45 minute read

Carme Varela e Pepe Montes presentan cadansúa obra no Día do Libro

Día do Libro con Carme Varela e Pepe Montes

Advertisement

A celebración do Día do Libro tivo este ano un matiz especial na Baña. A Concellaría de Cultura puxo en valor a figura de dous escritores locais: Carme Varela, natural de Duomes; e Pepe Montes, do Seilán, e dar a coñecer as súas últimas obras.

Deste xeito, a carballeira de Ceilán foi o escenario elixido no mes de abril para presentar a obra coa que Carme Varela gañou a vixésimo quinta edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais: As desterradas. O acto contou cunha nutrida asistencia. As desterradas é unha peza de carácter histórico ambientada no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos nos séculos XV e XVI. O libro recrea o final do mosteiro de Albeos e o desterro das súas monxas a Compostela. Segundo a autora, a obra xurdiu da idea de escribir un texto teatral para unha das actividades da asociación do patrimonio medieval O Sorriso de Daniel.

San Mamede: apuntes históricos

Recuperar a historia. Parroquia de San Mamede de Monte-Barcala é o título do último traballo literario de Pepe Montes. A obra é unha aproximación histórica, económica e social ao lugar do que o autor é natural. Precisamente por iso, o Concello elixiu para a súa presentación o local social de San Mamede, nun acto que contou coa presenza do autor, da escritora Carme Varela e de numeroso público asistente. O acto, ao igual que o celebrado na carballeira de Ceilán, enmarcouse na programación do Concello da Baña co gallo da celebración do Día do Libro.

Maratón de contos na Biblioteca

No marco da programación do Día do Libro, a biblioteca acolleu un particular maratón de contacontos, no que participaron maiores, nenos e nenas. O Concello da Baña agasallou cun libro a todas aquelas persoas que participaron da actividade contando un conto. A guinda da celebración púxoa Fantoches Baj coa súa peculiar sesión de contacontos animada.

A Baña está presente nun encontro en Hungría

O Concello da Baña participou no encontro de Europa para a Cidadanía que se celebrou o pasado mes de abril en Hungría e no que participaron 13 países comunitarios. Foi a concelleira de Cultura, Lorena Trillo López, a encargada de representar á Baña na xuntanza de traballo do proxecto europeo da Rede de Cidades. O encontro prolongouse durante tres días.

Durante este evento, Lorena Trillo resaltou a importancia deste tipo de xuntanzas xa que, segundo dixo, “favorecen o intercambio de ideas e proxectos entre cidadáns de diferentes países para construír un futuro mellor”. A concelleira de Cultura e Educación da Baña tamén aproveitou a súa estancia no país húngaro para pronunciar unha conferencia sobre a paz en Europa. Ao longo da súa disertación, Lorena Trillo López falou do proceso de integración, dos tratados e da ampliación da Unión Europea.

A representante do Concello da Baña aproveitou para reunirse con alcaldes e representantes de sete municipios europeos de Estonia, Italia, Letonia, Malta, Bulgaria e Hungría, presentes neste encontro, e intercambiar impresións. E, durante a súa estadía en Hungría, puido coñecer así mesmo un pouco máis os costumes e as tradicións do país anfitrión e visitar, xunto cos representantes doutros países invitados, algúns dos lugares más emblemáticos da zona.

Visita de xente moza europea

O pasado mes de marzo un grupo de mozas e mozos procedentes de Malta, Hungría, Italia, Polonia, Bulgaria e Portugal visitaron A Baña e foron recibidos polo alcalde, Andrés García Cardeso, e pola concelleira de Cultura e Educación, Lorena Trillo. Os mozos e as mozas europeas estaban a participar nun intercambio enmarcado no programa Acoso Xuvenil, da Asociación Muxema. A súa visita ao municipio da Baña enmarcábase no itinerario de visitas por lugares emblemáticos de Galicia.

A Xunta reorganiza as rutas do bus escolar para mellorar o servizo Transporte gratis para 23 estudantes

O Concello da Baña mediou ante a Xunta para solucionar os problemas derivados dos constantes retrasos ou a nula presenza do bus escolar na recollida do alumnado do CPI San Vicente, uns problemas que xa se viñan arrastrando do curso 2021-22. Para o Concello, un transporte escolar adaptado ás necesidades dos nenos e das nenas que estudan no colexio da Baña é esencial e prioritario. Sumábase así ás peticións da comunidade educativa do CPI, que protagonizou varias mobilizacións durante o conflito. Despois de escritos e reunións entre todas as partes, en outubro a Xunta anunciaba a reestruturación do servizo coa implantación de seis novas rutas que substituían ás existentes para garantir a coordinación coa entrada e saída das clases e dar un servizo axeitado ao alumnado. Esta reorganización recollía as propostas acordadas coa dirección do centro e coas familias. O Concello da Baña volveu convocar este ano as axudas de transporte gratuíto para os mozos e mozas que estudan Bacharelato ou FP en Negreira ou en Santa Comba ao longo do curso escolar 2022-23. Con esta acción buscase axudar ás familias e facilitarlles aos estudantes a posibilidade de seguir residindo nos seus domicilios da Baña durante a súa formación. En total, beneficiáronse das axudas de transporte gratuíto 23 estudantes.

A maxia do Nadal aluma os soños dos nenos e das nenas

O Mercadiño de Nadal volveu marcar este ano o comezo dunhas datas na que os soños infantís contaxian a toda a veciñanza de ilusión e de ledicia. Postos de artesanía e lambetadas, actuacións musicais, contacontos ou unha exhibición de ximnasia rítmica converteron o pavillón de San Vicenzo nun espazo de xuntanza e diversión para todos os públicos, dándolle aos máis novos a oportunidade de aprender oficios tradicionais da man dos nosos maiores por mor da celebración da primeira feira interxeracional de voluntariado. A guinda púxoa a chegada de Papá Noel, que subiu a nenas e nenos ao seu trineo para escoitar todas as súas peticións.

A cativada non perde tampouco de vista a próxima chegada dos Reis Magos. As súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar deixáronos con moitas ganas de repetir logo da recepción que tivo lugar no polideportivo o 5 de xaneiro e que precedeu á chuvia de agasallos que caracteriza a noite máis máxica do ano.

O pasado Nadal 2021 tamén estendeu a súa maxia ás persoas do programa de Estimulación Cognitiva no Fogar, que elaboraron diversos adornos, traballos que logo formaron parte dunha mostra. E unha das actuacións máis aplaudidas foi a de Iseo a Moura, que lle rendeu homenaxe a figura do Apalpador.

Darío Victoria Cantorna Carla Carballo Anna Mourelle

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Tres nenas e un neno foron os gañadores do concurso de postais de Nadal que organizou o Concello da Baña para felicitarlles estas festas á veciñanza. Houbo unha gran participación e moita imaxinación neste concurso, no que resultaron elexidas as creacións de Darío (categoría de infantil), Victoria Cantorna Otero (1º, 2º e 3º de Primaria), Carla Carballo Taibo (4º, 5º e 6º de Primaria) e Anna Mourelle Porteiro (ESO).

Traballo en rede con Alingua a prol do galego

O Concello da Baña é un dos 18 municipios galegos que se uniron en Alingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega. A asociación naceu en marzo de 2022 co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma galego. A concelleira de Cultura, Educación, Muller, Igualdade e Normalización Lingüística da Baña, Lorena Trillo, representou o Concello no acto de presentación do proxecto.

Alingua é unha iniciativa conxunta que trata de fomentar a cooperación entre institucións locais e o traballo en rede; promover e dinamizar o uso do galego dende o ámbito dos concellos e darlle resposta aos múltiples retos de futuro que a lingua galega debe afrontar. Ademais, Alingua tamén propicia a colaboración con outras entidades que teñan entre os seus fins a defensa da lingua galega.

Apoio a Carracedo ao Premio Princesa de Asturias 2022

A Corporación da Baña mostrou o seu respaldo unánime á candidatura presentada pola Xunta de Galicia para que o doutor Ángel Carracedo fose Premio Princesa de Asturias 2022 na categoría de Investigación Científica e Técnica. A proposta foi levada polo grupo de goberno da Baña ao pleno ordinario do pasado 26 de maio e aprobada por todos os grupos políticos con representación na Corporación. O pleno adoptaba esta opción ante “a relevancia neste eido do catedrático”, natural de Santa Comba, “e o orgullo que supón para o conxunto dos e das bañenses e de toda a nosa comarca”.

Ángel Carracedo é unha figura de referencia no só na Medicina forense en España senón tamén no mundo. Os seus descubrimentos no eido da xenética e da medicina forense contribuíron á estandarización e á implantación das probas de ADN forense a nivel mundial.

Sexta edición de Youtubeiras

A concelleira de Cultura da Baña, Lorena Trillo, participou en Pontevedra na presentación da sexta edición dos premios Youtubeiras, que ten por lema Para rede, a nosa. O certame reparte 7.500 € en premios e ten por finalidade fomentar a creación en galego no YouTube con temáticas e formatos diversos e promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contido na rede. A gala de entrega de galardóns celebrarase en Carballo o 28 de xaneiro de 2023

Youtubeiras está organizado polos servizos de normalización lingüística de 11 concellos, entre os que se atopa o da Baña, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña. O concurso actúa como elemento normalizador e divulgador da lingua e da cultura galegas.

A muller: igualdade e non violencia, protagonistas durante todo o ano

A figura feminina, e especialmente a muller do rural, é unha das protagonistas indiscutibles dos diversos actos que ao longo do ano se celebran no municipio da Baña ca fin de reivindicar o papel das mulleres, a loita pola igualdade de xénero e o rexeitamento da violencia sexista. Son varios os actos centrados na figura feminina aos que se suma o Concello da Baña: 8M, 25N e Día Internacional da Muller Rural. Este ano, co gallo do 8M, o Día Internacional da Muller, o Concello rendeulles unha homenaxe ás 12 mulleres protagonistas da serie audiovisual A Baña en feminino. Foi unha serie de vídeos que a razón dun por mes divulgou o Concello da Baña ao longo de 2021 coa intención de convidar á reflexión sobre o papel das mulleres nas contornas rurais. Ademais, a concelleira de Muller e Igualdade, Lorena Trillo, reivindicou a través do manifesto institucional a participación das mulleres e a adopción de decisións de forma plena e efectiva na vida pública, así como a eliminación da violencia para lograr unha igualdade real e o empoderamento de todas as nenas e as mulleres.

O 15 de outubro, Día Internacional da Muller Rural, o Concello da Baña agradeceulles ás mulleres rurais do municipio o seu traballo e esforzo, que lles permite as xeracións actuais poden construír un futuro mellor.

No marco da programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebrouse a carreira contra a violencia no CPI San Vicente; realizáronse talleres de sensibilización para o alumnado de infantil, primaria e ESO e unha escola de familias para nais e pais na que se abordou a educación emocional e sexual. Tamén se inauguraron os sinais para a igualdade; e Estíbaliz Veiga deulle vida en Golpes a Pamela, unha muller que padece a inxustiza da violencia machista.

En febreiro, o Concello lanzaba nas redes sociais da Baña a campaña Amor destes días, co obxectivo de visibilizar e normalizar os distintos tipos de amor.

‘Elas no outono’, unha visión distinta da figura feminina

A Concellaría de Cultura organizou o I Concurso de fotografía Elas no outono para reivindicar o papel da muller e ofrecer unha visión diferente da figura feminina. As gañadoras foron Erica Blanco con Aire puro, en adultos; Antía Iglesias, con Carballeira de Vilacoba con vistas á agra e ao río Tambre, na categoría de 12 a 17 anos; e Iria Paredes, con Contrastes, na categoría de 6 a 11 anos. Estas fotos e outras 9 (das 22 presentadas) ilustran o calendario de 2023 do Concello da Baña.

Volve a Festa dos Maiores con máis de 500 asistentes

Máis de 500 persoas déronse cita no pavillón de San Vicenzo para participar na Festa dos Maiores, unha celebración que chegou á súa vixésimo sétima edición tras verse interrompida nos últimos tres anos pola pandemia. Conversas pendentes, reencontros esperados e ilusión por pasar unha xornada de confraternidade en boa compañía marcaron a xuntanza. A celebración, amenizada pola agrupación Tíralle do Aire e o Dúo Rosán, recuperou non só a tan desexada normalidade, como apuntou o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, senón tamén unha das tradicións con máis arraigo no municipio.

Ao coincidir a Festa dos Maiores coa celebración do Día da Muller Rural, o rexedor aproveitou para facer un recoñecemento especial ás mulleres rurais da Baña. “Grazas ao voso traballo, as xeracións actuais seguen a gozar do noso rural e poden construír un futuro mellor”, dixo García Cardeso.

O Concello tamén lles rendeu unha homenaxe ás catro persoas de máis idade que asistiron á festa: Mª Regina Paradela Cancela (San Vicenzo, 94 anos), Carmen Allo Castro (Suevos, 94 anos), José Manteiga García (Ordoeste, 96 anos) e Melchor Victoriano Uzal Mariño (Troitosende, 89 anos). Todas elas recibiron de mans do alcalde unha placa de madeira coa árbore da vida. O acto celebrouse días despois da festa, no salón de plenos, coa asistencia tamén do tenente de alcalde, César Ramos; da edil de Cultura, Lorena Trillo; e de familiares das persoas homenaxeadas.

Campamentos para fomentar a conciliación, cultivar amizades, gozar e seguir aprendendo nas vacacións

O Concello da Baña está a facer un grande esforzo para que as familias do municipio con crianzas escolarizadas poidan conciliar vida laboral e familiar durante as vacacións escolares de Nadal, entroido, Semana Santa e verán.

Ao longo de todo o ano, coincidindo coas datas das vacacións escolares, o Concello organiza diferentes campamentos para que as familias que o necesiten e que queiran poidan inscribirse neles e mandar as súas fillas e fillos. BrincaNadal, o campamento de Semana Santa ou o campamento de verán son algúns dos programas de conciliación postos en marcha polo goberno municipal que contan con moi boa acollida por parte da cidadanía. Boa proba é o elevado número de participantes acadado este ano no campamento estival.

Máis de 80 nenos e nenas da Baña participaron en xullo e agosto nas distintas quendas do campamento

O Concelllo programa varios campamentos ao ano para favorecer a conciliación nas vacacións escolares

DIVERBAÑA, FESTA NA PISCINA PARA TODOS OS PÚBLICOS. A piscina municipal volveu acoller este ano o DiverBaña, a festa organizada polo Concello na que a auga é, sen lugar a dúbidas, a gran protagonista. Foron varias ducias as persoas do municipio que se achegaron ata as instalacións acuáticas para gozar desta xornada e pasar unha tarde de diversión en familia e entre amizades. Xogos e inchables acuáticos, con divertidos tobogáns, fixeron as delicias dos máis pequenos, e os maiores tamén puideron gozar do baño e da música.

Campamentos para fomentar a conciliación, cultivar amizades, gozar e seguir aprendendo nas vacacións

urbano de conciliación organizado polo Concello nas instalacións de Agra de Chans. Aínda que en cada quenda houbo actividades troncais, como o programa de rutina diaria Actívate (con exercicios musicais, mindfulness básico e ioga), tamén se desenvolveron diversas actividades como andainas, horto escolar, manualidades ou xogos de auga para combater a abafante calor que fixo este verán.

Nenos e nenas traballaron aspectos como a sostibilidade, a saúde ou a igualdade de xénero. Coñeceron a petanca, grazas ao Club Petanca Negreira; o ioga, con Ana Vieito; e realizaron unha visita ao Concello para coñecer o seu funcionamento. Non faltaron as festas temáticas, os días especiais, a festa na piscina ou os espectáculos musicais A familia papaventos con Charo Pita, e Cantaxoga de Migallas Teatro. Pequenas e pequenos tiveron a oportunidade de cultivar novas amizades e aprender divertíndose.

Estadía xuvenil na praia de Espiñeira

Un total de 15 mozos e mozas da Baña, de entre 8 e 16 anos, participaron a finais do mes de agosto nun campamento xuvenil en Boiro organizado polo Concello, a través da concellaría de Cultura. Ao longo dunha semana, rapaces e rapazas bañenses gozaron da súa estadía na praia de Espiñeira. Entre as actividades das que puideron desfrutar esa semana destacaron as andainas, as visitas culturais e diversos xogos na praia.

O PAI prioriza as crianzas censadas na Baña

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña conta xa cunha ordenanza actualizada que permite darlles prioridade de acceso a unha praza a nenos e nenas censados na Baña. No pleno do 21 de xullo, a Corporación deulle luz verde por maioría á modificación da devandita ordenanza cos 6 votos a favor do equipo de goberno e as 4 abstencións dos socialistas.

A modificación do regulamento de réxime interno do PAI ten como obxectivo fundamental priorizar á hora de obter unha praza ás nenas e aos nenos de 3 meses a 3 anos empadroados na Baña; unha garantía que ata o de agora non existía. De feito, o curso 2021-22, das 20 prazas ocupadas no PAI menos da metade correspondían a crianzas censadas na Baña. A aplicación da modificación da ordenanza permitiu que no presente curso 2022-23 tiveran prioridade como nova incorporación, e sen necesidade de baremación, aquelas crianzas empadroadas no municipio; os fillos e fillas do persoal que presta servizo no PAI ou noutros servizos do Concello; e aqueles menores que xa tiveran un irmán ou irmá escolarizado. A ordenanza tamén contempla a situación daqueles familias que traballen no municipio e non estean empadroadas na Baña, que, de xeito excepcional, poderán matricular as súas crianzas no PAI se quedan prazas libres e non se lles garantiza praza para o curso seguinte.

A modificación da ordenanza do PAI permitiu o acceso directo das crianzas de 0 a 3 anos censadas na Baña

No caso de renovación de praza, aplicáronse xa os criterios de prioridade 1 (máxima preferencia) para aquelas crianzas matriculadas no curso anterior cuxos proxenitores estivesen empadroados no municipio e as solicitudes de crianzas matriculadas no curso anterior que fosen fillos ou fillas do persoal que presta servizo no Punto de Atención á Infancia ou noutras dependencias do Concello. A ordenanza recolle tamén unha reserva de praza de emerxencia social.

No listado de admitidos do curso 2022-23 aceptáronse 12 solicitudes de prioridade 1, e 7 de prioridade 2, quedando 6 solicitudes de menores con prioridade 2 na lista de agarda.

A Baña xa ten plan de voluntariado

O Concello da Baña conta desde marzo cun Plan Municipal de Voluntariado aprobado por unanimidade de todos os grupos da Corporación. O documento base, distribuído en tres liñas estratéxicas e dez áreas de actuación, regula o servizo de voluntariado en diferentes temáticas.

O plan, que o Concello puxo a disposición do tecido asociativo do municipio e da cidadanía en xeral, busca converterse nun referente para a colaboración altruísta dentro do municipio, fomentar e potenciar unha auténtica cultura do voluntariado e concienciar sobre a importancia do labor voluntaria. Está dispoñible para a súa consulta na páxina web municipal.

Renovan o convenio de Atención Temperá

Nenos e nenas da Baña poderán seguir acudindo ás dependencias do Servizo de Atención Temperá de Santa Comba, situadas na Casa da Cultura da capital do Xallas na rúa Miraflores, sempre que sexan derivados por un ou unha pediatra. O pasado 31 de outubro, o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, asinaba o convenio de renovación deste servizo coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose. O acto de sinatura contou tamén coa presenza da concelleira de Servizos Sociais xalleira, Esther Espasandín.

O Servizo de Atención Temperá de Santa Comba atende menores de 6 anos que sofren ou están en risco de padecer algún tipo de discapacidade ou trastorno do desenvolvemento.

O servizo de madrugadores,unha aposta decidida pola conciliación

O Concello da Baña mantén ao longo de todo o ano unha aposta decidida por facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias con crianzas, ao obxecto de fixar poboación e garantir que a veciñanza bañense goce dos mesmos servizos que noutros municipios. Un destes servizos de conciliación é A Baña Madruga, que está operativo tanto no CPI San Vicente como no Centro Rural Agrupado (CRA) de Lañas coa idea de que o alumnado poida quedar no centro a partir das 7.30 horas, desenvolvendo diferentes actividades ata o inicio das clases. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, o servizo contempla tamén a opción de almorzo. No presente curso, A Baña Madruga conta con trece nenos e nenas matriculados: cinco no CPI de San Vicente e oito na escola de Lañas.

A Baña envía axuda humanitaria á poboación ucraína

A veciñanza da Baña fixo gala do seu espírito solidario doando quilos de material de axuda humanitaria para a poboación ucraína afectada pola guerra. Enviáronse oito palés con alimentos, roupa e material sanitario. Así mesmo, Corporación e veciñanza condenaron os ataques perpetrados por Rusia contra cidades ucraínas nunha concentración que tivo lugar o 2 de marzo na praza do Concello.

Coidados porta a porta para maiores

A unidade móbil de Coidados porta a porta visitou A Baña. O servizo, de carácter gratuíto e promovido pola Xunta de Galicia, permitiu que as persoas maiores de 55 anos gozasen dos servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación cognitiva. A unidade estivo situada diante do pavillón polideportivo de San Vicenzo do 18 ao 21 de outubro. No servizo de podoloxía, os e as profesionais valoraron o estado xeral do pé das persoas que acudiron á unidade, cortáronlle as unllas e eliminaron durezas, calosidades e helomas, entre outros. No servizo de audición, exploraron os niveis e/ou a perda auditiva doss asistentes. A estimulación da memoria busca retrasar o proceso de deterioro cognitivo, promocionando hábitos de vida saudable e de envellecemento activo para evitar a dependencia. Os Coidados porta a porta volverán a principios de 2023 ata o pavillón de Lañas.

PARQUES EÓLICOS PROXECTADOS NA BAÑA E LIÑAS DE ALTA TENSIÓN

A Baña, contra os parques eólicos

O rexeitamento á poliferación de parques eólicos na Baña é xeralizado entre veciñanza, colectivos sociais, empresariais e grupos políticos. O Concello canalizou todo este malestar facilitando información e favorecendo a presentación de alegacións nos diferentes procesos de exposición pública que fai a Xunta, tanto dos parques eólicos como das liñas de alta tensión (LAT).

O alcalde, Andrés García Cardeso, ao igual que o resto da Corporación, non entende como todo o municipio queda afectado polas poligonales dos cinco parques eólicos previstos (Silvariño, Barrosino, Castiñeiras, Troitomil e Vilartoxo, que no mapa aparecen delimitados por liñas azuis), aos que hai que sumar dous parques eólicos máis que, pola súa potencia, estanse a tramitar dende o Goberno central e que tamén afectan ao municipio.

A isto engádese que hai previstas dúas novas liñas de alta tensión que atravesan todo o termo municipal (a da Picota-Santiago e a de Toitomil-Banzas-Lousame), ademais da liña de alta tensión xa existente que vai ata Santiago. “O normal sería que se aprovei-

Os de Silvariño, Barrosino, Castiñeiras, Troitomil e Vilartoxo e as dúas LAT afectan ao 90% do municipio

tara xa a liña existente, reforzándoa, sen ter que crear novos trazados que xeran un grande impacto ambiental”, sinala o alcalde. ca, se trataría dun gran parque eólico que se tramita en parques máis pequenos para facelo de xeito independente. Esta sospeita, apúntase dende o Concello, apóiase en que aínda que son empresas diferentes as que promoven os parques (chama a atención que todas teñan algunha coincidencia nos nomes), todas elas están representadas pola mesma persoa e teñen a mesma dirección de notificación.

No Concello da Baña sorprende que a liña de evacuación do parque da Picota (Mazaricos) pase polas poligonais dos cinco parques previstos na Baña en vez de ir en liña recta pola parte sur do municipio cara a Santiago. As liñas de evacuación dos parques, todas de alta tensión, afectan a terreos cualificados por Patrimonio Cultural, outro dos argumentos que esgrimen dende o Concello para oporse á súa tramitación.

Pero se algo chama poderosamente a atención no Concello da Baña é o solapamento existente entre as poligonais dos cinco parques eólicos, que afectan a máis do 90% da superficie do municipio (como se aprecia no mapa). Algo que fai sospeitar que, na práctiAndrés García Cardeso laméntase da “falta de transparencia da Xunta nos trámites administrativos que se están a seguir”. “Dende o Concello solicitamos varias aclaracións e presentamos xa alegacións e non obtivemon aínda ningunha resposta”, asegura.

Os técnicos municipais, que estiveron asesorando á veciñanza, sinalan que, actualmente ningún destes parques eólicos ten autorización. Os de Troitomil (o máis avanzado administrativamente falando), Barrosino e Vilartoxo xa saíron a exposición pública. Tamén saíron a exposición pública as autorizacións para as liñas de alta tensión da Picota-Santiago e de Troitomil-Banzas-Lousame.

Rolda de prensa contra o “expolio” e charlas informativas nas parroquias

O 16 de xuño saía a exposición pública o parque eólico de Troitomil, o que provocou a mobilización da veciñanza da Baña. O alcalde e representantes das asociacións veciñais O Outeiro, de San Mamede de Monte, e A Fonte Seca solicitáronlle o 28 de xuño á Xunta de Galicia que paralizase a tramitación deste e dos demais parques que se queren implantar na comarca. Nunha rolda de prensa ante varias ducias de veciños e veciñas, Andrés García Cardeso, Carme Varela e Cándido Iglesias pediron poñer fin “ao asedio e ao expolio eólico” que está a sufrir o municipio. O alcalde comprometeuse a “utilizar todas as ferramentas que temos ao noso alcance”.

Carme Varela, da Asociación Veciñal O Outeiro, asegurou que os parques eólicos que se están a tramitar na Baña “déixannos sen futuro e anulan totalmente o PXOM”, e pediu unha moratoria na tramitación de todos os proxectos “ata que se modifique a lei para adaptala á situación actual. Alcalde e representantes veciñais entrevistáronse en xullo co vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, para trasladarlle o rexeitamento aos parques e solicitarlle que paralizase os procesos. Tamén solicitaron entrevistarse co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, pero este aínda non atendeu a petición.

O 7 de abril, Concello e asociación O Outeiro organizaron unha charla informativa con Borxa Colmenero, avogado da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga). A partir de xullo, o Concello organizou charlas polas diferentes parroquias a medida que saían a exposición pública as diferentes autorizacións de parques e liñas de alta tensión, para trasladarlle á veciñanza cales son os seus dereitos e que posibilidades teñen de recorrer. Os técnicos municipais tamén asesoraron a todas as persoas que se achegaron ata a casa consistorial reclamando máis información.

Escanea o código para ver o vídeo coa charla de Borxa Colmenero.

O Concello facilitou na web alegacións tipo para a veciñanza

Durante os diferentes procesos de exposición pública tanto dos parques eólicos de Troitomil, Barrosino e Vilartoxo, como das liñas de alta tensión A Picota-Santiago e Troitomil-Branzas-Lousame, o Concello da Baña puxo a disposición da veciñanza unha alegación tipo para que as persoas interesadas puideran trasladar o seu rexeitamento á Xunta de Galicia.

Os diferentes documentos facilitados (un para cada proceso) foron redactados polos técnicos e a asesora xurídica municipal, e publicados na páxina web do Concello para darlle acceso a todas as persoas interesadas.

Acordo plenario de rexeitamento por unanimidade

Coincidindo coa exposición pública do parque de Troitomil, no pleno extraordinario do 30 de xuño, a Corporación da Baña volvía rexeitar por unanimidade a instalación de parques eólicos no municipio. Os tres grupos políticos volveron aprobar outra declaración institucional manifestando o “rexeitamento público e total” á implantación e tramitación de todos os parques eólicos iniciados. É un acordo unánime máis da Corporación para rexeitar a instalación abusiva de parques eólicos na contorna. Outros acordos por unanimidade neste sentido xa se produciron no pleno do 31 de marzo de 2021 e tamén no pleno celebrado o 28 de abril de 2021, no que xa se aprobara outra declaración institucional rexeitando estes parques e que se pode ler na web do Concello.

Escanea o código para ler o manifesto institucional aprobado pola Corporación.

A Baña, un dos 5 municipios galegos nos que a veciñanza reciclou mellor

A Baña foi un dos cinco concellos galegos no que máis se reciclou en orixe ao longo do exercicio 2021, ao reducir o lixo na bolsa negra un 3,5% e incrementar as achegas de plástico, lata e bricks do contenedor amarelo nun 55%. Así llelo fixo saber a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ao goberno local presidido polo alcalde Andrés García Cardeso, na visita que esta cursou ao punto limpo o 15 de febreiro.

Ángeles Vázquez puxo como exemplo á veciñanza da Baña polos bos resultados acadados no ano 2021 tanto desde o punto de vista da produción de lixo convencional como das taxas de reciclaxe de envases lixeiros. Ao longo dese ano, A Baña enviou a Sogama 34 toneladas menos de lixo na bolsa negra que o ano 2020, e recolléronse 46,41 toneladas de envases lixeiros no contenedor amarelo, o que representa un 55,2% máis que no ano anterior.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que o punto limpo da Baña, posto en marcha pola Xunta en 2005, é unha mostra máis do compromiso municipal coa xestión do lixo de orixe doméstica e a vontade de facilitarlle á veciñanza espazos axeitados para o seu almacenamento, así como o material e os recursos necesarios para garantir unha correcta separación en orixe.

O punto limpo funciona de luns a sábado, de 10.00 a 14.00 horas, e nel pódense depositar residuos especiais como metais, plásticos, madeira ou electrodomésticos, entre outros.

Reparto de 130 composteiros de uso doméstico

Baixo o lema Composta! Transforma os teus residuos, o Concello da Baña puxo en marcha en agosto unha campaña na que animaba aos veciños e ás veciñas do municipio a sumarse á reciclaxe de residuos orgánicos, repartindo de balde composteiros domésticos para converter en compost os restos de comida e follaxe que desbotamos a diario nos nosos fogares.

Nesta iniciativa o Concello da Baña investiu 18.000 euros. O obxectivo era facilitar un total de 130 composteiros domésticos totalmente gratuítos, xunto cun manual de compostaxe e a visita de persoal técnico encargado do proxecto coa fin de supervisar o proceso e resolver as dúbidas. Tamén se celebraron diversas sesións informativas.

Aínda que o proxecto ía destinado a toda a veciñanza, priorizouse no reparto de composteiros domésticos a aqueles fogares que non se atopasen preto da ruta de recollida do contenedor marrón. Ao amparo desta iniciativa, repartíronse un total de 115 composteiros dos 130 dispoñibles. Aquelas persoas que aínda desexen sumarse poden chamar ao de teléfono 682 859 367, de 8.00 a 14.00 horas, ou mandar un mail a correo@concellodabana.gal.

Fomentar a separación de materia orgánica

Avanzar na implantación da recollida separada dos biorresiduos domésticos é unha das apostas do goberno da Baña. No mes de abril, o alcalde, Andrés García Cardeso, informou á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, de que o Concello pediu unha subvención para dous proxectos vencellados ao tratamento municipal dos biorresiduos e que foron orzamentados en preto de 24.000 euros. O primeiro dos proxectos supón a adquisición dunha biotrituradora para tratar os restos de poda e limpezas vexetais, bolsas compostables e caldeiros específicos. E, o segundo, céntrase na colocación de composteiros (individuais e comunitarios) e áreas para albergar estas instalacións. En ambos os dous casos, os proxectos incluén unha campaña de difusión.

O obradoiro de emprego formou 20 persoas

O Obradoiro dual de emprego Promoción 2021, centrado en Actividades auxiliares en conservación e mellora de monte e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, deu formación ao longo de nove meses a 20 persoas dos concellos da Baña, Val do Dubra, Negreira e Santa Comba. En concreto, participaron 13 mulleres e 7 homes. A Xunta destinou ao seu desenvolvemento 376.000 €. de Corneira. A segunda das actuacións enfocouse na limpeza, rozadura e mantemento de infraestruturas forestais das áreas recreativas de Chans, en San Vicenzo, e de Fiopáns e A Chousa, en Lañas. O alumnado do obradoiro tamén puxo en marcha a creación dun parque micolóxico na finca Pedra Miñata, no Barro, e finalmente realizou o revestimento exterior da antiga escola unitaria de Corneira.

No municipio da Baña foron catro as actuacións realizadas polas persoas integrantes do obradoiro. A primeira consistiu na limpeza, rozadura e mantemento da Vía Mariana ao seu paso polo concello e centrouse nas parroquias de San Mamede de Monte, San Cibrán de Barcala, San Xoán de Barcala, Santa María de Ordoeste e San Cristovo O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, destacaba o 20 de xullo, na visita que cursou ao alumnado do obradoiro, o compromiso dos concellos da Baña, Val do Dubra, Negreira e Santa Comba, coa empregabilidade e coa mellora das capacidades das persoas desempregradas para que poidan atopar un traballo.

Atópase en proceso un novo obradoiro dual de emprego, o ‘Reacciona’ . Formará vinte persoas, cinco delas da Baña

Nesta aposta enmárcase tamén o novo obradoiro dual de emprego Reacciona, promovido polo Concello de Santa Comba en convenio cos da Baña, Negreira e Val do Dubra, que se atopa en fase de proceso. Nel formaranse outras 20 persoas maiores de 18 anos, cinco delas da Baña. O obradoiro centrarase en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en limpeza en espazos abertos e instalacións industriais. A Xunta destina unha axuda de 503.987 €.

Taller de enxertos e outra oferta formativa

A eliminación das restricións pola Covid permitiu retomar durante 2022 diferentes cursos de formación. Dende o Concello, en colaboración con +de3 Asociación e coa UNED da Coruña, ofertouse á veciñanza un taller de enxertos. Este obradoiro desenvolveuse na horta municipal e contou cunha vintena de participantes, que, grazas ás indicacións da experta Carmen Freire, puideron realizar un inxerto de inverno e outro de verán.

O Concello tamén promocionou ao longo do ano na páxina web e nas redes sociais municipais cursos de formación organizados por institucións como a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o Centro de Formación de Segurde.

Entre os cursos ofertados atopábanse un de iniciación á apicultura ecolóxica, un de bioconstrución, un de formación de permacultura e técnicas da agricultura orgánica e outro que trataba sobre medidas preventivas ante os posibles ataques de lobo ás explotacións de gando en extensivo e semiextensivo.

A Baña aprobou un orzamento de 4,4 millóns

Despois dun lustro cuns orzamentos prorrogados, a Corporación da Baña daba luz verde en agosto ao presuposto para o exercicio 2022 cunha contía de 4,4 millóns, permitindo que o Concello recupere o pulso para o desenvolvemento do municipio despois da pandemia e das restricións derivadas da Covid-19. O alcalde, Andrés García Cardeso, destacou que o equipo de goberno elaborou uns orzamentos equilibrados e sen déficit. “Trátase dun presuposto real, adecuado ás necesidades que ten un concello rural coma o noso e supón unha catapulta para elaborarmos xa o de 2023, recuperando deste xeito a tan necesaria normalidade”, manifestou.

As contas, aprobadas por unanimidade dos grupos políticos con representación na Corporación bañesa, teñen especial incidencia na partida dedicada a servizos sociais. A previsión de gasto social é de 1,2 millóns, máis dunha cuarta parte do orzamento total. Mentres que o investimento real en diferentes actuacións de saneamento e abastecemento, melloras culturais, sociais e medioambientais supera o 30% do orzamento de 2022.

Nunha análise por capítulos, a partida de investimentos reais suma 1,34 millóns (o 30,24% do total). Os gastos correntes en bens e servizos conso-

O orzamento do exercicio 2022 é o primeiro presuposto aprobado polo Concello dende o ano 2017

men o 34,20% do total do presuposto Pola súa parte, os gastos de personal ascenden a 1,25 millóns, á espera do remate da elaboración e negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT). As principais fontes de ingresos son as transferencias correntes doutras administracións, que supoñen máis da metade do orzamento (2,2 millóns) e as transferencias de capital, calculadas en base ás subvencións solicitadas, que representan o 25% do presuposto do Concello.

Acordo co persoal para estabilizar prazas no concello e asinar convenios

O goberno municipal comezou a principios de ano as negociacións co persoal laboral e cos funcionarios cun dobre obxectivo: dar cumprimento a Lei 20/2021 de 28 de decembro para reducir a temporalidade no sector público e asinar un convenio colectivo e o marco regulador dos funcionarios que permitan equiparar as condicións laborais dos dous colectivos.

Polo que respeta ao plan de estabilización do persoal laboral, en febreiro o alcalde ordenaba o inicio das negociacións e en maio aprobábanse as bases xerais para regular as convocatorias dos procesos s electivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal de longa duración do Concello da Baña, que afectan a 25 postos de traballos. No mes de decembro publicábanse no Boletín Oficial da Provincia as bases específicas correspondentes a cada unha das catorce tipoloxías de prazas que se queren estabilizar, e que afectan a 25 traballadoras e traballadores.

Con este proceso, o Goberno local consdiera que ademais de darlle estabilidade ao persoal que leva anos vinculado ao Concello, tamén se garantirá unha mellor atención á veciñanza.

De xeito paralelo, as negociacións para asinar o convenio colectivo co persoal laboral e o marco regulador do persoal funcionario estaban case rematadas no primeiro ano do goberno bipartito.

Festivos locais para 2023

A Corporación aprobou os festivos locais para o ano 2023 no pleno que se celebrou o 12 de agosto. Serán días non laborables no Concello da Baña o martes de Entroido, que coincide co 21 de febreiro, e o 8 de setembro, día no que se celebra a Virxe do Bo Suceso na parroquia de San Vicenzo. Elixíronse estas datas porque o 22 de xaneiro (San Vicenzo) e o 9 de setembro (Virxe das Dores) coinciden en fin de semana no 2023.

Rede Aberta e Telefónica dotan a Baña de fibra óptica ultrarrápida

Un dos compromisos do Concello é o de dotar a todos os fogares da Baña de fibra óptica e cobertura 4G, eliminando as barreiras dixitais. Baixo esta premisa, o goberno firmaba no primeiro trimestre do ano un convenio coa teleoperadora neutra Rede Aberta para despregar a fibra óptica ultrarrápida ao longo da AC-444 ao seu paso pola Baña. Tamén se elaboraba un mapa de áreas prioritarias para cubrir as zonas brancas (aquelas ás que non chega a fibra nin entran nos plans de execución). O convenio con Rede Aberta sumábase ás actuacións que xa estaba a facer nese eido Telefónica. Ademais, o Concello tamén solicitou á Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) que axilizase o prazos para mellorar a cobertura móbil e que dotase a todos os puntos do municipio de fibra óptica. Paralelamente, o Concello buscaba os terreos para construír dúas torres de cobertura móbil en Valiña e Vigobó.

Ao longo dos pasados meses Telefónica dotou de fibra óptica ás parroquias de Marcelle, Suevos, O Barro (na foto) e Nantón. E Rede Aberta despregou o servizo en San Vicenzo, Corneira, San Cibrán, Ordoeste e Seoane. En Villar da Torre, Villar de Suso, Lañas e Valiña quedarían conectados este ano, e faltarían Cabanas, Fiopáns, Troitosende e algunhas aldeas de Lañas.

Axudas para pemes e autónomos por causa da pandemia

O Concello da Baña lanzou no 2022 unha nova liña de achegas dirixidas ás persoas autónomas e ás pequenas empresas con sede no municipio co obxectivo de paliar os efectos do impacto da crise socioeconómica causada pola pandemia da Covid-19. Esta nova liña de subvencións foi financiada integramente con fondos propios do Concello e contemplaban dúas liñas diferentes de achegas.

A primeira das liñas estivo dirixida a ampliar o programa PEL-Reactiva. Os destinatarios foron aqueles autónomos e pequenas pemes da Baña que quedaron fóra da convocatoria anterior por esgotamento de crédito, pero que cumprían os requisitos da mesma. Neste apartado, rexistráronse dúas solicitudes.

Pola súa parte, a segunda liña desta convocatoria tiña como obxectivo paliar os efectos económicos derivados das restricións impostas pola diferentes administracións públicas e quedou deserta ao non recibirse ningunha solicitude.

Estratexia Leader para promover o potencial rural

O Concello da Baña, xunto co Grupo de Desenvolvemento Local (GDR) Terras de Compostela, comezou a traballar nos últimos meses de 2022 na planificación da Estratexia Leader 23-27 para dar respostas ás necesidades do territorio e impulsar o potencial rural. Con esta finalidade e buscando a implicación do tecido social, económico, asociativo e veciñal na elaboración da estratexia marco, Concello e GDR levaron a cabo un proceso participativo cidadá aberto en dúas direccións. A primeira, a través dunha xuntanza, na que solicitaron as opinións dos veciños e veciñas presentes. E, a segunda, a través dunha enquisa online, a cubrir por quen quixera.

Impulso á calidade turística en destino

Os apartamentos turísticos A Carballeira do Tambre e Pazo de Cores, ambos os dous da Baña, atópanse entre os 15 establecementos do GDR Terras de Compostela que obtiveron en 2022 o diploma SICTED, selo que acredita a calidade turísitica en destino. A entrega dos diplomas tivo lugar en setembro, nun acto celebrado na área recreativa da Fervenza de Castriz (Santa Comba) e ao que asistiron o alcalde, Andrés García; o tenente de alcalde, Manuel Landeira, e a axente de Desenvolvemento local da Baña, Dolores Landeira. A Carballeira do Tambre tamén foi o escenario escollido polo delegado territorial, Gonzalo Trenor, para promocionar os bonos turísticos da Xunta Quedamos en Galicia, válidos do 15 de setembro ao 31 de decembro de 2022.

Plan de obras con 4,5 millóns de investimento

O plan de obras deseñado polo Concello da Baña para o exercicio 2022 contempla investimentos por máis de 4,5 millóns de euros, a maioría dos cales proceden de actuacións da Xunta e da Deputación que se conseguiron despois das intensas negociacións realizadas polo equipo de goberno. A principal partida deste plan vai destinada a unha rehabilitación integral do CPI San Vicente, que inclúe as melloras nas cubertas e impermeabilizacións, fachadas, carpintería exterior, acabados interiores e instalacións co obxectivo de incrementar o illamento e mellorar a eficiencia enerxética do edificio e o confort do alumnado. Con esta actuación o colexio da Baña adaptarase ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia. A Consellería de Educación ten reservada unha partida de 1,16 millóns de euros para acometer estas obras, que están en fase de licitación.

Esta actuación vai atender as demandas da comunidade educativa e tamén do goberno local, que xa no mes de xaneiro lle formularon ao xefe territorial da Consellería, e que este puido comprobar en persoa nunha visita posterior ao centro.

A mellora da accesibilidade peatonal na AC-444 vai representar tamén un forte investimento, próximo aos 900.000 euros. A Consellería de Infraestruturas ten en fase de licitación esta obra que vai permitir construír unha senda peonil nesta estrada autonómica dende o límite co concello de Negreira ata despois do núcleo de Seilán, para garantir unha maior

seguridade viaria dos peóns entre a localidade de Seilán e Negreira. Coa construción da nova senda peonil vanse mellorar tamén outros servizos básicos na zona, como o drenaxe e saneamento. Esta actuación da Xunta complementouse coa pavimentación desta estrada co plan POS+ da Deputación entre Marcelle e O Barro, que representou un investimento superior aos 163.000 euros, facilitando deste xeito a comunicación interior da veciñanza.

Outra das obras que requerirá un forte investimento é a pavimentación da estrada que vai de Vilar da Torre a Lañas, que vai dar continuidade a mellora do tramo entre O Seilán e Vilar da Torre (do que é titular a Deputación). Para a execución desta actuación o Concello agarda contar coa colaboración da Deputación Provincial a través dunha subvención nominativa.

Xunto a estas grandes actuacións, o Concello contempla no seu plan outras obras que representantan tamén melloras substanciais para a veciñanza, como o abastecemento de auga de Emes a Barcala, os saneamentos de Xasollo a Castiñeira ou o de Liñares a San Salvador, así como pavimentacións de diferentes estradas locais. A creación dun novo parque infantil cuberto nas inmediacións de instalacións públicas en San Vicenzo, cun investimento superior aos 48.000 euros, vaille permitir ás crianzas poder gozar nesta zona de ocio tamén en períodos de mal tempo.

A mellora de camiños municipais, que utiliza a veciñanza para acceder as súas fincas por todo o municipio, contempla un investimento superior aos 82.000 euros a través do plan marco de camiños que financia a Xunta.

PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

PVP en Lañas e Fiopáns PVP en Vilar (Marcelle) PVP en Señor e Buchaín PVP AC-444 Marcelle-O Barro PVP A Tarroeira e Trasbarcala-límite con Negreira Abastecemento de auga Emes-Barcala PVP Corres-Lameiro PVP Menlle Arriba-Paradas

49.170,94 30.381,14 32.895,19 163.809,62 67.160,28 48.084,27 67.260,28 106.860,73

Saneamento Xasoso-Castiñeira PVP O Cruceiro-Canle-Paraxó Creación dun novo parque infantil cuberto Obras de reformado do centro de saúde PVP en Faílde-Suevos-Faxín Mellora da accesibilidade peatonal en AC-444 PVP entre Vilar da Torre e Lañas

46.328,70 66.222,01 48.276,27 47.980,35 36.244,38 879.936,22 250.213,99

Mellora accesibilidade local social A Baña Renovación do acabamento e fachadas do Centro da terceira idade de San Vicenzo, lavadoiro e fonte en O Pazo Rehabilitación integral do CPI San Vicente

PLAN MARCO

Plan marco de camiños municipais

PLAN COMPLEMENTARIO

Saneamento Liñares-San Salvador 48.349,46 47.995,62

1.161.179,44

82.360,14

177.843,57

Mellora capa rodaxe pista Liñares á Carballeira

245.946,00 Mellora capa rodaxe pista Ermida-Francos (Ermida) 145.976,05 Mellora capa rodaxee pista Marcelle-Reqguengo (Suevos) 232.384,35 Mellora capa rodaxe da pista San Cibrán-Chantada 96.144,98 Mellora capa rodaxe de Vilar de Cerdeiras-Corneira 80.983,10 Mellora de viarios en Guende 137.754,71 Mellora capa rodaxe igrexa Toitosende ao límitea Ames 85.002,92 PVP accesos Buchaín-Nantón 167.697,49 PVP na Edreira 30.230,14

TOTAL 4.680.672,34

Plan Fermosismo para corrixir o impacto do feísmo

O Concello da Baña recibiu en 2022 unha achega da Xunta de 40.000 euros destinada a corrixir os impactos paisaxísticos nos equipamentos e os edificios públicos. Esta achegas, que incluían dúas liñas de actuación, forman parte do programa Fermosismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinados a aqueles municipios de Galicia con menos de 20.000 habitantes. Foi o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o encargado de llelo comunicar ao alcalde, Andrés García, na visita que cursou á Baña en maio.

En concreto, e dentro da liña de subvencións reservadas para edificios que acollen servizos municipais, o Concello da Baña recibiu unha axuda de 20.000 euros para a reparación da fachada e o pintado do Centro Social da Terceira Idade e o centro de saúde. E, dentro da liña dedicada a equipacións públicas e elementos etnográficos, o Concello recibiu outros 20.000 euros para actuar na reparación de fendas e na posterior limpeza do lavadoiro de Pazo, en Cabanas.

Estas actuacións rematáronse despois do verán e na actualidade o centro da terceira idade, o centro de saúde e o lavadoiro de Cabanas locen arranxados, limpos e pintados. EFICIENCIA ENERXÉTICA NO CENTRO DE SAÚDE. O alcalde da Baña, Andrés García, reuniuse en xuño co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para firmar o convenio de colaboración de cara a mellorar a eficiencia enerxética no centro de saúde e reducir o consumo eléctrico no edificio. As actuacións previstas suporán un investimento de preto de 48.000 € e serán financiadas a partes iguais entre a Xunta e o Concello.

MELLOR ACCESO AO CEMITERIO DE

SUEVOS. A brigada de obras do Concello levou a cabo o acondicionamento das escaleiras do cemiterio de Suevos; adecentou e recuperpou os escalóns e instalou unha baranda dobre. FONTE DE LAMEIRO. O Concello recuperou a fonte de Lameiro e acondicionou o terreo cedido pola familia da Casa Perico para colocala. A actuación enmárcase no compromiso do Concello de pór en valor o patrimonio local. CAMPO DE FÚTBOL DE CARTAS. O Concello limpou e sinalizou o aparcadoiro do campo de fútbol e dotouno dunha nova entrada directa. Tamén acondicionou o almacén de material e a cantina, onde instalou un termo.

Centos de persoas viaxan á Galicia castrexa

A Baña regresou en maio a época prerromana na I Festa Castrexa, organizada polo Concello en colaboración coa asociación de empresarios A Baña Emprende. Centos de persoas participaron nunha celebración que naceu co afán de poñer en valor os atractivos patrimoniais do municipio, poñendo especial énfase no seu castro.

Como parte da festa estableceuse un mercado de artesanía no que máis de corenta expositores demostraron en vivo e en directo o seu desempeño e habilidade en diversos oficios tradicionais como fabricación de xabón, repostería, conservas, xoiería ou tecido. Tamén se propuxeron diversos xogos enxebres e actividades para a cativada: carreiras de sacos, camiñatas en zancos, lanzamento de aros, paseos a cabalo e chave, entre outras.

Pepe Capelán, colaborador do programa humorístico da Televisión de Galicia Malicia Noticias, deu paso co seu

Escanea o código para ver o vídeo resumo da Festa Castrexa pregón a unha sesión vermú na que o grupo Minguante amenizou os instantes previos á comida, cunha variada oferta gastronómica para que os e as visitantes recargasen enerxías antes dunha esixente tarde na que a actividade regresou, entre outras cousas, con xogos populares, coa actuación do mago José Benigno e co prato forte da xornada: a simulación dunha batalla entre castrexos e romanos.

Nesta representación participaron integrantes da compañía Queiman e Pousa e tamén os numerosos membros dos seis clans que se presentaron ao concurso de caracterización castrexa. No certame resultaron vencedores o Clan da Alberta, que recibiu o premio ao mellor caracterizado; Os Seixos, que foron o clan máis numeroso; e Os escribanos palustres, galardoados por seren os máis diversos.

A festa seguiu coa actuación de De Vacas, un dos grupos máis singulares da música galega actual pola súa combinación de folk, pop e jazz, e co espectáculo ao caer a noite do Bruxo Queiman, unha proposta escénica de lume e misticismo. A celebración rematou pasada a medianoite coa festa rachada dos Festicultores.

This article is from: