Airiños 37

Page 1


Benqueridos lectores: Unha nova edición da revista Airiños, nada menos que a 37 edición, chega ás vosas mans un ano moi, moi diferente ao resto dos cursos.

Neste curso a temática que estivemos a traballar co alumnado foi “Firuca e a Arte” aínda que do que máis investigamos e aprendemos foi do COVID-19 que nos cambiou a vida a todos e todas dun día para outro. Queremos compartir con vós nestas páxinas todo o traballo realizado, tanto presencial como telemáticamente e algunhas das actividades que desenvolvemos xuntos. Agardamos que vos guste e que pasen un bo rato con Airiños. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos agradecer coma sempre a colaboración e o esforzo de toda a Comunidade Educativa. Grazas un ano máis, por axudarnos a defender o uso do noso idioma.


AIRIÑOS Nº 37 Aconteceu este ano... Este curso 2019-2020 demos a benvida aos nenos e nenas novos de 3 anos de Educación Infantil, e tamén a outro alumnado que chegou a Educación Primaria. Tamén recibimos a profe Sonsoles de Audición e Linguaxe. Como cada ano, pensamos un novo tema para o Proxecto da Biblioteca. Este ano acordamos traballar a arte en concreto a pintura. Así xurdiu o título do noso proxecto “Firuca e a arte”. Partindo desta temática, puxémonos mans á obra e ambientamos o noso cole, preparamos o Entroido.... Pero cando xa estábamos a pleno rendemento o 13 de marzo tivemos que confinarnos nas nosas casas e pasar á educación telemática debido ao Coronavirus. Ante esta situación, tanto profesorado como familias e alumnado puxemos todo da nosa parte para poder seguir repasando e aprendendo dende a casa. Participamos no programa Xogade, a partir do cal fixemos intercambios deportivos con outros centros. Celebramos o Nadal, o Samaín, a Festa da igualdade, o Día contra a violencia de xénero, o Día da Paz, o Día da Muller Traballadora... Destacar por suposto, a colaboración de toda a comunidade educativa nas diferentes propostas que se levaron a cabo, como o Samaín, o Entroido ou a Carreira Solidaria, para colaborar coa organización “Save the Children” que este ano nos declarou Centro Embaixador. Agora xa só nos queda poñer fin a este curso tan diferente, contándolle aos nosos compañeiros/as todo o que aprendemos e vivimos , gozando das actividades que se puideron realizar no cole e aquelas que realizamos dende a casa durante o estado de alarma, esperando que chegue ese día que todos agardamos, a volta a “Nova normalidade”.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

UN COLEXIO MOI VIVO!! O noso colexio cumpriu este ano 35 anos, Dende 1985 pasaron por nosas aulas multitude de alumnos e alumnas, de mestres e mestras que foron e serán sempre parte da nosa comunidade, unha comunidade que crece cada ano e a que estamos moi contentos e contentas de pertencer. Loxicamente, durante estes anos o espazo foi mudando ben para adaptarse as necesidades educativas ou ben para reparar os danos provocados pola obsolescencia dos materiais e o paso do tempo. A biblioteca, as aulas de infantil , a aula de informática, o comedor, a aula de usos múltiples, o pintado das fachadas, os arranxos no pavillón, o asfaltado do patio, o novo parque de xogos de infantil, a renovación parcial do muro son algunhas das obras realizadas.od cursos anteriores Este curso non podía ser diferente e aínda que non todas están executadas na súa totalidade, aquí vai as que xa están feitas ou case rematadas:

• PATIO COEDUCATIVO: Dende o goberno de España, recibimos una subvención para realizar acción que fomenten a igualdade entre nenos e nenas. Dito e feito, con eses cartiños e algún máis do peto do centro, a volta das vacacións do Nadal o alumnado encontrouse cun novo patio, a pista deixou de ser una simple pista para converterse nun patio coeducativo cheo de actividades diversas : área de basquet, campo de brilé, circuítos, mariolas, labirintos, tres en raia, serpes numéricas e xogos en espello

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

• ZONA DE DESCANSO: Din que “quen non chora, non mama”, e no noso centro iso sabémolo moi ben. Afortunadamente temos moitos/as amigos/as e unha comunidade educativa disposta a axudar e a mellorar o centro. Nesta ocasión, e grazas a una doazón, aumentamos a “área de descanso” do patio. Catro bancos “xubilados” sumáronse as dous existentes no patio e grazas ao bo traballo de Zalo, que os limpou, reparou e pintou con mimo e esmero, agora temos un espazo amplo para descansar e conversar. Grazas tamén a José María que aínda que xubilado sempre está para botar unha man.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 • FACHADA: Nestes 35 anos, o centro pasou do color terra inicial ao azul e amarelo dos últimos dez anos. Por desgraza aquela primeira reparación non resultou ben, polo que este ano e ante o risco de desprendemento de materiais en 3 das oito fachadas tocou quitar para reparar. As obras aínda non remataron pero seguro que o resultado ademais de mellorar o illamento desas fachadas e polo tanto a eficiencia enerxética dos edificios, revitalizará a imaxe do cole.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

AS NOVAS DE FIRUCA Miró Kandinsky Mondrian Klee Van Goh Yayoi Kusama

Ola familias! Un ano máis toca lembrar todo o acontecido na nosa biblioteca. Este curso traballamos algúns pintores e estivemos en A ARTE

CON FIRUCA!

Nesta viaxe espacial estivemos dirixidos por esta estupenda tripulación …32 dos nosos alumnos de 5º e 6º que , coma sempre, fixeron posible o funcionamento de préstamo, aínda que este curso só 483 libros da biblioteca viaxaron ás vosas casas debido ,como xa suporedes , ao confinamento que nos mantivo separados dos nosos mestres e compañeiros dende o 14 de marzo. Pero a pesar de todo eles realizaron moitísmo traballo rexistrando no programa e despois controlar que todos os libros regresasen ao seu lugar nos andéis da biblioteca. Moitísimas grazas pola vosa implicación. Foi unha exitosa viaxe!!!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 Día da Biblioteca O 24 de Outubro, tivo lugar a apertura da biblioteca do Ceip Alfredo Brañas para este curso 19/20 no que Firuca, despois das exploracións do pasado curso, afronta agora unha nova e emocionante aventura........a arte ! Este curso aprenderemos sobre algún/a da/os máis importantes artistas e as súas obras, para iso tratamos A ARTE CON FIRUCA.

Con esta celebración iniciamos a tempada bibliotecaria.

Lectura da carta de Firuca presentando o tema.

Visionado dun power point sobre os artistas que se van a traballar.

Reparto ao alumnado de marcapáxinas do pintor que lles tocou traballar.

Presentación do Equipo de colaboradores de Biblioteca.

Reparto de carnés aos novos alumnos.

Viñeron a ao noso colexio uns artistas do barro, uns oleiros de Buño para ofrecernos un obradoiro co que dar realidade aos nosos soños.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 A partir dese día comezaron as lecturas na biblioteca

Lecturas dos nosos padriños lectores, pais que viñeron voluntarios a ler aos máis pequenos

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 MOCHILAS VIAXEIRAS

Como en anos anteriores, o equipo de biblioteca xunto o resto do profesorado, botaron a andar as mochilas viaxeiras. Hai unha mochila por curso, que vai á casa durante unha semana, os titores controlan a rotación e seleccionan o contido segundo aos seus interese, procurando introducir materiais en diferentes soportes e dirixidos á familia, non só ao alumno. Son os comentarios que achegan as familias os que nos animan a seguir con esta iniciativa ano tras ano.

O mércores 20 de novembro celebramos os dereitos dos nenos e nenas facendo unha dúas na nosa biblioteca e recordamos os dereitos da infancia.

De parte de SAVE THE CHILDREN Recibimos unha placa de agradecemento por todos os nosos esforzos por todos os nenos e nenas que sobreviviron grazas as nosas aportacións, a todas as racions de alimentos que contribuíron a combatir a desnutrición severa e tantas e tantas cousas acadadas....

“A solidaridade so e posible coa participacion das persoas."

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero

Para conmemorar este día contamos cun Obradoiro de contacontos no noso colexio a cargo de Innova patrocinado pola Ampa Porta Santa .

Aínda que os

rapaces e rapazas de 5º e 6º de E. Primaria celebraron a Festa da

Igualdade cos outros centros do concello, como colexio non podiamos deixar de conmemorar esta data desexando que non fora necesario facelo. Cada clase, sumándonos a iniciativa “ennegrocontraasviolencias” elaborou un cartel cunha mensaxe clara en contra dos abusos e a favor da igualdade Foron pegados nas fiestras e portas. Tamén, na biblioteca ao longo da semana fixemos unha serie de lecturas relacionadas co tema.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 O 3 de decembro celebramos o día internacional a discapacidade co lema "Baixo o mesmo paraugas " .... literalmente como pode verse nas fotos!!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Día da paz Celebramos coma todos estes anos o día da paz cun muro cheo das nosas boas intencións e amor.

O alumnado de segundo de primaria a obra O mundo precisa “Leccións de paz”.

Toda esta semana escoitamos na megafonía do noso colexio a canción “ Gracias a ti”.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

AELG, propuxo para a celebración deste día Rosalía ,que os alumnos do noso colexio recitasen conxuntamente o poema “Airiños, airiños, aires”. Ao finalizar escoitamos a canción de Astarot adicada a ela.

O día 8 de marzo celébrase o día internacional da muller. No C.E.I.P. Alfredo Brañas os alumnos e mestres celebramos este ano o día da muller coa lectura do libro “O país dos mandóns” ,feita por algúns alumn@s de 3º de E.P. Desa lectura tamén fixemos un vídeo que colgaremos no noso blogue.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Este ano foi distinto aos demais, as celebracións que ían ter lugar no colexio a partir do 14 de marzo, no que se decretou o estado de alarma, houbo que facelas a través da páxina web e do blogue. As familias colaboraron desde as súas casas. Para conmemorar o día da poesía decidimos mandarlle unha tarefa que consistía en que cada un escribise unha poesía sobre o momento que estabamos a vivir, déronselle como guías os temas do “coronavirus”, “queda na casa”, “como nos sentimos nestes momentos”, ... A verdade é que fixeron un gran traballo. Chegáronnos moitas poesías, aquí pódense ver algunhas mostras. Con todas elas deixamos un vídeo recopilatorio no blogue do colexio.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Outra celebración que non puidemos facer todos xuntos no colexio foi esta. Por iso fixemos protagonistas a todo o alumnado deixándolles , no blogue, un vídeo recompilatorio con algunhas das imaxes das súas lecturas pasadas e de compañeiros doutros anos. Tamén lles deixamos outros vídeos ou ligazóns a eles ,dalgunhas desas lecturas e actuacións teatrais que se fixeron durante os últimos anos.

Ligazóns: O PAÍS DOS MANDÓNS A CLÍNICA DOS CONTOS

O PITO CAIRO

O PEIXE ARCO IRIS

RECITAMOS POEMAS UNHA GRAN LECCIÓN

QUEN PODE VENCER O VENTO? O ALUMNADO CONTACONTOS HOMENAXE A ROSALÍA CONTOS 3ºEP 2015

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 E

este curso foi todo

dende a BIBLIOTECA

.... O

culpable.... O COVID 19. Levamos na casa dende o 14 de marzo, por este motivo non se puideron realizar moitas das actividades que tiñamos programadas: non tivemos as sesións de contacontos que xa estaban contratadas, non se puideron facer máis lecturas na biblio , non se puido celebrar o día do libro nin o das Letras Galegas, non puidemos presentar aos nosos compañeiros todo o que fixemos relacionado co tema da ARTE CON FIRUCA, e a verdade que foi unha pena porque estabamos facendo cousas moi chulas,... Por este motivo decidimos traballar dende as nosas casas e publicar no blogue do cole,

aí podedes ver todas as

aportacións , vosas e das vosas familias ,ás que lle temos que agradecer

o esforzo que tiveron que facer para

colaborar en todo o que se lles propuxo. MOITÍSIMAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!!!! VÉMONOS PRONTIÑO E ...... . . . COMA SEMPRE XUNT@S!!!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Celebramos o

Samaín e Magosto un ano máis.

Nesta ocasión, a nosa benquerida Firuca vestiuse terroríficamente para convidarnos a pasar moooooito medo no noso tradicional túnel do terror (ambientado con terroríficas obras de arte).

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2018-2019


AIRIÑOS Nº 37

E xa que estabamos de celebración… pois nada mellor que rematar a festa cunhas deliciosas castañas asadas (e que ben asadas¡¡).

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2018-2019


AIRIÑOS Nº 37

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional

das persoas

con Discapacidade. O lema deste ano era BAIXO O MESMO PARAUGAS. E iso precisamente foi o que fixemos, paraugas! Cada clase pintou o seu con debuxos e mensaxes para conmemorar este día, logo colgámolos no corredor entre os edificios. Quedaron estupendos!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 XOGADE Por terceiro ano consecutivo, os cursos de 5º e 6º participamos no programa “xogade” co obxectivo de compartir unhas xornadas deportivas con nenos e nenas de outros colexios. Disputamos varios partidos nas diferentes modalidades de deporte escolar (Baloncesto, Balonmán, Brilé e Fútbol sala). Fixéronse dúas xornadas de convivencia deportiva: na primeira xornada visitamos o, CPI O Crucede de Cerceda, para rematar como locais fronte ó CEIP Otero Pedrayo (Laracha). Aínda que por causa do COVID-19 non puidemos rematar o calendario deportivo, aproveitáronse estas xornadas para fomentar hábitos de alimentación saudable repartindo froita nos descansos entre o xogo.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

CARREIRA SOLIDARIA Un ano mais os alumnos, alumnas, mestres e mestras do centro demostramos o noso apoio aos mais desfavorecidos en colaboración con “Save the children”. Este curso ademais, adiantamos a Carreira Solidaria ó mes de novembro, xa que a organización coa que colaboramos aproveitou a súa visita á Coruña para vir ó cole e distinguirnos como centro embaixador de dita ONG. Das mans de Juán Guilló Jimenez recibimos unha placa que nos acredita como tal. No que se refire á carreira todas as nenas e nenos deron un total de 3659 voltas, que traducidas a km suporían a sorprendente distancia de 458 km. Grazas a todos os patrocinadores conseguimos recadar a cifra de 1340 €.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 Parabéns! xuntos pódese lograr calquera cousa. Cada ano medimos o camiño que fostes capaces de correr, e este curso chegachedes ata preto de Santander, fantástico!

Santander

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

E para rematar recibimos a felicitación do representante de SAVE THE CHILDREN celebrando os 13 anos de carreiras solidarias e o 1,2 millóns de euros (23.000 euros no noso centro)que entre todos os centros conseguimos recadar. Noraboa a todas e todos!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2018-2019


AIRIÑOS Nº 37

Unha das actividades máis motivadoras que fixemos na aula en relación ao proxecto de centro sobre a arte, foi precisamente a actividade inicial do proxecto. En que consistiu esta actividade? Na aula apareceu unha caixa, foi moita a intriga dos nenos e nenas ao vela. Unha vez que estábamos todos sentados expectantes ante á apertura da caixa, a encargada dese día procedeu a abrila. Dentro atoparon varias carpetas numeradas. As preguntas dos nenos e nenas sobre quen deixou a caixa, por que a deixaron, e as hipóteses formuladas foron innumerables. O seguinte paso que demos foi ordear as carpetas segundo os números que tiñan para poder abrilas. A primeira carpeta tiña un USB, dentro había un vídeo da mascota da biblioteca: Firuca, nel pedíanos axuda para investigar sobre a arte e a pintura e concretamente sobre un pintor, pero non dixo o nome quería saber se nos acordábamos. Íanos mandar retos empregando esta caixa como medio para comunicar con nós. E xa tiñamos a primeira misión: descubrir o nome do pintor. Para completar a nosa primeira misión tiñamos que abrir as outras carpetas. Deixounos uns cadros do pintor para falar e investigar sobre eles e deixounos unha folla co nome do pintor en clave, para converter esas claves en letras tiñamos que estar moi atentos e ver por que letra empezaba cada un dos debuxos que nos deixou. Entre todos fomos facendo a proposta e despois pasámolo a papel de forma individual. Unha das cousas que non estaba prevista pero que xurdiu a partir do alumnado foi mandarlle unha carta de volta a Firuca explicándolle que fomos capaces de resolver a nosa primeira misión. Isto permitiunos na aula traballar diversos aspectos como: o formato dunha carta, coherencia na redacción, saúdo e despedida, conciencia fonolóxica, trazo... é dicir moitos aspectos relacionados coa expresión oral e a lectoescritura.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

TEMPO DE NADAL OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA AMENIZARON O COMENZO DE ESTA XORNADA COA INTERPRETACIÓN DE “A CLÍNICA DOS CONTOS”

Entregamos os premios aos gañadores do concurso de postais. Parabéns a todos e todas, sodes uns ARTISTAS!!

Despois da sesión de cine, chegou o momento da tradicional chocolatada navideña do cole Mmmmm…este chocolate e biscoito Que rico está!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Este ano fun moi, pero que moi bo eeee... traballei moito no cole

TEATRO NA LARACHA

BO NADAL

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 COUSIÑAS DE 1º Durante este curso, os nenos e nenas de 1º fixemos moitísimas actividades. Aquí van algunhas para lembrar… Fixemos manualidades con follas.

Montamos uns bonecos articulados.

Participamos nun obradoiro de barro e aprendemos como traballan os oleiros.

Decoramos un paraugas entre todos polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Asistimos á obra de teatro “Carapuchiña Vermella”. Encantounos!

E sentímonos moi contentos e orgullosos cando a nosa compañeira Mariem gañou o 1º premio do Concurso de Postais de Nadal.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 DESCUBRINDO A ARTE Os nenos e nenas de 1º e 2º lemos o conto de Elmer e con el metémonos no mundo da cor. Vimos a diferencia entre facer un debuxo con cores ou en branco e negro. A cor danos alegría. Elmer tamén era moi alegre. Coñecemos a Paul Klee que é coñecido como o pintor da cor. Despois de aprender un pouco sobre a súa vida e algún dos seus cadros, fixemos un mural entre todos.

Tamén reproducimos algúns dos seus cadros.

No Entroido disfrazámonos de lapis de cores.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 Fomos á Fundación Mª José Jove para coñecer máis cousas sobre o mundo da arte. Vimos como cambia un cadro se usamos a cor. A cor dá alegría.

Fixemos un cadro por equipos usando figuras de cores.

Desfrutamos coa arte.

E ao final fixemos un xogo de pistas por todo o museo.

Outro día fomos ao Museo de Belas Artes para seguir aprendendo e coñecendo moitos cadros e estilos de pintura.

1º e 2º de EP

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

O 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos o DÍA DA PAZ. Este ano fixemos un MURO POLA PAZ, que fomos enchendo de ladrillos cheos de bos desexos, mensaxes e debuxos relacionados coa celebración dese día. Despois, todos xuntos na biblioteca, escoitamos aos nenos e nenas de 2º, que nos leron o conto O MUNDO PRECISA LECCIÓNS DE PAZ, e rematamos cantando a canción GRACIAS

A TI .

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

4º E. INFANTIL

Como todos sabedes, este foi o noso primeiro ano no cole. Aprendemos moitas cousiñas

Pero somos uns campións! Mirade, así de felices comezamos a nosa aventura!

este curso… Por exemplo, sobre o outono! E fixemos estes osiños tan divertidos con follas secas.

Desexamos a Paz no mundo da man do noso amigo ELMER!

E aprendemos moito sobre as letras do noso nome!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 PROXECTO DE ARTE!

4º E. INFANTIL

Este ano, ocorreu algo especial na nosa clase! Un día, recibimos unha carta misteriosa! Resultou ser de Firuca, a trasna da biblioteca do cole. Nela, animounos a descubrir o marabilloso mundo da Arte! Con esforzo e imaxinación… decoramos o noso pequeno Recuncho Artístico!

Convertémonos nuns verdadeiros Artistas!

Exploramos o mundo das cores e as emocións da man do Monstro de Cores!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


Ano do Coronavirus do 2020 Queridas/os alumnas/os e familias: Aquí vos envio outra carta, un tanto longa, pero que me sae de dentro, da necesidade de volver contactar con vós... Claro que comunicarnos así é frío, e todas botamos en falta ese toque directo e cercano, pero verémonos prontooo!!! Este trimestre foi algo rariño, non si? Eu escribín cartas e non recibín respostas, así que, aquí vos vai outra cartiña para que saibades que non me esquezo de vós. Tocounos vivir esta nova situación para a que ninguén nos prepararou e estámola superando todxs xuntxs!!! Vedes como onde hai un desexo sempre hai un camiño para logralo!!! A saúde agora é o que máis nos preocupa a todxs, o que máis debe importarnos, e para iso temos que seguir coidándonos moooitoooo e respectando as medidas de seguridade, sen baixar a garda. Non me canso de dicirvos que vos botamos moooitoooo de menos... e esperamos que sexa recíproco! Xa sei que son frases moi repetidas, si, pero non por iso menos sentidas… As/Os profes, dende as nosas casas, estivemos con vós, atendemos consultas, preguntas, preparámosvos actividades novas (moitas, si…) e alégranos saber que estades animadxs e con moitas ganas de volver ao cole!!! Paciencia, estamos resistindo e reinventándonos como mellor sabemos e como podemos para que cando voltedes todo sexa igual ou mellor. Vímosvos en vídeos e fotos, no día a día deste longo confinamento, e iso animounos a seguir e inspirounos…Grazas! Esta nova situación abreu unha fiestra ao que antes era “privado” e “propio”, algo que non ensinabamos nas clases: as nossa casas, os cuartos, orde e caos, os nosos gustos e aficións, a nosa roupa máis cómoda e informal… mostramos fotos persoais, o que lemos, como vivimos, xardíns, mascotas, … todo dende as CASAS, as nosas casas, o privado!!! Entre todas puxémoslle cara ao confinamento. Grazas! Para quen este xa algo cansadxs, fartxs, aburridxs, … de todo "isto"… Mandámosvos ILUSIÓN, MOTIVACIÓN, ALEGRÍA, …Porque estar confinadxs non é algo normal e nós resisistimos 2 meses coma campiónas e campións. Grazas! Creo que estamos en modo pensar que obra faremos a fin de curso, a onde iremos de excursión ou que imos levar á festa de graduación, como faríamos nun curso normal, e nós, botamos en falta esas vosas ilusionadas preguntas e dúbidas, botámosvos moito de menos e esta revista vai ser un recordó de este curso “raro”, que non rematou…


Estamos tratando de resistirnos a que nos arrebaten eso que tanto nos gusta, ilusiona e motiva, pero é a realidade e temos que aceptala, sen perder de vista A VIDA DIARIA, “a normalidade”, o que temos aquí e agora e desfrutalo. As/Os profes seguimos na procura dunha “fórmula secreta”que nos alivie esta sensación de privación de liberdade para saír todxs xuntxs voar… de momento só contamos con “alas emocionais”, que nos axudan a resistir e a prepararnos para a volta, desfrutando do que temos aquí e agora ao noso alcance e sen deixarnos levar polo pesimismo. Ánimo! Estamos sacando o mellor que levamos dentro, que nos empurre cara diante, con gañas, e para iso todxs necesitaremos ese "chute", as/os profes tamén. Grazas!!! Se tedes algunha idea para nós, recibirémola encantadas/os e agradecémosvos calquera aportación. Mentras esperamos pola fórmula secreta, que imos polo bo camiño, aquí vai a revista chea de recordos deste curso tan breve e tan longoooooo! Nestes momentos, a nosa paz interior é moi importante! Desfrutade destas vacacións que necesitades despois de tantos días de traballo e de encerro. E polo momento vale de rollos… Ameazo con volver escribirvos si esto dura! Agora déixovos co máis importante:

UN FEIXE DE MUAS e UN ENORME ABRAZO VIRTUAL

P.D. Esperamos recibir ingredientes para a “fórmula secreta”!!!


¡TODXS

A

U N H A !

COMA SEMPRE... XUNT@S! N O S N E S T E

T E M P O S C U R S O ,

D I F Í C I L E S X U N T X S

Q U E

V I V I M O S

C O N S E G U Í M O L O ! !





AIRIÑOS Nº 37

GRAZAS A JOSÉ MARÍA E A ZALO POR PREPARANOS O INVERNADOIRO TAN BEN E COIDALO CANDO NÓS NON ESTAMOS!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Leitugas, tomates, remolachas, amorodos, cenorias, chícharos, acelgas, brócoli... Cantas vitaminas xuntas!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

GRAZAS A JOSÉ MARÍA E A ZALO POR PREPARANOS O INVERNADOIRO TAN BEN E COIDALO CANDO NÓS NON ESTAMOS!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria, viaxamos a A Coruña, o día 15 de novembro, para visitar a exposición do famoso fotógrafo de moda do século XX, Norman Parkinson, na Fundación Barrié.

VIAXAMOS… MENTRES PUIDEMOS

Tras recorrer as diferentes salas, e admirar as obras deste artista, asistimos a un obradoiro de SCRATCH, no que realizamos o noso propio proxecto, integrando no papel as novas tecnoloxías.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 O pasado 17 de decembro, fixemos unha excursión á Fundación María José Jove en A Coruña. Alí recorrimos as diferentes salas, acercándonos ás obras da colección, coma se fose un xogo, facendo circuítos. Despois, seguindo diferentes pistas, recorremos o museo para localizar diferentes obras. Tamén ese día, creamos a nosa propia obra de arte. Máis tarde, aproveitamos para visitar a casa-museo de María Pita, a heroína coruñesa, que no ano 1589, liderou a resistencia contra o corsario inglés Drake. Puidemos comprobar, como se vivía nos séculos XVI e XVII.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 Foi o 29 de xaneiro, cando visitamos o Muncyt, despois dun percorrido polas diferentes salas, enfrontando unha serie de retos e actividades, achegándonos á ciencia e á tecnoloxía, viaxamos nun enorme boeing 747 jumbo. Pero coma este curso. por enriba de todo somos artistas, realizamos un obradoiro de arquitectura e construímos a Torre de Hércules e o Acueducto de Segovia, dúas grandes obras de arte da arquitectura romana. Entón… chegou o COVID 19, e remataron as viaxes. Pero o próximo curso máis e mellor!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

“ OS ARTISTAS DE 3º E 4º DE E.P. “ Neste curso o tema da biblioteca no CEIP Alfredo Brañas, foi: “ FIRUCA E A ARTE “, e para traballalo, os alumn@s de 3º e 4º de E.P., realizamos unha serie de actividades ao longo do curso, coas cales aprendemos montóns de cousas, que vos imos amosar:

*Fixemos entre todos un MURAL de “ Obras e pintores famosos “: Goya, Velázquez, Van Gogh, Picasso, Paul Klee, Kandinsky…, para colocar no corredor do colexio:

*Tamén montamos outro MURAL para o corredor do Centro sobre “ FRIDA KHALO “ e lemos LIBROS e vimos DOCUMENTAIS sobre a súa vida:

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 * E por último, decirvos que no sorteo de pintores que fixemos no colexio, para traballar durante o curso, a 3º e 4º tocounos VAN GOGH, polo que o noso disfraz de Entroido foi sobre un coñecido cadro seu : “ LOS GIRASOLES ”. Aaah e ademáis compuxemos un fermoso RAP. Estabamos guapíííísimos, xulgade vos mesmos:

ALUMN@S 3º e 4º E.P.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 GRANDES ARTISTAS Este curso, os nenos e nenas de 5 anos aprendemos moito sobra a ARTE. Visitamos museos, coñecemos cadros e pintores famosos, descubrimos a PIET MONDRIAN e fixemos un montón de obras de arte na clase.

Visitounos un oleiro e traballamos co barro.

Pintamos con ACUARELAS.

Visitamos a Fundación Mª José Jove.

Imitamos cadros de MONDRIAN e decoramos a porta da aula.

Disfrazámonos de pintores.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 DRAMATIZACIÓN: O PITO CAIRO Na clase de 5 anos, a profe leunos un conto que nos gustou moito. Titúlase: O PITO CAIRO. Tanto nos gustou que decidimos dramatizalo para os nosos compañeiros e compañeiras de Infantil.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 DÍA DA POESÍA: COVID WARS Episodio I: O alumnado contraataca

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Aprendemos visitando 5º e 6º

Exposición organizada por Norman Parkinson en colaboración con Terra Espléndida e a Fundación Barrié.

Colección de Arte Fundación María José Jove e Casa Museo Picasso.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 Museo de Historia Natural, Xunta de Galicia e Parlamento.

Limpeza de praias en Caión

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

A ARTE NAS AULAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os puntos son sólidos e infinitos. Son unna forma de vida. Sol, lúa, estrelas son centos de milóns de punto. Cada ser numano é tamén un punto.

Cada ser numano é tamén un punto. Os puntos non poden existir por sí mesmos, só poden existir cando se reunen uns con outros.

Afradezo o momento no que sinto que podo aportar algo a sociedade e podo comprometerme non so como artista.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

2020: o ano das mulleres na arte. Con exposicións en solitario en moitos dos principais museos do mundo, este ano as mulleres artistas desembarcan con máis forza que nunca.

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

E cruzamos España coas ….. RUTAS!!! Comezou a nosa aventura a finais do curso pasado. O ministerio de Educación e Ciencia convoca as Rutas Científicas, Artísticas e Literarias a finais do verán para participar no outono 2019. Había que mostrar ao mundo onde estaba A Laracha e cal era o seu patrimonio etnográfico e natural. Así que algúns quitaron fotos e fixeron vídeos sobre o noso Concello durante as vacacións. A profe Isa encargouse de elaborar un proxecto e a profe Agripina tamén colaborou para facer as xestións co Ministerio. Que nervios e que ilusión cando coñecemos que foramos elixidos para participar nas Rutas!! Tocounos Murcia e Andalucía Oriental. Estaríamos unha semana fóra da casa compartindo esta aventura viaxeira con outra clase de 5º do cole de Quintanar de la Orden (Toledo). Así que o mes de setembro estivemos tirando máis fotos, facendo de novo vídeos de presentación e informándonos das marabillas que iamos ver. E chegou o 6 de outubro!! Ata veu o Sr. Alcalde a despedirnos!!. Tamén queremos agradecer a axuda monetaria que nos fixo a AMPA do cole e máis o Consello Escolar. E agradecer tamén a Isa e a Gus que nos acompañaron e coidaron. A primeira noite fixémola nun pobo que se chama Pedro Muñoz, en terras da Mancha, e puidemos ver dende o autobús os seus famosos muíños, xa sabedes, eses que saen no Quixote. Ao día seguinte coñecemos aos nosos novos compañeiros de Rutas, uns rapaces dos que, ao final, custou despedirse. Visitamos lugares inesquecibles: Cartaxena e o seu teatro romano, Murcia e a súa Catedral, as minas de La Unión, o Parque Natural do Cabo de Gata, os invernadoiros de El Ejido, onde degustamos tomates e cogombros con mel e aceite, que estaban ben bos!! E aprendemos con Lola cómo tratar ás hortalizas sen produtos químicos. Ata fixemos pan en Guadix….que logo ceamos no hotel. En Granada ensináronnos a Alhambra e decatámonos de porque é o segundo monumento máis visitado de España. Pasámolo xenial cas marabillas tecnolóxicas do Parque das Ciencias desta cidade e mesmo tivemos un obradoiro con aves rapaces. Nunca víramos tan cerca un voitre!!. E xa en Málaga, nos levaron ao Centro Pompidou, que é un museo de arte moderna e ao Museo da Música, onde argallamos con moitos instrumentos. Fixemos moitos quilómetros en bus e andamos moito, pero pagou a pena!! Non esqueceremos esta viaxe!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

Nos albergues había que facerse a cama. Nas Rutas aprendemos a ser máis autónomos e independentes.

Diante da Catedral de Murcia

Nunha das fontes da Alhambra cos compañeiros de Quintanar

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 O NOSO É PURO TEATRO Aquí vedes aos compañeiros de 6º, do grupo de teatro “Firucos”, nunha nova convocatoria do FIOT, o certame de teatro lido que cada outono convoca o Concello de Carballo . Hai que preparar un pequeno texto teatral, de non máis de 6 minutos. Este ano preparamos unha adaptación da obra “Todo é un conto”. Así que acudimos en outubro aos estudios de RadioVoz. Aquí están: Mencía López, Irene García, Ariadna Eirís, Hugo Fuentes, Manuel Santos, Candela Sueiro, Daniel Rojo y Amalia Montes. Fixérono moi ben. Foi unha boa experiencia isto de saír pola radio!! Outra boa oportunidade de poñer a proba o noso talento escénico foi no Nadal. Este ano, presentamos a obra “A Clínica dos Contos”, aproveitando o texto que preparamos para o Fiot e facéndolle algunhas adaptacións musicais. Os personaxes eran personaxes dos contos, que misteriosamente desapareceran, e, ao chegar o Nadal, non estaban onde tiñan que estar, que era nos marabillosos contos tradicionais que todos limos e mesmo aprendemos case de memoria. Por alí se veu á Carapuchiña, aos irmáns Gretel e Hansel, A Cincenta, a Brancaneves e os ananos…. Preparamos un “chimpúm final” no que colaboraron os nosos compañeiros de 5º, cando cantamos a canción “Nos tires o lixo ao mar”. Así que tamén aproveitamos a ocasión para facer unha chamada de atención sobre a necesidade de preservar limpos os nosos mares. Vaia coa mensaxe que lanzou a “Sereíña”!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37

A MAXIA DE MEDRAR ADEUS ALFREDO BRAÑAS !! Alfredo Brañas, o meu colexio así se chama. De luns a venres, botei cinco horas que adoitaban [Escriba una citaser delmarabillosas. documento o del Marta, Luz, Marisol Isa, resumen de un puntoe interesante. teño que marchar. Pero non teño ningunha presa.

Lembro cando subimos as escaleiras para ir a 4 anos. Guau!! Que grandes eramos xa!!

Un bo día deixamos atrás o cole dos pequenos. Molou moito estar coa nova mestra, novos libros e poder ir xogar no recreo ao campo de fútbol!! E xa non deixamos de correr!! Tiñamos ademais, a José Mª e a Zalo, que, cando caiamos, víñannos axudar, para polo menos poder camiñar.

O segundo ciclo comezamos no piso de arriba, cunha mestra que viña de dar aos maiores ( OMG ¡!). Marisol ensinounos moitas cousas divertidas e aprendemos a facer traballos…e coñecemos a Joel e a Ayoub. E medrou a nosa mochila!!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 Seguimos avanzando cursos, pasamos terceiro e cuarto, aprendendo a non ter faltas de ortografía, porque a profe Marisol sempre nolas correxía. Chegou a etapa final, vivimos unha experiencia única grazas á profe Isa. Este 2020 ía ser o noso gran ano porque grandes compañeiros tiñamos ao noso lado.

Agora estamos na casa, por culpa do coronavirus. A ver se pronto pasa para poder ver aos amigos. Botaremos de menos as risas, as loucuras, os xogos, as nosas charlas tolas e infinitas, as interrupcións na clase polas que nos gañamos algunha reprimenda , as escavacións no campo de fútbol… a de tartas de area que fixemos!!

Parece mentira que xa pasaran nove anos dende aquel día en que Marta nos deu unha piruleta. Aprendemos moitas cousas e coñecemos persoas marabillosas. Queremos dar as grazas por haber estado sempre aí, nos bos e nos malos momentos, cantándonos o cumpreanos feliz, explicándonos o que non entendiamos e .. demasiadas cousas para poder dicilas todas. A todos os/as profes, ós de agora e ós que xa non están, a Agripina, a Sonia e a Xulia, ao persoal do centro e do comedor, a Pili, que tan ben coidou do noso compañeiro Anxo.. MOITAS GRAZAS, POR FACER O NOSO PASO POLO COLE…..INESQUECIBLE!!!!!

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020


AIRIÑOS Nº 37 JOIN THE DOTS FIND THE MISSING ANIMAL

WORD SEARCH DAYS OF THE WEEK

MAZE

DIFFERENCES FIND THE 5 DIFFERENCES

HELP THE WATER TO GO TO THE PLANT

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2018-2019


AIRIÑOS Nº 37

C.E.I.P Alfredo Brañas - Curso 2019-2020









Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.