Miradas Cinematográficas. Colección CGAC

Page 34

do nas posibilidades que a proxección da propia imaxe concede, non só para exercer a crítica senón tamén para a propia auto-creación dun personaxe, como ten feito en Floor of Fame (1978), En la intimidad (1977) ou Voy a hacer de mí una estrella (1975).

Acción! Para finalizar este percorrido, hai que falar de aqueles artistas para os que a influencia do cinema foi tan extrema en ocasións, que os levou a poñerse detrás da cámara asumindo o rol de dirección. Este é o caso de Teresa Hubbard (Irlanda, 1965) e Alexander Birchler (Suíza, 1962), que iniciaron o seu traballo de colaboración en vídeo nos anos noventa. A súa obra ten o cinema non só como medio particular de expresión, senón tamén como referencia temática para as súas creacións. Obras como Grand Paris Texas na que o cinema Grand de París se converte en protagonista dunha película que trata, entre outras cousas, sobre o que o filme de Wim Wenders Paris-Texas supuxo para os habitantes da devandita cidade americana. O subtexto do cinema como referente cultural, está presente de modo continuo, no seu traballo. Na súa peza Eight (2001), propónsenos un xogo interior-exterior. O espazo da imaxe gravada introdúcenos nunha escena desconcertante, na que a única protagonista é unha nena que intenta levar un anaco de torta dunha festa que parece ter sido suspendida pola presenza inesperada dunha tormenta. Xogos de interior-exterior para unha escena na que a protagonista principal é unha cámara que se move dun cuarto a outro. Outro exemplo de artista que rolda a dirección é Eve Sussman (Reino Unido, 1961). Ela converteu o cinema no seu medio de expresión básico. Desenvolve o seu traballo a través da Rufus Corporation, realizando a pro-

32


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.