20 minute read

Taberna do Barro e O Muíño gañan o primeiro certame ABaña Tapas

O feirón da Re-Volta retorna aos 50 no Seilán

A carballeira do Seilán acolleu o domingo 9 de outubro unha nova edición do Feirón e romaría da Re-Volta, unha celebración que naceu co propósito de recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta e que organiza o Concello da Baña coa colaboración da Deputación da Coruña e da Asociación Veciñal Outeiro. As actividades incluíron dende un mercadiño ata propostas culturais e musicais pasando por postos de artesanía.

Advertisement

Ao longo da xornada veciños, veciñas e visitantes puideron mercar produtos da zona nos diferentes postos do mercadiño e mesmo facerse con algunha antigüidade ou artesanía. Tamén tiveron oportunidade de probar un dos manxares con máis sona da comarca: as filloas da pedra da Baña.

Os Gaiteiros da Baña e as Regueifeir@s de Galicia foron os encargados de animar a festa e convidar aos asistentes a botar unhas bailas, rematando ben entrada a tarde co Dúo Ciclón, cortesía da Asociación Veciñal Outeiro.

Tamén houbo actividades para a cativada, disfrutando pola mañá dos xogos do Paporrubio e na tarde dos contos ilustrados Polo Correo do Vento.

As mellores propostas de ABaña Tapas foron as de Taberna do Barro e O Muíño

O primeiro certame de tapas da Baña, ABaña Tapas, celebrouse en novembro nunha aposta do Concello por incentivar o produto de tempada e de proximidade, ao mesmo tempo que se poñía en valor a gastronomía e se revitalizaba o turismo do municipio.

Nesta primeira edición participaron cinco locais de distintos puntos do municipio. Taberna do Barro (O Barro) ofreceu follado de rinchas e empanadilla de Marina; Casa Morena (Corneira) preparou follado e empanada de millo; Parrillada O Barro (O Barro) preparou parrilla; O Arranca (Ordoeste) elaborou empanada de millo con xoubas e croquetas de champiñóns con xamón, e O Muíño (San Vicenzo) optou por cocido en camisa e bruschetta. Durante as tres fins de semana de ABaña Tapas os cinco locais notaron un incremento de público, que acudía co seu Pasaporte de tapas. Sellar este pasaporte en todos os locais era imprescindible para participar nos dous sorteos dunha noite de aloxamento para dúas persoas na casa rural A Ribeira do Tambre (Troitosende) e na Casa do Folgo (Ordoeste). Os gañadores do sorteo foron Elvis Rodríguez Fernández e Sofía Vázquez Mayo.

A votación do xurado profesional (que valía un 55% da nota) e do público (45%) designou como mellor tapa a empanadilla de Marina, da Taberna do Barro, que gañou o premio de 500 euros. O segundo premio foi para o cocido en camisa do bar O Muíño (250 euros). O xurado, tanto o profesional como o popular, tiveron dificultades para elexir o segundo premio, polo que o Concello decidiu outorgarlle o premio simpatía á empanada de millo que presentou Casa Morena, que recibirá unha peza de artesanía galega.

Maioría de idade para a Festa da Filloa da Pedra

A XVIII Festa da Filloa da Pedra da Baña marcou récord de visitantes e de degustacións, ao repartir máis de 18.000 filloas entre os centos de persoas que fixeron cola para facerse con este manxar. Unha ducia de filloeiros e filloeiras utilizaron uns 20.000 litros de amoado e fixeron funcionar a pleno rendemento as 34 pedras instaladas no pavillón de San Vicenzo. O bo tempo apoiou o éxito da celebración, que contou con pregón de mozas e mozos bañenses nacidos no ano 2004 e que recibiu a visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, e do delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, entre outras autoridades.

Os asistentes á primeira xornada da festa puideron participar na Escola Filloeira, unha novidade desta edición na que o cociñeiro José Manuel Mallón demostrou que a filloa é unha base ideal tanto para propostas salgadas coma doces. Ademais, filloeiras de Muimenta coas súas pranchas de ferro compartiron co público os segredos dunha tradición que leva séculos pasando de xeración en xeración. A música sumouse á celebración gastronómica cunha Foliada Filloeira o sábado, cos gaiteiros e pandeireteiras da Escola de Música Tradicional da Baña e coa actuación do dúo Matices.

No día grande da festa as actividades lúdicas congregaron público de todas as idades. Abriu a xornada do domingo a intervención dos Gaiteiros da Baña e seguiuna a primeira hora da tarde a charanga Os Atrevidos, que non dubidou en entrar na carpa da pulpería para gozo dos comensais. O espectáculo de Pakolas fixo disfrutar logo á xente miúda, antes de que a orquestra Olympus puxese a bailar ao numeroso público que se congregou no pavillón. Pechou a xornada o DJSonic cunha actuación moi celebrada pola mocidade.

O pico de Santa Mariña estrea mirador e ruta de sendeirismo

Facer sendeirismo polas paraxes naturais da Baña sempre ten premio, moito máis desde que o Pico de Santa Mariña estreou na entrada de 2022 un banco e un bambán para disfrutar das espectaculares vistas que ofrece o cumio máis alto do municipio. Pódese acadar a través dunha nova ruta de sendeirismo de pouco máis dun quilómetro, que conta con sinais de madeira desde a estrada que une Barro con Cabanas. Non é, sen embargo, a única ruta posible: a ruta do Progreso, deseñada polo alumnado do CPI San Vicente, parte de San Vicenzo nun percorrido circular de once quilómetros e transita por diversas aldeas pasando polos puntos máis icónicos do municipio, como a antiga fábrica de luz e o pazo de Leis.

A recompensa de chegar ao cumio é unha panormámica de 360 graos que abarca lugares tan emblemáticos como o Pico Sacro, o monte Iroite ou o Pindo, ademais da paisaxe natural da contorna.

A nova atracción foi xeolocalizada nas redes sociais Facebook e Instagram para facilitarlle o acceso á veciñanza e favorecer a situación xeográfica das fotografías, dando así a coñecer o rico patrimonio natural da Baña.

A Ruta dos muíños mestura arte, historia e natureza

O Concello da Baña colaborou co Club Seixos e coa Asociación A Baña Emprende para promocionar a afección polo sendeirismo e difundir as fermosas paisaxes do municipio. Dentro desta colaboración, durante o ano 2022 sinalizouse e inaugurouse no mes de xullo a Ruta dos muíños cunha andaina na que participaron unha trintena de persoas.

A Ruta dos muíños é unha sendeiro circular de 7,5 quilómetros e de dificultade moderada que combina natureza e historia. Percorrendo o río Faílde, visítase un conxunto de muíños tradicionais galegos, fervenzas, montes, escaleiras de pedra e a vella central hidroeléctrica que subministrou luz á capital bañense e ás aldeas próximas a principios do século XX. O itinerario é un pracer para os sentidos e ofrece a oportunidade de visitar recunchos de singular beleza próximos á capital do municipio. O punto de chegada e de saída atópase na praza do Concello, en San Vicenzo.

Por outro lado, medio cento de persoas participaron no mes de marzo na andaina das pedras Quitapenas, que cubriu un trazado de 12,6 quilómetros de escasa dificultade. A ruta pasou por Señor, Pampousa, Liñares e Paredes.

A Baña reivindica o Camiño a Muxía por Brandomil

O Concello da Baña promoveu en maio unha andaina co obxectivo de potenciar o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil. A xornada coincidiu coa segunda das catro etapas da iniciativa organizada polo Concello de Zas para reivindicar a oficialidade deste Camiño, escollido antigamente por milleiros de peregrinos para percorrer os 85 quilómetros dende Compostela ata Muxía. Nun día de moito calor (máis de 30 graos), unha ducia de bañenses fixeron os 25,4 km deste tramo, que pasa por San Cibrán, Barcala, Ordoeste, Corneira e A Riba. A andaina, que comenzou en Negreira, rematou na ponte de Brandomil, en Zas.

A matrícula das escolas deportivas aumenta un 69%

As escolas deportivas municipais da Baña arrancaron o curso 22-23 o no mes de outubro cun total de 125 persoas inscritas, o que supuxo un incremento dun 69 por cento sobre as 74 anotadas o ano pasado.

Novas actividades, como judo ou tenis, contribuíron a este incremento. Tamén se rexistrou un aumento significativo da matrícula en disciplinas como pilates ou karate e baile moderno, que arrancou con 13 inscricións e non se chegara a impartir o curso anterior por falta de persoas interesadas.

O curso 21-22 pechouse en xuño no pavillón de San Vicenzo cun animado festival no que o alumnado de patinaxe, expresión corporal e karate recibiu numerosos aplausos.

Escanea o código para ver o vídeo da clausura das EDM 2021-2022.

TENIS E BALONMÁN DE BALDE. As xestións realizadas pola Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte posibilitaron que modalidades como tenis e balonmán se incorporaran de xeito gratuíto ao abano de actividades deportivas municipais no marco do Plan Corresponsables. As clases de balonmán, que imparte todos os luns no polideportivo de San Vicenzo o club BM Xallas, continúan ata xaneiro. BÁSKET E ZUMBA. O nome da Baña percorre as canchas da terceira división masculina de baloncesto por mor do convenio de colaboración asinado co equipo Dazona Basket Pondal, que xoga como local en San Vicenzo. Outro convenio, neste caso coa empresa Juguetón, dálle continuidade ás concorridas clases de zumba en Lañas.

Actividades para mellorar o benestar físico e psíquico

Un curso de defensa persoal para mulleres impartido pola adestradora nacional de karate Carolina Vázquez iniciou en febreiro un amplo e variado programa de actividades vencelladas ao deporte e á saúde que se desenvolveu ao longo do ano.

O programa, organizado pola Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte e orientado tanto ao benestar físico como psíquico da veciñanza, comprendeu tamén un curso de primeiros auxilios e uso de desfibriladores DESA que, impartido polo profesional do 061 Jesús Ferreiro, xuntou máis de trinta persoas participantes nas escolas vellas.

Outros dos cursos dos que os bañenses puideron gozar de xeito gratuíto foron os de arteterapia creativa, mindfulness e desenvolvemento persoal, nutrición saudable e ioga.

O programa completouse cun achegamento ao deporte de aventura. A iniciativa estreouse en maio nas augas do río Tambre, onde máis dunha vintena de persoas tiveron a oportunidade de gozar do piragüismo.

Acordo con clubes locais para promover a práctica deportiva

Coa fin de reforzar o papel das agrupacións deportivas no tecido social, promovendo a práctica do deporte base e afeccionado ou a organización de eventos, andainas e outras actividades, o Concello da Baña asinou un convenio de colaboración con catro entidades deportivas locais.

Con este convenio, a SD A Baña, A Baña Veteranos, Futsal A Baña e Sendas Enxebres Seixos recibiron unha subvención do Goberno bañense, con cargo aos orzamentos aprobados este 2022, e comprometéronse a participar ao longo do ano nas diferentes iniciativas deportivas e culturais programadas polo Concello. No acto da sinatura do acordo, que tivo lugar en novembro no salón de plenos, participaron o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso; o concelleiro de Promoción da Vida Activa e Deporte, César Ramos; o presidente da SD A Baña, José Manuel Vieito; o presidente de Futsal A Baña, Pablo Penido; a presidenta de Seixos, Mercedes Calo; e Pablo Pazos, en representación da Baña Veteranos.

O Trail da Baña 2022 foi unha auténtica festa

Dúas probas competitivas, unha andaina e un circuíto para a cativada converteron o Trail da Baña 2022 nunha auténtica festa do deporte. No trail participaron máis de 200 persoas e contou co apadriñamento das atletas bañenses Alba Pérez, Rosalía Moraig e Aitana Capeáns, que abriron a competición xunto ao seu adestrador, José Manuel García Estévez.

A proba principal, de 26 quilómetros, tivo como primeiros clasificados da categoría masculina a Rubén Insua, do CDM Vértice; Alberto Carou, do CA O Pino; e Jaime García González, do ADC Monte Breamo; e a Belén Riadigos, do CTR Galaico Trail Run; e Eva de la Fuente, do CD Brión, na feminina.

O minitrail, de 16 quilómetros, foi a proba máis concorrida con 89 participantes. Impuxéronse na meta Juan José Bello, do CC O Cotón Negreira; e Cristina Carril, do CA O Pino.

Tamén a andaina tivo un grande éxito de participación, con 81 inscricións. Tras cruzar a meta, camiñantes e atletas coincidiron en felicitar á organización pola sinalización e o avituallamento.

Escanea o código para ver o vídeo resumo do Trail da Baña 2022

Animada participación na I San Silvestre

Ao redor de 80 persoas tomaron a saída na primeira edición da San Silvestre da Baña, proba que encheu de animación as rúas de San Vicenzo no último día do ano 2021. Mulleres e homes, nenas e nenos, moitos deles lucindo gorros de Papá Noel, faldras de tul ou disfraces de superheroes, decidíronse a combater o frío cun pouco de exercicio e moito humor. A proba serviu, ademais, como homenaxe á atleta bañense Alba Pérez tras gañar o bronce no Campionato de España de marcha en ruta sub-20. Na celebración non faltaron a música galega, a cargo do alumnado da Escola de Música Tradicional da Baña, nin as medallas para todos os participantes.

Convivir Deportivo da Radio Galega na Baña

O espazo da Radio Galega Convivir Deportivo, que conduce Alfonso Pardo, achegouse en maio ata A Baña para gravar un programa moi especial cos nosos deportistas. Participaron Nicolás Carnota e Markel Villaverde, karatecas pertencentes á escola Akai Ryu; Andrea Paramos, xogadora do Viaxes Amarelle de fútbol sala; Diego Vieito, adestrador da SD A Baña de fútbol base; Iago Ferreiro, directivo de A Baña Veteranos; e Diego Gómez Eiras, campión galego de tiro a longa distancia.

Alfonso Pardo falou tamén con José Montes, ex presidente de Feiraco; os escritores Carme Varela e Manuel Iglesias Turnes; a pedagoga da Asociación Anxiños, Yaiza Sieira; e a xornalista e fotógrafa Lucía Junquera. Alberto Corbacho, ex xogador do Obradoiro, sorprendeu aos integrantes da peña Eskornabois.

Escanea o código para escoitar o programa Convivir Deportivo da Radio Galega

Deportistas sobresaíntes da temporada

Seguro que non están todos os que son, pero si son todos os que están. Deportistas da Baña volveron darnos grandes alegrías ao longo deste ano 2022 en disciplinas moi diversas. Parabéns a todos e a todas e que continúen os éxitos!!

ALBA PÉREZ. Ademais de facerse co bronce no nacional de marcha sub-20 e no galego absoluto, Alba gañou o Campionato Xunta de Galicia 10 K sub-23.

ALEJANDRO TORREIRA. Foi un dos integrantes do equipo español que logrou erixirse como campión de Europa de Field Target na categoría PCP. VIAXES AMARELLE. Lidia e Andrea Paramos, María Fernández, Eva Iglesias e Tania Rodríguez proclamáronse campionas de Liga en Primeira Autonómica.

SERGIO CALVO. Gañou o circuíto galego de promoción sub-10, confirmando o bo momento dos xogadores de xadrez das nosas escolas deportivas. DIEGO GÓMEZ. O campión galego de tiro con rifle a longa distancia sumou tamén ao seu palmarés o campionato de España a media distancia.

PABLO BARREIRO. Converteuse en árbitro nacional de balonmán logo de facer o curso en Granollers e a ratificación do ascenso pola Federación.

Doce horas de fútbol 8 en Cartas coa SD A Baña subcampioa en alevíns

Máis de doce horas de fútbol, de nove da mañá a nove da tarde, nunha xornada rexida pola deportividade e o compañeirismo foi o que deu de si o VII Torneo de Fútbol Base organizado pola SD A Baña o día de San Xoán.

A SD Tordoia, primeira nas categorías alevín e benxamín, foi a gran campioa do torneo, seguida da SD A Baña en alevíns e do Xallas CF en benxamíns. Os trofeos para os máximos goleadores foron para Alberto, do Xallas, en benxamíns; e Hugo Fuentes, do Milladoiro, en alevíns, mentres que Anxo Domínguez e Alfredo Martínez, os dous do Tordoia SD, recibiron os trofeos aos porteiros menos goleados.

Participaron tamén o CF Rois, o CF Noia, a Asociación Deportiva Nicrariense, A SD Negreira e o Bastavales UD.

Saque de honra de Donato no Memorial Iván Paredes

Donato da Silva, ex xogador internacional do Deportivo, foi o encargado de facer o saque de honra no Memorial Iván Paredes. O torneo, co que se recordou o xogador falecido en 2004 cando tiña 15 anos, contou con notable asistencia de público en Cartas e nel participaron alevíns e benxamíns da SD A Baña e da AD Nicrariense, ademais dos veteranos da Baña e do Advoc Taberna A Roda.

O Memorial Iván Paredes serviu tamén para dicir non á guerra de Ucraína e recoller axuda para as persoas refuxiadas. A recadación por doazóns, venda de rifas e produtos conmemorativos superou os mil euros.

SD A BAÑA. Os equipos de benxamíns e infantís uníronse este ano ao de alevíns na SD A Baña. Tanto a directiva como as familias das e dos futbolistas non se quixeron perder o primeiro adestramento da temporada do cadro infantil a mediados de agosto. Os benxamíns, que comezaron a liga en outubro, fixeron a súa presentación no campo de Cartas cun amigable contra o Crocha B, que lles permitiu estrear a nova equipación doada polo Concello.

O Gran Camiño

Os corredores da Volta Ciclista a Galicia O Gran Camiño recibiron o apoio da veciñanza da Baña ao seu paso por San Vicenzo na segunda etapa da proba. Entre o público, e disfrazados de peregrinos, atopábanse nenas e nenos de primeiro do CPI San Vicente.

Gala de patinaxe

Patinadoras do Club Fontiñas representaron no pavillón de San Vicenzo a coreografía Lili Elbe, baseada na historia real da primeira muller sometida a unha operación do sexo. Sumáronse á exhibición os dous grupos de patinaxe das escolas deportivas.

Cursos de natación

A piscina municipal de Agra de Chans, aberta este verán entre o 25 de xuño e o 15 de setembro, acolleu cursos de natación polas mañás. Estes cursos, abertos a toda a veciñanza, sumáronse ao uso das instalacións nos campamentos de conciliación.

Preto de 300 judokas déronse cita en marzo no Trofeo Concello da Baña

Un total de 284 judokas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete disputaron en marzo a terceira xornada da Liga Galicia Rías Altas de Judo-Trofeo Concello da Baña. O campionato concluíu co triunfo por equipos do Compostela Judo Club, que logrou oito medallas de ouro; seguido da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, con seis ouros; e o Judo Club Ximnasio Fibra e o Judo Club Bergantiños, ambos os dous con catro.

Os xadrecistas locais destacan no torneo de rápidas de San Vicenzo

Preto de medio cento de persoas participaron en setembro nunha nova edición do Torneo de xadrez Concello da Baña, puntuable para a Copa Intercomarcal da Deputación e que se disputou en San Vicenzo na modalidade de rápidas. Erixiuse campión o mestre internacional de Padrón Diego Espiñeira e os mellores xogadores locais foron Roberto Calvo, Daniel Pousada e Juan Manuel Abelenda. Tamén destacou a actuación de Sergio Calvo en sub-14.

DISTANCIAS MÍNIMAS QUE DEBEN RESPECTAR AS NOVAS REPOBOACIÓNS FORESTAIS E REXENERADOS DE ESPECIES

CANLES FLUVIAIS DE MÁIS DE 2 METROS DE ANCHO

• 5 metros para especies frondosas e coníferas

PARCELAS FORESTAIS

TERREOS SITUADOS EN SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN AGROPECUARIA

CÁMPINGS, GASOLINEIRAS E INDUSTRIAS PREEXISTENTES EN QUE SE DESENVOLVAN ACTIVIDADES PERIGOSAS

• 15 metros para especies frondosas e coníferas

50 m

50 m 15 m

2 m 10 m

10 m

4 m

ZONAS DE LABRADÍO, CULTIVO OU PRADOS NON CLASIFICADOS DE ESPECIAL PROTECCIÓN AGROPECUARIA

• 4 metros para especies frondosas e coníferas

SOLO URBANO, SOLO DE NÚCLEO RURAL E SOLO URBANIZABLE

• 2 metros para especies frondosas e coníferas

50 m

EDIFICACIÓNS, URBANIZACIÓNS, VERTEDOIROS, PARQUES E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS SITUADAS A MENOS DE 400 METROS DO MONTE OU FÓRA DE SOLO URBANO E DE NÚCLEO RURAL E CON VIVENDAS ILLADAS EN SOLO RÚSTICO INDEPENDENTEMENTE DA SÚA DISTANCIA AO MONTE

• 15 metros para especies frondosas e coníferas Escanea este código para ler a Lei 7/2012 no BOE

5 m 10 m

PISTAS, ASFALTADAS OU NON, DE POLO MENOS 5 METROS DE ANCHO QUE CONTEN POLO MENOS CUNHA CUNETA

• 2 metros para especies frondosas e coníferas • 6 metros nos concellos declarados de alto risco

INFRAESTRUTURAS ELÉCTRICAS ESTRADAS E VÍAS DE FERROCARRIL

• 2 metros para especies frondosas e coníferas

XESTIÓN DA BIOMASA VEXETAL ESPECIES FRONDOSAS E CONÍFERAS

Débese manter limpa de biomasa unha franxa de 50 metros dende:

• Solo urbano, núcleo rural e solo urbanizable • Edi cacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais • Construcións illadas en solo rústico

Estas especies veñen recollidas no Anexo I da Lei 7/2012 de montes de Galicia

• Piñeiro silvestre, teixo, ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, freixo de folla estreita, castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeira, carballo, carballo albar, cerquiño, sorbeira, aciñeira, abeleira, faia, umeiro, loureiro, sobeira do monte, capudre, nogueira, érbedo • As distancias só se lles aplican ás novas repoboacións

Atendémoste

Presencialmente Praza do Concello, s/n • 15863 A Baña (A Coruña) Por teléfono 981 886 501 • Fax: 981 886 616 En internet www.concellodabana.gal • correo@concellodabana.gal Nas redes sociais Facebook e Instagram: @ConcellodaBana

This article is from: