Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia

Page 332

maqueta librocinematog8

334

30/11/04

11:40

Página 334

José M.ª Folgar de la Calle

abreviada dun traballo que presentara para acadar o diploma do curso de cine da Universidade de Valladolid. Na USC comeza unha xeira investigadora en Historia do cine en Galicia, en boa parte inédita, resultado de traballos de licenciatura e de doutoramento dirixidos case todos eles por A. L. Hueso. Había que “construír” o decurso do feito cinematográfico no noso país, por suposto dentro da evolución da nosa sociedade. O primeiro resultado académico foi o de L. M. Quiroga, “El cine a través de la prensa diaria coruñesa en la década 1920-1930”, memoria de licenciatura inédita, do ano 1983. Seis anos despois, en 1989, o mesmo investigador defende a súa tese, “El cine en Galicia durante la Segunda República”, da que Quiroga publicaría algúns segmentos en actas de congresos e no libro Historia do cine en Galicia (1996). “Estudio del hecho cinematográfico en la ciudad de Santiago (1939-1944)” é a memoria de licenciatura de A. Pérez Pena, do ano 1984, que foi resumidamente editada en 1985 como O cine de posguerra en Santiago (1939-1944). En 1985, a tese de doutoramento de J. M.ª Folgar de la Calle, “Aproximación a la historia del cine en Galicia (18951920)”, parte da cal foi publicada dous anos despois, en 1987, co título de Aproximación a la historia del espectáculo cinematográfico en Galicia (1896-1920). En 1985, publicábase na Coruña Historia del cine en Galicia (1896-1984), de E. C. García Fernández, que reproducía a súa tese de doutoramento lida no ano 1983 en Madrid, na Universidade Complutense. Comezaba a difusión dunha actividade ata ese momento pouco coñecida no ámbito español, e tamén galego, por suposto. En 1986 son defendidas dúas memorias de licenciatura en lingua galega: a de M.ª J. Arias Rey, “Estudio do feito cinematográfico en Santiago (1931-1936)”, e a de M. Eijo Barro, “O cineclubismo en Santiago de Compostela (1961-1979)” que, en 1988, foi o libro Cineclubismo e cine non comercial en Santiago durante os anos 60 e 70.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.