ATAS DAS I JORNADAS NACIONAIS DOS PROFESSORES DE LÍNGUAS – PIAFE

Page 213

3.2 O que hai de mentira

O galego non é unha mestura de portugués e castelán, como as persoas poden pensar a simple vista. É unha lingua que, como puidemos ver, comparte moitísimos trazos co portugués e outros co castelán mais que ten identidade propia. A similitude co portugués, fóra desa comodidade que provoca a intercomprensión, faculta os portugueses como as persoas mellor dotadas mentalmente para aprender galego. Atrevémonos a dicir que incluso están mellor capacitados ca moitas persoas galegas que non usan o galego como lingua habitual. A persoa lusoparlante fai un uso dos infinitivos conxugados e futuros de subxuntivo dun xeito expectacular que coinciden co galego estándar, posúe unha pronuncia do x dunha calidade excepcional, e articula as vogais medias abertas e fechadas cunha claridade óptima. Ese coñecemento común e compartido faculta aos lusofalantes para ter unha compresión lectora e a comprensión oral realmente fantástica en galego. A pouco que traballen o ouvido, conseguen comprender textos cunha destreza impecable. Se as expresións son o obstáculo que máis teñen que traballar e perfeccionar, as comprensións, que son a base máis forte das expresións, resultan doadas. Non esquezamos que as linguas son imaxes, escritas ou mentais, mais a fin de contas, imaxes que temos que memorizar e reproducir. Un alumno/a portugués cunha boa motivación, cun traballo constante e regular nun ambiente da aula ou de práctica cómodo e próximo, é capaz de conseguir, nun prazo relativamente curto de tempo, uns resultados impecables. 3.3 Ademais

Os textos tamén descubriron que, dentro do mesmo nivel1, atopamos un número realmente oscilante de erros entre o alumnado. Nun dos exercicios que fixeron na casa, dous dos alumnos presentan unha diferenza realmente remarcable. O alumno A escribiu un texto de 190 palabras e presentou 3 erros amosando unha media de un erro cada 63 palabras. No entanto, o alumno B, que escribiu un texto de 242 palabras e presentou 23 erros (ver arriba o texto 1), amosou unha media de un erro por cada 10 palabras. Xa que logo, cremos que factores como o traballo e a motivación constantes do alumnado reflicte que os resultados varían dentro do mesmo nivel. Esta diferenza de resultado debido á diferente disposición e traballo e motivación á hora de afrontar o curso tamén está detrás dos diferentes resultados que conseguiron dous irmáns que asistiron xuntos ao nivel B2 sen ter ningunha formación previa en galego. No mesmo exercicio de avaliación final, o irmán A cometeu 1 erro por cada 21 palabras e o irmán B, 1 por cada 8. 1

Os textos analizados pertencen ao nivel B1.

213


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.