Issuu on Google+

Guía para usuarios da Web do centro (Drupal usuarios) Guía en formato imprimible para os usuarios editores da web do centro, dentro do proxecto websdinámicas. Drupal 5.x, usuarios Proxecto Webs Dinámicas por Consellería de Educación e O. U. - Xunta de Galicia, 2009 está licenciado baixo unha Licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 España License. Permisos máis alá do alcance desta licenza poden estar dispoñibles en http://centros.edu.xunta.es/websdinamicas/?q=node/562.

Sitio:

http://www.edu.xunta.es/centros/websdinamicas/aulavirtual

Curso:

curso de formación ABALAR para o profesorado

Libro:

Guía para usuarios da Web do centro (Drupal usuarios)

Data:

Luns, 2 de Abril de 2012, 21:14

Páxina 1 de 85


Táboa de contidos 1 Introdución 2 Acceso 3 Modificación de datos persoais 4 Tipos de contidos • 4.1 Páxina • 4.2 Historias e Anuncios • 4.3 Imaxe • 4.4 Libro • 4.5 Artigo ou entrada de Blogue • 5 Edición e publicación de contidos • 5.1 Formato de caracteres • 5.2 Formato de parágrafo • 5.3 Imaxes • 5.4 Insercción de hiperenlaces • 5.5 Táboas • 5.6 Copiar/Pegar desde outros documentos • 5.7 Exemplo de creación dun contido • 6 Xuntar ficheiros • 6.1 Exemplo de fichiero adxunto • 7 Multimedia • 7.1 Inserir audio • 7.2 Exemplo de inserir un arquivo de audio • 7.3 Inserir vídeo • 7.4 Exemplo de Inserir un arquivo de Vídeo • 7.5 Inxerir animacións flash (swf) • 7.6 Inxerir unha imaxe empregando o módulo Lightbox2 • 7.7 Embeber un vídeo de youtube • 7.8 Exemplo de vídeo embebido • 7.9 Embeber vídeo con código html • • • •

Páxina 2 de 85


1 Introdución Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) co que dun xeito sinxelo, cómodo e en liña se pode manter un espacio web dinámico. Este sistema foi o adoptado dentro do proxecto Webs dinámicas desarrollado e posto en marcha polos Asesores Siega (asesores de zona da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta aplicación permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que, dun xeito uniforme, creen, xestionen, publiquen e actualicen contidos. na web. Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en diferentes menús (sección da web) simplemente seleccionando as opcións de saída dispoñibles. Usar Drupal non implica coñecemento de código de programación web como HTML, PHP, etc. nin tampouco empregar programas de FTP (File Transfer Protocol) ou instalación de ferramenta algunha no ordenador do usuario, xa que tan só será necesario empregar un navegador web. Os centros participantes no proxecto reciben acceso á aplicación completamente instalada e configurada, cun menú orientativo que cada centro poderá adaptar as súas necesidades. Os asesores de zona darán apoio técnico aos centros participantes. Dentro do proxecto optamos por facer menús mediante taxonomías e termos así como empregar determinados módulos que permiten un control fiable dos usuarios e os seus contidos. Os centros participantes no proxecto poderán propoñer novos módulos para á aplicación pero so serán instalados cando estean sobradamente probados e sexan de interese xeral. O material dispoñible para o presente curso está pensado para os usuarios que desexen publicar contidos na web do centro educativo. Esta publicación vai estar condicionada pola configuración particular que o equipo de administradores do centro realicen sobre os seus usuarios.

Páxina 3 de 85


2 Acceso Para acceder a unha web creada con Drupal debemos coñecer varios datos: 1. O primeiro sería coñecer o enderezo web ou URL(Uniform Resource Locator: localizador uniforme de recursos), da páxina web do centro ao que queremos acceder. Unha vez coñecido o enderezo, xa podemos visitar e ver o que nesa páxina estea exposto. 2. Pero para poder participar activamente da páxina, creando contidos tamén nela, deberemos coñecer os datos de acceso que son: • Nome de usuario • Contrasinal O enderezo web dun centro educativo podémolo obter de moitos xeitos: a través dun amigo, a través do buscador de centros da Consellería de Educación e O.U. (http://www.edu.xunta.es/webcentros), ou incluso a través dun buscador web como Google. Pero para contar cunha conta de usuario debemos entrar en contacto coa persoa ou persoas que sexan os administradores do sitio web. No caso dos centros educativos de Galicia, o administrador do espazo web serán varios profesores do centro (é fundamental que sexan máis dun). Noutros espazos Drupal é posible que solicitemos a creación dunha conta de usuario a través dun formulario web, sin coñecer ao administrador do espazo. Unha vez que o administrador do espazo nos facilite os datos da nosa conta de usuario (nome de usuario e contrasinal) xa podemos acceder á web como un usuario autenticado e daquela xa podemos crear contidos nese espazo web. Tamén sería posible que calquera persoa (anónimo) puidese entrar a crear e publicar contidos nun espazo web, aínda que esta opción é pouco recomendable, sobre todo para un centro educativo e desde o proxecto Webs dinámicas desaconsellamos rotundamente esta práctica. En calquera caso sería decisión do/s administrador/es do espazo e, no caso dos centros educativos, da decisión do director ou directora do centro, por ser o responsable de todo o publicado neste espazo oficial do seu centro. Unha vez no noso poder os datos de nome de usuario e contrasinal abriremos nun navegador web, visitaremos a páxina web e nela buscaremos a opción de Acceso. Pode ser que esta opción apareza nalgún dos laterais (esquerdo ou dereito) do espazo cunhas casillas para introducir nelas os datos de acceso.

Páxina 4 de 85


Noutras ocasións poderemos atopar un enlace situado nalgún lugar da páxina (cabeceira, por exemplo) que nos leve á outra páxina onde xa atoparemos as casillas para introducir os datos de acceso do noso usuario, como se aprecia na seguinte imaxe.

(Imaxes superiores: diferentes estilos de páxinas cun enlace de acceso que nos levará a páxinas que se observa a continuación)

Este enlace levaranos a unha páxina de entrada dos datos onde deberemos introducir o Nome de usuario e contrasinal.

Páxina 5 de 85


Unha vez cubertos os campos xa podemos premer sobre o botón Iniciar sesión para acceder.

3 Modificación de datos persoais Unha vez que teñamos iniciada a sesión podemos acceder aos nosos datos de usuario e personalizalos. Como os datos de acceso ao espazo web foron creador por outras persoas (administradores) debemos cambiar, cando menos, o contrasinal que nos outorgaron para personalizalo e poder lembrarnos del nas futuras ocasións. Para acceder aos nosos datos de usuario e poder modificalos debemos buscar nos menús laterais (esquerda ou dereita) un menú que leve por título o noso Nome de usuario e nel atoparemos un enlace que di A miña conta. Por exemplo, se o meu nome de usuario é 'profe1' o meu menú de usuario aparecería así:

Ao premer no enlace 'A miña conta' accederemos á paxina de datos do usuario. Na parte superior podemos atopar outro enlace que di 'Editar'. Prememos sobre este enlace para entrar na ficha de edición e modificación dos nosos datos de usuario.

Como xa dixemos é recomendable cambiar o contrasinal inicial por motivos tanto de seguridade como de comodidade do propio usuario. Vexamos como facelo:

Páxina 6 de 85


Ao entrar na ficha de Edición veremos que temos un campo onde aparece o noso contrasinal (si non está correcto tamén sería o momento de correxilo) e un pouco máis abaixo aparecen dous campos baleiros: Contrasinal e Confirmar contrasinal. Se dexesamos cambiar o contrasinal tan só debemos escribir a nova nos dous campos. Se os deixamos en branco mantense o contrasinal actual. Tamén podemos realizar outras configuracións nesta ficha de edición da nosa conta, como seleccionar o idioma da interface, poñer unha sinatura (que aparecerá logo nos envíos dos comentarios que fagamos) ou cambiar o fuso horario.

Páxina 7 de 85


Tamén podería aparecer a opción de cambiar o tema ou apariencia da web. Con esta opción cada usuario podería empregar o tema desexado dentro dos ofertados polos administradores. Se os administradores só ofertan un tema, xa non teremos posibilidade de elixir. Para confirmar os cambios efectuados debemos premer sobre o botón Enviar situado no fondo da páxinas. Feitos estes pasos, xa estamos en condición de empezar a publicar contidos dentro do espazo Web.

Páxina 8 de 85


4 Tipos de contidos Dentro do menú do usuario tamén podemos atopar un enlace que pon: Crear contido. Premendo sobre este enlace accederemos a unha páxina onde se listan os tipos de contidos podemos empregar.

Os tipos de contidos que aparecen por defecto son os seguintes: • Páxina. Este tipo de contido é o máis básico. Sería para crear un contido onde a información que imos a ofrecer é mínima. Un bo exemplo sería unha páxina onde describimos brevemente que tipos de contidos serán os que se atopen na sección que estemos visitando. • Historias. Este tipo de contido é o máis apropiado para a creación das nosas páxinas, onde podemos publicar unha cantidade máis extensa de información. • Imaxe. Este tipo de contido permite subir unha imaxe á web, de forma que nos vai a crear unha miniatura da imaxe orixinal e permite introducir un texto descriptivo da mesma. Unha vez publicada a imaxe, o visitante poderá ver a miniatura da imaxe así como a descripción e premendo sobre esta miniatura poderá acceder á imaxe orixinal1. Existen outros tipos de contidos que de partida non estarán dispoñibles para o usuario do espazo Web, a non ser que o administrador do centro lle otorgue permisos para poder crealos. Estes outros tipos de contido son: • Audio: permite a subida de arquivos de audio, MP3 por exemplo, para a súa reprodución directamente na web (streaming). • Eventos: contidos que aparecerán marcados no calendario. • Libros colaborativos: para a creación dun contido entre varios autores. • Páxinas de blogues: para a creación de blogues individuais dos usuarios do espazo (blog). • Formulario: para a recepción de datos dos visitantes. • Enquisas: para recoller información de votacións.

Páxina 9 de 85


• Foros: para a participación en debates.

4.1 Páxina Para a creación dun contido novo deberemos entrar na web como usuario autenticado (introducindo o noso Nome de usuario e contrasinal) e logo buscar no bloque do usuario a opción de 'Crear contido'.

Nota.- se prememos sobre o signo [+] que precede á opción 'Crear contido' despregarase o menú amosándonos os enlaces para crear os diferentes tipos de contidos para os que teñamos permiso.

Neste momento veremos como crear un contido tipo 'Páxina' que, como vimos na Introducción deste módulo, é o tipo de contido máis básico. Sería para crear un contido onde a información que imos a ofrecer é mínima. Premeremos sobre o nome do tipo de contido desexado: 'Páxina'. Entraremos así nunha páxina ou formulario de edición onde crear o novo contido. Neste formulario deberemos cubrir diferentes apartados ata completar a ficha. O primeiro apartado que debemos cubrir de forma obrigatoria é o campo 'Título'. Sabemos que é obrigatorio porque aparece xunta a él un asterisco vermello: Título: * Este título terá unha dobre funcionalidade xa que ademáis de darlle nome ao contido será o enlace sobre o cal os visitantes deberán premer para acceder ao contido completo, xa que en principio só van aparecer visibles as primeiras liñas do mesmo. Exemplo.- podedes visitar o portal da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es) ou a páxina do periódico La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es) que actúan de forma semellante.

Na seguinte imaxe podemos ver a ficha de creación dun contido tipo páxina.

Páxina 10 de 85


Lugar de destino. Despois de introducir o 'Título' da páxina debemos seleccionar o lugar de destino onde desexamos ubicar o contido, onde queremos que apareza publicado. O destino de publicación dun contido tamén é configurable e depende da organización do espazo por parte dos administradores. Así os administradores van decidir os lugares nos que se lles permitirá aos usuarios publicar os contidos creados para que aparezan na Web. Dependendo entón da estrutura que teñan definida os administradores, pode ser que teñamos máis ou menos lugares nos que poder publicar os nosos contidos. Por exemplo, por defecto os usuarios que se den de alta na web do centro como profesores (rol = profesor) so poderán publicar nalgún dos apartados da categoría 'Departamentos', como se aprecia na imaxe anterior. Pero xa dicimos que isto non quere dicir que un profesor nunca vai a poder publicar noutro lugar que non sexa o menú de Departamentos, senón que en cada centro se decidirá como se reparten os permisos para publicar nos diferentes apartados. Corpo. En tercer lugar teremos que cubrir o contido da nosa páxina que queremos crear. Este contido deberemos de introducilo na sección chamada 'Corpo'. Esta sección de 'Corpo' ven sendo un sinxelo editor de texto. Na parte superior podemos ver varias filas de botóns que nos permitirán enriquecer a edición do noso texto con diferentes Páxina 11 de 85


opcións: formato do texto, listas ordenadas e sen ordenar, crear hipervínculos, selección de formatos de texto, de fonte, tamaño do texto, inserir imaxes, táboas... Todo isto verémolo nos seguintes documentos do presente módulo con máis detalle. É moi convinte que no momento da edición dos nosos contidos neste Corpo non se "abuse" do enriquecedor de texto, é dicir, non debemos darlle demasiados efectos variando os tipos de letra, tamaños, cores, etc. Debaixo da sección 'Corpo' aparece un enlace que di 'desactivar texto enriquecido'. Premendo sobre este enlace poderemos acceder ao corpo en modo HTML. É unha opción interesante para os usuarios avanzados xa que permitiría modificar directamente o código HTML do corpo da páxina. Formato de entrada. Nesta sección dispoñemos de dúas opcións para decidir o formato HTML da páxina que estamos creando. Por defecto aparece marcada a opción 2ª: Full HTML. En ocasións deberemos de empregar a 1ª opción: Filtered HTML, especialmente cando no corpo da páxina introduzamos etiquetas HTML que a páxina non é capaz de intrepretar. Algunhas destas etiquetas aparecen definidas nesta opción (<a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>) pero os adminsitradores poderán engadir novas etiquetas de ser necesario.

Ficheiros adxuntos. Unha opción moi interensante que nos permite o tipo de contido 'Páxina' é a de xuntar ficheiros. Deste xeito poderemos acompañar as páxinas creadas con outro tipo de documentación (.pdf, .odt, ...) ou calquera tipo de ficheiro (.7z, ...) Para xuntar un ficheira á páxina deberemos de premer sobre o botón 'Examinar' para localizar o ficheiro desexado no noso equipo. Unha vez localizado premeremos sobre o botón 'Adxuntar' situado ao final desta sección.

Páxina 12 de 85


Enviar páxina. Unha vez que xa teñamos toda a nova páxina completada, poderemos reallizar dúas accións: • Vista previa: permitiranos comprobar como vai a quedar a nova páxina unha vez publicada. • Enviar: premendo sobre este botón a páxina quedará publicada na Web.

Páxina 13 de 85


4.2 Historias e Anuncios As historias son artigos na súa forma máis sinxela: teñen un título, un resumo, e un corpo principal, pero outros módulos pódenas extender. O resumo é parte do corpo, tamén. As historias pódense usar como un blog persoal, ou para noticias. A creación de contidos tipo 'Historia' non difiere para nada do visto na sección anterior para o tipo 'Páxina'. A única diferencia é a extensión de cada unha delas. Polo tanto, o visto anteriormente para as 'Páxinas' pode aplicarse exactamente igual ás 'Historias'.

Nota: nos tipos de contidos tipo Historia soe estar visible o usuario creador da noticia, mentres que para os contidos de tipo Páxina soe estar oculto. Pero esta configuración depende de cada centro.

Páxina 14 de 85


4.3 Imaxe Este contido é ideal para publicar fotografías ou capturas de pantalla. A estrutura da súa ficha de creación é semellante ás vistas anteriormente para 'Páxina' e 'Historia' coa diferenza de que este tipo inclúe unha nova opción chamada precisamente 'Imaxe'.

Deberemos seleccionar a imaxe do noso ordenador mediante a opción Examinar, completar a ficha coa información necesaria (lémbrese que o 'Título' sempre é obrigatorio) e, para publicar a imaxe, premeremos sobre o botón 'Enviar' situado ao pé da páxina. Unha vez creado este contido tipo 'Imaxe' creouse automaticamente outra imaxe en miniatura (thumbnail) que será a que apareza na sección onde publicamos a nosa imaxe. Logo, ao premer sobre o título deste contido ou directamente sobre esta miniatura, accederemos ao contido completo onde poderemos observar a imaxe no seu tamaño de Vista previa ou Orixinal, segundo se teña definido por parte dos administradores. Por defecto está establecido para que se vexa a imaxe de tamaño Vista previa: 640 píxeles de ancho ou alto. Arpoveitamos para indicar que unha imaxe para ser empegada na web de Drupal non debería ter un ancho superior aos 640 píxeles. En calquera caso, os adminstradores da web do centro poden especificar cal é o tamaño ao que serán redimensionadas as imaxes automaticamente ao ser subidas por un usuario, sen que este teña que preocuparse excesivamente pola tamaño da imaxe orixinal. Por defecto, os valores que se establecen para o redimensionado automatico das imaxes son: • Orixinal: 1024 píxeles (en ancho ou alto)

Páxina 15 de 85


• Miniatura: 100 píxeles (en ancho ou alto) • Vista previa: 640 píxeles (en ancho ou alto) Exemplo de imaxe en miniatura: 92x100

Exemplo de imaxe en Vista previa: 590x640

Páxina 16 de 85


4.4 Libro Un libro é un esforzo colaborativo de escritura: os usuarios poden colaborar escribindo as páxinas do libro, o posicionamento das páxinas na orde correcta e revisar ou modificar as páxinas escritas anteriormente. Así cando vostede teña algunha información para compartir ou cando vostede lee unha páxina do libro e non lle gustou, ou si cree que unha páxina determinada podería escribirse mellor, pode facer algo ao respecto. Para crear un contido tipo libro deberemos entrar na Web como usuario autenticado e desde o menú do usuario premeremos sobre o enlace 'Crear contido > Páxina de libro'. Lembramos que este tipo de contido non está dispoñible inicialmente para os usuarios. Só poderemos crear libros se o equipo de administradores da Web nos otorgan ese permiso. Estes permisos poderían ser desde crear novos libros e editar as súas páxinas (calquera que fora o usuario creador) ou só crear páxinas de libros xa creados previamente, podendo editar só as Páxina 17 de 85


páxinas creadas polo propio usuario.

Para crear o libro debemos poñerlle un 'Título' e elixiremos o apartado do menú donde colgaremos esta primeira páxina do libro. A primeira páxina dun novo libro será título e portada de dito libro. Unha vez creada e enviada esta primeira páxina (portada) podemos comenzas a crear as páxinas fillas do libro desde a opción 'Engadir páxina filla'.

Importante suliñar que as novas páxinas fillas van a colgar da primeira páxina do libro Páxina 18 de 85


(capítulos) ou doutra páxina do libro (subcapítulos) segundo onde as creemos. As páxinas fillas xa non teño que indicarlles no menú 'Pai' de onde deben colgar, xa que colgarán directamente da portada. É dicir, se fago as páxinas fillas como capítulos do libro tereinas que facer todas como fillas da páxina portada. Así tamén se vai xerando o índice do libro. Nembargantes, se creo unha páxina filla a partir dun dos capítulos, o que estarei facendo ser un subcapítulo. Así poderei ir creando a estrutura que desexa aos meus libros. O orde das páxinas ou capítulos ven dado polo peso de cada páxina. Se todas teñen o mesmo peso vanse a ordenar alfabeticamente, polo que poderiamos poñer 01-Xxx, 02-Xxx,... e así sairían co orden elixido.

Páxina 19 de 85


4.5 Artigo ou entrada de Blogue Un blogue é unha especie de diario actualizado regularmente e composto de envíos individuais que se mostran en orde cronolóxico inverso. Un blogue está estreitamente ligado ó seu autor, polo que cada usuario ten o seu propio blogue. Para crear un contido tipo blogue deberemos entrar na Web como usuario autenticado e desde o menú do usuario premeremos sobre o enlace 'Crear contido > Artigo do blogue'. Lembramos que este tipo de contido non está dispoñible inicialmente para os usuarios. Só poderemos crear entradas no noso blogue se o equipo de administradores da Web nos otorgan ese permiso. A creación e publicación en blogs dentro da web do centro está documentada noutro curso independente dentro da aula aberta de websdinámicas. Para coñecer con mais detalle o funcionamento dos blogs se debe consultar dito curso http://www.edu.xunta.es/centros/websdinamicas/aulavirtual/course/view.php?id=24 Aqui nos limitaremos a explicar un pouco por riba o funcionamento deste tipo de contido.

A edición dun contido tipo blogue é semellante á dun contido tipo páxina ou historia, vistos anteriormente.

Páxina 20 de 85


5 Edición e publicación de contidos Empregar texto enriquecido (TinyMCE) Unha vez que no novo contido xa introducimos o título e especificamos o destino de publicación, podemos empezar a introducir información no Corpo. O elemento fundamental na composición de calquera tipo de nova en Internet será o TEXTO. Para a edición do texto no corpo contamos cunha ferramenta de texto enriquecido (TinyMCE) que nos permite dun xeito sinxelo e básico establecer diferentes formatos aos caracteres e/ou parágrafos. O primeiro que temos que ter en conta é que este enriquecedor de texto (TinyMCE) non está dispoñible en todos os temas, así pode ocurrir que ao cambiar de tema non apareza esta ferramenta. Nos seguintes puntos detallaremos cada un destos elementos dentro da sección de edición que lle correspondan. Así veremos: • Formato de caracteres. • Formato de parágrafo. • Creación de hiperenlaces. • Estilos. • Inserir imaxes. • Inserir táboas. • Separar páxinas. • Outros: cortar-copiar-pegar.

Páxina 21 de 85


5.1 Formato de caracteres Cando creamos un texto, é necesario darlle o formato máis apropiado as nosas nesesidades. Para elo imos a ver as diferentes posibilidades que nos ofrece este enriquecedor de texto. Como xa dixemos, convén non "abusar" dos estilos e facer os nosos contidos demasiado cargados. Grosa: Estilo tipográfico no que os caracteres teñen un trazo máis groso. Exemplo: Benvidos a miña páxina. Cursiva: Estilo tipográfico na que os caracteres teñen un aspecto inclinado. Exemplo: Benvidos a miña páxina. Suliñado: Estilo tipográfico consistente en poñer una raia debaixo da palabra para destacala do resto. Exemplo: Benvidos a miña páxina. Aliñación á esquerda: Atributo que aliña o texto á esquerda.

Aliñación ó centro: Atributo que aliña o texto ó centro.

Aliñación á dereita: Atributo que aliña o texto á dereita.

Aliñación xustificada: Atributo que axusta o texto de dereita e esquerda, equilibrando os espazos entre palabras.

Lista por puntos(Viñetas): Atributo baseado en sangría francesa que permite listar o texto por puntos.

Numeración: Atributo baseado na sangría francesa que permite listar o texto por categorías.

Sangría á esquerda: Permite desprazar o texto hacia a esquerda.

Sangría á dereita: Permite desprazar o texto hacia a dereita. Páxina 22 de 85


Desfacer: Permite desfacer a operación realizada, reconstruindo o anterior.

Refacer: Permite refacer a operación realizada anteriormente.

Cor de texto: Permite escoller unha cor diferente para aplicar ao texto. Exemplo: cor de texto personalizada.

Para seleccionar unha cor de texto diferente hai que premer sobre a icona anterior e aparecerá unha paleta de cores. Pincharemos sobre a cor desexada e listo.

Neste combo poderemos elexir o tipo de fonte máis axeitado.

Neste combo podemos elexir o tamaño do texto.

Neste combo poderemos colocar o texto coas opcións incluídas por defecto. Cada unha delas teñen unha configuración distinta con sangrías, alienacións, tamaño de texto, etc...

A continuación presentamos unha imaxe de exemplo cos algúns destes formatos aplicados.

Páxina 23 de 85


Pรกxina 24 de 85


5.2 Formato de parágrafo Desde o enriquecedor de texto (TinyMCE) visto no punto anterior, podemos dispoñer dun menú despregable para seleccionar os diferentes estilos de parágrafos que aparecen. Estes estilos son os seguintes: • Parágrafo • Enderezo •

Preformateado

• Encabezado 1 • Encabezado 2 • Encabezado 3 • Encabezado 4 •

Encabezado 5

Encabezado 6

Para aplicar estes formatos aos parágrafos, non é necesario que teñamos seleccionado ningún texto, tan só debemos ter o cursos situado no parágrafo ao cal lle queremos aplicar o estilo seleccionado. Convén ter en conta que estes diferentes formatos van moi ligados ao tema (plantilla) que se esté a empregar no espazo Drupal, xa que dependendo do tema estes estilos poden verse dunha ou doutra forma. A continuación amosamos algunhas imaxes dos mesmos textos cos mesmos estilos aplicados pero vistos con diferentes temas. Observarase que nalgúns casos, dentro do mesmo tema, non se aprecian diferencias entre os diferentes estilos de encabezados, por exemplo.

Páxina 25 de 85


Pรกxina 26 de 85


Pรกxina 27 de 85


Pรกxina 28 de 85


5.3 Imaxes As imaxes son un dos recursos máis empregados á hora de facer as nosas publicacións. Poderiamos empregar as imaxes de dúas formas. • De forma referenciada, coñecendo a URL dunha imaxe que xa está sendo empregada en Internet (pouco recomendada esta opción, porque sempre dependeremos de que dita imaxe siga existindo, siga estando publicada. No momento no que o autor da mesma decida quitala, eliminala... tampouco aparecerá nos nosos contidos onde esté sendo utilizada deste xeito referenciado). • Publicando imaxes propias. Para iso previamente deberemos ter o arquivo da imaxe que desexamo empregar no noso ordenador. Subirémola a Internet no momento de realizar a publicación do contido. En calquera das situacións anteriores, para inserir unha imaxe seguiremos os pasos que se indican a continuación: • Fixar o punto de mira: dentro do contido do corpo da nosa publicación, situaremos o cursor (parpadeando) no lugar onde desexamos inserir a imaxe. • Unha vez fixado o lugar, premeremos sobre o botón que leva unha árbore por imaxe.

Aparecerá unha xanela que nos ofrece varias opcións e posiblidades:

URL da imaxe (enderezo da imaxe): neste campo teremos que indicar o enderezo da imaxe a empregar. Aínda que se podería empregar a URL dunha imaxe coñecida, como dixemos máis arriba, o habitual será que carguemos a nova imaxe que imos a empregar. Para cargar a nova imaxe debemos: • Premer sobro o botón Examinar

, situado á dereita do campo Dirección da imaxe, Páxina 29 de 85


para localizar no noso equipo a imaxe que desexamos subir.

• Aparecerá unha nova xanela que nos amosará a ferramenta do navegador de arquivos. Esta ferramenta está dividida en tres partes: • Listado das imaxes subidas á carpeta do usuario (parte superior) • Vista previa da imaxe seleccionada (parte central) • Cargador de novas imaxes (parte inferior)

O primeiro que debemos facer é cargar a nova imaxe, polo que empezaremos pola parte inferior da xanela, premendo sobre o botón Examinar para buscar a imaxe no noso equipo. Unha vez atopada, premeremos sobre o botón Upload File (Cargar ficheiro). Nuns segundos, dependendo da velocidade de conexión, xa quedará cargada a imaxe e xa a poderemos ver na parte de vista previa. Para engadila definitivamente ao contido que estamos editando podemos premer sobre a imaxe ou tamen, na parte superior, premer sobre a opción 'add' (engadir). A xanela do navegador de arquivos pecharase automaticamente e regresaremos Páxina 30 de 85


sobre a xanela de Insertar/editar imaxe, onde xa aparece cuberto o campo de Dirección da imaxe.

Outras opcións que podemos especificar para a imaxe desde esta xanela son: • Descrición da imaxe: insire o valor da etiqueta ALT á imaxe, descrición necesaria por temas de accesibilidade. • Aliñación: recomándase que se escolla entre as opcións de 'esquerda' ou 'dereita' para aliñar a imaxe a un lado ou a outro do texto escrito. • Dimensións: por defecto xa se establecen as que ten a imaxe orixinal, aínda que poderían modificarse. • Borde: se desexamos que a imaxe quede rodeada por un borde deberemos especificar o número de grosor en píxeles. A presenza do borde pode estar condicionada polo uso de determidos estilos e/ou navegadores. • Espazo vertical: permite establecer o valor en píxeles que o resto dos elementos por arriba e por abaixo (na vertical) se separarán da imaxe. Valor recomendado: 5. • Espazo horizontal: permite establecer o valor en píxeles que o resto dos elementos se separarán da imaxe na horientación horizontal evitando así, por exemplo, que o texto quede pegado a imaxe. Valor recomendado: 5. Podemos ver o resultado final na seguinte imaxe:

Páxina 31 de 85


Para rematar, xa só nos queda premer sobre o botón 'Enviar' unha vez que teñamos a páxina rematada coas imaxes necesarias incluídas.

Páxina 32 de 85


5.4 Inserción de hiperenlaces Os hiperenlaces (enlaces, vínculos, links...) poden ser creados tanto sobre texto (palabras, parágrafos...) como sobre outros elementos como, por exemplo, sobre as imaxes.

No momento de crear un novo contido, se non temos ningún texto nin obxeto seleccionados, veremos que os botóns de inserir enlace e quitar enlace aparecen desactivados.

No momento de seleccionar un texto ou elemento, os botóns de inserir e quitar enlace activaranse e xa podemos proceder a crear a nova ligazón. Daquela, co texto ou elemento seleccionado previamente prememos sobre o botón de inserir enlace e aparecerá a seguinte xanela:

Dirección do enlace: aquí temos que escribir a dirección do destino do enlace que queremos crear. Así, por exemplo, se queremos facer un enlace ao Portal Educativo deberemos escribir: http://www.edu.xunta.es (Importante: hai que escribir o enderezo completo, incluíndo o texto http:// inicial). Destino: preséntansenos dúas opcións: • Abrir enlace na mesma ventá: abrira a páxina de destino na mesma xanela que estemos traballando. • Abrir enlace nunha ventá nova: abirá a páxina de destino nunha nova xanela. Título: aínda que non é obrigatorio é recomendable poñer unha breve indicación sobre o enlace que estamos creando. Por exemplo, seguindo co exemplo anterior pondríamos neste apartado o seguinte: Enlace a Portal educativo. Clase: non se selecciona ningunha opción.

Páxina 33 de 85


Unha vez completados os campos anteriores, xa só nos queda premer sobre o botón Inserir para crear o hipervínculo.

Enlaces a ficheiros Outro tipo diferentes de enlaces sería si quixeramos enlazar con algún ficheiro (imaxe, pdf, ...) que teñamos subido previamente aos nosos arquivos persoais na nosa conta de usuario. O primeiro sería ter subidos, daquela, algún ficheiro co que posteriormente quixeramos enlazar a través dun hipervínculo e poder ofrecelo así desde calquera contido creado. Para subir un ficheiro persoal debemos seguir estes pasos: • Ir ao menú de usuario e premer sobre o enlace A miña conta. • Premer sobre a pestana Arquivos persoais.

Páxina 34 de 85


Nesta pestana atoparemos a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros, tanto os que subamos aquí directamente como os subidos desde calquera outra páxina creada mediante os botóns do enriquecedor de texto (TiniMCE). Esta ferramenta divídese en tres partes: 1. Álbum de ficheiros dispoñibles, xa cargados anteriormente. 2. Zona de vista previa do recurso seleccionado 3. Cargador de novos recursos.

Páxina 35 de 85


En principio está configurado para admitir so imaxes, pero os administradores do centro poderán permitir a carga de novas extensións: pdf, zip... Deste xeito, se contamos cos permisos necesarios por parte dos administradores do centro, poderiamos subir un documento PDF para posteriormente crear un enlace a el desde outro contido creado. Vexamos como se faría. • Editamos un novo contido, de tipo páxina, historias... é indiferente, en todos eles se fai igual. • Sobre algunha das palabras facemos unha selección do texto. • Cando teñamos o texto seleccionado, prememos sobre o botón de crear enlace . • Aparece a xanela para Inserir enlace. Nela premeremos sobre o botón situado á dereita do campo URL do hipervínculo.

Páxina 36 de 85


• Aparece agora a ferramenta de xestión dos nosos ficheiros persoais. Se aínda non temos subido o ficheiro desexado será o momento de facelo. • Desde o botón Examinar situado na parte inferior buscamos no noso disco duro o ficheiro que queremos subir. • Unha vez localizado prememos sobre o botón Upload File para subilo á nosa zona de Arquivos persoais.

• Subido o arquivo podemos premer sobre o enlace "add" situado ao final da fila do ficheiro recén subido, ou tamén podemos premer sobre a vista previa do ficheiro: No caso de ser un documento e non unha imaxe, na vista previa so aparecerá o nome do ficheiro, como se aprecia na imaxe anterior. • Premendo en calquera dos dous lugares indicados, volveremos a xanela de Inserir hipervínculo, e o campo URL xa aparece cuberto. Podemos poñerlle un Título a este hipervínculo (non é obrigatorio) e, para rematar, prememos no botón de Inserir. • O hipervínculo quedou creado. Finalmente gardamos o documento premendo no botón Enviar situado na parte inferior da páxina.

Páxina 37 de 85


Pรกxina 38 de 85


5.5 Táboas Nalgún momento pode ser que desexemos empregar táboas dentro dos contidos que creamos. Algunhas veces pode ser por motivos de maquetación e outras por amosar dun xeito ordenado a información (por exemplo, un horario de clases). Para inserir unha táboa, premeremos sobre o botón que leva unha táboa por imaxe.

Aparecerá unha xanela que nos ofrece unha serie de opcións por defecto.

Nesta xanela configuramos as características da táboa que desexamos inxerir: Na xanela Xeral atopamos as seguintes opcións: • Columnas: Introducimos o número de columnas (por defecto marca 2). • Filas: Introducimos o número de filas (por defecto marca 2, no exemplo variamos a 3). • Borde interior das celdas: É o espazo que queda entre o borde da táboa e o texto introducido no interior das celdas. • Espazo entre celdas: É a separación que queda entre una celda e outra. • Aliñación horizontal: É a posición que tendrá a táboa na xanela de presentación (os valores permitidos son: Centrado - Esquerda - Dereita). Pódese deixar sen seleccionar ningún valor (opción por defecto). • Borde: Esta opción e para darlle ó borde da táboa unha apariencia sombreada e resaltada. Páxina 39 de 85


Aquí indicaremos o número de píxeles que desexamos darlle ao borde, por exemplo: 1 px. • Ancho: Indica o ancho que terá a tabla en píxeles (500) ou en porcentual (50%). É recomendable que as dimensións máximas do ancho da táboa sexa de 600 para unha resolución de pantalla de 1024 (ollo! nunca podemos saber con seguridade a resolución dos monitores dos visitantes da nosa web). • Alto: Indica o alto que terá a tabla en milímeros. Non é recomendable fixar ningún valor, xa que a táboa irá medando a medida que se vaian metendo contidos dentro dela. • Clase: Non é necesario seleccionar ningún valor. Na xanela Avanzado atopamos as seguintes opcións:

• Id: Podemos poñerlle un identificador á táboa (para usuarios avanzados). • Resumo: Información sobre o contido que aloxará a táboa, función... • Estilo: A medida que personalicemos a táboa, irá aparecendo aquí información sobre os estilos aplicados: ancho, fondo... • Dirección do texto: Indica a dirección na que desexemos colocar o texto dentro das celdas. (As opcións son: De esquerda a dereita e de dereita a esquerda). • Código do idioma: Información sobre a idioma que estemos empregar ("es" para español, "gl" para galego...) • Imaxe de fondo: Esta opción nos permite inxerir unha imaxe de fondo da táboa. • Cor do borde: Permítenos elixir a cor dos bordes da táboa. • Cor do fondo: Permítenos elixir a cor do fondo da táboa. Sen máis configuración que a que aparece nas capturas anteriores, ao crear unha nova táboa Páxina 40 de 85


teremos algo semellante ao que aparece a continuación:

Si probamos a meter un contido nalgunha das súas celdas, probablemente ocurra que as columnas cambian de ancho. Esto fano para tratar de distribuir correctamente o contido.

Si non queremos que ocurra esto, teremos que modificar as propiedades dalgunha das celdas da columna á cal lle queremos fixar o ancho. Chega con que modifiquemos as propiedades dunhas das celdas da columna, xa que ao fixar nunha delas o ancho vense afectadas todas as da mesma columna. O ideal será modificar as propiedades das dúas celdas situadas na parte superior das dúas columnas da nosa táboa de exemplo. Ao elixir as celdas superiores, si nun futuro temos que volver sobre elas para modificar de novo estas propiedasdes, sempre nos será doado localizalas. Para facer esto teremos que premer, tendo o cursor na celda desexada, sobre o botón denominado "Propiedades da celda".

Páxina 41 de 85


Aparece unha nova xanela con dĂşas pestanas: Xeral e Avanzado. Na pestana de Propiedades xerais buscamos o campo correspondente a anchura e fixamos o valor. Este valor pode ser tanto en pĂ­xeles (p.e.: 250) como en porcentual (p.e.: 50%).

Na pestana de Propiedades avanzadas podemos personalizar, por exemplo, a cor de fondo da celda.

PĂĄxina 42 de 85


Finalmente prememos sobre o botón Actualizar para aplicar os cambios e a táboa cambia de aspecto e as columnas xa quedan distribuidas coas anchuras indicadas, a pesar de ter ou non ter contido.

IMPORTANTE: antes de Enviar o novo contido que estamos creando e no cal introducimos unha táboa, é fundamental que todas as celdas teñan algún contido no seu interior, xa que do contrario pode ser que despois non poidamos editar correctamente de novo a táboa ou, máis importante, que se produzan danos no estilo da páxina, xa que unhas táboas poderían recoller os contidos publicados anterioremente, causando un efecto de desorden na páxina web. Se non temos o traballo rematado e nalgunhas celdas aínda non hai contido, pódese poñer un carácter, un espazo, un punto... algo. Observemos a continuación como quedan as separacións entre as celdas e as separacións dos bordes das celdas e os contidos, según os valores otorgados anteriormente.

Páxina 43 de 85


Finalmente, unha vez publicado o contido, tamén hai que ter en conta que as diferentes plantillas (temas) de Drupal poden facer que as táboas se amosen con algunha diferencia. Por exemplo, a continuación temos a mesma táboa vista desde o tema B7 e desde o tema zen_classic. Observemos como no primeiro caso o contido das celdas está aliñado verticalmente na parte superior, mentres que no segundo caso está aliñado no medio da celda.

Páxina 44 de 85


Táboa vista desde plantilla B7.

Táboa vista desde plantilla zen_classic.

Noutras ocasións tamén temos observado que si lle damos unha anchura fixa a táboa, por exemplo, 400 px, nunhas plantillas mantén dito ancho pero noutras presentaas cunha anchura do Páxina 45 de 85


100%.

Pรกxina 46 de 85


5.6 Copiar/Pegar desde outros documentos Nalgunhas ocasións pode ocurrir que desexemos presentar na páxina web certa información que xa teñamos elaborada anterioremente e que esté noutros documentos como, por exemplo, nun documento de © Microsoft Word (*.doc). O primeiro que se nos pasa pola cabeza é o de copiar dita información e pegala directamente (Copiar-Pegar) no corpo do contido que queremos crear na web.... Nunca se debe facer iso! Imos a supoñer dúas situacións posibles: • Imaxinemos que a información que desexamos transmitir a través da web é bastante grande, varias páxinas de documentación. Neste caso o mellor que podemos facer será crear un novo contido (tipo páxina, historia...) e redactar unha pequena información sobre o contido do documento orixinal (un par de liñas pode ser máis que suficiente). Unha vez redactada esta información breve, si desexamos transmitir aos visitantes toda a información, crearemos un ficheiro PDF a partires do orixinal. Para isto teremos que ter algún software que nos poida convertir un ficheiro (DOC) noutro (PDF). Ademais dos programas propiamente ditos que realizan as conversións de documentos, tamén se pode empregar o paquete ofimático OpenOffice (suite ofimática realizada en software libre), xa que esta suite permite editar calquera tipo de documento de © MS Word (2000, 2003, 2007, incluso os documentos con extensión *.docx). Unha vez abertos con OpenOffice, crear un PDF con dito documento é tan doado como premer sobre un botón que realiza dita funcionalidade. Unha vez que teñamos o documento en PDF será o momento de incorporalo ao contido que estamos creando na web pero como ficheiro adxunto (veremos como realizar esta acción no presente curso).

Ou tamén, un pouco máis elaborado, podería quedar así, incorporando unha imaxe das incluídas no propio documento:

Páxina 47 de 85


• A segunda situación sería cando o contido que temos noutro documento é escaso e non queremos xuntalo, senón que desexamos que esté integramente publicado en formato web. Neste caso, teremos que Copiar e Pegar dita información, pero nunca directamente dun a outro lugar, senón que realizaremos un paso intermedio: pegar o contido nun editor que non admita formatos enriquecidos, por exemplo, o bloc de notas (en Windows XP podemos atopar este editor desde o menú Inicio > Todos os programas > Accesorios > Bloc de notas. Deste xeito "limparemos" o contido textual de outra información adicional, información de estilos, fundamentalmente, que podería afectar ao estilo propio da nosa web e conseguir que os contidos non se vexan axeitadamente.

Páxina 48 de 85


Arriba: Documento orixinal.

Arriba: Texto copiado do documento orixinal, pegado no bloc de notas, vólvese a copiar esta vez desde o bloc de notas e pégase finalmente no contido web creado.

Páxina 49 de 85


Obsérvese como o formato do título do documento "Antiguo Egipto" así como a imaxe desapareceron, xa que no bloc de notas non foron admitidas nin as etiquetas de formato (tipo negrita, títulos, etc.) nin as imaxes. Si quixésemos darlle o mesmo formato, incluír as imaxes, teriamolo que facer unha vez pegado o texto, para que tivese un aspecto semellante ao documento orixinal.

Facéndoo así poderemos: 1. Volver a editar o contido en calquera momento sen ningunha dificultade. 2. Non afectará ao resto dos estilos do espazo web e non alterará os seus contidos e/ou distribución.

Páxina 50 de 85


5.7 Exemplo de creación dun contido Nesta ocasión imos a realizar un contido de tipo "Historia" que aloxaremos dentro da categoría do noso nome e na sección de Tarefas.

Nesta ocasión, o Título da tarefa deberá comezar polo texto "TAREFA 2:" seguido do título desexado. Deberemos seleccionar unha temática sobre a cal escribiremos un pequeno artigo que acompañaremos dos seguintes elementos: • Texto enriquecido. Teremos que empregar diferentes estilos de texto enriquecido (negriña, cursiva, listas, cor de texto...) para destacar aquelas palabras ou frases que sexan de máior interese. O texto deberá ter unha extensión de varios parágrafos (máis de dous). • Imaxe. Acompañaremos a nosa historia cunha imaxe acorde co tema tratado. O tamaño da imaxe será de aproximadamente 200 píxeles de ancho. Para isto necesitaremos ter previamente no noso equipo os elementos necesarios. No caso do texto poderemos telo noutro documento (bloc de notas, por exemplo), e a imaxe gardada nalgunha carpeta do noso equipo para poder localizar de xeito doado (por exemplo, no Escritorio). Cando xa teñamos os elementos necesarios, iremos sobre a sección Corpo da ficha do contido que estamos a crear e escribimos ou pegamos o texto. Ollo!, se pegamos o texto desde outro documento hai que ter en conta o comentado no apartado "Copiar/Pegar desde outros documentos" comentado neste módulo do curso.

Páxina 51 de 85


Texto enriquecido Cando xa teñamos o texto, procederemos a enriquecelo seleccionando os fragmentos desexados e aplicando os estilos.

Inserir imaxe Finalmente imos a inserir a imaxe dentro do texto. Neste exemplo colocaremos a imaxe ao comezo do segundo parágrafo, polo que o primeiro que faremos será situar nesa posición o Páxina 52 de 85


cursor parpadeante (fixamos o punto de mira, onde coloquemos o cursor será onde se coloque a imaxe). Unha vez elexido o lugar, prememos na barra de botón do editor sobre o botón que represente unha imaxe dunha árbore. Este é o botón de inserir imaxes.

Ao premer sobre este botón aparece a xanela de Inserir/editar imaxe. Nesta xanela teremos que premer sobre o botón Examinar que aquí está representado por unha pequena xanela con carpetas.

Na seguinte xanela será onde administremos as imaxes que vaiamos subindo ao Drupal desde o noso usuario. Así, se a imaxe que queremos empregar aínda non a temos subida, deberemos facelo previamente (parte inferior: Upload File) Cando xa teñamos a imaxe subida só temos que premer sobre ela e listo.

Páxina 53 de 85


Ao premer sobre a imaxe volveremos a xanela anterior, onde imos a seleccionar algunhas características para esta imaxe:

• Descrición da imaxe: Teremos que colocar un texto alternativo (parra atender a Páxina 54 de 85


• • • •

necesidades de accesibilidade) Alineación: seleccionar a opción "Izquierda". Borde: establecemos o ancho do borde a 1 píxel. Espazo vertical: queda en branco (0) Espazo horizontal: establecemos o valor a 5 píxeles (para que o texto non empece xusto ao lado da imaxe, senón que se separe 5 píxeles)

Feito isto, prememos sobre o botón "Insertar" e a imaxe xa quedará inserida no texto, cun borde de 1 píxel e unha separción horizontal de 5 píxeles.

E para publicar este contido que acabamos de crear xa solo nos queda premer sobre o botón "Enviar".

Páxina 55 de 85


6 Xuntar ficheiros Ao igual que facemos cando enviamos un correo electrónico a alguén, nos diferentes tipos de contidos que creemos para a nosa web tamén podemos xuntar ficheiros. Tamén xa comentamos no punto anterior que é unha boa forma de facerlle chegar certo tipo de información aos visitantes da páxina web sen ter que andar pasando todo o documento (copiar/pegar) sobre todo cando a extensión do documento é importante. Vexamos como xuntar un ficheiro a un contido. Creamos un contido e entre o Corpo onde realizamos a edición e os botóns de Vista previa e Enviar, podemos atopar un enlace que di: Ficheiros adxuntos.

Ao premer sobre este enlace aparece un campo onde, a través do botón Examinar, buscaremos o(s) ficheiro(s) que desexamos xuntar.

Unha vez que teñamos subido un ficheiro, xa podemos Enviar a páxina, ou podemos seguir subindo novos ficheiros.

Páxina 56 de 85


Como se pode observar na imaxe anterior, ao lado da información do ficheiro que se adxunta hai dúas casillas de verificación: • Borrar: esta casilla aparece desmarcada. Si a marcamos o ficheiro adxunto eliminaríase no momento de Enviar o contido. • Lista: esta casilla aparece marcada por defecto. Ao estar marcada vai a listarse o ficheiro adxunto, aparecendo ao final do contido publicado, como se pode observar na seguinte imaxe.

Outra forma de presentar os ficheiros adxuntos podería ser facendo un enlace (hipervínculo) directamente ao ficheiro. Para isto debemos copiar previamente a ruta do ficherio adxunto. Esta ruta (URL) aparece baixo a súa descrición.

Unha vez que xa teñamos a ruta copiada, podemos desmarcar a casilla de Lista para que deste modo o ficheiro xa non apareza ao pé do contido. Despois insertaremos un hipervínculo que apunte á URL copiada no lugar da páxina que desexemos: texto, imaxe...

Páxina 57 de 85


6.1 Exemplo de fichiero adxunto Imos a xerar un PDF a partires dun documento de texto. Seguindo a liña de utillización de software libre empregaremos o procesador de textos da suite OpenOffice: Writer. Abrimos o procesador de textos writer e redactamos un documento sobre a temática do traballo que queremos publicar, por exemplo sobre os Volcáns. Para ilustrar o documento podemos engadir algunha imaxe.

Unha vez redactado o documento teremos que convertilo a formato PDF, formato recomendado Páxina 58 de 85


para publicar a documentación a través da web. Desde o programa de OpenOffice é tan doado como premer o botón correspondente da barra de ferramentas do writer, sen necesidade de instalar ningún outro software adicional.

Premendo sobre este botón de exportar como PDF imos ter que indicar onde queremos aloxar o PDF que se vai xerar (por defecto o gardará na mesma carpeta onde teñamos gardado o documento de texto) e tamén o nome do novo ficheiro (que tamén por defecto collerá o mesmo nome do documento).

Unha vez que teñamos o PDF xa só nos queda seguir os pasos indicados no apartado "Xuntar ficheiros" deste módulo, creando un contido de tipo Páxina.

Páxina 59 de 85


No Corpo deste contido realizaremos unha breve descrición da documentación que se xunta, que conteña información de interese para os destinatarios. Trátase de que teñan unha información clara sobre o contido do documentos antes de que teñan que descargalo e abrilo. Así esta informacion variará dependendo de cada situación, destinatarios, etc.

Finalmente, xuntamos o documento PDF e prememos sobre o botón Enviar.

Páxina 60 de 85


7 Multimedia Os elementos multimedia están a adquirir grande importancia na Web debido á mellora técnica e á maior rapidez das conexións a internet. No campo do ensino as súas posibilidades son ilimitadas. Moitos docentes están agora a investigar no ámbito multimedia para dotar ás súas actividades docentes e aos seus blogs educativos de contido fundamentado en vídeos, audio e imaxes.

7.1 Inserir audio Un dos elementos multimedia que se poden empregar nas nosas páxinas web son os ficheiros de audio. Para iso contamos cun tipo de contido específico: Audio. Este tipo de contido vai a permitirnos incorporar ficheiros de audio, en formato MP3, WAV ou OGG, para ser reproducidos directamente desde as páxinas, sen necesidade de descargalo previamente (reprodución en streaming). Como xa se comentou anterioremente, os usuarios autenticados nos portales web dos centros educativos pode ser que non estén autorizados a crear estes tipos de contido Audio. Sería necesario poñerse en contacto co equipo de administradores do centro para que lles otorgasen os permisos necesarios. Hai que ter en conta que non todos os ficheiros de audio son susceptibles de ser publicados nas páxinas web, xa que sobre os ficheiros musicais poden estar suxeitos a dereitos de autor e estar prohibida a súa emisión.

Crear un contido de tipo Audio. Crear un contido de tipo audio vai ser tan doado como xuntar dito ficheiro. Desde o menú de usuario prememos sobre Crear contido > Audio. O primeiro campo que nos aparece, como sempre, é o Título, que volve a ser obrigatorio (*). Pero nesta ocasión é algo especial.

Páxina 61 de 85


Os ficheiros de audio soen levar tamén asociada certa información, como pode ser o título da canción ou narración, o artista ou autor, o álbum onde aparece publicada, o número de pista, o xénero musical ao cal pertece, o ano de publicación... Toda esta información é recuperable por medio de etiquetas e así pódese empregar para compoñer, por exemplo, o título do contido que estamos a crear. Por iso, cando prememos na opción de menú para crear un tipo de contido audio, aparece xa o Título cuberto coas etiquetas: ! artist - !title. Deste xeito, se non modificamos ditas etiquetas, automaticamente cando publiquemos o contido recollerá do propio ficheiro de audio estos valores e construirá o título correspondente. Para que isto funcione obviamente o ficheiro de audio deberá estar correctamente etiquetado (ID3). En calquera caso, sempre podemos modificar o Título e poñer o que desexemos. Corpo: na sección de corpo podemos acompañar o ficheiro coa información que desexemos. A forma de edición non difiere das vistas anteriormente noutros tipos de contido, xa que presenta os botóns para poder empregar o texto enriquecido e así podemos darlle formato ao texto, incluír ficheiros de imaxes, táboas, código embebido, etc. Arquivo de audio (Audio File Info): nesta sección será onde temos que incluír (engadir) o ficheiro de audio desexado. O procedemento é igual que cando adxuntamos un ficheiro, premendo sobre o botón Examinar para buscar o arquivo no noso ordenador.

Imaxes do audio: tamén podemos acompañar o ficheiro de audio con algunha imaxe, a modo de Páxina 62 de 85


carátula. Para iso tamén temos que premer sobre o botón Examinar e buscar a imaxe no noso ordenador.

Finalmente, prememos sobre o botón Enviar e xa podemos contemplar a nosa publicación do ficheiro de audio, listo para ser reproducido desde calquera lugar a través de Internet.

7.2 Exemplo de inserir un arquivo de audio Seguindo as indicacións do punto anterior imos a inserir un arquivo de audio en formato MP3 e unha imaxe que acompañe a este arquivo de audio. Non é obxeto deste curso os contidos de tratamento de audio e/ou vídeo, pero podemos recomendar que para o audio se experimente co programa Audacity, un editor de audio libre e gratuíto que ofrece moitas posibilidades de edición e é moi sinxelo de empregar. Unha vez que teñamos dispoñibles estes ficheiros, xa podemos empezar a compoñer o novo contido, seleccionando no menú do usuario a opción de Crear contido > Audio.

Páxina 63 de 85


Se o arquivo de audio o temos etiquetado (ID3) entón non será necesario que poñamos nada no campo Título, xa que recollerá directamente o contido das etiquetas Título (!title) e Artista (! artist) do ficheiro de audio. Se o audio non está etiquetado, ou desexamos cambiarlle o Título para personalizar o noso contido que estamos a crear, entón eliminaremos o texto que aparece por defecto (!title - !artist) e introduciremos nós o título desexado. Engadimos o ficheiro de Audio desde a sección "Información do arquivo de audio" a través do botón Examinar.

Podemos tamén permitir ou denegar a descarga do ficheiro de audio marcando ou desmarcando a opción "Allow file downloads". Por defecto aparece marcada, co cal permitiremos a descarga do ficheiro MP3 que estamos xuntando. Acompañeremos o noso audio cunha imaxe, insertándoa de xeito similar desde a sección "Imaxes do audio"

Páxina 64 de 85


Obsérvese que as dimensións ideais para esta imaxe é de 170x170 píxeles. Feito isto, prememos sobre o botón Enviar para publicar o novo contido. Exemplo: http://www.edu.xunta.es/centros/curso52/?q=node/271

7.3 Inserir vídeo De igual xeito que os vídeos que se ven en YouTube tamén nas nosas páxinas podemos incorporar arquivos de vídeo sen ter que depender de portais externos ou, o que é máis importante, se depender da súa existencia nin incorporar outra publicidade engadida. Así que é posible que acompañemos os nosos envíos, contidos (nodos, segundo a terminoloxía de Drupal) con vídeos que se poden reproducir directamente, sen necesidade de ser descargados previamente (streaming) e sin ter que facer chamadas a portais externos que sempre nos meten, a maiores, publicidade, enlaces a outras páxinas, etc. Para que esto sexa posible, as páxinas dos centros xa contan cun módulo que permite reproducir os ficheiros con tan só ser adxuntados á páxinas (páxina, historia, ...). O único requisito é que estes ficheiros de vídeo teñen que estar en formato FLV (Flash Vídeo). Este formato é o mesmo que empregan os outros portais de vídeos: YouTube, GoogleVideo, etc. Como neste formato, específico para a publicación dos vídeos a través de Internet, non é habitual, teremos que obter ditos ficheiros por outros medios, entre os que sinalamos dous: 1. Obter un vídeo existente en Internet: YouTube, por exemplo, descargando dito vídeo en formato FLV para o noso equipo e, poder así, incorporla posteriormente á nosa web. 2. Converter o vídeo doutro formato coñecido (AVI, MPEG, ...) a este formato FLV.

Obter un vídeo de Internet Existen numerosos programas e plugins para poder descargar vídeos da rede. Aquí imos comentar unha forma moi sinxela. Para iso necesitaremos o seguinte: Teremos que ter instalado o navegador Mozilla Firefox (http://www.mozillaeurope.org/es/firefox/) xa que para a descarga dos vídeos empregaremos un plugin deste navegador. Desde o Firefox iremos ao menú Ferramentas > Complementos.

Páxina 65 de 85


Logo prememos sobre a primeira icona que aparece na parte superior: Obter complementos, e nesta xanela buscamos o enlace que indica: "Examinar tódolos complementos".

Este enlace levaranos directamente ao portal dos complementos de Firefox (https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox). Na parte superior deste portal podemos ver un buscador, onde escribiremos o nome do complemento que imos buscar: Video DownloadHelper

Prememos Intro e en breve xa aparecerá a lista cos resultados da nosa busca, e en primeiro lugar debería de aparecer xa o complemento buscado.

Páxina 66 de 85


Prememos sobre o botón da dereita que di Anadir a Firefox para proceder á súa instalación. Enseguida aparecerá unha pantalla indicándonos que se vai proceder á instalación deste complemento. Prememos sobre o botón Instalar ahora para continuar coa instalación.

Unha vez rematada a instalación vai a pedirsenos que reiniciemos o navegador Firefox. Mentres que non reiniciemos non poderemos empregar o novo complemento.

Páxina 67 de 85


Unha vez reiniciado o Firefox, xa podemos pechar todas as pestanas abertas, e iremos ao portal de Youtube a buscar algún vídeo, por exemplo, o mesmo empregado anteriormente: "The Drupal Song Music Video". Unha vez que teñamos un vídeo en reprodución desde YouTube poderemos observar como na barra de botón do navegador aparece unha icona con tres boliñas en movemento, que presenta unha frecha negra ao seu carón.

Premendo sobre a frecha negra presentarásenos un menú desde o cal teremos a opción de Descargar o vídeo que estamos visualizando. Prememos sobre esta opción e gardámolo no noso PC.

Desta forma xa teremos un vídeo en formato FLV no noso equipo.

Páxina 68 de 85


Converter un vídeo Outra forma te obter un vídeo en formato FLV será convertíndoo desde outro formato de vídeo. Por exemplo, si gravamos un vídeo cunha cámara dixital probablemente o formato sexa AVI ou MPEG. En calquera caso, ben desde os formatos anteriores ou ben desde outros formatos, é posible converter duns a outros formatos empregando programas para tal fin: conversores. Un dos conversores gratis máis empregados é o SUPER © eRightSoft (http://www.erightsoft.com/SUPER.html) A continuación, de modo sinxelo, explicamos como sería o proceder con este programa para realizar a convesión entre formatos de vídeo.

1. Nesta zona facemos clic co botón dereito do rato. Aparecerá un menú emerxente e desde a primeira opción engadimos o vídeo que desexamos converter: Add Multimedia File(s) 2. Seleccionamos o formato do vídeo de salida. Neste caso teriamos que seleccionar o formato FLV, que é o que empregaremos posteriormente na web. 3. Axustes de vídeo: podemos personalizar o tamaño, aspecto e outras características que terá o novo vídeo. Para a web é importante que o tamaño non sexa demasiado grande, entre 320x240 e 353x288 é suficiente. 4. Axustes de audio: podemos realizar diferentes axustes sobre a calidade do audio que Páxina 69 de 85


incorporará o vídeo final. Pódense deixar as opcións que marque por defecto. 5. Unha vez axustados os parámetros, premeremos sobre o botón Encode para iniciar a conversión. Pode ser que nos aparezan un par de xanelas máis, unha para seleccionar os códecs que desexamos empregar (DivX, DX50,MP4, XviD...) e outra preguntándonos se desexamos empregar o conversor FFmpeg (en caso de indicar que no empregará o Mencoder, que tamén se poden seleccionar na zona do punto 2).

Publicación do contido de Vídeo Unha vez que, dunha forma ou doutra, teñamos o vídeo en formato FLV, xa podemos publicalo na nosa web. Para esto só teremos que crear un novo contido e adxuntar dito ficheiro de vídeo.

Enviamos o novo contido e automaticamente xa o teremos listo para a súa reprodución na web.

Páxina 70 de 85


Nota: Insistimos unha vez máis nas vantaxes de publicar o vídeo deste xeito: non estamos condicionados pola existencia do vídeo na súa orixe e, sobre todo, non introduce publicidade nin enlaces externos de ningún tipo. 7.4 Exemplo de Inserir un arquivo de Vídeo Para este exemplo imos a aproveitar o mesmo vídeo que se empregou no exemplo de video embebido de Youtube. Descargamos o vídeo ao ordenador empregando o plugin Video DownloadHelper do navegador Firefox (como se comenta no punto Inserir vídeo deste módulo). Unha vez que teñamos o vídeo descargado en formato FLV crearemos un contido novo de tipo Páxina

Páxina 71 de 85


No Corpo podemos incluír unha descrición sobre o vídeo que imos a xuntar. Finalmente, na sección de Ficheiros adxuntos é onde xuntaremos o arquivo de vídeo FLV desexado, a través do botón Examinar e premendo sobre o botón Adxuntar. Cando xa teñamos o vídeo subido, prememos sobre o botón Enviar para publicar o novo contido. Exemplo: http://www.edu.xunta.es/centros/curso52/?q=node/274

Páxina 72 de 85


7.5 Inxerir animacións flash (swf) Podemos inxerir arquivos swf en calquera tipo de contido (node) en particular nun artigo do blog. O procedemento dende a migración a multisite é diferente a como se viña facendo ata o de agora (xa non dispoñemos dun botón para inxerir flash directamente) pero podemos facelo igualmente e o procedemento e unha combianción dos métodos anteriores.

Pasos a seguir 1. Debemos dispoñer no noso equipo do arquivo con extensión .swf que queremos engadir ao artigo. 2. Creamos un contido tipo artigo de blog 3. Como sempre poñemos un título e no corpo escribimos o texto do artigo que imos publicar. 4. Na zona correspondente a arquivos adxuntos subimos o arquivo swf tal e como xa explicaou noutra sección (consulta o apartado de adxuntar aqruivos deste mesmo curso) Copiamos a ruta do arquivo unha vez subido 5. No editor de texto enriquecido prememos sobre o botón de inxerir medios embebidos 6. Ao premer sobre el se abrirá a xanela correspondenteonde pegaremos a ruta do arquivo swf que copiamos no punto 4, poñemos as dimensións apropiadas para o arquivo (non sempre as recoñece automáticamente) 7. Prememos sobre o botón Actualizar para incluir o swf no artigo 8. Finalmente premeos sobre "Enviar" para publicar o artigo no blog O resultado debería ser algo semellante a isto:

Páxina 73 de 85


7.6 Inxerir unha imaxe empregando o módulo Lightbox2 O módulo Light Box está instalado en multisite e dispoñible para todos os centros participantes no proxecto pero non está activado por defecto, debe ser o administrador da web do centro quen o faga se lle parece interesante. Debemos por tanto falar primeiro co administrador para averiguar se está activo ou lle interesa activalo. Os administradores das webs dos centros poden consultar a documentación relativa a este módulo, a súa configuración e mantemento no curso de Drupal-Administradores dispoñible na Aula Virtual Aberta de Websdinámicas: http://www.edu.xunta.es/centros/websdinamicas/aulavirtual Podemos usar e aplicar as funcionalidades de Lightbox2 na nosa páxina de diferentes maneiras e con diferentes tipos de contidos, como os artigos de blog, que incorporen imaxes. Exemplo do uso de Lightbox2 con imaxes insertadas nun contido tipo "artigo". 1. Creamos un novo contido, tipo "artigo". 2. Debaixo do campo "Corpo" pulsamos a opción "Disable rich-text"

3. 4. 5. 6.

A continuación pulsamos o botón inferior "add images" Na nova ventá que nos aparece, pulsamos o botón "subir a new image", Introducimos un título e seleccionamos unha imaxe para subir. Despois de subir a imaxe, aparecerá un recadro de propiedades da imaxe onde deberemos seleccionar no desplegable "Link" a opci��n "Link to image page"

Páxina 74 de 85


7. Finalmente pulsaremos o botón "Insert" e publicaremos este novo contido tipo páxina na categoría que queiramos. 8. Podemos ver o efecto que o módulo Lightbox2 produce sobre as imaxes, ao facer clic sobre a imaxe que acabamos de insertar (mira a seguinte imaxe)

Se o administrador ten configurado o módulo para que funcione en modo presentación (xenera automática un pequeno slide coas imaxes subidas) podemos empregar este método para crear unha pequena minigalería de imaxes o único que temos que facer é repetir o proceso anterior inxerindo sucesivas imaxes, o módulo encargarase de crear con elas unha pequeno slide ou pase de diapositivas. Páxina 75 de 85


Exemplo real de funcionamento Podes ver un exemplo real de funcionamento do módulo Lightbox2 no "Portal Educativo da Consellería de Educación", en concreto na sección "Os nosos centros" (barra lateral dereita do portal). Pulsa sobre a foto do centro educativo que se mostra en cada momento. Tamén podes visualizar un exemplo de funcionamento real do módulo no enderezo: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/blog/infantil/marcelle (debes premer sobre algunha das imaxes para ver o efecto light box

Páxina 76 de 85


7.7 Embeber un vídeo de youtube Embeber códigos doutros sitios web é hoxe en día un dos recursos mais habituais nos blogues e unha ferramenta propia da web 2.0. Atoparás numerosas páxinas que prestan este tipo de servizos, entre elas YouTube. Existen varios portales en Internet que nos ofrecen unha gran variedade de vídeos para poder reproducir directamente (streaming). Pero non solo nos ofrecen a posibilidade de velos visitando a súa páxina, senón que tamén nos ofrecen un código html necesario para embeber os vídeos nos nosos blogs ou na web do centro. O editor de texto enriquecido dispoñible en multisite dispón dun botón específico para embeber medios que simplifica moito o proceso.

Pasos a seguir 1. Buscamos en youtube un vídeo de interese educativo 2. Unha vez localizado copiamos a dirección ou enderezo URL que podemos atopar na barra de direccións

3. Creamos ou editamos un contido tipo artigo ou artigo de blog 4. Na barra de botóns do editor de texto prememos sobre a icona correspondente do botón "Inxerir medios embebidos" Páxina 77 de 85


5. Na xanela que se abre no tipo de arquivo deixamos "Flash" e na barra de "Arquivo/URL" pegamos a url copiada no paso 2 6. Picamos co rato sobre as ventás de dimensións para que aparezan automáticamente. Tamén podemos modificalas manualmente (lembrar activar a opción "bloquear proporcións" para que a imaxe non quede deformada)

7. Prememos sobre o botón "Insertar" 8. Finalmente prememos sobre o botón “Enviar” para publicar o artigo. 9. Xa podemos ver o resultado

Páxina 78 de 85


Pรกxina 79 de 85


7.8 Exemplo de vídeo embebido Visitaremos a páxina de YouTube (http://www.youtube.com/) e buscaremos un vídeo existente relacionado coa temática tratada, neste exemplo cos volcáns.

Unha vez que teñamos localizado o vídeo desexado, crearemos un novo contido tipo Páxina e seguiremos os pasos indicados no apartado "Embeber vídeos: YouTube" deste módulo.

No apartado de Corpo será onde coloquemos o código HTML para embeber o vídeo. Tamén o podemos acompañar con algunha descrición textual. Unha vez introducido o código, prememos sobre o botón Enviar e xa podemos disfrutar do vídeo na nosa páxina.

Páxina 80 de 85


7.9 Embeber vídeo con código html Tal e como vimos antes podemos embeber un vídeo de Youtube empregando o botón de "inxerir medios embebidos" do editor de texto timyMC. Pero esta función non é compatible con tódolos servizos web, como por exemplo con vimeo ( http://vimeo.com/) Nestes casos podemos igualmente embeber o código html directamente. O procedementeo e semellante ao xa descrito so que nestes casos teremos a precaución de copiar e gardar o código html proporcionado polo sevizo web para futuras modificacións ou edicións do artigo.

Paso a paso 1. Imos a web do servizo onde está o obxecto que queremos embeber, no noso exemplo http://vimeo.com/ 2. buscamos o vídeo ou o obxecto multimedia que queremos inxerir no noso blog, no noso exemplo eliximos un video dunha presentación de Drupal de Andy Thornton dispoñible no portal de vimeo http://vimeo.com/20950555 3. No portal do servizo web veremos que sobre o propio video aparece unha etiqueta <embebed> para obter o código html que nos permitirá embebelo no noso blog

Páxina 81 de 85


4. Na xanela que se abre poderemos copiar o código html que se oferta directamente (ollo con copiar TODO o código ou non funcionará)

5. Tamén nos ofrecerá a posibilidade de customizar ou personalizar a visualización do vídeo, podendo elixir o tamaño da xanela, a cor da barra de reproducción, o tipo de xanela, a información a amosar, se o video debe reproducirse el só automaticamente Páxina 82 de 85


(autoplay) , se se reproducirá de forma continuada (loop) etc.

6. Unha vez elixidas as opcións desexadas debemos copiar o código resultante na xanela superior. Abrimos un editor de texto plano do noso equipo (en linux gedit (acesorios>editor de texto gedit) en windows inicio->accesorios->blok de notas) e pegamos o codigo obtido e o gardamos nos nosos documentos (poderemos precisalo en calquera momento para volver a editar o contido)

7. Agora imos ao noso blog, creamos ou editamos un artigo do blog 8. Na parte do corpo veremos na zona inferior á esquerda a opción para desactivar o texto enriquecido, prememos dita opción

Páxina 83 de 85


9. Veremos como as iconas da barra de ferramentas do editor de texto desaparecen, e na xanela en branco pegaremos o c贸didgo html copaido no paso 6

10.Prememos sobre o bot贸n enviar para publicar o artigo e observamos o resultado.

P谩xina 84 de 85


NOTA 1 Debido a un problema co editor de texto actual dispoñible en multisite cada vez que editamos un contido parte do código html pérdese polo que é moi recomendable ter o código gardado nun arquivo no equipo (tal e como se explicou no punto 6, po se fose necesario volver a pegalo.

NOTA 2 O procedemento aqui descrito serve para inxerir calquera código html sexa dun vídeo ou de outro tipo de obxecto, tanto para un contido artigo como para calquera tipo de contido (páxina e node en xeral)

Páxina 85 de 85


Manual Drupal