Page 1

Historia do príncipe e a sardiña

A expedición científica de Alberte I de Mónaco ás costas de Galicia e Portugal


Historia do príncipe e a sardiña A expedición científica de Alberte I de Mónaco ás costas de Galicia e Portugal


«Historia do príncipe e a sardiña» é unha exposición producida polos Museos Científicos Coruñeses en colaboración có Musée Océanographique de Mónaco e coa participación e patrocinio do Museo do Mar de Galicia.

Guión e comisariado: Francisco J. Franco del Amo Dirección de produción: Francisco Armesto Documentación: Didier Theron, Michel Dagnino, Francisco J. Franco del Amo Dixitalización de imaxes: Michel Dagnino Textos da exposición: Francisco J. Franco del Amo, Francisco Armesto, Susana Pérez Textos do catálogo: Francisco J. Franco del Amo, Francisco Armesto, Susana Pérez, Xosé Antón Fraga Tradución textos ao galego: Alejandra Cueto Deseño gráfico da exposición e do catálogo: Montse Paradela Edición do catálogo: Francisco Armesto, Susana Pérez Imprime: Diferente IP © 2009, desta edición: Concello da Coruña D.L.: ISBN: 978-8495600-71-4


Presentación Albert Grimaldi, o Príncipe Alberte I de Mónaco (1848-1922), dirixiu vintecinco expedicións mariñas entre 1885 e 1920. Creador do Musée Océanographique en Mónaco (1910) e o Institut Océanographique en París (1911), é unha figura moi importante no desenvolvemento da Oceanografía. Asemade, a súa intervención foi decisiva para que Odón de Buen acadara a creación do Instituto Español de Oceanografía en 1914. No verán de 1886 visitou as costas galegas co seu barco Hirondelle. O Príncipe fixo escala en Ferrol, do 11 ao 18 de agosto, e na Coruña, entre o 19 e 22 dese mes. Da estancia resultaron dúas publicacións, «La peche de la sardine sur les côtes d’Espagne», na Revue Scientifique e un artigo de Georges Pouchet e Jules de Guerne: «Sur la nourriture de la Sardine», publicado pola Académie des Sciences (1887). Esta investigación pode considerarse a primeira realizada en Galicia, desde un punto de vista da Bioloxía mariña moderna. Posteriormente, o Príncipe, co barco Princesse Alice, acudiu a Galicia en diversas ocasións. A derradeira visita a Vigo e A Coruña tivo lugar en 1909. No caso coruñés aproveitou a estancia, entre o 28 de xullo e o 2 de agosto, para visitar aos promotores da «Sociedad oceanográfica de Coruña, Sub comité de La Coruña de la Société Océanographique du Golfe de Gascuñe» (creada en 1906 e con actividade ata 1913). As fotografías que compoñen esta exposición son inéditas e pertencen á colección do Musée Océanographique de Mónaco. Foron tomadas nas visitas indicadas e os seus autores son o príncipe Alberte I e Jules Richard. Ademais están relacionadas coa historia da pesca e a comercialización da sardiña en Galicia, e forman parte da documentación das campañas do Hirondelle. Calquera destas razóns por separado serviría para xustificar unha interesante exposición fotográfica. Xuntas, converten a «Historia do príncipe e a sardiña» nunha mostra excepcional. Salientan moitas imaxes, como a instalación do prensado do peixe no peirao da Coruña, que Alberte I publicou na «Revue Scientifique». A produción da exposición supuxo un importante labor de dixitalización que permite que as fotografías estean dispoñibles para seren utilizadas polo público e os expertos. Outro aspecto importante da mostra é que as imaxes se expoñen no seu estado real, sen retoques. Entendemos que ao tratarse de documentos con valor histórico, non debían seren manipulados. Para contextualizar as fotos desde o punto de vista científico, a exposición inclúe un capítulo dedicado aos instrumentos utilizados durante a expedición de 1886 e ás publicacións ás que deu orixe.

Xosé A. Fraga Director dos Museos Científicos Coruñeses Pablo Carrera Director do Museo do Mar de Galicia

5


Historia do prĂ­ncipe e a sardiĂąa


Historia do príncipe e a sardiña Durante a súa expedición de 1886 o iate Hirondelle do príncipe Alberte I de Mónaco fixo escala nos portos da Coruña e Vigo. O obxectivo da visita era estudar a pesca da sardiña e recompilar materiais, ensinos e exemplos que permitisen comprender por que este peixe desaparecera por completo das costas de Bretaña. Naquela época, a pesca e conservación da sardiña eran moi importantes para a economía bretoa. Ademais, Francia era o primeiro exportador mundial de conservas de peixe. Por iso, a desaparición da sardiña durante a década de 1880 provocou unha importante crise económica e empuxou aos produtores locais a buscar unha solución en Galicia e Portugal. Creáronse varias empresas mixtas e, en poucos anos, a nosa comunidade ocupou o lugar de Francia no mercado internacional. De feito, en 1887 Galicia exportou ao país veciño 1.323.413 quilos de sardiñas en lata. O establecemento dos empresarios franceses en Galicia supuxo o inicio da modernización do sector conserveiro, cuxo desenvolvemento estaba freado pola dispoñibilidade de lata e aceite. En España o aceite non se conseguiu refinar ben ata 1890 e a lata non se usaba porque era difícil de conseguir a prezos competitivos. Os franceses achegaron ambos os ingredientes, así como o capital e a tecnoloxía para fabricar as latas. Ata ese momento, o principal tipo de conserva que se fabricaba en Galicia era a salgadura de peixe. As fotos e os documentos que compoñen esta exposición foron cedidos polo Musée Océanographique de Mónaco e proceden da expedición de Alberte I a Galicia e Portugal.

9


Barco pesqueiro a vapor e desembarque e lavado de peixe. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«La sardina figuraba todavía hasta hace poco entre los organismos que el mar prodigaba sin medida a las poblaciones costeras de Francia occidental. Hombres, mujeres y niños, miles de personas vivían durante varios meses de este maná plateado, de cuya fuente parecía imposible abusar o agotarla. … Pero desde hace diez o quince años, la disminución progresiva de la sardina en estas costas hace temer su completa desaparición» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

11


Desembarque e lavado do peixe dun barco pesqueiro a vapor. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«Preocupado por este asunto, tan grave para los trabajadores del mar que empiezan a ser demasiados, hice, durante mi campaña científica en l’Hirondelle, en 1886, un descanso en A Coruña, el centro más activo ahora de la pesca de sardinas en España» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

12


Embarque de xeo nun pesqueiro a vapor. A Coruña

«Pensaba encontrar (en A Coruña) alguna enseñanza, un ejemplo útil, o al menos materiales de estudio para añadir a los que se está tratando de poner, cuantos más mejor, en manos competentes» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

13


Mercado do peixe desembarcado das traiñeiras. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«Por otra parte, parece admisible que la marcha (de Bretaña) de un pez migratorio como la sardina debe estar influenciada por el régimen de las corrientes» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

14


Pesqueiro a vapor. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«… la costa de Galicia parece haber sabido cautivar a este pez y he aquí el porqué, según las ideas antiguas que todavía se admiten hoy en el país. La sardina, bastante friolera, prefiere permanecer cerca de la superficie, siempre y cuando no le moleste la agitación del agua. Según este doble punto de vista, los vastos cortes de Galicia serían perfectos para ella, ofreciéndole además como alimento, abundante materia orgánica arrastrada por las aguas dulces que lavan las montañas vecinas» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887 15


Pequeno barco de pesca a vapor. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«Las vísceras de sardina que hemos recogido en Galicia han proporcionado a los señores Pouchet y de Guerne la ocasión de mostrar algunos puntos interesantes de la alimentación, todavía poco estudiada, de este pez» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

16


Pesqueiro a vapor. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«… el interés especial de las vísceras recogidas en Galicia consiste en el extraordinario número de peridináceos que contienen. Según el cálculo de los dos colaboradores, el contenido de uno solo de los intestinos (sin incluir el esófago, el estómago ni su fondo) puede evaluarse en veinte millones de peridináceos de una misma especie (‘Peridinium polyedricum’, Pouchet)» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

17


Secadoiro de redes. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«Cuando llegamos, el 19 de agosto, en una noche oscura, al fondeadero de A Coruña, nubes fosforescentes iluminaban a veces las profundidades del mar; parecía el incendio de una pradera submarina reflejado en el espesor azulado de las capas líquidas» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

18


Barco pesqueiro a vapor e desembarque e lavado de peixe. A Coru単a, 29 de xullo de 1909


Pescando cun medio mundo no porto. A Coruña, 29 de xullo de 1909

«Por la mañana, una actividad particular en la ensenada, una flotilla de embarcaciones cerca de la entrada, nos informa de que la víspera llegaba como nosotros un banco de sardinas, produciendo misteriosos resplandores y que asistíamos a una recolección de este maná viviente» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

20


O BerbĂŠs. Vigo, 1896

21


Embarcadoiro do BerbĂŠs. Vigo, 1896

22


O BerbĂŠs. Vigo, 1896

23


Peixaría (Berbés). Vigo, agosto de 1894

«Algunas redadas producen cuarenta chalupas de sardinas; cada chalupa contiene cien mil pescados, es decir, un total de cuatro millones. Ha ocurrido ya que los tres cedazos de A Coruña han cogido esta cantidad al mismo tiempo. Así pues, el conjunto de la pesca de la ría puede evaluarse en días similares en doce millones de sardinas» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

24


Redes con lastres. Vigo, agosto de 1894

«En otros tiempos, la captura era aún mayor; se puede citar especialmente una pesca de 1834 que produjo 96 chalupas, es decir, nueve millones de sardinas y había entonces un solo cedazo» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

25


Chegada dun barco de sardi単as. Vigo, agosto de 1894

26


Chegada de barcos de pesca. Vigo, agosto de 1894

«Según los datos anteriores, el desarrollo de las sardinas en este punto de la costa habría tenido su alcance máximo hacia 1834. Los enfoques de 1870 figuraban todavía con cantidades anuales de veintitrés o veinticuatro millones; actualmente, no se supera la sexta parte de estas cifras» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

27


Lavando sardiñas. Vigo, agosto de 1894

«Las chalupas llenas, son remolcadas una tras otra hacia la fábrica en la que se agita un ruidoso mundo de hombres y mujeres, porteadores, saladores, curiosos y mendigos» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

28


Mercado de peixe. Vigo, 1908

«Hombres medio desnudos en medio de la chalupa que se está descargando y en la que la sardina flota en una mezcla espesa de agua, escamas y sangre (ya que ésta debe permanecer húmeda para coger mejor la sal), calculan con una medida de madera el volumen del pescado que echan en cestas de mimbre retiradas al momento por los porteadores» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

29


Barcos para a pesca da sardiña. Vigo, 1908

«Sigamos a estas cestas por los pasillos (de la fábrica), por las escaleras resbaladizas, en un barrizal de pescado y sal aplastados, en donde nos encontramos con hombres y mujeres descalzos, que huelen a salmuera y ajo y se pasan los brazos cubiertos de escamas por la cara chorreante. Van y vienen cargados con sus grasientas cestas. Llegamos a un mercado lleno de numerosas cubas de albañilería» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

30


Carga de recortes de lata procedentes das fábricas de botes de conserva. Vigo, 1908

«Las sardinas permanecen quince días en esta salmuera, después las mujeres las ensartan por la cabeza en varillas dividiéndolas en series de veinte. Colocadas de esta forma, sufren cuatro lavados antes de ponerlas en barriles y llevarlas bajo las prensas» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

31


Vista do fondeadoiro e a baía. Cascais, 19 de agosto de 1909

«Desde siempre, la sardina enriquece el noroeste de España; actualmente viven de ella dieciséis mil pescadores. Desde Baiona en Galicia hasta Viveiro, sostiene cuatrocientas fábricas de salazón y conservas» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

32


Praia e flotilla de pesca. Cascais, 19 de agosto de 1909

«Los métodos, normas y tolerancia de la que es objeto esta pesca varían según las regiones, pero permanecen siempre bajo la influencia de un espíritu conservador que protege esta riqueza» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

33


Barrio de pescadores. Cascais, 19 de agosto de 1909

«Entre el cabo de Finisterre y la ría de Marín, las redes pertenecen generalmente a los armadores y a los industriales, que emplean a los pescadores como jornaleros o les dan la mitad del valor de la pesca. … En la ría de Vigo, los pescadores trabajan generalmente por su cuenta» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

34


Barco de pesca ao palangre chegando á praia. Cascais, 19 de agosto de 1909

«En la ría de Vigo, el primer ocupante tiene derecho a establecerse para lanzar la red en algunas playas especialmente favorables; en la ría de Pontevedra, se observa un derecho por turnos» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

35


Palangreiro chegando á praia. Cascais, 19 de agosto de 1909

«En Bretaña, las sardinas que viniesen del sur o del suroeste, para no cambiar de temperatura tendrían que mantenerse más cerca de la superficie. Pero aquí no existen las rías profundas y tranquilas en donde abunde la materia orgánica como en Galicia, sino que además desde hace un tiempo parece cada vez más frecuente la mar gruesa» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

36


Pescadores. Cascais, 19 de agosto de 1909


Pescadores. Cascais, 19 de agosto de 1909

«El herbario que la sardina buscaba antaño a menudo (los pescadores del siglo lo habían observado), tanto porque fuese para ella una protección contra la persecución de sus numerosos enemigos, para depositar sus huevas o simplemente una zona de caza, está siendo devastado sin duda por el arrastre continuo y progresivo de la traíña» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

38


Pescadores. Cascais, 19 de agosto de 1909

«Hay que observar también que en las costas de Galicia, en donde se han mantenido leyes previsoras, la pesca es próspera; en Francia, en donde se respeta mucho menos la prudente normativa provocada por los numerosos abusos, la sardina desaparece» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

39


Barco de pesca. Tarifa, 23 de agosto de 1909

«En las nueve fábricas de A Coruña, las cosas ocurren de esta forma o similar y el valor medio de las sardinas pescadas anualmente en esta ría, asciende a 1.500.000 francos» Alberte I de Mónaco «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne» Revue Scientifique, 17. Abril de 1887

40


A ciencia a bordo do Hirondelle


A ciencia a bordo do Hirondelle Nas campañas científicas do Hirondelle participaban prestixiosos naturalistas da época, como o profesor Georges Pouchet (1833-1894), codirector do laboratorio mariño de Concarneau e xefe de estudos anatómicos do Musee d´Histoire Naturelle de París, e o barón Jules de Guerne (1855-1931). A ambos os naturalistas débeselles un estudo comparativo da dieta das sardiñas galegas e bretoas que aínda se cita hoxe en día. Cando compararon o contido das vísceras de sardiña recollidas en Galicia co das sardiñas francesas, Pouchet e de Guerne descubriron que a dieta dos peixes galegos era especialmente rica en zooplancto pertencente á familia dos Peridiniáceos. No artigo «La pêche de la sardine sur les côtes d´Espagne», publicado en 1887 na Revue Scientifique, Alberte I menciona este feito e di que un só intestino de sardiña galega contiña máis de vinte millóns de individuos da especie Peridinium polyedricum (actualmente, Goniodoma polyedricum).

43


Zorra de arrastre deseñada polo Príncipe Alberte I de Mónaco que se utilizou para estudar a fauna mariña durante a campaña de 1886 nas costas de Galicia e Portugal.

Flotador deseñado en 1885 polo príncipe Alberte I de Mónaco e o profesor Georges Pouchet e utilizado a bordo do Hirondelle para estudar as correntes do océano Atlántico Norte.

Exemplo das mensaxes en varios idiomas que contiñan os flotadores de estudo das correntes inventados por Alberte I. Á esquerda da imaxe pódese ver o tubo de vidro no que ían gardados dentro do flotador. As mensaxes pedían a quen os atopase información sobre as circunstancias do descubrimento. Este tipo de flotadores utilizouse entre 1885 e 1887, pero os que contiñan esta mensaxe en particular utilizáronse en 1886 durante a campaña a Galicia e Portugal.

Mapa cos roteiros do Hirondelle durante as campañas científicas de 1885 e 1886.

tura da Perfís da tempera lfo de Go auga obtidos no pedición ex a Biscaia durante de 1886.


Apéndice: O príncipe Alberte I de Mónaco publicou no número de abril de 1887 da Revue Scientifique o seu estudo sobre a pesca da sardiña en Galicia e Portugal. Os textos que acompañan ás fotografías da exposición son citas obtidas deste artigo.


Revue scientifique N.17 1887


Revista científica (REVUE ROSE)

Director: Sr. Charles Richet 1º semestre 1887 (3ª serie) Número 17 (24º ano) 23 de abril de 1887

Zooloxía A pesca da sardiña nas costas españolas A sardiña figuraba aínda ata hai pouco entre os organismos que o mar prodigaba sen medida ás poboacións costeiras da Francia occidental. Homes, mulleres e nenos, miles de persoas vivían durante varios meses deste maná prateado, de cuxa fonte parecía imposible abusar. Pero desde hai dez ou quince anos, a diminución progresiva da sardiña nestas costas fai temer a súa completa desaparición. Preocupado por este asunto, tan grave para os traballadores do mar que empezan a ser demasiados, fixen, durante a miña campaña científica en L’Hirondelle, en 1886, un descanso na Coruña, na actualidade o centro máis activo da pesca de sardiñas en España. Pensaba atopar algún ensino, un exemplo útil, ou polo menos materiais de estudo para engadir aos que se está tratando de pór, cantos máis mellor, en mans competentes.

A ría da Coruña sitúase cara ao ángulo noroeste da Península Ibérica, pero sen formar parte claramente do golfo de Biscaia. Ábrese cara ao norte cunha anchura dunha milla e media e unha penetración de tres millas. O fondeadoiro ocupa un pequeno oco á dereita da entrada e varias fábricas para a salgadura de sardiñas están graduadas na mesma beira, como prolongación da cidade, cos seus embarcadoiros privados; moi preto, as súas numerosas chalupas adornan unha parte da enseada. Setenta millas máis ao sur, empezan unha serie de cortes profundos que recordan ás baías de Irlanda ou aos fiordes de Noruega e que en España se chaman rías. Estas beiras están bordeadas por montañas, ás veces elevadas, mentres que a unhas quince millas mar dentro atópanse augas profundas de cincocentos metros. Pero a insuficiencia de documentos hidrográficos, non permite trazar exactamente o relevo submarino desta costa. Unha corrente xeral que vén de alta mar, cunha tendencia cara ao sur, como o demostran as experiencias de L’Hirondelle, baña a rexión e sofre a influencia da marea, que oscila entre o norte e o sur. Os ventos dominantes son tamén os de alta mar. Por outra banda, parece admisible que a marcha dun peixe migratorio como a sardiña debe estar influenciada polo réxime das correntes. Os pescadores da Coruña din que entre xullo e setembro, a sardiña penetra de forma máis numerosa nas rías, con vento do nordés, que determina na costa unha corrente cara ao norte e esta tendencia a protexerse contra un arrastre cara ao

49


norte coincidiría cunha antiga teoría que facía descender á sardiña de norte a sur. Unha teoría diferente admitía para este peixe unha marcha inversa, baseándose no feito de que a sardiña pescada en Biscaia, a principios da primavera, non chegaría a Inglaterra ata o outono e cando o fixese sería moito máis grande. Actualmente, algúns pescadores galegos cren que a sardiña vén de alta mar e numerosos capitáns aseguran tela visto a unhas quince millas de terra. Eu mesmo atopei a unhas trescentas cincuenta millas da costa inmensos bancos de peixes parecidos, polo seu tamaño, á sardiña, pero non puiden capturar ningún espécime por falta dos medios adecuados. En calquera caso, a súa embrioxenia, o lugar da súa reprodución e os seus movementos migratorios seguen sendo un misterio. Un punto que pode establecerse, é o afastamento irregular que manifesta ás veces respecto dalgunhas rexións. En 1774, queixábanse xa de que había quince anos que abandonara San Xoan de Luz. Idénticas observacións tiveron lugar en moitos outros puntos. Con todo, a costa de Galicia parece saber cativar a este peixe e velaquí o porqué, segundo as ideas antigas que aínda se admiten hoxe no país. A sardiña, bastante friorenta, prefire permanecer preto da superficie, a condición de que non lle moleste a axitación da auga. Segundo este dobre punto de vista, os vastos cortes de Galicia serían perfectos para ela, ofrecéndolle ademais como alimento, abundante materia orgánica arrastrada polas augas doces que lavan as montañas veciñas.

50

Cara ao mes de decembro, confiaría os seus ovos ao herbario que tapiza o fondo e a continuación faría unha excursión ás augas profundas de alta mar que se atopan cerca. As vísceras de sardiña que recollemos en Galicia, proporcionaron aos señores Pouchet e de Guerne a ocasión de mostrar algúns puntos interesantes da alimentación, aínda pouco estudada deste peixe. Mostraron, comparando os materiais que reunían desde 1874, a variedade desta alimentación. En Concarneau, segundo a estación, son os copépodos, os embrións e os ovos de pequenos crustáceos, anélidos, infusorios, radiolarios e ás veces tamén vexetais inferiores como as diatomeas. Pero o interese especial das vísceras recollidas en Galicia consiste no extraordinario número de peridinais que se atopan. Segundo o cálculo dos dous colaboradores, o contido dun só dos intestinos (sen incluír o esófago, o estómago nin as súas canles cegas) pode avaliarse en vinte millóns de peridinais dunha mesma especie (Peridinium polyedricum, Pouchet). Velaquí a descrición dunha pesca de sardiñas practicada na ría da Coruña, destacable pola amplitude dos seus ritmos. Está permitida entre os meses de agosto e de xaneiro , pero se toleran fóra destes límites, os pequenos aparellos que dan para comer a modestos pescadores e manteñen no mercado un produto alimenticio tan prezado e abundante. A amabilidade dos señores Maristany facilitoume o exame profundo de toda esta ampla organización, que reúne nas mesmas mans a pesca e a


salgadura. Puiden seguir ás sardiñas desde o momento no que a miraxe enganosa e fatal conduce aos seus apertados bancos dentro da ría, ata a operación final da súa posta en barrís. Cando chegamos, o 19 de agosto, nunha noite escura, ao fondeadoiro da Coruña, nubes fosforescentes iluminaban aos poucos as profundidades do mar; parecía o incendio dunha pradería submarina reflectido na espesura azulada das capas líquidas.

A rede, que se chama en español cedazo ou cerco real, é como unha inmensa cortina de seiscentos metros de longo e trinta de alto. Pode clasificarse no xénero traíña. A parte superior está provista de cortizas, a parte inferior lastrada cunha triple relinga de cánabo. O chumbo está prohibido, xa que ao deteriorar o fondo do mar, afecta ao alimento de numerosas especies animais, á desova e á súa protección.

Pola mañá, unha actividade particular na enseada, unha flotilla de embarcacións preto da entrada, infórmanos de que a véspera chegara coma nós un banco de sardiñas, producindo misteriosos resplandores e que asistiriamos a unha recolección deste maná vivente.

O cerco, mergullado ao redor do banco de sardiñas con toda a rapidez posible e dentro dos límites que o separan dos seus veciños, forma un inmenso circuíto cuxos extremos, virados cara á beira, únense rápidamente mediante dous cables con fortes cabrestantes colocados cerca do mar, nos que traballan entre vinte e cinco e trinta homes.

A ría da Coruña está dividida oficialmente en catro zonas definidas por boias. Son recintos favorables para a manobra dos grandes aparellos pola súa extensión, profundidade da auga e disposición da beira. Tres industriais, xefes de pesca e de fábrica, repártense o dereito a ocupar por quendas cada un destes emprazamentos para lanzar a rede. Día e noite, as súas embarcacións vixían a sardiña e sinalan a súa presenza.

Cando a sardiña está ben concentrada no centro do cerco, se leva ata o sitio no que a altura do fondo non supere os trece metros; sóltanse os dous extremos (as pernas) e péchase rapidamente o círculo co que queda do cerco (o cope). No seu conxunto, toda esta operación que ten como obxectivo cercar o banco, esixe entre dez e catorce horas. A malla dos dous extremos mide 0,030 m e a malla do centro só 0,015 m.

En canto hai a mínima alerta, as chalanas, sempre listas, fondeadas na enseada coas súas redes baixo unha lona, chegan rapidamente ao lugar de pesca para ocupar o recinto que lles toca; cada unha delas vai acompañada por vinte embarcacións necesarias para a manobra.

Desta forma, a sardiña pequena pode escapar durante a manobra e o groso utilizable queda suxeita nunha rede cuxa apertada malla non permite que o peixe se estrangule nin se estrague.

Nalgunhas épocas, as chalanas van atracar cada noite preto da súa zona ata a saída da lúa.

Así pois, a parte central do cerco convértese nunha especie de viveiro fixado por dez ou doce áncoras fondeadas ao redor. Retírase a pesca cunha rede de cerco pequena (traíña).

51


Se a sardiña colleita presenta un número superior ao que pode salgar a ferramenta da fábrica dunha soa vez, ou se se renovan as redadas antes de que estea dispoñible esta ferramenta, a sardiña permanecerá o tempo necesario, ata quince días, na súa prisión flotante.

tróns, conforme á cal, estes últimos son os únicos que levan o peso do posible déficit, sen que, por outra banda, o dividendo dos obreiros poida superar un índice establecido.

Algunhas redadas producen corenta chalupas de sardiñas; cada chalupa contén cen mil peixes, é dicir, un total de catro millóns. Ocorreu xa que os tres cercos da Coruña colleron esta cantidade ao mesmo tempo. Así pois, o conxunto da pesca da ría pode avaliarse en días similares en doce millóns de sardiñas. Noutros tempos, a captura era aínda maior; pódese citar especialmente unha pesca de 1834 que produciu 96 chalupas, é dicir, nove millóns de sardiñas e daquela había un só cerco.

Un centenar de mariñeiros están unidos a el, actuando baixo a dirección dun primeiro contramestre de pesca, un segundo contramestre e un contable encargado da vixilancia administrativa. Equipan unha chalana (galeón), que leva o cerco en uso, un segundo cargado co cerco de reserva e un terceiro que transporta a traíña; dúas chalupas de doce toneladas cargadas co aparello, que inclúe os dous cables de arrastre, cada un cunha lonxitude de 2.400 metros e un grosor de 0,103 m, e para rematar, unha multitude de canoas necesarias para a manobra. As chalupas realizan tamén a retirada da pesca.

A mediados do século pasado, as capturas de cincuenta ou sesenta chalupas parecen extraordinarias nesta mesma localidade na que, con todo, funcionaba un cerco establecido e regulamentado máis ou menos como na actualidade. Segundo os datos anteriores, o desenvolvemento das sardiñas neste punto da costa tería o seu alcance máximo cara a 1834. Os datos de 1870 figuraban aínda con cantidades anuais de vinte e tres ou vinte e catro millóns; actualmente, non se supera a sexta parte destas cifras. Velaquí a descrición do persoal empregado por un cerco, así como as normas e os contratos en vigor desde hai moitos anos. A repartición das sardiñas entre os traballadores do cerco e das súas participacións nos beneficios é a seguinte: Constitúe unha verdadeira asociación de obreiros e de pa-

52

O cerco dos Srs. Maristany servirame de exemplo.

Hai que mencionar, con este persoal regular, unha ducia de canoas libres que traballan como supernumerarios e unha trintena de homes non mariñeiros que viran os cabrestantes. Os pescadores acreditados do cerco gañan 70 reais ao mes e, ademais, reparten a metade do valor bruto das sardiñas capturadas. Este valor, que difire logo dunha clasificación das sardiñas en tres tamaños: pequeno, mediano e grande, acórdase previamente entre o armador e a tripulación, nunha reunión anual, cuxa acta se converte nun documento notarial. Para rematar, o armador retén da metade que lle corresponde unha gratificación de tres reais por milleiro de sardiñas, para distribuír do seguinte


xeito ao persoal do cerco: un real para o primeiro contramestre, medio real para o segundo contramestre, medio real para o contable e un real para cincuenta mariñeiros designados polo primeiro contramestre como os máis dilixentes. Os homes dos cabrestantes gañan dez reais de cada vez, en concepto de xornaleiros. Aos mariñeiros supernumerarios se lles paga en sardiñas. Volvamos á nosa pesca que a traíña retira aos poucos do cerco convertido nun viveiro flotante. As chalupas cheas, remólcanse unha tras outra cara á fábrica na que se axita un ruidoso mundo de homes e mulleres, carrexadores, salgadores, curiosos e esmoleiros. Homes medio espidos no medio da chalupa que se está descargando e na que a sardiña flota nunha mestura espesa de auga, escamas e sangue (xa que esta debe per-

manecer húmida para coller mellor o sal), calculan cunha medida de madeira o volume do peixe que botan en cestas de vimbia retiradas ao momento polos carrexadores. Sigamos estas cestas polos corredores, polas escaleiras esvaradías nun bulleiral de peixe e sal esmagados, onde atopamos homes e mulleres descalzos, que cheiran a salmoira e allo e pasan os brazos cubertos de escamas pola cara chorreante. Van e veñen cargados coas súas cestas graxentas. Chegamos a un mercado cheo de cubas de albanelería. A axitación convértese nunha avalancha: os carrexadores sucédense, baleirando no bordo das cubas a súa carga de sardiñas; mulleres armadas con pas víranas con presteza varias veces, mentres que os salgadores énchenas de sal e bótanas deseguido, ás cubas.

Fig. 19 - Prensas de sardiñas, na Coruña (Galicia), segundo unha fotografía de S.A. o príncipe Alberte de Mónaco

53


As sardiñas permanecen quince días nesta salmoira, despois as mulleres ensártanas pola cabeza en variñas dividíndoas en series de vinte. Colocadas desta forma, sofren catro lavados antes de metelas en barrís e levalas baixo as prensas. Para esta última proba, aínda funciona un sistema primitivo e, por suposto, moi antigo, xa que a súa acción suave e progresiva é máis eficaz que a das máquinas modernas. Unha viga móbil, de cinco ou seis metros, únese por un dos seus extremos como en bisagra, cunha barra horizontal fixada ao chan; o outro extremo leva unha pedra de 20 kg. Unha vez cheo o barril, pero aínda aberto, colócase debaixo da viga e preto da bisagra. Unha bandexa de madeira apoiada sobre o contido transmite de forma uniforme á superficie deste a presión de todo o aparello que representa unha panca de segundo xénero. Logo dunhas horas, a masa de sardiñas afúndese e o aceite espremido rezouma polas aberturas realizadas no fondo do barril. Agora o peixe, mellor illado pola compresión, liberado en parte do seu aceite, conservarase durante varios meses. Dous alpendres especiais albergan varias fileiras destas prensas, baixo as cales unha pequena canle recibe este aceite e o leva a un depósito. Expórtase a Inglaterra e Alemaña, para usalo en máquinas e vale ao redor dos 230 francos a peza de 460 kg. Antes da introdución en España do petróleo e do gas, o aceite de sardiña servía para a iluminación e vendíase moito mellor. É especialmente abundante na sardiña do mes de outubro e basta con oitenta mil exemplares deste peixe para proporcionar unha peza; en xaneiro e febreiro necesítanse 300.000.

54

Os tratamentos que sofre, pero sobre todo os lavados, eliminan en parte as escamas da sardiña e aquí temos outro artigo utilizable: serve como abono e cotízase a 30 francos a peza. De xullo a outubro, período no que esta escama cae facilmente, recóllese máis cantidade. Os salarios dos obreiros son os seguintes: para as mulleres, 4 reais por prensar, 2 reais por chalupa se se pesca. Para os homes, 8 ou 10 reais, segundo a súa parte, se se prensa ou se se salga, 12 reais ademais por chalupa cando se descarga. Estes prezos tenden a aumentar. As mulleres están dirixidas por unha capataza. Os días de moita pesca, unha masa de pobres invade as proximidades do establecemento, obtendo multitude de sardiñas, mentres que unha tixola frite permanentemente para os invitados dos Sres. Maristany. Nas nove fábricas da Coruña, as cousas ocorren desta forma ou similar e o valor medio das sardiñas pescadas anualmente nesta ría, ascende a 1.500.000 francos. Botemos agora unha ollada ao capital investido. Os dous cercos dos Sres. Maristany valen 70.000 francos, a traíña 8.500 francos; as tres chalanas 10.500 francos; os aparellos de arrastre, 11.500 fr.; dúas chalupas para os cables, 2.300 francos; unha vintena de embarcacións, 12.000 francos. Así, pois, o material de pesca vale máis de 115.000 francos, ao que lle hai que engadir ademais un fondo de reserva para as reparacións ou o mantemento.


Máis difícil sería a avaliación da fábrica, coas súas ferramentas. Primitivas e sinxelas, como xa amosei, limítanse a alpendres para a salgadura das sardiñas, o almacenamento das redes e da mercancía; alpendres para prensas, un taller para a fabricación de barrís, un centenar de vigas e pedras a discreción e, para rematar, o aloxamento de varios empregados. A organización que acabo de describir é típica da ría da Coruña, cuxos límites non quero superar neste estudo, máis que para agrupar os feitos que poidan xustificar o afastamento que a sardiña mostra na actualidade respecto da costa francesa, ou explicar a diminución da especie. Desde sempre, a sardiña enriquece o noroeste de España; actualmente viven dela dezaseis mil pescadores. Desde Baiona en Galicia ata Viveiro, mantén catrocentas fábricas de salgadura e conservas. Os métodos, normas e tolerancia das que é obxecto esta pesca varían segundo as rexións, pero permanecen sempre baixo a influencia dun espírito conservador que protexe esta riqueza. Entre o cabo de Fisterra e a ría de Marín, as redes pertencen xeralmente aos armadores e aos industriais, que empregan aos pescadores como xornaleiros ou lles dan a metade do valor da pesca. Na ría de Vigo, os pescadores traballan xeralmente pola súa conta. Os aparellos son os seguintes: a rede de enmalle mantida a profundidade variable na que se move

o peixe, entrando el só, sen necesidade de raba; a traíña arrastrada a unha praia; a traíña arrastrada a bordo das embarcacións e que permite capturar o peixe alá onde se atope. A rede de enmalle está autorizada só pola noite; as outras dúas só deberán utilizarse de día. Na ría de Vigo, o primeiro ocupante ten dereito a establecerse para lanzar a rede nalgunhas praias especialmente favorables; na ría de Pontevedra, obsérvase un dereito por quendas. Existen algunhas redes fabricadas para bloquear completamente as pequenas calas, pero están estritamente prohibidas a causa do estrépito necesario para facer que entre o peixe. Ademais, a sardiña, moi medorenta, segundo din, marcharía a alta mar ante estas ruidosas manobras. A pesca de sardiñas está prohibida aquí entre o 15 de febreiro e o 15 de xuño, salvo unha tolerancia variable, en función da abundancia do peixe, que ademais, non é demasiado apreciado polos salgadores durante este período pola súa delgadeza. Por outra banda, é máis conveniente para os fabricantes de conservas, xa que o seu prezo é baixo e a ausencia de aceite natural evita a mestura prexudicial entre este e o aceite de conserva. Seguramente, a costa francesa non presenta para as sardiñas máis que unha mínima parte das condicións físicas e protección antes mencionadas. Entre a costa de Asturias e a de Bretaña, a isoterma de 11,75ºC sobe uns sesenta metros cara á superficie, como se mostra na curva de temperaturas rexistradas por l’Hirondelle nos meses de xullo e agosto de 1886. En Bretaña, as sardiñas que viñesen do sur ou do suroeste, para non cam-

55


biar de temperatura terían que se manter máis preto da superficie. Pero aquí non existen as rías profundas e tranquilas onde abunda a materia orgánica como en Galicia, senón que ademais desde hai un tempo parece cada vez máis frecuente o mar de vaga.

Art. 19 - Prohíbese ás persoas de calquera calidade e condición que sexan, que arrastren no mar, ao longo das costas e nas desembocaduras dos ríos, traíñas, corricáns, e outras redes de arrastre similares, baixo as penas expostas no artigo da presente.

O herbario que a sardiña buscaba outrora a miúdo (os pescadores do século XVIII observárano), tanto porque fose para ela unha protección contra a persecución dos seus numerosos inimigos, para depositar as súas ovas ou simplemente unha zona de caza, está sendo devastado sen dúbida polo arrastre continuo e progresivo da traíña.

Art. 28 - Prohibido pescar, da forma que sexa, vender, comprar ou expor ningunha cría de peixe coñecida co nome de «guildre»1, etc.

Hai que observar tamén que nas costas de Galicia, onde se mantiveron leis previsoras, a pesca é próspera; en Francia, onde se respecta moito menos a prudente normativa provocada polos numerosos abusos, a sardiña desaparece. Os seguintes exemplos mostran a orixe das preocupacións, algo esquecidas desde entón, respecto ao dano que certos excesos poderían facer.

REGULAMENTO DE 23 DE ABRIL DE 1726 Art. 1 - Prohíbese ás persoas de calquera calidade e condición que sexan, a pesca con redes, mallas ou trasmallos denominados barredeiras ou rastras, baixo pena de confiscación das embarcacións, redes, mallas e do peixe e 100 libras de multa ao contramestre, sendo desposuído este de a súa calidade de contramestre, sen poder realizar ningunha función no futuro, nin sequera cobrar como piloto ou piloto práctico e en caso de reincidencia, tres anos de cárcere.

1

Pasta a base de peixe.

56

REGULAMENTO DE 16 DE AGOSTO DE 1727 Art. 3 - As redes para pescar sardiña terán as mallas de catro liñas en cadrado e superior, non podendo facer os pescadores un calibre menor. Artigos seguintes: prohibido empregar redes de sardiñas para outro tipo de pesca; prohibido utilizar o guildre como cebo. Hai que inspeccionar a raba antes de poñela en circulación. Aplícanse as seguintes penas: confiscación, multa e pena capital. A miúdo, a metade da multa é para o denunciante. Os artigos 1 e 19 querían previr sen dúbida a alteración do fondo, no que non se pensa nunca hoxe en día. O artigo 28 do mesmo regulamento e outros artigos dun regulamento de 1727 contemplan un cebo que utilizaban os pescadores de Bretaña tipo raba, que se coñecía co nome de guildre. Era unha pasta composta por camaróns, cangrexos e peixe miúdo. Estaba prohibida polos seguintes motivos: a destrución directa do peixe miúdo que se utilizaba, o trastorno causado á cría ao arrastrar polo fondo as redes pequenas con copo de camaróns;


e para rematar, a corrupción que sofren rapidamente as sardiñas capturadas con este cebo, facéndoas inadecuadas para salgar, segundo confirman as observacións da Sociedade de Agricultura e Comercio de Bretaña (ano 1757). Por outra banda, a importación e a venda da raba estaban sometidas a estritas normas que rexeitaban as falsificacións e os produtos daniños . A eficacia das normas sobre a abertura da malla é insuficiente en canto á protección da cría. Poñamos, por exemplo, unha rede de enmalle coa malla regulamentaria. A tensión que produce neste pano a forza ascensional das cortizas nun sentido e o peso dos chumbos no sentido contrario, convirte a forma cadrada das mallas nun rombo que deixa que o peixe de inferior tamaño se enganche, se non definitivamente, polo menos o suficiente como para perecer ou estragarse. O arrastre provoca un efecto similar, acentuado pola tracción do cable e a resistencia do chan. As mallas péchanse ata o punto que a maior parte da rede se convirte nun verdadeiro saco. No copo amontóanse materiais de todo tipo retirados do fondo: montículos de terra, políperos, cantos rodados, vexetais, entre os que os organismos preciosos, como a cría, sofren unha trituración, aniquilándoos. Hai que destacar, ademais, que a malla da rede para sardiñas empregada na costa francesa é moito máis pequena que a malla das grandes redes da Coruña; esta é de 0,030 m nos extremos e de 0,15 m no centro. As redes de enmalle francesas son de ata 0,0125 m.

Sen dúbida sería pouco considerado concluír cos datos deste estudo sen antes mostrar todas as facetas da vida das sardiñas. Non se podería presentar aínda unha teoría sólida sobre as causas da súa desaparición, que podería atribuírse tamén aos abusos do home e a algunhas perturbacións de tipo hidrográfico. Ante unha modificación das correntes, temperatura ou salinidade, a mellor vontade resultaría impotente; pero o interese futuro aconsella anticiparse ao veredicto que zoólogos especializados, hidrógrafos e industriais reunidos en comisión permanente, apoiarían nun conxunto de investigacións científicas e observacións prácticas que se fixeron ou que se farán. Contra o arrastre, poderíase reducir o seu número, establecer unha zona e unha tempada. Contra a destrución da cría, poderíase agrandar a malla, substituír os chumbos por un lastre menos denso e fixar un mínimo de tamaño para a sardiña. Habería que realizar especialmente unha estreita vixilancia da venda ambulante e do consumo clandestino do peixe prohibido. Tanto no mar como na terra, a pesca e a caza furtivas empobrecerá a alimentación pública e fará que Francia teña que importar do estranxeiro. Xa ocorreu isto co lumbrigante e coa lagosta, que unha flotilla de vinte barcos importa cada ano de España (ao redor dos cincocentos mil), a pesares de que a costa bretoa fora sempre favorable para este crustáceo. Hai que protexer a sardiña tanto se desova nestas costas coma se vén de paso. En Francia hai un desleixo lamentable que permite que se destrúa a caza ou os peixes migratorios de calquera especie.

57


Cóllense centos de miles de paspallás coas redes, ou se permite a introdución das que se collen en Italia; dispárase ás aves acuáticas que volven do sur, logo de aparearse; destrúense os patos silvestres novos que case non voan e as galiñolas listas para pór ovos. Por iso os voos e os pasos diminúen rapidamente. Por que a sardiña tería algún privilexio cando os demais migratorios acuáticos, principalmente o salmón, están sendo destruídos? Os recursos que esta amosa, cando non están moderados por un espírito conservacionista, terán sempre a última palabra. Príncipe Alberte de Mónaco

Para informar o máis posible aos lectores da Revue sobre o tema da sardiña coa que se vinculan en Francia intereses tan dignos de atención, segue a continuación do interesante estudo de S.A. o Príncipe de Mónaco, unha nota do Sr. G. Pouchet sobre as investigacións do laboratorio de Concarneau e documentos estatísticos fornecidos polo Sr. H. Ferrari e que se refiren especialmente á pesca da sardiña en Bretaña.

58

A industria da sardiña e o laboratorio de Concarneau No penúltimo número da Revue, D. Pierre Laurent, cunha cortesía a cal lle agradezo, facía un chamamento aos directores dos laboratorios marítimos de Boulogne, Roscoff, Concarneau e Banyuls a propósito da extremadamente grave «cuestión da sardiña». O laboratorio de Concarneau, situado no centro mesmo da rexión do litoral que visita a sardiña –desde Douarnenez ata Sabres-d’Olonne– está aquí máis xustificado que os demais. Quizais a este poderíaselle solicitar máis información sobre as razóns que dende hai máis de cinco anos afastan á sardiña das nosas beiras, facendo que se sucedan un tras outro os anos de ruína e miseria, desde o ano 1878 que fora de extraordinaria abundancia. Anteriormente, xa o Sr. Coste se preocupara de organizar un estudo científico da sardiña. Nós estabamos realizando entón os nosos primeiros estudos no laboratorio de Concarneau, sobre os peixes. O eminente profesor do Colexio de Francia soñaba con embarcarnos durante tres anos polo menos nun buque estatal, destinado especialmente á procura das condicións de vida de especies peláxicas como o espadín, a anchoa, a sardiña, sobre todo esta última, cuxa pesca emprega a tanta xente nas nosas costas como a pesca do bacallau en Terranova e Islandia. Coste faleceu e o seu proxecto non tivo continuación. Os anos de desgraciada pesca que atravesamos, deberían chamar naturalmente a atención por este lado ao director actual do laboratorio de


Concarneau. Co xeneroso apoio que a Mariña quere dar aos traballos que se realizan, iniciáronse xa investigacións sobre a sardiña, bastante interesantes, aínda desprovistas de sanción práctica. Así, o alimento da sardiña e a época do desenvolvemento completo das súas ovas foron obxecto dunha atención especial. O tenente de navío Sr. Goëz, que gobernou durante un tempo a goleta La Perle, en Concarneau, puido establecer unha conexión manifesta entre a relación das temperaturas superficiais e profundas na baía e as épocas de aparición e desaparición da sardiña de verán. As táboas que resumen as súas observacións durante dúas campañas consecutivas, aínda non foron publicadas, pero figuraban na última exposición de Nantes, cidade na que foron moi apreciadas ao ser a verdadeira capital da industria da sardiña. O director do laboratorio de Concarneau fixo máis. O último ano dirixiuse ás cámaras de comercio do litoral, solicitándolles subscribir durante tres anos a suma necesaria para realizar un estudo científico completo da sardiña. Esta suma era ben pequena, aproximadamente un centenar de francos por fábrica existente na costa. Pero o director do laboratorio de Concarneau pretendía solicitar a axuda da Mariña, xa que unha cuestión complexa e difícil como o estudo das causas que poden afastar momentánea ou definitivamente unha es-

pecie peláxica das nosas costas, non é das que se resolven con recursos particulares, nin sequera cos medios dos que pode dispor un laboratorio científico. Necesítase, segundo a expresión do Sr. Berthelot, o apoio das forzas sociais das que só dispón o goberno. Tamén será necesario –isto non debe esquecerse– un tempo moi longo: o Sr. Coste falaba de tres anos. Ao solicitar ás cámaras de comercio que subscribisen durante tres anos os fondos necesarios, o director do laboratorio de Concarneau evitou garantir ao cabo deste tempo a solución práctica e radical á crise que atravesa neste momento a industria da sardiña. Pero, por outra banda, é obvio que un coñecemento máis exacto do alimento, costumes, desprazamentos, épocas e lugares de desova do peixe, só podería contribuír a mellorar a pesca e por conseguinte, unha situación industrial gravemente comprometida. Nin sequera se acadou este resultado, aínda que quixera tomalo como obxectivo dos seus esforzos. G. Pouchet Director do laboratorio de Concarneau

59


A industria da sardiña na baía de Douarnenez Para completar o estudo anterior, pareceunos interesante dar algúns detalles relativos á pesca da sardiña nas costas de Bretaña e especialmente na baía de Douarnenez, o centro máis importante desta industria. A pesca da sardiña nas costas de Fisterra, tal e como o testemuñan as inscricións e esculturas existentes nos monumentos relixiosos, remonta a tempos moi antigos. Ata o século XVI, Kérity-Penmarch foi a rival de Nantes no mercado do litoral. A pesca era, nesta época, un dos principais obxectos da exportación e, a pesar de falar sobre todo da pesca do bacallau, é moi probable que a pesca da sardiña constituíse unha parte importante da cifra de produtos exportados. Os barcos armados para a pesca da sardiña son entre 1.800 e 2.000. Segundo as cifras oficiais, velaquí o número de barcos de Douarnenez:

Concarneau posee en torno a 400 barcas de pesca; Audierne, un centenar. O número de inscritos de Douarnenez era en 1865 de 2.375 e en 1885 de 3.813. A actividade e a dedicación dos mariñeiros de Douarnenez son moi apreciadas nas tripulacións da flota. De feito, cando se pasou algún tempo entre eles, só se pode admirar a súa coraxe, amabilidade e tamén a súa resignación nos anos malos. Sen dúbida hai algunhas sombras nesta táboa. Quizais poderiamos observar os domingos un gusto polo alcol demasiado acentuado e sobre todo, unha falta de previsión que leva a toda esta poboación de mariñeiros á miseria, cando a campaña é mala. Segundo o Sr. Trostin, subcomisario da mariña, que publicou na Revue maritime et coloniale (Revista marítima e colonial) de setembro de de 1885 un interesante estudo sobre Douarnenez, port de pêche (Douarnenez, porto pesqueiro), nove de cada dez mariñeiros son completamente analfabetos e un de cada dez saben ler e escribir un pouco.

Designación dos anos

Número de barcos empregados

Tonelaxe dos barcos Toneladas

Precio de venda do peixe capturado Francos

1882

721

4.046

2.747.635

1883

690

3.743

4.107.473

1884

696

3.939

2.183.024

60


As embarcacións de pesca de 7 a 8 toneladas parece que se recomendan polas súas calidades excepcionais de estabilidade e velocidade. Alcanzan os 7-8 nós. O custo dunha destas chalupas ascende a 800 francos (o casco e o temón); a arboradura, os remos, as velas, a enxarcia, etc. a 1.000 francos aproximadamente. Se a estes 1.800 francos lle engadimos a suma necesaria para a compra das artes de pesca da sardiña, é dicir, ao redor de 2.300 francos, observamos que un patrón de embarcación debe gastar entre 4.500 e 5.000 francos para entrar en campaña. Por suposto, moitos non teñen uns aparellos tan completos; o material ordinario dun pescador componse habitualmente dunha decena de redes de varios modelos, necesarios para capturar as sardiñas de diferentes grosores, que se presentan normalmente durante unha campaña de pesca. Estas redes teñen un valor duns 800 francos. Con todo, poderíase atopar en Douarnenez un número relativamente considerable de familias que, polo seu traballo e economía nos anos prósperos, chegaron a posuír uns aparellos de pesca completos, cuxo valor supera os 15.000 francos2.

O armador fornece o barco, as redes e o cebo; os homes dan só o seu tempo; o produto da pesca divídese metade para o armador e metade a partes iguais entre os homes da tripulación. Antigamente, un gran número de barcas eran propiedade dos fabricantes que acaparaban así a profesión de armadores. Na actualidade, renunciaron todos a este sistema e limítanse a vender o peixe a prezos discutidos, no momento en que chega ao peirao. Cara a finais de maio, en canto se avistan os peixes nun punto da costa, os barcos cunha tripulación formada por por cinco homes e un grumete empezan a pesca. Uns avanzan ata Arcachon, a maioría diríxense aos Sabres-d’Olonne e soben cos peixes cara a Belle-Isle, Quiberon, Doëlau, Concarneau, onde a pesca garántese de ordinario en xuño e xullo. A partir desta época, Audierne atrae ás tripulacións; desde xullo ata mediados de agosto convértese nun vaivén entre Concarneau, Audierne e Douarnenez. Cando o ano é bo, a pesca é abundante na baía en setembro e outubro e seguirá ata mediados de novembro. Ás veces, a baía mantén a pesca ata finais de decembro. En xaneiro, o desarmamento é xeral. A raba que serve de cebo para capturar a sardiña é de dous tipos. A raba natural, que vén de Noruega, faise con ovas de bacallau salgadas.

2

Para dar unha idea dos beneficios que pode dar a pesca nos anos bos, limitarémonos a sinalar que en 1883 un pescador de Douarnenez, cunha rede de cerco para espadín de 150 a 200 metros de longo por 20 de profundidade, colleu nun día 100 barricas de espadíns. A barrica vendeuse a 100 francos, o que dá, nunha soa redada, unha ganancia de 10.000 francos. Aínda agora danse bastante a miúdo ganancias de 2.000-3.000 francos por redada. 3ª SERIE - REVISTA CIENTÍFICA - XXXIX

61


Segundo os datos facilitados polo Sr. cónsul de Noruega en Douarnenez, a importación deste cebo, de 1877 a 1885, está representada na seguinte táboa: Esta raba natural é moi apreciada polos pescadores, pero por desgraza, o seu prezo ás veces é demasiado elevado, sobre todo se se ten en conta que cada lance de rede necesita utilizar aproximadamente un cuarto de barril. A raba artificial é unha fariña abrancazada que procede da fabricación de aceites de cacahuete. O barril custa de 15 a 20 francos, que representa as tres cuartas partes dun barril de raba de bacallau. A época máxima do rendemento da pesca de sardiña foi 1879. 1878 fora un ano de abundancia, pero moito menor; os precedentes, desde 1870,

anos mediocres. O ano 1880 fora aceptable. Desde entón, as campañas de pesca foron case un desastre. Sobre as causas que afastan á sardiña das nosas costas, as opinións dos pescadores son moi diferentes. Uns declaran que as marsopas, cada día máis numerosas na baía, asustan e afastan á sardiña; outros, que por pescar demasiado, acabouse por despoboar a baía; e para rematar, outros atribúen a ausencia de peixes ao cambio de dirección das correntes do Golfo, que tendería a afastarse das costas. Non observamos que os arenques, logo de acudir durante numerosos anos ás mesmas beiras, deixan de súpeto de aparecer nelas? En Holanda, innumerables cantidades de arenques viñan ás augas de Texel ao final do outono. Hoxe en día son

RABA EN BARRÍS CUN PESO BRUTO DE 133 KG PARA DOUARNENEZ

62

Anos

Stock do ano anterior

Importación

Consumo

Prezo medio

1877

4.000

20.000

17.000

39 Fr.

1878

7.000

23.000

23.000

43

1879

7.000

16.000

20.500

45

1880

2.500

20.000

18.500

38

1881

4.000

19.000

16.000

38

1882

7.000

20.000

19.500

40

1883

7.500

10.000

15.800

85

1884

1.700

9.000

7.000

80

1885

3.700

18.500

17.000

40


tamén raros, nestes mares nos que antes eran numerosos. O Sr. Herman Baars, no seu estudo sobre a pesca de Noruega, sinalou feitos parecidos observados neste país (Legas, les Pêches côtières). En 1879, os barcos da baía pescaron de forma constante durante toda a tempada, de 5 a 20.000 sardiñas nun día, ás veces ata máis. Os prezos medios de venda foron, en Concarneau, Audierne e Douarnenez, de 5 a 6 francos o milleiro. Baixaron ata a 3 francos. Os prezos máis altos alcanzados nos últimos quince anos foron de 70 a 80 francos en 1872, 1880 e 1882. Ata en 1840, a «prensa», é dicir, a salgadura da sardiña en barrís, era o único medio en uso para conservar o peixe. A fritura en aceite en caixas de ferro branco non se practicou ata 1844. As prensas de sal, incontables antigamente debido á súa instalación pouco custosa, xa non existen na actualidade; desapareceron ante as fábricas para a conservación do peixe en aceite e ante a competencia española. Con todo, a sardiña prensada mantén a súa importancia como produto de consumo. En canto ás fábricas, son moi numerosas ao longo do litoral, desde Bilbao ata Camaret. Velaquí as cifras aproximadas de Fisterra: Doëlau, 3; Merrieu, 1; Brigneau, 1; Concarneau, 18; illa Tudy, 3; Kérity-Penmarch, 1; Saint-Guénolé, 3;

Guilvinec, 5; Audierne, 12; Douarnenez, 26; Morgat, 2; Camaret, 5. En total, entre 80 e 90 fábricas. O modo de fabricación é o mesmo en todas as fábricas. A sardiña sálgase lixeiramente en canto se desembarca. Logo de quitarlle a cabeza e de baleirala, métese en barrís cheos de salmoira, nos que permanece tres cuartos de hora aproximadamente antes de poñela sobre grellas que se transportan ao teito do establecemento para que seque. A cocción faise en aceite fervendo. O peixe mantense en aceite dun minuto a un minuto e medio. Unha vez fría, colócase en caixas de ferro branco que se enchen de aceite frío. Estas caixas, unha vez soldadas, mergúllanse nunha caldeira de auga fervendo durante tres cuartos de hora aproximadamente. Sen esta última operación, as sardiñas non tardarían en fermentar e perderían todo o seu valor. A cuestión da pesca é para todos os portos de Fisterra, unha cuestión de vida ou morte. En efecto, como observa o Sr. Trostin, se a pesca é boa, todo prospera: mariñeiros, industriais, comerciantes... Pola contra, se o ano é malo, todo decae; os problemas vólvense xerais e dámonos conta rapidamente de que nos atopamos ante unha crise que inflúe dun xeito terrible en todo o pais. H. Ferrari

63


Historia do príncipe e a sardiña  

Catálogo de la exposición fotográfica sobre el viaje de Alberto I de Mónaco a Galicia y Portugal para estudiar la pesca de la sardina.

Historia do príncipe e a sardiña  

Catálogo de la exposición fotográfica sobre el viaje de Alberto I de Mónaco a Galicia y Portugal para estudiar la pesca de la sardina.

Advertisement