UN CONTO VIAXEIRO

Page 1


Nunha fraga moi fermosa había unhas árbores que tiñan moitos, pero que moitos anos. Un día chegaron uns homes e regáronas porque vían que estaban moi vellas. As árbores puxéronse moi ledas. Pero ao día seguinte viñeron outros homes que querían cortalas. As árbores puxéronse moi tristes. Cando as ían cortar, escachizóuselles a máquina.

Todos os animais da fraga saíron do seu cubil e dispuxéronse a atacar aos homes para defender as árbores da fraga. Os homes, asustados, botaron a correr. Pero non se renderon, ían regresar ao día seguinte con máquinas novas para que non lles fallasen de novo.


Os animais organizáronse para a defensa das árbores do lugar no que vivían. Como eran moi listos, vixiáronas por se regresaban.

Un raposo viunos chegar e avisou ao resto. Previamente algúns animais seguiron aos homes para ver cal era o seu plan. Seguíronos ata o seu refuxio, que está no medio da fraga. Os homes pasaron a noite de troula, bailando e cantando, celebrando que ían talar as árbores. Os animais, mentres tanto, puxeron trampas por todas partes para que os homes non puidesen saír do seu refuxio. Puxeron unha trampa para osos, outra que impedía que os homes comesen, outra na porta para que cando a abrisen lles caese unha pedra na cabeza... Ao día seguinte os homes intentaron saír do refuxio. Un abriu a porta e caeulle unha pedra na cabeza. Outro caeu na trampa para osos. Os demais estaban case mortos de fame porque as trampas lles impedían comer. So puideron comer unhas faragullas de pan que había no chan. A pesar de todo, os homes non se rendían.


Un home cunha motoserra conseguiu facer un oco nunha parede do refuxio. Cando os animais viron saír aos homes, fixeron unha barreira con pedras, pólas, plantas, terra,... Intentaron rubir por ela pero non o conseguiron. Como estaban esgotados polo esforzo caeron ao chan e quedaron durmidos.

Ao cabo dun tempo, cando estaban profundamente durmidos, leváronos ata o máis profundo da fraga. Pero sen as súas ferramentas. Os animais querían que os seres humanos puidesen ver o máis fermoso da natureza. Cando os homes espertaron, decatáronse de que non estaban as súas ferramentas e non entendían nada. Non tiñan nada para comer. Entón, atoparon un río e seguiron pola súa beira. Ao final do río atoparon unha árbores que tiñan froitos. Tiñan tanta fame que non se pararon a pensar se eran velenosos ou non, e comeron os seus froitos. Os animais que estaban escondidos detrás duns arbustos, decatáronse de que estaban a comer a súas provisións e enfadáronse moito con eles e atacáronos por sorpresa. Lanzáronlles piñas, pedras, paus,... Eles, feridos, escaparon e unha serpe perseguiunos. Pero unha póla dunha árbore caeu sobre a serpe e os homes puideron escapar.


As árbores tiñan claro que non querían loitas, non estaban de acordo cos homes, que querían talalos, pero tampouco lles gustaba a idea de estar a pelexar sen parar. Entón o gran carballo que estaba no centro da fraga, falou coas demais árbores, e díxolles:

- Parade, parade, pídovolo. Isto é un desastre! Pero ninguén lle fixo caso. -Temos que atopar nós unha solución -dixo o salgueiro, moi preocupado. -Pidamos axuda ao vento -dixo un castiñeiro. O vento levou a información ao piñeiro que estaba no máis alto dunha montaña. - Dona árbore -dixo o vento moi educado-, din as árbores da fraga, que precisan que lles pidas axuda ás nubes, para que provoquen unha tormenta coa axuda de lóstregos, para asustar a todos e todas na fraga e poder poñer un pouco de paz.


De súpeto, uns enormes ruídos procedentes do ceo fixeron que tanto a chuvia torrencial como os lóstregos paralizasen aos animais e homes que nese intre estaban a pelexar. As árbores actuaron enseguida, sacando as súas raíces e encerrando a todas e a todos os habitantes da fraga nun cárcere xigante. Primeiro, empezaron a pelexar, rabuñarse, morderse, darse patadas,etc. As árbores querían a PAZ!! O moucho e un home alto cunha chaqueta de cor gris e unhas botas negras comezaron a alzar a súa voz e dixéronlle aos animais e persoas: - Parade xa de berrar porque, de non facelo, permaneceremos no cárcere das raíces para sempre! As persoas viron que o problema comezaba a ser serio e a súa vida perigaba. A comida escaseaba porque ás árbores froiteiras deixáronas saír. Os humanos déronse conta de que unha vez máis a pelexa non era a solución, e vendo que as raíces penetraban máis na terra e o espazo se reducía, empezaron a DIALOGAR con plantas e animais. Convocaron unha asemblea para iniciar as conversas. - Para que queredes cortar as árbores? -preguntou un animal aos seres humanos. - Necesitamos papel e para facelo precisamos unha pasta que se fai con madeira. Tamén queremos ter leña para as chemineas, pois no inverno vai frío e queremos estar quentes. - Nós somos seres vivos, temos sentimentos e non queremos que nos maten! -dixo un piñeiro. - Queremos un fogar para vivir e non o teremos se vós cortades as árbores da fraga -comentou un esquío. - Entón... que facemos? -preguntou un home. - Pois... collede as pólas mortas e que xa non serven. Claro que tamén podedes ir cortar as árbores invasoras, doutros lugares, como os eucaliptos. Despois de moito falar acordaron que ían manter a fraga como estaba. Os seres humanos decidiron seguir o consello de animais e árbores e ir buscar madeira a outros lugares. Para amosar a súa boa vontade, os leñadores limparon a fraga antes de marchar. Os animais e as árbores déronlles comida pra o camiño. A noticia chegou ao SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza). Un grupo de axentes foron inspeccionar o lugar dos feitos. Alí viron o labor que estaban a facer os animais e os homes; polo que decidiron axudarlles.


Montaron equipos de voluntarios entre a xente da vila máis próxima, e comezaron a participar nos labores de limpeza e repoboación. As árbores máis vellas que non sufriron danos, axudaron a recoller aos animais que quedaron sen fogar. Os esquíos, sempre solidarios, compartiron a súa comida. Os cogomelos serviron de refuxio para os animais que perderon as súas casas. Alí acudiron as formigas, as pobriñas perderan os seus formigueiros. Pouco a pouco a vida na fraga foi sendo cada vez máis normal. Co paso do tempo as árbores que foran repoboadas medraron e convertéronse nas novas casas dos animais sen fogar. Un día, os animais e as planas cometeron un erro; os habitantes da fraga como estaban tan ledos comezaron a invadir (sen propósito de ocupar outras zonas) a área na que vivían as persoas, e os humanos enfadáronse. Entón, ao ver as planas e os animais que as persoas estaban enfadadas, quixeron facerlles ver que é importante vivir en harmonía. Os animais e as persoas fixeron un trato, que ningún deles invadiría o territorio contrario.


Agora, a fraga converteuse nunha reserva natural, e cada certo tempo as árbores dan unhas charlas sobre o que pasou para concienciar a todos e a todas de que non se quebre o equilibrio coa natureza.

Nesas charlas a árbore máis sabia falaba sobre a importancia de respectar e conservar o medio ambiente. - Sen árbores non hai osíxeno e non poderiades respirar -dixo o carballo. - E que podemos facer para evitar iso? -preguntoulle un neno. - Podedes reciclar o papel, non deixar lixo nos bosques, ter coidado coas fogueiras... -respondeulle o carballo. - Ocórreseme que tamén podemos axudar plantando novas árbores polos bosques e limpando os montes -comentou unha nena. As nenas e os nenos volveron charla tras charla á fraga, ata chegar a ser unha gran inspiración para outras persoas.

Se coma esas nenas e nenos


Respecta e conserva a natureza!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.