Colección diplomática do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón

Page 256

dozon:Maquetación 1 03/12/09 11:20 Página 255

Rexestos

255

179.- 1408, xullo, 21. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles ao seu sobriño, Xil Fernández, á súa muller, Constanza García, e a unha voz canta propiedade lle quedou á abadesa por parte dos seus pais en Santa María de Arcos, San Xurxo de Terra Chá e noutras freguesías, por unha carga de pan de centeo ao ano. 180.- 1409, xaneiro, 31. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, e o convento nomean capelán da capela de Santo André, dentro do mosteiro, a Fernando Pérez, clérigo, para que diga nela misa dous días á semana. 181.- 1410, xuño, 12. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Vilanova, afóralles a Xoán Pérez de Camba, á súa muller, Inés Vázquez, e a un fillo os casares de Pereira, en Santo Estevo de Carboentes, e de Ermosende, en Santa Baia de Camba, por unha fanega de pan e un moio de pan respectivamente ao ano. 182.- 1412, xaneiro, 5. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Fernando Pérez, clérigo de Santo Estevo, e a dúas voces canto o mosteiro ten en «Estromil», freguesía de San Cristovo do Az, pola cuarta parte do pan ao ano. 183.- 1413, febreiro, 13. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Pedro da Felgueira, á súa muller, María López, e a un fillo os casais de Pena Tuanes e de Outeiro de Lalín, freguesía de San Martiño de Lalín, por unha carga de pan ao ano, sendo vasalos do mosteiro. *184.- 1414, agosto, 12. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Álvaro Sánchez de Asperelo e a dúas voces o lugar de Mizoite de Cima, en San Salvador de O, por tres fanegas de centeo ao ano. *185.- 1414. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Álvaro Sánchez de Asperelo e a catro voces os casares de Mizoite, en San Salvador de O, por sete fanegas de centeo ao ano. 186.- 1415, marzo, 12. Ponte Irixo. Gonzalo Lourenzo nomea titor do seu fillo Fernando ao seu avó materno, Xoán de Parada. 187.- 1416, marzo, 15. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Gómez Cornozeas, á súa muller, Dominga Rodríguez, e a dúas voces o casal de Poutás, en Santa María de Amoeiro, por cinco fanegas de centeo e catro marabedís ao ano, e por loitosa oito marabedís, sendo vasalos do mosteiro. 188.- 1418, xaneiro, 2. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Fernando, clérigo, e a tres voces o lugar das Nogueiras e a herdade que foi de Constanza Lourenza no mesmo lugar, freguesía de Santa María de Dozón, por sete fanegas de centeo e catro marabedís ao ano, o primeiro foratario, e ás voces media fanega de pan, un cuarteirón de paínzo e tres marabedís vellos ao ano, postos na tulla do mosteiro. 189.- 1419, marzo, 14. Mosteiro de Vilanova. Dona Maior Alonso, abadesa de Dozón, afóralles a Gómez Ares, á súa muller, Inés Vázquez, e a dous fillos o casal de Reboredo das Donas, freguesía de San Breixo, por dúas fanegas de pan e tres marabedís ao ano ao matrimonio, e ás outras voces tres fanegas de pan e tres marabedís, sendo vasalos do mosteiro.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.