Cataventos17

Page 1

REVISTA ESCOLAR

Saco e Arce

CATAVENTOS

Debuxo: Lúa Domínguez

Xuño 2017

http:// www.edu.xunta.gal/centros/ceipsacoarce/cataventos


CATAVENTOS 2017

Ilustración da Portada: Lúa Domínguez As familias contan moito 1 Ciencia vs Ilusionismo 2 Entrevista Arqueóloga 3 Os Microorganismos 4 Samaín 5 Proxecto os coches 6 O Magosto e o peón 7 Proxecto astronomía 8 Escornabóticos 11 Proxecto robótica 12 Curiosidades en extinción 14 As nosas árbores 16 Robociy 17 Cidadáns do mundo 18 Rosalíate 20 Entroido 21 Estereotipos & Poesía 22 Boibot o robot 24 As fases da lúa 26 Concursos 28 Excursión a Madrid 29 Proxecto ciencia 30 Físicos 32 A xerminación 34 Os Maios 35 Concertos musicais 36 Clases de “Yoga” 38 Construímos un “YoYo” 40 Makers 41 Primeiros Auxilios 42 Cociñamos filloas 43 Os Ollos 44 Eco-Retos 45 Bookcrossers 46 Letras Galegas 47 Toribio de C. Casares 50 Xogos de palabras 52 Deportes 54 Pasatempos 56 Orla 57 Contraportada con debuxos de Sofía Fdez., Candela Rguez., Gabriel Gómez e Joel Arce.

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Tedes nas vosas mans un novo nº da Revista Escolar Cataventos. Como este ano o tema do proxecto documental é “Investigando: tolos pola ciencia”, escribimos noticias que detallan numerosas experiencias e investigacións relativas á astronomía, á química, á física, á arqueoloxía, á zooloxía, á robótica e ao desenvolvemento sostible que son as ramas da ciencia que representa cada clase.


CATAVENTOS 2017

No noso cole

as familias contan

moito,

sobre todo porque coñecen a importancia que teñen os contos para promover a paixón pola lectura, fomentar a creatividade ou transmitir valores . Celebramos o MES dos LIBROS invitando ás familias a achegarse á biblioteca e contar un conto na Hora de Ler. Como sempre, a resposta foi multitudinaria. Polo cole pasaron un grande número de personaxes de contos que fixeron as delicias das nenas e nenos coas súas aventuras.

GRAZAS a todos e todas.

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CURSO 2016/17

Descubrimos, dunha maneira didáctica e lúdica, como o noso cerebro pode alterar a percepción das cousas…

CHEGOU O DÍA DE XOGAR COA CIENCIA Para adicarlle á ciencia un lugar importante na nosa formación, no mes de setembro de 2016, todo o colexio, asistimos a unha exposición ao Xardín Do Posío sobre ILUSIONISMO, MÁXIA OU CIENCIA? Cando entramos nos dixeron que íamos aprender sobre o proceso de percepción do cerebro e as ilusións ópticas. A primeira exposición foi a dos cinco sentidos do corpo humano. a continuación, ensináronnos uns trucos de maxia impresionantes. deseguido, entramos nun cuarto onde o chan estaba inclinado e tiña cadrados brancos e negros. Puxéronse dúas persoas: unha na parte alta e outra na baixa. Mirábamos por un burato, e unha persoa era máis pequena ca outra. Todo era moi interesante e sorprendente.

bla…

Foi moi interesante, aprendimos a facer experimentos e tamén a xogar coa maxia. E por se non fora pouco..... deronos un tríptico de ILUSIONISMO!! Ah! E tamén xogamos cos patos do Xardín… Resmidamente, foi ESPECTACULAR!!!!!


REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CATAVENTOS 2017

O 29 de novembro @s nen@s da clase dos Arqueólogos fixemos unha entrevista a unha arqueóloga que traballa no Museo Arqueolóxico de Ourense, despois dunha visita guiada.

-Por que es arqueóloga? -Porque me gusta estudar a nosa historia, soterrada baixo os nosos pés. Todo é imaxinado, son as pezas as que descobren a nosa historia. -Cantos anos tiveches que estudar? -Na universidade cinco anos.Primeiro fas Historia e nos últimos anos elixín a rama de Arqueoloxía. -Como te sentes no teu traballo? -Moi ben. Cos nenos que nos visitan encantada. Nos museos hai cousas interesantes, cousas novas. Sempre hai que seguir investigando. -Como descubrides as cousas se non se ven? -Nos xacementos que xa sabemos que existen se seguen investigando e sempre que hai unha obra ten que ir un arqueólogo. -Estades traballando nalgún xacemento? -Si, en varios como o campamento romano Aquis Querquennis de Bande. Nós recibimos o material e investigamos. Facemos fichas, fotos,.... -Que restos arqueolóxicos atopaches? -De todo tipo :ferramentas,monumentos, armas.... -Cal e o resto arqueolóxico máis antigo que hai no museo de Ourense? -Bifaces,perforadores e raspadores. -Cal foi o resto máis grande que atopaches? -Un menhir. Pesa unha tonelada. -Que restos arqueolóxicos encontraches dos castros ? -Vaixelas, ferramentas, xoias.... Clase dos Arqueólogos


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

C

Clase dos arqueólogos


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP “SACO E ARCE”

Se hoxe no colexio te atreves a entrar, moitos científicos tolos, contigo van a experimentar... Coidado pode ser que non volvas enteiro para a casa!

E sabedes que pasou no cole? Que se converteu nun vello castelo. Dentro oíanse alaridos e as pantasmas, campaban ás súas anchas entre esqueletos e morcegos.

O certo é que pasamos moito medo!


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

CON XEITO !!

COMEZAMOS...

VOU POR UN PINCEL

LARA, LARA

LARA, LARIIIII

ÁNIMO !!!

E REMATAMOS!!! CON VADO PERMANENTE, NON VAIA SER…..


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

O 10 de novembro celebramos o Magosto na escola, foi un día de xogos tradicionais cooperativos. Fixemos grupos nos que estabamos rapaces de todos os cursos e iamos rotando polos distintos xogos que estaban organizados no polideportivo: carreiras de sacos, o xogo do pano, cos zancos, o papacastañas, etc. Por suposto non faltaron as castañas. Lali e Bea encargáronse do magosto e as castañas estaban ricas, ricas. Nestas datas, aproveitamos para sacar os peóns dos caixóns onde pasan gardados todo o ano.

O peón ou trompo é un xogo tradicional que forma parte do noso patrimonio cultural.

No refraneiro popular podemos atopar varios refráns que falan deste xogo e que indican os meses nos que é Trending Topic Polo San Martiño, trompos ao camiño 11 de novembro Polo San Amaro, trompos ao faiado 15 de xaneiro Polo San Antón, peóns ao caixón – 17 de xaneiro

Pola Santa Olaia, peóns á borralla 12 de febreiro

As partes do peón son: O Ferrón - é o cravo de ferro sobre o que vira/baila o trompo. O Pirucho - é a parte de arriba. A Barriga - é á parte máis ancha do peón A Capa - Está comprendida entre o pirucho e a barriga. A Piola - é a corda coa que se envolve o trompo e mide uns 50 cm. Toca agora vestir o peón: No xeito de vestir o peón está, en grande medida, o éxito para que o xoguete baile. Amárrase a corda da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e sóltase rapidamente para facelo bailar. Nun estremo da piola adóitase facer un nó corredizo para evitar que escorregue entre os dedos.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

………


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

……


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Ao ter no cole catro robots, tivemos que pornos ao día en tecnoloxía e programación. Houbo que montalos, deseñar actividades con eles nas diferentes aulas, aprender a manexalos... Os escornabots son máquinas de pequeno tamaño, xeitosiñas, móbiles e interactivas, que executan movementos que lles programan os rapaces mediante pulsacións da botoneira ou dende Arduíno. A quen non lle gusta falar coas máquinas e que estas o entendan? Pois nós conseguímolo, interactuando con estes pequenos cacharros desde infantil ata 6º.

Percibimos a importancia da incorporación de nocións básicas de programación, é dicir, “saber ler e escribir tamén na linguaxe das máquinas”, dando un paso necesario cara á multialfabetización. Nós, programamos empregando a biblioteca de movementos de Arduíno, un programa de software libre, que permite facer calquera avance ou xiro co escornabot, con ordes moi simples tras apretar un botón da botoneira. O primeiro reto foi que o robot percorrese un circuíto e agora estamos realizando un proxecto de xeometría: O escornabot ten que moverse debuxando distintos polígonos.

Ola Mundo!


REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CATAVENTOS 2017

Proxecto ... Robótica Para crear algo novo, primeiro temos que imaxinalo. A creatividade e a imaxinación axúdannos a poñer en práctica as nosas ideas máis orixinais. Para que todo o mundo viva mellor...nós, os de 5º, imos crear, imaxinar e poñer a nosa intelixencia a traballar para idear máquinas que axuden ao mundo.

1. Crearemos

un robot de compañía para evitar a soidade das persoas.

3. Imos idear un aparato que limpe o aire contaminado para previr o cambio climático.

2. Inventaremos unha máquina que reparta comida á xente que a precisa, e así suprimir a fame no mundo.

4. Programaremos un máxico robot que vixíe e impida o comercio inxusto.


REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CATAVENTOS 2017

5.UN ROBOT PODE TER SENTIMENTOS? Sobre este tema opino que os robots, efectivamente, non teñen sentimentos, porque son máquinas programadas por unha persoa para facer tarefas concretas. Aínda que pareza que teñen sentimentos, simplemente son imitacións humanas. Os robots utilízanse para distintas necesidades: exploracións espaciais, tarefas domésticas, compañía, etc. Pero non poden facer de todo. XAN- 5º EP

6. ROBÓTICA E SAÚDE.- Nós, como

expertos na robótica e a saúde, imos crear un robot para que axude aos nenos que lles falta algunha parte do corpo para que poidan vivir mellor. O robot aportaralle ao nen@ a parte do corpo que precise. Este robot leva unha radio incorporada para comunicarse coa persoa, para ensinarlle a movilizar esa parte robótica. Marcos e Joel-5ºEP

7.- Nós construiremos un humanoide que axude na nosa escola aos nen@s a pensar erazoar, para que no futuro algúns de nós sexamos grandes científic@s.

Reflexionemos Estas máquinas intelixentes nos próximos anos ocuparán os nosos traballos? “Nós dicimos que todo o que poida ser T automatizado, no futuro se automatizará”


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

4ยบ .EP.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE



CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR DO CEIP SACO E ARCE



CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Todos os anos a Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega propón unha actividade para conmemorar o Día de Rosalía de maneira conxunta en todos os colexios de Galicia. Este 24 de Febreiro cumpríanse 180 anos do nacemento da autora e convidáronnos a

rosaliarnos

“ ”, é dicir, converternos en Rosalía empregando unha carauta que fixemos no cole . A nós pareceunos unha boa idea compartir esta actividade cos avós e avoas do Centro de Día de Toén e… alá fomos! Coma sempre, fomos recibidos con moito agarimo. Ata tiñan preparado un xogo empregando os poemas de Rosalía. Nós fixemos un repaso da súa vida, das súas obras e recitamos varios poemas, algún deles convertidos en canción. Para recordar este día fixemos fotos cos avós e avoas, levando as nosas carautas e o noso cartel cos versos que cada un elixiu

Para descubrir a información que se agocha nestes códigos QR, só tendes que descargar un lector de códigos no móbil. Hai moitos gratuítos para todos os móbiles e tablets nas App Stores dos dispositivos. Abride a aplicación e, mantendo o obxectivo da cámara sobre un dos códigos, escaneade a imaxe. O escaneo realízase en cuestión de segundos


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP SACO E ARCE

Que ben adaptamos os disfraces ao tema do proxecto! Ata reescribimos a letra desta canción supercoñecida e preparamos unha coreografía supermolona. Asistiu moita xente ao desfile incluso nos visitou a Tuna do Centro de Día. Dende que eu era pequeno, gustábame moito a investigación. Sigo sendo aquel neno, que o mira todo con moita atención. Mira o universo e este esqueleto, a ver que invento, que experimento!

No noso desfile non faltaron os Marcianiños/as de educación infantil Ven a investigar, presta atención amigo investiga comigo. Cómo é a terra, dime cómo é a terra? Electróns, protóns e neutróns sei que átomos son. Enerxía é que nos dá sempre vida, enerxía para gozar!

Os Pipetas de 1º Os robóticos/as de 5º

Xuntos creamos con ciencia: este é un robot e anda sen motor.

Os Físicos/as de 3º EP Supervivintes da zona cero de Toén de 6º Nunca perdas as túas ansias, non deixes de voar, non deixes de soñar. Mira o universo, este experimento, busca algún resto dos teus ancestros

Os arqueólogos/as de 2º Os animais en perigo de extinción de 4º Animais en perigo de extinción ímolos salvar. Ven a investigar, presta atención amigo investiga comigo!


REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CATAVENTOS 2017

Fora estereotipos! Tod@s podemos facer as mesmas cousas! O día 25 de novembro é un día para a reflexión. É necesario loitar con todas as nosas forzas para acabar coa violencia, e unha das mellores formas de facelo é a educación: só se educamos aos nenos e nenas na

igualdade,

na

solidaridade

e na

tolerancia

conseguiremos terminar con esta lacra. Nós quixemos sensibilizar ao noso alumnado para que valoren ás

persoas, xa sexan homes ou mulleres,

aprendendo que o traballo non ten sexo, que as persoas son libres para elixir e decidir o traballo que queren desempeñar na súa vida. Tivemos uns momentos de reflexión sobre as profesións das persoas. Para comprobar como funcionan os estereotipos de xénero, pedimos aos nenos e nenas que describisen a "unha persoa que opera", unha persoa que conduce un camión", unha persoa que apaga incendios e rescata xente"... (evitando mencionar o seu sexo) A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..."

Ao cabo,dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal. Preguntámoslles cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas: - Entrenadora persoal - Profesora de E. Física - Dependenta

- E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados?

- Mestra

As respostas foron : "alta, delgada, co pelo longo..."

Dixémoslles que tiñan que adiviñar cal era a súa profesión facendo preguntas. Ela só podía responder si/non.

- Enfermeira...

A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA. Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"


CATAVENTOS

Revista Escolar

CEIP Saco e Arce de Toén

2017

Lucía, Irene, Pablo, Lúa, Sofía, Julio, Vidal, Icía, Saúl, Ainhoa, Candela, Jose Eligio e Fani.

O 28 de xullo, celebrarase o centenario da escritora Gloria Fuertes, non podemos deixar pasar este ano sen recordar a esta gran escritora de linguaxe clara e sinxela. As súas obras son exemplos do seu compromiso co logro da paz e a denuncia da violencia así como a empatía coas persoas que sofren. En 6º escribimos estes poemas polo día da muller, reivindicando o dereito da muller a triunfar no mundo da ciencia e a loitar contra os estereotipos.

A química Antía descobre e investiga, estuda a enerxía e mellora a nosa vida

A pantasma Flora bióloga quere ser non deixa nin unha espora no laboratorio por ver

A enxeñeira Mar un dron está a fabricar para os incendios estudar, predicir e controlar. Un ás da tecnoloxía é Sol mesmo deseña un robot, un prototipo de ordenador, un videoxogo ou un dron.

A señora chinchilla estuda medicina, inventou unha pastilla que ten sabor a piña.

Lucía, eco-química quere ser: iluminar con vagalumes unha nación, residuos perigosos, en enerxía converter, crear combustibles ecolóxicos para avións.

A científica Pura é a muller máis valerosa anda buscar a cura de enfermidades infecciosas.

A zoóloga Oliva loita contra a caza furtiva, a moitos animais en perigo protexe e sálvalles a vida A estudante Carlota gústalle a astronomía, o telescopio non solta nin de noite nin de día.

A matemática Rita busca unha ecuación, que reducir lle permita, os efectos da contaminación. Os problemas ambientais quere resolver Asunción: evitar as catástrofes naturais, é a súa grande ambición.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE” 5º CURSO 2016/17


REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CATAVENTOS 2017

COMO O FAI?

IMAXINAR PARA

BOIBOT USA O PENSAMENTO CIENTÍFICO

CREAR Comenza o día e sen soltar a almofada moitas preguntas se fai:

Xa polo mediodía dáselle por investigar: Boibot é singular!

Pola tardiña vaille dando solución ás preguntas en cuestión. Xa atopou unha lóxica solución!

Chegada a medianoite a O noso BOIBOT é imaxinación non para: ten científico de vocación. inventado un mogollón!

BUZZ??

Cando vai a xantar hipóteses, conxeturas e predicións, moitas fai.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

PROXECTO DO UNIVERSO. OS NENOS DE 3 ANOS TRABALLAMOS OS PLANETAS, O SOL, A LÚA, AS ESTRELAS… APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS!!!


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

APRENDEMOS AS FASES DA LÚA…

… FIXÉMOLA…

…E COMÉMOLA!!!


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP SSACO E ARCE

I Concurso muller e nena na ciencia. BÚSCANSE CIENTÍFICAS: Non quero ser princesa, quero ser científica Velaquí os premiados no I Concurso de debuxo e redacción do Día Internacional da Muller e a Nena. Lúa Domínguez Grande– 2º premio, co debuxo “Jane Goodall, unha defensora dos animais”. José Vidal González Gómez – 2º premio, coa redacción “Segue o rastro dos teus ancestros con Rebecca L. Cann” . Sofía González Iglesias – 3º premio, coa redacción “Elena García e os robots camiñantes”.

Concurso escolar sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia IV Premios Estatuto de Autonomía, que este ano levaba por lema "A nosa lingua", en referencia ao artigo 5 do texto. Lembrando a historia para manter viva a nosa lingua. A clase de 5º de primaria da nosa escola resultou premiada co traballo de Candela. Os nenos e nenas de 5º dedicaron o seu tempo a reflexionar sobre a nosa lingua, a falala e a darlle a importancia que ten. Nós dicimos : “Non podemos estar máis orgullosos de ter unha lingua que nace aquí e, que é nosa e de ninguén máis”

Unímonos aos VALENTES Participamos na campaña contra o acoso escolar de “12 meses” de Mediaset. “El Langui” ponlle música e voz, xunto co Coro Encanto ao rap contra o bullying "Se buscan valientes", poñendo

o

foco

nos

que presencian o acoso, son os amigos e compañeiros/as os que teñen que dar un paso adiante e converterse en "salvavidas". Nós reescribimos a letra deste rap en galego, para cantala no día da Paz e para demostrar que somos valentes e non temos medo escénico, enviámoslla a Mediaset.es/12meses que fixo unha montaxe do rap coa letra en galego e as imaxes do noso vídeo.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Irene Cruz Domínguez

Do 18 ao 21 de abril, os alumnos de 6º de primaria fomos de excursión a Madrid con María e Iván. Diario da excursión: 18-04-2017 (martes) Subímonos ao autobús ás 8 e cuarto da mañá e partimos cara Madrid. Aproveitamos as 7 horas de bus para coñecer aos compañeiros/as cos que compartiriamos a viaxe, os rapaces de Oímbra, Bande e Cartelle. Ao chegar ao hotel comemos e fomos ás habitacións. Máis tarde, achegámonos á Porta do Sol e ás 8 e cuarto da tarde fomos a ver o musical do Rei León ao teatro Lope de Vega. 19-04-2017 (mércores) Erguémonos ás 8 e media da mañá e despois de almorzar achegámonos ao Estadio Bernabeu (Calle padre Damián) e recorremos os vestiarios, a exposición das copas, as zonas de masaxe, os trofeos dos futbolistas, o campo e os banquillos. Máis tarde fixemos unha visita guiada por Madrid e logo fomos ao Zoo Aquarium, onde vin aos meus animais favoritos: os delfíns! Tamén había un lémur ao que Lúa e máis eu chamamos Boris. Pola noite, no hotel, xogamos ao UNO. 20-04-2017 (xoves) Levantámonos ás 9 e media da mañá e fomos ao Museo do Aire. Este museo era unha base militar. Despois de recorrernos todo o museo vendo como avanzaron os avións dende o primeiro construído ata os da actualidade e montamos nun dos avións militares que se achaban alí. Ao rematar, fomos a comer e ver animais en Faunia e alí deume moito medo a sección de veleno onde se atopaban os animais máis perigosos e letais. Volvemos ao hotel para cear e fixemos unha minifesta nas nosas habitacións sen facer moito ruído. 21-04-2017 (venres) Almorzamos ás 11 menos cuarto e unha hora máis tarde, marchámonos ao Parque Warner. Alí Saúl, Icía, Lúa, Ainhoa, Jose, Candela, e máis eu montamos unhas 7 veces nunha atracción de auga chamada Río Bravo e 3 veces noutra, tamén de auga, que se chamaba Cataratas Salvaxes. Tamén fomos a ver o espectáculo da Louca Academia de Policía e logo un desfile dos personaxes da Warner. Máis tarde volvemos cara aquí e chegamos ás 3 e media da noite. Sen dúbida o que máis me gustou da excursión foi ver o musical do Rei León.


CATAVENTOS 2017

REVISTA DO CEIP SACO E ARCE

Os nenos e nenas de 1º de primaria embarcámonos na aventura da química. Decoramos a aula, coñecimos a químicos importantes, preparamos unha canción sobre o pracer de experimentar e por suposto, EXPERIMENTAMOS.

Empregamos o escornabot para aprender máis.


Preparamos a nosa mesa temática, trouxemos elementos cotiáns para experimentar e rexistramos os experimentos máis significativos, nun libriño.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

A XERMINACIÓN PREPARAMOS O TESTO

SEMENTAMOS

SOL E AUGA


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR DO CEIP SACO E ARCE

Na primeira semana de Maio estivemos de celebración: festexamos a chegada da primavera, adornando Maios e cantando coplas. Contamos coa axuda do profe Pepe, que disfrutou con nós desta festa. Adornamos un maio figurativo con forma de pirámide e unha alfombra floral na que, en honor a Carlos Casares, pintamos unha galiña azul. Como vedes fomos enchendo os nosos Maios de cor con xestas, uces, fiúncho, fentos, outras flores silvestres e rosas de todas as cores e tamén empregamos bugallos para darlle o noso toque persoal. 



Celebramos o Maio Que gran ilusión Fai moi bo día Mantemos a tradición

A festa dos Maios É unha festa popular Renace a natureza E digna de admirar. Cantaremos coplas Xa chegou a primavera Xa está aquí o bo tempo Foi moi longa a espera

No noso cole Facemos moito deporte Levamos vida sá Somos moi fortes

Este ano no Entroido Coidamos o planeta Coa nosa comedia Salvaremos a Terra

Quinto contra sexto Tivemos que competir Non sabiamos que facer Se chorar ou rir No deporte escolar Os de sexto arrasamos Ás provinciais pasamos E moi contentos xogamos

Cos escornabots Moito xogamos Aprendemos moito Mentres traballamos Un circuíto Tivemos que deseñar Para que o robot Puidera circular

Quero ser científica Non quero ser princesa E tratar de mellorar A vida no planeta

Viaxamos a Madrid Todos os de sexto Con outros colexios Moitos amigos fixemos Fomos ao teatro Ver o Rei León foi alucinante foi o mellor! Visitamos Faunia Ao Aquarium entramos E no Bernabeu As copas admiramos

Gañamos este ano Varios concursos A muller na ciencia E tamén sobre o estatuto Mulleres na ciencia Moitas coñecemos Esfórzanse moito Nós tamén podemos

Polo Samaín Apócemas fixemos Botamos esconxuros Dabamos moito medo.

Contra os estereotipos Queremos loitar Somos todos iguais Non hai que dicir máis.

Todos os de sexto Marchamos para o instituto Que ben o pasamos Xuntos neste curso


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

O saxofón é un instrumento de vento-madeira

A guitarra ten seis cordas e tócase cos dedos

O violonchelo ten catro cordas e tócase cun arco

A trompa é o instrumento de vento máis longo do mundo


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

A frauta ten oito buratos

A trompeta só ten tres pulsadores

O punteiro é unha das partes da gaita

Ademais, tivemos un concerto da orquestra de 5º e outro dun conxunto de 3º. Moitas grazas a tod@s polas vosas melodías !!!


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE TAMร N FACEMOS YOGA Iniciamos coa posiciรณn de sentados e coa respiraciรณn diafragmรกtica.

Tras un divertido quentamento do corpo, pasamos a imitar posturas.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

E despois de tanto estirar…..


CATAVENTOS 2017

2º 3º

REVISTA ESCOLAR do CEIP “SACO E ARCE”


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Clase de 6º

Gústanos construír cousas, necesitamos construír para comprender, é a maneira que temos de asimilar os conceptos e de adquirir o coñecemento. O coñecemento axúdanos a avanzar e a progresar. Investigando e creandoPlastilina condutora: Na clase de ciencias creamos plastilina condutora. INGREDIENTES 100 ml fariña 100 ml de auga 2 culleradas de Sal O zume de 2 limóns Colorante alimentario 1 culleriña de aceite vexetal PROCEDEMENTO 1º Medimos e peneiramos a fariña, mentres outros espremen os limóns. 2º Engadimos os 100 ml de auga e mesturamos fóra do lume: o sal, O zume coado, o aceite e unhas gotas de colorante. Nós eliximos o morado que trouxo Vidal. 3º Poñémolo a lume medio sen deixar de remexer, ata formar unha bóla que se despegue ben do cazo. 4º Deixámola arrefriar e amasamos.

A nosa plastilina é unha boa condutora porque na súa composición existen sales (de sodio

e potasio) que están disolvidas no zume e os ións da auga (átomos cargados debido á perda/ganancia de electróns) que facilitan a condutividade eléctrica. Aproveitamos a plastilina para construír un circuíto en serie de tres leds PRECISAMOS: - 3 Leds - Plastilina condutora (cable condutor). - Plastilina comercial, que actúa como illante. - Un Transformador de corrente. PROCEDEMENTO: 1) Facemos 4 bólas de plastilina condutora e para evitar un curtocircuíto, colocamos plasti normal entre as bólas condutoras. 2) Co transformador apagado conectamos o cable vermello (+) á 1ª bóla de plasti e o cable azul á última. 3) Para pechar o circuíto, colocamos os led na plastilina condutora, atendendo á polaridade. 4) Imos probando co transformador, aumentando a intensidade de corrente, ata que acenden todos os led.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Lúa, Icía, Ainhoa e Irene. Saber como actuar nunha emerxencia sanitaria pode salvar unha vida.

1.- Para ver se o neno/a está consciente, sacudímoslle o ombreiro e falámoslle. 2.- Se non está consciente abrir a vía aérea. Facer manobra frontequeixo 3.Comprobar respiración. Achegar a cara á boca e vixiar o peito se respira. MES (Mira, Escoita, Sente)

Protocolo de actuación: QUEIMADURAs Observar a ferida, extensión e en que parte do corpo está. 

4.- Se é un neno, comezar con 5 ventilacións Quitar xoias e colocar a ferida baixo a auga fría. 

5.- se non responde, 30 compresións/2 ventilacións

Poñer sen apertar un pano enriba da ferida.  Chamar ao 061.  Se é unha pequena extensión pódeselle botar áloe vera. 


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

INGREDIENTES -200 gr de fariña -4 ovos -azucre: 4 culleradas para a masa e un pouquiño para azucrar cada filloa -400 ml.de leite -100 ml de auga -1 pinga de sal

PREPARACIÓN Cascamos e botamos os ovos nun bol e os mesturamos con 4 culleradas de azucre e un pouco de sal. Botámoslle a fariña,remexemos e imos incorporando o leite pouco a pouco para que non queden grumos. Deixamos repousar sobre 3 horas. Untamos unha tixola con manteiga e botamos un caciño pequeno do preparado, estendéndoo moi ben para que a filloa quede moi finiña .Dámoslle a volta e facémola ben douradiña. Botámola e azucrámola ao gusto.

BO PROVEITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

CATAVENTOS 2017

Irene, Pablo, Saúl, Vidal e Icía. 6º EP

Para entender mellor estes problemas realizamos unha experiencia cuns ollos de vaca. O ollo de vaca é moi similar ao noso e puidemos observar a estrutura do globo ocular e as súas partes con todo detalle:

1º Quitámoslle a graxa e os músculos para poder distinguir con claridade a esclerótica, a córnea, o iris e a pupila. No lado oposto, está o nervio óptico. 2º Fixemos un pequeno belisco no globo ocular e dividímolo en dúas metades. Primeiro sae o Humor Acuoso (un líquido escuro, máis ben negro) e a continuación o cristalino e o Humor Vítreo (un líquido transparente e xelatinoso).

O ollo é coma unha cámara fotográfica que capta, enfoca e transmite a luz a través dunha lente que é o cristalino. Nunha cámara, a imaxe proxéctase sobre a película ou o sensor de imaxes; no ollo a imaxe proxéctase sobre a retina, un tecido moi fino sensible á luz situada na parte posterior do ollo. Problemas de visión máis comúns:  Na Miopía: a imaxe fórmase diante da retina, ven ben de cerca pero non de lonxe. Corríxese con lentes diverxentes ou cóncavas. ) (  Na hipermetropía ocorre todo o contrario, a luz golpea detrás da retina, ven ben as cousas que están lonxe pero non enforcan as que están cerca. Corríxese con lentes converxentes ( )

3º Comprobamos a función do cristalino, unha lente converxente ou convexa que une os raios de luz nun punto. 4º A Retina ten un aspecto irisado e na imaxe estamos vendo en que consiste un desprendemento de retina. Fomos máis alá e intentamos facer unha operación de Cataratas (opacidade do cristalino do ollo). Fixemos unha pequena incisión na parte inferior da córnea para extraer o cristalino, que sería substituído por unha lente artificial no caso de rematar con éxito a intervención. Rematamos o experimento lavando o material usado: a placa de Petri, o bisturí, as tesoiras e as pinzas. Resultounos moi interesante esta experiencia!


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Os sostibles de 6º: Lucía, Irene, Pablo, Sofía, Saúl e Candela

Separa en cadanseu contedor, todo o material que poida Usa bolsas ecolóxicas

ser reciclado. Ten Valor e converterase en materia prima.

para a túa compra!

Fai compost cos residuos orgánicos, obterás un excelente abono ecolóxico.

Usa a auga de xeito responsable. Utiliza lámpadas de baixo consumo e mantén o termóstato da calefacción a Anda máis a bici, manteraste en forma e non contaminarás o medio ambiente.

20º, par reducir o consumo enerxético. Nun ano aforrarás 1345 kw/h e 54,750 l de auga.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR CEIP “SACO E ARCE”

Somos Bookcrossers Sabedes que é o

Bookcrossing?

Nós sí porque, para festexar as nosas letras, participamos por primeira vez neste movemento global de liberación de libros. Preguntarédesvos...

en que consiste?

Pois é un fenómeno moi popular que ten máis de dous millóns de usuarios rexistrados que levan liberado cerca de 10 millóns de libros en 132 países. Todas as persoas que o desexen poden participar. Só hai que coller un libro que desexemos deixar libre para que outras persoas poidan lelo, rexistralo na páxina e etiquetalo. Os libros non queren pasar a vida nun andel collendo pó, senón que queren saír e chegar a moita xente . Así que o único que queda é deixalo ben etiquetado no banco dun parque, na mesa dunha cafetería... en calquera sitio onde outra persoa o poida atopar. Na Biblioteca do cole fixemos entrega de 6 libros a outros tantos nenos e nenas, etiquetados para que fosen liberados

Máis información sobre o proxecto :

Así que. xa sabedes, se atopades un destes libros, deixádeo libre para que recorra o mundo....


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP “SACO E ARCE”

Sofía, Lúa, Saúl e Icía Carlos Casares nace en Ourense pero pasa a infancia en Xinzo de Limia.

Estudou uns anos no Seminario, onde Fixo a Carreira de Filosofía e Letras publicaba un xornal EL AVERNO do en Santiago de Compostela e gaña que era director e único redactor. varios concursos literarios.

Traballa como profesor, xornalista e escritor.

Nunha viaxe coñece a unha rapaza sueca coa que casa.

Tamén traduce ao galego O Principiño e colabora cos xornais La Región e La Voz de Galicia.

Dirixe a editorial Galaxia, a Revista Grial e é o membro máis novo da RAG

Foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia e participa na aprobación da Lei de Normalización Lingüística

Para nenos/as escribe A Galiña

Azul, Lolo anda en bicicleta, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e a saga Toribio, entre outros.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP “SACO E ARCE

Un ano mais celebramos o Día das Letras Galegas cunha grande festa popular onde non faltaron as actuacións. Cancións, bailes tradicionais e representacións teatrais mostraron a todos os visitantes as dotes artísticas das nenas e nenos do cole, que participaron no festival con moita ilusión (e moitos nervios, todo hai que dicilo). Como xa imaxinaredes, foi un verdadeiro éxito... Os nenos e nenas de EI bailaron ao ritmo de “No baile” de Mamá Cabra.

Os de primeiro e segundo atrevéronse cunha obra de teatro “Todo é un conto” e tamén nos bailaron un “Chotis” que, por certo, non era un baile madrileño, pero chulos estaban dabondo!

Os de 3º mostráronnos as peripecias “Nunha aula do cole”… Como a vida mesma!

As nenas e nenos de 4º inventaron unha letra nova para a canción “Despacito” de Luis Fonsi. Eles titulárona “En Perigo” porque fala de todas as especies que están en perigo de extinción.

Cos de 5º Galegueamos un anaco, cantando e bailando

E os de 6º fixeron unha representación da obra de Carlos Casares, “A galiña Azul”


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP “SACO E ARCE




CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

4ยบ .EP.


Campo a través

Os nenos e nenas de 2º,3º,4º,5,º e 6º de primaria participamos nun evento de Campo a Través en Muiños. Competimos contra outros colexios e pasamos un

Bravo campioas!!

día estupendo. Candela de 5º (benxamín, 600m.) e Icía (alevín, 800m.) quedaron en terceiro lugar polo que conseguiron unha medalla de bronce.

Fútbol Sala

Equipo de 6º

Equipo de 3º/ 4º

Equipo de 5º Nós os de 6º fomos campións copo de 3º e 4º quedou subcampeón marcais e quedamos terceiros na comarcal e finalmente os de 5º final provincial de Ourense. O equi- tamén quedaron subcampións co-

marcais. Todos os equipos xogaron ao máximo nivel e pasárono espectacular nas diferentes fases.


Irene comprobando o perímetro da súa cintura

Resistencia cardiorespiratoria

DAFIS

Icía medindo a súa forza

Julio comprobando o seu peso e altura

Pablo realiza suspensión con flexión de brazos

Ana realizando a proba de flexibilidade

Todos os alumnos-as de primaria fixemos unha valoración da nosa condición física para a saúde e realizamos actividades de promoción da vida activa e saudable. Os datos obtidos pasámolos a un programa chamado DAFIS para saber a media con respecto aos alumnos galegos.

Taekwondo

Kiaaaaa!!

Grazas ao programa Xogade os alumnos–as de primaria puideron gozar dunha clase integral de taekwondo co profesor de artes marciais Fito.

Estas actividades teñen como obxectivo principal o achegamento dos escolares ás diferentes disciplinas deportivas empregando a mellor das ferramentas das que se dispoñen en educación: O XOGO.


CATAVENTOS 2017

REVISTA ESCOLAR do CEIP SACO E ARCE

Infantil – 4 anos


EFRÉN

ICÍA

LUCÍA

SALI

CANDELA

AINHOA

IRENE

JOSE ELIGIO

SAÚL

PABLO

ESTEFANÍA

JULIO

LÚA

Ceip Saco e Arce. Promoción 2011-2017.

IVÁN

JOSÉ VIDAL

SOFÍA


Candela

Joel

Sofía

Gabriel

CATAVENTOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.