Faro 2015

Page 1

CEIP Victor L贸pez Seoane 2014-2015

Faro

de Montealto


BENVIDA Velaquí un novo número do Faro de Monte Alto, a revista escolar do CEIP Víctor López Seoane, o colexio coruñés que, alumeado pola Torre de Hércules, o lendario faro romano, porta con fachenda o nome do prestixioso naturalista galego do século XIX. E o noso pioneiro científico estaría ben orgulloso do centro de interese elixido polo Equipo Educativo para o curso 2014-2015: A CIENCIA. E había estar moito máis orgulloso aínda da manchea de actividades relacionadas co apaixonante mundo da investigación e a divulgación científicas realizadas polo alumnado ao longo do curso, moi especialmente, do que atinxe á recuperación do labor das mulleres investigadoras de todos os tempos. Tamén con orgullo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a carón de toda a comunidade educativa, quere compartir algunhas desas experiencias e achegas das alumnas e dos alumnos a través desta publicación que atopou un outro faro no traballo do homenaxeado o 17 de maio coas Letras Galegas, Xosé Figueira Valverde, historiador, arqueólogo e escritor, promotor das ciencias sociais e naturais de Galicia. Gozade da lectura e fortalecede o voso pensamento científico!

Graffiti nun muro da escola celebrando o Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro


LETRAS GALEGAS 2015 Xosé Fernando Filgueira Valverde, fillo da granadina Araceli Valverde e do médico galego José María Filgueira, naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996. En Pontevedra realiza os seus estudos primarios e de bacharelato, trasladándose posteriormente á Universidade de Santiago para seguir os estudos de Dereito, que remata co Premio Extraordinario. Nesta mesma época realiza estudos de Filosofía e Letras en Santiago e Zaragoza, cos que acada a titulación de doutor en Historia. Traballou como profesor no Instituto de Pontevedra e levando durante moitos anos a súa dirección. Nos últimos tempos da ditadura franquista exerceu de alcalde da súa cidade natal durante nove anos. Tivo unha actividade cultural moi importante: fundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra, presidiu o Consello da Cultura Galega, foi membro da Real Academia Galega, historiador, arqueólogo e escritor. Este ano 2015 adícaselle o Día das Letras Galegas polo seu labor a prol da cultura e o idioma galego. BIBLIOGRAFÍA MÍNIMA Narrativa

Os nenos (Pontevedra, 1925)


O Vigairo (Coruña, 1927) Quintana viva (Vigo, 1971) Teatro

Agromar. Farsa para rapaces (Lugo, 1936) Dicionarios

Vocabulario popular galego-castelán (Vigo, 1926) Ensaio

Adral (Sada, 1979) Segundo Adral (Sada, 1981) Sobre o autor e a súa obra

Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual , Xesús Alonso Montero (Vigo, 2015)


MULLER E CIENCIA NOME

BIOGRAFÍA

INVESTIGACIÓN

Ángela Ruiz Robles Realizou estudos (Villamarín,León, 1895 superiores na Escola de – Ferrol, 1975) Maxisterio de León, onde impartiu as súas primeiras clases de taquigrafía, mecanografía e contabilidade mercantil entre 1915 e 1916. Obtivo a praza de mestra nunha aldea de Ferrol en 1918, Santa Uxia de Mandiá, alí estará ata 1928.

Nos anos inmediatamente posteriores á Guerra Civil española, foi capaz de idear e levar á práctica un prototipo de «libro mecánico». Anticipou co seu proxecto as prestacións e o deseño dos soportes de lectura actuais.

María Josefa Wonenburger Planells (Montrove, Oleiros, 1927, A Coruña, 2014)

Realizou os primeiros estudos na Coruña. Gustáballe Bach, xogar ao hóckey sobre patíns, o baloncesto e estudar inglés e alemán. Contra o desexo da familia, marchou estudar matemáticas a Madrid, residindo na Residencia de Señoritas. Trasladouse aos EE.UU para especiazarse en álxebra cunha bolsa Fulbright.

A súa investigación centrouse na teoría de grupos e na teoría de álxebra de Lie, nos automorfismos dos grupos de semellanza e nos grupos finitos e as matrices de Cartan.

Margarita Salas Falgueras (30 de novembro de 1938, Canero, Asturias)

Doutora en Bioloxía. Traballou con Severo Ochoa, de quen foi discípula, nos EE UU. Primeira muller membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

Descubrimento e caracterización da DNA polimerasa do fago Φ 29. Traballa co virus bacteriófago Φ 29, de gran utilidade na investigación en biotecnoloxía.

FOTO


María de los Ángeles Alvariño González (Serantes, Ferrol, 1916- La Jolla, California, 2005)

Estuda Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras en Santiago rematándoos en 1933 coas disertacions: Insectos Sociales y Las mujeres en el Quijote. En Madrid inicia os estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, mais tivo que os interromper polo inicio da Guerra Civil.

Investiga en Vigo, no Instituto oceanográfico, especializándose en zooplancton. En 1956, trasládase a EE.UU onde segue investigando.

Licenciouse en Farmacia na Universidade de Madrid, pertencendo ao grupo de universitarias que viviron na Residencia de Señoritas, e seguindo o programa da Institución Libre de Enseñanza e da Xunta para a Ampliación de Estudos.

Bioquímica (contribuiu á elaboración de dietas investigando sobre os compoñentes dos alimentos)

Mª Josefa Molera Obtivo o título de Mayo (Isaba, Navarra, Licenciada en Ciencias 1921 - Madrid, 2011) Químicas en 1942, tras realizar os cinco cursos en tres anos, e douctorouse en 1948. Traballou no “Physichal Chemistry Laboratory” da Universidade de Oxford e de Sheffield. Especializouse en cinética química.

Participou na construción do primeiro cromatógrafo en España. Foi presidenta fundadora do Grupo Español de Cromatografía.

Marisol Soengas González (A Coruña, 1968)

A súa investigación no Laboratorio de Cold Spring Harbour (New York), foi analizando os mecanismos da morte celular. Investigacións do melanoma humano.

Isabel Torres Salas (Cuenca, 1905 – Granada, 1998)

Comezou a prepararse como bióloga nesta cidade e especializouse en microbioloxía na Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén se doutourou. Premio María Josefa Wonenburguer polos seus logros nas súas investigacións contra o cancro de pel.

Foi a primeira muller científica nun barco de investigación británico Descubriu 22 especies de organismos mariños


Hipatia de Alejandría

(Naceu cara ó ano 370 en Alexandría, Exipto. Morreu no ano 415 nesta cidade)

Matemática, astrónoma e filósofa... Seguía as correntes neoplatónicas e defendía a razón pura. Símbolo do pensamento libre ante a intolerancia que a levou ao martirio en mans dun grupo de cristiáns.

Na posguerra viviu na casa familiar de Bournemouth, Jane Goodall (Londres, rodeada de animais e soñando con escribir sobre Inglaterra, 1934) os animais en África. Aos 23 anos comezou a facer realidade o seu soño viaxando a Kenia, onde traballou co famoso antropólogo Louis Leakey.

Foi a primeira muller que realizou unha contribución substancial ao desenvolvemento das matemáticas, da astronomía e da filosofía. Como primatóloga, estudou o uso de ferramentas en chimpancés, aos que adicou o estudo de toda a súa vida. En 2003 os seus traballos foron recoñecidos pola comunidade científica co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Shopie Gremain (París, Francia, 17761831)

Os seus pais opoñíanse a que estudara matemáticas ata que non tiveron máis remedio. Germain non podia ir á escola porque non aceptaban mulleres; pero ela conseguía os apuntes dos profesores.

Foi unha matemática francesa que destacou pola súa aportación á teoría dos números. Cando morreu deixou unha ampla serie de aportes sumamente importantes sobre a teoría da elasticidade e dos números, entre outras, a dos números primos.

Amalie Emmy Noether (Erlangen, Baviera, Alemania, 1882 - 1935 EEUU)

De familia xudía, o seu pai era matemático. Estudou matemáticas na Universidade de ErlangenNuremberg. Traballou no Instituto Matemático de Erlangen sen recibir retribucións durante sete anos. En 1915 foi invitada a entrar no departamento de matemáticas da Universidade de Gotinga.

Tras ser expulsada de Alemania polos nazis, continuou a súa carreira en EEUU, e a súa investigación ocupa un imprescindible lugar no ámbito da física teórica e a álxebra abstracta, con grandes avances en canto ás teorías dos aneis, grupos e campos.

Barbara McClintock (HartFord, EEUU, 1902 – 1992)

O pai era médico. De sempre mostrou interese pola ciencia pero a súa nai non quería que fixera estudos superiores. Foi autodidacta ata chegar á universidade.

Fixo un descubrimiento adiantado ao seu tempo, que é un concepto esencial no campo da xenética: a teoría dos xenes saltaríns, revelando que os xenes son capaces de saltar entre diferentes cromosomas.

Especializou-se en


citoxenética e obtivo un doutorado en botánica. Lise Meitner (Viena, Austria, 1878 – Cambridge, 1968)

Naceu no seo dunha familia xudia que se converteu ao cristianismo. Estudou nas universidades de Viena e Berlín, onde ingresou para seguir as clases de Max Planck.

Foi unha física cun amplo desenvolvemento no campo da radioactividade e da física nuclear, sendo parte fundamental do equipo que descubriu a fusión nuclear. O elemento químico de valor atómico 109, o meitnerio nomeouse así no seu honor.

Augusta Ada King (coñecida como Ada Lovalace, condesa de Lovalac; Londres, Inglaterra, 1815 – 1852)

Filla lexítima do poeta George Gordon Byron, Lord Byron, e da baronesa Anne Isabella Byron. Seu pai morreu durante a Guerra da Independencia de Grecia. A nai mantivo o rancor respecto a Lord Byron e promoveu o interese de Ada nas Matemáticas e a lóxica como esforzo para apartarla do que ela vía como un carácter malsán no pai.

Foi a primeira científica da computación da historia, a primeira programadora do mundo. Ela descubriu que mediante unha serie de símbolos e normas matemáticas era posible calcular unha importante serie de números. Previu as capacidades que unha máquina (máis tarde sería o ordenador) tiña para o desenvolvemento dos cálculos numéricos.

Marie Salomea Sklodowska (coñecida como Marie Curie; Varsovia, Polonia, 1867 – Passy, Francia, 1934)

Primeiros estudos en Polonia de forma clandestina. Marcha a Paris e cursa Física e Matemáticas. Coñece ao que será marido e colega investigador, Pierre Curie. Foi a primeira persoa en conseguir dous premios Nobel. A día de hoxe os seus papeis son tan radiactivos que non poden manexarse sen un equipo especial.

Xunto co seu marido, descubiu o polonio (en honor do seu país de nacemento) e o radio.

Rosalind Elsie Franklin (Notting Hill, Londres 1920-Chelsea, Londres, 1958)

Rosalind Franklin graduouse na Universidadr de Cambridge en 1941, non sen antes sortear a oposición paterna. Doutorouse en química e física. En París estudou a aplicación de técnicas de difracción de raios X.

Tivo unha participación crucial na comprensión da estrutura do ADN, ámbito no que deixou grandes contribucións. Un dos seus máis grandes traballos fixo posible a observación da estrutura do ADN, mediante imáxes tomadas con raios X.


Susan Jocelyn Bell Burnell, (Belfast, 1943)

De pequena mostrou interese pola astronomía. Un profesor de física foi o que espertou nela o amor pola física. Estudou física e astronomía.

Descubriu o primeiro radiosinl dun púlsar, descubrimento que foi parte da súa propia tese.


THOMAS ALVA EDISON

(Milán, Ohio, 11 de febreiro de 1847-West Orange, Nova Jersey, 18 de outubro de 1931) Corría o inverno de 1893, en Nova Jersey. Facía un frío impresionantemente conxelador. Thomas estaba celebrando o seu aniversario coa súa familia, mentras estaba a pensar que xa facía un mes que non patentaba ningún invento; pois normalmente patentaba un cada quince días, aproximadamente. Rematada a festa, Thomas foise durmir, pero antes deulle un repaso aos inventos que xa tiña creados..., pero faltaba algo para quentar aos seres humanos.

Mentras durmía tivo un soño. Nada máis acabado o soño espertou e anotouno no papel que tiña máis a man, que era o diario da súa muller, sen decatarse de que xa tiña escrito un apunte importante. Levouse unha boa bronca; pero iso é outra historia. O novo invento sería unha locomotora a vapor pero máis pequena, para que puidese coller nunha casa. Tería un motor eléctrico e unhas catro rodas para poder desprazalo, un interruptor para acender e apagar, un regulador para a calor e, o máis importante, un cable rematado nun conector macho, pero antes tiña que crealo. Nada máis saír o sol, Thomas saíu correndo cara ao seu taller. Tardou cinco días e cinco noites en terminalo. Demorouse un día máis en buscarlle nome: estufa. Xa só quedaba probalo, mais neste instante decatouse de que ainda non inventara o conector femia, onde o ía enchufar?

Daniel Barreiro Rodríguez 6ºA


O COUREL

“Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe! Eiquí séntese ben o pouco que é un home... Uxio Novoneyra

SITUACIÓN

RÍOS

Sudeste da provincia de LUGO. Limita co BIERZO (Castela e León) e coa provincia de OURENSE.

LOR (afluente do SIL). LÓUZARA SEMA SOLDÓN Tamén: Lagos, LUCENZA. Cascadas, A FERVENZA. Elevadas montañas, PÍA PÁXARO

PAISAXE Profundos vales.


FLORA

Especies autóctonas: Soutos de castiñeiros Devesas de carballos, encinas, teixos, bidueiros, acevos, xestas, fentos, carqueixas, uces, érbedos... Devesa da REGUEIRA.

FAUNA

Lobos, xabarís, corzos, gatos monteses, raposos, xenetas, curuxas, cucos...

POBOACIÓN Pouca e diseminada en moitas aldeas. RESTOS ARQUEOLÓXICOS

Covas rupestres, castros prehistóricos, castelos e fortalezas medievais.

PERSONAXE SALIENTABLE María MARIÑO PERSOEIRO Uxio NOVONEYRA


"Terras outas e soias! Serras longas mouras! Eu son esta coor de soedá Ancares soñados co lonxe! Penas de Marco de Meio Mundo en ringuileira do Candedo ás Moás! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto PíaPáxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes Ardidos de tristura mouros de queimados! Lor ruxindo polo val pecho! Ucedo e ucedo! Fontiñas outas penedos carrozos escuros fragas agros soutos e devesas! Labregos e pastoras que soio vistes istes tesos e máis estes vales! Aturula a curuxa e canta o cuco Medindo o tempo quedo que se para na cor e tornándose Contra un ven cravarse no sitio onde máis se sinte!"

Uxio Novoneyra

Zoa na carballeira algo que non é o vento. Abren súas sombras as áas. O da chegada é o tempo. Póusase a anduriña na corta onda do cuco. Todo o camiño é do carro. Tende o pastor o caiado ó longo baile do fuso.

María Mariño


ESTUDO DAS FLORES E DAS PLANTAS Os nen@s de 5 anos A, da clase do GATO LAMBÓN, estivemos estudando as flores e as plantas e… Aprendemos moitas cousas! Comezamos lendo o libro que o Gato Lambón nos deixou e a partir de aí fomos mergullándonos nese marabilloso mundo dos vexetais. Cada un plantou o seu Xacinto e decorou a súa maceta… Sabemos que temos que regalos a miúdo para que non se sequen e… Xa están comezando a saír!!!!

Ademais, como somos moi curiosos, o GATO LAMBÓN deixounos unha lupa para que puidésemos observar ben as partes e logo decidimos plasmar os nosos coñecementos sobre o papel escribíndoas e decorándoas. Traballamos as habilidades lóxico-matemáticas facendo a secuencia do crecemento dunha flor, recortando e pegando os pasos por orde. A través da linguaxe artística, fixemos os nosos cadros de flores coas palmas das mans… Somos uns artistas!!. Traballamos a lecto-escritura cunha poesía de GLORIA FUERTES titulada “A la prima primavera” que nos gustou moito e coa que gozamos facendo rimas sinxelas. Ademais, aprendemos a escribir o nome da poetisa!!. Rematamos o noso estudo coa elaboración de plantas de plastilina e cun debuxo libre acerca do tema.


R.R.R. Sabedes que a natureza ten un ciclo pechado? E os residuos, ciclo pechado ou ciclo aberto? Pois lamentablemente é aberto, e iso é un problema grave, moi grave. Ciclo pechado da auga

Ciclo aberto dos residuos E as persoas podemos pechalo? Como podemos solucionalo? Pois todo iso saberédelo no seguinte texto: Ímolo facer coas tres erres :

Reducir Reutilizar Reciclar


Reducir: É baixar o volume de algo. Producir menos residuos. Cada día un galego produce máis dun quilo de lixo, e de media un español 1.400 kg. E iso é moito Reutilizar: É volver a utilizar para o mesmo uso ou para un diferente. A outra maneira de reducir esa cifra e reutilizar os obxectos, por exemplo, cunha botella, transformala nun floreiro ou volver a enchela de auga, a idea de reutilizar é moi boa maneira de reducir.

Reciclar: Para reciclar hai que botar o lixo nun cubo especial para facer un novo obxecto. E o dos orgánicos? Xa sabedes que o dos residuos é aberto, ó mellor non sabedes que o o podemos pechar; son tratados nas plantas de compostaxe e volven á terra en forma de compost. Os inorgánicos, dependendo do material do que estean feitos, recíclanse como o vidro. No punto limpo é onde se deixan os residuos que son moi grandes ou poden contaminar. No parque de Bens había un vertedoiro; no ano 1996, día 10 de setembro, centos toneladas de residuos rodaron pola falda do monte. Agora non hai vertedoiro.

Agora xa sabedes que é moi importante usar as tres erres.

Aquí estabamos aprendendo que son os residuos


REBUMBIO MATEMÁTICO

Ola! Somos tres rapaces de 6ºB que tivemos a oportunidade fantástica de participar no Rebumbio Matemático. Gustounos moito porque puidemos desenvolver a nosa mente cos diferentes problemas que recibimos. A pesar de que os problemas eran complicados, sacámolos adiante. O máis decepcionante de todo foi que non puidemos ir toda a clase. Só puidemos ir Gabriel, Xurxo e Lucía. Non clasificarnos tamén nos puxo un pouco tristes. Ao final, cando rematamos, regaláronnos unha mochila azul e un puzzle. Cando regresamos ao colexio, só faltaban 5 minutos para que tocase e non puidemos facer educación fisíca.


EXPERIMENTOS Que ocorre cun óso se lle desaparece algún mineral? O calcio MATERIAIS 4 ósos de coxa de polo cocido. 2 tarros grandes, de cristal, con tapa. Vinagre de viño branco e de viño tinto. Unha balanza. Auga.

EXPERIENCIA: 1. Numeramos os ósos, observamos a súa cor, rixidez e peso, e o anotamos. •

Cor: Teñen a cor dos ósos, un pouco escura nas estremas.

Peso: En gramos. Óso 1 Óso 2 Óso 3 Óso 4 13g

11g

9g

Rixidez: Están duros e non se poden dobrar.

2. Introducimos o óso 1 en vinagre de viño tinto o óso 4 en vinagre de viño branco os ósos 2 e 3 gardámolos na neveira.

3. Tapamos os tarros e deixamos que pasen oito días.

10g


4. Sacamos os ósos 1 e 4 do vinagre e lavámolos moi ben con auga.

5. Colocamos xuntos, para observalos, os ósos 1, 2, 3 e 4.

OBSERVACIÓN: •

Cor: Óso 1 está tinguido, pola cor do vinagre. Os demais ósos están igual.

Peso: Óso 1

Óso 2

Óso 3

Óso 4

Antes

13 g

11 g

9g

10 g

Despois

12 g

10g

8g

8g

% de variación 7,7% 9,09% 11,11% 20%

Rixidez: Os ósos 1 e 4 poden dobrarse, son flexibles, o 2 e 3 non, seguen sendo ríxidos.

CONCLUSIÓNS:

Os ósos conteñen minerais, un deses minerais é o calcio, que dá rixidez aos ósos. O vinagre contén ácido acético. Coa experiencia que fixemos vimos que a unión dos reactivos , ácido acético e o calcio dos ósos, produciciu unha reacción química que deu lugar a unha substancia nova, o produto acetato de calcio. Os ósos que estiveron en contacto co ácido acético agora son pobres en calcio, por iso pódense dobrar, son flexibles, perderon a súa rixidez. Os outros non presentaron cambios. A falta de calcio nos ósos ou a súa escaseza dá lugar a osteoporose. A densitometría ósea é a medición da densidade de calcio nos ósos. En medicina faise esta proba para diagnosticar a osteoporose ou valorar o risco de fracturas. Traballo de investigación levado a cabo polo alumnado de 6º A



O GLOBO MÁXICO

Como é sabido por todos, este ano o curso escolar xira en torno ó tema da CIENCIA…. QUE INTERESANTE!!!! Por este motivo, ademais doutras moitas actividades ó longo dos trimestres, planeouse facer nos recreos “OS MÉRCORES DE CIENCIA” nos que os “científicos” e “científicas” máis atrevidos do cole, así coma os pais e nais que o desexasen, puidesen facer experimentos que todos aqueles interesados podían presenciar. Así que NÓS, os nenos e nenas de 1º CURSO DE PRIMARIA DO GRUPO A, quixemos ser científicos por un día e argallamos un experimento chamado “O GLOBO MÁXICO”. Buscamos información entre todos e cando tiñamos claro o que queriamos facer buscamos os materiais que iamos precisar: -

UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO

-

UN GLOBO

-

UN POUCO DE AUGA

-

VINAGRE

-

UNHA PASTILLA EFERVESCENTE


E practicamos na clase: collemos na botella un pouco de auga e botamos o vinagre; no globo metimos a pastilla efervescente en anacos; unha vez que estaba todo listo, encaixamos a boca do globo na boca da botella tendo moito tino de que non caera a pastilla na botella; que sería o seguinte paso. Ó baleirar o globo, na auga empezaron a desfacerse os anacos de pastillas creando burbulliñas que deberían inchar o globo… pero... que ocorre? Por que non incha o globo???… entre todos buscamos as posibles causas do fallo do experimento e chegamos á conclusión de que sería preciso botar menos auga, máis vinagre e dúas pastillas en vez dunha. Volvimos probar e… VOILÀ... esta vez si que saíu tal como planexabamos… Perfecto!!!!! Xa tiñamos listo o noso experimento!!!! Agora había que mostrárllelo ó resto dos compañeiros do cole, así que fixemos un cartel ben bonito que os invitase a todos o Mércores 22 de Abril na hora do recreo a presenciar o noso “Globo Máxico”. O experimento foi un éxito e deixámosvos aquí una mostra del... esperamos que vos guste!!!!!


PRACTICANDO O EXPERIMENTO NA AULA


O NOSO CARTEL

O DÍA DO EXPERIMENTO



EXPERIMENTO “Lámpada de lava” Os rapaces e rapazas de 4º presenciamos un experimento moi divertido feito por María, a nai de Ruth. Se queredes realizar este experimento, necesitades os seguintes materiais: • Unha botella de auga de 1 litro. • Colorante alimentario de diversas cores en forma líquida. • Unha pastilla efervescente (Alka-Seltzer). • Aceite. • Unha lanterna.

Procedemento: ● Coa axuda do embude, vertemos na botella ¾ partes de auga. ● A continuación, botamos aceite ata encher casi por completo a botella. ● Deixamos repousar uns minutos ata que o aceite quede completamente separado da auga, estando o aceite na parte superior e a auga na parte inferior. ● Engadimos dez gotas de colorante alimentario. Estas pasarán a través do aceite e se mesturarán coa auga. ● Por último, partimos unha pastilla efervescente en dúas metades e introducimos as metades na botella ● Para conseguir o efecto dunha lámpada de lava, poremos a lanterna debaixo da botella.

Explicación: A auga ten maior densidade que o aceite, por iso cae ata o fondo da botella. O mesmo acontece cando engadimos o colorante, de modo que tamén cae a través do aceite. Cando engadimos as pastillas efervescentes, éstas comezan a disolverse creando un gas. Este gas


forma burbullas que, ao subir, levan con elas un pouco de colorante. Cando estas burbullas chegan ao borde da botella, deixan escapar o gas e a auga volve abaixo, volvendo a comezar o proceso.

OS LEÓNS DE 5 ANOS B León, leoa e o seu cachorro. Panthera leo. Clase: mamífero. Os leóns son uns cazadores rápidos e áxiles. Teñen unhas potentes mandíbulas e unhas aceiradas poutas retráctiles. O león distínguese da leoa por ter un cranio máis grande e unha mesta melena.





O COLE COMO PUNTO DE ENCONTRO Rematou o noso primeiro curso. Despois virán moitos máis pero este recordarémolo como aquel no que nos coñecimos e empezamos a coñecer o mundo a través do xogo.

Os

últimos

estudios

sobre

a

intelixencia revelan a importancia das habilidades

involucradas

na

comprensión dos sentimentos propios e

alleos e aplicar este coñecemento ao comportamento

Os que mostran mellores destrezas para manexar as súas emocións e relacionarse

cos demais son os que viven máis ditosos e satisfeitos, responden mellor ante a adversidade, e destácanse como máis populares e produtivos ao longo das súas vidas.


Dende esta perspectiva que orientou o noso traballo este ano, cumpre celebrar o final deste cunha festa na que deamos renda solta ás emocións... Nela despedimos a compañeiros que marchan, e compartimos cos compañeiros experiencias, xogos e conversas.

Traballamos con esmero para felicitar e facer felices os demais…

E finalmente disfrutamos ao tolo coa auga!!!


ARTE E CIENCIAS Sacando a pasear unha liña Estivemos pescudando, e para poder desenvolver a psicomotricidade fina, e aprender a utilizar e dominar ben o uso de ferramentas de traballo como: o lapis, as ceras, os rotuladores, o punzón ou as tesoiras, temos que practicar moito. Primeiro temos que axustar as mans e os dedos ás ferramentas de escritura para poder chegar a realizar os trazos correctos das letras e dos números. Hai que mover moito as nosas mans e dedos para axilizalos cara á escritura. Pero temos que facelo con interese, con motivación, de xeito creativo, comprensivo e lóxico. Todo comezou co noso conto, Cocorico, reléndoo quixemos buscar gatos lambóns para poder debuxalos e

encontrámonos con este: "Un gato cun paxaro" enriba da súa cabeza. Investigamos e descubrimos que o pintara un gran artista: Paul Klee. Necesitabamos facerlle un retrato a unha compañeira polo seu aniversario, e para practicar tomamos como base un autorretrato de Klee, que coloreamos libremente con ceras e cun fondo de acuarelas. Experimentamos con cores, creamos libremente os nosos propios gatos ao estilo Klee, decatándonos en todo o proceso que un debuxo é... UNHA LIÑA QUE SAE A PASEAR. Despois vén a cor, que dependendo das nosas propias emocións cada unha e cada un crea a súa obra, que é única e persoal. Así traballamos a obra de Paul Klee as cocoricas e os cocoricos de 4 anos A.


PEQUENOS ARTISTAS As Eirugas Larpeiras, por medio dos cadros do pintor ruso Wassily Kandinsky, estudamos e aprendemos diferentes técnicas para pintar: con figuras xeométricas, con puntos, raias, paisaxes…, usando diversos materiais: lapis, acuarelas, rotuladores, pallas, cordas, tapóns, papeis… Ademais descubrimos a diferenza entre cadros realistas e cadros abstractos.

Traballando con acuarelas

Con figuras xeométricas

Técnica do soprido

Con puntos

Grazas a todo isto creamos os nosos propios cadros, cos que traballamos en grupo respectando e valorando o traballo dos nosos compañeiros e compañeiras. Deixámosvos aquí parte da nosa pequena exposición.


PLASTILINA NEGRA

CÍRCULOS DENTRO DUN CÍRCULO

CÍRCULOS CONCÉNTRICOS

CADROS EN ACUARELA

VARIOS CÍRCULOS


O CINE E A CIENCIA




FICHA DE PELÍCULAS CIENTÍFICAS TÍTULO

ANO DURAC PAÍ DIRECTOR IÓN S

UNA MENTE 2001 135 min MARAVILLO SA

USA

Ron Howard

GUIÓN

MÚSIC FOTOGR A AFÍA

Akiva James Goldsman Horner

Roger Deakins

REPARTO

PRODUCI ÓN

Russell Crowe, Dreamwork Ed Harris, s/ Jennifer Universal Connelly, Paul Pictures / Bettany y Imagine Christopher EntertainPlummer ment

SINOPSE : Está inspirada na novela homónima de Sylvia Nasar que foi nominada ao Premio Pulitzer de 1998 e que conta a vida de John Forbes Nash, gañador do Premio Nobel de Economía do ano 1994. A historia comeza nos primeiros anos da vida dun xove prodixio das matemáticas chamado John Nash, quen empeza a sufrir delirios, mentres ve penosamente como isto afecta a súa condición física e as súas relacións familiares e de amizade. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

BLADE 198 112 min RUNNER 2

USA

Ridley Scott

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

David Vangeli Jordan Harrison Ford Webb s Cronenwet Rutger Hauer Peoples, h Sean Young Hampton, Daryl Hannah Fancher Edward James Olmos Jooanna Cassidy Brion James Joe Turkel

PRODUCI ÓN Warner Bross Pictures

SINOPSE : A principios do século XXI, a poderosa Tyrell Corporation, creou, grazas aos avances da enxeñería xenética, un robot chamado NEXUS – 6. Un ser idéntico ao home pero superior en forza e axilidade, ao que se lle deu o nome de Replicante. Estes robots traballan como escravos nas colonias exteriores da Terra. TÍTULO

AN DURACI PAÍS DIRECTO O ÓN R

EL 199 126 min USA INDOMABL 7 E WILL HUNTING

Gus Van Sant

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

Ben Affleck Matt Damon

Danny Elfman

Jean-Yves Matt Damon, Escoffier Robin Williams, Minnie Driver, Ben Affleck, Stellan Skarsgard, Casey Affleck, Cole Hauser.

PRODUCI ÓN Lawrence Bender

SINOPSE : Will é un xoven rebelde cunha intelixencia asombrosa, especialmente para as matemáticas. O descubrimento do seu talento por parte dos profesores vaino colocar ante un gran dilema. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

GALILEO 196 105 min ITALIA GALILEI 9 BULGARI A

DIRECT OR

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

Liliana Cavani

Tulio Pinelli Liliana Cavani Fabrizio Onofri

Ennio Morrico ne

Alfio Contini

REPARTO

PRODUCI ÓN

Ciryl Cusack, Fenice Gigi Ballista, (Venecia) – Nevena Rizzoli Kokanova, (Roma)Giulio Broggi, Studio Film Gheorghi (Sofía) Cerkelov, Nicolai Doicevec.

SINOPSE : Presenta a vida de Galileo desde os seu anos de profesor en Padua, relatando a encrucillada na que se atopa para demostrarlle aos seus contemporáneos que o Sol é o centro e que é a Terra a que xira arredor del, ata chegar ao ano 1633, cando abxura.


TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

GATTAC 199 106 min A 7

USA

Andrew Niccole

Andrew Niccole

Michael Nyman

Slawomir E than Hawke, Idziak Uma Thurman, Jude Law, Loren Dean, Alan Arkin, Gore Vidal.

PRODUCI ÓN Jersey Films / Columbia Pictures

SINOPSE : Ambientada nunha sociedade futura, na que a maior parte dos nenos son concebidos in vitro e con técnicas de selección xenética. Vincent é un dos últimos nenos concibidos de modo natural, nace cunha deficiencia cardíaca e non vivirá máis de trinta anos. Consideraselle un inválido e, como tal, está condenado a realizar os traballos máis desagradables. O seu irmán Anton, pola contra, recibiu unha espléndida herencia xenética que lle garante múltiples oportunidades. Desde neno, Vincent soña con viaxar ao espazo, pero ... TÍTULO

AN DURAC O IÓN

LA VIDA 197 138 min DE 4 GALILEO

PAÍS

DIRECTO R

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

REINO UNIDO

Joseph Losey, Bárbara Bray (Obra: Bertol Brecht

Barbara Bray

Hanns Eisler

Micghael Edward Fox, Reed Topol, Jonh Gielgud,Ton Conti,James Aubrey, Colin Blakely, Robert Bridges, Tom Chatto, Georgia Brown, Judy Parfit

PRODUCI ÓN

SINOPSE : Galileo analiza o enfrontamento da Igrexa contra un home que puxo en cuestión o principio de autoridade sobre o que se sustentaba todo o coñecemento humano ao longo de séculos. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

LA 201 123 TEORÍA 4 min. DEL TODO

PAÍS REINO UNIDO

DIRECTO R James Marsh

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

PRODUCI ÓN

Antony Jóhann Benoît Eddie Working McCarten Jóhann Delhomme Redmayne,Felici Title Films (guión), sson ty Jones,Charlie Jane Cox,David Hawking Thewlis,Emily (libro) Watson,Simon McBurney.

SINOPSE : Narra a relación entre o célebre astrofísico Stephen Hawking e a súa primeira muller, Jane, na época na que ambos loitaron contra a enfermidade dexenerativa que postrou ao famoso científico nunha cadeira de rodas. TÍTULO

AN DURACI PAÍS DIRECTO O ÓN R

INTELIGEN 200 145 min. CIA 1 ARTIFICIAL

GUIÓN

MÚSI CA

USA Steven Steven John Spielberg Spielberg, Willia Ian ms Watson (Historia: Brian Aldiss)

FOTOGR AFÍA Janusz Kaminski

REPARTO

PRODUCCI ÓN

HaleyJoelOsmen t, Jude Law,Frances O'Connor,Sam Robards,William Hurt,Brendan Gleeson,Jake Thomas,Ken Leung.

Warner Bros. Pictures/ Dreamworks Pictures/ Amblin Entertainme nt/ Stanley Kubrick Production

SINOPSE : Nun mundo futuro, os seres humanos conviven con sofisticados robots chamados Mecas. Os sentimientos son o único que diferencia aos hombres das máquinas. Pero, cando a un robot-neno chamado David se lle programa para amar, os homes non están preparados para as consecuencias, e David atoparase só nun estraño e perigoso mundo.


TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

MADAME 194 124 min CURIE 3

USA

Mervyn LeRoy

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

Aldous Herbert Joseph Greer Garson, Huxley e Stothart Ruttenber Walter Pidgeon, Paul e g Henry Travers, Osborn William Albert Axt Bassermann, Robert Walker, C. Aubery Smith, Van Johnson

PRODUCI ÓN MetroGoldwynMayer

SINOPSE : Etapa da vida da científica polaca Marie Curie que tras casar con Pierre Curie, inician xuntos experimentos no seu laboratorio, alcanzando fama mundial por conseguir aillar dous novos elementos químicos: o polonio e o radio. TÍTULO

ANO DURAC IÓN

PAÍS

DIRECTO R

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

APOLO 13

1995

USA

Ron Howard

William Broyley Jr., Al Reinert

James Herner

Dean Cundey

134 minutos

REPARTO

PRODUCI ÓN

Tom Hanks, Bill Brian Paxton, Kevin Grazer Bacon, Gary (Universal) Sinise, Kathleen Quinlan, Mary Kate Schellhart, Ed Harris

SINOPSE : Meses despóis da chegada do home a lúa, a NASA prepara unha nova expedición. A nave chamarase Apolo 13. O 11 de abril de 1970 a nave parte con destino a lúa dende o Cabo Kennedy no estado de Florida. Unha vez fóra da órbita terrestre, un erro no déposito de osíxeno destrúe as pilas de combustión. A falta no suministro de enerxía provoca a cancelación de obxectivo fixado. A partir de agora tódolos esforzos concéntranse no regreso do Apolo 13 á Terra. Dende Houston, Gene Kranz dirixe e coordina as operacións pertinentes para salvar a vida dos tres astronautas que viaxan a bordo, ademais do creto internacional da NASA e en xeral da nación estadounidense. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

DAWN 201 130 min OF THE 4 PLANET OF THE APES

USA

Matt Reeves

GUIÓN

MÚSIC FOTOGR A AFÍA

Rick Jaffa, Michael Amanda Giacchi Silver, no Marck Bomback

Michael Seresin

REPARTO

PRODUCIÓ N

Jason Clarke, 20th Century Gary Oldman, Fox/Chernin Andy Serkis, Keri Entertainme Russell, Toby nt Kebbell, Kudi Smit-McPhee, Enrique Murciano, Kirk Acevedo, Judy Greer.

SINOPSE : Tras a aparición do devastador “virus dos simios” desenvolvido nun laboratorio e que case acabou cos humanos, un grupo de simios moi evolucionados capitaneados por Cesar, convertéronse na raza dominante do planeta. A única ameaza para eles é un grupo de seres humanos que sobreviviron ao virus, e que agora son inmunes. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

THE 197 130 min ANDROM 1 EDA STRAIN

USA

Robert Wise

GUIÓN Nelson Gidding (novela: Michael Crichton)

MÚSIC A Gil Melle

FOTOGR AFÍA

REPARTO

PRODUCI ÓN

Richard Arthur Hill, David Universal H. Kline Wayne, Kate Pictures Reid, James Olson, Paula Kelly, George Mitchell e Ramón Bieri


SINOPSE : Despois de que un satélite artificial se estrelase nunha remota aldea de Novo México, o equipo encargado de recuperalo descobre que case todos os habitantes do lugar pereceron vítimas dunha horrible morte, coa misteriosa excepción dun neno e un vello. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

GRAVITY 201 90 min 3

PAÍS

DIRECTO R

USA

Alfonso Cuarón

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

PRODUCI ÓN

Alfonso Steven Emmanuel Sandra Bullock, Warner Cuarón Price Lubezki George Clooney Bros e Jonás Pictures Cuarón

SINOPSE : Mentras reparan un satélite fóra da súa nave, dous astronautas sofren un grave accidente e quedan flotando no espazo. TÍTULO

ANO DURAC IÓN

PAÍS

DIRECTO R

RAIN MAN

1988 129 min

USA

Barry Levinson

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

Ronald Hans John Bass Zimmer Seale (AKA Ron Bass) Barry Morrow

REPARTO

PRODUCI ÓN

Dustin Hoffman, United Tom Cruise, Artists Valeria Golino, Bonnie Hunt, Gerald R. Molen, Jack Murdock, Michael D. Roberts

SINOPSE : Charlie Babbitt , un xove egoísta que espera herdar a fortuna do seu defunto pai, entérase de que o beneficiario é o seu irmán Raymond, un autista ao que non coñece, porque viviu sempre recluído nun centro especial. Ámbolos dous farán unha longa viaxe a través dos Estados Unidos. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

THE 201 114 min IMITATIO 4 N GANE

PAÍS

DIRECTO R

REINO Morten UNIDO Tyldum

GUIÓN Graham Moore (libro: Andrew Hodges)

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

Alexand Óscar re Faura Desplat

REPARTO

PRODUCI ÓN

Keira Knightley, The Mark Strong Weinstein ,Charles Dance Company/ Black Bear Pictures/ Ampersand Pictures

SINOPSE : Biopic sobre o matemático británico Alan Turing, famoso por ter descifrado os códigos secretos nazis contidos na máquina Enigma, o que determinou o futuro da II Guerra Mundial (1939-1945) a favor dos Aliados. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

CREACIÓ 201 108 USA N 0 min

DIRECTO GUIÓN R Jon Amie

MÚSICA

FOTOGR AFÍA

John Christoph Jess Hall Collee er (Libro: Young Randal Keynes)

REPARTO

PRODUCI ÓN

Paul Bettany, BBC Films / Jennifer Recorded Connelly, Toby Picture Jones, Jeremy Company Northam, (RPC) / UK Benediict Film Cumberbatch, Council / Jim Carter, Newmarket Martha West Films

SINOPSE : Inglaterra, principios do seculo XX. O científico inglés Charles Darwin regresa dunha larga viaxe arredor do mundo coa clave para explicar a orixe das especies. Pero cando se dispón a publicar a súa revolucionaria teoría sobre a evolución, atópase cunha sociedade que non está preparada para aceptala. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

2001

196 160 min

USA

Stanley

GUIÓN Stanley

MÚSIC A Aram

FOTOGR AFÍA

REPARTO

Geoffrey Keir

PRODUCI ÓN

Dullea, Coprodució


ASPACE ODISSEY

8

Kubrick

Kubrick, Arthur C. Clarke

Jachatu Unsworth Gary Lockwood, n Reino rián William UnidoRichard sylvester, Daniel EEUU; Strauss Richter, Leonard MetroJohann Rossiter, GoldwynStrauss Margaret Mayer György Tyzack, Robert (MGM) / Ligeti Beatty, Sean Stanley Sullivan, Kubrick Douglas Rain, Maggie d'Abo.

SINOPSE : Narra os diversos periodos da historia da humanidade, non só do pasado, senón tamén do futuro. Fai millóns de anos, antes da aparición do "homo sapiens", uns primates descobren un monolito que os conduce a un estadio de intelixencia superior. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

GUIÓN

EINSTEI 200 100 min N 8

ITALIA

Liliana Cavani

Lilian Cavani, Massimo De Rita y Mario Falcone

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

PRODUCI ÓN

Claudio Sabatini

Maya Sansa, Flavio Parenti, Vizenzo Amato, Giorgio Basile.

ItaliaEEUU; Ciao Ragazzi / Rai Fiction

SINOPSE : Miniserie de TV (dous episodios) que narra a relación entre o científico Albert Einstein e a súa primeira muller, Mileva Maric. TÍTULO

AN DURAC O IÓN

PAÍS

DIRECTO R

GUIÓN

MÚSIC A

FOTOGR AFÍA

REPARTO

PRODUCI ÓN

Pi

199 84 min 8

USA

Darren Darren Clint Aronofsky Aronofsky, Mansell Sean Gullette

Sean Gullette, Mark Margolis, Ben Shenkman , Pamela Hart.

Sean Gullete, Mark Margolis, Ben Shenkman, Pamela Hart.

Eric Watson

SINOPSE : A película trata sobre Maximillian Cohen, un matemático moi reservado, bastante paranoico e que sofre de fortes migrañas, quen cre que toda a natureza pode ser representada mediante números. Max pretende descubrir o modelo matemático da bolsa a través de cálculos e programas propios que introduce co seu ordenador Euclides.

Traballo realizado polos alumnos de 6º A


LECTURAS

Oficina de patentes


Dende o outro mundo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.