Apresentação ibrolit

Page 1

Presentaci贸n da colecci贸n

iBroLiT Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology Estudos Iberorrom谩nicos de Literatura e Tradutolox铆a

<http://gaelt-uvigo.blogspot.com>


Editora de honra / Honorary editor:

Camiño Noia Campos

Colección editada por / Series edited by: Burghard Baltrusch & Teresa Bermúdez Montes & Gabriel Pérez Durán

Consello Editorial / Advisory Board: Silvia Bermúdez Ana Paula Ferreira Susana Kampff Lages Ria Lemaire Mertens Inocência Mata Márcia Monceli Cláudia Pazos Alonso John Rutherford Kathrin Sartingen Fernando Venâncio Yara Frateschi Vieira Michaela Wolf

(University of California, Santa Barbara) (University of Minnesota) (Universidade Federal Fluminense) (Université de Poitiers) (Universidade de Lisboa) (Universidade de São Paulo) (University of Oxford) (University of Oxford) (Universität Wien) (Universiteit van Amsterdam) (Universidade de Campinas) (Universität Graz)


iBroLiT artellarase mediante 3 subseries: • Estudos de Literatura Contemporánea (LiCo), • Estudos Medievais (MedS) e • Estudos de Tradutoloxía (TranS). Obxectivos: • Punto de encontro da comunidade investigadora no campo da literatura iberorrománica e da tradutoloxía. • Cada volume representará un esforzo orixinal, xa sexa en forma de monografía, de volume colectivo, de edición crítica, de antoloxía, de obra de referencia, etc. • A colección está aberta a propostas de publicación de estudos en inglés, francés, galego, alemán, portugués e español. • Todas as propostas serán sometidas a un proceso de dobre cego (peer review).


Liñas temáticas e subseries da colección iBroLiT - 1

LiCo: Estudos de Literatura Contemporánea / Studies in Contemporary Literature Ámbito temático: • Literatura iberorrománica desde a modernidade. • Atención especial á literatura galega e á lusófona en xeral. Priorizaranse estudos elaborados desde: • • • •

as teorías sistémicas, transculturais ou de literatura comparada, así como aqueles que atendan as literaturas minorizadas e emerxentes, os seus repertorios (especialmente vinculados á popular) e os estudos de xénero.


Liñas temáticas e subseries da colección iBroLiT - 2

MedS: Estudos Medievais / Medieval Studies Ámbito temático: • Literatura medieval galega e portuguesa.

Priorizaranse: • Traballos de edición de textos (vertente ecdótica, crítica textual ou hermenéutica). • Estudos de retórica, poética e historia da literatura medieval e • sobre as traducións e as relacións con outras literaturas e outras artes.


Liñas temáticas e subseries da colección iBroLiT - 3

TranS: Estudos de Tradutoloxía / Translatology Studies Ámbito temático: • Estudos tradutolóxicos do ámbito literario ou cultural iberorrománico. Priorizaranse liñas temáticas relacionadas

• • • • •

coa teoría da tradución, a tradución literaria, con tradución e xénero, a tradución cultural ou a crítica da tradución.


No contexto da variada poesía galega contemporánea e do boom das escritoras no período posfranquista, Lupe Gómez ocupa unha posición destacada. Inicialmente controvertida por ser provocadora e refutar o canon estético, converteuse en autora de culto, que construíu desde Pornografía (autoeditado en 1995) unha obra anticulturalista, feminista, libertaria, mais tamén con matices surrealistas e existencialistas. Na súa estética innovadora aparecen liberdade, outredade, transición ou repetición como topoi fundamentais. Este volume reúne practicamente todas as análises da obra até o momento, unha entrevista coa autora, un glosario de conceptos centrais da súa escrita, xunto con catro traducións de dous poemarios (inglés, francés, portugués e alemán).


O presente volume formula a hipótese de que o imaxinario literario vive en estreita relación co imaxinario nacional. Mentres o imaxinario literario é transnacional, resultado das constantes flutuacións e fluencias que se producen Entre as tradicións varias, non sempre de carácter local senón tamén diacrónicas, xenéricas, etc., o imaxinario nacional tende xustamente á delimitación, á singularización, elaborando constructos, produtos culturais que, case sempre, precisan botar man, con maior ou menor intensidade, da literatura. Este estudo condúcenos ao longo da tradición literaria galega contemporánea para dilucidar en que medida a nación galega moderna brota e é debedora das fabulacións dos seus literatos e literatas e, tamén, pola contra, en que medida estes e estas se alimentan e beben das fontes nacionais.


Este estudo sobre o Coloquio de 24 galegos rústicos (1746) de Martín Sarmiento (1695-1772) cuestiona dobremente a historiografía literaria galega vixente. Por un lado, reclama para o texto unha envergadura literaria ata o de agora negada. Para isto, pártese da análise tanto das estratexias críticas e galeguizadoras como dunha radicación estética do popular, empregadas por un Sarmiento moi avanzado ao seu tempo. E, por outro lado, revísase o impacto do texto e do autor no Rexurdimento, para concluír que o Coloquio se comporta como unha matriz de repertorio para a literatura galega contemporánea.


Apesar de José Saramago se ter mostrado crítico em relação ao significado tradicional do conceito de utopia, a sua obra oferece muitas vias de análise de temáticas relacionadas. Os trabalhos aqui reunidos centrar-se-ão em temas que abrangem a (re)aprendizagem de humanidade, o pós-colonial, o iberismo, a imagologia, a tradução, a língua, o estilo, a representação da mulher, o imaginário, a identidade e as representações de cultura e história. Entre outros aspectos, trata-se de ilustrar o facto de Saramago nunca ter entendido a utopia como uma via paralela à realidade. Antes, considerou-a como extensão do presente histórico no amanhã, na sua possível transformação em “acção contínua” por convicção, o que também chegou a definir como “a minha utopia”.


Volumes con publicación prevista en 2014-2015 Manuela Palacios González: Us & Them: Women Writers' Discourses on Foreignness in Irish and Galician Literature. Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna: Presenças e novas representações do corpo e da mulher: uma (re)visão na obra de Maria Teresa Horta. Teresa Bermúdez Montes & Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna (eds.): Letras escarlate. A representación da menstruación e do corpo feminino na literatura contemporánea. Ana Acuña (ed.): Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega. X. Bieito Arias Freixedo: Per força de foder. O sexo nas cantigas de escarnio galego-portuguesas.


iBroLiT Máis información sobre a colección e os seus protocolos de edición e de revisión en

<http://gaelt-uvigo.blogspot.com/> e tamén

<http://gaelt-uvigo.blogspot.com/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html>


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.