Anduriña2018

Page 21

Anduriña

UNS DÍAS NA NEVE O 22 de febreiro foi un día moi especial. Fomos de excursión á neve a Leitariegos. Saímos moi cedo, lembro que aínda era de noite

(6:00 da mañá); íamos todos moi

abrigados e nerviosos! Ao chegar fixémonos cos esquís, o casco… e subimos á estación de esquí. Estaba todo branco. Ángel, o noso monitor, ensinounos o básico de esquiar. Era moi bo e simpático; paseino xenial. Caín unha e outra vez e moita calor pasei…! Era a primeira vez que durmía fóra da casa sen meus pais ou avós. Fomos á disco! Ao día seguinte volvemos a esquiar e á noite tivemos sesión de cine. Vimos unha peli moi divertida: “Dos tontos muy tontos”. O último día déronnos un diploma e fixen un pompón da miña cor favorita. Todos os días que o vexo, lembro esa excursión! Laura Cao Anidos 5º Primaria

21


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.