Narración da representación Tomiño no Camiño

Page 1


Os nosos canteiros levan miles de anos traballando nas pedras galegas. Fai cinco mil anos empezaron a debuxar nunha laxe no monte Tetón, e de seguro que o fixeron, porque había un camiño preto polo

que

transitaban

xentes,

seguramente un camiño importante. No 1075, os canteiros dirixidos polo mestre Bernardo o Vello, iníciase a construción da Catedral de Santiago. No 1168 continúa as obras o Mestre Mateo e conságrase a catedral no 1211, coa presenza do rei Alfonso IX. Séculos de obras fai que a catedral teña hoxe outra forma, pero a catedral románica tiña a fachada que vedes. Os canteiros, así como Os nosos avós, cantaban cando traballaban. Escoitádeos.


O bulir dos peregrinos indo a Santiago e volvendo algúns, moitos morrían durante a viaxe, fai que outros canteiros influidos polas obras do Mestre Mateo, incen o país de monumentos polos camiños que os levan ata Santiago.


No noso concello, entraban en barca por Goián, no que daquela chamaban o Barrio da Barca, e sinalaban o comezo do camiño cun cruceiro que na súa base ten a data de 1557. Este é o cruceiro máis antigo do Baixo Miño.


Pasaban os peregrinos logo pola Vila de Anastasio,

hoxe

chamámolo

Estás.

Continuaban o percorrido por diante da igrexa

de

Santa

María

de

Tomiño,

daquela igrexa dun convento de monxas bieitas. Os cruceiros do Camiño Novo e do Barro conducíannos ata Pousadela, nome que vén dalgunha pousada que houbo no lugar. Preto, tiñan un hospital para recuperarse das feridas e enfermidades do camiño, o que hoxe é Hospital.


Neste punto, unha ponte que ainda perdura dende o século XIV, permitía a moitos deles escoller un camiño por Taborda cara o Alto de San Antoniño, pasando por Santiago de Malvas. Os outros preferían seguir polo Val de Tebra baixo a mirada da Torre dos Suárez de Deza, parando na igrexa románica de Santa María, do século XII. Subían por Cimadevila e baixaban a Couso, para deixar Tomiño e entrar no concello de Gondomar. Longa viaxe ata Santiago.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.