Voceiro 2013

Page 1

O VOCEIRO DE HERCULES

1

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

2

CURSO 2011-2012

Setembro 2012 Aquí estamos, equipos de realización e produción, dando os últimos retoques ao guión da nosa película. Este ano semella que imos facer unha serie con capítulos de diferentes xéneros. Xa temos o prace dos produtores e a financiación, malia os recortes, aprobada. O director ten a cadeira agardando. As localizacións en orde. Os permisos para rodar exteriores xa firmados. As cámaras preparadas. Os equipos de sons, efectos especiais, vestiario, maquillaxe, perruquería... ben dispostos. So falta que cheguen os actores e actrices que sabemos que están desexando comezar a rodaxe. E chega o día sinalado, rebumbio no patio,todos buscando amigos, saudando e buscando o lugar que teñen asignado.Todos ledos, barulleiros e tamén un pouco perdidos, son os nervios. Pero xa son veteranos, deseguida atopan o seu sitio. So uns poucos principiantes ollan abraiados e tamén asustados, este barullo organizado. Soan as claquetas LUCES, CÁMARAS E ACCIÓN. Así comeza a función. Na rodaxe todo sae de corrido, capítulos e capítulos coma restras de cebolas ou allos. OUTONO, SAMAÍN, MAGOSTO, NADAL, ENTROIDO, SAÍDAS, PROXECTOS, DÍAS SINALADOS… A serie vai vento en popa, as actrices e os actores moi metidos nos seus papeis, os extras colaborando a esgalla e todos moi implicados nesta fantástica serie de Cine enxebre. E chega Maio, canto traballamos, estamos a piques de rematar, e precisamos un descanso. Últimos días de esforzo e FIN. Un final feliz, non podía ser doutro xeito , cumprimos e estamos satisfeitos do traballo realizado. Pero nós, coma as boas series, o vindeiro ano, xa sabedes … CONTINUARÁ Sabemos que os actores e actrices máis veteranos serán protagonistas doutras películas nas que desexamos que teñan moito éxito e tamén que haberá novas actrices e actores cargadiños de nervios e se seguimos esforzándonos e colaborando todos coma ata aquí , temos

aseguradas

moitas

tempadas

Grazas a TODOS E TODAS. Que as vacacións sexan de CINE.

ISO É TODO AMIGOS E AMIGAS!

exitosas

máis.


O VOCEIRO DE HERCULES

3

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

4

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

5

CURSO 2011-2012

SER ENCARGAD@ S

SER PROTAGONISTA

DISFRAZARNOS


O VOCEIRO DE HERCULES

6

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

7

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

8

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

9

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

10

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

11

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

12

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

13

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

14

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

15

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

16

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

17

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

18

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

19

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

20

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

21

CURSO 2011-2012

Resolvemos os nosos conflitos pacificamente e sen que intermedien adult@s sempre que se pode. Para iso temos o noso recuncho da comprensión. Na boca falamos e na orella escoitamos, cando rematamos…cambiamos!

Falámonos e escoitámonos con atención. Tanto se se trata dun conflito, como dun problema persoal, así como se nos apetece dicirlle a unha compañeira ou compañeiro canto mellorou podemos empregar o Buzón dos Segredos en Voz Alta. As nosas opinións sempre van asinadas porque nos facemos responsables do que escribimos e podemos poñer se son públicas (para ler en voz alta) ou privadas (para que a mestra as comente con nós a soas).


O VOCEIRO DE HERCULES

22

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

23

CURSO 2011-2012

VISITA DO PAI DE LAURA


O VOCEIRO DE HERCULES

24

Cómic en cinco viñetas

LAURA LÓPEZ CUESTA, 3º EP

Daniela Lumbreras Vázquez . 3º EP

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

ALGUNHAS NOVAS MÁIS DE 3º

Este curso tamén participamos no XVI Certame de Teatro Candilejas Don Bosco. Representamos a obra, “Enleando os contos”, unha adaptación libre dun conto de Gianni Rodari.

25

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

26

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

27

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

28

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

29

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

30

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

31

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

32

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

33

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

34

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

35

CURSO 2011-2012

Eu chámome Xaime, estiven cinco anos no colexio e me deron

Levo aquí desde os tres anos e estou

moitos profesores:

moi contento de todo, e o mellor de

Pilar, Julia, Pablo e

todo foi segundo cos meus compañeiros antigos. Fun moi

Eu cheguei ao

desastriño pero algo fixen ben,

colexio en 3º curso

mellorar nos outros cursos. Estou

con sete anos.

moi contento cos profesores que me

Paseino moi, moi

tocaron pero lamento terme que ir e

ben. Só tiven tres

os botarei de menos. Adeus vos digo

profesores: Julia,

a todos sempre vos levarei no

Reyes e Alex.

corazón.

Botarei moito de MONCHO

Alberto. As excursións moi ben, a mellor foi á granxa,

menos este lugar. MARCELA

paseino xenial e tocáronme uns compañeiros xeniais que me caeron todos moi ben.

JAIME

Desde que empecei no cole me acolleron e tiña moitos amigos e era moi feliz. Pero despois foron pasando os días e se

A miña vida aquí non foi bastante boa, ao principio claro.

foron alargando as amizades. Agora sei que

O principio custoume moito facer amigos

eu non fun a única nena nova do colexio,

pero logo xa mo pasei ben. Dáme moita

chegou outra no ultimo trimestre e eu e

pena deixar o cole e sobre todo porque

Jenny a acollemos moi ben.

botarei de menos as profesoras e os

O malo é que Reyes está de baixa e non a imos ver, Patri, Jenny e eu a botamos moito de menos e eu vou botar moito de menos os profesores e os amigos. SARAY

profesores e sobre todo os meus compañeiros do cole. E a unha amiga moi especial. Espero vervos moi pronto. JENNIFER


O VOCEIRO DE HERCULES

36

CURSO 2011-2012

Eu viñen ao colexio en 4º curso, e dende que cheguei o paso moi ben cos meus compañeiros e profesores. Dende que vin tiven a Julia en 4º, a Reyes en 5º e 6º

Para min, o colexio foi como unha segunda casa. Levo vindo a esta escola dende os tres

e o final de 6º temos a Alejandro.

anos. Recordo que o primeiro día preguntaba

Gustáronme todos, pero con Alejandro (que é con

Mª José presentoume aos demais nenos e

pola miña nai e chorei un pouco pero a profe

quen estamos agora) rimos moito e pasámolo moi

acabei por pasalo moi ben.

ben, pero tamén temos que estudar mogollón.

En todos estes anos tivemos uns profes moi

Pode ser que pareza moi difícil pero se estudas

bos e os que máis me gustaron foron Mª

moito xa non o é. Aínda que teñamos esas partes

Xosé, Manoli, Julia, Reyes e Carlos.

divertidas despois tamén hai esas partes de

Agora temos a Alejandro, que tamén é moi

traballo.

bo e ten moita paciencia para aturarnos a ANA

todos. Neste tempo fixemos tamén moitas obras e actuacións e para min as mais divertidas

Eu viñen a este colexio en segundo, a primeira

foron unha que fixemos con Julia que se

profesora que me deu clase foi Marisol, despois

chamaba “A ratiña presumida” e outra con

me deu clase Fina que me deu ata cuarto.

Manoli que se chamaba “A árbore de Nadal”.

En cuarto eu repetín e entón deume clase a

Eu facía de abeto e a profe poñíame

profesora Julia. En quinto e sexto me deu clase

estrelas na cabeza cun pau. Aínda que

Reyes. Todas as profes foron boas.

sempre fomos unha clase un pouco problemática, eu quédome con cousas boas.

LUIS

LAURA MÍGUEZ SÁNCHEZ

Chámome Patricia e viñen o colexio en 4º de primaria. Tiña moitos nervios do que os nenos podían pensar de min, pero foron pasando os días e comecei a darme conta de que era o lugar perfecto, tiña uns compañeiros estupendos e unha profesora que me quería moito. O que mais botarei de menos cando marche do colexio serán as profesoras e as actividades tan divertidas que facíamos e sobre todo aos meus compañeiros.

PATRICIA


O VOCEIRO DE HERCULES

37

CURSO 2011-2012

Eu cheguei a este colexio aos cinco anos, porque fun á gardería. Este colexio para min é o mellor. Tamén tiven moita sorte de que me tocaran os Mestres que me tocaron; en 3º de E.I deume MªJosé que me ensinou moito e fixo que a miña adaptación ó colexio fora moito máis fácil, en 1º tocoume con Manoli que aprendín a ler e gustoume moito, en 2º foi o ano máis malo para min, deunos unha mestra non moi boa que fixo que media clase se cambiara de colexio e deume moita pena. Cando chegamos a 3º e 4º so eramos 8 alumnos/as pero tivemos a sorte de que nos tocara Julia, unha mestra moi boa que nos ensinou moito, logo foi chegando xente nova moi divertida, no último ciclo (5º e 6º) tocounos Reyes, que tiña moita fama de ser mala pero foi moi boa con nós e preparounos moito. Nos últimos días púxose mala, e veu Alejandro (un substituto) que nos está metendo bastante caña. AINHOA

EU SON GABRIEL E O QUE MÁIS ME GUSTA É CANTAR E IR AO PAVILLÓN


O VOCEIRO DE HERCULES

38

CURSO 2011-2012

GAÑADORES DO IV CERTAME LITERARIO

“XANELA” .


O VOCEIRO DE HERCULES

Categoría especial: “ O CAN ROMÁN

Autor: ROMÁN CORDERO BENTOS-PEREYRA

39

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

40

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

41

Conto Accésit: “UNHA SOMBRA NEGRA” Autor: CHRISTIAN BARRAL VILARIÑO

UNHA SOMBRA NEGRA

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

42

Conto premiado: “A VELLIÑA QUE QUERÍA SER ACTRIZ” Autor: CARLA GÓMEZ IGLESIAS

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

43

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

44

Banda deseñada Accésit: “LUSCA UNHA ESTRELA DE CINE” Autora: ALBA MORÁN MARTÍNEZ

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

45

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

Banda deseñada premiada: “A MÁQUINA DO TEMPO” Autora: RICHARD MOURO ROJO

46

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

47

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

48

CURSO 2011-2012

Teatro premiado: “O CINE, UNHA AVENTURA SEN IGUAL” Autora: ANNA MARÍA SCHMELZ COLLADO

O CINE, UNHA AVENTURA SEN IGUAL Escenarios: Entrada do colexio. Dormitorio de Diego. Cociña.

Personaxes: Nai (Agarimosa, doce, traballadora) Pai (Activo, divertido, ledo) Diego (Aventureiro, divertido) Xoán (Simpático, curioso, moi amigo de Diego) Irmán de Xoán (Aburrido, despistado, molestón) Mellor amigo do irmán de Xoán (Igual que o irmán de Xoán) Mestre das clases de cine (Simpático, paciente, acostumado a traballar con nenos) Nai de Xoán (Agarimosa e doce co seu fillo menor, pero regaña moito ao seu fillo maior, non o soporta) Nai do mellor amigo do irmán de Xoán (Co seu fillo, compórtase igual que a nai de Xoán co irmán maior) Presentador do concurso de cine (Divertido, amable, e paciente cos rapaces)


O VOCEIRO DE HERCULES

49

CURSO 2011-2012

(Ábrese o pano. Vese a cociña da casa de Diego, que entra correndo no escenario)

DIEGO (Moi emocionado): Mamá, mamá, no cole dixéronnos que haberá clases de cine no colexio polas tardes os martes e xoves de cinco a seis! Podo ir?

NAI (Dubitativa): Penso que poderías ir, estaría moi ben que te entreteras un pouco polas tardes, porque soes aburrirte ao voltar da escola. Non si?

(Hai uns segundos de silencio e Diego pon unha expresión pensativa)

DIEGO (Aínda algo pensativo): Si... Penso que si.

NAI (Apresurada): Moi ben, entón levarate teu pai no coche. Veña, rapidiño, que xa van ser as cinco! E non quererás chegar tarde á túa primeira clase de cine. Co que che gusta a ti ese tema, rapaz!

(Entra o pai en escena, case correndo)

PAI (Apresurado e nun ton moi ledo): Pois entón, supoño que iremos xa. Non si?

(Péchase o pano e vólvese abrir. Diego e o seu pai atópanse na entrada do colexio, ao aire libre, e auméntase un pouco a iluminación do escenario. Alí están xa Xoán, o seu irmán e o mellor amigo so seu irmán)

PAI: Que o pases ben, fillo!

(Diego achégase a Xoán)

DIEGO (Algo nervioso): Ola! Como te chamas? Cantos anos tes? Eu son Diego, e teño dez anos.


O VOCEIRO DE HERCULES

50

CURSO 2011-2012

XOÁN (Ledo e aliviado): Ola Diego! Chámome Xoán e teño sete anos. Eses son meu irmán e o seu mellor amigo. Perdoa que non che diga os seus nomes, pero é que non queren que ninguén máis saiba os seus nomes durante estas clases. Ten coidado, que con calquera cousa que lles digas pódese armar unha boa, están sempre de mal humor, se te decatas pola expresión da cara.

DIEGO: Tes razón, non me decatei, e moitas grazas por avisar, por certo.

(Entra o mestre no escenario, cunha expresión amable e animada)

MESTRE (Sentándose no chan e facendo un sinal cara aos alumnos para que o fagan eles tamén): Ben, imos comezar coa clase de cine, que penso que vos gustará. Nestas clases aprenderedes moitas cousas relacionadas co cine, e tamén as técnicas necesarias para facer a vosa propia película. Durante as últimas semanas teredes que facer unha película por parellas vós soíños, aplicando todo o que aprendestes durante estas semanas. E a película gañadora será estreada no cine e na televisión. Os creadores levaranse un premio pola súa fantástica obra. Así que, se queredes gañar prestade atención ás explicacións e ás actividades que faremos durante as clases. Se queredes, podedes facer xa as parellas e comezar a pensar como será a historia da vosa película.

(O irmań de Xoán e o seu amigo miran o reloxo con expresión aburrida, con cara de non ter a menor idea do que dixera o mestre)

DIEGO (Emocionado): Queres vir comigo, Xoán?

XOÁN: Pois claro que si! Faremos a mellor película do mundo!

DIEGO: E, Xoán, de que tipo queres que sexa a nosa película?

XOÁN: Pois, a min gústanme as pelis de aventuras, poderíamos facer unha peli de aventuras!

DIEGO: Boa idea! Faremos unha película de aventura, agora xa podemos comezar a pensar como será a historia da nosa peli. Que emoción! Imos facer a nosa propia película! Co que me gusta a min o cine!


O VOCEIRO DE HERCULES

51

CURSO 2011-2012

XOÁN: Eu digo exactamente o mesmo! Eu considéronos os mellores admiradores e seguidores do cine!

DIEGO: Así se fala, compañeiro!

(Péchase o pano, e vólvese abrir. Están de novo nas clases de cine ao aire libre co seu mestre. Están de novo todos sentados.)

MESTRE: Quero que saibades que estas van ser as últimas clases que imos ter.

IRMÁN DE XOÁN (Murmurando á orella do seu mellor amigo): Menos mal, xa cría que estas clases se farían eternas! Gústame ver pelis, si, pero é que isto xa é pasarse de coñecemento sobre o cine!

MESTRE (Dirixíndose ao irmán de Xoán): Dicías algo?

(Hai un momento de silencio)

MESTRE: Ben, como dicía, esta é a última clase que terei con vós, así que espero que teñades polo menos unha idea de cómo vai ser a vosa historia, porque vouvos dar sete semanas para que preparedes a vosa película e a presentedes ao concurso para entón. Despois das sete semanas quedaremos aquí e eu presentarei as vosas películas, pero quedamos aquí porque AQUÍ será a entrega do premio aos cineastas gañadores.

XOÁN (Ensinado ao mestre dous bolsas grandes): Diego e eu imos quedar aquí, xa trouxemos o material necesario.

(Marchan todos do escenario, menos Diego e Xoán. Estes agardan un pouco despois de que marchen todos)

DIEGO: Dixéramos que íamos facer unha peli de aventuras, non si?

XOÁN: Si, e vai ser a mellor peli do mundo! Vou coller o material.


O VOCEIRO DE HERCULES

52

CURSO 2011-2012

(Collen o material entre os dous, e por detrás deles están o irmán de Xoán e o seu amigo vestidos de negro e co rostro oculto baixo unha máscara, pero Diego e Xoán non os ven e non saben quen son. Os sospeitosos fan ruído no chan sen darse conta)

XOÁN (Asustado): Oíches iso, Diego?

DIEGO: Mira, dous persoas vestidas de negro marchan correndo! Seguro que andábannos a espiar!

DIEGO (Emocionado): Ei, Xoán, acabo de ter unha idea fantástica! Imos comezar con outra película, unha película tamén de aventuras, pero esta vez vaise tratar da nosa historia. A historia da aventura que estamos a punto de comezar. Gañaremos o concurso grazas ao noso traballo en equipo.

XOÁN (Tamén emocionado): Se, xa tiña prevista unha idea coma esa e gravei o dos suxeitos sospeitosos. Tiña a cámara previda xa antes de vir.

DIEGO: Fantástico, Xoán, outra vez prevido no mellor momento, coma sempre.

XOÁN (Preocupado): O problema é, que non sabemos como imos nomear esta peli.

DIEGO: Xa pensaremos niso máis tarde.

(Xoán mira sorprendido cara a un papeliño tirado no chan e o colle)

XOÁN: Mira, Diego! Aquí hai unha nota! Pon: O... la... Com... Pa... Ñei... Ros.

DIEGO: Deixa que o lea eu. Na nota pon: “Ola, Compañeiros. Sabemos que faredes un traballo fantástico para o concurso de cine e que tedes pensado gañar o concurso coa vosa obra. Iso é moi posible, tendo en conta a cantidade de atención que prestastes nas clases de cine. Pero non vos confiedes tanto, porque seremos NÓS os gañadores do concurso, e se non nos entregades os premio cando o consigades, vos escangallaremos o traballo antes do concurso, ou o asinaremos da nosa parte. Supoñemos que xa vos destes conta de que vos estivemos espiando. É que tamén temos pensado copiarvos a idea, por se acaso non nos dades o premio. ¡Boa sorte, a necesitaredes! Asinado: Os vosos peores pesadelos.”


O VOCEIRO DE HERCULES

53

CURSO 2011-2012

XOÁN (Nun ton burlón): Bah, “Os nosos peores pesadelos”. Se está máis claro que a auga que son o meu irmán e o seu amigo! É que pensan que somos tan tontos como para non darnos conta de que son eles?

DIEGO: Penso que deberíamos agardar a mañá para pillar a eses dous, non me caen ben. Quedamos mañá na miña casa.

(Péchase o pano e vólvese abrir. Están Diego e Xoán sos nun dormitorio no que hai un escritorio cun ordenador e moitos mobles e andeis con libros e películas.)

DIEGO: Ben, eu tiña pensado que nos agocháramos baixo a cama e os captáramos coa cámara. Tela preparada?

XOÁN (Animado): Pois claro! Sempre a teño a punto!

DIEGO: Perfecto!

XOÁN: Por certo, estiven espiando ao meu irmán e ao seu amigo durante o recreo na escola e oín nunha conversación súa. Dicían que ían vir aquí ás cinco a espiarnos cos seus traxes negros.

DIEGO: Pois entón estarán a punto de chegar.

XOÁN: Entón hai que darse présa. Imos, debaixo da cama! Teño a cámara acendida e gravando. Só hai que agardar a que cheguen.

(Diego e Xoán métense debaixo da cama coa cámara na man. Entran no escenario o irmán de Xoán e o seu amigo outra vez vestidos de negro)

DIEGO: Son eles. Pon a cámara a gravar.

XOÁN: Á orde.


O VOCEIRO DE HERCULES

54

CURSO 2011-2012

(Os suxeitos vestidos de negro comezan a rexistrar a habitación, tomando nota cun lapis nun pequeno caderno)

DIEGO: Se hai que prestar atención nunhas clases teñen a cabeza perdida, pero cando se trata de prestar atención ao espiar e facer trampas...

(Péchase o pano e vólvese abrir. Están todos os personaxes presentes onde se facían as clases de cine, na entrega de premios. O pai e as nais están de público, e tamén o mestre das clases)

IRMÁN DE XOÁN: Entregádenos o premio ou xa sabedes o que faremos, se lestes a nota.

DIEGO: Iso nin tolos!

(O irmán de Xoán e o seu mellor amigo achéganse ao presentador do concurso)

MELLOR AMIGO DO IRMÁN DE XOÁN: Señor presentador! Os nosos contrincantes do concurso escangalláronnos o traballo e estiveron espiándonos, e tamén nos ameazaron con roubarnos o premio polo noso fantástico traballo!

XOÁN: Pero se o ocorrido foi todo o contrario do que din eses tramposos!

DIEGO: Si, e temos probas diso!

IRMÁN DE XOÁN (Burlón): Pois ensinade esas probas imaxinarias vosas.

XOÁN: Como queirades, pero, aínda non o dixerades teríamos que ensinalo igual. Porque esa proba é a nosa película.

DIEGO: Eu creo que o presentador xa vira as películas dos concursos, así que xa sabe a verdade.


O VOCEIRO DE HERCULES

55

CURSO 2011-2012

PRESENTADOR DO CONCURSO: Certo, xa sei quen son os trampulleiros, así que o premio é para... Diego e Xoán!

(O presentador do concurso entrégalles a Xoán e a Diego unha medalla para cada un)

IRMÁN DE XOÁN: Que?

NAI DE XOÁN: Descúlpenos, pero a miña amiga a eu queríamos dicir que a parella perdedora son os nosos fillos e están castigados sen televisión dúas semanas.

MESTRE: Estou moi orgulloso de vós, rapaces. E, como nomeastes a vosa película?

XOÁN (Preocupado): Diego, aínda non pensamos niso. Lémbraste?

DIEGO: Non te preocupes, que xa pensei eu niso.

(Diego diríxese ao mestre e ao presentador do concurso)

DIEGO: O meu amigo e eu decidimos nomear a nosa película como: “O cine, unha aventura sen igual”.


O VOCEIRO DE HERCULES

56

CURSO 2011-2012


O VOCEIRO DE HERCULES

57

CURSO 2011-2012

ÍNDICE  Editorial ……………………………………………………………….… páx 3  A clase das FOCAS ……………………………..…………………... páx 4-7  A clase dos GATOS ………..……………………..…………........... páx 8 -11  A clase dos DINOSAUROS ………….……………………………. páx 12-15  Os traballiños de primeiro curso ………………………………….. páx 16-19  Os traballiños de segundo curso ………………………………….. páx 20-23  Os traballiños de terceiro curso ……………………………………. páx 24-27  Os traballiños de cuarto curso …………………………………….. páx 28-31  Os traballiños de quinto curso ……………………………………. páx 32-35  Os traballiños de sexto curso ………………………………………. páx 36-38  Gañadores do IV Certame literario “Xanela” …………………. páx 39-56  Portadas finalistas ……………………………………………………. páx 57


O VOCEIRO DE HERCULES

58

CURSO 2011-2012

Coordina o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración de todo o alumnado e o profesorado do CEIP SANJURJO DE CARRICARTE de A Coruña.

Portada realizada pola alumna de 4º curso de educación primaria:

ALBA MORÁN MARTÍNEZ


O VOCEIRO DE HERCULES

59

CURSO 2011-2012


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.