Xogueteando 1

Page 1

BOLETIN nº 1 Curso 2014/15

Boletín escolar de Educación Física

XOGUETEANDO XOGUETEANDO SUMARIO  Organización da 1ª Carreira do Magosto  1º Concurso cartel:1ª carreira do magosto  Inicio da actividade extraescolar de Atletismo  Proba local de campo a través “As Mariñas”  Proba comarcal de campo a través Acea de Ama  Atletismo en pista

O boletín XOGUETEANDO nace coa idea de transmitir á comunidade educativa todas aquelas actividades deportivas que se desenvolven no colexio durante o curso académico. Desde o departamento de Educación Física pretendemos que a participación nas diferentes actividades deportivas dinamicen e potencien a vida escolar do alumnado. Somos conscientes da importancia da práctica deportiva para o fomento de valores e creación de hábitos de vida saudables entre a población escolar. Deste xeito queremos implicar a todo o alumnado nestas prácticas e que ademais sexan voluntarias, tentando conseguir a maior participación e o

sentemento de pertenencia a un grupo de referencia, neste caso o CEIP PORTOFARO. O programa Xogade posibilita a participación do colexio en diferentes probas deportivas escolares e desde esa intención o colexio presenta o programa deportivo XOGUETEANDO, que sirve de referencia para a elaboración deste boletín informativo. A publicación nun principio ten un carácter anual e sirve de memoria ou recopilación de actividades deportivas complementarias e extraescolares nas que participou o colexio. Entre os obxectivos que nos plantexamos durante o presente curso destacamos: 1.Adquirir hábitos na

práctica de actividade física e deportiva na idade escolar. 2. Fomentar os diferentes deportes e modalidades deportivas entre o alumnado. 3.Promocionar os deportes no colexio en colaboración con diferentes clubes e asociación deportivas. 4. Potenciar o traballo en equipo do alumnado e colaboración con todos os membros da comunidade educativa. Desde aquí pedir a colaboración das familias para que a participación nas diferentes probas deportivas sexa o máis ampla e continuada posible, pensando sempre no interés xeral e non nas individualidades.

CONCURSO CARTEL: 1ªCARREIRA DO MAGOSTO Entre o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria plantexouse a posibilidade de elaborar un cartel para anunciar a 1º proba de campo a través no colexio. A participación foi voluntaria e a temática do cartel tiña que facer referencia a actividade deportiva do atletismo e ao magosto. Presentáronse oito carteis e o gañador foi Bruno Sánchez Rey de 5ºB. Destacar no traballo a presentación e a capacidade de relacionar as temáticas do atletismo co outono e a

conmemoración do magosto. Agradecer a participación dos demais compañeiros e animalos a seguir presentando traballos en próximas edicións.


BOLE TÍN Nº 1

X OGU ETE ANDO

1ª CARREIRA DO MAGOSTO O venres 21 de novembro e despois de dúas xornadas nas que polas condicións climatolóxicas tivo que aprazarse, desenvolveuse a 1ª CARREIRA DO MAGOSTO no colexio. O día foi acompañado dunhas condicións idóneas para a práctica deportiva y todo o alumnado Educación Primaria do colexio participou nela. Para o desenvolvemento da mesma contouse coa colaboración dos técnicos deportivos do Concello de Cambre e de persoal da Agrupación deportiva Fogar de Carballo y Oleiros. A participación foi por cursos ou niveis e de 1º a 3º a clasificación individual foi mixta e de 4º a 6º estableceuse una categoría masculina e outra feminina.

Todo o alumnado participou con entusiasmo e ilusión, creándose una grande expectación e ambiente deportivo no circuito de campo a través disposto na desembocadura do Río Mero. As clasificacións por equipos foron as seguintes: 1ºclasificado….5ºA….71 puntos 2ºclasificado….3ºB….75 puntos 3ºclasificado….2ºA….76puntos 4ºclasificado….4ºB….93 puntos

13ºclasificado..6ºC...descalifica do Para a clasificación xeral por cursos tivéronse en conta os 10 primeiros clasificados de cada curso, masculino e feminino, mediante a suma de puntos e dependendo do posto na carreira. Obtén o primeiro posto aquel equipo que consiga menos puntos.

5ºclasificado….1ºA...103puntos 6ºclasificado….1ºB...107puntos 7ºclasificado….4ºA...117puntos 8ºclasificado….2ºB...135puntos 9ºclasificado….3ºA...144puntos 10ºclasificado..5ºB...147puntos 11ºclasificado..6ºA...160puntos 12ºclasificado..6ºB...184puntos

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ATLETISMO A comezos do presente curso e en colaboración coa ANPA “A CURUXA” e a Agrupación Deportiva Fogar comezaron as sesión de atletismo no horario de actividades extraescolares. Coa introducción desta actividade preténdese dar continuidade á participación nas probas de campo a través e atletismo nas que participa o colexio dentro do programa

Xogade, potenciar e promover este deporte no ámbito escolar, así como dinamizar a vida deportiva do centro educativo. A inscrición está aberta a todo o alumnado de Educación Primaria, desenvolvéndose os venres en horario de 16 a 17 horas. Neste curso particparon nesta actividade aproximadamente uns 12-15 alumn@s e no vindeiro curso, se a demanda o

CARREIRAS NO NADAL Durante a última semana do ano e coincidindo coas vacacións de nadal desenvolvéronse carreiras de papa e mama noeis nas sesión de Educación Física. Deseñouse un circuito no patio do colexio aproveitando as zonas verdes e fixéronse competicións por niveis. A intención destas foi finalizar o ano facendo unha proba conxunta e con carácter festivo e participativo e continuar coa prepa-

ración para as probas oficiais de campo a través. Unha grande maioría de alumnado asistiu cos seus traxes, gorros, barbas participando activamente nas probas. Esperamos seguir traballando nesta iniciativa en vindeiros cursos e darlle un carácter máis institucional, una vez asentada a proba do magosto.

esixe poderían desdobrarse en dúas sesión por idades, como estaba previsto nun principio. Desde aquí animar a todos aqueles que así o queiran a participar nesta actividade e noutras actividades deportivas organizadas pola ANPA “A Curuxa”


BOLE TÍN Nº 1

X OGUE TE ANDO

PROBA COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS “AS MARIÑAS” O pasado 14 de xaneiro desenvolveuse no parque de Acea de Ama a proba comarcal de campo a través, na que participan os colexios e institutos dos seguintes concellos: Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo, Abegondo, Carral e Arteixo. A participación foi das mas numerosas, desprazando á proba 175 alumn@s de 2º a 6º de Educación Primaria nas diferentes categorías (benxamíns, alevíns, infantís e cadetes masculinos e femininos). Se os obxectivos de participación se veron cumpridos, decir o mesmo en canto a resultados obtidos, no que se acadaron os seguintes postos:

- 1º e 2 posto en equipos e individuais na categoría benxamín feminino. - 3º posto por equipos na categoría benxamín masculino. - 1º posto por equipos na categoría alevín feminino e 3º posto individual. - 3º posto por equipos na categoría alevín masculino. - 4º posto por equipos na categoría infantil masculina e feminina, sendo o primeiro colexio na clasificación xeral por detrás dos institutos presentados. Agradecer a participación voluntaria do alumnado e invitalos a incrementala na próxima edición. Para a faxe intercomarcal clasificábanse os dous pri-

meiros equipo e os oito primeiros individuais, polo que estivemos representados por dous equipos na categoría benxamín femenina, un equipo na categoría alevín femenina e tres individuais(1 alumno en categoría benxamín masculina e 2 alumnos na alevín masculina).

PROBA INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS De novo en Acea de Ama, o sábado 24 de xaneiro desenvolveuse a proba intercomarcal de campo a través na que participaron os equipos clasificados na fase previa das Mariñas. En total asistimos á proba con 21 participantes nas diferentes categorías. O colexio estivo presente por equipos na categoría

benxamín feminino con 2 equipos clasificados e na categoría alevín feminino cun equipo clasificado. A nivel individual participou 1 alumno en categoría benxamín masculino e 2 alumnos en categoría alevín masculino. Nesta proba conseguiuse a 3ª posición e medalla de bronce por equipos na cate-

goría benxamín feminino e o 5º posto na categoría alevín feminino. A nivel individual destacar o 7º posto de Amaia Vidal Castro na categoría benxamín feminino e o 5º posto de Pablo Pérez Garaboa na categoría alevín masculino.

CAMPEONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS No circuito da Praia de Cabío (Pobra do Caramiñal) desenvolveuse o campeonato provincial de campo a través escolar coa participación individual de dous alumn@s do colexio. Na categoría benxamín feminino participou Amaia Vidal Castro obtendo o posto 17º e na categoría alevín masculina participou Pablo Pérez Garaboa obtendo o posto 16º. Destacar o resultado acada-

do tendo en conta que nesta proba participan os mellores atletas escolares da Provincia e os clubes deportivos de atletismo, o que fai máis meritorio o resultado conseguido. De cara ao futuro próximo o noso obxectivo será conseguir clasificar algún equipo para esta proba que anime a todo o alumnado ao traballo en equipo e incrementar a participación a nivel individual para nun futuro

loitar por chegar ao Campionato Galego de campo a través.


ATLETISMO EN PISTA Por primeira vez no colexio durante o presente curso participouse na actividade de atletismo en pista al aire libre. Na competición da comarca Coruña-Ferrol celebráronse dúas probas, participando o colexio na xornada que se desenvolveu nas pistas de Elviña. Nesta proba participou o alumnado que se había clasificado para a fase comarcal de campo a través e o que participa na actividade extraescolar de atletismo, concretamenta nas probas de 500 e 1000 metros lisos. Para o campeonato provincial de atletismo clasificáronse as 16 mellores marcas da provincia, conseguindo esa clasificación 4 alumn@s da categoría benxamin na proba de

1000 metros. Estos atletas son BRAIS HERNÁNDEZ, AMAIA VIDAL, ANGELA ESTHER UREÑA e PAULA SANCHEZ, todos eles de 3º de E. Primaria. No campeonato provincial celebrado o 30 de maio en Ferrol, nas pistas da Malata, obtivéronse os seguintes postos: 4º posto para AMAIA VIDAL, 5º posto para ANGE-

LA ESTHER UREÑA y 7º posto pa PAULA SÁNCHEZ, mellorando as tres atletas a marca persoal conseguida con anterioridade. En categoría masculina BRAIS HERNÁNDEZ obtivo o 7º posto no campeonato, aunque por dous segundos non mellorou a anterior marca persoal.

CEIP PORTOFARO

Paseo dos Templarios s/n—15679 Temple (O), A Coruña Tlf:981 66 67 56 Fax:981 650 181 Correo: ceip.portofaro@edu.xunta.es

Estamos en la web www.edu.xunta.es/centros/ceipportofaro/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.