2016 17 revista escolar bufo fich n8

Page 1

“ O Bu f oF i c h ” C u r s o2 0 16 17 E d i c i ónNº 8

CRA Ma r í aZ a mb r a n o( O Ro s a l )


Dende o Equipo de Dinamización e de Normalización Lingüística do CRA María Zambrano queremos presentar a nova Revista escolar “O Bufo Fich”


CURSO 2016-2017

SUMARIO 1.- BENVIDA DO BUFO FICH 2.- GRUPOS/EQUIPOS 3.- ACTIVIDADES DAS ESCOLAS 4.- TAREFAS DOS ESPECIALISTAS 5.- FESTAS E CELEBRACIÓNS - O SAMAÍN - MAGOSTO - O NADAL - DÍA DA PAZ - ENTROIDO - DÍA DO LIBRO - LETRAS GALEGAS - FESTA FIN DE CURSO 6.- RECUNCHO DA ANPA DA NOSA ESCOLA 7.- DESPEDIDA E AGRADECEMENTOS


Queridas familias! Como ven acontecendo nestes últimos anos, aquí vos presentamos unha nova edición da nosa revista escolar, para que poidades ollala nas vosas casas e gocedes das historias que acontecen diariamente nas escolas. Ven cargadiña de traballos que fixemos ao longo de todo o curso escolar, traballos que se fixeron reais grazas ao esforzo, dedicación e implicación de toda a “COMUNIDADE EDUCATIVA” do noso C.R.A. Comunidade na que todos e todas traballamos xuntos cun único fin: o mellor para os nenos e nenas das nosas escolas.

Esperamos que vos guste e grazas por compartir este marabilloso traballo. Unha aperta moi grande! Equipo directivo C.R.A María Zambrano



Revista Escolar Bufo Fich 2016/2017

Imaxe renovada do Bufo Fich 3.0

Intercambio de postais de Nadal entre escolas.


revista escolar bufo fich 2016/2017

BIBLIOTECA ESCOLAR ANISIA MIRANDA Neste curso escolar 16/17 dende o Equipo de apoio á Biblioteca escolar do CRA María Zambrano realizamos diferentes actividades co obxectivo de favorecer unha actitude positiva cara á lectura implicando a toda a comunidade educativa:

Elaboración grupal por escolas dun libro sobre personaxes e institucións relacionadas coa paz.

Actividades a través del escaneo de códigos Q-R para coñecer a vida e obra de Carlos Casares.


revista escolar bufo fich 2016/2017

Xogo “Quen é quen?” sobre escritores Internacionais, Nacionais e Galegos.

VCVCVCV

Elaboración por escolas dun xornal: “A Voz de Zambrano” con diferentes noticias sobre o CRA.


revista escolar bufo fich 2016/2017

Contacontos Paco Nogueiras

Conto sobre Carlos Casares de Os Bolechas.

Adaptación con pictogramas do conto “O cazo de Lorenzo”

Salón do libro en Pontevedra

Kamishibai de Rosalía de Castro



REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/17

TIC’S

Este ano fixemos un concurso fotográfico sobre o deporte practicado en familia. Resulta que participaron 36 persoas cun total de 56 fotografías! Ao final houbo que escoller soamente tres gañadoras... Unha mágoa porque todas eran xeniais!! Este ano as Letras Galegas estiveron adicadas a Carlos Casares. No CRA adaptamos varios dos contos do seu libro A Galiña Azul.


ANABAM

APIPOLIS

A CORUÑA


DÍA DA PAZ

DÍA DO LIBRO

MAGOSTO

NADAL

FESTA FIN DE CURSO



NA ESCOLA DE NOVÁS DECIDIMOS FACER UNHA VIAXE A LONDRES INVITADOS POR OLIVIA. INICIAMOS O NOSO PROXECTO ELABORANDO O NOSO PROPIO BAÚL DOS VIAXES ONDE METEMOS OS LIBROS RELACIONADOS COA TEMÁTICA A TRABALLAR.

CREAMOS O NOSO PROPIO MAPAMUNDI PARA SITUAR O REINO UNIDO E OS DISTINTOS PAÍSES QUE FOI ATRAVESANDO LUPO .


OS NENOS/AS TROUXERON MOITA INFORMACIÓN DAS SÚAS CASAS

A PROFE PAULA CONTOUNOS A SÚA EXPERIENCIA NA VIAXE REALIZADA A LONDRES DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL


PARA A CELEBRACIÓN DO SAMÁIN FIXEMOS UN TALLER DE GALLETAS DE JENGIBRE COA NAI DE OLIVIA E OS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE MARZÁN.

DURANTE O ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE GARDA REAL INGLESA


PARA CONMEMORAR O DÍA DA PRENSA TRABALLAMOS UN CADRO DE MONET SOBRE O PARLAMENTO INGLÉS E EN PRIMARIA SOBRE O EUROTÚNEL

CON MOTIVO DA DÍA DA CELEBRACIÓN DA PAZ COÑECEMOS AS BANDEIRAS DO REINO UNIDO E DE ALEMANIA E FIXEMOS A NOSA BANDEIRA PARA COLOCAR NO MURAL DA PAZ. PARTICIPAMOS NA ELABORACIÓN DO LIBRO DA PAZ INVESTIGANDO EN INFANTIL SOBRE AMNISTIA INTERNACIONAL, ORGANIZACIÓN FUNDADA EN LONDRES QUE TRABALLA POLOS DEREITOS HUMANOS, E EN PRIMARIA SOBRE MÉDICOS SEN FRONTEIRAS.


ESCOLA DE TABAGÓN AO LONGO DESTE CURSO DEUNOS TEMPO A FAER DIFERENTES ACTIVIDADES E PASAMOLO MOI BEN.

TALLER DE CABAZAS SAMAIN

MAGOSTO


FESTA FIN DE ANO!!!

COS REIS MAGOS

TALLER DE PIZZA

ENTROIDO

CUMPLIMOS UN ANIÑO MÁIS!!!


Revista Escolar Bufo Fich 2016/2017

ESTE ANO DENDE A NOSA ESCOLA DECIDIMOS MOSTRARVOS OS NOSOS PROXECTOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!

PROXECTO UNIVERSO


Revista Escolar Bufo Fich 2016/2017

PROXECTO VOLTA O MUNDO

O segundo proxecto que realizamos este curso, relacionábase cós países do mundo. Investigamos e descubrimos os seus himnos, bandeiras, monumentos, idiomas , ALIMENTACIÓN… SEGUINDO O ITINERARIO DO NOSO GRAN AMIGO WILLY FOG.


Revista escolar Bufo Fich 2016/17

Visitamos una adega

Toia veu contar un conto

Fixemos adornos de Nadal coas nenenas e os nenos de Infantil

Preparamos galletas Rosabel en Tabagรณn


Revista escolar Bufo Fich 2016/17

Camiñamos polos monte. Visitamos os muíños do Picón e do Folón.

Inventamos una nova para o xornal do C.R.A.

Gloria veu contarnos un conto

Saímos a ver pedras con Ana


Revista Escolar Bufo Fich 2016/2017

Novo curso que comezaba con inquietudes, cambios, novas emocións… Velaí vos van uns exemplos de actividades que queremos compartir con todos vós. Unha aperta dende a Escola de Fornelos

Celebramos:

CONCENCIACIÓN AUTISMO

ViaxaMOS ó espazo


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017

ESCOLA DE COUSO COMEZAMOS O CURSO VENDIMANDO: RECOLLEMOS AS UVAS DA NOSA VIÑA, CLASIFICAMOS, PISAMOS, COLAMOS E PROBAMOS.


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017

Á VOLTA DO NADAL, SOFÍA MARCHOU A CHINA A CELEBRAR O ANINOVO, POLO QUE DECIDIMOS QUE SERÍA UNHA BOA IDEA INVESTIGAR SOBRE ESE PAÍS. ANO 2017: ANO DO GALO

FIXEMOS UNHA FESTA CHINESA E BAILAMOS CO DRAGÓN.

TINGUIMOS ARROZ


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017

O PAPÁ DE SOFÍA CANTOUNOS CANCIÓNS EN CHINO.

EN GRUPOS DE TRABALLO COOPERATIVO, CONSTRUÍMOS A GRAN MURALLA CHINESA.


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017

AO LONGO DESTE CURSO COMEZAMOS A TRABALLAR A LÓXICA-MATEMÁTICA CO MÉTODO ABN.

PAR E IMPAR

ENCESTAMOS

TORRES CASIÑA DOS NÚMEROS TORRES

CINQUILLO

SERIES


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017

PUZZLES

CARTAS PARA CONTAR

SERPES E ESCALEIRAS VERMES

BINGO

O NOSO MATERIAL


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/2017

PÍAS INFANTIL A TRABALLAMOS EN EQUIPO PARA COÑECER O NOSO PLANETA:


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/2017

O SOL, OS PLANETAS O UNIVERSO:

TOD@S APORTAMOS IDEAS, MATERIAS, AXUDA…


ESCOLA DE PÍAS NESTE CURSO TRABALLAMOS MOITAS COUSAS; TALLERES, CELEBREMOS OS NOSOS CUMPREANOS E DISFRUTAMOS MOITÍSIMO DOUTRAS TANTAS ACTIVIDADES.

SAMAÍN

TALLER DE PERCUSIÓN


PARABÉNS!!!!






REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/2017

UN NOVO CURSO XA REMATA. DENDE A ESCOLA DE MARZÁN QUEREMOS COMPARTIR CON TODOS VOS AS NOSAS VIVENCIAS, SOÑOS, ILUSIÓNS… NESTES NOVE MESES DE CONSTANTES AVENTURAS.



We read a lot of books.

We sing and dance.


We play a lot.

We use ICTs.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

Relixión en Infantil Marzán

Pensamos nos demais e agasallamos aos compañeiros cos nosos debuxos

Dixemos NON á Violencia E, deunos tempo traballar un pouquiño a Relixión do país do Proxecto, Inglaterra

Tabagón

Debuxamos, Coloreamos, recortamos... E fixemos as nosas pequenas obras de arte e de manualidades...

Couso

Fornelos

Axudámonos se o precisamos e, no traballo de mesa gardamos silencio para non molestar aos compañeiros Pías

Para Pascua, fixemos unha cestiña e unha tarxeta, para o día das familias, con Pilar. Tamén traballamos valores cos contos: “A ovella perdida” “A Foquiña Orgullosa”...


En Primaria Vimos curtametraxes, compartimos ideas, fixemos algún traballo de mesa... Agora tócanos descansar un pouquiño!

Moi Bo verán a todos!! Fornelos

Lemos e traballamos relatos da vida de Xesús, coñecemos un pouquiño a historia de Moisés, indagamos nos distintos apartados da Biblia, fixemos manualidades ...

Proxecto Países Traballamos pinceladas das relixións noutros países do mundo e de como foi a primeira práctica de orixe relixiosa en Galicia , cos Celtas que simbolizamos co Trisquel. RELIXIONS DO MUNDO

HINDUISMO

XUDAISMO

BUDISMO

ISLAMISMO

CRISTIANISMO


ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA CARREIRA SOLIDARIA “QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE” Os alumnos/as de educación infantil e primaria do “CRA María Zambrano” este ano fixeron como sempre unha morea de actividades físicas, xogos, deportes e tarefas repartidas entre os tres trimestres do curso pero vamos a destacar a que para nós foi das máis divertidas e solidarias que foi a carreira solidaria “quilómetros de solidariedade” que explicaremos a continuación no que consistiu.

Correndo polo patio en Couso .

Na pista de Novás.

En Pías participando os mestres tamén.

Entrega de diplomas en Tabagón.


A actividade organizada por Save the children que enviou a información e o material para realizala xunto coa colaboración do mestre de educación física, titores e pais/nais foi realizada o final do primeiro trimestre a principios de decembro.

Entrega de diplomas en Novás.

Na pista de Marzán.

Consistiu nunha carreira de 1km para infantil e de 2km para primaria por diferentes percorridos nas 6 escolas nos seus patios, pistas, aulas desde un punto de saída a outro de meta no que cada alumn@ levaba un dorsal co número que escolleu e o final de participar un diploma polo esforzo para cada un… Cada familia facía unha aportación económica voluntaria para recaudar para os nenos de Etiopía e foi todo un éxito de colaboración por parte das familias xa que recaudamos 600e!!! GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN !!!!!!!

A punto de saír en Fornelos.

Chegada a meta en Pías.


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/17

MÚSICA O xogo e a diversión son a primeira regra para aprender na infancia... Así que xoguemos coa música!!!

Cando facemos unha canción en “bandas” comunicámonos, interactuamos, creamos grupo.

Experimentar cos instrumentos é o primeiro paso para coñecelos, aprecialos e adquirir gusto por tocalos.


REVISTA ESCOLAR BUFO FITCH 2016/17

PLÁSTICA Debuxos libres, cores frías e cálidas, réplicas a escala, debuxos usando soamente formas xeométricas, montaxes recortadas e con partes que se abren, cómics inventados lupas máxicas de cor que deixan ver o debuxo agochado, buscas dun tesouro cun plano... Moitas cousas e moitas máis nas que usar a imaxinación para plasmar un mundo de cores e formas.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/2017

Departamento de orientacion Neste curso escolar 16/17 dende o Departamento de Orientación do “CRA María Zambrano” realizamos diferentes actividades para facer visible a importancia dunha verdadeira educación inclusiva para toda a comunidade educativa. A continuación algún exemplos.

Elaboración grupal do puzzle da diversidade co gallo do “Día Internacional das persoas con TEA”

“Quedadas”: espazo de comunicación sobre temática variada: Tranxesualidade, Diversidade, TEL…

“Quedadas” Espazo de intercambio VCVCVCV


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/2017

“Día Internacional do libro”: Contacontos sobre diversidade funcional.

VCVCVCV

“Guía de Biblioteca” Guía adaptada con pictogramas sobre o funcionamento da Biblioteca.

VCVCVCV

VOU Á BIBLIOTECA VOY A LA BIBLIOTECA Autor pictogramas: Sergio Palao Procedencia: ARASAAC (http://arasaac.org) Licencia: CC (BY-NC-SA) Propiedad: Gobierno de Aragon



REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

No Samaín non faltaron no CRA conxuros máxicos para espantar os nosos medos, calacús ben terrorríficos…

Tampouco…

Manualidades, unha bruxa contacontos, maquillaxe, disfraces… e obradoiros de comida mostruosa!!


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

MAGOSTO

Paracaídas, relevo e pano con castañas, cordas, castaña por detrás, tragacastañas...

Un día fantástico, con moitas actividades e xogos no que non faltaron unhas deliciosas castañas que nos prepararon os papás e mamás da Anpa. Coma sempre rematamos con unha super merendola


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

O NADAL


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

Con motivo da celebración deste día os nenos/as do Cra Maria Zambrano fomos ao auditorio a escoitar un concerto didáctico da banda de música do Rosal.

Tamén vimos varias actuacións dos nena/os da Mata e , por último, tocounos a nós subir ao escenario para cantar e bailar a canción “Amiguiños si, peleóns non”.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

Este curso a temática do Entroido foron os PAÍSES DO MUNDO.

O cole de Pías viaxou a BRASIL.

Dende Paradela navegaron ata os canais venecianos en ITALIA.

Os nenos/as de Novás e Marzán visitaron REINO UNIDO.

A escola de Couso sumerxiuse na cultura CHINA.

E dende Fornelos fixeron un percorrido por todo o UNIVERSO.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

UN DÍA ESPECIAL NA BIBLIOTECA DE TABAGÓN CON VARIOS TALLERES E MOITA DIVERSIÓN. - Diversidade: libros adaptado s para todos e todas. - Poesías musicais

- Xogos literarios: quen é quen e xogos de memoria de escritores e escritoras, cubos para crear historias…

- Minilibros

- Xogo de emparellar: cada título coa súa personaxe.

- Curtametraxe de animación á lectura - Mercadillo de libros


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17

ESTE ANO FORON ADICADAS A

CARLOS CASARES

E fixemos actividades como…

Investigar a súa biografía e facer unha videomontaxe: http://www.edu.xunta.gal/centros/cramariazambrano/ presentacion/

Gozar cos vidocontos das súas obras elaboradas polo noso alumnado

Asistir á obra de teatro de “ A galiña azul”

E ler algúns dos seus contos máis coñecidos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cramariazambrano/presentacion/


A vida é unha viaxe Ademais de escritor, profesor e intelectual comprometido co seu tempo, Carlos Casares foi un gran viaxeiro. O seu matrimonio con Kristina Berg levouno ata as rexións nórdicas de Europa, un continente que, igual ca outros, como o americano, percorrería en numerosas ocasións debido a viaxes de traballo e de lecer.

Proba a colorear de diferentes cores os cinco continentes.


Carlos Casares sentía dende neno unha gran paixón polos trens. De maior, construíu na súa casa unha das maquetas ferroviarias máis importantes de Galicia. Reproducía ao detalle un mundo que adoraba e que era sinónimo de aventuras e novos horizontes. Por certo, sabías que a primeira liña de ferrocarril que houbo en Galicia se inaugurou en 1873 e que unía a parroquia de Carril (Vilagarcía) e a de Cornes (Santiago de Compostela)?

* debuxo libre! colorea dentro ou fóra, imaxina mundos novos, crea o que che pete!


O de maquinista é un traballo moi importante: É a persoa que se encarga de guiar o tren. Entre as súas misións están a de controlar a velocidade, frear e tamén abrir e pechar as portas para que poidan subir e baixar os viaxeiros.

* debuxo libre! colorea dentro ou fóra, imaxina mundos novos, crea o que che pete!


* debuxo libre! colorea dentro ou fóra, imaxina mundos novos, crea o que che pete!

Estando tan ligado a Xinzo de Limia, Casares sabía que tamén se pode viaxar sendo outro. Para iso, está o Entroido PANTALLA: Carauta propia e exclusiva do Entroido de Xinzo de Limia, que representa un demo de expresión amable, e que consiste nunha soa peza que cobre a cara e a cabeza, prolongándose nunha especie de carapucho curvado cara a adiante, decorado con debuxos de figuras astrais ou de animais. As pantallas son de elaboración artesanal. Por extensión, é o disfrace completo que ademais desta carauta se compón dun traxe branco cunha faixa encarnada na cintura, un cinto con chocas e unha capa de seda encarnada ou negra con fitas de cores.


* debuxo libre! colorea dentro ou fóra, imaxina mundos novos, crea o que che pete!

PELIQUEIRO ou PELIQUEIRA: Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín, que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, do cal destaca a carauta que se prolonga na parte superior nunha especie de mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais e rematada na parte posterior nunha pelella de gato ou coello, que se pasea polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man.


Carlos Casares, UN PAíS DE PALABRAS Hai vidas de mulleres e de homes que laten ao compás do pulso do país, a de Carlos Casares é unha delas. Por iso, ademais da súa excelente produción literaria, na súa biografía atopamos a pegada fonda dun intelectual que decidiu comprometerse coa Galicia que lle tocou vivir. Aínda que naceu en 1941 na cidade de Ourense, con só tres anos marchou para a vila de Xinzo, onde seu pai exercía de mestre e onde vivía boa parte da familia. As vivencias na Limia, unha comarca fondamente rural, foron decisivas. As tardes de verán nas augas do río Limia, os nomes dos paxaros e das árbores formarán parte do seu atlas emocional. E tamén algo que marcará o seu futuro, o contacto constante coa lingua galega.

Actividade

Xa que falamos de paxaros, proba a atopar nesta sopa de letras oito nomes de aves que son ben comúns en Galicia:

H P M Y W K H G U C Z F N C

O Q Q W R S W O U H A W O H

I E F X C W H O Z G Y T F K

V D W P A R I E D N A V A L

S A L L A P S A P Ñ X S H V

A Q O Z Z M N D I J E V O G

F O E Ñ W O J M P A R D A L

O N S K I Z E H K P E G A M

M I B M M N A X C K E D D V

F R N J E Y R L P E P I N F

J C A R R I Z O K L O L J I

L B Y L L A V J T D C D I C

Y V R D O G V X U S Q H H V

X N M Z I C C F T E E B H Y

CARRIZO MERLO ESTORNIÑO LAVANDEIRA PEGA PASPALLÁS MIÑATO PARDAL


O principal río que pasa por Xinzo é o Limia, que lle dá nome a toda a comarca. Mais este río, que nace nos montes de Sarreaus e percorre 108 quilómetros ata chegar ao Atlántico (na cidade portuguesa de Viana do Castelo), ten unha fermosa historia de seu relacionada con Roma. Os soldados romanos pensaban que o Limia era o río do Esquecemento. Busca información ao respecto e explícanos por que tiñan esta crenza.

Carné de romanidade Busca información sobre estes importantes monumentos galegos e cóntanos se datan da época romana. Se teñen outra orixe, DINOS cal é.

1-O dolmen de Cabaleiros (Tordoia) 2- A Torre de Hércules 3-A Muralla de Lugo 4-Castelo de Monterrei 5-A Ponte de Rande


A vocación de escritor xorde axiña, cando apenas é un adolescente que cursa os seus estudos no Seminario de Ourense. Un premio literario vaille cambiar a vida, xa que lle servirá para coñecer un dos membros do xurado: Vicente Risco, un autor fundamental da literatura galega anterior á Guerra Civil. A través del comeza a frecuentar os faladoiros culturais da cidade. Na década dos sesenta chega a Santiago para cursar estudos de Filoloxía. Dende os primeiros momentos alíñase nos círculos galeguistas que se opoñen á ditadura. Alí coñece un dos intelectuais de referencia do momento: Ramón Piñeiro. Entre os dous xorde unha profunda amizade que perdurará toda a vida. En 1967 publica Vento ferido, un conxunto de relatos que sorprenden pola súa orixinalidade. Un ano máis tarde chega outra obra que tamén sentará un precedente na nosa literatura infantil: A galiña azul.


Mais non todas son boas novas. A finais dos 60, Casares é profesor dun colexio de Viana do Bolo que, nuns anos grises, se nega a mirar para outro lado. Forma parte dunha protesta para que os escolares menos privilexiados poidan acceder de balde ao comedor do centro. Isto acaba custándolle unha sanción que lle impide exercer durante algún tempo a docencia en Galicia, polo que debe marchar a Bilbao.

Son tempos cruciais tamén na vida persoal. En 1971 coñece a que será a súa muller: Kristina Berg, unha rapaza sueca que está de viaxe por Galicia. Grazas a aquela relación, abre máis os ollos a realidades diferentes á nosa. Ao longo de toda vida manterá un estreito contacto con Suecia, un país no que ve un modelo económico e político para Galicia.

E ti que sabes de Suecia? Verdadeiro ou falso V

F

-Suecia apenas é tres veces Galicia en extensión.

V

F

-Aínda que forma parte da Unión Europea, conta cunha moeda de seu.

V

F

-Suecia limita con Noruega, Islandia e Rusia.

V

F

-A capital de Suecia é Estocolmo, e a segunda cidade máis importante Oslo.

V

F

-O hoquei sobre xeo é, xunto co fútbol, o deporte máis popular en Suecia.


En 1969 publica a súa primeira novela, Cambio en tres, pero, será a segunda, Xoguetes para un tempo prohibido(1975), a que o coloque na primeira liña da nosa literatura. A súa proxección, que comeza a traspasar as nosas fronteiras, é recoñecida en 1978 co ingreso na Real Academia Galega. En 1979 e 1980 chegan outros dous títulos que obterán un grande éxito entre o público e a crítica: o libro de relatos Os escuros soños de Clío e a novela Ilustrísima. O país vive grandes cambios e Casares non quere ser alleo a eles. A ditadura remata e a transición política abre novos vieiros. Xunto a outros intelectuais demanda para Galicia un estatuto de autonomía con competencias amplas. Aquela loita lévao a entrar de cheo na política institucional. En 1981 será elixido deputado, como “galeguista independente”, dentro das listas do PSdeG-PSOE. Esa lexislatura dará acordos tan importantes e anovadores como a Lei de normalización lingüística.

ACTIVIDADE Dende 1981 ata os nosos días, a Comunidade Autónoma de Galicia tivo cinco presidentes. Saberías dicir cales son nesta lista?

Manuel Murguía

Manuel Fraga

María Wonenburger

Xerardo Fernández Albor

Manuel Colmeiro

Emilio Pérez Touriño

Santiago Casares Quiroga

María Mariño

Inés de Castro

María Luz Morales

Fernando González Laxe

Ánxeles Alvariño

Alberte Núñez Feijoo

Ramón María Aller

Maruxa Mallo


Casares deixa axiña o Parlamento pero non o activismo cultural. En 1986 toma as rendas de Galaxia, decana das editoras en lingua galega, e en 1996, a presidencia do Consello da Cultura Galega. Traballador incansable, prosegue coa docencia e coa produción literaria. Así en 1987 publica Os mortos daquel verán e en 1996, Deus sentado nun sillón azul. A todo isto hai que sumar o seu labor ensaístico e as colaboracións diarias na prensa (La Voz de Galicia). Estes últimos textos achégano ao gran público e convértense nun éxito sen moitos precedentes na prensa galega. En 2002 f inou en Vigo debido a unha repentina crise cardíaca. Pouco despois aparecería O sol do verán, a novela na que estivera traballando ata poucos días antes do seu pasamento. Con 60 anos de idade gañara por dereito propio un lugar sobranceiro na literatura galega do século XX.


REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/17



REVISTA ESCOLAR BUFO FICH 2016/2017

Un curso escolar máis, a ANPA levou a cabo distintas actividades co fin de que os mais pequenos xunto coas suas familias poidesen disfrutalas.

Obradoiros de manualidades no Samaín, no Nadal e na Pascua para que os nenos demostrasen a sua creatividade.

Colaboración xunto cos profesores na festa do magosto.

Festas para celebrar as vacacións tanto no Nadal coa visita de Papa Noel, coma en fin de curso.


Este ano no entroido entre todos organizamos un mercadillo solidario con productos locais e caseiros que foi todo un éxito!!

E como non, a esperada excursión de fin de curso ... este ano fomos o parque de Magikland.

Dende a directiva da ANPA queremos agradecer a todos a axuda prestada xa que sen vos non sería posible continuar coa nosa labor. Gracias e animádevos a formar parte tanto da ANPA como da directiva, xa que xuntos e máis sinxelo.



GRAZAS A TODOS E TODAS, FAMILIAS, MESTRES… POR TER COLABORADO PARA QUE ESTA REVISTA POIDA SER POSIBLE E, DEICA O CURSO QUE VEN !!



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.