PLAN DE CONVIVENCIA CEIP N1 TUI

Page 1


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI ÍNDICE INTRODUCCIÓN 1. BASES LEGAIS.................................................................................................3 2. ANÁLISE OU DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN ACTUAL DO CENTRO.....................4 3. OBXECTIVOS XERAIS.......................................................................................6 4. COMISIÓN DE CONVIVENCIA..........................................................................7 5. ACTUACIÓNS, MEDIDAS OU PROGRAMAS PARA MELLORAR A CONVIVENCIA NO CENTRO...................................................................................................9 6. PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E DETECCIÓN DO ACOSO ESCOLAR.........19 7. DEREITOS E DEBERES DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DIRECTA.............19 8. NORMAS PARA A CONVIVENCIA NO CENTRO:MEDIDAS PREVENTIVAS, CONDUCTAS CONTRARIAS Á NORMA E CORRECCIÓN DESTAS CONDUCTAS.. 9. ESTRATEXIAS PARA REALIZAR A DIFUSIÓN DO PLAN....................................24 10. PROCESOS DE SEGUIMENTO , AVALIACIÓN E MELLORA................................25 11. APROBACIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA.....................................................26

1


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI INTRODUCCIÓN

“Sen un ambiente de convivencia nos centros educativos baseado no respecto mutuo non é posible dar cumprimento aos fins da educación nin permitir o aproveitamento óptimo dos recursos educativos que a sociedade pon á disposición do alumnado e, por tanto, das familias.” LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación dá comunidade educativa. O informe da UNESCO da Comisión Internacional sobre a Educación para o Século XXI propón a educación ao longo da vida baseada en catro pilares: ▪ Aprender a ser: Desenvolvemento da persoa de forma íntegra para actuar cada vez con maior autonomía, xuicio crítico e respetuoso e responsabilidade persoal. ▪ Aprender a saber, coñecer: Aposta pólo valor da cultura. Unha cultura ampla, coa posibilidade de estudar a fondo algunas materias e aprender a aprender para poder seguir este proceso ao longo da súa vida (educación permanente). ▪ Aprender a facer: Execución, práctica, para poder afrontar as diversas situacións que se presentan na vida, tanto no seu desenvolvemento cotiá como profesional. ▪ Aprender a convivir, a vivir xuntos: Coñecendo e comprendendo mellor a os demais, ao mundo, as estructuras sociais(dereitos e deberes), á interdependencia(positiva) que se produce a tódolos niveis. Estos catro pilares tamén son a base Do Plan de Convivencia do noso centro, e, hoxe en día, o traballo soamente ten opción se é en equipo; e traballar en equipo non é casualidade, é aprendizaxe, habilidade e estratexia.

2


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 1. NORMATIVA LEGAL O plan de convivencia do centro é o documento no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e a súa resolución pacífica. A partir da Lei orgánica 2/2006, de educación (LOE), tamén segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, tal e como se recolle no seu artigo 121.2, unha das tarefas fundamentais que teñen encomendadas os centros educativos é a de elaborar o seu plan de convivencia, que pasará a formar parte do proxecto educativo do centro. Así mesmo, no preámbulo desta mesma norma dise que “ocupa un lugar relevante, na relación dos principios da educación, a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza”. Ademais, “proponse o exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia e a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes” como un dos fins do sistema educativo, e para a súa consecución faise extensivo a todos os niveis educativos e a todos os membros da comunidade escolar o obxectivo de traballar “a convivencia e a relación social e exercitarse na resolución pacífica de conflitos”. A normativa actual da Comunidade Autónoma de Galicia referida á convivencia escolar, é dicir, a actual Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, no seu artigo 10, fai mención ao plan de convivencia e normas de convivencia, indicando a súa inclusión no proxecto educativo de cada centro (PEC). Así mesmo, o artigo 11 do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, establece que o proxecto educativo de cada centro docente incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas sobre a materia. O devandito plan de convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, obxectivos, directrices básicas de convivencia e actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras. Ademais, será ao longo dos artigos 12 ao 17 deste mesmo decreto onde se recollerán os aspectos referidos aos obxectivos, estrutura, actuacións, medidas e programas favorecedores da convivencia e o proceso de seguimento, avaliación, mellora e difusión do 3


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI plan de convivencia que cada centro deberá ter en conta na súa elaboración. A elaboración do plan de convivencia non debe entenderse como unha tarefa estritamente burocrática dos centros, senón que suporá a oportunidade dunha reflexión conxunta sobre un dos principais obxectivos do sistema educativo, como é o de ensinar a convivir e ser persoa, desenvolvendo para isto competencias sociais e cívicas. Debe ser un documento realista, útil, dinámico e adaptado ás peculiaridades e necesidades do centro, de aí que sexa conveniente que na súa elaboración haxa o maior consenso posible e participación da comunidade educativa. 2. ANÁLISE OU DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN ACTUAL DO CENTRO O noso centro caracterizase por: • Ser unha comunidade de aprendizaxe, reflexiva e proclive ao cambio e á innovación. • Ser Plurilingüe, impartíndose a área de plástica en lingua estranxeira dende 1º a 6º de Educación Primaria. • Ser Abalar e E-Dixgal nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, sendo un centro dixital dende infantil ata 6º de primaria. • Ser inclusivo, apostando pola atención a diversidade entendendo que a diversidade enriquece as nosas aulas. Somos un CEIP con un aula de educación especial para a escolarización preferente de alumnado TEA. • Saber, crer e entender que tódolos nosos alumnos e alumnas son intelixentes de xeitos diferentes e así sempre poden aprender dende as súas fortalezas. • Impulsar a contribución á adquisición das competencias o que nos leva a desenvolver as intelixencias do noso alumnado e dótalo de ferramentas para que comprendan e se desenvolvan axeitadamente no mundo que viven. • Desenvolver unha metodoloxía activa, baseada no traballo por proxectos, a aprendizaxe cooperativa e as TIC. 4


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI • Aproveitar ao máximo os recursos dipoñibles sempre en función do alumnado. • Ser un centro innovador promovendo a investigación e a formación de toda a Comunidade educativa. • Fomentar os principios democráticos de convivencia: respecto, tolerancia, amizade, xustiza, paz, liberdade, solidariedade...; e o espirito crítico. • Promover a conciencia ecolóxica e a sostenibilidade, contribuíndo ao desenvolvemento dos ODS incluidos na Axenda 2030. • Potenciar a participación activa e vinculante das familias no centro e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. • Ser unha escola afectiva e do afecto, pensada para e polos nen@s.

5


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 3. OBXECTIVOS DO PLAN DE CONVIVENCIA Os obxectivos xerais do plan de convivencia foron concretados a partir dos obxectivos xerais que aparecen citados no Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro sobre a convivencia escolar na educación non universitaria de Galicia. • Facilitarlle ao profesorado do centro as prácticas restaurativas como ferramenta para a prevención da violencia e a mellora da convivencia no centro. • Fomentar entre as persoas que conviven no centro os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas e avanzar no camiño cara á inclusión. • Facilitar a prevención, a detección, o tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos que se poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendizaxe. • Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia. • Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos. • Contribuír desde o ámbito da convivencia á adquisición das competencias clave, particularmente das competencias sociais e cívicas e da competencia para aprender a aprender. • Fomentar e facilitar a participación, a comunicación e a cooperación das familias no mantemento da convivencia nos centros docentes.

6


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 4. COMISIÓN DE CONVIVENCIA 4.1. Composición En función da Lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar e o decreto 8/2015 do 8 de xaneiro que desenvolve dita lei, a comisión de convivencia está formado polos seguintes integrantes: Presidente: Nuria Garabal González Representante do profesorado: Marta Álvarez Iglesias e María Luz Silva Fontán. Representante de pais/nais: Silvia Tobío Martinez. Representante do persoal non docente: Ernestina Vieira Ferreira Pereira. Profesora dinamizadora da Convivencia Escolar: Jennifer Piñeiro González. 4.2. Funcións da Comisión. As funcións da Comisión de convivencia, serán: a) Elaborar o plan de convivencia do centro e dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas e achegas no procedemento de elaboración, desenvolvemento e seguimento do citado plan. b) Adoptar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro. c) Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os membros da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos. d) Propor ao consello escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.

7


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI f) Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos en que fosen impostas e informar o consello escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente. g) Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro. h) Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, na cal se reflictan as iniciativas no ámbito do centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao consello escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de Inspección Educativa. i) Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo consello escolar do centro docente ou polo órgano da Administración educativa con competencias na materia. Cando a comisión de convivencia o considere oportuno, e co obxecto de que informen no ámbito das súas respectivas competencias, poderá solicitar o asesoramento dos/ as profesionais do departamento de orientación que interveñen no centro, do profesorado titor relacionado co tema que se analice, do educador ou educadora social do concello onde estea o centro educativo ou doutros ou doutras profesionais segundo a problemática de que se trate, así como das asociacións do sector que poidan colaborar na mellora da convivencia.

4.3.Periodicidade das reunións A Comisión de Convivencia reunirase, cada vez que sexa necesario e polo menos unha vez ao trimestre. Elaborará un informe que debe recoller as actuacións levadas a cabo e os resultados conseguidos e serán presentados ao Consello Escolar.

8


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 5. ACTUACIÓNS, MEDIDAS OU PROGRAMAS PARA MELLORAR A CONVIVENCIA DO CENTRO. 5.1. EQUIPO DE CONVIVENCIA O equipo de Dinamización da Convivencia créase no curso 2017-2018 partindo do noso contexto, un centro no que priman valores coma o respecto cara as demais persoas, a resolución pacífica de conflitos, a igualdade, a tolerancia, a solidariedade, a educación para a paz e a capacidade de enriquecerse das diferenzas. En definitiva, un centro que prepara ao seu alumnado para convivir nunha sociedade inclusiva e con capacidade para axudar aos demais. Desde o Equipo buscamos estratexias e propostas que axuden a crear un clima de Convivencia pacifica e democrática.

5.2. PLAN DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN. A entrada no centro educativo por primeira vez convértese nun dos momentos privilexiados de relación. Esta relación permitirá o coñecemento e o coñecemento crea confianza. A confianza será a base da colaboración e a cooperación. Cales son os obxectivos do proceso de adaptación: • Conseguir que a adaptación á escola sexa a idónea para o seu correcto desenvolvemento. • Diminuír a tensión, o medo, a angustia e a ansiedade creados polo cambio de situación. • Compartir información relevante entre as familias, o profesorado e o alumnado para mellorar o coñecemento mutuo. • Favorecer a sensación de seguridade na nova situación escolar. 9


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI • Xerar relacións vinculares entre nenas e nenos, as súas familias e o profesorado, baseadas na confianza e na profesionalidade. Os obxectivos deste proceso conseguiranse promovendo: • Que alumnado , familias e profesorado expresen os seus propios sentimentos e expectativas cara á escola. • Que cada membro se sinta acollida e acollido grazas ao contacto físico e ao diálogo persoal. • Que alumnado, familias e profesorado coñezan o contexto escolar: os espazos escolares, organización, uso das zonas comúns... • Que alumnado e familias coñezan o profesorado. • Que alumnado e familias coñezan as compañeiras e os compañeiros de escola. • Que o alumnado se recoñeza paulatinamente parte integrante do grupo. • Que as familias se sintan parte da comunidade educativa. • Que alumnado , familias e profesorado participen no proxecto, nas actividades e das normas da escola. • Que o alumnado, familias e profesorado se familiarice con materiais e actividades cotiás da escola . A adaptación, polo tanto, constitúe un proceso complexo no cal se desenvolven unha serie de relacións intersubxectivas entre as familias, o persoal docente, as nenas e os nenos, e por medio da cal se construirán vínculos entre elas e eles. A principio do curso escolar todos os anos renovamos un dossier informativo sobre aspectos relevantes do noso centro para entregar ao profesorado de nova incorparación e asi mesmo tamén elaboramos un díptico informativo para familias que se incorporan por primeira vez ao centro.

10


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI Ademáis no periodo de matricula (no segundo trimestre) actualizase o díptico que fala do noso centro e fanse xornadas de portas abertas para abrir o centro a comunidade, durante d semana e con cita previa planifícanse visitas amosando o noso centro en pleno funcionamento. En xuño unha vez formalizada a matricula planifícanse reunións informativas para as familias e alumndao de nova incorporación co obxectivo de crear vínculos e proporcionar seguridade .

5.3. PRÁCTICAS RESTAURATIVAS No CEIP Nº1 de Tui seguimos formándonos e poñendo en práctica nas aulas O Repertorio de Prácticas Restaurativas(PFPP) porque como xa afirmaba Aristóteles, filósofo grego, "O ser humano é un ser social”. As persoas vivimos en comunidade: familia, amigos, colexio, barrio, pobos ou cidade e somos tamén membros dun Estado, cidadáns do mundo. Relacionámonos dentro duns círculos de convivencia que son concéntricos e vanse ampliando co tempo. As prácticas restaurativas permiten previr, detectar, xestionar e resolver as situacións de conflito en diferentes ámbitos reforzando os vínculos afectivos entre as persoas. Investigacións demostran como o modelo de xestión de conflitos en base á xustiza restaurativa frea o comportamento negativo de forma moito máis efectiva que os modelos baseados en “sancións ou castigos”. As súas achegas máis importantes: • Reducen a probabilidade de reincidencia. • Facilitan a restauración de relacións entre as persoas implicadas nun conflito. • Axudan a crear un sentimento de pertenza á comunidade. • Favorecen a reparación dos danos causadas á vítima. • Aumentan a implicación persoal e o grao de satisfacción xeral dos afectados polo conflito. O movemento de Xustiza Restaurativa xurdiu nos anos 70 en base a unha serie 11


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI de premisas: -Todo conflito representa unha oportunidade de aprendizaxe. - O ser humano é máis feliz cando se traballa “con el” e non “contra el”. - A xustiza debe centrarse en reparar os danos causados de forma que os ofensores asuman as súas responsabilidades e os ofendidos teñan a opción de expresar os seus sentimentos e emocións. -Mellorar a convivencia implica “unha boa forma de comunicación”. A finais do curso pasado elaborouse un Manual das Prácticas Restaurativas no CEIP Nº1 definindo estratexias que consideramos útiles para mellorar a convivencia no noso Centro (Anexo I).

5.4. O PATIO DOS NOSOS SOÑOS. Co proxecto “O patio dos Nosos Soños” pretendese facer un patio inclusivo no que todo o mundo teña cabida nas diferentes zonas de xogo que están á disposición do alumnado dende a filosofía “respecta ao ambiente, respecta aos demais e respéctate a ti mesmo”. O equipo de convivencia dinamiza e involucra ao alumnado concienciándoo da necesidade de manter as zonas de xogo ordenadas e coidando os materiais que forman parte dos diferentes recunchos. No curso 2016-2017 o noso alumnado desenvolveu un proxecto con gran trascendencia e repercusión social, vivindo o presente e visualizando o futuro desde una responsabilidade colectiva. O punto de partida foi a idea xeneralizada de querer mellorar o noso patio, partimos dun patio bastante pequeno, sen zonas verdes e escaso aproveitamento pedagóxico, e queremos un patio alegre, inclusivo, dinámico con oportunidade para encontros, afectos, xogo e aprendizaxe e por iso quixemos que toda a Comunidade participara na súa mellora. Coas investigacións e aportacións de toda a Comunidade Educativa no mes de xuño dese curso fixemos unha inauguración que foi todo un éxito do noso novo patio, pensado e deseñando con “Ollos de nena e neno”. Nos cursos seguintes 2017-2018 e 2018-2019 estamos gozando do traballo

12


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI realizado e neste curso 2019-20 seguimos pensando en como contribuír ao seu mantemento e mellora. http://opatiodosnosossonos.blogspot.com/ 5.5. O CONSELLO DOS NEN@S Co desenvolvento do Proxecto do Patio dos Nosos Soños nace a necesidade de coordinar todas as propostas así que polo mes de novembro do curso 2016-2017 créase “O Consello dos nenos e nenas” órgano de participación consultivo, que aporta ideas e suxestións que enriquecen o centro, está constituído por dous representantes de cada clase e desde a súa constitución

convócase

unha

reunión

ao

mes.

Decisións importantes para O COLEXIO son postas en común e consensuadas nestas reunións mensuais.

http://consellodosnenos.blogspot.com/ 5.6. APRENDIZAXE COOPERATIVA. Nos diferentes niveis levánse a cabo diferentes actividades relacionadas cós diferentes ámbitos do programa O PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender /Aprender a Cooperar”),e asi mesmo, contemplánse interdisciplinarmente nas tarefas programadas. Tendo en conta O PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender /Aprender a Cooperar”) PARA ENSINAR A APRENDER EN EQUIPO de Pere Pujolàs e José Ramón Lago existen tres argumentos para a aprendizaxe cooperativa: 1. A aprendizaxe cooperativa é unha condición e un instrumento para a inclusión, para o desenvolvemento da solidariedade e a cohesión social. 2. A aprendizaxe cooperativa é unha finalidade do sistema educativo e á súa vez un medio para o desenvolvemento das competencias clave.

13


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 3. A estrutura cooperativa da actividade da aula permite o desenvolvemento das estratexias para a atención á diversidade na aula. Manual do aprendizaxe Coopertivo no CEIP Número 1 de Tui (Anexo II)

5.7. PROGRAMA PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE Entendemos a nosa escola como un medio de ben comunitario, como un modelo que implique á sociedade nas súas actuacións coa problemática ambiental. Que queremos? Unha escola onde se consuma de maneira consciente e sana.

Unha escola que promova a

participación e o compromiso de toda a comunidade educativa. Unha escola que conciencie sobre o problema ambiental implicando a toda a sociedade con accións que contribuan á mellora no medio ambiente.  Unha escola que

promova

hábitos

saudables.

Unha

escola

comprometida, asumiendo a responsabilidade de reducir, reciclar, reutilizar e recuperar (4R) e animando a outros para que fagan o mesmo Unha escola que fomente actuacións de aprendizaxe que entusiasmen e impliquen a toda a poboación. No curso 2019-20 comezamos a participar no Proxecto Residuos 0. HORTO ECOLÓXICO:

Os obxectivos principais do Horto Urbán e Ecolóxico do Patio son: • Promover a conciencia ecolóxica e a sustentabilidade fomentando os principios básicos

da convivencia:

respecto, tolerancia,

amizade, xustiza, paz,

solidariedade,.. e o espírito crítico. • Coñecer técnicas de cultivo ecolóxico. •

Coñecer distintos cultivos, as súas pragas, a duración, os seus coidados ,…

• Gozar do consumo dos cultivos elaborando distintas receitas e levándoas a cabo, creando hábitos saudables. 14


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI • Desenvolver tarefas que impliquen a toda a comunidade para fomentar hábitos de responsabilidade para unha educación para o desenvolvemento sustentable conseguindo un importante impacto social. Para conseguir estes obxectivos é fundamental que o profesorado implique ao alumnado ao longo do curso, deseñando tarefas e actividades e facendos responsables e participes dos seus coidados.

https://prezi.com/m7ddrn0_k0-u/horto-no-patio-do-cole/ http://www.edu.xunta.gal/eduga/1345/plan-proxecta/reciclarte

5.8. PROGRAMA INCLUSIVO DE CENTRO https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/cami_ando_cara_a_inclusi_n

Seguindo o DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) tentaremos proporcionar enfoques flexibles que poidan ser personalizados e axustados ás necesidades individuais. Desde este curso 2019-2020 Todo isto levanos a unha nova organización espacial e temporal para satisfacer as necesidades e inclusión do noso alumnado. Esta nova organización espacial require crear novos ÁMBITOS INCLUSIVOS DE APRENDIZAXE: STEAM, lingüístico, Artístico, Social e natural que a súa vez requiren dunha nova organización temporal na que dúas veces a semana o noso alumnado comparta, experimente, aprenda e reflexione nestes ámbitos de aprendizaxe. 15


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI

5.9. IGUALDADE DE XÉNERO. Reflexión e posta en marcha do Plan de Igualdade neste curso 2019-20 segundo o disposto na Instrucción do 6 de setembro do 2019 para a elaboración dos plans de igualdade nos centros educativos de Galicia e para o desenvolvemento das liñas de actuación establecidas no Pacto de Estado sobre a violencia de xénero. Nesta liña, nomeose unha persona responsable en materia de igualdade no seo do Consello Escolar, a cal tamén é membro do Equipo de Dinamización da Convivencia do centro para asegurar a continuidade e coherencia ante estas situacións. https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/plan_de_igualdade_2019-2020_n_1tui

5.10. FORMACIÓN (PFPP) E POSTA EN MARCHA DO MODELO SEMGAL NO DESEÑO DE TAREFAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS EDUCATIVOS (DENDE INFANTIL ATA PRIMARIA). Consideramos a Formación Permanente do Profesorado coma unha obriga e un dereito por iso todos os anos a maior parte do claustro forma parte do PFPP do centro. Unha das líneas nas que levamos participando desde hai anos é a línea 2 sobre “Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables”. Ademais de participar na formación sobre as Práticas resturativas, metodoloxía de centro que nos caracteriza e que forma parte da nosa metodoloxía docente no referido á resolución pacífica de conflitos e á mediación. No referido ao SEMGAL, hai que sinalar que trátase de descubrir o talento dos diferentes membros da comunidade con un enfoque inclusivo, incidindo así nas capacidades do noso alumnado e tratando de potencialas descubrindo os seus intereses. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/763

16


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 15.11. CHARLAS PLAN DIRECTOR. Trátase de levar a cabo charlas entre el alumnado, profesorado y familias para a mellora da convivencia e da seguridade nos centros educativos e no seu contorno. Estas charlas tratan temas como o acoso escolar, a violencia, as drogas, a intolerancia e o racismo...

15.12. CONTRATOS PROGRAMA. Tratamos de

buscar medidas e programas que nos permitan mellorar a

convivencia no noso centro escolar promocionando ao máximo posible un clima de tolerancia, respecto, coñecemento mutuo e empatía entre todos os membros da comunidade educativa desde unha perspectiva de Xustiza Restaurativa e por iso que participamos (entre outros) nos programas IGUALA-T, INCLÚE-T E CON-VIVE.

15.13. BIBLIOTECA. A biblioteca é un espazo de convivencia para toda a Comunidade Educativa. Participa en diferentes programas coma o PLAMBE, Bibliotecas Inclusivas e Radio na Biblio, co obxectivo de poder ser unha fonte de recursos e punto de encontro para toda a Comunidade.

5.14. PARTICIPACIÓN EN PROGRAMAS DA DEPUTACIÓN EDUEMPRENDE NA ESCOLA. Está dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria no espírito emprendedor.

17


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 5.15. CHARLAS CON EXPERTOS DA CONTORNA. Ao longo do curso en diferentes ocasións invitamos a expertos do noso contorno enriquecendo as tarefas e proxectos do alumnado . A súa participación é diversa: charlas,exposicións, debates, enquisas, obradoiros...

5.16. COLABORACIÓN COAS PROPOSTAS DO CONCELLO E OUTROS ORGANISMOS. Tratamos de colaborar activamente con actividades, conmemoracións, proxectos...que nos ofrece o Concello e outros organismos da zona.

5.17. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS. Ao longo do curso escolar consideramos moi importante o deseño e posta en marcha de saídas, excursións e visitas, ampliando así as redes sociais e mellorando a Convivencia do contorno escolar con outros contextos.

5.18. “I XORNADA CAMIÑO Á INCLUSIÓN” celebrada na Biblioteca do centro. Este curso(2019-20) no mes de setembro organizamos unha Xornada Inclusiva na que invitamos a membros da nosa Comunidade (ACEESCA, ANARELA, APAMP, KOKO,.....), á que asistiron representates da Administración (Alcalde de Tui, Concelleira de Cultura, Conselleira...) cun obxectivo común: sensibilizar e difundir boas prácticas dunha Cultura Inclusiva.

18


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 6. PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E DETECCIÓN DO ACOSO ESCOLAR. Dende o centro, a primeira liña de actuación ante isto é a prevención. Nisto traballamos os docentes do CEIP Número 1 de Tui, a través da posta en práctica da mediación ante os conflitos, a posibilidade da expresión das emocións e sentimentos do alumnado en calquera espacio do centro, a cercanía que mostra o profesorado co seu alumnado, as práticas restaurativas para tratar de restaurar os danos e as persoas danadas ante calquera situacion de conflito que se poida desenvolver no centro e fundamentalmente, dende a escoita activa e cohesión de grupo. No caso de que calquera membro da comunidade educativa (familia, alumnado, profesorado ou outro persoal do centro), detectase a sospeita ou teña constancia dalgún caso de intimidación, acoso, agresión ou faltas moi graves entre alumnos/as, iniciaranse os protocolos de Prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso propostos pola Xunta de Galicia e adaptado as carcterísticas do noso centro. (Anexo 7. DEREITOS E DEBERES DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DIRECTA No marco do establecido pola lexislación básica de educación, os membros da comunidade educativa son titulares dos dereitos e deberes de convivencia e participación que se regulan a continuación.

7.1.- DEREITOS E DEBERES DAS NAIS E PAIS OU TITORAS OU TITORES LEGAIS. Dereitos básicos de convivencia dos país / nais/responsables legais do alumnado: a)

A ser respectados e recibir un trato adecuado polo resto da comunidade educativa.

b)

A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes.

c)

A recibir información sobre as normas que regulamentan a convivencia nos centros docentes.

19


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI d)

A ser oídos, nos termos previstos por esta lei, nos procedementos disciplinarios para a imposición de medidas correctoras de condutas contrarias á convivencia dos seus fillos ou fillas.

e)

A participar no proceso educativo a través de consultas e outros procedementos de participación directa que estableza a Administración educativa.

f)

Os pais e nais teñen dereito de constituír Asociacións de Pais e Nais de Alumnos, conforme ó establecido na lexislación vixente.

g)

Previo acordo do consello escolar, a ANPA poderá utiliza-las instalacións do centro

para

a

realización

de

actividades

que

lle

son

propias,

responsabilizándose en todo caso dos gastos ou estragos que se poidan ocasionar.

Deberes básicos de convivencia dos pais/nais/responsables legais do alumnado:

a) Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración co profesorado e cos centros docentes. b) Coñecer as normas establecidas polos centros docentes, respectalas e facelas respectar, así como respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias. c) Fomentar o respecto polos restantes compoñentes da comunidade educativa. d) Colaborar cos centros docentes na prevención e corrección das condutas contrarias ás normas de convivencia dos seus fllos ou fllas. h) O programa de actividades que organice a ANPA no recinto escolar e dirixidas ó alumnado do centro, deberá ser aprobado polo consello escolar e figurar na correspondente programación xeral anual

7.2. DEREITOS E DEBERES DO ALUMNADO 20


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI

Dereitos básicos de convivencia do alumnado: a) A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo. b) A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais. c) Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar. d) A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración educativa, nos termos previstos no título IV da lei de convivencia. e) A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífca de conflitos e, en xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de convivencia.

Deberes básicos de convivencia do alumnado: a) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima escolr no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación. b) Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro. c) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa. d) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente. e) Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro. f) Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte a convivencia dos seus respectivos centros docentes. g) Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe. h) Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.

21


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 7.3.-DEREITOS E DEBERES DO PROFESORADO. Dereitos do profesorado a) A ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto da comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións. b) A desenvolver a súa función docente nun ambiente educativo adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral. c) A participar e recibir a colaboración necesaria para a mellora da convivencia escolar e da educación integral do alumnado. d) A que se lle recoñezan as facultades precisas para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares. e) Á protección xurídica adecuada ás súas funcións docentes. f) A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración educativa, nos termos previstos no título IV desta lei. g) A acceder á formación necesaria na atención á diversidade e na confitividade escolar e recibir os estímulos máis axeitados para promover a implicación do profesorado en actividades e experiencias pedagóxicas de innovación educativa relacionadas coa convivencia e a mediación.

Deberes do profesorado a) Respectar e facer respectar as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais de todos os membros da comunidade educativa. b) Adoptar as decisións oportunas e necesarias para manter un adecuado ambiente de convivencia durante as clases e as actividades e os servizos complementarios e extraescolares, corrixindo, cando lle corresponda a competencia, as condutas contrarias á convivencia do alumnado ou, no caso contrario, poñéndoas en coñecemento dos membros do equipo directivo do centro. c) Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar. d) Informar ás nais e pais ou ás titoras ou titores sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fllos ou fillas, cumprindo as obrigas 22


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI de dispoñibilidade dentro do horario establecido no centro para a atención a aqueles que lle impoña a normativa aplicable. e) Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e familiares do alumnado.

7.4. DEREITOS E DEBERES DO PERSOAL DE DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS Dereitos a) A ser respectado, recibir un trato adecuado e ser valorado polo resto da comunidade educativa e pola sociedade en xeral no exercicio das súas funcións. b) A desenvolver as súas funcións nun ambiente adecuado no que se preserve en todo caso a súa integridade física e moral. c) A participar, no exercicio das súas funcións, na mellora da convivencia escolar. d) Á protección xurídica adecuada ás súas funcións. Deberes a) Respectar e colaborar, no exercicio das súas funcións, para facer que se respecten as normas de convivencia escolar e a identidade, integridade e dignidade persoais de todos os membros da comunidade educativa. b) Colaborar activamente na prevención, detección e erradicación das condutas contrarias á convivencia e, en particular, das situacións de acoso escolar. c) Informar aos responsables do centro docente e, de ser o caso, á Administración educativa das alteracións da convivencia, gardando reserva e sixilo profesional sobre a información e as circunstancias persoais e familiares do alumnado. d) Gardar sixilo e confidencialidade respecto das actuacións relacionadas co ámbito educativo das que teña coñecemento.

23


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI 8. NORMAS PARA A CONVIVENCIA NO CENTRO: MEDIDAS PREVENTIVAS, CONDUCTAS CONTRARIAS Á NORMA E CORRECCIÓN DESTAS CONDUCTAS. Para poder levar a cabo o labor docente con éxito, é necesaria a existencia dunhas normas que fomenten un clima que favoreza o proceso de aprendizaxe. Para que se dean esas condicións faise necesaria a existencia dunhas normas, recollidas no Regulamento de Réxime Interno. As normas deste centro teñen unha redacción en positivo, onde se recolle o que hai que facer, tentando ser eficaces, claras e realistas. Na súa realización, fomentarase a participación de todos os membros da comunidade escolar, buscando o consenso e o compromiso na toma de decisións. Cada norma irá acompañada da súa corrección en caso de infracción. É importante que quen sexa sancionado coñeza de antemán a vinculación entre a infracción da norma e a consecuencia da mesma. As normas de convivencia concretan os dereitos e deberes establecidos, e precisan as medidas preventivas e as correccións que correspondan polas condutas contrarias ás devanditas normas. https://issuu.com/ceipnumero1tui/docs/nofc_2019-20 Modelo parte de Incidencias no CEIP PLURILINGUE Nº1 DE TUI (ANEXO III) 9. ESTRATEXIAS PARA REALIZAR A DIFUSIÓN DO PLAN. O centro divulgará este documento a través de diferentes medios (páxina web, reunións de titoría,...) entre a comunidade educativa facilitando o seu coñecemento por parte de todos. Este documento pode ser revisado sempre que, por causas razoadas, previa solicitude de forma regulamentaria, algún dos membros que compoñen o Claustro ou Consello Escolar o considere oportuno. Para proceder á súa modificación é necesario a aprobación do Claustro e Consello Escolar. Este documento é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade escolar deste centro e entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación.

24


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI Toda a Comunidade Educativa ten a obriga de revisar estar documento e propoñer as modificacións oportunas ao longo do presente curso .

10. PROCESOS DE SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MELLORA A Comisión de Convivencia realizará o seguimento do mesmo, valorará os avances e dificultades do Plan e ademais realizarase un seguimento na Comisión de Coordinación Pedagóxica e se realizará unha avaliación do plan atendendo aos seguintes criterios detectando así cales son os aspectos de mellora : •

Grao de implantación e consecución dos obxectivos

Actuacións e grao de participación da comunidade educativa.

Coordinación e implicación do Plan no centro.

Formación e asesoramento recibidos e recursos utilizados.

Conclusións e propostas de mellora.

Avaliación do proceso e dos resultados.

Documentación elaborada.

Realizarase unha revisión Anual do Plan a comezos de cada curso escolar para engadir as posibles modificacións.

Instrumentos de avaliación: Cuestionarios, rexistros do cumprimento do establecido e a observación directa. A comisión de convivencia elaborará, ao rematar cada curso escolar, a correspondente memoria do plan de convivencia do centro, de acordo cos datos e coas conclusións extraídos do proceso de seguimento e avaliación e coas propostas de mellora que se consideren necesarias. O consello escolar, en pleno, por proposta da súa comisión de convivencia, aprobará a memoria do plan de convivencia elaborada por esta. Esta memoria formará parte da memoria anual do centro.

25


PLAN DE CONVIVENCIA NO CEIP PLURILINGÜE Nº1 DE TUI Nesta memoria aparecerán os logros acadados e as propostas de mellora , sendo o punto de partida para a elaboración da concreción do plan de Convivencia que formará parte da PXA do vindeiro curso.

11. APROBACIÓN DO PLAN DE CONVIVENCIA DO CEIP PLURILINGUE Nº1 DE TUI Dna. María José Barros rey, secretaria do C.E.I.P. Plurilingue Nº1 de tui CERTIFICA: Que o presente Plan de Convivencia do C.E.I.P. PlurilingÜe Nº1 de Tui foi aprobado en reunión de CLAUSTRO e CONSELLO ESCOLAR celebradas os días

e

de

marzo respectivamente. E para que conste, expido e firmo a presente certificación En Tui, a xuño do 2020.

Vº Bº A directora

26

de


ANEXO I: Manual das Prรกcticas Restaurativas no CEIP Nยบ1


PRÁCTICAS RESTAURATIVAS NO CEIP Nº1 DE TUI “Orientacións educativas para sistematizar o repertorio das prácticas restaurativas no noso centro” Deseñar estratexias para a mellora da Convivencia nos Centros é unha obriga e unha necesidade por no CEIP Nº1 de Tui seguimos formándonos e poñendo en práctica nas aulas O Repertorio de Prácticas Restaurativas porque como xa afirmaba Aristóteles, filósofo grego, "O ser humano é un ser social”. As persoas vivimos en comunidade: familia, amigos, colexio, barrio, pobos ou cidade e somos tamén membros dun Estado, cidadáns do mundo. Relacionámonos dentro duns círculos de convivencia que son concéntricos e vanse ampliando co tempo. As prácticas restaurativas permiten previr, detectar, xestionar e resolver as situacións de conflito en diferentes ámbitos reforzando os vínculos afectivos entre as persoas. Investigacións demostran como o modelo de xestión de conflitos en base á xustiza restaurativa frea o comportamento negativo de forma moito máis efectiva que os modelos baseados en “sancións ou castigos”. As súas achegas máis importantes: • Reducen a probabilidade de reincidencia. • Facilitan a restauración de relacións entre as persoas implicadas nun conflito. • Axudan a crear un sentimento de pertenza á comunidade. • Favorecen a reparación dos danos causadas á vítima. • Aumentan a implicación persoal e o grao de satisfacción xeral dos afectados polo conflito. O movemento de Xustiza Restaurativa xurdiu nos anos 70 en base a unha serie de premisas: -Todo conflito representa unha oportunidade de aprendizaxe. CEIP NÚMERO 1 TUI


- O ser humano é máis feliz cando se traballa “con el” e non “contra el”. - A xustiza debe centrarse en reparar os danos causados de forma que os ofensores asuman as súas responsabilidades e os ofendidos teñan a opción de expresar os seus sentimentos e emocións. -Mellorar a convivencia implica “unha boa forma de comunicación”.

OBXECTIVOS XERAIS DE CONVIVENCIA A continuación cítanse os obxectivos xerais do plan de convivencia que teñen unha conexión directa coa posta en práctica dunha metodoloxía restaurativa a nivel de centro e que foron concretados a partir dos obxectivos xerais que aparecen citados no Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro sobre a convivencia escolar na educación non universitaria de Galicia. •

Facilitarlle ao profesorado do centro as prácticas restaurativas como ferramenta para a prevención da violencia e a mellora da convivencia no centro.

Fomentar entre as persoas que conviven no centro os valores, as actitudes e as prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas e avanzar no camiño cara á inclusión.

Facilitar a prevención, a detección, o tratamento, o seguimento, a xestión e a resolución dos conflitos que se poidan producir no centro e aprender a utilizalos como fonte de experiencia e aprendizaxe.

Facilitar a prevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia.

Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.

Contribuír desde o ámbito da convivencia á adquisición das competencias clave, particularmente das competencias sociais e cívicas e da competencia para aprender a aprender.

Fomentar e facilitar a participación, a comunicación e a cooperación das familias no mantemento da convivencia nos centros docentes.

CEIP NÚMERO 1 TUI


Dentro do noso plan de convivencia as prácticas restaurativas teñen cabida no apartado sobre a descrición das actuacións, das medidas ou dos programas que se van desenvolver para favorecer a convivencia. O que pretendemos é sistematizar o uso das prácticas restaurativas a nivel de centro co profesorado, alumnado e familias. Profesorado: -

Formación continua do profesorado desde o curso 2017/2018 e posta en práctica do aprendido .

-

Profesorado de novo ingreso no centro. Ao comezo do curso entregarase un pequeno dossier informativo para o profesorado de novo ingreso no centro no cal incluiremos unha breve teoría descritiva sobre o Repertorio de Prácticas Restaurativas.

Alumnado: Cada curso poñense en práctica estratexias seguindo o Repertorio das Prácticas Restaurativas: Estratexias Proactivas : Escoita , Declaracións afectivas, Círculos Estratexias Reactivas: Preguntas restaurativas, Pequena Reunión Espontánea, Reunións formais. Familias: Cada curso o profesorado incorpora estratexias baseadas no Repertorio das Prácticas Restaurativas co obxectivo de establecer vínculos e mellorar a Convivencia. Por exemplo: Incorporar círculos nalgunha reunión coas familias, Escoita e Declaracións afectivas nas reunións de titorías e nos Contactos informais, deseño e posta en marcha dunha reunión restaurativa ante un conflito importante….

CEIP NÚMERO 1 TUI


1. REPERTORIO PRÁCTICAS RESTAURATIVAS.

1.1 Escoita.

CEIP NÚMERO 1 TUI


1.2 Declaraciรณns Afectivas.

1.3 Preguntas Restaurativas.

CEIP Nร MERO 1 TUI


1.3.1. Tarxetas de preguntas Restaurativas, para incorporar no momento que consideremos para mediar e/ou restaurar un conflito.

1.3.2. Recunchos da paz nas aulas e no patio .

CEIP NĂšMERO 1 TUI


1.3.4 Caixa con Tarxetas de Emocións. Cada aula terá unha caixas con estas tarxetas para traballar a competencia emocional e axudar a conciencia e verbalización das emocións e sentimentos e así axudar a verbalizar aquilo que se sinte . (Diseñar)

1.4 Pequena Reunión Espontánea.

1.5 Círculos.

CEIP NÚMERO 1 TUI


1.5.1. Modelo Círculos.

Animamos a cubrir estes modelos regularmente para facer unha posta en común trimestral e así valorar os logros e dificultades. CEIP NÚMERO 1 TUI


1.6 Reuniรณns Formais.

CEIP Nร MERO 1 TUI


CEIP NÚMERO 1 TUI


2. PROPOSTAS PARA SISTEMATIZAR O REPERTORIO DE PRÁCTICAS RESTAURATIVAS NA NOSA COMUNIDADE.

2.1 PROFESORADO A principio de Curso o equipo de Convivencia entregará ao profesorado un dossier co Repertorio das Prácticas Restaurativas invitando ao profesorado a incorporar as prácticas Restaurativas no seu traballo diario como estratexia para mellorar a Convivencia na nosa Comunidade Educativa tanto proactiva como reactivamente. 2.1.1. Propostas para a aula: -

Para sistematizar círculos: os martes e xoves nos ámbitos de 9:10 a 9:30 pódese aproveitar para facer círculos para favorecer o coñecemento mutuo e establecer vínculos entre os seus membros.

-

Recuncho da paz nas aulas con carteis e tarxetas con preguntas Restaurativas.

-

Cartel nas aulas da Escoita .

2.1.2. Propostas para traballar entre o profesorado: Sabemos o importante que é poñer en práctica entre nós estratexias que despois faremos co noso alumnado ademais de ser conscientes dos beneficios que repotan as prácticas restaurativas en calquera grupo social e por iso que propoñemos: - Facer círculos unha vez ao mes os martes despois dalgunha das reunións do profesorado. Estas reunións faranse na biblioteca e serán voluntarias para o profesorado. - Cartel da Escoita e das Declaracións afectivas na Sala de Profes. - Tarxetas Preguntas Restaurativas na Sala de Profes.

CEIP NÚMERO 1 TUI


2.2 ALUMNADO. O Repertorio das Prácticas Restaurativas invita ao alumnado a incorporar as prácticas Restaurativas no seu día a día

como estratexia para mellorar a Convivencia na nosa

Comunidade Educativa tanto proactiva como reactivamente. 2.2.1 Aula - Recuncho da Paz. - Usar as Tarxetas das Emocións para a conciencia e verbalización das emocións e sentimentos - Tomar conciencia da Escoita e as Declaracións afectivas. - Participar en círculos. - Ante un conflito e dependendo da súa intensidade: Usar as tarxetas das Preguntas Restaurativas,

participar en Pequenas Reunións Espontáneas ou en Reunións

restaurativas

2.3. FAMILIAS. O Repertorio das Prácticas Restaurativas invita as familias a incorporar as prácticas Restaurativas no seu día a día como estratexia para mellorar a Convivencia en familia tanto proactiva como reactívamete. Para iso o profesorado pode transmitir as familias os beneficios destas prácticas e facilitar estratexias para que podan poñer en práctica en familia buscando así a coherencia entre familia – escola.

CEIP NÚMERO 1 TUI


CEIP NÚMERO 1 TUI


CEIP NÚMERO 1 TUI


ANEXO II: Manual Aprendizaxe Cooperativa no CEIP Número 1 de Tui


Aprendizaxe cooperativo 1. IDEAS CLAVE. IDEA CLAVE 1.

As escolas cunha orientación inclusiva, conlevan una estruturación cooperativa da

aprendizaxe, representan o medio máis eficaz para combater as actitudes discriminatorias, crear comunidades de acollida, construír una sociedade inclusiva e lograr a educación par todos. IDEA CLAVE 2. A heteroxeneidade é algo inherente á natureza humana. Pretender combatela, anulala e, incluso, reducila, é inútil. É máis útil buscar a forma de xestionar a heteroxeneidade, en lugar de pretender una homoxeneidade imposible. IDEA CLAVE 3. A aprendizaxe cooperativa non é simplemente un recurso que pode utilizarse, ou non, en función do que ensinamos ou pretendemos conseguir, sen cambiar a estrutura fundamental da aprendizaxe. A aprendizaxe cooperativa forma parte desta estrutura fundamental, e introducilo na aula supón facer cambios substanciais nela. IDEA CLAVE 4. Para poder traballar en equipo dentro de clase, igual que para aprender, en xeral, para que os alumnos e alumnas estean dispostos a axudar, á hora de aprender, é moi importante que o “clima” de clase sexa favorable e que o grupo estea minimamente cohesionado. A cohesión do grupo é una condición necesaria, pero non suficiente, para estruturar a actividade de xeito cooperativo. IDEA CLAVE 5.

A simple consigna de que o alumnado deba facer algo, non sos, se non en equipo, non é

suficiente. As estruturas cooperativas aseguran a interacción entre os estudantes no traballo en equipo. IDEA CLAVE 6.

Para ensinar de modo sistemático a traballar en equipo, hai que facer algo máis que

traballar en equipo. O traballo en equipo non é só un recurso para ensinar, senón tamén un contido máis que os escolares deben aprender. IDEA CLAVE 7. Traballando en equipo dentro das clases apréndense moitas máis cousas das que inicialmente pretendemos ensinar: non só se desenvolven habilidades relacionadas coa competencia social e cidadá, en xeral, e o traballo en equipo, en particular, senón moitas outras relacionadas coas competencias comunicativas e metodolóxicas.


IDEA CLAVE 8.

Os equipos cooperativos favorecen a aprendizaxe cooperativa de todo o alumnado e o

desenvolvemento integral de todas as súas capacidades. Pero que a aprendizaxe cooperativa sexa efectiva depende da cantidade de tempo que os alumnos traballen en equipo e da calidade de dito traballo. IDEA CLAVE 9.

O traballo en equipos cooperativos é un marco ideal para aprender a dialogar, a convivir

e a ser solidario/a. Si descubrimos isto e o constatamos na práctica docente, seguramente seremos máis persistentes e constantes á hora de estruturar de forma cooperativa a aprendizaxe na aula, a pesar das dificultades e problemas que conleva.

2.ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN APRENDIZAXE COOPERATIVA.


2.1 ÁMBITO A : COHESIÓN DE GRUPO.

Dinámicas para favorecer o coñecemento mutuo e a interrelación. Cadea de nomes: Cadaquén di o seu nome e o de todas as persoas anteriores. Comeza a mestra ou o mestre. Caras a letras do nome: Cada nena e cada neno, nunha cartolina, fará unha cara nunha letra do seu nome, Reuniranse todas as cartolinas, iranse sacando e verase se adiviñan a quen pertence a cara. A pelota: En círculo, unha persoa panda. “Tírolle a pelota a ... porque...” Así ata rematar. A maleta: Cadaquén trae a clase unha maleta/bolsa/caixa con tres obxectos significativos e ensínaos ao resto que lle poden face preguntas Entrevista: Por parellas, fanse entrevistas cun cuestionario pactado de antemán sobre intereses, gustos, ... Despois da entrevista cadaquén fai unha breve presentación da súa compañeira ou compañeiro, non sen antes ensinarlle o escrito e ver se o considera oportuno. A diana e o branco: En equipos de catro debuxan unha diana con tantos círculos concéntricos como aspectos de si queiran compartir (nome, xogos preferidos, o que menos nos gusta,....) Repártese a diana en tantos sectores ou cuadrantes como persoas estean no equipo. Cobren os datos círculo a círculo e despois analizan as respostas para ver coincidencias e diferenzas. Páxinas amarelas: Cada nena e cada neno pensa naquilo no que é boa/bo e que pode ensinarlle ao resto, ou ben é a clase a que lles axuda a descubrir no que é boa/bo. Faise un libro con fotos e frases co de cadaquén, ou un anuncio como os das páxinas amarelas , despois o libro rota polas casas.


Completar quebracabezas, poema, adiviña, problema,... Cadaquén ten un cacho e debe buscar ao resto das persoas que completan o seu. Tea de araña: Pode facerse no patio, no corredor,... En corro, cun nobelo de la, Silueta da man: Cada nena e cada neno fai a súa silueta da man, pendúranse,... Váiselle poñendo na silueta algo agradable, unha frase, unha palabra agarimosa, un debuxo, ... Coñecémonos ben: Cadaquén cobre unha ficha cuns datos, mestúranse as fichas e o grupo tentará adiviñar de quen se trata, Caixa de correos de amizade invisible: dunha bolsa sácase un nome, escríbeselle unha carta agradable cunha estrutura pactada. Dinámicas para fomentar o consenso e para tomar decisións conxuntas por exemplo normas de clase. Grupo nominal: - Proponse algo a debater (normas de clase, temas sobre os que se van facer proxectos, como celebraremos os aniversarios, como adornaremos a mascota este curso, os libros que nos gustaría ter na biblioteca de aula...) - Cada equipo fai unha proposta (previo acordo) e anótase no taboleiro, se o que se propón xa está dito sáltase... fanse tantas rondas como se precise. - Cada equipo puntúa as propostas entre 1 e 3 segundo a considere mellor ou peor, sumadas as puntuacións ordénanse e elíxense por orde de importancia Comisión de apoios: Constituír unha comisión dentro da clase, vanse facendo quendas para formar parte da comisión. Poden reunirse unha vez á semana, á quincena ou ao mes, para decidir que facer (actividades, proxectos, colocación de aula, celebración dun acontecemento, regular condutas, ...) para que o grupo inclúa a todas as nenas e todos os nenos da clase As dúas columnas: Cando hai propostas alternativas e se queren analizar “puntos positivos” “consecuencias non adecuadas”. Faise un cadro coas alternativas e dúas columnas unha para + e outra - Os equipos pensan, despois anótanse. Bola de neve, termómetro, ... Dinámicas para ver as vantaxes de traballar en equipo Profesións preferidas: Cadaquén pensa en tres profesións que lle gustaría de maior. Faise unha listaxe de xeito que non se repitan e cadaquén teña unha sobre a que investigar diferente das do resto.


Ir aos grupos e investigar as profesións de todas as persoas membro en base a unha preguntas que se terán previamente preparadas (que fai? onde o fai? con que o fai? estudos?...) Constatar que en equipo se aprendeu máis. Variantes: pintoras e pintores que nos gustan, o medio de transporte ideal, as froitas que nos gustan, os contos máis bonitos, ... O equipo de Soíño: A partir do caso de Soíño a quen non lle gustaba traballar en equipo por... Deberán anotar individualmente vantaxes de traballar en equipo para convencelo. Despois forman equipos de 4 e poñen en común as vantaxes que atoparon, poñer en común , comparar as listaxes e ver que cada vez son máis ricas. Mundo de cores: Cadaquén ponse pegada á parede cos ollos pechados, péganselles adhesivos de cores de xeito que non poidan ver a cor que lles tocou. A alguén non se lle pon adhesivo ou teno doutra cor. Abren os ollos e sen dicir nada teñen que agruparse. Comentan despois o que ocorreu.


2.2 ÁMBITO B e ÁMBITO C. TRABALLO EN EQUIPO COMO RECURSO PARA ENSINAR E COMO CONTIDO


2.2.1 FORMACIÓN DOS EQUIPOS HETEROXÉNEOS BASE. Os Equipos base constituiranse na “Semana 0” dos ámbitos. FALTA CALENDARIO


2.2.2 Pasos para a organizaciรณn interna dos equipos. -

Elecciรณn dun nome, un logo e lema do equipo, como sinal de identidade e para reforzar o sentido de identidade e para reforzar o sentido de pertenza a un equipo.

-

Caderno de Equipo.(Cubrir pรกxinas 1- 2 e 3)


Cada membro do equipo levarรก unha medalla identificativa co seu cargo.

Cadro das funciรณns dos cargos.


Suxerencias do manual EL PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar”) PARA ENSEÑAR A APRENDER EN EQUIPO.Implementación del aprendizaje cooperativo en el aula


2.2.3. Diario de sesións. No deseño das tarefas dos diferentes ámbitos debemos de contemplar algunha actividade con estructuras cooperativas simples ou complexas (mínimo dúas) . No caderno de equipo a páxina 4 será o “Diario de sesións” , cada día ao final das actividades deberemos deixar 10 mins para cubrir este diario. Os compoñentes do Equipo deben facer unha avaliación para deixar constancia de cómo foi o traballo , estas revisións ao final de cada sesión son moi importantes pois contribuen a desenvolver nos compoñentes do equipo a súa capacidade metacognitiva de reflexionar sobre o qué fixeron e cómo o fixeron.


2.2.4 ESTRUCTURAS COOPERATIVAS SIMPLES , DERIVADAS E TÉCnICAS COOPERATIVAS. Seguindo o manual EL PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar”) PARA ENSEÑAR A APRENDER EN EQUIPO.Implementación del aprendizaje cooperativo en el aula existen unha grande cantidade de estruturas cooperativas simples o que se trata e de coñecelas e escoller aquela que cremos se nos adapta a conseguir eficazmente os obxectivos planeados no plan de traballo.

Algunhas das estruturas empregadas polo profesorado e alumnado do cole son: Lectura compartida No momento de ler un texto –por exemplo, a introdución dunha unidade didáctica do libro de texto– pódese facer de forma compartida, en equipo. Un membro do equipo lee o primeiro paragrafo . Os demais deben estar moi atentos, posto que o que tócalle a continuación (seguindo, por exemplo, o sentido das agullas do reloxo), despois de que o seu compañeiro lea o primeiro parágrafo , deberá explicar o que este acaba de ler, ou deberá facer un resumo, e os outros dous deben dicir si é correcto ou non, si están ou non de acordo co que dixo o segundo. O estudante que vén a continuación (o segundo) –o que fixo o resumo do primeiro parágrafo– lerá seguidamente o segundo parágrafo, e o seguinte alumno (o terceiro) deberá facer un resumo do mesmo, mentres que os outros dous (o cuarto e o primeiro) deberán dicir si o resumo é correcto ou non. E así sucesivamente, ata que se leu todo o texto. Si no texto aparece unha expresión ou unha palabra que ninguén do equipo sabe que significa, nin tan só logo de consultar o dicionario, o portavoz do equipo comunícao ao profesor ou á profesora e leste pide aos demais equipos –que tamén están lendo o mesmo texto– si hai alguén que o saiba e pódelles axudar. Si é así, explícao en voz alta e revela, ademais, como descubriron o sentido daquela palabra ou expresión. 1-2-4 O mestre formula unha pregunta ou unha cuestión a toda a clase, por exemplo, para comprobar ata que punto entenderon a explicación que acaba de facerlles. Dentro dun equipo de base, primeiro cada un (1) pensa cal é a resposta correcta á pregunta que suscitou o mestre ou a mestra. En segundo lugar, póñense de dous en dous (2), intercambian as súas respostas e coméntanas, e de dúas fan unha. En terceiro lugar, todo o equipo (4), logo de haberse ensinado as respostas dadas polas dúas «parellas» do equipo, han de compoñer entre todos a resposta máis adecuada á pregunta que se lles suscitou.


Parada de tres minutos Cando o profesor ou a profesora dá unha explicación a todo o grupo clase, de cando en vez establece unha breve parada de tres minutos para que cada equipo de base pense e reflexione sobre o que lles explicou, ata aquel momento, e pense tres preguntas sobre o tema en cuestión, que despois deberá suscitar. Unha vez transcorridos estes tres minutos cada equipo suscita unha pregunta –das tres que pensou–, unha por equipo en cada volta. Si unha pregunta –ou outra de moi parecida– xa foi suscitada por outro equipo, sáltanlla. Cando xa se revisaron todas as preguntas, o profesor ou a profesora prosegue a explicación, ata que estableza unha nova parada de tres minutos. Lápices ao centro O profesor ou a profesora dá a cada equipo unha folla con tantas preguntas ou exercicios sobre o tema que traballan na clase como membros ten o equipo de base (xeralmente catro). Cada estudante debe facerse cargo dunha pregunta ou exercicio (debe lelo en voz alta, debe asegurarse de que todos os seus compañeiros aportan información e expresan a súa opinión, e comprobar que todos saben e entenden a resposta consensuada). Determínase a orde dos exercicios. Cando un estudante le en voz alta «a súa» pregunta ou exercicio e entre todos falan de como se fai e deciden cal é a resposta correcta, os lapis de todos colócanse no centro da mesa para indicar que naqueles momentos só pódese falar e escoitar e non se pode escribir. Cando todos teñen claro o que hai que facer ou responder naquel exercicio, cada un colle o seu lapis e escribe ou fai no seu caderno o exercicio en cuestión. Neste momento, non se pode falar, só escribir. A continuación, vólvense a poñer os lapis no centro da mesa, e procédese do mesmo xeito con outra pregunta ou cuestión, esta vez dirixida por outro alumno. Esta estrutura pode combinarse coa que leva por título O Número ou ben Números iguais xuntos: un alumno, cuxo número foi escollido ao azar, debe saír diante de todos a realizar un dos exercicios. O folio xiratorio O mestre asigna unha tarefa aos equipos de base (unha lista de palabras, a redacción dun conto, as cousas que saben dun determinado tema para coñecer as súas ideas previas, unha frase que resuma unha idea fundamental do texto que leron ou do tema que estiveron estudando, etc.) e un membro do equipo empeza a escribir a súa parte ou a súa resposta nun folio «xiratorio» e, a continuación, pásao ao compañeiro da beira seguindo a dirección das agullas do reloxo para que escriba o seu parte da tarefa no folio, e así sucesivamente ata que todos os membros do equipo participaron na resolución da tarefa. Mentres un escribe, os demais


membros do equipo deben estar pendentes diso e fixarse se o fai ben e corrixirlle se é necesario. Todo o equipo –non cada un só do seu parte– é responsable do que se escribiu no “folio xiratorio”. Cada alumno pode escribir a súa parte cun rotulador dunha determinada cor (o mesmo que utilizou para escribir na parte superior do folio o seu nome) e así, a primeira ollada, pode verse a aportación de cada un. Rompecabezas

Grupos de investigación


OUTRAS ESTRUCTURAS QUE PODEMOS EMPREGAR: No manual EL PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar”) PARA ENSEÑAR A APRENDER EN EQUIPO.Implementación del aprendizaje cooperativo en el aula Páxina 85 -102 aparecen estas estruturas e outras moi ben explicadas. O número O profesor ou a profesora pon unha tarefa (responder unhas preguntas, resolver uns problemas, etc.) a toda a clase. Os alumnos, no seu equipo de base, deben facer a tarefa, asegurándose que todos os seus membros saben facela correctamente. Cada estudante da clase ten un número (por exemplo, o que lle corresponda por orde alfabético). Unha vez esgotado o tempo destinado a resolver a tarefa, o profesor ou a profesora extrae un número ó azar dunha bolsa na que hai tantos números como alumnos. O alumno que ten o número que saíu, debe explicar diante de toda a clase a tarefa que realizaron. Si o fai correctamente, o seu equipo de base obtén unha recompensa (unha «estrela», un punto, etc.) que máis adiante se pode intercambiar por algún premio. Neste caso, só a un estudante dun só equipo poida que tóquelle saír diante de todos. Si hai máis tempo, pódese escoller outro número, para que sala outro estudante (sempre que forme parte doutro equipo de base). Non debe confundirse, neste caso, a recompensa que se ofrece aos alumnos que se esforzaron en realizar ben o seu traballo cos premios ofrecidos na aprendizaxe competitivo. O premio pódeno conseguir todos os alumnos porque este non depende de que un alumno fágao mellor que os demais, si non de que todos aprendan a facelo ben, e é por iso, polo seu esforzo, polo que se lles premia. Números iguais xunto O mestre asigna unha tarefa aos equipos e os membros de cada equipo deciden (como na estrutura «Lápices ao centro») como hai que facela, fana e deben asegurarse de que todos saben facela. Transcorrido o tempo previsto, o mestre escolle ao azar un número do 1 ao 4 entre os catro membros dun equipo de base. Os que teñen este número en cada equipo deben saír ante os demais e realizar a tarefa (facer o problema, responder a pregunta, resolver a cuestión, etc.). Os que o fan ben reciben algún tipo de recompensa (un eloxio por parte do mestre, o aplauso de todos, un «punto» para o seu equipo…). Neste caso (a diferenza da estrutura «O número»), un membro de cada un dos equipos de base (que están formados por catro estudantes) debe saír diante de todos, e todos os equipos, por conseguinte, teñen a oportunidade de obter unha recompensa.


Folio Xiratorio por parella Dentro dun equipo, por parellas, inician a actividade nun “folio xiratorio” (unha redacción que a outra parella deberá continuar, pensar un problema ou suscitar unha pregunta que a outra parella deberá resolver ou responder…). Logo dun tempo determinado (por exemplo, cinco minutos, depende da natureza da actividade e da idade dos nenos) as dúas parellas intercámbianse o folio “xiratorio” e cada unha debe continuar a actividade (seguir a redacción, resolver o problema ou responder a pregunta…), logo de corrixir formalmente (ortografía, sintaxes…) a parte do folio escrita pola outra parella. E así sucesivamente o folio vai “virando” dunha parella a outra dentro dun mesmo equipo. Dentro das parellas vanse tornando á hora de escribir no “folio xiratorio”, e mentres un escribe o outro está atento a como o fai para asegurarse que o fai correctamente. A sustancia Trátase dunha estrutura apropiada para determinar as ideas principais –o que é substancial– dun texto ou dun tema. O profesor ou a profesora invita a cada estudante dun equipo de base a escribir unha frase sobre unha idea principal dun texto ou do tema traballado en clase. Unha vez escribiuna, ensínaa aos seus compañeiros de equipo e entre todos discuten si está ben, ou non, corríxena ou a matizan, etc. Si non é correcta ou consideran que non se corresponde con ningunha das ideas principais, descártana. O mesmo fan co resto de frases-resumo escritas por cada un dos membros do equipo. Fanse tantas «roldas» como sexa necesario ata expresar todas as ideas que eles consideran que son máis relevantes ou substanciais. Ao final ordenan as frases que confeccionaron entre todos dunha forma lóxica e, a partir de aí, cada un as copia no seu caderno. Deste xeito teñen un resumo das principais ideas dun texto ou do tema traballado. De todos os xeitos, no momento de facer este resumo final, cada un no sua libreta, non han de limitarse, si así o prefiren, a copiar literalmente as frases elaboradas previamente entre todos, senón que poden introducir os cambios ou as frases que cada un considere máis correctas. O xogo das palabras O profesor ou a profesora escriben no encerado unhas cantas palabras-crave sobre o tema que están traballando ou xa terminaron de traballar. En cada un dos equipos de base os estudantes deben formular unha frase con estas palabras, ou expresar a idea que hai “detrás” destas palabras. A continuación, seguindo unha orde determinada, cada estudante mostra a frase que escribiu e os demais corríxena, a matizan, complétana… Despois ordénanas seguindo un criterio lóxico e un deles encárgase de pasalas a limpo. As palabras-crave poden ser as mesmas para todos os equipos, ou cada equipo de base pode ter unha lista de palabras-crave distinta. As frases ou as ideas construídas coas palabras-crave de cada equipo, que se poñen en común, representan unha sínteses de todo o tema traballado.


Mapa conceptual a catro bandas Ao acabar un tema, como síntese final cada equipo pode elaborar un mapa conceptual ou un esquema que resuma todo o que se traballou na clase sobre o tema en cuestión. O profesor ou a profesora guiará aos estudantes á hora de decidir entre todos que apartados deberán incluírse no mapa ou esquema. Dentro de cada equipo de base repartiranse as distintas partes do mapa ou esquema entre os compoñentes do equipo, de modo que cada estudante deberá traer pensado da súa casa (ou fará en clase de forma individual ou por parellas) a parte que lle tocou. Despois poñerán en común a parte que preparou cada un, repasarán a coherencia do mapa ou do esquema que resulte e, si é necesario, retocarano antes de dalo por bo e facer unha copia para cada un, que lle servirá como material de estudo. Si o tema permíteo, cada equipo pode facer un resumo –en forma de mapa conceptual ou de esquema– dunha parte do tema que se traballou en clase. Dentro de cada equipo, repartiranse logo a parte que lles tocou a eles facendo (cada un, ou por parellas) unha subparte da parte do tema que deben facer en equipo. Máis tarde, cada equipo de base expón ao resto da clase “o seu” mapa conceptual. A suma dos mapas conceptuais de todos os equipos de base representa unha síntese final de todo o tema estudado. O saco de dúbidas Cada alumno do equipo escribe nun terzo de folio (co seu nome e o nome do seu equipo) unha dúbida que lle xurdiu no estudo dun tema determinado. A continuación, pasados uns minutos para que todo teñan tempo de escribir a súa dúbida, expona ao resto do o seu equipo, para que, si alguén pode responder a súa dúbida, fágao. Si alguén sabe respondela, o alumno que a tiña anota a resposta no seu caderno. Si ninguén do equipo sabe responder a súa dúbida, entrégana ao profesor ou á profesora, o cal colócaa dentro do “saco de dúbidas” do grupo clase. Na segunda parte da sesión, o profesor ou a profesora sacan unha dúbida do “saco de dúbidas” e pide si alguén doutro equipo sabe resolvela. Si non hai ninguén que o saiba, resolve a dúbida o profesor ou a profesora. Cadea de preguntas Trátase dunha estrutura apta para repasar o tema ou os temas traballados ata o momento e preparar o exame. Durante tres minutos aproximadamente cada equipo pensa unha pregunta sobre o tema ou os temas estudados ata o momento, que suscitará ao equipo que se atopa ao seu lado, seguindo a dirección das agullas do reloxo. Trátase de preguntas sobre cuestións fundamentais (que consideren que poderían saír nun exame) sobre cuestións traballadas na clase, pensadas para axudar ao resto de equipos. Pasados os tres minutos, o portavoz dun equipo formula a pregunta ao equipo seguinte, o cal respóndea, e, seguidamente,


o portavoz deste equipo fai a pregunta ao equipo que vén a continuación, e así sucesivamente ata que o último equipo fai a pregunta ao primeiro equipo que interveu, o que empezou a “cadea de preguntas”. Cada equipo ten dous portavoces: un para facer a pregunta que pensaron entre todos e outro para dar a resposta que pensaron entre todos. Si unha pregunta xa foi suscitada con anterioridade, non se pode repetir e sáltase o equipo que a suscitou. Acabada a primeira rolda, déixanse tres minutos máis para pensar novas preguntas, pasados os cales iniciarase unha nova cadea, pero en dirección contraria: cada equipo fai a pregunta ao equipo que na primeira rolda fíxolles a pregunta a eles.


3. avaliación. A semana 5 na planificación dos ÁMBITOS será dedicada a reflexión e avaliación. A avaliación é un aspecto moi importante , debemos avaliar os logros e deixar constancia daquilo que conseguimos , dos aspectos que están en proceso e dos que deben mellorar. Planeamos dúas dimensión na avaliación: Grupal (equipo base e grupo clase) e Individual.

No Caderno de Equipo as páxinas 5 , 6 e 7 son para reflexionar e cubrir na semana 5.

AVALIACIÓN INDIVIDUAL.


AVALIACIÓN GRUPAL EQUIPO BASE.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.