PXA 2016

Page 1

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

CAPITULO I

C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS Ribadavia

Curso: 2016-2017

1


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

ÍNDICE

Documento 1: 1PLAN ANUAL............................................................................................................... 3 1.1CONTEXTO SOCIOECONÓMICO........................................................................3 1.2SERVIZOS PÚBLICOS SOCIOCULTURAIS........................................................4 1.2.1Servizos educativos........................................................................................... 4 1.2.2Servizos culturais...............................................................................................4 1.2.3Servizos sociais..................................................................................................5 1.2.4Servizos deportivos............................................................................................5 1.2.5Outros servizos.................................................................................................. 6 1.3SINAIS DE IDENTIDADE DO CENTRO..............................................................6 1.4FINS E OBXECTIVOS............................................................................................7 1.5LIÑAS DE TRABALLO..........................................................................................8 Documento 2: 2HORARIO XERAL.......................................................................................................9 Documento 3: 3ORGANIZACIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS................................ 11 3.1COMEDOR ESCOLAR 2015/16...........................................................................11 3.2TRANSPORTE.......................................................................................................14

2


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

Documento 1: 1 PLAN ANUAL 1.1 CONTEXTO SOCIOECONÓMICO. Ribadavia é a capital de comarca do Ribeiro, dista 29 km da capital da provincia, Ourense. Nesta vila aséntase e desenvolvese o comercio coa incorporación de todas as actividades económicas, o que lle proporciona un grado de servizos máis especializado. Ribadavia aséntase nun promontorio estratéxico e ben comunicado. Rodeada de montañas e vales, está bañada polo río Avia que deposita as súas augas mansamente no Miño, nunha fermoso paisaxe natural. Dotada dun conxunto histórico – artístico único en Galicia pola súa peculiar fisionomía arquitectónica e o seu sabor medieval. Da súa gloriosa historia dan testemuña os seus pazos e as casas brasonadas, as súas rúas medievais, as súas igrexas e conventos e, por suposto, as súas tradicións e festas, sendo o viño do Ribeiro o principal protagonista e promotor de tanta riqueza. Declarado ben de interese cultural no ano 1947, o conxunto histórico de Ribadavia é un compendio de arte e tradición, no que ademais do castelo e os numerosos templos de todos os estilos e épocas que se atopan tanto dentro como fora da muralla, sobresaen os seus museos, destacando o museo etnolóxico e a reitoral de San Andrés (museo galego do viño), así como o pazo dos Condes de Ribadavia, convertido en Centro de Interpretación Sefardí de Galicia. Pero se Ribadavia é un monumento, a comarca do Ribeiro, é un gran conxunto monumental formado por fermosas aldeas medievais, mosteiros, reitorais, pazos, igrexas e casas solariegas, rodeado de viñedos e máxicas paisaxes. Tipoloxía das familias. O modelo familiar da meirande parte das familias é o tradicional. Tamén existen casos nos que conviven varias xeracións da mesma familia no mesmo fogar e algunhas

3


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

familias monoparentais. En xeral podemos dicir que son familias estables e enraizadas na comarca. O nivel económico está na media rural da Comunidade Autónoma. En canto ao ámbito cultural das mesmas, non existen datos obxectivos recentes que informen sobre este aspecto. Atopámonos nun contorno lingüístico con similar presenza das dúas linguas, castelán e galego, sendo esta última a lingua maioritariamente empregada polas institucións e asociacións da comarca. Aínda que os habitantes da comarca do Ribeiro son, na súa maior parte, galego – falantes asistimos á diferenciación de usos lingüísticos propia de situacións diglósicas e a un proceso de deterioro do galego oral e de perda de falantes asociada ao proceso de urbanización e perda de poboación no rural. O galego queda restrinxido en moitas ocasións para os ambientes familiares e menos formais. Voltar ao índice

1.2 SERVIZOS PÚBLICOS SOCIOCULTURAIS. Os servizos públicos dos que dispón o concello de Ribadavia son os seguintes:

1.2.1 Servizos educativos. 

Escola infantil “ A galiña azul”(gardería municipal).

CRA “Amencer”

C.P.I. Plurilingüe “Tomás de Lemos”

I.E.S. de Ribadavia

Escola e Conservatorio Municipais de Música

Voltar ao índice

1.2.2 Servizos culturais. 

Biblioteca Municipal.

Casa da Cultura: que oferta un gran servizo ao colexio por ceder as súas instalacións do salón de actos para as celebración de Nadal e fin de curso. 4


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

Mostra de teatro con actividades por parroquias durante o verán

Festa da Istoria con multitude de actividades que se ofertan para idades dende infantil ata adultos.

Voltar ao índice

1.2.3 Servizos sociais. 

Centro Social: que consta con instalacións para o ocio de xoves e terceira idade.

Oficina de Turismo

Protección Civil

PIC (Punto de información catastral)

Información, Orientación e Asesoramento

Axuda no Fogar e Teleasistencia

Muller, Familia, Menores e Discapacitados

Tramitación de Axudas

Emigración/Inmigración e Transeúntes

Reparto de Alimentos (Excedentes da UE)

Organización de Xornadas relacionadas cos Servizos Sociais

Solicitude e Xustificación de Subvencións do Concello

Talleres de Memoria e Animación Social

Arquivo e Informatización de Expedientes: SIUSS Voltar ao índice

1.2.4 Servizos deportivos. 

Piscina municipal.

Pavillón Municipal

Voltar ao índice

5


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

1.2.5 Outros servizos. 

Centro da atención primaria do SERGAS.

COF

Centro comarcal do Ribeiro

Consello regulador do Ribeiro

Voltar ao índice

1.3 SINAIS DE IDENTIDADE DO CENTRO O C.P.I. Plurilingüe “TOMÁS DE LEMOS” como centro público sostido principalmente con fondos procedentes da Consellería de Educación, declárase defensor da ensinanza pública, dunha escola activa metacognitiva

e aberta, aconfesional e

respectuosa coa diversidade cultural, racial, ideolóxica e coas crenzas relixiosas de cada un/unha, que promoverá a normalización da lingua galega e o plurilingüismo, entendendo que tal feito implica unha maior riqueza cultural e máis posibilidades de achegamento á sociedade na que vivimos. O seu labor orientarase a una educación crítica, reflexiva, solidaria, humanizadora, tolerante e participativa. A calidade do ensino que aspiramos conseguir implica: 

Ensinanza útil para a vida, para acadar a felicidade e adecuada as necesidades de cada usuario/a do centro.

Ensinanza para a vida en sociedade, inserida nas necesidades do medio máis próximo, pero que mire o conxunto dos problemas da humanidade.

Ensinanza en valores, na que se aprenda convivindo de maneira responsables, solidariamente, libre e resolvendo os problemas mediante a cooperación.

Ensinanza democrática, na que todos e todas desexemos e poidamos participar co interese que a nosa actividade merece xestionándoa democraticamente.

Ensinanza sen exclusións, que intente obter o mellor e o máximo nivel posible de todas as persoas que participamos no proceso .

Ensinanza que empregue responsablemente os recursos dos que dispoñemos, tanto os que nos son máis inmediatos como os da natureza.

Voltar ao índice 6


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

1.4 FINS E OBXECTIVOS. Para o curso 2016-2017 o centro terá os seguintes obxectivos: 

Mellorar a implicación das familias na educación dos seus fillos/as, logrando a súa colaboración no fomento de valores sociais e educativos.

Fomentar o hábito de estudo, a disciplina no traballo, mellorar a autoestima e espertar a motivación por aprender.

Potenciar as relacións cos demais, intercambiando pensamentos, ideas e sentimentos; fomentando así a amizade, a comunicación e a solidariedade.

Continuar co seguimento do proxecto lingüístico e do proxecto lector. “Ver anexo proxecto lingüístico”.

Estudar a modificación do Plan de Autoprotección.

Continuar co desenvolvemento do Plan Lector, do Plan T.I.C.

Revisar o Plan de acción titorial e atención á diversidade.

Mellorar a coordinación do profesorado.

Continuar coa potenciación do funcionamento da biblioteca do centro.

Traballar pola educación para igualdade entre mulleres e homes.

Acadar o pleno desenvolvemento da personalidade do alumnado.

Propiciar no alumnado a adquisición dos hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como dos coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.

Capacitar ao alumnado para o exercicio de actividades profesionais.

Mellorar e manter as boas relacións coas institucións do entorno. Para a consecución dos devanditos obxectivos seguiranse unhas liñas de traballo,

tomaranse unha serie de medidas organizativas, e disporase dos recursos que se indican nos seguintes apartados. Voltar ao índice

7


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

1.5 LIÑAS DE TRABALLO. As liñas de traballo do centro serán: 1. Manter os trazos de identidade do centro, adaptándoas as novas realidades da sociedade. 2. Impulsar proxectos que permitan unha nova forma de detectar problemas no centro, planificar estratexias de mellora e solucións, e avaliar o traballo levado a cabo. 3. Traballar en equipo dentro do propio grupo do equipo directivo e en todas as reunións que coordinen os seus membros. Coordinación, reparto de tarefas, achega de ideas, esforzo común nos obxectivos compartidos, redacción das actas dos acordos, etc..., debe facerse mediante unha metodoloxía establecida. 4. Promover a participación de toda a comunidade educativa, facilitando a comunicación entre os seus membros, potenciando os canles institucionais de participación, solicitando opinións e recollendo suxestións e iniciativas. 5. Apoiar as iniciativas que xurdan da comunidade educativa que supoñan unha mellora para o alumnado ou para o funcionamento do centro. 6. Organizar e xestionar os recursos técnicos, documentais e de equipamento para facilitar e facer máis eficaz a labor do profesorado. 7. Impulsar a aplicación da LOMCE e a lexislación vixente en materia educativa. Voltar ao índice

8


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

Documento 2: 2 HORARIO XERAL O curso 2016/2017, no CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, abranguerá dende o 1 de setembro de 2016 ata o 31 de agosto de 2017, tal como aparece na Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/2017, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. As actividades lectivas realizaranse entre o 12 de setembro de 2016 e o 23 de xuño de 2017 ámbolos dous inclusive en Infantil e Primaria e entre o 15 de setembro de 2016 e o 23 de xuño de 2017, ámbolos dous inclusive na ESO. O Consello Escolar do centro, a proposta do claustro de profesores/as, solicitará á Inspección como días non lectivos o 11 de novembro de 2016 e o 2 de maio de 2017. As clases desenvolveranse segundo o esquema de xornada continuada para as tres etapas educativas que funcionan no colexio En E. Infantil e E. Primaria o horario lectivo abranguerá dende as 9:00 horas ata as 14:00 horas, de luns a venres, cun período de lecer de 30 minutos, entre as 11:40 e as 12:10. En E.S.O. o horario lectivo abranguerá dende as 8:40 horas ata as 14:20 horas, todos os días, cun total de seis períodos lectivos de 50 minutos entre os que se intercalan dous períodos de lecer de 20 minutos. Nas tardes do martes de 16:00 horas ás 17:40 horas hai dúas sesións lectivas. Os meses de xullo e agosto o centro aproveitará para facer as reparacións de mobiliario e instalacións necesarias. A biblioteca permanecerá aberta durante os recreos da ESO, e para E. Primaria dous recreos semanais e polas tardes de 15:00 a 17:00. Nos recreos facilitarase o préstamo de libros e consultas. O pavillón polideportivo do recinto escolar compartímolo co IES de Ribadavia en horario lectivo. Todos os usuarios do pavillón, tanto centros coma concello ou asociacións, teñen que cubrir un parte de incidencias, e cumprir unha serie de normas: -

Deberanse utilizar adecuadamente as instalacións, e polo tanto as persoas que usen o pavillón deberán cambiar o calzado, non se permite a entrada de 9


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

bicicletas ou motos, deberase ter coidado con botar lixo no chan, non se permite fumar nin comer, etc.... -

As instalacións deberán quedar limpas e ordenadas para o uso do alumnado do centro.

-

Asumirase por escrito a responsabilidade de costear os danos ocasionados. Para elo terase que realizar un seguimento mensual dos danos ocasionados, de maneira que se estableza claramente o responsable deses danos entre os diferentes usuarios do pavillón, para que asuma o custo do arranxo correspondente. Eses danos deberán ser comunicados o antes posible á dirección do centro.

-

Non se permite realizar copias das chaves das instalacións

Voltar ao índice

10


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

Documento 3: 3 ORGANIZACIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 3.1 COMEDOR ESCOLAR 2016/17 ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO O comedor Escolar é un servizo complementario de axuda á escolarización e de educación alimentaria ao mesmo tempo. 1- XESTIÓN Mediante o sistema de xestión directa con persoal propio formado por: 

Cociñeira: Oficial 2ª de cociña

Axudante de cociña

2- EQUIPO DE COMEDOR 

Director, é o máximo responsable do funcionamento do comedor, a súa función é a de coordinar todas as tarefas e persoas que están implicadas no seu funcionamento. Reunirase cada 15 dias co encargado e cociñeira para a elaboración dos menús quincenais.

Encargado do Comedor, é un profesor e ten como misión o trato directo co persoal de cociña e cos vixiantes do comedor, así como ter ó día o inventariado do comedor.

Persoal de vixilancia. Está formado por pais/nais do alumnado.

11


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

3- COMISIÓN DE COMEDOR No Consello Escolar do centro existe unha comisión de Comedor que está encargada de facer un seguimento e control do funcionamento do comedor escolar. 4- COMENSAIS Todo o alumnado do centro pode utilizar o servizo de Comedor Escolar, con carácter voluntario. En caso de ser a demanda superior a capacidade do comedor, a comisión do Comedor seguirá un orden de prioridades establecidos na lei. 5- REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO INTERNO a. VIXIANTES Corresponde aos vixiantes do comedor: 

Vixilancia e coidado do alumnado durante o tempo da comida así como o posterior.

Supervisar e controlar as actividades de hixiene (lavado de mans previo ás comidas)

Durante as comidas coidarán preferentemente aos máis pequenos co fin de facilitarlles o máis posible a aprendizaxe das habilidades básicas no uso dos utensilios do comedor.

Procurar que o alumnado coma de todo, fomentando hábitos alimenticios.

Informar ao encargado ou director daqueles problemas que xurdan no horario de comedor

b. PAIS/NAIS OU TITORES Corresponde ás familias: 

Recibir información quincenal do menú escolar

12


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

Estar informados dos incidentes en canto a alimentación ou comportamento dos seus fillos/as.

Informar ao encargado ou director, con xustificante médico, sobre a necesidade de menú de réxime para o seu fillo/a, ou de algunha outra indicación que haxa que ter en conta.

c. ALUMNADO Corresponde ao alumnado 

Coidar a hixiene persoal, asistindo ao comedor debidamente aseado

Utilizar os aseos de forma correcta, respectando as instalacións

Evitar acudir ao aseo durante á comida

Procurar coidar as formas ao comer, intentando usar correctamente os utensilios, mastigar coa boca pechada

Comer de todos os pratos do menú

Respectar os horarios e tempos establecidos para cada actividade

Respectar as instalacións, sendo responsables dos danos que ocasionen

Evitar xogos violentos, agresións, insultos etc

Participar de forma responsable na recollida de utensilios de mesa

6- ORGANIZACIÓN E AGRUPAMENTOS DENTRO DO COMEDOR As mesas do comedor están organizadas do seguinte xeito: 

Mesas de catro comensais a maioría e tres de oito.

En cada mesa haberá dous nenos/as pequenos/as e dous grandes

Os maiores axudarán aos pequenos a servirse, e a recoller a mesa

13


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

Catro alumnos/as colocarán todo o necesario nas mesas, en quendas dunha semana, durante o recreo.

As bandexas serán repartidas polo persoal vixiante, asegurándose de que acaban o primeiro prato antes de servir o segundo

Unha vez rematada a comida, e recollida a mesa cara a un lado, o persoal vixiante levará o recollido ata a cociña.

Sairán en orden recollendo as mochilas e saíndo ao patio

O alumnado de transporte sairá ás 15 horas, igual que o alumnado non transportado.

Voltar ao índice

3.2 TRANSPORTE Do transporte escolar do centro fanse cargo neste curso 2016-2017 tres compañías, Autos González, Auto Industrial (Monbus) e Autos Rodríguez. Ao igual que anos anteriores, hai 10 alumnos que veñen no transporte do IES de Ribadavia. Para este alumnado da ESO solicitouse e concederon a autorización excepción de uso de transporte gratuíto por escolarización fóra de zona. Así mesmo, foi necesaria a autorización excepcional do uso do transporte escolar gratuíto por distancia inferior a 2 km para o alumnado correspondente á parada da “CASA DA CULTURA”. Na ESO foron autorizadas o total das 30 solicitudes pero en Primaria unicamente se autorizaron 29.

14


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

EDUCACIÓN PRIMARIA AUTO INDUSTRIAL: San Cristovo (Fonte) Beade (Granxa) Beade (Autoservicio Honda) A Quinza (Coren) Ventosela (Marquesina) Mancomunidade (Fondales de Beade) A Grova TOTAL

7 3 1 1 1 1 3 17

AUTOS GONZÁLEZ: Casa da Cultura San Lázaro Francelos (1º cruce) Francelos - Ramal Francelos – Lavadeiro TOTAL

29 12

Franqueirán San Francisco Estación Autobuses Sampaio (F.P) Sampaio (casas baratas) Sampaio (cruce castelo) Esposende TOTAL

3 11 1 1 2 2 2 22

8 8 57

15


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.P.I. PLURILINGÜE TOMÁS DE LEMOS" Rúa do Carballiño, s/n. 32400 RIBADAVIA (Ourense) Tf: 988 470 239 - Fax: 988 477 242

cpi.tomaslemos.ribadavia@edu.xunta.es - http://centros.edu.xunta.es/cpitomasdelemos

EDUCACIÓN SECUNDARIA AUTO INDUSTRIAL/MONBUS: San Cristobo A Quinza Ventosela A Grova TOTAL

6 2 5 13

AUTOS RODRÍGUEZ: Beade Avión TOTAL

4 1 5

AUTOS GONZÁLEZ: Franqueirán Sampaio (F.P) San Francisco(parada bus) San Andrés TOTAL

1 1 1 1 5

Mancomunidade (Fondales de Beade) TOTAL

2 2

Casa da Cultura TOTAL

12 12

Casa da Cultura San Lázaro Francelos (1º cruce) Francelos (Ramal) Francelos (Lavadeiro) TOTAL

13 9 9 4 4 39

Voltar ao índice

16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.