Galicia, un relato no mundo | Catálogo da exposición

Page 64

Non rematan neste punto os vínculos entre a Galicia medieval e mais o mundo insular británico. O cotton map do que acabamos de falar elaborouse na Inglaterra anglosaxoa. En 1066, coincidindo co inicio do reinado de Don García en Galicia, os normandos conquistaban o reino de Inglaterra. Uns anos despois, derrocado e encarcerado o rei galego, e deposto o bispo Diego Peláez, un dos autores da Historia compostelá imaxinou que o motivo da caída en desgraza do prelado tiña relación cunha conxura pola cal o bispo ía entregar o reino de Galicia ao rei normando de Inglaterra. Dicimos que o imaxinou xa que a devandita idea non aparece por ningures máis ca no texto compostelán, porén, velaí, sérvenos para amosar como, mesmo no plano imaxinario, fican unidos Galicia e o mundo británico. Nada imaxinarios senón ben reais son os cabaleiros ingleses e flamengos que no ano 1147, indo de navegación cara a Terra Santa para formar parte da Segunda Cruzada e previamente á súa participación na conquista de Lisboa en axuda do rei Afonso Henriques, se deteñen en Galicia para facer a visita ao santuario compostelán. Poden ser vistos, xa que logo, como uns dos primeiros peregrinos por vía marítima que están ben documentados. Un testemuño, tamén, do carácter ineludible que as costas de Galicia tiñan na ruta marítima que conectaba o Mediterráneo co mundo da Europa do norte. Hai outro episodio que reflicte a intensa relación de Galicia con Inglaterra. Lévanos ao século XIV, despois do ascenso da dinastía de Avís no reino de Portugal e tras a derrota da Castela de Xoán I no campo de batalla de Aljubarrota. Este novo marco político foi aproveitado polos sectores leais á memoria de Pedro I de Castela, un de cuxos epicentros se encontraba en Galicia, para propor a Xoán de Gante, duque de Lancaster, como candidato á Coroa de Castela. O Lancaster, ademais de tío e mentor do derradeiro rei Plantagenet, Ricardo II, estaba casado cunha das fillas de Pedro I, o que lles daba base ás súas pretensións. A alianza entre Portugal e Inglaterra, na que traballaran varios nobres galegos, de longa traxectoria histórica posterior, serviu como acelerador deste proceso. O certo é que, no verán de 1386, unha armada comandada polo propio duque e a súa familia, e integrada por varios millei-

Los vínculos entre la Galicia medieval y el mundo insular británico no terminan aquí. El Cotton Map mencionado anteriormente se elaboró en la Inglaterra anglosajona. En 1066, coincidiendo con el inicio del reinado de Don García en Galicia, los normandos conquistaban el reino de Inglaterra. Unos años después, derrocado y encarcelado el rey gallego y depuesto el obispo Diego Peláez, uno de los autores de la Historia compostelana imaginó que el motivo de la caída en desgracia del prelado tenía que ver con una conjura por la cual el obispo iba a entregar el reino de Galicia al rey normando de Inglaterra. Decimos que lo imaginó, ya que esta idea no aparece por ningún sitio más que en el texto compostelano, pero nos sirve para mostrar los lazos entre Galicia y el mundo británico incluso en el plano imaginario. Lejos de lo imaginario, los que sí fueron reales son los caballeros ingleses y flamencos que en el año 1147 navegaban hacia la Tierra Santa para unirse a la Segunda Cruzada y, antes de su participación en la conquista de Lisboa en apoyo al rey Alfonso I de Portugal, se detienen en Galicia para visitar el santuario compostelano. Podrían considerarse, por tanto, de los primeros peregrinos por vía marítima que están bien documentados, así como un testigo más del carácter ineludible que las costas gallegas tenían en la ruta marítima que conectaba el Mediterráneo con el norte de Europa. Hay otro episodio que refleja la intensa relación de Galicia con Inglaterra. Nos remontamos en este caso al siglo XIV, después del ascenso de la dinastía de Avís en el reino de Portugal y tras la derrota de la Castilla de Juan I en el campo de batalla de Aljubarrota. En este nuevo marco político, los sectores leales a la memoria de Pedro I de Castilla, uno de cuyos epicentros se encontraba en Galicia, aprovecharon para proponer a Juan de Gante, duque de Lancaster, como candidato a la Corona de Castilla. El Lancaster, además de tío y mentor del último rey Plantagenet, Ricardo II, estaba casado con una de las hijas de Pedro I, lo que fundamentaba sus pretensiones. La alianza entre Portugal e Inglaterra, en la que habían trabajado varios nobles griegos, de larga trayectoria histórica posterior, sirvió como acelerador del proceso. Lo cierto es que, durante el verano de 1386, una armada comandada por el propio Duque y su familia, e integrada por varios miles de soldados ingleses y portugueses, desembarcó en A Coruña, en lo que sería el comienzo de una estancia de nueve meses


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.