Faladeiros 2010

Page 47

Luís, xubílaste, xa cumpriches dabondo!! Agora ábrese un novo horizonte onde non estarás sometido a horarios, a prazos, a debates... onde poderás dedicarlle todo o tempo do mundo a todo o que che apaixona, que non son poucas cousas, cónstanos. Queremos agradecerche todos estes anos de dedicación e esforzo á tarefa docente, a túa ilusión por crear unha escola diferente, comprometida co coidado do medio ambiente, coa dinamización da lingua galega... Non podemos esquecer o teu labor no Centro de Formación do Profesorado durante 6 anos. As persoas que participamos nos cursos que organizaches só temos palabras de agradecemento para ti. Foron moitas as horas compartidas, pedímosche desculpas polos “erros” que seguro “padeciches” ao longo destes anos de convivencia, pero sabes, que, no fondo, somos boa xente e querémoste. Unha aperta das de verdade e boa travesía, capitán! Os teus compañeiros e compañeiras do CEIP A Rúa

Lerdas parvadas aguantaches. Uf! Que canso quedaches! Incluso gustaríanos verte máis. Sempre no corazón estarás. Pena nos da verte ir. Eras un bo profe. Rápido correxiches os exames, E con algúns moito tardaches. Zapatos de pequenos nos ataches. Alumn@s de 6º POESÍA PARA O PROFE LUÍS O profe Luís vaise xubilar, O próximo curso xa non estará O profe Luís vaise a xubilar, Polo patio xa non se verá. O profe Luís vaise xubilar, As súas bromas imos estrañar. Ao profe Luís coñecimos, Que é un profe moi divertido. As túas vacacións te mereces. Despois de dar clase tantas veces. Agora desexámosche un feliz cruceiro No teu barco, mariñeiro. O profe Luís vaise xubilar, Por favor, vennos visitar. Alumnos de 4º 46

FALADEIROS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.