QUINSA XXXIII

Page 1

CEIPPLURILINGÜEQUINTELA

ILUSTRACIÓN DANIEL 4º

QUINSA
2022-2023
Revista escolar Editorial…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………....1 O noso mar……………………………………………….. 2 Pezas soltas…… .………5 Primavera…….. …7 Proxecto reciclaxe……………………………………………………………………………………………………………………………………………10 Reportaxe “Bichos”.……………………………… ……14 Apinews……………… 18 Árbores do noso patio………………………………………. ………21 Visita a granxa Apípolis………………………….………………………………………………………………………………………………………..25 Noticias………………………. .…27 Conto “Es unha nena ou un neno” …………………………………………………………………….…....28 Entrevista a Carolina Pazos Alonso ….33 Relato curto: “Os problemas de Atenea”……………………………………….…………………………………………….………………...35 Acróstico………………..………………………………………………………………………………………………………………………………….…...37 Xa somos ciberexpertos……………….. ….40 Despedida de 6º…………………….. …41 O descubrimento do Radio 43 Actividades extraescolares e complementarias…………………………………………………………………………………….………..45 Música……………………………………………………………………………………………………………………………………………………….……47
XXXIII
CEIP PLURILINGÜE QUINTELA

Xa está aquí unha nova edición da revista

QUINSA.Xa vamos pola trixésimo terceira

Espero que gocedes a continuación, dalgúns dos traballos realizados ao longo do curso polo alumnado e profesorado. Pasádeo ben!!!

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 1

Os nenos e nenas de 3 anos traballamos durante todo o curso o proxecto “O noso mar” e para facelo posible contamos con a xuda de tódalas familias que nos axudaron aportando información,

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar
2

Ademais as familias acudiron á aula para confeccionar conosco o disfraz de peixes do Entroido.

Por outra banda fixemos varias saídas: mariscadoras de Censantes onde nos ensinaron un montón de cousas do mar e da súa profesión. Divertímonos moito na Praia ese día.

QUINSA XXXIII 2022-2023
PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar
CEIP
3

Tamén visitamos “O museo do mar “ en Vigo onde puidemos simular a limpeza dunha illa de plástico e reciclar. Coñecemos moitas especies autóctonasda nosa ría, gustounos moito.

E como non fixemos moitas actividades e con todas aprendimos un motón!!!

QUINSA XXXIII 2022-2023
CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar
4

Na aula de 4 anos (5º de infantil), este curso, estivemos a poñer en práctica os xogos, o aire libre, con pezas soltas de diversos materiais: madeira, cartón, metal, vidrio, natureza ( terra, paus, auga…)

A idea é experimentar cos materiais como nun laboratorio de xogo, de forma aberta e sen un obxectivo en mente máis que estimular a curiosidade. Ó non ser un xogo estructurado e con reglas fixas resulta versátil e aberto,unha actividade na que sentirnos autosuficientes e creativos.

“ Un bo xoguete é aquel que, sen ser nada en concreto, pode ser todo.” Francesco Tonucci

Cando o alumnado foi preguntado porqué lle gustaba facer esta actividade, algunha das súas respostas foron:

 “ Inventamos cancións e facemos torres” ( Breixo e Pablo)

 “ Gustame xogar coa auga” ( Thiago)

 “ Podemos xogar fora e pintar árbores coa terra” ( Valeria,Paula)

 “ Porque mezclamos materiais naturais( pedras, terra, auga) e facemos comidas” ( Maia e Iris)

 “ Fago castillos e dinosaurios” (Izan)

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar
5

Estas e outras propostas podedes atopalas nun libro do proxecto de patios inclusivos que temos na nosa biblioteca.

QUINSA XXXIII 2022-2023
Revista escolar
CEIP PLURILINGÜE QUINTELA
6

Coa chegada da primavera os nenos e nenas de 5 anos investigamos sobre os cambios que se producen na nosa contorna coa chegada desta estación do ano (as partes das plantas, os coidados que necesitan, os pasos a seguir para plantar unha flor, os animais polinizadores…). Unha vez adquiridos todos os coñecementos mencionados decidimos recabar toda a información aprendida nun “flipbook”.

“Flipbooks” da primavera

Unha vez que xa tiñamos coñecementos suficientes sobre as plantas, puxémonos mans a obra coa nosa horta e plantamos tomates, pementos, amorodos…

A posta en marcha da nosa horta permitiunos traballar múltiples conceptos, tales como a lectoescritura, a autonomía, a lóxica-matemática….

Traballamos a terra e plantamos as sementes

Cada día o capitán ou capitana era o encargado ou encargada de regar e de coidar a nosa horta

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 7

Tamén aproveitamos a chegada desta estación do ano para investigar sobre as flores da nosa contorna (cala, margarida, ave do paraíso, croque, rosa…). Para iso, axudáronnos as nosas familias, grazas as cales cada neno e nena trouxo unha flor a aula e unha folla na que escribiu o nome da mesma. Posteriormente, levamos a cabo un obradoiro chamado “arte de refugallo” no que recabamos toda a información aprendida e o colocamos no patio do noso centro educativo para compartilo con toda a comunidade educativa.

As flores e os carteis que trouxemos das nosas casas

Obradoiro “arte de refugallo”

Traballando a lectoescritura e o desenvolvemento artístico

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 8

Finalmente, compuxemos o nome dalgúns alimentos que plantamos na nosa horta mediante o uso de letras móviles.

Obradoiro de aproximación á lectoescritura

Deste xeito os cativos e as cativas do colexio disfrutamos da primavera ao mesmo tempo que aprendimos moitas cousas.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 9
QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 14
QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 15
QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 16
QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 17

Os nenos e nenas de 3º de primaria estiveron a investigar sobre a vida das abellas. As abellas son uns dos seres vivos máis importantes para o medio ambiente e sen elas as plantas, flores e froitas que coñecemos deixarían de existir. Nas seguintes liñas compartiremos algunas das curiosidades que atopamos sobre elas. Lede con atención e acompañádenos neste maravilloso mundo.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 18

Colmea natural

Colmea artificial

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 19
QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 20
ELAS O MUNDO TEN OUTRA COR! COIDEMOS DELAS!
CON

ÁRBORES DO NOSO PATIO

Investigamos sobre algunhas árbores do noso patio

(Héctor, Abel e Vera 4º P)

QUINSA XXXII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 21
QUINSA XXXII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 22
(Alejandra, Hugo e Enzo 4º P)
QUINSA XXXII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 23
(Sabela, Yael e Álex 4º P)
QUINSA XXXII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 24
(Daniel, Lucía e Santiago 4º P)

VISITAMOS A GRANXA APÍPOLIS

Alumnado 4º

Fixemos galletas con mel, unha candea con cera e probamos o mel e o pole

O día 20 de marzo o alumnado de primeiro a cuarto fumos a San Andrés de Xeve, onde está situada a granxa Apípolis, para aprender sobre as abellas. Fixemos catro obradoiros.

Con Miriam fumos a unha aula a coñecer os productos que se obteñen das abellas. Probamos o pole, o mel e fixemos unhas candeas con cera. Botounos mel nuns minibotes de cristal.

Con Teresa e Héctor fumos a poñer os traxes de apicultores para ir a ver as abellas. As colmeas estaban nun recinto. Tivemos que estar moi quietos porque Héctor sacou os panais e vimos as abellas e as larvas.

QUINSA XXXII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 25

Noutro obradoiro fixemos galletas que logo levamos para casa. Mentres as faciamos cantamos unha canción: "¡Bola, bolita, hazte redondita, tiro, riro, riro, tiro, riro, riro, ra!"

O cuarto obradoiro foi nunha aula onde había moitos paneis con datos sobre as abellas. Vimos a abella raíña nuns paneis transparentes.

QUINSA XXXII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 26

Neste curso estivemos a traballar no proxecto da biblioteca, sobre paixase e sustentabilidade e en 5º de Primaria aprendemos algunha cousa das plantas e concretamente das súas raíñas: as árbores.

Cando celebramos o magosto no centro, fomos a un souto que está cerca do cole e alí, como tódolos anos, collemos castañas que posteriormente asamos e comemos . O meste gardaou unha e propuxonos, na aula, se queríamos ver agromar unha castaña que posteriormente se convertiría en castiñeiro. Dixemos que si, e o que fixemos foi envolver a castaña nuns algodóns enchoupados en auga nun recipiente de plástico que ten o mestre no seu armario de sorpresas.

Co paso do tempo apareceu unha estructura que nós pensamos que eran as raíces, o mestre díxonos que pensásemos: “En que parte dos vexetais se realiza o fotosínteses?”. Respostamos que nas follas, e poucos días despois apareceron estas. Quedamos que tiñamos que esperar a que saísen máis follas e logo, a plantaríamos nalgún lugar do cole que puidésemos. Así o fixemos, no mes de febreiro plantámola na parte posterior do centro, detrás do composteiro, regamos e fomos atendéndoa ao longo deste período. Neste momento xa está crecendo, ten un carteliño cos nosos nomes, para que pasado o tempo saibamos cal é o noso castiñeiro. Eiquí abaixo vos poñemos unha foto de como está neste momento, finais de maio principios de xuño.

QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista 27

Es unha nena ou un neno?

Fai un ano, unha nena chamada Valeris e un neno chamado Rubenis, de 11 anos vivían sós nunha pequena casa de madeira moi acolledora en Barcelona. Ao neno encantábanlle as bonecas, a cor rosa, poñerse roupa considerada para as nenas e o pelo largo. Á nena gustáballe o fútbol, o pelo moi curto e poñerse roupa considerada para nenos.

No colexio, moitas veces un neno chamado Lucas e unha nena chamada Claudia metianse con eles durante o recreo ou cando os vían polos corredores. Valeris e Rubenis estaban acostumados a recibir insultos e que lles molesten polos seus gustos ou como visten. Cando chegaban a súa casa, sempre ían durmir xa que estaban fartos de tantas burlas. ¡Xa non podían máis! E como non…

Apareceron Claudia e Lucas e sabedes porque foron a súa pequena casa aposta? Exacto so pa molestalos. Entón o que fixeron foi saír correndo pola porta traseira, pero como a porta traseira chirriaba, Lucas e Claudia déronse conta de que sairán correndo pola porta traseira entón os seguiron para poder burlarse máis por que non sabían que facer. É sabedes como lles chamaban? Chamábanos cousas malas por exemplo a Valeris chamábana: Parva, inútil. Tamén dicían isto: -As nenas non lles pode gustar o fútbol, non se poden vestir roupa de nenos, nin poden ter o pelo curto.

É a Rubenis chamábano: Parvo, inútil é tamén dicían isto:

-Aos nenos non lles poden gustar a cor rosa, non poden vestir con roupa de nenas é non lles poden gustar as monecas.

Pero ¡é todo o contrario! As nenas poden lles gustar o fútbol, poden vestir roupa de nenos e poden ter o pelo curto. É os nenos poden gustarlles a cor rosa, poden vestir con roupa de nenas e lles poden gustar as monecas.

Pero tamén pode ser que non lles guste iso da cor rosa, vestirse con esa roupa, que non lles guste o fútbol etc.

Pero o que menos lles gusta e que lles pregunten: Es unha nena ou un neno? Iso era o que menos lle gustaba pero tamén aveces o recoñecía porque levar todo o que leva un nena e todo o que leva un neno si se parecían un pouco pero aveces chega un punto no que xa non poden máis pero intentan tranquilizarse os dous, e cando o conseguen llo din por que se alguén se mete con un se mete cos dous a Rubenis non lle gustaban nada as péleas por iso sempre Valeris intentaba que el non as recibira, intentaba recibilas ela. Aínda que tampouco e que lle gusten recibilas pero todo sexa para que non as reciba Rubenis por que se ten que protexer un a o outro. Pero un día Claudia e Lucas cando souberon que non lle gustaba que lles preguntasen iso cando os ven lles preguntaban es unha nena ou un neno? E así todos os días entón cada vez notaban que as súas vidas pesaban máis e máis e máis como xa estaban cansos das mofas e non tendo familia onde apoiarse decidiron contarlle todo

QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista CONTO 28

o seu mestre. O seu mestre chamábase Julian, lle encanta dar clases tamén lle gusta os nenos/as exclusivamente os de 10–11, lle encanta ir vén vestido sempre con garavata ou con paxariña, gústanlle todas as materias aínda que Mates e Sociais un pouco máis por que lle encantan os números e os experimentos ademais desfruta moito ensinando a súa clase, fisicamente é de estatura mediano, ollos verdes, pelo castaño cun pouco de canas, unha sorrida que lle chaga sempre ata os ollos, unha voz forte e acolledora a vez. (Parece saída dun anuncio da televisión).

O profesor xa sospeitaba de que algo lles pasaba a Valeris é a Rubenis, porque en clase non prestaban atención e estaban distraídos entón o profesor decidiu que tiña que indagar no que estaba acontecendo.

O día seguinte cando soou o timbre do recreo, os nenos saíron todos correndo pa ir xogar o patio, entón foi cando o profesor aproveitou a asomarse pola fiestra a espreitar a Valeris e Rubenis pra ver se pasaba algo con eles, cando xa levaba un anaco esperando decatouse de que un grupo de rapaces achegaronse, pa rir e bularse deles e despois de súpeto apareceron uns rapaces que lles preguntaron, es unha nena ou un neno?

E como sempre eles intentaban manter a calma.

Soou o timbre para avisar de que o recreo rematou, entón os rapaces foron todos correndo para a fila, Valeris e Rubenis foron os primeiros en chegar, pero cando foron entrar tiveron que facelo de últimos xa que Claudia e Lucas os empuxaron e os votaron pa tras ríndose e burlándose como o fixeran antes.

Nese mesmo momento foi cando os dous nenos se encheron de valor e decidiron ir falar co mestre, pa contarlle todo o que acontecera no recreo. Cando subiron as escaleiras e chegaron a porta da clase, para falar co mestre, este díxolle que xa estaba o tanto de todo, porque viu todo pola fiestra durante o recreo e que ía buscar unha solución.

O rematares o colexio o mestre, de camiño a súa casa, foi pensando e pensando cal podía ser a solución para arranxar o problema que tiñan os nenos, cando de súpeto se lle ocorreu unha idea que igual podía solucionar o problema polo que estaban a pasar os dous nenos, inda que non ía ser doado levala a cabo, xa que para poñer en practica a idea que tivera, tiña que votar man de toda a clase e que estes estiveran tamén de acordo. Entón o profesor pensou que maña ía levantarse cedo.

Xa era pola maña o profesor levantouse cedo para ir mercar 26 mazas para a clase unha vez chegado ao colexio veu a Claudia e a Lucas meténdose con Valeris e Rubenis entón o que fixo foi dicirlles: -nenos o timbre xa tocou entón foron correndo cara á fila cando entraron Valeris e Rubenis esperaron que sentaran os demais primeiro para que nos lles roubaran o sitio aínda que xa estaban escollidos dende o primeiro trimestre, cando o mestre entrou na clase díxolles a todos en voz alta:Silencio por favor hoxe boubos contar unha cousa moi importante, cada un de vos vai coller un papel da miña mesa e cando o teñades escribides unha cousa que queirades que traiamos todos, por

QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista CONTO 29

exemplo, eu escribo no meu papel: Quero que todos traiamos pa almorzar unha mazá cada un entón temos que traer unha maza. Os papeis sempre se van coller a ultima hora das clases e cada día vai ir un encargado/a, a coller un papel, pero claro, non pode ser o del e vai ir por orde de lista. Queredes facelo? e toda a clase di a vez

¡ Siiiiiiiiiiiiii!

Entón o mestre fixo unha fila ordenada e cada neno colleu un papel, Valeris e Rubenis o que fixeron foi esperar a que todos os nenos colleran o seu papel para levantarse e ir polo seu, porque tiñan medo de que os seus compañeiros se lles colasen na fila e os votaran para atrás.

O mestre decatouse de que eles non se puxeron a cola na fila que fixeran e dixo:

Os da fila parar e deixar pasar a Valeris e Rubenis primeiro, por favor, Claudia e Lucas lle deixades pasar?

A Claudia mais a Lucas notábase que non querían deixalos pasar, pero para que o mestre non sospeite nada, inda que el xa o sabía, cedéronlle o sitio.

Cando todos deron collido o papel puxéronse a escribir.

O mestre chamou o seu despacho, para falar con eles, a ; Lucas, a Claudia, a Valeris e maila Rubenis, os dous primeiros xa sospeitaban de que o mestre sabía algo, cando deron chegado o despacho o mestre díxolle cunha cara de enfado terrible:

Claudia e Lucas, creo que xa sospeitades que os vou dicir.

Os rapaces estaban aterrorizados, porque nunca viran o seu mestre cunha cara de enfado tan terrible como ese día e estaban a rezar para que non lles fixera nada malo, o mesmo tempo Valeris e Rubenis tamén rezaban para que cando fora a hora do recreo non lle metan unha malleira pensando que foran eles os que se chibaran o mestre, non paraban de imaxinar o que lles podían facer no recreo, mentres o mestre lle estaba regañando os seus compañeiros, eles dous eran como se non existiran, como si estiveran noutro mundo, nun planeta imaxinario, Valeructis o Rubenuctis, así e coma chamarían o seu planeta imaxinario.

Por outro lado Claudia e Lucas estaban que subían polas paredes mentres o mestre xa case levaba unha hora a berrar con eles, mentres o mestre lle berraba, eles choraban como se non houbera un mañá, nese mesmo intre Valeris e Ruberis decatáronse de que eles algunha vez, tamén choran que non sempre están ledos e sorrindo e decatáronse tamén de que todos temos sentimentos, inda que algúns altéranselle máis ca outros.

Mentres o mestre lle seguía votando regañando a Claudia e Lucas, o resto dos nenos da súa clase, montaron unha troula incrible.

QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista CONTO 30

Cando o mestre deu rematado de regañarlle, entrou na clase e cunha voz de fío díxolle o restio dos nenos que deixaran de montar alboroto e que todos se desculparan con Valeris e mais Rubenis. Ordenamento todos fixeron unha ringleira para desculparse, inda que algúns non lles dixeran nada, o rematares de desculparse o mestre repartiu as mazás que mercara o día anterior e dixo:

Tomade cada un unha mazá xa que hoxe é o día da mazá, que é o día que escollín eu no meu papel.

Soou o timbre e tódolos nenos/as saíron o patio coa súa mazá na man, o rematar o recreo votou soar o timbre e os nenos/as foron para as súas clases, despois foi a quenda de Alejandra para coller o papel para o día seguinte, meteu a man dentro da caixa e sacou un papel no que puña

Escocia, o día seguinte era o día de escocia, entón o mestre preguntoulle:

Alejandra, que queres facer no día de Escocia?

Quero que todos/as levemos unha saia.

pois de acordo, mañá vimos todos/as con saia, dixo o mestre.

Pola tarde Valeris e Rubenis foron para a súa casa e non se foron dereitiños a cama coma as outras veces e tamén estaban un pouco máis ledos, porque se desculparon con eles, inda que non estaban felices de todo.

De repente algo aconteceu, apareceron da nada Claudia máis Lucas mofándose deles, o que fixeron os dous irmáns foi saír pola porta da tras, pero esta vez tiveron moito coidado para que a porta no chirriara e así poder fuxir se que se decatara, pace que a charla do mestre non lles servira de nada.

O día seguinte todos/as foron o colexio cunha saia, inda que Valeris e Rubenis tiñan medo de que se meteran con eles, inda que o que tiña mais medo era Rubenis. Cando entraron na aula todos quedaron sorprendidos o verse todos vestidos con saia, pero cando entrou o mestre e o viron vestido coa súa saia botáronse todos/as a rir, uns traian a saia tipica de Escocia pero a maioría traia unha saia calquera, uns toda da mesma cor, outros de cores e outros de cores con algúns debuxos, algúns quedáballe un pouco pequena, outros quedáballe un pouco grande que a tiñan que suxeitar coa man para que non lle baixara ata os nocellos e so a dous deles lle quedaba mais o menos ben de talla. Gracias as saias divertironse moito e por un momento esquecéronse por completo os problemas que tiñan entre eles e xogaban todos/as xuntos.

Chegou a ultima hora do día de colexio e lle tocaba coller esta vez o papel a Lucas, todos esperaban con expectación a ver que lle saía, sacou un papel da caixa, abriuno e leu o que alí estaba escrito en voz alta: Arte.

QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista CONTO 31

Dixo Lucas en voz alta para que o escoitaran ben os seus compañeiros e sen darlle nin sequera tempo a que o mestre dixera nada, volveu dicir co mesmo ton de voz que a vez anterior: Quero que mañá veñamos o colexio todos/as coas uñas pintadas.

Os nenos/as puxeron todos/as unha cara de asombro, nin pola cabeza se lles pasara que lle foran pedir semellante cousa, viron uns pra os outros e volveron a rir todos outra vez, esta vez incluído o mestre que non daba crédito o que estaba a escoitar, se o de ir vestido unha saia xa llas traia isto de ir coas uñas pintadas o superaba con creces.

Rematou o día de colexio e Valeris e Rubenis ían mais contentos para casa ca nunca, foi a primeira vez que o pasaron ben no colexio, que se divertiron de verdade e non querían por nada do mundo que ese día rematase nunca. O chegares a casa inda seguían rindo os dous lembrando a pinta que tiña o profesor e os seus compañeiros coas saias. Agora tiñan que pensar de que cor ían pintar as uñas e se tiñan pintura suficiente na casa para os dous e se non chegaba outra opción tamén era pintar unha uña si e outra non os dous e tamén acordaron que pola mañá tiñan que se levantar un pouquiño mais cedo para poñerse a pintar as uñas.

Era xa pola mañá e entón puxéronse a facer o que acordaran o día anterior e tiveron sorte porque tiñan pintura suficiente para os dous e cando deron rematado tiraron para o colexio, cando chegaron a clase tódolos nenos/as traian as uñas pintadas, cando se viron uns os outros quedaron abraiados, pero cando entrou na aula o mestre botáronse todos a rir outra vez, porque o mestre non sabía pintarse as uñas, enchéronse todos de rir un bo anaco e o mais importante e que os nenos/as aprenderon que cada un é como é e que pode vestir, peitearse e poñer o que queira.

Uns días despois Claudia, Lucas, Valeris e Rubenis eran xa mellores amigos e Lucas preguntoulle a Valeris e Rubenis:

Por que os vosos nomes rematan en (is) ?

Con cara estrañada, e eles lles responderon:

Porque para os nosos pais eran as letras preferidas e por iso os nosos nomes rematan en is.

FIN
QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista CONTO 32
Valeria 5º Primaria

ENTREVISTA

O pasado día 26 de maio tivo lugar o acto de entrega dos premios dos concursos literarios 2023 da Agrupación Cultural O Facho, en A Coruña. Na segunda categoría participou a nosa compañeira, Carolina Pazos Alonso de 5º de primaria e tivemos a alegría de que se proclamou gañadora. Participamos máis xente da clase, pero non podemos gañar todos.

Decidimos facerlle unha entrevista, o conto nos escoitámolo na clase, pero non o podemos publicar, pero podemos leer as respostas que nos da Carolina para satisfacer a nosa curiosidade.

A conto trata dunha historia misteriosa que lle acontece a un neno da nosa idade e como os seus pais e el mesmo se enfrontan ao que lle acontece ao protagonista

Xornalista: O caso está basado en feitos reais?

Carolina: Sí, a primeira parte que é cando o neno desaparece é basado en feitos reais, pero a partir diso é todo inventado.

Xornalista: Esperabas gañar o primeiro posto?

Carolina: Non, porque eu só escribín o conto por diversión, non o tomaba en serio.

Xornalista: Pensabas en comprar o teu propio libro?

Carolina: Non, iso sería un pouco egoísta.

Xornalista: Prefires que outra persoa gañara o premio, dos que somos de clase?

Carolina: Se eu non gañara, por suposto que si, pero prefería gañar eu.

Xornalista: Pensas en escribir máis libros?

Carolina:- Sí, aínda que agora non estou escribindo ningún libro.

Xornalista: Queres facer unha segunda parte do teu conto?

Carolina: Planteeime iso cando volvín da entrega de premios, pero talvez non o faga.

Xornalista: Prefires un conto ou unha película?

Carolina: Prefiro un conto, porque así, cada persoa o pode imaxinar dunha forma.

Xornalista: Queres facer un libro colectivo?

Carolina: Non sería mala idea, pero por agora prefiro tomarme un descanso.

Xornalista: En qué pensabas cando che dixeron que gañaras?

OFacho
Gañadora dasegunda categoría:Carolina. A súaesquerda osegundopremio eogañadorda categoríadepoesía.
QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista 33

Carolina: Principalmente pensei que sería algunha broma, pero despois, cando lin o correo enteiro, dinme conta de que non.

Xornalista: Tiñas moitas ideas ao facer o libro ou só tiñas esa?

Carolina: Tiña bastantes, pero optei por esa.

Xornalista: Queres que moita xente se inspire no teu libro?

Carolina: Sí, pero non creo que o fagan.

Xornalista: Por que cres que quedaches primeira?

Carolina: Quizáis pola temática do libro.

Xornalista: Os teus amigos e familiares están orgullos de ti?

Carolina: Non todos, o meu irmán dicía que íanme dar diñeiro do monopoly, tamén díxome que gañei porque participou pouca xente.

Xornalista: Quen pensou que quedaches primeira?

Carolina: Ninguén, xa que pensaban que participara toda Galicia.

Xornalista: Estás orgullosa?

Carolina: Claro, o conto costoume bastante facelo, e que gañara un premio púxome moi feliz.

Xornalista: Vas a presumir do teu premio?

Carolina: Non.

Xornalista: Queres que o teu libro teña ventas ou non?

Carolina: Sí, gustaríame que o lera bastante xente.

ENTREVISTA
QUINSA XXXIII CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista 34

AUTORA: IRIA PRIETO DOMÍNGUEZ (6º PRIMARIA)

OS PROBLEMAS DE ATENEA

A soidade, ese sentimento do que escoitamos o nome e escandalizámonos; ou depresión, un sentimento que nunca cremos que está aí pero si está, e sempre din: “Déixaa, faino para chamar a atención”.

Pero Atenea non quere chamar a atención, é que, realmente, si ten depresión, e séntese soa...

Todos tratan a Atenea como alguén que quere chamar a atención, pero ninguén se decatou das súas expresións faciais, do seu estado de ánimo, da súa autestima, de como reacciona… E ninguén se dá conta de que non está actuando.

Atenea ten 15 anos, aínda é menor de idade, pero xa traballa para pagar a estancia na que reside. Todo o mundo pensa que Atenea ten de todo, pero todo non o ten; fai un mes quedou sen pais, por desgraza.

Ela era unha moza alegre, antes gustáballe estar acompañada, pasar tempo coas amigas, pero xa non queda coas súas amigas, xa non vai de compras… Agora é máis solitaria, viste de negro e case non sae da casa. Como diría a súa tía Antonia, “tes unha alma vella”. Atenea non cría nesas cousas, pero co paso dos anos deuse conta de que a tía Antonia tiña razón, pero ese sentimento estaba oculto.

Atenea vai ao psicólogo, pero todas as noites ten pesadelos co mesmo. Ese mércores chuvioso, pola tarde, ela estaba na casa dos seus avós, os seus pais ían ao supermercado, ela visualiza a ese idiota que conducía alcolizado, aínda que ela non estivera presente, que se estampou contra os seus pais na estrada xeral. Os enfermeiros non puideron facer nada, porque as feridas eran graves. E, entón, os pais de Atenea faleceron.

A pobre Atenea sempre ten os ollos chorosos, faga o que faga, sempre ten os ollos así de tanto chorar cada vez que recorda os seus pais.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 35

Ela érguese coa esperanza de ver a súa nai preparando o almorzo e de que todo tivese sido un soño, pero iso nunca pasa.

Unha rapaza de 15 anos non debería traballar 24/7 todos os días sen descanso. Atenea non ten un teléfono como todas as adolescentes, non ten diñeiro para mercar material escolar, porque perdeuno todo, ata o apoio familiar. Vaille mal na escola porque non ten tempo para estudar, vaille mal no amor e na amizade porque todos pensan que actúa así para chamar a atención. Non ten amigas coas que desfogar, na escola fanlle bullying, e ela sente que ninguén a entende, nin sequera os seus familiares queren axudala. Está soa.

Atenea pasa máis tempo na consulta de Elisa, a súa psicóloga, que na súa propia casa. A Atenea Elisa élle unha gran inspiración. Cando empece a súa carreira está decidida a facer psicoloxía e, con todos os problemas que ten, cre que vai ser unha gran psicóloga.

Atenea pensaba que todo estaba perdido, pero seguiu o seu instinto e logrou as súas metas.

Todos os que vos sentides así, calma, non estades sós, hai millóns de casos como o de Atenea. NON perdades a esperanza, hai que manterse fortes.

Autora: Iria Prieto Domínguez.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 36
EP

Con motivo do Día da Poesía, o 21 de marzo, o alumnado de sexto de Primaria realizamos varios acrósticos a partir do lema do noso proxecto de centro deste curso: Mundo Natural.

Un acróstico é unha composición poética na que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso son lidas en sentido vertical e forman unha palabra ou frase. Con estes versos quixemos denunciar que non estamos coidando o noso planeta como deberíamos.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 37

Xa somos ciberexpertos!

O pasado 4 de maio, os nenos e nenas de sexto de Primaria recibimos, da man da Policía Nacional, o carnet que nos acredita como ciberexpertos. Foi nun acto multitudinario que reuniu a moitas autoridades e a case trescentos alumnos e alumnas de Redondela que participaron neste programa de formación en ciberseguridade impulsado polas Subdelegación do Goberno de Pontevedra.

Do 6 ao 10 de marzo recibimos na clase unhas charlas da Policía Nacional coa finalidade de aprender sobre o uso seguro e os riscos das novas tecnoloxías. Grazas a Pelayo, o policía que nos formou nesta temática, aprendemos un montón de cousas! Como xa temos recoñecido oficialmente que somos uns ciberexpertos, queremos compartir con vós algúns consellos para protexernos dos riscos asociados ao uso de Internet.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 38
NOTICIAS

Xa somos ciberexpertos!

Respecta as regras de comportamento online. Como na vida fóra da rede ou off line, existen un conxunto de normas de bo comportamento no ciberespazo para comunicarnos con outros usuarios. Ese conxunto de regras chámase netiqueta. Entón, cal debe ser o meu comportamento na rede? Pois, por exemplo, non utilices maiúsculas para escribir en Internet (significa berrar), non vulneres a privacidade dos demais, non difundas fotos ou vídeos sen permiso, respecta as diferentes opinións e non faltes ao respecto cos teus comentarios... E..., no caso de ser vítima dun mal comportamento online, bloquea a persoa que realiza o ataque e, por suposto, cóntallo a un adulto. Se se trata dun ataque grave, debes denunciar ante as forzas e corpos de seguridade. Están para axudarnos!

Accede a información adecuada para a túa idade. En Internet existen moitos contidos inapropiados para a poboación infantil, xa que nos poden causar un dano psíquico ou físico. Falamos de contidos violentos, sexuais, homófobos, xogos de azar, publicidade enganosa..., entre outros. Este material, que pode ser incluso ilegal, pode resultar prexudicial ou nocivo para o noso desenvolvemento. Por iso, o uso que fagamos da Internet debe estar supervisado por un adulto, por exemplo, a través de aplicacións de control parental.

Acontece o mesmo coas aplicacións e xogos de ordenador, consola ou tableta; tamén poden ser inadecuados para a poboación infantil. Para distinguilos existe unha catalogación coñecida como PEGI, que advirte sobre a presenza de violencia, linguaxe soez, drogas, contido sexual... así como da idade recomendada para o seu uso. Tomade boa nota!

Aquí vai outra recomendación: Usa contrasinais seguros, secretos e complicados Como facelo?

Para acceder aos correos electrónicos ou ás redes sociais, é moi importante saber crear contrasinais co maior nivel de seguridade. Empregar máis de oito caracteres; combinar maiúsculas e minúsculas, símbolos e números. Podemos gardar por escrito os nosos contrasinais, pero non no móbil, senón en papel, para evitar roubos de identidade. Imos co cuarto consello: Protexe a túa identidade dixital Cales son as recomendacións neste sentido? A internet é moi útil, pero tamén ten os seus perigos. Por iso é súper importante que protexamos a nosa identidade dixital. Pero... que é isto da identidade dixital?

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA
Revista escolar
39

Xa somos ciberexpertos!

Pois son todas as fotos, vídeos, comentarios, o que buscamos, os “me gusta” ou “likes”, as persoas ás que seguimos... En resumo, todo o que facemos en Internet. Por tanto, antes de facer click, antes de subir unha foto ou vídeo ou de comentar algo, temos que pararnos e pensar: Teño a seguridade de que non me vai afectar nin me vou arrepentir se subo isto?

Tamén hai que recordar que moitas veces non sabemos quen está ao outro lado da pantalla e as cousas que subimos pódeas ler calquera. Para protexerte, recorda: pon as túas contas en privado e acepta soamente a xente que coñezas; non subas cousas todo o rato nin o que fas en cada momento para que non te poidan localizar e... se tes algún problema, avisa a un adulto. El saberá o que hai que facer.

Configurar correctamente a nosa privacidade tamén é fundamental para evitar o ciberacoso, tamén chamado ciberbullying. En que consiste?

Trátase do acoso producido a través de dispositivos electrónicos, por exemplo, mediante ameazas, humillacións, chantaxes... No caso de ser vítima dalgunha destas situacións, debes pedir axuda a algún familiar adulto ou aos teus mestres e, por suposto, denuncialo, xa que se trata dun delito.

Imos cun último consello e non por iso menos importante. Non deixes que as pantallas controlen a túa vida

Un uso excesivo e incontrolado dos dispositivos tecnolóxicos pode derivar nunha tecnoadicción, afectando de maneira nociva ás nosas vidas. Cales son os sinais de alarma para detectalo?: pasar cada vez máis tempo facendo uso das tecnoloxías, revisar constantemente as redes sociais, sentirnos máis irritables e ter problemas para relacionarnos, sentir angustia se non podemos conectarnos, perder interese por outras opcións de ocio e levar unha vida sedentaria, non respectar as horas de sono e da comida, diminución do rendemento escolar....

Así que... é importante ter en conta unha serie de consellos para que o móbil non controle a túa vida: controla o tempo de conexión mediante un horario, respecta as horas de sono e de comida, busca alternativas de ocio para o teu tempo de lecer, apaga os dispositivos alomenos unha hora antes de durmir para poder descansar correctamente… E... que facer se notamos que comezamos a ter dependencia dos dispositivos electrónicos? Pois pedir axuda aos nosos pais, familiares e profesores e , se é necesario, acudir a un especialista. Non todo está na rede. Gocemos da vida off line!!

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA
Revista escolar
40

Despedida de 6º

Rematamos a nosa andaina no CEIP Plurilingüe Quintela, rumbo ao IES Mendiño.

Non queremos poñer fin a esta magnífica etapa das nosas vidas sen dedicar unhas verbas de despedida.

NOA: “Quero dar as grazas a todos os profes que me axudaron nestes anos de paso polo colexio. Todos e cada un deles deixan algo nos nosos corazóns”.

BRAIS: “Nunca esquecerei as amizades feitas todos estes anos”.

AINOA DARRIBA: “Teño bastante medo ao cambio, pero, por outra parte, estou convencida de que faremos moitos amigos novos”.

ABRAHAM: “Sinto mágoa por marchar, pero sei que algo bo nos agarda”.

AINHOA COVELO: “Os últimos cursos foron os mellores. Cambiei como persoa, aprendín moitísimo e pasei moi bos momentos. Ao alumnado que queda no centro, diríalles que desfruten ao máximo da súa estancia na escola”.

MARTÍN: “Gustaríame agradecerlles aos profes a súa dedicación e cariño durante tantos anos. Esta foi a miña segunda casa. Fun moi feliz”.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 41

Despedida de 6º

IRIA: “Isto non é un adeus, é un ata logo. A principal aprendizaxe que me levo de Quintela é que se algo che gusta hai que traballar para conseguilo. O que máis vou botar de menos son actividades coma os maios e as Letras Galegas”.

NICOLÁS:

“Despedirme do cole prodúceme unha mestura de emocións moi grande; faime sentir ilusión, curiosidade, pero tamén incertidume e algo de medo... Vai ser un cambio moi grande, pero tamén sinto felicidade e gañas de afrontar esta nova etapa”.

MAREA: “As risas, as gargalladas... Deste cole levo algúns dos recordos máis felices da miña vida: os recreos, as excursións de fin de curso, os programas de radio que tanto desfrutei... Pensar en marchar éncheme de nostalxia e de tristeza”.

ALICIA: “ De Quintela levo momentos inesquecibles. Vou botar moito de menos o cole. Os profes axudáronme a ser boa persoa, a buscar información, a manexar os problemas por min mesma, a resolver conflitos...”

RAMÓN: “Grazas aos meus compañeiros por facerme pasar bos momentos”.

ANA: “Sei que botarei de menos Quintela, pero, aínda así, marcho con ilusión ao instituto; con gañas de aprender máis cousas, de coñecer xente nova... Gustaríame agradecerlles aos profes a súa paciencia con nós e o cariño co que nos trataron. Grazas a iso, os cursos foron máis doados”.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 42

En París, en 1902 nun laboratorio improvisado (un almacén frío, vello e abandonado) un científico e unha científica traballaban incansablemente. Fixeron chegar ata alí varias toneladas dun mineral chamado pechblenda, procedente de Polonia. A pechblenda é un mineral complexo, moi brillante, opaco, de cor verde escura ou parda, con tinguiduras amarelas ou rosas, do que se extrae o uranio. O alumnado de sexto de primaria reflexionou sobre o papel da investigación e accedeu á internet para coñecer a Marie Curie, a única persoa que obtivo varios premios Nobel. Estos son algúns dos traballos:

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 43

O traballo do matrimonio Curie non foi doado, xa que tardaron anos en atopar o que buscaban e tiveron numerosos fracasos previos. Na clase falouse sobre a importancia para o ser humano da investigación e da importancia do traballo en equipo.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 44

Dende o Equipo de AACCEE do Ceip plurilingüe Quintela estamos a realizar sempre propostas de actividades, cuns obxectivos que axuden a conseguir o máximo desenvolvemento persoal dos nos@s alumn@s, para así lograr o seu acceso ao patrimonio cultural, sen discriminación algunha por razóns de sexo, capacidade ou orixe social.

Por outra banda, este tipo de actividades, dan lugar a unha maior participación da comunidade educativa na xestión, organización e realización das actividades, con valores relacionados coa socialización, a participación e a cooperacion. Esta é unha pequena mostra dalgunhas das activiades realizadas no presente curso academico.

MAGOSTO

ENTROIDO

VISITA FUNDACIÓN SALES

VASOIRAS DE SAMAÍN

APÍPOLIS

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 45
PARQUE BOMBEIROS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

CIBEREXPERTOS

RADIO EMOCIÓNATE PARA 5º E 6º

ESTAS SON ALGUNHAS

DAS ACTIVIDADES

REALIZADAS ESTE CURSO

OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE

DA ROSCA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 46
CARREIRA

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.

Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versosoctosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares (de maneira que formalmente coincide coa copla popular).

Os temas da regueifas son variados, mais polo xeral, hai unha boa dose de humor ou retranca, o que fai que este tipo de cantares sexan moi divertidos para todos os públicos.

A controversia entre os regueifeiros pode durar horas, e gáñaa o que canta a última copla. A regueifa é un xénero musical e popular que se está perdendo, ao igual que a cultura tradicional galega (contos, cantigas, refráns, algúns bailes...), pois normalmente non hai relevo xeracional por diversas razóns (urbanización e abandono do agro, diminución do uso da lingua galega nas novas xeracións, novas tecnoloxías...).

Por estas razóns, son poucos os regueifeiros activos que quedan, ]mais hai algúns recuperadores e divulgadores deste xénero como Pinto d'Herbón ou Luis O Caruncho, os cales acostuman impartir obradoiros en escolas e colexios e que deu orixe a certames escolares de regueifa, como o que secelebra en Vigo.

Outros acontecementos importantes para a regueifa son o Certame Internacional de Regueifas en Valadares ou os Premios Galegos da Regueifa.

AS REGUEIFAS DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

Aquí estamos os de sexto unha regueifa imos cantar para dicirvosa todos que de Quintela imos marchar.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 47

AS REGUEIFAS DO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

Xa vai rematando o curso e a despedida imos dar os que aprobamos todo moito tivemos que traballar

Pero agora xuntos a frauta imos tratar de tocar máis si desafinamos

as orellas taparás

A nosa canción pirata que ensaimos este ano e se alguén fai o playback

e que non practicou nin un rato

Un cordial saúdo a todos nós ata aquí chegamos verémonos sen pena no instituto o próximo ano.

QUINSA XXXIII 2022-2023 CEIP PLURILINGÜE QUINTELA Revista escolar 48

BO VERÁN

CEIP PLURILINGÜE QUINTELA

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.