Revista breogán 2014

Page 1

ANDREA MARTÍNEZ GARCÍA_6ºA

Revista Escolar Breogán -Ceip Balaídos _ Ano 33 _ Maio 2014_

Secretaría Xeral de Política Lingüística Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Ceip Balaídos de Vigo


COLABORACIÓN ALUMNADO DE SEXTO DIRIXIDO POR BEA, COA COLABORACI N DE


1.– NENOS E NENAS, ESTAMOS DE VOLTA! _Editorial_ ………………………………….

Pax. 4

2.– QUEN ERA “DÍAZ CASTRO”?

Pax. 5

3.– DOUS CONTOS VIAXEIROS:

pax. 7

_ A Supertartaruga da Reciclaxe _ Buscando a Pompi

4.– RECREANDO A AIDA ALONSO.

PAX. 12

4.– COUSAS DE PEQUECHOS:

Pax. 13

_ Educación Infantil_ …………...… _ Despedida de 5 anos…….

Pax. 20

5.– O QUE NOS CONTAN OS DE 1º CICLO. Pax.25

6.– 2º CICLO... INVESTIGANDO!

Pax. 33

7.– XA SOMOS OS MEIRANDES DO COLE! _3º Ciclo_………………………………………..

Pax. 41

8.-SEXTPEDIDAS! Pax.49

_ Adeus a Sexto.

9.– CONECTA CO CEIP BALAÍDOS -3-

Pax. 52


Un ano máis, dende hai 33 anos, sae á rúa una nova edición da nosa REVISTA BREOGÁN, a revista do Colexio Balaídos. Faino coincidindo co mes da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013, que, como ben sabedes, se adica neste ano a o poeta

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Salientamos neste número: • •

As cartas de despedida do alumnado de 6º e de 5 anos de educación Infantil.

A portada é unha mostra do traballo de recreación plástica

desenvolto nas aulas arredor da figura da ilustradora AIDA ALONSO • E os contos viaxeiros: “A Supertartaruga da Reciclaxe “ e “Buscando a Pompi” Como sería imposible amosar aquí todo o labor desenvolto durante este curso aconsellámosvos que visitedes a nosa web e a galería de fotografías que hai nela.. Se desexades descargar a revista en formato dixital , poderedes facelo entrando na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/ Descárgaa e envíallela ás túas amizades e familiares. Paga a pena tela! Sen máis: agardamos que vos guste e... Vémonos no seguinte número. Boas Letras Galegas 2014! Bo remate de curso e …. BO

-4-

VERÁN !!


-5-


Xosé María Diaz Castro Homenaxeado no día das letras galegas 2014

Xosé María Díaz Castro naceu en Vilariño o 19 de febrero de 1914. Aos 17 anos ingresou no seminario de Mondoñedo e, cando saiu en 1936 exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcia de Arousa (Pontevedra). En 1948 tras licenciarse en Filosofía e Letras, transladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Cultura Hispanica e no Concello Superior Científico. OBRAS: Escribiu os primeiros versos aos 12 anos e o seu primeiro poema publicouno os 16 anos na revista “Lluvia de Rosas” (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista “Alba”. A súa consagración produciuse coa aparación do tomo IV (4) da escolma da poesía Galega (1955)de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica nas revistas “Estafena literaria” e “Ínsula” de Madrid. En 1946 publicou “Nascida dun Soño” e “E o Cantigo da Cidade”. En 1961 “Nimbos” (a súa obra máis importante). Publicou , ademáis, traduccións ao Galego e ao Castelán de poetas europeos, multitude de poemas e os libros “Sombra Radiante” e “Melodías”. -6-


Nenas e Nenos de EDUCACIÓN INFANTIL e de EDUCACIÓN PRIMARIA foron creando cadanseus contos. MEDRARON AO TEMPO QUE ÍAN VIAXANDO DE AULA EN AULA

-7-


3 anos A Había unha vez unha tartaruga mariñeira, navegaba coa súa familia ata que quedou atrapada por unha bolsa.

3 anos B A tartaruga Marga berraba: Socorro!! Entón apareceu o cangarexo Popo, cortou a bolsa e salvouna.

4 anos A A tartaruga atopou o peixe Gupi e díxolle: As bolsas hai que botalas no colector amárelo.

4 anos B A tartaruga foi nadando ata a beira e botou a bolsa no colector amarelo. Despois volveu á auga e comezou a buscar aos seus pais.

5 anos A O golfiño Lilo díxolle que os seus pais estaban nunha illa deserta chea de lixo.

5 anos B Como unha tola púxose a limpar toda a illa, metendo cada cousa no seu colector, e por fin debaixo de todo aquel lixo atopou á súa familia. E viviron felices para sempre.

-8-


1ºA Érase unha vez un paxariño. Era moi pequeniño e de cor vermella. As súas patas eran laranxas e delgadas. Un día, ao amencer, a súa mamá colleu moitos vermes e levounos ao niño, pero decatouse de que desaparecera o pequeno paxaro.

1ºB Pompi quería aprender a voar, así que comezou a bater as súas ás pero non acontecía nada. Seguía no mesmo sitio. Pensou e pensou, ata que se lle ocorreu unha idea. Saltou do niño e bateu moi forte as ás e... sen decatarse comezou a voar.

2ºA Pero como aínda non practicara o suficiente, axiña caeu e mancouse nunha pata. Vendo que estaba só botouse a chorar. Sentíase triste, dorido e asustado, ata que por alí pasou un veterinario. Mentres tanto a nai de Pompi agardábao no niño...

2ºB Tiña uns vermes fresquiños para el. Estaba preocupada e moi triste, así que decidiu pedirlle axuda aos seus amigos. Foi buscar a Marta a lagarta e preguntoulle: Marta, viches a Pompi? Non, non o vin! Pero podemos ir preguntarlle ao bufo sabio. Xuntos, mamá paxaro e a lagarta foron a casa do bufo sabio que vivía no alto dunha árbore.

-9-


3ºA Mamá paxaro e Marta, a lagarta, chegaron ao alto da árbore. Atoparon ao bufo lendo o seu libro máxico que vía o futuro. O bufo preguntoulles: Que queredes? E a mamá paxaro respostou: Queremos saber onde está o meu fillo. O bufo abriu o libro. E o libro leu o pensamento do bufo e escribiu a resposta.

3ºB O libro do bufo escribiu que o paxariño estaba moi asustado pero nun lugar seguro. Mentres isto acontecía, o veterinario xa recollera a Pompi e o levara á clínica. Alí vendoulle a patiña e deulle de comer alpiste. Meteuno nunha gaiola grande onde coñeceu a unha amiga, chamada Lora.

4ºA Lora era unha fermosa “periquita” que facía honra ao seu nome. Ola paxariño. Como te chamas, e que fas por aquí? Ola. Chámome Pompi. Un veterinario tróuxome porque teño unha ferida nesta pata. Estou encantada de que esteas na miña gaiola. Levo varios días e estou moi aburrida. Lora e Pompi pasaban as horas falando, contándose as súas vidas… Pero, Pompi non deixaba de cavilar no inqueda que estaría a súa nai. O paxariño explicou a Lora o que lle preocupaba e entre os dous acordaron artellar un plan para saír daquela prisión.

4ºB O veterinario en realidade era un ladrón. Roubaba os animais e vendíaos a prezos moi altos. Na súa clínica tiña: cans, morcegos, camaleóns, xabaríns, serpes, … Mentres tanto o bufo sabio fíxolles un mapa coas instrucións para que a mamá puidese atopar ao seu fillo.

-10-


5ºA Lora e Pompi estiveron falando toda a noite e idearon un plan. Cando amenceu contáronllelo a todos os animais. O plan consistía en que como Pompi era pequeno e adelgazara pola pouca comida que lles daban, cabería polos barrotes da gaiola, e roubaría as chaves do seu despacho sen que o veterinario se decatase. Aos animais gustoulles a idea e Pompi pensaba que tiña que saír de alí como fose, pois a súa nai estaría preocupada. Lora parecía tranquila, quizais por levar alí máis tempo ca el. Cando chegou a noite, Pompi saíu, colleu as chaves e soltou a todos os animais. Pola mañá, cando o veterinario abriu a porta, os animais saíron en “estampida”.

5ºB Nesta “estampida” Pompi perdeuse, non soubo por onde saír e quedou só na clínica. Lora, ao ver que o seu amiguiño non a seguía, deu volta e topouse con Pompi deitado. Lora anicouse detrás dun moble mentres o veterinario collía a Pompi e o volvía meter na gaiola. Chegada a noite, Lora colleu as chaves do veterinario e abriu a gaiola, colleu a Pompi polo peito e levouno ao bosque. Xa non podían máis! Deitáronse ao pé dunha árbore e alí quedaron durmidos. Lora, ao espertar, decatouse de que o veterinario estaba preto. Entón ocorréuselle facer unha trampa: atar unha corda dunha árbore á outra.

6ºA O veterinario chegou e, sen decatarse de que Lora e Pompi fixeran unha trampa, bateu coa corda e estampouse contra o chan. Lora e Pompi, aproveitando que quedara inconsciente, atáronlle os cordóns ao cinto. Querían fuxir de alí, pero o veterinario espertou e, cando intentou erguerse, viu a trampa que lle puxeran. Sacou do peto un coitelo e cortou os cordóns dos zapatos, mentres Lora e Pompi fuxían. Como o veterinario era tan alto, atrapou a Lora por unha á. Pompi tentou rescatala, pero... era demasiado tarde! A única maneira de alcanzalo era voar.

6ºB Nese momento pasou por alí a nai, Marta a lagarta e o Bufo Sabio. Pompi, ao ver á súa nai, non a quería decepcionar. Pompi respira, vai á carreira, e de súpeto… POMPI ESTABA VOANDO!!! Daquela, un refacho de vento desvía a Pompi, cravándolle o peteiro no ollo ao veterinario. Este solta a Lora. E os dous paxariños foron onde a nai de Pompi dicíndolle: - Mamá, fuxe! ...Faime caso! A nai sae correndo canda eles e, cando Pompi ve que xa non está o veterinario, agóchanse nunha árbore. ga.

Nai e fillo abrázanse felices, mais daquela ela decátase de que Pompi non está só. Ten unha amiComo Lora non tiña pais, a mamá de Pompi proponlle que vaia vivir con eles. Lora, moi leda, contesta: - Claro que si!

E deste xeito foi como Pompi aprendeu a voar. -11-


http://aidalonso.blogspot.com.es/

Ilustradora viguesa Licenciada en Belas Artes Debuxante: dentro do campo da ilustraci贸n, animaci贸n 2D, dese帽o e publicidade.

-


-5-

-13-


-14-


-15-


-16-


-17-


-18-


-19-


ADEUS, EDUCACIÓNINFANTIL!

-20-


ADEUS, EDUCACIÓNINFANTIL ! -21-


-22-


-23-


-24-


-25-


-26-


-27-


ANAQUIÑOS DE POESÍA

-28-


-29-


-30-


-31-


-32-


-33-


-34-


-35-


-36-


-37-


-38-


-39-


-40-


-41-


-42-


-43-


-44-


-45-


-46-


Canto levan xa, adicándose as letras galegas a autores que sexan galegos que nos trouxeron grandes poemas.

As 3 R debemos coñecer, se non as sabedes escoitade ben: Reciclar, reutilizar e reducir pois o planeta vaise fundir.

Este ano foi Xosé, Xosé María Díaz Castro recíbeas polos seus poemas que a todos lles encantaron. Roi Cortón. 6ºB

Se reciclamos o planeta melloramos. Se reutilizamos e reducimos seremos mellores meniños.

Os nenos pequenos deben lembrar o significado das 3 erres para así poder axudar.

Antía Domínguez. 6ºB Para reciclar, hai que frear, para reducir, o coche non conducir, para reutilizar, as cousas non queimar, e como sigades así o mundo chegará ao fin.

Os maiores tamén porque todos necesitamos axudar por pracer. Reciclar, Reutilizar e Reducir, é moi divertido de lembrar e se o dis con ritmo poderaste divertir.

Kimetz Miranda. 6ºB

Gabriela Seijas. 6ºB

As Letras Galegas é unha festa bonita facela cos compañeiros aínda máis pero cando o día termina, por que non acabará xamais?

Cando eramos pequenos tocounos aprender cousas moi variadas entre elas recoller Aprendemos moitas cousas entre elas a reciclar, que forma parte das tres Rs. Pero iso é outro cantar Nas nosas casas comezamos a reducir a miña nai dicía que aquilo era parte do vivir Descubrimos tamén que era reutilizar nos gustaba facer xoguetes para xogar

Este ano Xosé María foi o elixido pola súa vida e polos seus libros. El aparte dos libros tamén ten un amigo, lle axuda e lle axuda e nunca está durmido. María Pérez. 6ºB

Recicla e para o noso medio axudar. Reutiliza e non tires algo que podas volver a usar. Reduce a contaminación para o noso planeta salvar. Cómpre que con estas frases e a nosa vida vai mellorar. Nerea Campos 6ºB

-47-


PASATEMPOS SEXTEIROS HORIZONTAIS: 1.-Aparello encargado da dixestión 3.-Remate do tubo dixestivo 4.-Organo do aparello excretor 9.-Principal órgano do aparello circulatorio VERTICAIS: 1.-Partes superiores do corazón 3.-Tubo que comenza despois do estómago e remata no ano 4.-Inicio do tubo dixestivo 6.-Líquido vermello que circula polo corpo 9.-Depósito da urina

SOPA DE LETRAS Xa que este ano no colexio Balaídos traballamos as tres erres, reciclar,reducir e reutilizar, aquí temos unha sopa de letras sobre cousas relacionadas. As palabras son: reciclar reducir reutilizar noncontaminar flora fauna vida ecoloxismo coidar ambiente

-48-

CRUCIGRAMA


res mén aos profeso ta e i, se ue q o o tod a. En ti aprendín m al da io x le co Adeus meu scribir e falar. a. ,e r le a n ro a in ía estarei de volt d n u e u que me ens q i se o alma rota per Abandónote coa Se non volvemos queremos dicir o moito que botaremos de menos este colexio e Querémoste colexio e a todos os nenos e profesores que están nel. levarémoste no corazón, por iso viremos verte algún día.

Adeus ao colexio onde 12 anos pasei e que botarei de menos

Botarei en falta as túas árbores frondosas e con follas verdes nesta estación. Nunca esquecerei aos profesores que tivemos aquí e recordarei a etapa na que estiven neste colexio como unha das mellores da miña vida. Agora me vou, pero de ti non me vou esquecer.

Recordamos en infantil cando aínda nos quedaba moito para marchar e agora aquí estamos a pouco de dicir adeus.

Adeus Balaídos, espero volver a verte cos profesores de sempre . Adeus Manolo e Toñi espero que poñades o mesmo empeño. Adeus Rafa contigo sempre xogaremos.. Adeus Bea e o teatro negro que foi sempre moi belo. Adeus Maricruz espero que teñas sempre a mesma paciencia.

Deséxolles aos de quinto moi boa sorte para cando cheguen a sexto. Sexto se vai para non volver, a pena por deixar a colexio, será un peso nos nosos corazóns. Mais non creades que isto acaba aquí! Este curso deixou a súa pegada neste lugar. Unha marca que non quedara esquecida. Algúns causaralles unha dor na alma a nosa partida; a nos tamén. Non queremos ser outro sexto que se foi e se separou. Somos ese curso que xamais será esquecido. Aquí deixamos presente que o colexio nos recordará.

Como para o ano que vén voume do colexio ao instituto, douvos as grazas a todos os profesores que me ensinaron todo o que sei, que é moito.

Adeus meu querido colexio, que tantos recordos nos deixas. Dende xogar en infantil, ata os exames de primaria. Déixasnos recordos preciosos aínda que tamén outros non moi bos, pero agora todo acabou porque para o instituto imos nós. Que ben o pasamos aquí, moito o imos a añorar. Nove anos aprendendo dos que tres foron xogar. Dámoslle grazas aos profes, que tanto nos ensinaron. Adeus a todos vos dicimos por ensinarnos tanto.

-49-


Hoxe damos final a una etapa moi importante na nosa vida, esa que pasamos no colexio Balaídos. Sexto foi un curso doado comparado co que nos espera no instituto. Xa que nos queda pouco tempo aquí, quereriamos avisar á xente de cada curso o que lle espera no resto dos seus estudos: - Avisámosvos, quinto, que ides ter que estudar moito par ir ao instituto. - Avisamos tamén a cuarto, porque en fútbol Terán que portarse ben para que non lle quede prohibido xogar, coma nós. - Terceiro, terá que comezar a facer traballos na casa. - Segundo queda avisado dos exames, que son moi difíciles. - Avisamos a primeiro que terán que ir empezando a ler. - Cinco anos perderá un dos seus recreos. - Catro anos terá que empezar a debuxar e pintar. - E por último, tres anos, que terán que comezar a aprender letras e números. Queremos moito a este colexio, coas súas cualidades e os seus defectos. Grazas ao Cole de Balaídos coñecimos á xente que sempre estará ao noso lado. Aprendimos moito, xogamos e estivemos con xente moi boa: os profes, os nosos compañeiros e compañeiras e os outros nenos e nenas do colexio. Este cole non só nos ensina cousas que empregaremos na nosa vida, senon que tamén nos ensina a ser boas persoas. Ao longo destes nove anos, pasámolo moi ben cos nosos amigos e profes. Tamén houbo moitos momentos tristes: despedidas de alumnos, xubilacións de profes,… Estamos tristes porque deixamos o lugar que nos viu crecer, pero ilusionados por pasar a outra nova etapa. Grazas por todo, Balaídos, de verdade. Grazas.

Adeus, Colexio. Xa que para o ano marchamos para o instituto, dareiche una despedida como deus manda. Cando chegamos ao colexio eramos pequenos, por algo somos nenos. Eu a poesía dedícoche. Se non foras un colexio, diría bícote. Para o ano marchamos e xa non xogamos

-50-




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.