PROA 2017/2018

Page 1

CONTRATOS PROGRAMA 2017-2018


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

PLAN DE CENTRO PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR DO ALUMNADO


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Actuacións do plan e destinatarios:

REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO (PROA). Alumnado destinatario: Alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe, así como aquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural no que se desenvolve, escolarizado nas seguintes ensinanzas: a) 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria dos centros de educación infantil e primaria, dos centros de educación primaria e dos centros públicos integrados. Terase en conta, especialmente, aquel alumnado que obtivese un nivel insuficiente na avaliación individualizada e/ou final ao rematar 3º e/ou 6º de educación primaria.

INTRODUCCIÓN Unha vez realizada a análise DAFO do centro coa finalidade de identificar as nosas fortalezas e debilidades obtemos uns resultados que precisan establecer certas medidas de mellora as cales xustifican a elaboración do presente plan. As diferentes medidas que se pretenden poñer en práctica neste plan permitirán a mellora do éxito escolar do alumando tanto a nivel xeral, coma de xeito particular nas competencias clave nas que os/as alumnos/as presentan un nivel de desenvolvemento máis baixo co fin fundamental de que todo o alumnado do centro acade un axeitado grao de desenvolvemento das competencias clave e dos obxectivos desta etapa educativa.

1. Razóns que xustifican a actuación, cos datos que procedan. A primeira das razóns que xustifican este plan é dar continuidade no centro a unha medida que se ven implementando dende hai varios cursos. Os resultados obtidos a través deste tipo de actuacións foron sempre satisfactorios e repercutiron de xeito positivo nos resultados


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

académicos obtidos polo alumnado do centro. Así mesmo, o actual equipo directivo cremos necesario que esta actuación que a consellería pon a disposición dos centros educativos require dunha organización e planificación meticulosa para poder sacar o máximo partido aos recursos que a sociedade pon á nosa disposición. En segundo lugar, trátase dunha medida que permite facer efectiva unha educación equitativa dando opción ao alumnado en situación de desvantaxe socioeconómica de acceder a uns recursos que de non existir posiblemente non sería quen de sufragar.

2. Logros que se perseguen e indicadores de medida temporalizados. Concretados cos seguintes indicadores: Os logros que se perseguen con esta medida é incrementar os porcentaxe de alumnado que acada cualificacións positivas (pretendendo unha progresión constante das mesmas) nas áreas máis directamente relacionadas coas competencias en comunicación lingüística e competencia matemática e básicas en ciencia e tecnoloxía.

a. A taxa de éxito escolar nos distintos niveis ou etapas. Matizar que na competencia en comunicación lingüística e matemática requírense a posta

en

marcha

de

medidas

que

permitan

melloralas.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

b. A análise das necesidades educativas e socioeconómicas do contorno. A vila de Tui atópase situada no suroeste de provincia de Pontevedra dentro da comarca do Baixo Miño. A unha distancia aproximada de 25km a Vigo e 52km á capital da provincia trátase duna vila fronteiriza con Portugal. A súa poboación é de aproximadamente 17000 habitantes os cales teñen como principal fonte de actividade laboral as relacionadas co sector servizos. A industria na cidade de Tui gaña peso día a día máis na actualidade aínda non supón máis dun 20% do PIB da cidade. Como x se dixo é o sector servizos o que lidera a actividade económica de Tui, cun 70% do total, e ocupa a dúas terceiras partes da poboación activa. Os servizos públicos situados na vila (xulgado de primeira instancia e instrución, centro de saúde,


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

cuartel da Garda Civil, Comandancia de Mariña) fan que este sector conte cun importancia elevado na economía da vila. Respecto das necesidades educativas sinalar que unha parte importante do alumnado pertence a etnia xitana atopándose ditas familias perfectamente integradas na vida do centro pero presentando unhas situacións socioeconómicas medio baixas polo que poder acceder a este tipo de recursos complementarios permite a estas familias dar aos seus fillos a atención educativa que requiren e que doutro xeito non poderían recibir. Por último, indicar que non será soamente o alumnado de etnia xitana o que sexa beneficiario desta medida senón todos aqueles alumnos/as que cumpran os requisitos fixados no plan e participen con aproveitamento no programa. 3. Accións que se pretenden desenvolver e a súa temporalización. (concretas, innovadoras e orientadas aos logros que se perseguen.) a. Horario de apertura e peche do centro. Neste punto non se inclúe ningunha variación posto que as actividades previstas neste plan para os dous grupos desenvolveranse de L-X en horario de 16 a 18 horas e ditas horas contan coa presenza dun profesor/a de garda que será a persoa responsable de que o centro se atope aberto á hora de inicio da actividade así como tamén comprobará que unha vez rematadas as actividades previstas para ese día no correspondente grupo de PROA non quede ningún alumno no centro sen previa autorización. b. Organización do currículo. O currículo dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP será o referente para a planificación, selección e elaboración das actividades que se vaian a desenvolver nos dous grupos de PROA. Para levar a cabo dita planificación, selección e/ou elaboración de actividades e materiais o profesorado tomará como referente a liña metodolóxica de traballo establecida no centro polo que, independentemente da organización por áreas establecida no currículo de EP, o profesorado encargado dos grupos de PROA organizará as sesións de tal xeito que permitan un tratamento integrado de todas as áreas na actividades que se realicen.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Como se dixo, o referente que se deberá ter en consideración será o currículo dos citados cursos así como, para aqueles alumnos que conten con elas, as medidas ordinarias e extraordinarias de atención á diversidade que se están a levar a cabo con eles. c. Organización e características dos recursos humanos. Para posta en práctica desta plan prevese necesario contar con persoal docente externo ao centro que cubra as horas de docencia establecidas para cada grupo. Así mesmo, tamén resulta fundamental que dito profesorado apoio en horario lectivo aos diferentes titores do alumnado co que vaia a intervir. Para elo, e co fin de garantir unha axeitada coordinación entre todo o profesorado implicado neste plan así como unha organización eficiente dos recursos humanos dispoñibles, proponse que o profesorado de apoio desenvolva o seguinte horario: Distribúense as 8 horas lectivas en horario de tarde en dúas sesións para cada grupo. As 4 sesións de apoio aos titores en horario lectivo NUNHA SESIÓN PARA CADA UN DOS CURSO DE 3º,4º,5º e 6º (a determinar cos correspondentes titores). E unha sesión semanal de coordinación co equipo directivo (segunda a dispoñibilidade do mesmo).


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

PROPOSTA DE HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

GRUPO 1

GRUPO 2

VENRES

Apoio

3ºa/A/3ºB 2ª

Apoio 4º Apoio

5º RECREO HORA DE LER

Apoio 6º

COORD. XEFATURA

16 h a 18 h

GRUPO 1

GRUPO 2

d. Necesidades de formación do profesorado. Segundo se vaian detectando as necesidades que o profesorado presenta en canto a formación estás serán postas en coñecemento dos servizos centrais de orientación e innovación educativa para contar co seu asesoramento sobre as necesidades detectadas. e. Asignación e/ou distribución de recursos materiais.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Para a posta en marcha deste plan poñeranse a disposición dos profesores participantes

todos os recursos cos que conta o centro así como a dotación económica que achegue a consellería para a compra de material específico para esta actuación.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Tanto a asignación coma a distribución dos recursos materiais realizares de tal xeito que non interceda no normal desenvolvemento da actividade lectiva do centro e priorizando un uso eficiente dos recursos dispoñible onde, para cada caso, o equipo directivo valorará e decidirá a que zona/aula do centro se asignan/redistribúen os recursos existentes no mesmo. f. Modelo de xestión organizativa e pedagóxica que requiran as accións. O modelo de xestión organizativa que require esta medida encádrase dentro do modelo organizativo xeral do centro o cal se xustifica normativamente no Decreto 374/96 e a orde do 22 de xullo de 1997 que o complementa e non implica ningún gran cambio respecto do moelos establecido. Para o correcto desenvolvemento deste plan deberanse crear momentos e espazos de coordinación entre todo o profesorado implicado e de xeito especial entre o profesorado de apoio externo e os titores do alumnado para un axeitado tratamento educativo das necesidades de cada alumno/a.

4. Estratexias de coordinación entre centros na transición do alumnado de educación primaria a educación secundaria obrigatoria, se é o caso. O alumnado de 6º curso de EP que sexa obxecto desta medida será posto en coñecemento do IES ao que se atopa adscrito ou no que continuará os seus estudos nas reunións establecidas entre os Departamentos de Orientación de ambos centros. Do mesmo xeito, os equipos directivos de ambos centros manterán unha comunicación fluída na que incluirán un resumo da situación do alumnado que vaia a iniciar a E.S.O e fose obxecto desta medida.

5. Implicación das familias do alumnado, doutras institucións e de empresas, se é o caso. Neste plan contémplase a participación das familias do alumnado do mesmo xeito que o veñen facendo nas dinámicas do día a día do centro e será fundamental unha forte implicación pola súa parte para que os alumnos/as que acudan ao PRAO rematen o presente curso escolar co suficiente aproveitamento desta medida e poidan continuar con éxito a súa escolaridade.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

6. Necesidade de novos recursos que implica a actuación, temporalizados. Os recursos que requirirá a posta en funcionamento deste plan contemplan dende os propios recursos do centro (materiais e humanos) a recursos humanos externos (persoal docente encargado da docencia aos grupos) pasando por recursos organizativos e de asesoramento (servizos centrais de orientación e innovación educativa).

7. Proceso de seguimento e avaliación interna que se vai realizar de cada unha das actuacións. A avaliación deste plan inclúe a utilización de diversos instrumentos de avaliación (rúbricas, escalas de observación, etc) así como varios momentos de avaliación, cobrando unha importancia vital a avaliación formativa para poder adaptar e mellorar o propio plan ás necesidade e dificultades detectadas. O equipo directivo poñerá a disposición dos diferentes axentes implicados neste plan os instrumentos de avaliación que permitan comprobar o grao de consecución dos logros que se perseguen así como establecer propostas de mellora cara vindeiros cursos e favorecer a mellora constante do plan.

Tui, Decembro de 2018 O Equipo Directivo.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Normativa de referencia: Resolución do 31 de OUTUBRO de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2017/18, os contratosprograma con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Recursos Web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2083 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3914 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18303


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

COMPROMISOS DO CENTRO EDUCATIVO De acordo co apartado 7 da de OUTUBRO de 2017o centro educativo comprométese a: 1. Realizar un seguimento periódico das actuacións previstas no plan, cando menos con carácter trimestral, e reflectir documentalmente as circunstancias e os resultados acadados. 2. O profesorado implicado terá que participar nas actividades de formación que se planifiquen tanto desde o centro como desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 3. O equipo directivo terá que participar nas actividades de formación organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 4. O centro garantirá a participación activa do director ou directora e outro membro do equipo directivo nas reunións do traballo en rede que desde a Administración educativa se establezan. 5. A comunidade educativa coordinarase e cooperará en rede para mellorar a calidade do servizo educativo e acadar os obxectivos fixados. 6. A comunidade educativa participará activamente no deseño, aplicación e avaliac ión das actuacións previstas no plan.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Que é o Programa PROA? O programa pretende potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades; axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social; facilitar a continuidade na progresión da acción educativa; incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas. É un programa dirixido ao alumnado que presenta dificultades que poden estar relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda. Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces. En cada centro pode haber un ou varios grupos de alumnado destas características, sempre e cando o grupo conte cun mínimo de 10 e un máximo de 15 alumnos/as. A selección do alumnado realízaa o equipo docente baixo a coordinación da xefatura de estudios, co asesoramento do xefe ou xefa do departamento de orientación do centro. Non obstante, para a eficacia do proxecto é fundamental o liderado activo do equipo directivo e a súa implicación manifesta diante da comunidade educativa. En liñas xerais, cada grupo está ao cargo dun profesor ou profesora, que realiza o acompañamento fóra do horario lectivo do centro, dous días na semana, en sesións de dúas horas. As familias previamente dan o seu consentimento por escrito á participación dos seus fillos e fillas no programa, considerando a asistencia e permanencia, dalgunha maneira, como un compromiso en firme, do que en gran medida depende o éxito do programa. Así mesmo, comprométense no apoio e motivación ás actividades que se desenvolven no programa durante a duración do mesmo.


CEIP Plurilingüe Nº 1 Avenida Coengo Valiño, s/n 36700 Tui ( Pontevedra ) Tfno.: 886 110 813/ 886 110 812 Fax: 886 110 813 Enderezo electrónico: ceip.numero1.tui@edu.xunta.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.