PXA BIBLIOTECA 2020-21

Page 1

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR O equipo de dinamización da Biblioteca está formado no presente curso por: - Mª Nazaret Araújo Díaz(coordinadora). - María Nóvoa Carrera . - Mª Diana Pérez soto. - Josefa Pérez Pinal. A recta final do pasado curso 2019/20 tivo un carácter excepcional e singular co estado de alarma decretado por mor da COVID-19, o que nos levou a ter que reinventarnos para que o noso alumnado seguise a ter unha educación a distancia humana e de calidade dando continuidade ao curso escolar. O inicio do presente curso 2020/21 vén marcado polo alerta sanitaria, que segue a ser unha realidade. O noso colexio, a nosa Biblioteca contan cos seus protocolos de adaptación á “nova normalidade” que requiren do esforzo, responsabilidade individual e accións colectivas, para recibir ao noso alumnado nas condicións máis seguras no tocante á saúde de toda a comunidade educativa. O presente Plan recolle o protocolo COVID-19 a aplicar na Biblioteca Escolar coa reorganización de espazos, tempos, recursos...para dar cumprimento ao protocolo de adaptación elaborado polo equipo da biblioteca e revisado e aprobado pola Dirección e o equipo covid do centro. A atención á xestión emocional de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, persoal non docente, profesorado... e o cumprimento das medidas sanitarias marcadas presidirán cada unha das propostas e actividades que dende a Biblioteca se desenvolvan coa finalidade de seguir divertíndonos aprendendo no noso colexio, na nosa Biblioteca.


1. PROTOCOLO DO USO DA BIBLIOTECA NO CEIP MALLÓN. Curso 2020-21 

A aplicación deste protocolo estará sempre ligada as necesidades do centro e o que diten as autoridades sanitarias.

O presente documento recolle o protocolo COVID-19 a aplicar na Biblioteca Escolar coa reorganización de espazos, tempos, recursos...para dar cumprimento ao protocolo de adaptación elaborado polo centro. A atención á xestión emocional de toda a comunidade educativa: alumnado, familias, persoal non docente, profesorado... e o cumprimento das medidas sanitarias marcadas presidirán cada unha das propostas e actividades que dende a Biblioteca se desenvolvan coa finalidade de seguir divertíndonos e aprendendo no noso colexio, na nosa Biblioteca . MEDIDAS HIXIÉNICAS .

Na entrada da biblioteca habrá xel desinfectante . Hai que botar xel ao entrar.

Os libros que sexan tocados quedarán na caixa de cuarentena.

Hai que manter a distancia de seguridade.

O grupo que baixe á biblioteca terá a obriga de desinfectar os lugares onde se sente: cadeiras, mesas, equipos informáticos… ao entrar e ao saír.

Non se poderá acceder a consultas, nin tocar andéis ou libros que non se vaian levar.

Non se pode comer, nin beber na biblioteca.

Cada vez que un grupo remate a súa clase, terá que ventilar . AFORO E PRESENZA NA BIBLIOTECA.

A biblioteca poderá utilizarse por unha aula , sempre que se cumplan as medidas de seguridad e hixiene que establece o protocolo COVID– 19 do centro.


O/a mestre/a acompañará ao seu alumnado para supervisar que todos desinfectan as mans, mesas, cadeiras e que non tocan ningún libro que non vaian levar. Os nenos/as non poderán acceder sós á biblioteca.

A biblioteca permanecerá cerrada nos recreos e polas tardes. Excepcionalmente poderá utilizarse nesta franxa horaria para a realización de algúnha charla, taller ou actividade relacionada coa biblioteca , sempre que esté aprobada polo equipo COVID, o equipo da biblioteca ou o equipo directivo e se poidan manter as medidas de seguridade e hixiene establecidos polo protocolo.

PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓNS. · Realizaranse préstamos ás aulas dos fondos que as titoras consideren necesarios para ofertar ao alumnado na Hora de Ler.

· Cada aula contará cunha caixa– biblio chea de libros para realizar o préstamo dende as clases . O alumnado levará o libro que desexe e cando o devolva deixarao nesta caixa para que pase unha cuarentena de 24 horas ( o protocolo establece 4horas ). Esta medida evita que o grupo estable salga da súa aula, aínda que os grupos que o desexen poden seguir realizando o préstamo na biblioteca sempre que cumplan coas medidas que indica o protocolo. Infantil realizará o préstamo dende as aulas como viña facendo ata agora. Esta caixa irá variando o contido. · Cada titora ou titor realizará o préstamo e devolución dos fondos do seu alumnado anotándoos no Meiga. · Este ano empezarán a circular as mochilas viaxeiras. Cada aula contará cunha mochila chea de libros para levara a casa e compartir en familia. Estas mochilas cumplirán tamén a cuarentena oportuna. · Os Mestres que desexen algún libro para os seus proxectos de aula poderán solicitalo ao equipo da biblioteca . · Para o alumnado e as familias que o desexen , será posible un préstamo de


libros e devolución enviando petición por correo a araujodiaz@edu.xunta.es, por aula virtual, tlf, ou a través dalgunha das encargadas da biblioteca.

ACTIVIDADES · O equipo de biblioteca proporá actividades, retos, recomendacións , concursos, noticias ... voluntarias e relacionadas coa lectura, que exporá nun lugar visible e reservado en cada aula para este tipo de comunicacións da biblio. Ademais invitaráse a participar nas distintas actividades a toda a comunidade escolar publicando todo no blog da biblioteca, na aula virtual, tokapp … · As formacións do alumnado e do profesorado serán a meirande parte telemáticas. Faráse fincapé naquelas que teñan que ver coas TICS : acceso o blog, plataformas para traballar a distancia, aula virtual , búsqueda de información… · A biblioteca colaborará co PDI do centro, aportando medios bibliográficos, de búsqueda de información… ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO · O protocolo será revisado e acutalizado en función da evolución da pandemia, das posibles modificacións nas instruccións enviadas polas autoridades educativas e sanitarias e da avaliación sobre o funcionamenteo do mesmo, realizada polo claustro e o equipo de biblioteca.

Este ano emprendemos un proxecto que involucra a todo o centro. A súa temática é Galicia “A volta a Galicia en 176 días ”.


A Biblioteca Escolar é un axente dinamizador de actividades relacionadas coa lectura, expresión oral e expresión escrita polo que se organizan e propoñen actividades como: 

Mochilas e bolsiñas viaxeiras, Hora de Ler, itinerario lector ,clube de lectura … todas elas co obxectivo común de fomentar o hábito lector disfrutando coa lectura.

Empréstitos ás aulas, dramatizacións das lecturas, recitais poéticos, concursos, contos... actividades nas que o alumnado participa e/ou xestiona directamente.

Fomento de actitudes/valores, das capacidades, das CCBB e do uso das TACs vertebrado polo PDI anual e materializado a través das actividades

trimestrais

propostas,

dos

blogues

,

formación

de

usuarios,retos literarios… 

Motivación, ambientación e decoración de espazos con exposición de fondos para as diversas conmemoracións e temáticas traballadas ao longo do curso escolar.

Proposta e organización de encontros con autores/as, ilustradores/as, artistas… Para proporcionar un escenario atractivo a todo o antedito, cada curso a BE propón unha temática ou centro de interese concreto que servirá de fio conductor aos nosos actos pedagóxicos. Este curso, dando continuidade ao anterior, o título do PDI é A volta a Galicia en 176 días.

Ademais das actividades propostas para o alumnado, profesorado e familias tamén se levan a cabo outras actividades imprescindibles para o correcto funcionamento da nosa BE como: catalogación, expurgo, selección e compra de novos fondos, xestión e organización, formación de usuarios e colaboradores, exposición e difusión de fondos, empréstito interbibliotecario, guías de lectura...

A memoria do PLAMBE do curso pasado foi aprobada polo que para este curso 2020-21 seguiremos en dito programa. PLAN DE TRABALLO E ACTIVIDADES A LEVAR A CABO POR PARTE DA BIBLIOTECA.


-

Axudar a programar levar a cabo as actividades do Plan Anual de Lectura.

-

Programar o PDI anual do centro.

-

Axudar a organizar a documentación e os recursos dispoñibles.

-

Coordinar o funcionamento da biblioteca e facilitar o seu uso mediante un horario compatible coas actividades curriculares.

-

Colaborar cos profesores/as nos procesos de uso didáctico da biblioteca, atender as demandas que formulen os propios alumnos/as ou os pais-nais e en xeral, ao uso público da biblioteca escolar.

-

Planificar accións de dinamización da biblioteca e do plan lector do centro.

-

Colaborar na formación do alumnado, profesorado e familias como usuarios.

-

Continuar coa organización e dinamización do uso da Biblioteca co programa Meiga e a CDU. - Continuar co rexistro e catalogación dos fondos bibliográficos do centro co programa de xestión de bibliotecas, MEIGA.. - Emitir carnés para o novo alumnado, profesorado e público externo que o solicite.Dar de baixa os que sexan necesarios. - Rexistrar e catalogar os demáis fondos documentais do centro. - Elaborar guías temáticas de lectura. - Presentación de novidades. -Continuar co plan de adquisiciónde fondos. Buscar , mercar , dar a coñecer novidades literarias para o fomento da lectura. -Colaborar co Departamento de Orientación na selección de fondos destinados á atención á diversidade. -Colaborar con outras entidades e institucións, relacionadas co fomento da lectura. -Manter reunións periódicas cos Equipos de Dinamización Lingüística, Actividades Complementarias e Extraescolares e TIC para a organización de actividades conxuntas. Estas Reunións de coordinadoras evitará que se duplique o traballo


-Elaborar o protocolo da biblioteca escolar en consenso co equipo directivo e co equipo covid do centro. -levar a cabo os rexistros de avaliación e mellora do plan lector. -Levar a cabo os rexistros de avaliación e mellora do equipo de biblioteca. -Realizar a memoria anual do equipo. -Realizar a memoria anual do PLAMBE -Solicitar a continuidade no PLAMBE para o próximo curso. -Recopilar o material realizado nas diferentes aulas para a realización da memoria do PDI de este curso. -Dinamizar a biblioteca de aula e de centro. -Informar a toda a comunidade escolar sobre os aspectos relacionados coa biblioteca escolar. -Realizar a xustificación económica da biblioteca e do PLAMBE. - Manter o Blogue da biblioteca activo, publicarando as novidades, con anuncios da biblioteca, novas culturais e experiencias que se van desenvolvendo nas clases e na biblioteca en relación á lectura. - Realizar sesións de contacontos, contando coa colaboración de nais, pais, avós, avoas, persoal ou do propio colexio. - Solicitar e por en funcionamento as mochilas viaxeiras. - Crear o primeiro Clube de lectura para adultos. - Recuperar a revista escolar . -Crear itinerarios lectores dende infantil ata 6º de primaria e buscar, se é necesario , os libros que máis se axusten ao nivel. -Crear as caixas de empréstimo para as aulas ( necesarias por protocolo covid ) ( mercar, seleccionar os libros para cada aula, cambialos cada certo tempo… ) -Conmemorar días sinalados: Día Internacional das Bibliotecas escolares, Día da poesía, Día do libro. -Continuar coa biblio patio (Libros ao patio), para ler e que nos lean. Debido as restricións relacionadas co establecemento dos “grupos burbulla”, esta actividade circunscribiríase ao grupo-clase, sen ampliala a outros grupos.


- Incluír unha nova sección no blogue con lecturas online e interactivas. -Prever un plan de continxencia literario para suplir a falta de recursos das familias máis desfavorecidas ( un pack de libros en préstamo durante o confinamento ). É fundamental organizar as ferramentas virtuais a nosa disposición para favorecer encontros durante os posibles períodos de emerxencia ou para poder afrontar as medidas de distanciamento que se nos impoñan, ben totais ou parciais. Temporalización de actividades . (Cadro anual de actividades ).


PROXECTO LECTOR DE CENTROEN

CEIP MALLÓN Curso 2020-21

ÍNDICE 1. CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN… 2. OBXECTIVOS……………………………………. 3. METODOLOXÍA………………………………….. 4. RECURSOS………………………………………. 5. ACTIVIDADES…………………………………... 6. AVALIACIÓN E DOCUMENTACIÓN…………. 7. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN……….


1.

CONTEXTUALIZACIÓN E XUSTIFICACIÓN

O CEIP Mallón está situado na parroquia de Mallón, a 2km do centro de Nigrán e a 1’5km do centro da Ramallosa, contando cun alumnado que provén tanto de medios rurais como urbanos. Para a biblioteca contamos cun espazo de aproximadamente 50 metros cadrados, no que teñen cabida tanto nen@s de Infantil como de Primaria. O Equipo de biblioteca propón diversas actividades e iniciativas ao longo de todo o curso, xa sexa para conmemorar diferentes celebracións , como para realizar actividades encamiñadas ao fomento da lectura, mellora da expresión escrita, educación documental, tratamento da información, etc. Dende a biblioteca tamén se leva a cabo un Proxecto Documental Integrado cada ano, no que se traballa unha temática concreta cada curso. Este ano o PDI de do centro será : ¨ A volta a Galicia en 176 días ¨ ( Ver explicación no apartado de actividades ). Dende

o

curso

2011-12

está

a

funcionar o

blog

da

biblioteca

bibliodemallon.blogspot.com, que recolle todo o que acontece entorno á biblioteca e ás actividades que parten dela. 2.

OBXECTIVOS

Os obxectivos xerais do plan lector son : - Adquirir habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral e á lectura. - Desenvolver hábitos de lectura diarios (non inferior a trinta minutos), traballándose en todas as áreas do currículo.


1.1 Obxectivos do alumnado: - Desenvolver estratexias para ler con fluidez e entoación adecuadas - Comprender distintos tipos de textos adaptados á súa idade. - Utilizar a lectura como medio para ampliar o vocabulario e fixar a ortografía correcta. - Utilizar estratexias de comprensión lectora para obter información - Apreciar o valor dos textos literarios e utilizar a lectura como fonte de gozo e información,á vez que de enriquecemento persoal. - Usar a biblioteca de aula para a procura de información e aprendizaxe, e como fonte de pracer - Ler e resumir (de forma oral ou por escrito), ao termo de cada ciclo de libros así como diferentes tipos de textos de extensión variable, tanto por indicación do mestre como por iniciativa propia. -Adquirir o vocabulario básico das distintas áreas proposto para cada ciclo. - Expresarse oralmente de maneira adecuada tendo en conta a entoación, o ritmo, o xesto, a dicción e o uso de normas lingüísticas.

1.2. Obxectivos do profesorado: – Realizar, a comezo de curso unha avaliación inicial das habilidades lectoras, comprensión lectora, ortografía e expresión oral. – Utilizar como punto de partida nas programacións o nivel lector da maioría do alumnado tendo en cuenta o PAD e o principio de individualización. – Desenvolver e consolidar o hábito lector dos nosos alumnos. – Fomentar a lectura desde todas as áreas curriculares. – Programar actividades de animación á lectura tendo en cuenta a idade e os niveis do alumnado. – Mellorar a oferta da Biblioteca do Centro coa adquisición de novos libros. – Realizar guías de lectura, seleccionando libros relacionados con temas concretos e personaxes determinados. – Desenvolver a comprensión lectora desde todas as áreas curriculares mediante accións concretas que figuren nas súas programacións didácticas. – Utilizar a lectura como fonte de entretemento e de información.


Continuar traballando en proxectos comúns, que permitan afondar a todos nunha mesma temática e por en marcha proxectos documentais adaptados ás distintas idades. Neste curso o tema elixido é “ A volta a Galicia en 176 días ”. 1.3. Obxectivos das Familias: As familias constitúen un elemento fundamental neste Plan. A súa colaboración contribuirá a reforzar o valor da aprendizaxe da lectura. Para o que, os fogares dos nosos alumnos recibirán información periódica das actividades que se estean levando a cabo, da situación en que os seus fillos atópanse en canto a hábitos e comprensión lectora refírese e pediráselles que lles motiven,apoien e faciliten na lectura. As familias deberán: - Interesarse polas actividades do plan e animar aos seus fillos para participar activamente. - Ler cos nenos e para eles. - Escoitar as súas lecturas mostrando interese polas mesmas. - Asegurarse de que os nenos realizan en casa as tarefas relacionadas coa lectura. - Participar nas sesións que se deseñen para eles. - Deben ser modelos de lectores adultos a seguir dentro do fogar, se os seus fillos observan que os seus pais len, axudará a que eles tamén lean 1.4. Obxectivos do Equipo de Orientación: - Elaborar as probas de avaliación das habilidades lectoras, comprensión lectora, ortografía e expresión oral. - Proporcionar información sobre o material adecuado para o tratamento das dificultades detectadas nos alumnos. 1.5. Obxectivos doutras institucións relacionadas co centro: -Pedirase cooperación ao ANPA a fin de que colaboren eventualmente nas actividades de fomento da lectura programadas polo Centro e fagan chegar ao mesmo todas aquelas propostas que estimen oportunas.


- Manteremos contactos con Bibliotecas que organicen actividades ou produzan materiais que garden relación co fomento da lectura e o desenvolvemento da comprensión lectora. -Colaboraremos con todas aquelas institución que favorezan o fomento da lectura .

3.

METODOLOXÍA A metodoloxía propia deste proxecto lector segue a liña metodolóxica do

centro, respectando dous aspectos que para nós son fundamentais á hora de educar ao noso alumnado: -

A flexibilidade das actividades propostas, adaptándose en todo momento ás necesidades dos alumnos e das súas familias, así como nas posibilidades que pode ofrecer o propio centro e a contorna próxima.

-

O compromiso do equipo directivo do centro e de gran parte do profesorado en intentar mellorar día a día o noso colexio, así como facer chegar os aspectos culturais que se propoñen dende o centro e dende a biblioteca a toda a comunidade educativa, sen que os factores económicos sexan un impedimento para a realización das diferentes actividades.

Outros aspectos metodolóxicos do proxecto lector que cabe destacar son os seguintes: -

Facer partícipes aos alumnos, familias e mestres deste proxecto.

-

Facilitar o achegamento e participación das familias en diferentes actividades, dado o tremendo grao de motivación para os nenos que levan consigo este tipo de iniciativas.

-

Empregar os diferentes recursos TIC dispoñibles no centro (encerados dixitais, ordenadores, etc.) para o fomento da lectura e a busca e tratamento da información.


-

Espertar o interese pola lectura e a produción de textos a través de actividades como: o empréstito semanal de libros en todos os cursos, elaboración

de

producións

propias

sobre

diferentes

temáticas,

elaboración de pequenos traballos escritos sobre temas diversos, hora de ler, preparación de pequenas adaptacións teatrais sobre contos da biblioteca, contacontos, etc. -

Fomentar o traballo cooperativo a través do Proxecto Documental Integrado.

-

Potenciar o uso da biblioteca escolar e da biblioteca de aula, entendendo estes espazos como unha fonte de recursos onde buscar todo tipo de información.

4.

RECURSOS

Unha axeitada organización do ambiente, incluíndo espazos, recursos e distribución do tempo, é fundamental para a consecución dos fins educativos. Presentamos aquí unha estimación xenérica e flexible dos recursos que prevemos necesarios pero que poden ser ampliados ou reducidos en función dos criterios de calidade, funcionalidade e necesidades propias de cada momento. Estes recursos son entendidos como os medios que nos facilitarán o achegamento ao noso fin último: formar lectores competentes. De forma xeral destacamos: •

Recursos humanos:

Os recursos persoais posúen un valor fundamental no desenvolvemento do proceso de ensino/aprendizaxe. Partimos da idea de que os propios alumn@s, o profesor, compañeir@s, familia, así como outros membros da comunidade educativa, son mediadores da cultura. A propia comunidade educativa: os mestres, os alumnos, familias... todos eles de forma persoal aportan as súas experiencias e vivencias acerca do proxecto; sendo un recurso fundamental á hora de motivar ao alumnado. - O alumnado, principal axente que executa e recibe o acto lector e protagonista de todas as propostas. Os/as que, como contacontos e/ou dramatizando

textos,

achegan

os libros aos demais compañeiros e


compañeiras,

participan

na

elaboración

de

material,

nas

dinámicas

,actividades, retos… - As familias , que teñen un importante papel na motivación, no desenvolvemento e na consolidación de hábitos lectores e que de forma progresiva se van incorporando e animando a colaborar nas actividades de lectura, en contadores de contos, Mochilas Viaxeiras... -O profesorado e os diferentes equipos que proporcionan as estratexias necesarias para a adquisición das competencias lingüísticas, para aprender a aprender, motivación para a lectura e a escritura e propostas de actividades varias. Ademais colabora e participa como axente dinamizador do PDI anual e das diferentes propostas que se fan ao longo do curso.

O equipo de apoio á biblioteca escolar: debido á gran relación existente entre o Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca, é fundamental que a coordinadora e as compoñentes do equipo de biblioteca faciliten e aporten os recursos necesarios para a consecución dos nosos obxectivos. O Departamento de Orientación e a Comisión de Coordinación Pedagóxica: as súas indicacións axudarán a adaptar ó proxecto ás características específicas dos alumnos con necesidades educativas especiais, así como ao resto do alumnado, paliando na medida do posible as diferenzas persoais, así como na orientación ás familias e ao entorno máis próximo do neno. O Equipo Directivo: son quen de facilitar a tarefa e os medios que se precisen a nivel organizativo e material. Entidades culturais do entorno: a biblioteca do concello e da contorna, as bibliotecas familiares ou calquera outra infraestrutura cultural que poidan aportar coñecemento e contidos para o proxecto e o fomento da lectura. •

Recursos materiais: Todo o material funxible que existe no centro ou no entorno pode ser, nun

momento puntual ou de forma permanente, empregado para esta fin. A biblioteca escolar é un eixo dinamizador fundamental xa que aporta un gran número de recursos en diferentes soportes que servirán de apoio e medio para o proxecto. Os materiais axéitanse ás características e necesidades específicas do


contexto educativo e, consecuentemente, ás características individuais do alumnado. Estes materiais permiten distintos graos de uso, ofrecendo múltiples posibilidades de utilización en función das necesidades de cada situación e momento. Os recursos materiais seleccionados son de natureza moi variada, flexibles e adecuados ás necesidades de cada momento. En todo caso, temos presente unha serie de criterios na súa selección: -Deben adecuarse ás necesidades dos nenos, e aos proxectos de traballo. -Responder ás necesidades de seguridade, manipulación e limpeza. -Incitar á observación e a exploración. -Permitir a multifuncionalidade, así como posibilitar a acción individual e de grupo. -Diversa tipoloxía: audiovisual, impreso, manipulativo, relacionados coas tecnoloxías da información e comunicación, etc. Exemplos :O material curricular do alumnado , A BE e os fondos bibliográficos e audiovisuais que hai nela ou en empréstito ás seccións documentais de aula, a biblioteca municipal , Os ordenadores e o acceso a internet, as mochilas e bolsiñas viaxeiras ,as tablets , as caixas de empréstimo na aula, os blogues, a prensa,

Recursos espaciais:

A organización dos espazos parte da necesidade de crear ambientes agradables e funcionais cos que os alumnos poidan identificarse e desenvolverse: espazos para actividades que requiran concentración e espazos amplos que faciliten o movemento. Este curso debido á situación excepcional pola pandemia, utilizaremos o hall de entrada , as escaleiras , salón de actos, patio exterior…. Para as diferentes exposicións , xa que a biblioteca non será usada pola totalidade de alumnado do centro. Intentantarase, na dedida das posibilidades, facer a ambientación, e animación nas aulas para respetar os grupos estables.


5.

ACTIVIDADES As propostas de actividades serán flexibles e abertas. Ditas actividades terán ás veces un carácter permanente e outras

puntual dependendo de diferentes criterios como: o resultado, a participación, os contidos a traballar, etc. Así mesmo as propostas levaranse a cabo en diferentes espazos en función das características da actividade, para que permitan as medidas de hixiene e seguridade. Todos estes criterios serán definidos no momento inicial da actividade e serán debatidos e comunicados nas reunións do claustro e do Equipo de biblioteca, así como no Plan Anual de Lectura. Propostas de actividades: •

PDI (Proxecto documental integrado)

O PDI é un traballo de investigación no que o alumno participa activamente na busca de información sobre a temática escollida, é un formato no que se fomenta a autoaprendizaxe e a aprendizaxe significativa, partindo sempre das súas inquedanzas e intereses. A temática elixida divídese noutras temáticas máis específicas que se traballarán por ciclos ou niveis e a súa finalidade será intercambiar e compartir a información obtida cos demais compañeiros, podendo así ampliar os contidos traballados. Este curso será o seguinte : ``A volta a Galicia en 176 días´´ Xustificación. O Proxecto Documental Integrado

( PDI)

ten coma finalidade ser o eixo

vertebrador, transdisciplinar e transversal, das concrecións curriculares dos diferentes niveis educativos. A adquisición de estratexias de busca, selección, valoración, uso e produción de información en diferentes soportes e formatos, así como o fomento do hábito lector, ou polo menos, o espertar do gusto pola lectura, son imprescindibles para a adquisición das competencias básicas, especialmente a competencia en comunicación lingüística, o tratamento da información e


competencia dixital, a competencia cultural e artística e aprender a aprender. A recta final do pasado curso 2019/20 tivo un carácter excepcional e singular co estado de alarma decretado por mor da COVID-19, o que nos levou a ter que reinventarnos para que o noso alumnado seguise a ter unha educación a distancia humana e de calidade dando continuidade ao curso escolar. O inicio do presente curso 2020/21 vén marcado polo alerta sanitaria, que segue a ser unha realidade. O noso colexio, a nosa Biblioteca contan cos seus protocolos de adaptación á “nova normalidade” que requiren do esforzo, responsabilidade individual e accións colectivas, para recibir ao noso alumnado nas condicións máis seguras no tocante á saúde de toda a comunidade educativa. O covid –19 non só nos prohibiu saír da casa durante tantos días, senon que impediu viaxes, excursións, saídas pedagóxicas… O presente curso 2020-21 tamén ven con restriccións e as actividades extraescolares e complementarias tamén se verán reducidas, por elo pensamos no modo de compensar todas esas viaxes que non puideron facer este ano. Todos/as sabemos os beneficios de viaxar : -Reduce o estrés, a ansiedade, aumenta as habilidades comunicativas e sociais, abre a mente, amplía horizontes, fainos coñecer novas realidades, culturas, costumes, gastronomía, arte, aumenta a empatía… pero sobre todo, fainos felices. Os beneficios son innumerables, pero se os analizamos ben , observaríamos que moitos deles coinciden cos que aporta a lectura : abre a mente, reláxanos, emociónanos, fainos coñecer outras culturas e realidades, … Os libros permítennos viaxar sen saír da casa, polo que pensamos que se unimos nun proxecto os libros e viaxar por Galicia, poderíamos conseguir moitos dos beneficios que estas prácticas nos aportan. ``Ler danos un sitio ao que ir Cando temos que quedar onde estamos´´


M. Cooley Este curso decidimos coñecer Galicia a través dos libros. Unha viaxe imaxinaria, telemática, a través dos medios tecnolóxicos, libros e recursos cos que dispomos hoxe en día coa axuda das TIC. Embarcarémonos nunha viaxe pola súa história, xeografía, arte, cultura, clima, vexetación , gastronomía … Se Xulio Verne imaxinou a volta ao mundo en 80 días, imaxinade o que poderemos facer nos en 176 días por Galicia. Obxectivos xerais . · Coñecer a Hª e xeografía de Galicia. · Identificar a Fauna e Flora típica da nosa terra. · Identificar algunhas costumes e tradicións da cultura Galega. · Coñecer artistas da nosa terra adicados ás diferentes artes ( música, pintura, escultura, literatura, artesanía… ) · Recoñecer as características típicas da nosa comunidade. · Colaborar con entidades, empresas, particulares … na conservación e difusión do patrimonio galego · Traballar de maneira cooperativa, utilizando as estratexias que nos permitan facelo coa máxima seguridade. · Expoñer os nosos descubrimentos, aprendizaxes, investigacións… co resto da comunidade escolar a través de exposicións, vídeos, páxinas web… · Colaborar co equipo da biblioteca en todas aquelas actividades que se propoñan. · Facer partícipes ás familias do noso proxecto e establecer vías de participación e comunicación para que sexan parte importante deste PDI e poidan colaborar en todo. · Recibir a formación tecnolóxica necesaria para poder seguir investigando , aprendendo e viaxando por Galicia en caso de confinamento. · Coñecer as diferenzas máis importantes ou salientables con outras culturas ( intercambio con Manchester ). · Dar a coñecer a nosa idiosincracia fora do noso país ( intercambio con


Manchester). · Valorar os libros coma fonte de información, motivación, disfrute e felicidade. · Valorar as persoas , entidades, e proxectos que defenden a nosa cultura. · Sentir orgullo de pertencer a familia de galegos, e de convivir nesta comunidade. · Ser consciente da importancia de valorar as nosas raíces, de onde vimos. · Relacionar diferentes obras literarias coa nosa comunidade. · Crear diferentes tipos de textos , utilizando as linguas oficiais de Galicia. · Colaborar na promoción e difusión da cultura galega. · Adoptar un comportamento na vida cotiá de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e de conservación do patrimonio natural · Recoñecer e apreciar a pertenza a un grupo social

e cultural con

características propias e valorar as diferencias con outros grupos . · Utilizar estratexias de búsqueda e tratamento da información con distintos códigos. · Utilizar a lectura e as tecnoloxías da información como instrumento para compartir coñecementos. · Participar activamente en todas as actividades do centro. · Disfrutar da lectura.

Blogue da biblioteca: bibliodemallon.blogspot.com

O blogue da biblioteca nace en Novembro de 2011 coa finalidade de achegar ás familias, ao alumnado e ao profesorado a todo o que acontece neste espazo. Outro fin fundamental que busca conseguir dito blogue, é o de motivar ao alumnado de cara a súa participación en todas as actividades que se propoñen dende a biblioteca, así como para fomentar a lectura e animalos a escribir e realizar as súas propias creacións, xa sexan contos, pequenos relatos, comentarios, etc. Tamén teñen a opción de acceder ao catálogo da nosa biblioteca en MEIGA, onde poderán buscar os fondos que temos dispoñibles.


As familias tamén contan:

Dende a biblioteca, darase a posibilidade de contar coa presenza de familiares que acoden a realizar diferentes actividades como: contar un conto, realizar diferentes obradoiros, falar das profesións, etc. Sempre que se cumplan as medidas de seguridade e hixiene que establece o protocolo covid19.

O recuncho para as familias:

Neste recuncho, as familias teñen a súa disposición diferentes libros seleccionados polo Equipo de biblioteca para fomentar o hábito lector. Tamén poderán facer peticións ou aportar ideas.

- Itinerarios lectores. Os itinerarios lectores poderanse modificar anualmente se así o considera o ciclo ou os cursos;. Na memoria da biblioteca de final de curso farase unha relación dos títulos traballados en cada nivel/ciclo posto que no incio do curso hai títulos ainda por determinar. - Hora de ler Co fin de fomentar o hábito da lectura, o noso centro organizará a súa práctica docente en todos os cursos de xeito que se garanta a incorporación dun tempo diario de lectura. No presente curso, a adopción de medidas de protección respecto ao Covid19, en concreto o establecemento de “grupos burbulla”, fai que a organización deste tempo dedicado a lectura dentro da aula sufra alteracións causadas polos cambios organizativos a nivel de centro, neste caso a necesidade de establecer dous quendas de recreo. Isto obrigará a cada aula a adaptar este tempo de lectura a súas necesidades. A cargo deste tempo haberá un profesor/a e aparecerá reflectida no seu horario. Neste tempo o alumnado poderá ler libros, revistas, xornais... O tempo de ler enfócase como un momento de goce coa lectura, polo que o profesorado


supervisará que todos e todas lean, poñendo especial atención no tipo de lectura que fan, especialmente aquel alumnado que máis o precise. Non pode ser destinado ese tempo para outra actividade (como falar, facer tarefas atrasadas ou adiantar deberes, etc.). Fomentarase os diferentes tipos de lectura na hora de ler, pois comprobamos que ao alumnado lle gusta compartir as lecturas. É preciso sinalar aquí que aos alumnos/as tamén lles gusta “recibir” lectura. O feito de ver e escoitar ler ao profesor/a é moi motivador para eles. Os fondos destinados ao alumnado estarán na biblioteca de aula, podendo levar emprestados fondos da biblioteca de centro. As modalidades de lectura pode ser diversas: colectiva en alto, individual, que sexa o profesorado o que lea, un grupo de alumnado ao resto, etc. Será decisión da mestra ou mestre esa elección, coa correspondente planificación. A criterio do profesor/a, este tempo de lectura pode ser realizado fóra da aula: no patio, nos xardíns, etc. A opción elixida neste curso deberá ter presente as medidas de protección ditadas no Protocolo en canto ao mantemento dos grupos burbulla, evitando cruces con outros grupos, polo tanto, a planificación previa tomará gran importancia neste curso. Tamén poderán realizarse contacontos para un grupo. Este ano promoverase a realización de contos online. Os pais, nais, titores legais poderán ser protagonistas desta actividade de contacontos, tamén de xeito online. Esta actividade diaria será impartida tanto polo profesorado titor como polo profesorado especialista e estará incluída no Proxecto Lector do centro. - Contacontos Este curso, debido a pandemia que estamos a sufrir e as medidas que se deben adoptar e que están recollidas no Protocolo Covid, a organización dos Contacontos deberán ser readaptados para respectar os distanciamentos, os agrupamentos, os aforos, etc. e así salvagardar, na medida do posible a saúde do alumnado e das colaboracións (alumnado e familias). Buscaranse os espazos e tempos máis axeitados en cada caso para poder levar a cabo esta actividade baseada no espírito de compartir lecturas e soños. Ademais, valorarase tamén a posibilidade de facer os contacontos dun xeito telemático e/ou online, especialmente a través do blogue da nosa Biblioteca, ou na aula


virtual. Procurarase que cada mestra e mestre participe nesta actividade contando un conto ao grupo que considere(destinada a un único grupo burbulla cada vez). Os contacontos serán realizados por profesores, alumnos/as, familias ou especialistas, que queiran participar e colaborar co centro, sempre tendo moi presentes as medidas de protección establecidas no Protocolo Covid. -Mochilas viaxeiras e Contos viaxeiros Este curso empezarán a funcionar as mochilas viaxeiras. Haberá unha mochila por aula que irá visitando as casas de todos os alumnos/as. Nela inclúense libros variados, un caderno de suxestións e o libro viaxeiro, que irá enchendo as súas páxinas pouco a pouco grazas á colaboración das familias. ( cumplirán coas medidas de cuarentena e seguridade que indica o protocolo covid). - Recomendación lectoras A biblioteca publicará unhas guías de lectura que servirán de referencia ao alumnado e ás familias á hora de adquirir libros. A experiencia nos di que ás veces os pais non mercan máis libros porque non saben cales son axeitados para os seus fillos. En Nadal tentaremos que a variedade sexa maior, pois consideramos preciso establecer o hábito de agasallar libros. - Club de lectura para familias e profesores. Crearemos o primeiro club de lectura para adultos. Temos unha selección de libros en galego e castelán , onde priorizaremos os/as escritores/as galegos. -Celebración do Día do Libro A actividade para conmemorar esta data tan sinalada no mundo das bibliotecas variará anualmente, en función das propostas do Claustro e da temática

de

cada

curso

escolar.

Faremos

exposicións,

contacontos,

dramatizacións, faladoiros con escritores/as, retos… sempre cumprindo as medidas de seguridade. - Actividades de formación de usuarios e educación documental


O equipo de Biblioteca deseñará e porá en práctica actividades de formación de usuarios. -Revista escolar. Intentaremos recuperar a elaboración da revista escolar, que se viña facendo no centro e que fai dous anos que non se leva a cabo. O equipo de biblioteca dedicará unhas páxinas a contar o que se fixo durante o curso, o funcionamento dos servizos da biblioteca... -Retos literarios Dende a biblioteca proporemos diferentes retos relacionados coa literatura e o fomento da lectura. Cada alumno/a terá un pasaporte que sellaremos cada vez que participen nun reto. Cada certo número de sellos obterán un premio. -Prestamos de libros semanais. O equipo da biblioteca seleccionará un lote de libros para cada aula e unha caixa de madeira para metelos e pasar a cuarentena precisa. Os nenos/as levarán para a casa tódalas semanas un libro que devolverán no día estipulado, para poder levar outro. Estes libros serán rexistrados no Meiga.

Non se perderá ningunha ocasión de colaborar con outros equipos para: Planificar obradoiros de poesía, teatro, radio... Promover a participación das familias nas actividades de lectura, elaborar materiais que axuden ao proceso de ensino- aprendizaxe da lectoescritura, organizar eventos relacionados co mundo do libro: recitais, encontros con autores ou ilustradores

6.

AVALIACIÓN

A avaliación é un elemento curricular fundamental e inseparable da práctica educativa que ten como fin recoller permanentemente, diversa información para axustar os procesos de ensino e aprendizaxe e contribuír a mellorar a calidade do ensino.


Todo plan se define polo seu carácter flexible e de avaliación continua, polo que as adaptacións, ampliacións ou modificacións que poida sufrir na súa posta en práctica derivaran nunha mellora sustancial do redactado inicialmente. A súa implementación deixaranos ver as súas fortalezas e debilidades que serán valoradas nas xuntanzas do equipo de BE e dos diferentes equipos coa Xefatura de estudos. Asemade, as xuntanzas da CCP aportaránnos datos relevantes sobre a súa integración e desenvolvemento na didácitca de aula. Entre os aspectos susceptibles de avaliación contaranse os seguintes: •

O deseño do proxecto.

A intervención e efectividade dos recursos.

O clima de traballo.

A metodoloxía proposta

A efectividade e organización das actividades.

Grao de consecución dos obxectivos planificados e o nivel de coñecementos adquiridos.

A organización dos espazos, tempos e materiais, o clima escolar e a interacción entre o alumnado e a relación entre profesorado e alumnado.

A adecuación

do

proxecto

na

contribución

á

adquisición

das

competencias básicas. •

A coordinación entre o equipo de biblioteca e o resto do claustro.

A produción e calidade do traballo xerado.

As posibilidades de modificación e mellora do proxecto.

Os medios para a medición son: •

Enquisas aos membros da comunidade educativa adaptándoas as

diferentes características dos membros •

O debate e a conversa xurdida espontaneamente ou de maneira guiada

en diferentes contextos. •

A través da observación directa e sistemática.

Debemos complementar a avaliación cunha completa recollida de información a través da utilización de diferentes técnicas, entre os que destacamos:


Parécenos tamén fundamental introducir procesos de autoavaliación a través de reflexións sinxelas. Coas aportacións elaborarase unha memoria final onde se recollan os resultados e as propostas de mellora.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.