Tríptico primaria actualizado

Page 1

5 A AVALIACIÓN NA ESO

6 PARA ESTAR MÁIS INFORMADO

A información sobre a avaliación que fan os profesores (as notas) é trimestral. Os resultados que se fan constar no Libro de Escolaridade son os de final de Curso.

Ó chegar ó Instituto, o teu titor ou titora axudarache a resolver tódalas dúbidas que teñas, e será o teu guía para integrarte e adaptarte ao novo centro.

As notas aparecerán reflexadas con nome e número, quedando do seguinte xeito: -

Insuficiente: 1, 2, 3 ou 4. Suficiente: 5 Ben: 6 Notable: 7, 8 Sobresaínte: 9, 10.

Haberá tres avaliacións ao longo do curso e no caso de suspender algunha materia nun trimestre terás a oportunidade de recuperala no seguinte. Se no 3º trimestre suspendes algunha materia deberás presentarte aos exames de recuperación en SETEMBRO. No caso de promocionar ao seguinte curso con algunha suspensa deberás intentar recuperala tamén mediante un exame ou traballo específico.

Departamento de Orientación IES TERRA DE SONEIRA CEIP SAN VICENZO

Ademáis no instituto hai un Departamento de Orientación e, deste xeito, pódeste dirixir ó Orientador ou Orientadora para solicitarlle a axuda ou a información que precises. Ante calqueira problema que teñas non dubides en acudir ao teu titor ou á orientadora pero tamén podes contar coa axuda de calqueira profesor. Se notas que comenzas a perder o interese ou a ter moitas dificultades PÍDE AXUDA o antes posible!!. Como podes ver, comeza unha nova andaina na túa vida escolar. Nun centro novo, con novos profesores e compañeiros. Todo iso é porque te vas facendo maior.

Dende este colexio desexámosche toda a sorte nesta nova etapa que vas a comenzar, e lembrámosche que o teu esforzo vai selo máis importante para o teu éxito nos estudos.

Noraboa e que teñas Moita sorte!!

1

QUE É A E.S.O.?


A E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que ven despois da Educación Primaria. Consta de catro cursos:  1º de ESO: cúrsase con 12 ou 13 anos  2º de ESO: cúrsase con 13 ou 14 anos  3º de ESO: cúrsase con 14 ou 15 anos  4º de ESO: cúrsase con 15 ou 16 anos 2 ONDE SE ESTUDIA A E.S.O? Cúrsase nos Institutos de Educación Secundaria, tamén chamados I.E.S. Os alumnos que rematan a Primaria neste Colexio, correspóndelles o IES “Terra de Soneira”.

Para pasar dun curso a outro deberanse aprobar tódalas materias. Pero no caso de que suspendas 1 ou 2 materias podes promocionar de curso. Pero ollo!, terías que recuperalas mentres fas o seguinte curso. Se ao rematar o curso o alumno non está en situación de promocionar (porque suspende 3 ou máis materias) deberá repetir curso. Esta repetición só se pode facer unha vez en cada curso, e en total, 2 veces en toda a etapa de ESO. Pódese repetir calqueira curso de ESO: 1º, 2º, 3º ou 4º.

ela durante toda a ESO:

*Lingua Francesa para os que tiveron Francés na Educación Primaria. *Lingua Inglesa para os que tiveron Inglés na Educación Primaria. Tamén coma na Primaria terás que escoller entre: *Relixión Católica (2 s. s.) *Atención Educativa (2 s. s.)

4 HORARIOS E ASIGNATURAS

Esta opción podes cambiala cada vez que cambies de curso.

Na ESO o número de horas de clase é un pouco máis elevado que na Primaria. En total vas ter 32 sesións á semán. Cada sesión (clase) dura 50 minutos.

Outra das novidades e que deberás cursar unha nova lingua estranxeira. A 2ª Lingua Estraxeira (2 s.s.), será Francés se a 1ª é o Inglés, ou Inglés se a 1ª lingua é o Francés.

As materias do 1º e 2º cursos son: *Lingua Galega (4 sesións semanais) *Lingua Castelá (3 s. s.) *1ª Lingua Estraxeira (3 s. s.) *Matemáticas (4 s. s.) *Ciencias da natureza (3 s. s.) *Ciencias Sociais, xeografía e historia (3 s. s.) *Educación Física (2 s. s.) *Educación Plástica e visual (3 s. s. só en 1º) *Educación Musical (3 s. s. só en 2º) *Tecnoloxías (3 s. s. só en 2º) * 2ª Lingua Estranxeira (2 s. s.) * Educación para a cidadanía ( 2 s. s. só en 2) *Proxecto interdisciplinar (2 s. s. só en 1º) *Relixión / Atención Educativa (2 s.s.) *Titoría (1 s. s. )

3 A PROMOCIÓN NA E.S.O.

Terás que escoller unha destas “opcións” na 1ª Lingua estranxeira, e continuarás con

Se os teus profesores consideran que necesitas adicarlle máis tempo ás linguas ou ás matemáticas, poden propoñerte para que non curses 2ª lingua estranxeira, co cal nesas horas irías a actividades de reforzo de linguas ou matemáticas. Esta decisión será adoptada polo equipo de profesores. Se fas a conta, terás 11 materias diferentes en total. En cada unha delas haberá un profesor diferente, dos cales un será o teu titor, e impartirache a sesión de titoría semanal.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.