Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia

Page 133

maqueta librocinematog2-2

As temáticas

30/11/04

11:42

Página 135

135

llida do lixo se vía mesturado nunha escura trama de paixón e vinganza), A gran liquidación (a cargo de Jorge Coira, unha homenaxe ao slapstick do cinema mudo con toques de thriller e comedia da que foron protagonistas dous matóns afeccionados e que, no seu momento –1995–, reflectiu á perfección o cambio de ton e intencións que se estaba a operar no audiovisual galego88), Coruña imposible (de Paco Rañal, un moi logrado relato en clave de comedia sinistra de resonancias escherianas e estupendamente filmado), O milagre da carne (primeiro traballo en celuloide de Javier Codesal, procedente do campo videográfico –o cal se deixa sentir na linguaxe que utiliza–, que constitúe unha interesante revisitación do mundo rural galego, co tema da morte como eixo central de reflexión), A todo tren (unha comedia filmada con son directo na que Lidia Mosquera, formada cinematograficamente en Cuba, demostra o seu dominio da narratividade e da montaxe) ou as catro primeiras entregas: O párroco embaucado (1993), Tornabón (1994), Cabeza de boi (1995) e O ferreiro de Paspallás (1996), da moi persoal obra do betanceiro José Carlos Soler –tan persoal que mesmo escapou á regra das subvencións89–, encamiñada cara á 88. Transformación que tivera o seu máis notorio precedente na longametraxe filmada en vídeo La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (1993), co-realizada por Antonio Blanco e Ricardo Llovo e unha das cintas máis sorprendentes e desvergoñadas que ten dado o audiovisual galego. Perfecto exemplo das posibilidades que ofrecían os novos soportes (filmouse con dous pesos –medio millón das antigas pesetas obtido pola venda anticipada da casete– nunha fin de semana), Blanco e Llovo realizaron unha divertida homenaxe pasada de rosca ao cine gore na que puxeron de manifesto, ademais do seu humorístico enxeño, o seu coñecemento dun subxénero que asumen desde as súas orixes (Herschell Gordon Lewis) ata as súas reformulacións modernas (George A. Romero) e posmodernas (Tobe Hooper), e para a que contaron coa colaboración dunha boa parte dos compañeiros de Blanco na TVG e de membros da movida artística viguesa como Manuel Manquiña, Julián Hernández ou Silvia Superstar. A película foi acollida con alboroto (un alboroto ao que contribuíu a célebre cita que fixo desta o daquela ministro Rubalcaba nunha rolda de prensa) entre os moitos seguidores e practicantes da vertente máis trash do cinema fantástico, e naquel momento configurouse como un modelo que debía ser seguido polas ficcións construídas desde as marxes –non subvencionadas– da institución. 89 Soler principiou a súa actividade cinematográfica formando parte do grupo Tornabón, creado no ano 1986 por varios estudantes da rama de Imaxe da Facultade de Ciencias da Información de Madrid, desde o que desenvolveu estes títulos. El


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.