Bocados para o Nadal 2013

Page 1

LIBROS SABOROSOS PARA O NADAL 2013

RECOMENDADOS CON SABOR A TURRÓN, MAZAPÁN E POLVORÓN.

CEIP A RAMALLOSA


PRELECTORES

L! A D A N O B

Tres fantasmitas. Pippa Godhart. Edelvives. Estes tres fantasmitas pásano de medo asustando a todo o mundo. Pero cando os tres pilluelos deciden espantar a algún neno, ¡lévanse unha boa sorpresa! El inesperado viaje de Mamut y Pingüíno. Antonio Vicente. Edelvives. Mamut e Pingüino son dous amigos inseparables. Viven no Polo Norte. Un día, baixo o chan que pisan, soa un trono, ¿qué será?

Non fai falta a voz. A Quintero. OQO. Outros animais teñen voz, pero non a pequena xirafa, que realmente non a precisa para comunicarse coa súa nai. Bicos, mimos e agarimos. Sopa verde. A.Madeira. OQO. Este coelliño éche mal comedor. Só quere alimentos verdes. Algúns animais tentarán convencelo de que probe outros. Os Bolechas fan unha banda. Pepe Carreiro. Libro-CD

O Grúfalo. Julia Donaldson. Patasdepeixe. Un grúfalo que busca merenda e gosta de raposo á grella, moucho ao caldeiro e revolto de serpe con pan de boroa.”

Boas noites, bufo. Pat Hutchins. Kalandraka. Abellas, corvos, estorniños, pombas... todos incordian o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades, que reúne unha boa representación da fauna do bosque, onde este sabio paxaro é o rei da noite.


PRIMEIROS LECTORES

L! A D A N O B

Chímpate,Pepa! Paula Carballeira. Triqueta verde Pepa é unha ave mariña que sempre mira cara arriba, quere voar ata o Sol, ata a Lúa, anque tod@s lle berran que dea un chimpo ao mar...E un día Pepa abre ben as ás e...

A historia dos bonobos con lentes. A.Turín. Kalandraka. Os bonobos non querían que as bonobas aprendesen, viaxasen, se modernizasen; preferían que seguisen a coidar fill@s e apañar a comida. Non parece moi xusto, non si?

Pregunta á Dra. Peteiro polos bichiños. Baía. Outra saca de correo enviado por pequenas criaturas con problemas chegou aos pés da Dra. Peteiro, con angustiadas preguntas como: Por que non podo correr máis rápido?

El galloscuro. Joles Sennell. Oxford. As galiñas non poñen ovos de Pascua pero Regalada está empeñada en conseguilo para chegar a ser unha galiña célebre. As dúas casas de Alicia. Baía: Cando o pai e a nai de Alicia se separan, preocúpase por como será ter dous lugares onde vivir, haberá que repartir os afectos?

Furia. Patxi Zubizarreta. Baía. O pai de Carlos é xinete e corre no Grand National. Súa nai está preocupada porque descubriu que Carlos só ten unha amiga, a televisión.


LECTORES AUTÓNOMOS

CEIP A RAMALLOSA, NADAL 2013

! L A AD N O B Para este nadal: Agasallos, festa, mazapán e turrón e de libros, un mogollón!!

Sementes de papel. B.Gil. Baía. Eyla e Naia viven o bosque de distintas maneiras. Os desexos de Eyla poñerán en perigo a supervivencia do mesmo. As palabras do silencio. A.Gracián. Xerais. Rememorando a lenda do Home das Vacas e a princesa Tecedora, @ s namorad@s chines@s buscan na noite de Qixi as estrelas Altair e Vega. Unha fermosa lenda.

O raposo e a mestra. Manuel Rivas. Xerais. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna Desde unha estrela distante. A. Fernández Paz. Xerais. Unha tarde, Daniela sobe ao desván para explorar o que hai nel. Ao abrir un vello baúl repleto de libros, lévase o susto máis grande da súa vida. Do interior do baúl sae un ratón, decidido a falar con ela en diferentes idiomas. Dinosauros. Roc Olive. Baía. A palabra DINOSAURO significa “lagarto terrible” e sintetiza a impresión que nos producen. Aínda que algúns foron os animais máis grandes que nunca pisaron o noso planeta, outros moitos eran pequenos e áxiles Astérix e os Pictos. R. Goscinny. Ed. Salvat. Nesta ocasión os dous galos viaxan a Caledonia, a Escocia romana.


LECTORES EXPERTOS

! L A AD N O B Para este nadal: Agasallos, festa, mazapán e turrón e de libros, un mogollón!!

Bandeiras negras. Ana Mª Galego. Baía. Coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no marineiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas máis coñecidos.

El club de los bichos raros. Jon Scielszka. Montena. Michael xa sabía que o seu primeiro día de colexio non sería fácil; o que non sabía era que aquel día comezaría a aventura máis aloucada da súa vida.

A illa de todas as illas. X.P Docampo. Xerais. Moreas de aventuras sucederon en illas aparentemente desertas. Este libro é un tributo do autor ás máis recoñecidas.

Engurras. Paco Roca. El patito editorial. Cómic. Este Premio Nacional de Cómic de 2008 conta a conmovedora loita contra a perda da memoria na vellez.

Gente rara. Ricardo Gómez. Edelvives. Na clase de Patricia todos son un pouco raros, incluída Mis Robles, a profesora. Sen embargo, os días transcorren con normalidade ata que aparece: La escoba, un novo profesor, cargado de boas intencións que se vai converter no pesadelo de todo o alumnado.

A vaca caníbal. Marilar Aleixandre. Galaxia. Un texto divertido, pero tamén no que poderedes coñecer a verdadeira vida das vacas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.