Novas de Lavacolla 2

Page 1

NOVAS DE LAVACOLLA www.ceipmestrerodrigueaxixirei.es

O TEU XORNAL ESCOLAR PREFERIDO

Número 1

Desde 2018

Traballando no horto do Xixirei

Na imaxe podemos ver un momento do traballo no acondicionamento da lagoa do noso colexio. Como podemos observar, o alumnado participou activamente nestes traballos. Agradecémoslle a Sandra a súa axuda e o seu interese por facer do noso colexio un lugar mellor.

Durante este curso no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei se levaron a cabo moi variadas actividades relacionadas co Medio Ambiente e o traballo no horto. O centro leva nove cursos participando nos sucesivos programas de Voz Natura, patrocinados pola Fundación Rey FernándezLatorre. No curso 2016-2017 o colexio recibiu o premio de Voz Natura ao mellor proxecto da nosa provincia. Agradecemos á Fundación toda a axuda e apoio que recibimos ao longo destes anos e compartimos con ela a ledicia polo outorgamento do premio Cruz Vermella que ven de recibir.

Unha lagoa renovada No pasado mes de abril, coa axuda dunha nai e a participación do alumnado e profesorado demos en renovar a nosa lagoa, mellorando o seu contorno e o seu interior con diferentes plantas e unha distribución moito máis harmoniosa. No momento presente a lagoa bule de vida, sobre todo coa actividade das ras, máis tamén de moitos outros animais. A nosa lagoa é un dos centros de interese máis importantes do colexio, pois é un ecosistema en si propio e atrae constantemente a atención do noso alumnado.

Xa temos invernadoiro

Un cole con moitas plantas

A finais de xaneiro mercamos e instalamos un invernadoiro con parte do premio de Voz Natura que recibíramos no curso pasado. Delimita un espazo de 24 m2, con 6 m de ancho por 4 de longo. Unha vez instalado preparamos a terra, instalamos a malla antiherba e o rego por goteo. E plantamos de contado. Comezamos con leitugas de diferentes variedades, brócoli e coliflor. Despois fomos engadindo pementos, tomates e chícharos. Da gusto traballar dentro do invernadoiro sen estar expostos ás inclemencias do tempo! Xa recollemos as primeiras leigutas, que resultaron moi saborosas para quen as probou. Pronto haberá moitas máis!

Nos bordes axardinados estamos a plantar moitas plantas de froitos silvestres, como framboesas ou arándanos, e plantas aromáticas: romeu, xarxa, camomila ou tomiño. Fóra do horto, tamén plantamos amorodos en maceteiros moi orixinais, que podedes ver na entrada do colexio imaxe. Ademais, como tentamos facer todos os cursos, hai plantas con flor en diferentes lugares do colexio.

O invernadoiro nos permitirá colleitar antes de que remate o curso hortalizas que de outra maneira maduran despois do remate do curso, como tomates ou pementos.

E tamén plantamos no exterior Fóra do invernadoiro plantamos hortalizas: brócoli, coliflor, repolo, allos, cabazas, cebolas.: leitugas de diferentes variedades (lisa, folla de carballo, ...). En decembro, as alumnas e os alumnos de Educación Infantil plantaron allos en sementeiros dentro das aulas. Máis tarde, en febreiro, fóronos plantar no horto.


Novas

Viveiro de plantas e árbores Detrás do edificio sur do colexio, instalamos un pequeno viveiro de árbores. En sementeiros e outros soportes plantamos diversas especies de árbores como carballos (Quercus robur), sobreiras (Quercus suber), pradairos (Acer pseudoplatanus), nogueiras (Juglans regia), castiñeiros (Castanea sativa), magnolios (Magnolia grandiflora), arces xaponeses (Acer palmatun) ou oliveiras (Olea europeae)...

Maio de 2018 Para iso, as rapazas e os rapaces de tiveron que traballar abondo no primeiro trimestre, recollendo sementes das árbores do noso patio e da contorna. Algunhas sementes, sen embargo, trouxémolas doutras partes de Galicia. No momento de redacción desta nova temos unha ceha de plantóns de sementes que foron xerminando ao longo do curso. Moitas destas plantas foron regaladas como agasallos e outras están plantadas no noso horto.

Traballo de compostaxe Neste curso participamos nun programa levado a cabo pola asociación ecoloxista Adega sobre compostaxe. Dalí viñeron ao colexio, nos asesoraron na realización deste proceso e nos subministraron materiais: dous composteiros, anciños e recipientes, así como un contedor grande con labras de madeira. Encargouse de levar a cabo o proceso o alumnado de 3º de Educación Primaria, quen están a traballar recollendo gran parte dos restos vexetais do colexio.

Traballando sobre o outono Nas aulas de Educación Infantil traballaron sobre o outono. As alumnas e os alumnos de Educación Infantil de 3 anos, entre outras actividades, buscaron sementes de árbores polo patio do colexio para plantalas: son landras de carballo e carballo americano, sementes de pradairo e castañas de castiñeiro. Ao mesmo tempo observaron e estudaron diferentes especies de animais (insectos, moluscos, crustáceos).

Na imaxe vemos a alumnas e alumnos de 4 anos estudando diferentes follas.

Plantamos novas árbores En marzo, plantamos unha moreira (Morus alba) para ter alimento aos vermes de seda que imos criar o vindeiro curso; mercamos un exemplar xa medrado, de dous metros e medio, para podar aproveitar as súas follas o curso que ven. E tamén temos pensado plantar un arce xaponés (Acer palmatun), no lugar dunha amendoeira que secou, á beira do parque infantil. Na primavera do ano pasado a amendoeira sufriu unha gomose moi intensa e finalmente secou, sen que saibamos as causas.

O alumnado da aula de 4 anos estivo a investigar e traballar sobre diferentes follas e sementes de árbores. Algunhas destas sementes plantáronas para estudar como nacen e medran as árbores. Tamén fixeron carteis cos nomes das árbores e collares moi chulos. Ao mesmo tempo observaron e estudaron diferentes especies de animais (insectos, moluscos, crustáceos).

Tamén coidamos das arbores que plantáramos durante o curso pasado: dúas maceiras (Malus domestica), unha pereira (Pyrus domestica) e dous rebolos (Quercus pyrennaica). E das que temos desde hai moitos anos: amendoeira (Prunus dulcis), pradairo (Acer pseudoplatanus), castiñeiros (Castanea sativa), catro carballos americanos (Quercus rubra), dous liquidambar (Liquidambar stiraciflua), catrobidueiras (Betula alba), un ciprés (Cupresus sempervirens) e unha feixoeira (Feijoa sellowiana), ademais de numerosos arbustos e plantas.


Novas

Maio de 2018

Plantación no Monte Gaiás

Incubamos ovos de kikas

Participamos na plantación de árbores no monte Gaiás, na Cidade da Cultura. Despois de ver unha montaxe artística nas Torres Hejduk do artista Martín Toimil (Betula Pendula), sobre a fraxilidade dos bosques galegos, fomos plantar bidueiros. Con nós foron Paula, guía da Cidade da Cultura, xunto con Víctor, Javier e Juan, técnicos da Universidade de Santiago de Compostela). Alí nos esperaban traballadores da empresa Seaga, que xa nos prepararan os furados onde situar as árbores. Gracias a todas e todos por axudarnos na contribución da creación do Bosque de Galicia.

Ao igual que hai dous cursos, na aula de 6º de Educación infantil incubamos ovos, pero desta vez de galiña kika (daquela incubáramos ovos de galiñas de Mos, cunha gran porcentaxe de éxito). Puxemos a funcionar a incubadora durante 21 días e finalmente naceron nove pitos. O seu nacemento foi un gran acontecemento e durante uns días asistimos aos seus primeiros pasos. Agora xa están vivindo nun bo lugar no campo con outros animais. Desexámoslles moi boa sorte!

Acollemos unha Exposición sobre especies invasoras A asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) instalou no noso centro unha exposición sobre especies invasoras. Trátase duns paneis nos que se expón o problema que supoñen as especies invasoras nos nosos ecosistemas, especies tanto vexetais como animais. A exposición comezaba na entrada do edificio norte e seguía polo primeiro andar, estivo no noso colexio tres semanas e aprendemos un montón de cousas que non sabíamos

Na imaxe vemos un dos primeiros pitos que veu a luz.

Traballo das ecobrigadas

Estación meteorolóxica

Unha tarefa que levamos facendo varios cursos. As alumnas e os alumnos de Educación Primaria, durante os recreos, controlan o consumo eléctrico de ambos os edificios, anotando as dependencias nas que as luces están acendidas sen necesidade e apagándoas, así como nas que o consumo é axeitado. Cada semana é responsable do proceso unha aula de Educación Primaria.

Este ano instalamos unha estación meteorolóxica a carón do patio de Educación Infantil, subministrada pola Consellería de Educación. Uns operarios do Concello instalárona no mes de xaneiro e, a partir de entón podemos dispoñer de diferentes medidas atmosféricas: temperaturas máxima e mínima, dirección e velocidade do vento, humidade relativa e presión atmosférica.

As actividades relatadas neste xornal non son, por suposto, todas as que levamos realizado ao longo de todo o curso. Sirvan como unha mostra do noso compromiso cara a protección do Medio Ambiente e o mundo natural. Gracias a todas e a todos polo voso traballo!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.