar algo e ser un exemplo de superación para moitas mulleres. Moita xente non cre que as mulleres podamos desenvolvernos ben nos traballos de forza, como poder ser o de policía ou bombeiro, como é o meu caso. Son bombeira desde hai case 20 anos. Ao rematar os meus estudos presenteime a unhas oposición e aprobei.

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

Cando chegou o día das probas físicas para acceder ao posto de traballo as demais persoas miraban estrañadas, xa que non era habitual ver a mulleres solicitando ese traballo. Este pensamento hoxe en día cambiou bastante, polo que estou bastante contenta no meu traballo; teño moi boa relación cos meus compañeiros e os meus xefes trátante con respecto.”n


6

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

ENTREVISTAS

Mulleres de Verín e contorna

“A vida xa non está para tantos trotes” Tatiana Barja, 1º Bacharelato

Tras entrevistar a Carmen Salgado, de 89 anos e natural de Nocedo do Val, coñecemos algo máis do que foi o seu esforzo en tempos de pobreza. Marcada de lonxe pola Guerra Civil, exemplo en primeira persoa da emigración e traballadora no contexto da España ditatorial, cóntanos un pouco do que foi a súa vida. Como foi, en xeral, a túa infancia? Nacín no 1931 e, coma os da miña quinta, tiven unha infancia dura. Comecei no colexio aos seis anos. Ás nenas levábannos á escola do barrio e aos rapaces, á da ponte. Eles tiñan mestre e nós mestra, por suposto. Ás veces iamos á casa do cura, onde tiñamos clase pola tarde. Lémbrome que había unha biblioteca. Dicían que era das máis grandes da contorna pero, cando comezou a guerra, viñeron e levárono todo. Era da Igrexa, e seica foi trasladada a Ourense por orde do bispo. Daquelas tamén era habitual que viñesen por comida. Levaban camións cargados de millo e patacas para os que estaban na fronte e os que quedaban sen ela non daban un chío.

Na escola ensinábannos o máis sinxelo: ler, escribir, sumar e restar. Cando xa nos manexabamos ben, pasabamos ao relixioso: as oracións, a historia sagrada e, os sábados, evanxeo. A cartilla tocábanos dúas veces na semana: os sacramentos, as benaventuranzas, os novísimos...abofé que o sabiamos todo! Cando deixabades a escola, que faciades logo? Aos catorce botábannos fóra. A maioría quedabamos na casa, e os que estudaron mandáronos á cidade para que continuasen. Na vila os rapaces traballaban na terra e as rapazas ocupabámonos das tarefas do fogar. Ás veces tamén axudabamos a rozar monte e recoller leña para o inverno. Ás mulleres sempre nos trataban distinto pero, cando se trataba de rematar algo con présa, entón querían que axudaramos, fose a tarefa que fose. Na miña casa eramos catro rapazas e un rapaz. Naturalmente, meu irmán foi o único ao que lle chegou a carta do servizo militar, e foi destinado a África. Porén, Pai morreu naquelas datas e tivo que quedar na casa para axudar. Foron tempos duros...

De que maneira che afectou a emigración? Por desgraza, tiven que vivila en primeira persoa. Dez anos despois de casar xa estaba buscando un contrato para marchar traballar fóra. Aos que emigrabamos preparábannos en Ourense a viaxe cos gastos pagados e só tiñamos que cumprir traballando o tempo acordado. Máximo e mais eu marchamos a Suíza o 20 de decembro do 1968. Era a primeira vez que subía en avión. Aínda recordo a alegría de lle escoitar dicir á azafata que estabamos pasando por riba da fronteira francesa... Que diferentes semellaba todo dende alí arriba! Se me fan xurar, diría que cando estabamos a piques de aterrar fun quen de ver un pastor coas súas ovellas, nada menos. Como foi a vida alí? Chegamos a Xinebra nas vésperas do Nadal, tardando entre esperas e retrasos case dous días. Dende alí leváronnos ata o restaurante onde tiñamos o contrato e déronnos algo de comer (eu levaba sen probar bocado dende que marcharamos de España). Quedaba en Berna, e alí pasamos o noso primeiro ano de contrato. Para comunicarnos coa xente, adoitaban axudarnos os ita-

lianos, pois o seu era o idioma que máis se parecía ao noso e, a duras penas, nos iamos entendendo. Aínda que as racións de comida non eran moi grandes e non tiñamos días de descanso, fixemos grandes amizades. Lémbrome moito do que traballaba de cociñeiro, pois era o único, a parte do patrón, que sabía falar español. Sempre estaba estudando...estudaba incluso mentres traballaba: cociñaba e lía, todo á vez! Cando rematamos o ano de contrato, marchamos a Zurich, e alí estivemos os últimos catro anos. Ao comezo non cobrabamos moito, pero se estaban contentos poñíanche bos informes e, pouco a pouco, as condicións foron mellorando. No segundo establecemento tiñamos dous días libres cada semana, e eu aproveitaba para ir traballar a unha casa privada onde podían pagarme a parte. Limpaba, lavaba e colocaba a roupa, cociñaba e controlaba aos fillos da parella. Nunca aceptamos coller vacacións para volver uns días, e cando decidimos volver foi para quedar. Que sucedeu tras a volta á vila? Volvemos en febreiro do 1973, tras estar fóra cinco anos.

Cando chegamos miña nai xa comezaba a precisar máis axuda, a miña filla era toda unha moza e o resto, simplemente deixaran pasar o tempo. O único que non cambiara fora a forma de vivir. Utilizamos o diñeiro aforrado en Suíza para comezar a facer a nosa casa, e cando esta rematou de prepararse, tivémonos que adaptar ao ritmo de vida que levabamos antes. Para min foi todo un cambio. Despois de ver a realidade do mundo, descubrir novos lugares e persoas, foi coma unha xerra de auga fría. A partir de entón o meu traballo foi sempre na terra. Pasaba xornadas traballando en distintas leiras, cultivando e coidando da horta ou vixiando ao rabaño, pois aquilo era do que viviamos. Traballei de sol a sol practicamente ata o día de hoxe. Pouco a pouco o corpo pediume ir parando e, aos meus 89 anos, doume conta de que a vida xa non está para tantos trotes. Ao longo dela haberá sempre que esforzarse por conseguir aquilo que se queira, pero paga a pena se ao final alcanzas eses pequenos obxectivos e, ademais, a xente é quen de recoñecer o teu labor.n

“Tiven que intervir nalgúns casos de violación” Miriam Dameá, 1º Bacharelato

Hoxe entrevistamos a Laura, unha muller que loitou moito. Cando soubeches que querías dedicarte a iso? Sóubeno cando tiña 16 anos, souben que quería axudar a xente a que se sentise máis segura. Cres que está ben visto que as mulleres sexan policías? Antigamente non, pero agora hai máis mulleres ca min que exercen esta profesión.

Cres que cobrades moito menos que os homes por exercer a mesma profesión? É verdade que cobramos moito menos por facer o mesmo traballo. Que opinas respecto diso? Na miña opinión deberiamos cobrar o mesmo, que non haxa unha desigualdade de soldo. Custouche chegar ata aquí? A verdade é que si. Meu pai dicía que unha muller non podía ser policía, porque eramos máis débiles cós homes. Pero eu nun-

“Facía longas viaxes no camión” Rodrigo Gago, 1º Bacharelato

Bos días, voulle facer unhas preguntas. Está de acordo en participar nunha entrevista? Bos días. Si, estou de acordo. Podo facelo, xa que participei en varios xornais. E iso a que se debe? Eu fun a primeira muller en Ourense que conduciu un camión. Cando foi iso? Cando tiña 22 anos tiven a oportunidade de poder conducir un camión que comprara me pai para traballar nos transportes. Eu quería saber como era iso, entón montei e comecei a conducir. Aquilo gustoume moito e decidín dedicarme ao transporte axudando ao meu pai, e así foi.

Un ano despois xa tiña toda a formación necesaria para poder conducir adecuadamente aquel camión. Que transportaba no camión? Eu facía longas viaxes no camión transportando todo tipo de alimentos. Cal era a reacción da xente ao vela naquel vehículo tan grande? A xente sempre quedaba abraiada mais non lle daba importancia ningunha. Doulle as grazas por contarme todo isto e axudarme con esta tarefa. Nada, eu a ti.n

ca me rendín e agora estou aquí.

Que lle dirías ás mozas de agora en dia se quixeran exercer dita profesión? Diríalles que seguisen os seus soños e que todo, con esforzo e empeño, se consegue. Que outra profesión exercerías? Pois, en principio, profesora pero volvinme atrás. E que che fixo cambiar de opinión? Ver que se me daba ben axudar aos demais.

Que foi o que máis che custou para conseguir a túa praza? Pois foron as probas físicas que tes que pasar.

Quen foi o teu apoio en todo este percorrido? Foi o meu marido, o cal é albanel agora. Quen sempre foi o teu exemplo a seguir? Pois foi Frida Calo mais miña nai, o meu apoio. Tiveches que intervir nalgún caso de violación? En todo o que levo de profe-

sión, si, unhas veces.

Se non é moito preguntar, que idade tes? Pois teño 56 anos dos cales levo exercidos 32 anos de servizo. Ti cres que a situación da muller mudará? Eu creo que a igualdade acabarase conseguindo. Ben, moitas grazas por permitirme esta incrible entrevista. Grazas por todo.n

“Todos deberiamos ser feministas” Paula Fidalgo, 1º Bacharelato

Nesta ocasión decidín entrevistar a miña nai, María, unha muller traballadora e moi importante na miña vida. Cantos anos levas traballando? 21 anos, dos cales levo nove na mesma empresa. Algunha vez tiveches dificultade para que te contratasen por ser muller? No meu caso, non; aínda que sei que sucede a diario. No teu traballo cobrades igual homes e mulleres? Si, o único que, segundo a sección na que traballes, podes cobrar máis ou menos. Gústache o teu traballo?

Si, aínda que me gustaría ter traballado de mestra. Cal foi a túa peor experiencia traballando? Non sabería dicir en si mesma...Pero ao traballar cara o público tes que aguantar a moita xente maleducada, e obviamente non podes dicirlles nada. Cambiou moito a túa vida co coronavirus? Si, como a de todos, aínda que seguín traballando en todo momento e a ninguén próximo a min lle pasou nada. Estás contenta ca túa vida actualmente? Si, aínda que a COVID-19 non sexa fácil, agora mesmo son feliz. Cales son as túas afeccións favoritas? Principalmente estar coa fa-

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

milia e asistir a clases de baile, zumba...Non teño máis afeccións. Xa que estamos cerca do día da muller, considéraste feminista? Si, creo que todos deberiamos selo, xa que o feminismo busca a igualdade entre todos; deberiamos de loitar todos os días por iso e non só o día oito de marzo. Cal é ese soño que non puideches realizar? Dende cativa me chamou a atención ser mestra pero o vivir lonxe do colexio e a situación económica non axudaban.n

7

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

ENTREVISTAS

Mulleres de Verín e contorna

“É unha pena moi grande ter que marchar ao estranxeiro para traballar” Cristina Rivero, 1º Bacharelato

Estrella Martínez Castro nace o 18 de agosto de 1963 en Medeiros, unha vila de Ourense. É a menor dunha familia humilde de catro membros do rural. Estuda a primaria no colexio de Medeiros, comezando aos 6 anos e rematando aos 15. Dende pequena sempre tivo que combinar os seus estudos co traballo do monte axudando a súa familia, co rol de ser una nena. Non puido seguir cursando os seus estudos. Marcha a Suíza con 22 anos onde desempeña o oficio de Au pair durante uns meses. Volta a súa vila onde casa aos

26 anos. Xuntos deciden emigrar de novo a Suíza onde, nesta ocasión, traballan na hostalaría. De volta a Galicia deciden formar a súa familia e anos máis tarde ten dúas fillas, a maior aos 38 anos e a máis pequena aos 40. Dende entón non volve ter un traballo fixo, polo tanto, dedicase a as tarefas do fogar, do monte e en algúns traballos puntuais. Actualmente forma parte dun grupo de mulleres do rural chamado Asociación San Salvador, onde se lles intenta dar visibilidade as mulleres que viven no entorno do rural. Xa sexa facendo excursións, actividades, cursos... Por que decidiches ir traballar a Suíza?

Tiven que marchar porque aquí non había de que traballar. Só había traballo na terra e era máis ben pouco. As colleitas non eran moi boas e o xabaril sempre as empeoraba. Había o xusto e necesario para comer. Así que decidín ir a Suíza uns meses e logo volvín. O meu marido dedicouse a diferentes oficios e eu dediqueime a coidar as miñas fillas, a horta, as galiñas, o porco… Dedicácheste ao traballo de casa pero, se puideses volver atrás e ter a oportunidade de desempeñarte nun oficio, cal sería? Gustaríame ser perruqueira. Nunca cursei ningúns estudios relacionados con iso pero sem-

Acoso e intimidación Xavier Estévez, 2º Bacharelato

Hoxe teremos o testemuño dunha rapaza de 17 anos que, por desgraza, coma moitas outras mulleres, sufriu episodios de acoso e de intimidación. De forma especial recorda na época pre-pandemia a volta dunha longa noite de festa. Relata a situación con medo no corpo, coa inseguridade de non saber se o home que ía detrás dela ía facerlle dano; se esa última mensaxe que enviou pedindo axuda, terá destinatario ou será en van... Que será necesario facer para

cambiar esta situación? Chega só con establecer normas e leis de protección ás mulleres ou é preciso un cambio na sociedade? Este debe ser un cambio gradual, as novas xeracións teñen que criarse e convivir en completa igualdade de condición e, sobre todo, en equidade. Co novo cambio xeracional os nenos do futuro están crecendo cun sentimento de liberdade e progreso do que moitos dos nosos avós non gozaron. E coa chegada da globalización descóbrense moito antes os casos de abusos, como o que cometeu hai uns días un policía retirado ao atacar a unha moza que ía soa pola rúa de noite, e que rematou coa morte da rapaza. Tras isto miles de persoas

mobilizáronse e manifestáronse buscando xustiza para esa muller que podería ser a miña irmá, a túa moza, ou a súa nai. É moi importante educar e coñecer os riscos, saber que facer e, inda máis importante, sentirte protexida; non ter que depender de nada nin de ninguén para saír á rúa. Se non te sentes segura nas túas rúas, onde debes estalo? n

pre tiven boa man para o pelo. En min, nas miñas fillas… A verdade é que en contadas ocasións fomos a un salón de peiteado. A que dedicas o teu tempo actualmente polo día? Pola maña estou na casa facendo sempre algo, especialmente o xantar ou limpando un pouco. Algunhas veces vou ao monte se é necesario regar. Pola tarde vou darlles de comer ás galiñas e dar un paseo. Que opinas sobre o tema de ter que marchar fóra para atopar traballo? É unha pena, é unha pena moi grande porque se houbese traballo aquí nas vilas, xa non queda-

Rida Mekaoui, 1º Bacharelato

Unha alumna menor de idade que estuda no IES García Barbón de Verín afirma que hai homes e mulleres que menosprezan a unha parte de poboación polo feito de ser muller. A pesar das dificultades que lle impuxo a sociedade e os comentarios fóra de lugar, algún de moi mal gusto, ela sostén que todos os que estean pasando polo mesmo, deberían facer como ela e non deixarse afectar por eses comentarios, sexan de homes ou de mulleres. Débese seguir loitando polo que

Como te chamas? En que ano naciches? Onde? Chámome Xulia. Nacín no ano 1980 en Ourense, onde vivo actualmente. Cales son as túas cualificacións académicas? Estudei primaria e secundaria en Ourense; posteriormente, fun facer bacharelato a Santiago por cuestións de traballo de meus pais, onde alí tamén realicei a miña carreira de policía. Pódesme comentar cales son as especialidades que ofrece a policía? Criminalística, Administración, Intelixencia, Investigación criminal. Había máis pero no andar na que estaba eu situada só se ofrecían esas.

Como foi a túa experiencia na academia de policías? Ao principio choraba moito. Entrei con 16 anos e era case a única muller. Sentíame discriminada, de feito os tres primeiros meses só ía da academia á habitación e ao revés, nin sequera comía no comedor cos demais! Ata que un día me decatei de que non podía seguir así, que escollera ese traballo porque me gustaba e quería gozalo; entón decidín erguer a cabeza e empezar a socializar cos meus compañeiros e a vida cambioume moito grazas a iso. Actualmente, como é a túa vida persoal?

se quere; de feito, ela conseguiu incorporarse e conseguir todas as súas metas ata o momento de agora. O seu soño é poder obter un traballo digno e ben remunerado para sentirse ben con ela mesma. A frase que caracteriza a esta rapaza é “ás veces as cousas poden complicarse ao ser muller e algunhas persoas poden estar na túa contra co obxectivo de que non sexas mellor que eles ou que consigas o teu soño. Pero non se lle pode facer caso a esas persoas que limitan a unha muller”.n

“Compañeiras eran discriminadas”

“Non comía nin co resto dos compañeiros” En que especialidade te atopas? Nas especialidades de policías para oficiais: orde público e seguridade.

Tivo repercusión a pandemia no teu día a día? Indirectamente, pero si. Co grupo de Mulleres Rurais faciamos excursións, ximnasia… Coa Cruz Vermella tiñamos talleres, cursos… E o que doe máis é o non poder ir os martes e xoves a tomar café e xogar todas xuntas as cartas.n

Alumna IES García Barbón

Marcos Danta, 1º Bacharelato

María Álvarez, 1º Bacharelato

ría tan pouca xente. O traballo do campo é duro, é un traballo que precisa de todas as horas posibles, case sen descanso. Iso tampouco pode ser, a vida para algo está, para gozar e traballar.

Grazas á academia á que fun estudar, coñecín ao que hoxe en día é o meu marido. Temos unha filla chamada Uxía. E traballamos os dous, eu de policía e o meu marido de administrativo. O traballo policial pode afectar á túa vida persoal? Cada traballo pode afectar á vida persoal dunha maneira ou de outra, e o traballo policial é o mesmo. A miúdo, os axente de policías traballamos moitas horas en horarios inusuais, por exemplo, quendas nocturnas. Tamén se require traballar en festivos. Algúns días témolos que perder, por exemplo os aniversarios dos nosos fillos, debido a unha quenda laboral. A pesar de todos estes inconvenientes o lado bo é que exercín o traballo que sempre me gustou; do salario non me podo queixar; e teño vacacións coma todos os funcionarios.n

E.R.P. é unha muller que naceu en Verín, vila onde actualmente reside. Fai dous anos traballaba en Barcelona nun laboratorio químico. Hoxe farémoslle unhas preguntas. Cóntanos un pouco sobre a túa vida. Pois fixen toda a primaria no colexio de Castrelo do Val e comecei a traballar nun bar aos 17 anos. Xa que non tiña moitas opcións para seguir estudando, aos 21 anos comecei una relación coa que hoxe é a miña parella actual e decidimos ir vivir a Barcelona, onde estudiei química. Como foi a túa época de estudos? Pois na miña época de estudos non sufrín ningún tipo de machismo, foi una época bastante boa. Atopácheste con algunha dificultade despois de acabar os estudos ou nos teus traballos posteriores? Pois cando comecei a traballar en Verín no bar só querían mulleres como camareiras, pero

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

ninguén me discriminou a min por iso e despois en Barcelona, non, pero si que coñecín compañeiras que eran discriminadas dentro dos seus traballos anteriores polo mero feito de seren mulleres. Sénteste cómoda no teu actual emprego? Pois si, por sorte actualmente non está mal visto que una muller traballe nun laboratorio e non tiven ningún problema á hora de facer amizades cos meus compañeiros de traballo. Nalgún momento sufriches machismo tanto no traballo como fóra? Por sorte a min nunca me tocou vivir ningún tipo de machismo. No teu fogar as responsabilidades compártense? Si, maiormente sempre dividimos as tarefas da casa, e cada un fai a súa parte. Como te sentes tras volver a Verín? Moi cómoda, a verdade. Síntome mellor nun lugar como Verín que nas cidades.n


8

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

ENTREVISTAS

Mulleres de Verín e contorna

“Na miña carreira a maioría eramos mulleres” Laura Fernández, 2º Bacharelato

O día 8 de marzo é un día importante para facer mención a todas esas mulleres que loitaron, e loitan, pola igualdade en todos os ámbitos da vida. Así que o hoxe vou aproveitar para facer unha entrevista a un exemplo de muller traballadora que teño presente na miña vida: a miña nai. Natalia Blanco Álvarez, con 43 anos, é educadora social e traballa na Cruz Vermella dende fai vinte e un anos, case a metade da súa vida. Debido ó seu traballo axudou a moitas outras

mulleres a conciliar a súa vida familiar a cambio de desconciliar a súa vida propia. En que consiste o teu traballo? En desenvolver proxectos sociais, no meu caso, no ámbito rural para favorecer a calidade de vida de persoas e familias en situación de vulnerabilidade. Grazas ó meu traballo colaboro con outras profesionais deste sector na atención de diferentes colectivos: infancia, muller, discapacidade, persoas maiores, etc. . Destacar que a maior parte das persoas usuarias destes proxectos sociais son mulleres.

Sendo muller atopácheste con dificultades á hora de chegar ao teu posto de traballo? Como a miña carreira era do ámbito social, a maioría eramos mulleres e seguimos séndoo, polo que para optar ó meu posto de traballo tiven que competir con outras mulleres. O teu traballo favorece a conciliación da vida familiar e laboral? Neste sentido, no meu traballo teño certa flexibilidade e dende o 2020, coa chegada da COVID-19, implantáronse novas modalidades de traballo: xornada intensiva, teletraballo,

bolsa de horas, etc., que permite compaxinar a vida laboral cas responsabilidades familiares máis facilmente. Antes da COVID-19 como facías? Tiven que delegar o coidado dos meus fillos noutras mulleres, neste caso as avoas . Sen a súa axuda non tería máis opción que escoller ou continuar coa miña vida familiar ou co meu traballo. Que che parece que se celebre un Día Internacional da Muller? Mentres a igualdade non sexa real é unha data que hai que celebrar para recordar os logros obtidos e motivar a poboación a

seguir adiante nesta loita. Aínda que a igualdade ten que estar presente todos os días, non só nun día específico. Como colaboras ti nesta causa? A nivel persoal, con pequenas accións cotiás: inculcando nos meus fillos/as a importancia de valorarse, respectar e tratarse sempre por igual. A nivel profesional realizamos accións de sensibilización en diferentes ámbitos: escola, asociacións, actividades nas rúas... . E apoiando a outras mulleres a mellorar as súas condicións de vida e fomentar a súa participación social.n

“Sentinme menosprezada ao practicar artes marciais” Uxía Vilaboa, 1º Bacharelato

Bos días. Neste pequeno apartado atopamos a declaración dunha das miles de mulleres que viven nesta vila pero, sen temor a equivocarnos, podemos afirmar que ela non é a única que se sinte deste xeito. Expuxen unha serie de preguntas, moi sinxelas, que ela respondeu con sinceridade e con comodidade. Ditas cuestións están orientadas cara aos pensamentos que xorden nunha muller, no seu día a día, polo feito de ser muller e tamén para entender diferentes puntos de vista. Estas son:

Mamá Santiago Pérez, 1º Bacharelato

A miña nai naceu o 9 de xaneiro de 1971, pero por un descoido do meu avó, xa que el apuntou que naceu o día 19, ten dous aniversarios, e como tamén ten dos nomes, ten dous santos; ademais, como me tivo a min e á miña irmá á vez, sempre nos metemos con ela con que lle gusta ir de dous en dous. A miña nai nunca tivo unha vida fácil. Un exemplo de iso é que con só oito anos disparáronlle cunha escopeta, e aínda hoxe en día segue tendo os perdigóns nas pernas, e iso só é unha das moitas cousas que tivo que superar. Por iso defendo que a miña nai é a mellor do mundo, porque a pesar de todo o que pasou sempre ten un sorriso, é amable con todos, e sempre axuda a quen o necesita. Ela fai ata o imposible para facernos felices á miña irmá e a min, como por exemplo cousas tan simples como interesarse polo que nos gusta e xogar connosco. Ela é un gran exemplo para min, non só por ser a miña nai, senón tamén por ser unha persoa impresionante da que estou moi orgulloso.n

Algunha vez te sentiches menosprezada por ser muller ? Si, por exemplo, á hora de practicar un deporte ou unha arte marcial, no meu caso, clasifícante como alguén máis débil que o home. Sénteste desprotexida ao ir camiñando soa? Por suposto, por iso foi polo que empecei a practicar artes marciais, para ser capaz de defenderme por se me chega a ocorrer algo. Aínda así, todos os días cando saio á rúa sinto medo. E se é de noite, peor aínda; por iso non son capaz de escoitar música

A miña nai Gabriel González, 1º Bacharelato

A miña nai chámase Dorita. Naceu no ano 1972 en Verín. Cando era pequena, estudou primaria no colexio de Vilardevós. Máis tarde, tamén fixo sétimo e oitavo de EXB na mesma escola. Ata que cumpriu os dezaseis anos traballou no campo e axudou nas tarefas domésticas. Pero non todo era traballar, tamén quedaba cos amigos do pobo e cos seus irmáns para xogar. Cando xa tiña dezaseis anos tivo que ir traballar a Madrid para gañar diñeiro e así poder manterse economicamente. Ela traballaba nun fogar rico, pero estes non eran como calquera rico que se cría superior aos outros, senón que eran moi boas persoas. Despois duns anos regresou para Galicia. Cando xa levaba aquí un tempo, coñeceu ao meu pai e máis tarde casáronse. Despois tiveron dous fillos, a miña irmá e eu. Agora meu pai é camioneiro e miña nai fai as tarefas domésticas e coida de meus avós. Por último, dicir que estou moi orgulloso dela e todo o traballo que realizou. n

cos cascos, necesito estar alerta polo que poida pasar. Cres que só hai comentarios obscenos ou de mal gusto por parte dos homes ou tamén existen por parte da mulleres? Tanto por parte de homes como de mulleres, algunhas delas fan comentarios para nada agradables. Cres que na sociedade actual os teus soños futuros poderíanse ver afectados polo feito de ser muller? Nunca se sabe o que pode ocorrer nun futuro, teño esperanzas

de que non. Nalgúns aspectos considero que igual si pero non de maneira tan acentuada como todos estes anos atrás. Que é o que opinas, como muller, do que está a pasar coa loita polos dereitos das mulleres? Creo que está moi ben que sigamos loitando por conseguir a igualdade que tanta falta fai pero hai un límite. Non me mal interpretes, o que quero dicir é que moitas veces se leva ao extremo e creo que o que se busca é a igualdade, non a superioridade.

quixen dar a entender a importancia de que todos teñamos os mesmos dereitos e as mesmas condicións, e que tanto mulleres como homes sigamos loitando para conseguir ese equilibrio; pero tamén para saber que se debe conseguir a igualdade e non volver a un punto inicial no cal un xénero é considerado superior ao outro, xa que todos somos iguais.n

Con esta serie de preguntas

“Estivemos varios anos pola nosa conta

9

MULLERES DA CONTORNA, LUNS, 8 DE MARZO, 2021

ENTREVISTAS

Mulleres de Verín e contorna

“As mozas e mozos

Teresa Sousa Feijóo

deberían gozar da vida” Lucas Pardo, 1º Bacharelato

Nesta entrevista breve, preguntámoslles a dúas mulleres de Oímbra sobre como ven as súas vidas e que recomendarían a xuventude de hoxe. Teresa Sousa e Josefina Sánchez de 85 anos e 75 respectivamente, responden a cinco preguntas sobre como foron as súas vidas, que cambiarían e que pensan sobre os mozos e mozas de hoxe en día. Cal é a cousa que máis botades en falta das vosas infancias? T: Da miña infancia o que máis boto de menos é pasar tempo xogando cas amigas e divertíndonos. Tamén a ilusión e a diversión coas que vives cando un é pequeno. Daquela parecía todo máis fácil e sinxelo. J: Eu o que máis boto de menos é crer nos Reis Magos e no Nadal, aínda me acordo do moito que me enfadei cando me dixeron que os que traen os regalos eran os meus pais. Nunca máis me gustaron esas festas. Cal pensades que foi o mellor momento das vosas vidas? T: A ver, e que un só momento é moi difícil dicir… Eu penso que a miña mellor época foi entre os 15 e os 20 anos. Nesa época eu estaba chea de ganas de facer cousas e de esforzarme. J: Os 15 anos. Eu era unha rapaza moi presumida, moi coqueta e chea de noivos. Cal pensades que foron os maiores logros das vosas

vidas? T: O meu maior logro son as tres marabillosas fillas que criei e os meus netiños, que me son uns soles. J: Quitáchesmo da boca. As miñas fillas e a miña neta, que me é “hermosísima”. Se puidésedes cambiar algo das vosas vidas, que sería? T: Gozaría máis da vida sabendo o que sei hoxe… Eu que botei dez anos namorando co meu Manoliño e nin o collín da man ata casar... Se chega a ser hoxe, déixoo sen folgos! J: Eu tamén intentaría gozar máis da vida, pasei moito estrés por cousas que no fondo nin importaban. Se tivésedes 16 anos agora, cal sería a primeira cousa que fariades? T: Eu viaxaría, que é unha cousa que tiña que ter feito máis cando podía. J: Eu o primeiro que faría sería ir meterme co cura, que non me cae nada ben e debe ser ben divertido tirarlle das orellas. Por último, que lle diriades aos mozos e mozas de agora? T: Eu diríalles que gocen da vida mentres poidan, sempre con moderación claro, pero que o pasen ben. J: Eu insistiríalles máis na parte da moderación, que boa fala lles fai. Pero si, sobre todo que se divirtan agora que poden e teñen tempo, que cando tes 70 anos é máis difícil vivir experiencias novas.n

Lucas Pardo, 1º Bacharelato

Teresa Sousa Feijóo naceu en Oímbra no ano 1936. A súa familia era de clase baixa, os eu pai era un portugués que tiña emigrado a España e que se casara cunha galega dunha familia labrega. Ademais dos seus pais, vivía cos seus tres irmáns e a súa irmá. A súa infancia e a súa xuventude foron as normais para unha familia pobre da época. Ela e os seus irmáns sempre tiveron que traballar no campo para axudar os seus pais, polo que a súa escolaridade foi moi limitada. Como consecuencia da situación económica, a súa irmá, a maior dos cinco, tivo que emigrar a Brasil. Os catro que quedaron tiveron que axudar tamén doutras formas, por exemplo, pasando contrabando dun lado ao outro da fronteira. Fóra da situación económica, a súa vida non variaba moito da norma da sociedade da posguerra. Pasaba os días traballando e axudando na casa, dando paseos cas amigas e indo á escola. Aínda que as veces pasase fame ou frío, no verán ía as festas das parroquias próximas e no inverno celebrábase unha humilde Noiteboa. A relixión tamén era unha parte importante da súa vida, igual ca de todos os rapaces naqueles anos. Con tan só quince anos comezou a namorar cun mozo que no seu futuro sería o seu home. El

tiña vinte cinco anos e era fillo dunha familia de clase media, que para Teresa destacou pola súa forma de pensar diferente á dos demais rapaces da época. Pouco despois disto, o médico de Oímbra, amigo de seu pai, ofreceulle comezar a traballar como o seu axudante. Así, ela foi aprendendo certos coñecementos sobre medicina que aínda que hoxe se considerarían básicos, daquela eran moi destacables para unha rapaza de dezaseis anos. A miúdo viaxaba con el polas aldeas visitando as casas dos pacientes realizando vendaxes, recoñecendo que medicamentos eran máis apropiados para certos síntomas e axudándoo a realizar moito do traballo escrito do oficio. A relación entre os dous medrou e o médico cada vez a vía máis como herdeira da súa posición. De feito, anos máis tarde ata lle ofreceu venderlle a súa casa e pagarlle os estudos para poder ser a seguinte médica da aldea. A única condición que lle esixiu foi a de deixar de namorar, pois pensou que iso prexudicaría os seus estudos. Finalmente, acabou tomando a opción do amor no que hoxe considera que foi a decisión máis dura da súa vida; e tendo ela vinte cinco anos, casou con el.

Tivo tres fillas e grazas a o esforzo que levou a cabo durante toda a súa vida, conseguiu que todas elas tivesen bos estudos e nunca estivesen retidas polas necesidades económicas. Casualmente, a maior das tres traballa en Correos en Madrid, e a menor das tres fíxose enfermeira. A día de hoxe vive tranquila e feliz, acompañada das súas fillas, dous netos, dúas netas, a súa amiga e veciña Josefina e o seu can, Café.n

Anos despois comezou a axudar ao seu home no traballo de carteiro do concello, sendo a primeira muller de Oímbra en ter vehículo propio, unha motocicleta coa que repartía o correo polas aldeas.

e despois traballamos para Zara” Lucía Barbosa, 2º Bacharelato

Esta conversa é coa miña tía de 87 anos. Á idade de 30 anos creou o seu taller de costura como unha muller emprendedora, tendo en conta cal era o papel da muller naqueles anos. Ela conseguiu ter moito éxito grazas ao seu esforzo e ás súas ganas de traballar. Cóntame, a que te dedicaches? Ben, pois eu cando era moza traballei no campo e nas labores da casa ata que casei e vin vivir para A Coruña. Cando chegaches á Coruña, por que decidiches traballar na costura? Unha vez aquí...O meu marido era garda civil e eu pois estiven no cuartel algúns anos sen facer nada e coidando dos fillos. A min dábaseme ben coser e facer pantalóns ou cousas desas. Entón empecei aos poucos, cosendo cousas para xente do cuar-

tel e para xente que vivía cerca de nós, ata que empezou a crecer o negocio, e cando xa tiña algúns clientes fixos e bastante popularidade montei o taller para crecer algo máis. Contrataches xente? Si cheguei a ter 10 empregadas, e anos máis tarde a miña filla tamén se introduciu no negocio comigo e entre as dúas pois fomos modernizándonos un pouco máis. Estivemos varios anos pola nosa conta e despois traballabamos para Zara e en xeral para outras marcas famosas. E que facías exactamente coa roupa de Zara? Pois a nos mandábannos o material, os botóns, as cremalleiras, etc. e nós faciamos de todo, pero maioritariamente chegábanos a roupa por partes e nós tiñamos que coselas para terminalas. Por exemplo unha chaqueta, podía chegar xa cortada nas distintas pezas que tiña e nós só tiñamos que coselas e poñerlle os botóns ou os adornos que cumprisen.

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0

E unha vez que te xubilaches, que pasou co taller? Despois quedou a miña filla ao cargo de todo e incluso a miña nora tamén entrou a traballar con ela pero por poucos anos, xa que ó pouco tempo de eu xubilar decidiron vender o taller; a miña nora inda segue traballando agora nun taller de confeccións como o noso. E ti segues cosendo ou xa estas totalmente retirada? Home! Coser, coso pero para os meus fillos ou para as miñas netas. Se hai que meterlle a un pantalón ou cambiar calquera cousas dunha camisa sempre recorren a min pero non fago moito máis, xa vou vella para traballar e agora as mans xa non me axudan a nada.n

A miña nai, Natalia María Álvarez, 1º Bacharelato

Natalia, miña nai, naceu o 13 de setembro de 1978, nun pobo chamado Flariz na provincia de Ourense, no corazón rural galego. Foi filla de dous emigrantes galegos que a deixaron ao coidado durante un ano da súa avoa Elisa e retornaron a buscala para levala con eles. Dende ben pequeniña sempre foi moi loitadora e amou a súa terra como boa galega, pasou a súa infancia e adolescencia en Cataluña onde non era moi aceptada por ser galega. Mentres estudiaba Economía, regresou á súa aldea natal para coidar do seu avó paterno, e daquela cursou un ciclo superior de Administración e Finanzas para afianzar os seus coñecementos. Loitou sempre para que o seu pobo tivera todos os servizos dos que carecía e incluso chegou a formar parte dun partido polí-

tico para loitar polos dereitos dos traballadores e dos galegos en xeral. Traballou na banca, no Sergas, en Correos e na oficina dunha empresa de camións onde as mulleres non eran moi aceptadas, pero ela logrou ser unha máis. No 2004 casou e tivo a súa única filla, María, que foi quen de retirala por uns anos da vida laboral, xa que lle dedicou todo o tempo a educación e coidado da filla. Actualmente, é a xerente da empresa familiar da súa parella, na cal non se lle impón desenvolver tanto tarefas de oficina coma traballar a pé de obra. Continúa ca súa loita persoal de vivir no rural, falar galego e tratar de equiparar o seu traballo co dos homes que a rodean. Muller loitadora, muller traballadora , as horas do día fánselle pouco para poder atender a familia e mailo seu traballo.n

Nova biblioteca IES García Barbón

Modelo de xornal realizada por Santi Folch (maquetador-online.net). Licenza Creative Commons de Recoñecemento 3.0


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.