Receitas en 5 anos

Page 1

ARAÑAS DE CHOCOLATE Ingredientes (para unha araña):  1 magdalena pequena  2 pastillas picantes con furado  Crema de cacao  Labras de chocolate  Regalicia negra  Lapis pasteleiro brillante  1 Palillo Realización: Untamos de crema de cacao a parte superior dunha magdalena.

Botamos por riba do cacao labras de chocolate, procurando que cubran toda a superficie.

Poñémoslle enriba as dúas pastillas con furado, que semellarán os ollos da araña.


Cun palillo facemos tres furados a un lado e tres ao outro. Neles inserimos anacos de regalicia, que simularán as patas da araña.

Cun lapis pasteleiro enchemos os dos pequenos furados das pastillas para simular o interior do ollo.

E xa está lista para comer! Bo proveito!

Nota: Ben, xa sabedes que as arañas, como todos os arácnidos teñen oito patas. Pero neste caso poñémoslles seis porque se non non hai maneira de que caiban oito anacos de regalicia nunha magdalena tan pequena.


MOMIAS Ingredientes:     

Pan de molde Manteiga ou queixo de untar Queixo en liscos Xamón cocido Boliñas de chocolate, olivas negras ou arándanos.

Realización: Tostamos o pan de molde na tostadora.

Untamos no con manteiga ou queixo de untar.

Poñémoslle un lisco de xamón cocido e tiras de queixo en liscos.

Agora é o momento de poñer os ollos con dúas boliñas de chocolate, olivas negras ou arándadanos.

E a comer!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.