NATUREZA MORTA

Page 1

PROPOSTA MAGOSTO Estimadas familias, Como nestes momentos non podemos manipular, nin facer unha degustación dos froitos do outono como nos gustaría, pareceunos interesante para o alumnado que, conxuntamente coas súas familias (se desexan colaborar), elaborasen unha representación empregándoos. Partindo da pintura galega, a “Natureza Morta” máis coñecida por “Bodegóns” (que xa comentamos coas nenas e cos nenos na escola) suxerimos que realicen na casa unha creación orixinal: nunha mesa da casa, cun mantel ou non, cunha cesta, con froitos de outono e magosto, candelabro, vela, utensilios de cociña, antigüidades..., o que se desexe… A creatividade ao poder!!!. Unha vez rematada a composición faráselle unha foto e remitirase ao correo electrónico moureverdev@gmail.com . Non os esquezades poñer 4A ou 4B e o nome do neno/a no asunto. Con todas, faremos un vídeo de bodegóns outonais. Animádevos!!!

NATUREZA MORTA OU BODEGÓN DALGÚNS DOS NOSOS ARTISTAS GALEGOS.

MANUEL COLMEIRO (1901)

CARLOS MASIDE (1897)


Mª ANTONIA DANS (1922)

LUÍS SEOANE (1910)

MARÍA CORREDOIRA (1893)


MANOLO RUIBAL (1942)

MENCHU LAMAS (1954)

LUÍS TORRAS (1912)


MARUJA MALLO (1902)

MANUEL TORRES (1901)


FRANCISCO LLORENS (1874)

YOYA (1874)

MANUEL PESQUEIRA (1911)


CAULONGA (1934)

MANUEL PREGO DE OLIVER (1915)

MANUEL QUINTANA MARTELO (1946)


ANGELA IGLESIAS (1926)

ARTE CONTEMPORÁNEA DE ARTISTAS GALEGAS E GALEGOS https://www.youtube.com/watch?v=DqH_9fTbQX0 EXEMPLOS DE BODEGÓNS

ANIMÁDEVOS!!!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.