Anuario Galego de Estudios Teatrais 2001. N.º 0 (2001)

Page 164

ESTUDIOS TEATRAIS. 2001.

ORALIDADE E ESCRITURA NA TRADUCCIÓN TEATRAL Henrique Harguindey Banet Profesor de Educación Secundaria e traductor

Á hora de abordar a traducción dun texto teatral, o traductor non debe perder de vista un feito transcendental: que a materialización dese texto vai ser oral. O texto está destinado a ser dito no decurso dunha representación. Esa oralidade -independente de o texto poderse imprimir antes ou despois- marca de xeito decisivo o labor do traductor cando menos en dous planos: a) o da organización do material fónico b) o da transposición de certos significantes e significados. No plano da organización do material fónico, o traductor deberá, por exemplo, escoller a utilización de prosa ou verso para trasladar o texto á nova lingua, no caso de que estea escrito orixinalmente en verso. E, de optar polo verso, deberá escoller as formas métricas máis axeitadas. Pero, mesmo traducindo a prosa, o traductor debe ter en conta na construcción da frase, cuestións como o ritmo, a eufonía, a cacofonía, etc. É dicir, "como soa" o texto. Algo que non ten a mesma importancia nun texto lido que nun texto oído. A frase percibida a través da lectura non pon tan de relevo os aspectos fonoestilísticos que se perciben cando a frase é pronunciada. Algo tan sinxelo como é a propia orde das palabras pode conferirlle axilidade ou lentitude, naturalidade ou artificialidade a un texto falado. No plano da transposición de certos significantes e significados, a oralidade determina que no momento da materialización do texto, o da representación, o oínte-espectador non vai poder recibir o auxilio que lle chega ó lector en forma de notas na marxe para aclarar ou precisar debidamente o sentido de certas palabras e expresións que lle poden resultar difíciles ou distantes por se referiren a unha realidade histórica ou cultural distante. Se nun texto lido unha nota pode aclarar equivalencias de valores monetarios, medidas ou pesos, por exemplo, na traducción para a escena, o traductor deberá decidir se non é mellor traspoñer o orixinal a un sistema familiar para o público. O mesmo podemos dicir no tocante a denominacións, alusións e demais referencias que marcan o texto orixinal dende o punto de vista histórico-cultural. Se nun texto impreso se xustifica máis a permanencia dun termo alleo ou difícil para o lector acompañándoo de nota explicativa, nun texto que vai ser transmitido oralmente pode ser mellor solución buscar un equivalente máis ou menos exacto. E o traductor, de primeiras, debe pensar que o texto é para un oínte e non para un lector. Mesmo pode chegar a ser impreso e -daquela si- ir acompañado de notas. ESTUDIOS TEATRAIS. 163


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.