A fontiña 3

Page 1

A fontiña

CEIP CHANO PIÑEIRO 2017 / 2018


QUE SON AS AUTOINSTRUCIÓNS? Son unha FERRAMENTA que nos axuda a regular a impulsividade, a potenciar a reflexión e a sistematizar os nosos procedementos e rutinas. Se queremos facelas cos nosos fillos e fillas, faremos o seguinte: 1.- Realizaremos a actividade diante das crianzas, dicindo en voz alta o que estamos a facer en cada momento. 2.- A criatura realizará a actividade mentres a persoa maior vai repetindo en voz alta as fases do proceso. 3.- A criatura repite a actividade mentres repite as fases do proceso en voz alta. 4.- Volve a facelo mentres repite as fases en voz baixa. 5.- Fai un cartel o debuxo onde recolle as instrucións, para poñelo nun lugar visible.. 6. Continúa repetindo as instrucións en voz cada vez máis baixa ata que as di para si e non se lle escoita. Este proceso non se fai todo seguido nunha soa ocasión, senon que cada vez que sexa preciso realizar a actividade se van engadindo pasos ata completalo. Podemos aplicalas a calquera actividade que queramos repetir ao longo do tempo: preparar a mochila para ir ao colexio, preparar o necesario para ir a comer ao campo, recoller os xoguetes, prepararnos para ir á praia, facer os deberes, elaborar un escrito, cambiar unha roda da bicicleta,…. Aquí vos mostramos algúns exemplos:  Exemplos de autoinstrucións:


ďƒ˜ Exemplos elaborados polo noso alumnado:

Equipo de OrientaciĂłn









Powered by TCPDF (www.tcpdf.org)


BARRÍS DE PETRÓLEO PRODUCIDOS DURANTE O 2016

INFORME: - Arabia Saudita:​ A economía de Arabia Saudita baséase na extracción de petróleo. Fai anos, as principais actividades de Arabia Saudita eran a agricultura e a gandaría, pero có inicio da explotación e da exportación petroleira, a súa economía transformouse máis ou menos dende o ano 1973. Cando a súa economía comezouse a transformar xunto ó crecemento da fábrica petroleira, deu paso a que en Arabia Saudita comezaranse a construír máis estradas, aeroportos, fábricas enerxéticas, portos, sectores que colaborasen có crecemento do país, etc.


Actualmente é o segundo exportador de petróleo do mundo. A parte disto, Arabia Saudita é un país que pertence a Asia.

- Venezuela: ​Encóntrase nunha crise económica, política e humanitaria. A escaseza de alimentos e menciñas é xeneralizada. A xente non ten comida que ata chegan o punto de ir a buscala ós contedores de lixo. Os seus cidadáns estanse indo do país. Ainda que Venezuela é máis ou menos o onceavo país do mundo produtor de petróleo, a súa economía como din algúns está en coma. Venezuela é un país que pertence a América, está situado entre América do Norte e América do Sur.

- Estados Unidos: ​É considerado como o país máis rico e poderoso da Terra. A economía de Estados Unidos fai que a súa moeda o dólar estadounidense, e o seu idioma o inglés, sexan uns dos máis importantes no mundo. O mercado de traballo de Estados Unidos trouxo a moitos inmigrantes de todo o mundo, e o seu porcentaxe de migración atópase entre as máis altas do mundo. Estados Unidos está considerado como o país con máis facilidades de facer negocio. Estados Unidos sitúase en América do Norte.

- China: ​É considerada como a segunda economía mundial. China é o centro mundial para a fabricación de todo tipo de produtos, e a maior potencia industrial e exportadora de bens a nivel mundial. Tamén, China, é o país máis poboado do mundo e cun maior porcentaxe de crecemento e consumo. Este país encóntrase en Asia.


- Rusia: ​É considerada a oitava economía mundial. Tamén ten a oitava reserva de petróleo do mundo, e podía ter máis se o derreterse o ártico, atopasen reservas de petróleo que ata agora son inaccesibles. Rusia a pesar de que é o país máis extenso, é o noveno en poboación. Este país atópase entre Europa e Asia.


A PRODUCIÓN E O CONSUMO DE PETRÓLEO NO CONTINENTE AMERICANO NO 2012 Os países de América que máis petróleo producen pertencen a América do norte e son: EEUU, con 8905 mbd, seguido de Canadá con 3741 mbd e en terceiro lugar, México con 2911 mbd. Os maiores produtores de petróleo de América do Sur, durante o ano 2012, son: Venezuela, con 2725 mbd, e Brasil con 2149 mbd. E, finalmente, os países de menor produción de petróleo, durante o 2012, son: Perú, que ocupa a última posición con 107 mbd, Ecuador, con 505 mbd, seguido de Arxentina con 664 mbd e Colombia, con 944 mbd. En canto ao consumo, o país que máis petróleo consume é EEUU con 18555 mbd, seguido de Brasil cun consumo de 2805 mbd. Estos países consumen máis do que producen, especialmente EEUU. Polo tanto, teñen que importar petróleo doutros países. Así pasa tamén con Perú, cuxo consumo é aproximadamente o dobre da súa produción. En Arxentina, podemos observar que a súa produción(664 mbd) está case igualada co seu consumo (612 mbd) O resto dos países (Canadá, México, Venezuela, Colombia e Ecuador) pódese dicir que teñen excedente de produción xa que esta é maior ó que consumen.



CANTIDADE DE PETRÓLEO QUE FABRICAN CADA DÍA

Índice: 1- Gráfico 2- Táboa de valores 3- Explicación de cada país.


GRÁFICO Este gráfico representa o petróleo por día que producen estes países:


TÁBOA DE VALORES PAÍS

PRODUCIÓN DE BARRÍS AO DÍA

Alemaña

2.495.000 Barrís

Francia

1.861.000 Barrís

Italia

1.528.000 Barrís

España

1.441.000 Barrís

Arxentina

618.000 Barrís

Polonia

564.500 Barrís

Chile

302.700 Barrís

Perú

189.000 Barrís


EXPLICACIÓN DE CADA PAÍS COMEZAREI A EXPLICAR DENDE O PAÍS QUE PRODUZA MÁIS PETRÓLEO ATA O QUE MENOS PRODUZA NUN DÍA NO ANO 2010 ALEMAÑA A pesar de que Alemaña produza 2.495 barrís ao día, ten unha moi boa economía, considérase a cuarta economía mais poderosa do mundo. En 2014, obtiveron 285 mil millóns de dólares.

FRANCIA Ao día producen 1.861.000 de barrís. A súa economía é a quinta máis grande do mundo. En 2017, obtivo 574.807 millóns de dólares. En Europa, é a segunda maior economía.

ITALIA Italia fabrica 1.528.000 barrís ao día. É a oitava economía máis grande do mundo, con 850 mil millóns de dólares en término absoluto. A nivel rexional é a terceira maior economía.


ESPAÑA España produce 1.441.000 de barrís ao día. A economía é a quinta maior na Unión Europea e a decimo terceira a nivel mundial. Atópase entre as mellores do mundo

ARXENTINA Arxentina produce 618.000 barrís ao día. A súa economía é a terceira mais grande de Latinoamérica detrás das de Brasil e México. Era un dos países con mellores perspectivas do mundo.

POLONIA Polonia produce 564.500 barrís ao día. Tras a caída do comunismo, Polonia seguiu un proceso de liberación económica da década dos 90. A súa economía en 2017 foi de 465.652 millóns de euros.

CHILE Chile produce 302.700 barrís ao día. A súa economía e a sexta maior de América Latina.


PERÚ Perú produce 189.000 barrís ao día. A súa economía é a quinta maior de América latina. En 2017, obtiveron ​192.169 millóns de dólares.



CANTIDADE DE PETRÓLEO QUE FABRICAN CADA DÍA

Índice: 1- Gráfico 2- Táboa de valores 3- Explicación de cada país.


GRÁFICO Este gráfico representa o petróleo por día que producen estes países:


TÁBOA DE VALORES PAÍS

PRODUCIÓN DE BARRÍS AO DÍA

Alemaña

2.495.000 Barrís

Francia

1.861.000 Barrís

Italia

1.528.000 Barrís

España

1.441.000 Barrís

Arxentina

618.000 Barrís

Polonia

564.500 Barrís

Chile

302.700 Barrís

Perú

189.000 Barrís


EXPLICACIÓN DE CADA PAÍS COMEZAREI A EXPLICAR DENDE O PAÍS QUE PRODUZA MÁIS PETRÓLEO ATA O QUE MENOS PRODUZA NUN DÍA NO ANO 2010 ALEMAÑA A pesar de que Alemaña produza 2.495 barrís ao día, ten unha moi boa economía, considérase a cuarta economía mais poderosa do mundo. En 2014, obtiveron 285 mil millóns de dólares.

FRANCIA Ao día producen 1.861.000 de barrís. A súa economía é a quinta máis grande do mundo. En 2017, obtivo 574.807 millóns de dólares. En Europa, é a segunda maior economía.

ITALIA Italia fabrica 1.528.000 barrís ao día. É a oitava economía máis grande do mundo, con 850 mil millóns de dólares en término absoluto. A nivel rexional é a terceira maior economía.


ESPAÑA España produce 1.441.000 de barrís ao día. A economía é a quinta maior na Unión Europea e a decimo terceira a nivel mundial. Atópase entre as mellores do mundo

ARXENTINA Arxentina produce 618.000 barrís ao día. A súa economía é a terceira mais grande de Latinoamérica detrás das de Brasil e México. Era un dos países con mellores perspectivas do mundo.

POLONIA Polonia produce 564.500 barrís ao día. Tras a caída do comunismo, Polonia seguiu un proceso de liberación económica da década dos 90. A súa economía en 2017 foi de 465.652 millóns de euros.

CHILE Chile produce 302.700 barrís ao día. A súa economía e a sexta maior de América Latina.


PERÚ Perú produce 189.000 barrís ao día. A súa economía é a quinta maior de América latina. En 2017, obtiveron ​192.169 millóns de dólares.



Scanned with CamScanner


Este curso o alumnado de 4º de Primaria convertímonos en Gotas Cotillas… e nos adicamos a:

crear, experimentar,

inventar, debuxar, calcular, investigar, cantar, redactar, medir, colaborar, bailar, ler, expresar, resolver, contar, consultar, participar, compartir, reflexionar, planificar e un sinfín de cousas.


Para chegar a facer os experimentos na aula traballamos a reo durante todo o curso. Elaboramos nos mesmos un “Teléfono”, o Disco de Newton, unha veleta, un pluviómetro, un volcán... e experimentamos coa Acuarela de cores, os Vasos comunicantes... O mesmo chan valeunos para facer un mural onde fumos expoñendo os que foron saíndo e os que non... xa que non todos chegaron a bo porto... coma os “ovos saltaríns”... aínda que diso tamén sacamos as nosas conclusións.


Tempo tivemos tamĂŠn para escribir e contar multitude de escritos e relatos, incluĂ­ndo as historias das nosas vidas, e ter un oco para as lembranzas de cando eramos peques.


Os alumnos e alumnas de 3º B invítanvos a un menú degustación. Esperamos que o disfrutedes!!!



SAÍDA Á PRAIA AMÉRICA 3ºA O pasado 25 de abril, os alumnos de 3º fixemos unha saída didáctica moi interesante. Partimos da praia América e chegamos ata a Ramallosa a través do monte Lourido. Os nosos guías foron uns monitores do concello de Gondomar que se están a formar para ser guías turísticos. Foi estupendo!

Explicación das dunas.

Paseo polo río Muíño.

​Vista de Monteferro

O paxaro Píllara que está en perigo de extinción


A casa deseñada por Antonio Palacios

Paseo polo Monte Lourido

Un piñeiro en praia América

Os ovos da píllara nas dunas


IMOS DE COMPRAS!!!!! O alumnado de 2º A decidiu montar un mercado na clase para traballar o tema das moedas e os billetes. Decidiron facer grupos e montar cada un o seu posto na clase. Podían utilizar como produtos de compra e venta, calquera cousa que lles resultase atractiva : libros , revistas, xogos, material escolar...

Colocaron as mesas da clase como si fosen os mostradores dos establecementos, e puñan todo o que ían vender enriba do xeito máis rechamante posible para atraer aos posibles clientes.


Unha vez que escolleron toda a mercadoría das súas tendas, tiveron que establecer o valor dos obxectos que ían por á venda(coa axuda da mestra).

O alumnado dispuña duns sobres coa mesma cantidade de cartos , para poder dar cambio aos compradores e ao mesmo tempo dispor de ese diñeiro para adquirir novos produtos. Deste xeito todos eran vendedores e compradores. Foi unha actividade moi divertido de aprender a coñecer o noso sistema monetario, e tamén para aprender a xestionar o diñeiro que tiñan, así como realizar diferentes operacións (sumas, restas,multiplicacións...) Seguro que repetimos pronto!!!

Actividade realizada polo alumnado de 2ºA


Como son as mamás e os papás de 2ºB? Hai bombeiros, ciclistas, xogadores de padel, chef, princesas, mecánicos, pescadores, músicos, futbolistas, analistas, enfermeiros, perruqueiros, xardiñeiros, policías, fotógrafos, coidadores, de pequenos. .. Iso sí, os mellores do mundo! Quen é quen? Recoñecédesvos?




Os nenos de 1ºB,coidamos a saúde practicando deporte.Velaquí os nosos favoritos:

Tamén coidamos e respectamos as nosas mascotas e aos demáis animais:

A quen non lle gustan uns gatiños tan bonitiños coma estes? E este koala tan adorable?


Pero,sobre todo,sabemos ser solidarios...

Queremos adicarlle esta homenaxe a Gabriel e a todos os nenos e nenas que non poden disfrutar do seu dereito a xogar e ser felices.



EP !º A Curso 2017-2018 Tutora: Elena González Entre as actividades que foron levadas na aula, mostramos algunhas por cada un dos trimestres. 1º Trimestre. Os alumnos formando grupos de decenas, de xeito manipulativo. Actividade realizada en pequenos grupos.

Tivemos un recordo coas actividades para O Nadal. Empregando as súas mans constrúen composicións na área de plástica.

2º Trimestre. Adquiren coñecementos de medida e peso, realizan comparacións, equivalencias....


Forman palabras por parellas e outras de xeito individual, empregando modelo e recursos visuais.

3º Trimestre. Adquirindo coñecementos sobre os seres vivos, agrupan animais según clasificación.

Tamén experimentaron ao prantar as súas sementes, comprobando a importancia do sol e da auga para o crecemento das prantas.


Coidamos o horto Co comezo da primavera os nenos e nenas de 4º B de E.I decidimos arranxar un pouco o horto que hai no cole. Así que puxémonos a traballar, arrincamos malas herbas, cavamos a terra para despois sementar pipas de xirasol e plantas de cogombro que tiñamos nun sementeiro.



Os nenos e as nenas de 3 anos A convertĂŠmonos en sementadores. Aproveitando a chegada da primavera, decidimos facer uns sementeiros de tomates cherry e celosĂ­as. Para realizalos, seguimos os seguintes pasos:


Xa rematados os nosos sementeiros, levámolos para a nosa clase e encargámonos de sacalos á luz do sol e de regalos todos os días, para que así medrasen moito. Tan ben os coidamos que nuns días comezaron a saír as plantas!


CoNsTrUÍndO uN nOvo PaTio O curso 2017-18 será recordado por todos os cambios que fixemos no patio. Este espazo é un ámbito máis da escola e aula, ao aire libre, no que as posibilidades de xogo son diversas. É un lugar dinámico, activo e participativo. Seguiremos mellorando porque o ensino sempre está en movemento. Pasámolo xenial pintando a parede do patio con cores alegres. A pirámide de neumáticos e as diferentes rodas axúdannos a facer exercicio e a crear. O canalón con agua é moi divertido, encántanos “mergullarnos”. Os monopatíns, triciclos... son toda unha experiencia sobre rodas. A peonza, o xogo do equilibrio, os espellos, as margaridas xigantes,...cantas cousas!!

GRAZAS a todos/as os que o fixeron posible. Aquí tedes a opinión dos nenos/as de 5º de Infantil:

• Gústame o barco pirata porque podo subir polas cordas e manexar o barco. • Gústame o areeiro porque podo construír castelos de area. •

Encántame o tobogán do barco pirata.


Gústame pintar nas margaridas xigantes porque gozo pintando.

• Encantoulle pintar o patio.

• O castelo con cordas porque podemos balancearnos. • A pirámide de neumáticos porque ten cordas. • O monopatín porque podemos correr máis rápido que coas bicis. • A peonza. • O tobogán para lanzarme.

• Porque está pintado e foi moi divertido.


• Gústame a rede que puxeron para que non me dea o sol na cabeza. • O areeiro porque hai moita area para enterrar os pés.

• Pintar o patio porque me gusta colorear. • O barco porque ten cordas e unha casiña por debaixo.

• Gústame a canastra. • O caleiro porque ten auga.


“Los juegos son la forma más elevada de investigación” Albert Einstein.

5º A e B Educación Infantil

“Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan, los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón”. María Montessori


 CREAMOS O RECUNCHO

 AS FAMILIAS E OS NENOS E NENAS APORTARON MATERIAIS, IDEAS E PRESENZA AO PROXECTO.


FIXEMOS AS NOSAS PÍNTEGAS

4

 INVESTIGAMOS E APRENDEMOS 1

2

3

5


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.