Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia

Page 236

maqueta librocinematog3

238

30/11/04

11:32

Página 238

Xosé Nogueira preveía una segunda entrega de 75.000 pesetas, cuando se produjera la película, pero como nunca se llegó a abordar el proyecto, tampoco se percibió una retribución que para aquellos tiempos era una importante cantidad. Según comentaba en las páginas de FARO DE VIGO José Alejandro Cribeiro [sic], cuando se entregó aquel premio, Ángel Sevillano García tenía experiencia en escribir para el cine, ya que había firmado varios guiones cortos, pero es extremo éste que no hemos documentado por otras vías144.

Ha ser co progresivo (re)xurdimento da práctica cinematográfica en Galicia nos anos setenta cando a literatura galega se converta en fornecedora de temáticas para os novos realizadores, como se pode deducir da lectura do capítulo anterior deste volume. Os que deixan de selo, nun proceso complementario ao acontecido con anterioridade, son precisamente os literatos galegos que escribían en castelán, rexeitados por uns novos cineastas que procuran (ou teñen) na cultura galeguista as raizames da súa identidade. En 1974 ten lugar o salto aos formatos semiprofesionais ou profesionais e o cambio de fontes de inspiración faise evidente. En O documento (realizado en 16 mm), Enrique Rodríguez Baixeras aborda atinadamente un relato de Ánxel Fole (Lugo, 1903 – 1986), mantendo a intención picaresca e humorística dun narrador ao que volverá dous anos despois en O cadaleito; mentres que Eloy Lozano realiza, na que foi a primeira curtametraxe galega en 35 mm, Retorno a Tagen Ata, unha adaptación da novela curta de Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) –como se sabe, un dos grandes renovadores da literatura galega da segunda metade do século pasado– que xa coñecera un achegamento anterior por parte do grupo de cine afeccionado Imaxe en Serán, rodada en Súper 8 mm145. O ano seguinte, Miguel Gato baséase nun conto de Francisco Taxes 144. Gerardo González Martín, “Sevillano, contertulio de personalidades en el Derby y amigo de buenos pintores”, no Faro de Vigo, 16-7-1999, p. 6. Poida que os irmáns coruñeses aos que se refire o autor fosen os Docampo, autores da longametraxe documental en 16 mm Así es Galicia (1956); así mesmo, cabe a posibilidade de que entre os guións para curtametraxes que amentaba Cribeiro estivese o de Val Miñor. 145. Ambas as cintas foron comentadas no capítulo “As temáticas”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.