As novas de pepa 2015 16

Page 1


Índice 

Limiar

10º aniversario

As marabillosas viaxes da avioneta Pepa

Chegou o outono

Samaín

Magosto

Plantas aromáticas

Estreamos biblios de aula

Os dereitos dos nenos

Unha visita moi especial

Tempo de Nadal

Unha mascota na aula

Día da paz

Concerto Arcos Iris

Día de Rosalía de Castro

Entroido

San Patrick day

Vermes de seda

Chegou a primavera

Pepa e a música

“Para Elisa”

Día do libro

Romaría das Letras Galegas

Conticra

Viaxamos ao universo

A trompa e o violín

Despedidas


LIMIAR Un ano máis está con nós a Revista “As novas de Pepa”. E este é un ano importante xa que celebra, ao igual que o CRA, o seu décimo aniversario. Este foi un curso estupendo, no que tivemos tempo a traballar, pasalo ben, coñecer cousas novas… as saídas, os obradoiros, as conmemoracións e festivais, todo, xunto co día a día na aula a carón dos nosos compañeiros e compañeiras, deixáronnos momentos fabulosos que recordar. Por iso, esta revista ten como finalidade, ademáis de achegar e promover a lingua galega en toda a comunidade educativa, facer que todos eses momentos non caian no esquecemento, e tamén dar a coñecer o traballo e o esforzo levado a cabo. Grazas polas aportacións realizadas por todo o alumnado e pola colaboración prestada por todo o profesorado e por toda a comunidade educativa. Esperamos que a disfrutedes e que vos guste.


10º ANIVERSARIO Este curso o noso cole, o CRA de Culleredo, cumpliu 10 anos. E para celebralo, organizamos na Torre de Celas unha gran festa á que convidamos a todo o alumnado que pasou polas distintas escolas durante estes anos. Primeiro fixemos unha exposición fotográfica na que se recollían grandes momentos de todos estes 10 cursos.

Despois disfrutamos dunha sesión de contacontos.

E os actos remataron coa presentación dun conto elaborado por todo o alumnado o curso anterior e baseado no Guernica de Picasso.


Despois xantamos todos xuntos .

E pola tarde disfrutamos con diferentes xogos tradicionais.


AS MARABILLOSAS VIAXES DA AVIONETA PEPA O proxecto anual deste curso estivo centrado nas viaxes. Chegaron ás escolas unhas maletas cuns mapas e unha carta onde a avioneta Pepa nos contaba a súa intención de percorrer Galiza.

Regularmente recibimos nas escolas postais que ela nos enviaba desde diferentes lugares da ruta que seguiu. Así nós puidemos coñecer cousas significativas de cada unha das provincias.

A CORUÑA A coruña foi o primeiro lugar que visitou.


O que máis nos gustou da nosa cidade foi a Torre de Hércules e as lendas que hai sobre ela. E tamén a historia de María Pita que ten unha praza e unha estatua que levan o seu nome.

SANTIAGO O seguinte destino de Pepa foi Santiago de Compostela coñecido pola súa famosa Catedral.


Pero o mellor de todo foi na saída de fin de curso onde puidemos ver a Catedral, pasear pola Praza do Obradorio, ver os peregrinos,...e sobre todo que fomos ata alí en tren!

LUGO Despois de coñecer a provincia da Coruña, Pepa dirixiu a súa viaxe a Lugo.


Ao igual que na Coruña, alí teñen un monumento que tamén é Patrimonio da Humanidade: a Muralla de Lugo.

OURENSE O percorrido de Pepa por Galicia, levouna despois a Ourense.


Alí Pepa descubriu algo moi curioso, que había unha fonte que botaba auga quente e ademáis que Ourense era a terra das augas termais.

PONTEVEDRA A viaxe de Pepa por Galicia rematou na provincia de Pontevedra, onde vistou as Illas Cies.


Estas illas pertencen ao Parque Natural Illas Atlánticas, e posúe a praia máis bonita do mundo, a praia de Rodas.

VIAXAMOS POR ESPAÑA No medio de tanta viaxe por Galicia. Pepa enviounos outra carta na que nos pedía que elixiramos un lugar de España e investigaramos sobre el para contarlle cousas, e así decidir o que facer nestas vacacións do verán. E nós estivemos encantados de axudarlle.


Deste xeito en cada escola foi seleccionando un lugar de España. Na clase da profe Silvia elixiron Valencia, na clase da profe Conchi, Gran Canaria; na escola de Ledoño, León; en Vinseira, Sevilla; e na escola de Sésamo, Madrid. Repartíronse as tarefas e cada familia ocupouse de recopilar información sobre un aspecto do lugar elixido.

VALENCIA Na aula da Choeira da profe Silvia investigaron sobre Valencia. Para traballar a gastronomía de Valencia, fixeron unhas paellas no cole. Buscaron os ingredientes que tiñan que botarlle, preparáronos e saiulles moi ben! Xa son uns expertos paelleros!


GRAN CANARIA Os nenos e nenas da clase de Conchi buscaron información sobre Gran Canaria. O primeiro que fixeron foi un mapa da illa.

E este mural completárono con cactus, flora típica desta zona de España.

Ao traballar sobre Gran Canaria decidiron facer un taller de cociña cunha receita moi sinxela. Aprenderon sobre a flora da illa e unha das árbores máis coñecidas son as palmeiras. Entón decidiron facer unhas palmeiras con froitas: plátano (típica das illas Canarias), laranxa e kiwi. Tivo moito éxito asi que hai que repetilas na casa!


LEÓN Na escola de Ledoño buscaron información sobre León.

Viron que un dos pratos típicos deste lugar eran os mantecados e dicidiron buscar unha receita e facelos eles mesmos. Saíronlles deliciosos!


SEVILLA Os nenos e nenas de Vinseira decidiron viaxar ata Sevilla. Como sabían poucas cousas acerca desta cidade, coa axuda das familias, puxéronse a investigar e … aprenderon un montón!!. Primeiramente, decoraron a porta entre todos, simulando a caseta da Feira de Abril, e este foi o resultado…A que lles quedou bonita?? E tamén o recanto adicado a Sevilla… Logo, foron vendo o que cada un fixo coa axuda das familias. Traballaron a xeografía, historia, gastronomía, folclore, monumentos, etc

E para que non se lles olvidase nada do que ian vendo, elaboraron un mapa conceptual.


Con todo o que viron e aprenderon, fixeron un lapbook para que lles quedase de recordo:

Tamén nos deixaron unha foto dos traballos que fixeron.

MADRID O alumnado de Sésamo decidiu que un bo destino para Pepa sería Madrid. Puxéronse a traballar e buscaron coas súas familias información e despois expuxérona aos seus compañeiros.


Aprenderon moitas cousas sobre esta comunidade, pero unha das cousas que máis lles gustou foi o seu baile típico: o chotis. E como non podía ser menos aprenderon a bailalo.

Como lles gusta moito cociñar tamén puxeron moita atención na gastronomía. E o que lles pareceu máis apetecible foron as porras, que son como os churros que eles comen. Por iso decidiron facelos no cole . Saironlles moi ben!


CHEGOU O OUTONO Coa chegada do outono os nenos e nenas da clase de Conchi da Choeira fixeron unha saída polo entorno e recolleron follas e froitos. Aproveitaron para clasificar as follas polo tamaño, forma , cor e árbore de procedencia. Ademáis trouxeron máis froitos da casa e diferenciáronos en carnosos e secos. Tamén fixeron roupa de outono e puxerona nun mural . Quedoulles chulísimo y aprenderon moito sobre o outono!!!

O SAMAÍN A CABAZA VAMPIRO Na escola de Sésamo decoraron unha cabaza xigante que lles regalou unha avoa. Pintárona como se fose un vampiro e decoraron a entrada da escola con ela. Quedoulles de medo!


MORCEGOS Na escola da Choeira, na clase de Conchi, decoraron a clase cuns morcegos que fixeron con rolos de papel hixiénico e despois leváronos para casa. Daban moito medo!!

DEDOS DE BRUXA Na escola de Sésamo fixeron para celebrar o Samaín unha merenda monstruosa. Fixeron dedos de bruxa para merendar. Estaban de medoooo!!!


O MAGOSTO O mĂŠrcores 11 de novembro celebramos na Torre de Celas a festa do Magosto. Como xa ĂŠ habitual, primeiro disfrutamos duns xogos moi divertidos.


Rematamos a festa coa degustación dunhas deliciosas castañas asadas!

PLANTAS AROMÁTICAS A profe Pili de Ledoño trouxolles, á clase da profe Silvia, unhas plantas aromáticas para que puideran traballalas. Todos as uliron, tocaron , viron e diferenciaron olores, cores texturas…Estivo moi interesante!


BIBLIOS DE AULA NOVAS Neste curso foinos concedido o PLAMBE para o centro e esto fixo que poidesemos disfrutar dunhas novas bibliotecas de aula. Cambiou a decoración e tamén contamos con moitos máis libros que cambian trimestralmente. Escola da Choeira 2

Escola da Choeira 1

Escola da Vinseira

Escola da Ledoño

Escola da Sésamo


OS DEREITOS DOS NENOS Para celebrar o Día dos dereitos dos nenos, primeiro lémolos todos en todas as aulas e despois repartimos dous por cada unha delas. Cada escola debía representar cada un deles a través dunha foto ou dunha actividade plástica. Este foi o resultado.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL No mes de decembro foron á clase da profe Silvia a facer unha práctica unhas rapazas que están estudiando na universidade para ser profes de infantil. Contáronlles un conto, ensináronlles unha cantiga e fixeron xogos moi divertidos.


TEMPO DE NADAL Como cada ano reunímonos na escola da Choeira para celebrar o Nadal. Visitounos o carteiro real, que recolleu as nosas cartas para facerllas chegar aos Reis Magos.

Tamén disfrutamos dun CONTICRA, escoitamos unha historia moi divertida que tiña por título “El festín de Navidad”.


Despois chegou o momento das actuacións. Cada escola cantou unha panxoliña para os seus compañeiros e todos xuntos cantaron dúas panxoliñas, unha delas en inglés.

E rematamos a festa cunha merenda todos xuntos e desexándonos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo!


UNHA ÁBORE DE NADAL ESPECIAL Na escola de Sésamo para decorar a porta da aula fixeron unha árbore con CDs e DVDs que xa non funcionaban. Quedoulles moi chulo!

MERENDA DE NADAL Na escola da Choeira, na clase de Conchi fixeron unha receita moi sinxela. Colleron un molde con forma de árbore e puxérono enriba dun anaco de pan e apretaron. A continuacíón untaron unha parte con leite condensada e botáronlle enriba boliñas de cores. Tamén lle puxeron o tronco cun pauciño de pan. Estaban boísimos!!


UNHA MASCOTA NA AULA Os Reis Magos deixaron na escola da Choeira, na clase da profe Silvia, unha mascota: un hamster. Entre todos escolléronlle un nome, chamáronlle Pérez, Cóidano moi ben e cada fin de semana vai con algún deles para a casa.

DIA DA PAZ Vimos que había distintos símbolos que representan a Paz e repatímolos por escolas. Cada aula decorou e encheu o símbolo seleccionado con palabras que favorecen a Paz.


CONCERTO ARCOS IRIS Disfrutamos dun fabuloso concerto de Arcos Iris. Nel amosáronos como a música pode transmitir diferentes emocións. Encantounos!

DÍA DE ROSALÍA Para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro elaboramos unhas postais cun dos seus poemas e ilustrámolo.


O ENTROIDO Este ano celebramos o Entroido no pabillón de Almeiras. E como non podía ser doutro xeito cada escola disfrazouse de algo significativo do lugar de Esapña que estaban estudiando. Así os nenos da clase de Silvia disfrazáronse de Paelleros, os de Conchi de plátanos, os de Ledoño co traxe rexional de León, os de Vinseira de sevillanos e os de Sésamo de chulapos. Primeiro disfrutamos cuns divertidos xogos.


Despois cada aula actuou para os seus compaĂąeiros e para as familias que os foron ver.

E xa para rematar degustamos postres tĂ­picos desta festa.


SAINT PATRICK’S DAY A semana do 17 de marzo celebramos “Saint Patrick´s day”, San Patricio. Esta coñecida festividade ten gran importancia nos países de fala inglesa, sobre todo en Irlanda e Estados Unidos. Aínda que en España non ten moita transcendencia, quixemos levar esta celebración á aula co fin de familiarizar aos nosos alumnos e alumnas un pouco máis coa cultura e as tradicións dos países de fala inglesa, aproveitando ao mesmo tempo a conmemoración para transmitir novas expresións, vocabulario... relacionado coa devandita festividade. O primeiro foi situar Irlanda.

Logo aprendemos moito sobre uns trasnos chamados "leprechauns", que teñen tesouros escondidos e que se os atopas téñenche que dicir onde están, a través do conto “The night before St. Patrick’s day”.


Aquí deixámosvos algunha foto das nosas actividades e as trampas que algúns/as dos nosos pupilos/as crearon para cazar aos trasgos.

Finalmente estudamos algunha expresión e moitas palabras en inglés sobre esta festividade vendo uns vídeos sobre Irlanda, bailes e desfiles de San Patricio.

VERMES DE SEDA Na escola da Choeira, na clase da profe Silvia, teñen vermes de seda, e aprenderon moitas cousas para saber coidalos: que comen, canto medran, como é a súa transformación….gustáronlles moito.


CHEGOU A PRIMAVERA A primavera é unha das estacións que máis nos gusta. E na clase da profe Conchi decidiron decorar a porta da clase con bolboretas que fixeron utilizando rolos de papel hixiénico. Primeiro pintaron os rolos mesturando as cores da bandeira de Gran Canaria: azul e amarelo. As ás, picáronas, puxéronlles puntos de cores e botáronlle purpurina. Quedaron moi bonitas!

E na escola de Ledoño decoraron a porta cunhas flores feitas estampando as mans con pintura. Quedáronlles moi ben!


A avioneta Pepa coa axuda dunha canción ensinounos a facer unha partitura.

Primeiro debuxamos un pentagrama, 5 liñas separadas e no medio 4 espazos.

Logo compás e máis notas, e partitura lista!!!

Clave de Sol comezando


Grazas รก avioneta Pepa elaboramos a partitura co comezo dunha peza que escribiu Beethoven a unha amiga chamada Elisa. ร unha adaptaciรณn para que nรณs poidamos entender a partitura.

Despois de facer a partitura intentamos tocar este pequeno anaco no teclado. Soaba moi ben!!!


DIA DO LIBRO

Para celebrara o Día do Libro reunímonos na escola da Choeira, para visitar a Pepateca, a biblioteca do noso centro. Tivemos unha visita moi especial, veu a Dragona Ramona contarnos un conto, “A viaxe das bolboretas”.

Despois disfrutamos cunhas actividades moi divertidas.


LETRAS GALEGAS Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María E como xa é tradición conmemoramos este día celebrando unha romaría na Torre de Celas. Para comezar o día realizamos diferentes xogos tradiconais e fixemos tamén un Maio.


Cando rematamos os xogos actuamos para as familias.

Despois xantamos todos xuntos e para finalizar este dĂ­a de festa as famlias tamĂŠn particparon nos xogos.


OS CARACOIS Na escola de Ledoño na romaría cantaron unha canción dun poema de Manuel María titulado “O caracol”. E para acompañar a súa peza fixeron uns caracois con cunchas de vieira. Soaban xenial!

O ARCO DA VELLA Na escola da Choeira, na clase da profe Conchi interpretaron unha canción dun poema titulado “O arco da vella” Na clase fixeron un mural pintando cos dedos e con pincel. Quedóulles moi chuli!


CONTICRA Como cada ano continuamos co CONTICRA. Asi, disfrutamos de distintos contacontos ao longo do curso coincidindo coa conmemoración de distintos datas.

Tres fantasmitas Coincidindo coa celebración do Samaín, recibimos na visita de tres fantasmas nas escolas. Nun primeiro momento dábannos un pouco de medo, pero despois vimos que non nos querían asustar…

El festín de Navidad No festival de Nadal disfrutamos dun conto moi divertido representado por títeres. Contaba a historia duns animais que querían comer unha pava, pero finalmente fanse amigos e deciden vivir xuntos.


Sal e azucre Para conmemorar o día da paz escoitamos un conto que leva por título “Sal e azucre”, que conta a historia de dous velliños que viven xuntos pero que acaban discutindo e separándose , ainda que finalmente cando un esta en apuros o outro axúdalle.

Amelia No Día da Muller traballadora coñecemos a historia de Amelia Earhart, que foi a primeira muller que pilotou unha avioneta cruzando o océano Atlántico.


VIAXAMOS AO UNIVERSO Neste curso 2015-2016 investigamos nun Obradoiro de Astronomía. A motivación xurdiu co cartel de Fran Bueno, para a Conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares, co lema "Biblioteca Escolar, base de exploracións"; o noso alumnado filosofando, amosounos as súas grandes ideas previas ao respecto. No primeiro trimestre preguntámonos que será a Astronomía e descubrimos que no diccionario aparecen todas as palabras do mundo ordenadas e co significado. Coñecemos a Galileo e vimos no encerado dixital un vídeo da súa vida: el foi o pai da Astronomía e utilizou o telescopio. No segundo trimestre os Reis Magos agasalláronos un telescopio! Abrimos a caixa e atopámonos cun libro de instruccións, límolo e montamos as pezas por orde do telescopio. Coñecemos as súas partes e saímos fóra a ver o Universo. Esta experiencia permitiunos observar dous astros do ceo: a Lúa e o Sol, pero xa sabemos que co telescopio nunca debemos mirar ao Sol. Investigamos, sobre todo en libros, se existirían outros astros no ceo, vivenciamos co noso corpo o Sistema Solar e creamos unha maqueta para explicárllelo a todas as persoas do mundo.


No último trimestre centrámonos na Lúa. Fixámonos que no ceo non sempre ten a mesma forma e que no calendario aparece de 4 formas diferentes... Xurdiunos unha dúbida, a Lúa cambia de forma ou ten a mesma forma e a vemos diferente? Empezamos a investigar e experimentando chegamos a grandes conclusións. Fixemos lúas con galletas Oreo e para facer lúas perfectas coñecimos e aprendimos a manexar o "compás". En vídeos e libros emocionámonos moito con Laika, a primeira canciña en chegar ao espacio, coñecimos a Yuri Gararin, o primeiro home en subir ao espacio, a Neill o que primeiro chegou a Lúa e ao primeiro español en facelo: Pedro Duque. Vimos como era a vida dos astronautas, coñecimos as súas roupas especiais e como de diferente é a vida sen gravidade. Coñecimos a orixe das cousas: unha mesa de madeira procede dunha árbore, esta dunha semente, a semente dun froito, o froito dunha árbore… pero cal é a orixe do Universo? Experimentamos a teoría do Big Bang, a Gran Explosión. E para rematar o curso superamos unha serie de preguntas para conseguir o noso carnet astronauta... Sen dubidalo, foi unha experiencia de alto voltaxe!!


EMOCIÓNS Na escola da Choeira, na aula da profe Silvia, despois de ler o conto “O monstro de cores” e traballar as distintas emocións, quixeron imitalo poñendo distintas cariñas.

Na escola de Sésamo tamén traballaron as emocións e fixeron un panel para rexistralas. Gústalles moito usalo e explicar como se senten.


A TROMPA E O VIOLÍN Recibimos nas escolas a visita de Manuel, o pai de Laura da escola de Sésamo, que toca a trompa. Veu cun amigo que toca o violín, Gabriel. Explicáronnos as semellanzas e as diferencias entre estes dous instrumentos e interpretáronnos varias composicións musicais.

DESPEDIDA Neste curso despedimos a tres compoñentes do claustro. A profe Loli de inglés, que se xubilou; e a profe Conchi da escola da Choeira e a profe Pilar da escola de Vinseira que cambian de centro.

Esperamos que vos vaia moi ben nesta nova etapa. Moita sorte!



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.